A diversidade cultural na india · Unha vez que dispoñamos dunha ampla lista de xestos, imos facer...

5
A diversidade cultural na India Ciclo inicial: 1.º e 2.º de Primaria (6-8 anos) Programa School to School Actividade Actividad 1 SAÚDOS E XESTOS Duración Unha sesión de 1h. Obxectivos: Aprender que os xestos son elementos propios de cada cultura e que, xa que logo, varían dunha a outra. Tomar conciencia de que boa parte do acto comunicativo prodúcese no plano non verbal. Material necesario: Folios ou cartolinas, lapis de cores ou rotuladores. Desenvolvemento da actividade: Imos pensar de que modo nos saudamos e, sobre todo, nos xestos cos que acompañamos devanditos saúdos. Saudamos a todas as persoas por igual? Aos nosos pais, nais, avós, avoas, amigos ou ami- gas…? E ás persoas que non coñecemos? Imos facer unha lista de todos eses xestos e movementos que facemos coas mans, e tamén co resto do corpo (bicos, abrazos, movementos de cabeza, etc.). Agora imos pensar noutro tipo de xestos recoñecibles que sabemos facer, e tamén que podemos interpretar. O profesor ou profesora pedirá que cada un pense nun deles. Cando se lles ocorra algún, poden levantar a man (darase conta alguén da clase de que iso xa é de seu un xesto?). Por quendas, pediráselles que realicen o xesto sen dicir o seu significado para que o resto da clase trate de adiviñalo. Se o resto acerta, anotarase na lista da lousa. Dese modo, poderemos asegurarnos de que é verdadei- ramente común. Algúns exemplos de movementos poden ser: dicir adeus, asentir, negar, “despois”, “quérote”, “¡alto!”, “teño fame”, “teño soño”, “vitoria”, chamar por teléfono, etc. Unha vez que dispoñamos dunha ampla lista de xestos, imos facer un catálogo para enviarllo aos nenos e nenas da India. Para iso, o profesorado organizará a clase por grupos e dividirá a lista en partes de catro ou cinco elementos, de modo que cada un se encargue de facer un pequeno mural no que se debuxen os xestos e á beira escriban os seus significados.

Transcript of A diversidade cultural na india · Unha vez que dispoñamos dunha ampla lista de xestos, imos facer...

Page 1: A diversidade cultural na india · Unha vez que dispoñamos dunha ampla lista de xestos, imos facer un catálogo para enviarllo aos nenos e nenas da India. Para iso, o profesorado

A diversidade cultural na IndiaCiclo inicial: 1.º e 2.º de Primaria (6-8 anos)

Programa School to School

ActividadeActividad 1 SAúdoS e xeStoS

duraciónUnha sesión de 1h.

obxectivos: • Aprender que os xestos son elementos propios de cada cultura e que, xa que logo, varían dunha a

outra. • Tomar conciencia de que boa parte do acto comunicativo prodúcese no plano non verbal.

Material necesario: Folios ou cartolinas, lapis de cores ou rotuladores.

desenvolvemento da actividade:Imos pensar de que modo nos saudamos e, sobre todo, nos xestos cos que acompañamos devanditos saúdos. Saudamos a todas as persoas por igual? Aos nosos pais, nais, avós, avoas, amigos ou ami-gas…? E ás persoas que non coñecemos? Imos facer unha lista de todos eses xestos e movementos que facemos coas mans, e tamén co resto do corpo (bicos, abrazos, movementos de cabeza, etc.).

Agora imos pensar noutro tipo de xestos recoñecibles que sabemos facer, e tamén que podemos interpretar. O profesor ou profesora pedirá que cada un pense nun deles. Cando se lles ocorra algún, poden levantar a man (darase conta alguén da clase de que iso xa é de seu un xesto?). Por quendas, pediráselles que realicen o xesto sen dicir o seu significado para que o resto da clase trate de adiviñalo. Se o resto acerta, anotarase na lista da lousa. Dese modo, poderemos asegurarnos de que é verdadei-ramente común. Algúns exemplos de movementos poden ser: dicir adeus, asentir, negar, “despois”, “quérote”, “¡alto!”, “teño fame”, “teño soño”, “vitoria”, chamar por teléfono, etc.

Unha vez que dispoñamos dunha ampla lista de xestos, imos facer un catálogo para enviarllo aos nenos e nenas da India. Para iso, o profesorado organizará a clase por grupos e dividirá a lista en partes de catