A diversidade cultural na india...A diversidade cultural na india Ciclo superior: e de primaria 112...

6
A diversidade cultural na India Ciclo superior: 5.º e 6.º de primaria (10-12 anos) Programa School to School Actividade Actividad 1 SAÚDOS E XESTOS Duración Unha sesión de 1h. Obxectivos: Aprender que os xestos son elementos propios de cada cultura e que, xa que logo, varían dunha a outra. Tomar conciencia de que boa parte do acto comunicativo prodúcese no plano non verbal. Material necesario: Folios ou cartolinas, lapis de cores ou rotuladores. Desenvolvemento da actividade: Vimos algúns dos xestos que as persoas da India fan para saudarse. Parécense aos nosos? Por que credes que son tan diferentes? Parécenvos máis ou menos respectuosos? Máis ou menos formais? Teñen algún eco relixioso? Imos pensar de que modo nos saudamos, tanto nas palabras que pronun- ciamos como nos xestos cos que acompañamos devanditos saúdos. Saudamos a todas as persoas por igual? Aos nosos pais, nais, avós, avoas, amigos ou amigas…? E ás persoas que non coñecemos? Imos facer unha lista de todos eses xestos e movementos que facemos coas mans e co resto do corpo (bicos, abrazos, movementos de cabeza, etc.), e de todas as palabras de saúdo e cortesía que nos diriximos nese momento. Unha vez terminada, ordenaremos a lista de maior a menor respecto. Agora imos pensar noutro tipo de xestos recoñecibles que sabemos facer, e tamén que podemos inter- pretar. O profesor ou profesora pedirá que cada un pense nun deles. Cando se lles ocorra algún poden levantar a man (darase conta alguén que iso xa é de seu un xesto?). Por quendas, pediráselles que realicen o xesto sen dicir o seu significado para que o resto da clase trate de adiviñalo. Se os demais acertan, anotarase na lista da lousa. Dese modo, poderemos asegurarnos que é verdadeiramente co- mún, e que non están confundindo xestos fixados culturalmente con pura mímica. Algúns exemplos de movementos poden ser: dicir adeus, asentir, negar, pedir a conta no bar, “despois”, “quérote”, “¡alto!”, “teño fame”, “teño soño”, “vitoria”, etc. Unha vez que dispoñamos dunha ampla lista de xestos, imos facer un catálogo para enviarllo aos nenos e nenas da escola da India. Para iso, o profesor ou profesora organizará a clase por grupos e dividirá a lista en anacos de catro ou cinco elementos, de modo que cada un se encargue de facer un pequeno mural no que se debuxen os xestos e á beira se escriban os seus significados. Nas fichas dos saúdos tamén engadiremos pequenos diálogos coas palabras que empregamos nesas situacións.

Transcript of A diversidade cultural na india...A diversidade cultural na india Ciclo superior: e de primaria 112...

A diversidade cultural na IndiaCiclo superior: 5.º e 6.º de primaria (10-12 anos)

Programa School to School

ActividadeActividad 1 SAúdoS e xeStoS

duraciónUnha sesión de 1h.

obxectivos: • Aprender que os xestos son elementos propios de cada cultura e que, xa que logo, varían dunha a

outra. • Tomar conciencia de que boa parte do acto comunicativo prodúcese no plano non verbal.

Material necesario: Folios ou cartolinas, lapis de cores ou rotuladores.

desenvolvemento da actividade:Vimos algúns dos xestos que as persoas da India fan para saudarse. Parécense aos nosos? Por que credes que son tan diferentes? Parécenvos máis ou menos respectuosos? Máis ou menos formais? Teñen algún eco relixioso? Imos pensar de que modo nos saudamos, tanto nas palabras que pronun-ciamos como nos xestos cos que acompañamos devanditos saúdos. Saudamos a todas as persoas por igual? Aos nosos pais, nais, avós, avoas, amigos ou amigas…? E ás persoas que non coñecemos? Imos facer unha lista de todos eses xestos e movementos que facemos coas mans e co resto do corpo (bicos, abrazos, movementos de cabeza, etc.), e de todas as palabras de saúdo e cortesía que nos diriximos nese momento. Unha vez terminada, ordenaremos a lista de maior a menor respecto.

Agora imos pensar noutro tipo de xestos recoñecibles que sabemos facer, e tamén que podemos inter-pretar. O profesor ou profesora pedirá que cada un pense nun deles. Cando se lles ocorra algún poden levantar a man (darase conta alguén que iso xa é de seu un xesto?). Por quendas, pediráselles que realicen o xesto sen dicir o seu significado para que o resto da clase trate de adiviñalo. Se os demais acertan, anotarase na lista da lousa. Dese modo, poderemos asegurarnos que é verdadeiramente co-mún, e que non están confundindo xestos fixados culturalmente con pura mímica. Algúns exemplos de movementos poden ser: dicir adeus, asentir, negar, pedir a conta no bar, “despois”, “quérote”, “¡alto!”, “teño fame”, “teño soño”, “vitoria”, etc.

Unha vez que dispoñamos dunha ampla lista de xestos, imos facer un catálogo para enviarllo aos nenos e nenas da escola da India. Para iso, o profesor ou profesora organizará a clase por grupos e dividirá a lista en anacos de catro ou cinco elementos, de modo que cada un se encargue de facer un pequeno mural no que se debuxen os xestos e á beira se escriban os seus significados. Nas fichas dos saúdos tamén engadiremos pequenos diálogos coas palabras que empregamos nesas situacións.

A diversidade cultural na IndiaCiclo superior: 5.º e 6.º de primaria (10-12 anos)

Programa School to School

ActividadeActividad 2 CoMo Se di en telugu…?

duraciónUnha sesión de 1h.

obxectivos: • Familiarizarnos co idioma de Andhra Pradesh e aprender algunhas expresións• Coñecer o alfabeto telugu

Material necesario: folios ou cartolinas, lapis de cores ou rotuladores. Tamén será necesario fotocopiar a seguinte táboa para repartila entre os alumnos e alumnas, así como outra táboa co alfabeto telugu completo (ex.: http://www.ancientscripts.com/telugu.html).

gAlego tRAnSCRiPCiÓn telugu

gAlego tRAnSCRiPCiÓn telugu

Ola chámome ____ Namasté na peru ____ Un okati

Como Te chamas? Ni peru emi? Dous rendu

Encantado/a de coñecerte Kalissi nanduku Santosham Tres muudu

Cantos anos tes? Ni vaya su yenta? Catro naalugu

Teño __ anos Naaku __ sambatsa ralu Cinco aydu

Bos días Shuvodayam Seis aaru

Boas tardes Shuvasandiavela Sete edu

Boas noites Shuvaratri Oito enimidi

Moi bonito/moi ben Chala bagundi Nove tommidi

Non hai problema Parva ledu Dez pad

Quérote Premistun nanu Ola Namasté

Moi caro Chala caridu Como estás Bagunara?

Canto custa? I di yenta redu? Estou ben Bagunanu

Adeus Tata Estou canso Nenu alassi poyanu

A diversidade cultural na IndiaCiclo superior: 5.º e 6.º de primaria (10-12 anos)

Programa School to School

desenvolvemento da actividade:O profesor ou profesora dividirá a clase por parellas, e dentro de cada unha delas entregará a táboa 1 ao primeiro alumno/a e a táboa 2 ao outro. Toda a clase tomara uns minutos en ler en voz baixa toda a lista de expresións en galego e en telugu.

En cada parella, un dos nenos ou nenas empezará pronunciando en voz alta unha frase en telugu da súa lista, e acompañaraa dun xesto. O outro membro da parella haberá de adiviñar o seu significado a partir da mímica do seu compañeiro ou compañeira. Cada vez que un acerte, tocaralle a el ou a ela realizar mediante xestos unha frase ou palabra da súa lista, de modo que se vaian alternando. Ao cabo dun intre, deixarán de acompañar as súas palabras con xestos, de modo que o seu compañeiro/a trate de adivi-ñalas exclusivamente a partir do son.

A continuación, imos traballar co alfabeto telugu. En primeiro lugar imos copiar un a un todos os símbo-los. Cando dominemos o trazo, imos preparar un pequeno dicionario con fichas dalgunhas das palabras da lista: en primeiro lugar copiaremos os carácteres en telugu de cada expresión, despois o seu signifi-cado en castelán, e finalmente faremos un debuxo para representalo.

A diversidade cultural na IndiaCiclo superior: 5.º e 6.º de primaria (10-12 anos)

Programa School to School

ActividadeActividad 3 Que Pode CoMPRAR Con…?

duraciónUnha sesión de 1h.

obxectivos: • Coñecer a moeda da India• Establecer unha comparación entre a rupia e o euro, e facernos unha idea do custo da vida en España

e en Andhra Pradesh• Reflexionar sobre o valor do diñeiro, en función do custo de vida de cada lugar

Material necesario: Folios ou cartolinas, tesoiras, lapis de cores ou rotuladores. O profesorado elaborará unha pequena táboa de prezos en rupias de distintos alimentos, bens ou servizos. Tamén pode comprobar o cambio de divisa na data da actividade para fixar unha cantidade (1 euro equivale aproximadamente a 65-70 rupias, pero esta cantidade pode oscilar moito).

Esta táboa de prezos de Andhra Pradesh servirá de orientación:

Custo da vida e soldos Rupias Produtos RupiasTraxecto en autocar 30 1 kg de arroz 25

Soldo de campesiño/a 80 ao día (muller)100 ao día (home)

1 kg de lentellas 70

Soldo Administrativo/a público /a 20.000 Sandalias 300

Soldo de obreiro/a de fábrica 120 ao día (muller)180 ao día (home)

Aceite de cociña Manís: 120Mirasol: 100Palma: 80

Soldo de médico público/a 40.000 1 kg fariña de trigo 20

Compra de cabana en zona rural 20.000-30.000 Sari 800

Aluguer de cabana en zona rural 500-700 ao mes Litro de leite 30

Aluguer de casa en zona urbana 3.500-5.000 ao mes Pastilla de xabón 20

Comida sinxela en restaurante 60 Xarope para a tose 35-80

A diversidade cultural na IndiaCiclo superior: 5.º e 6.º de primaria (10-12 anos)

Programa School to School

desenvolvemento da actividade:Entre toda a clase, imos calcular cal é o valor en euros de todos os elementos que aparecen na lista. Parécenos moi caro? Ou moi barato?

A continuación, coa axuda do profesorado, pescudaremos cantos euros custan estes elementos aquí. Se convertemos estas cantidades a rupias, cantas nos saen?

- Traxecto en taxi (de 10 minutos)- Soldo dun campesiño/a- Soldo dunha persoa que traballe en como administrativa pública- Compra dunha vivenda nunha vila- Aluguer dunha vivenda nun vila, etc.

Logo de realizar estes cálculos, imos tratar de imaxinar un día a día en Andhra Pradesh: imaxinemos a unha familia na que a nai traballa como obreira nunha fábrica e o pai é administrativo público. Viven de aluguer nunha casa sinxela na cidade. Se descontamos o custo do aluguer dos seus soldos, quédalles suficiente diñeiro para vivir? Poderán comprar os alimentos e a roupa que necesiten? Imaxinemos un caso similar pero en España. Que conclusións poderemos sacar?

A diversidade cultural na IndiaCiclo superior: 5.º e 6.º de primaria (10-12 anos)

Programa School to School

ActividadeActividad 4 AS noSAS CoMidAS tRAdiCionAiS

duraciónUnha sesión de 1h.

obxectivos: • Identificar elementos propios da nosa cultura.• Reflexionar sobre os nosos hábitos alimentarios.

Material necesario: Folios ou cartolinas, lapis de cores ou rotuladores. O profesor ou a profesora pedirá ao alumnado que antes da clase pregunten nas súas casas pola receita dalgún prato tradicional que coñezan. Se a aula dispón de acceso a Internet, poden realizar as súas consultas por medio dalgunha web de receitas ou da Wikipedia. Ademais, o profesor ou profesora buscará unha receita dalgún prato da India, e unha lista dos ingredientes e especias máis utilizados.

desenvolvemento da actividade:Imos reflexionar sobre que coñecemos da nosa gastronomía. É variada ou monótona? Abundan os sabores fortes ou picantes? Cales credes que son os ingredientes que máis utilizamos na preparación dos nosos pratos? Imos facer unha lista deses ingredientes, e tamén outra cos pratos tradicionais que coñezamos ou que consultemos nas nosas casas. Podemos pensar receitas de todo tipo de pratos típicos da nosa rexión, especialmente daqueles que creamos que non se preparan fóra de España: desde a tortilla de patacas ao salmorejo ou ao allobranco, os duelos e quebrantos ou a roupa vella, o pucheiro estremeño ou a fabada asturiana, o lacón con grelos, o bacallau ao pil pil ou as calçotadas. Tamén podemos ter en conta as sobremesas típicas e os doces, como a torta de Santiago, as torrijas e os pestiños, as ensaimadas, etc. De onde é típico cada un deses pratos, e en que época do ano se preparan máis a miúdo?

Agora o mestre ou a mestra vainos a falar dalgúns pratos típicos da India e, sobre todo, dos ingredientes e as especies máis populares. Parécense aos nosos? Que diferenzas principais credes que hai entre a súa gastronomía e a nosa?

Finalmente, cada alumno ou alumna vai escoller un dos pratos típicos da lista, e vai confeccionar a recei-ta para enviarlla aos nenos e nenas da India. Se a clase conta con acceso a Internet, poderán consultar os detalles de preparación na web. Pola contra, haberán de dispoñer do material necesario porque o profesor ou a profesora lles pediu que o traian desde casa. Cada receita incluirá os ingredientes nece-sarios, o modo de preparación e un debuxo do prato final.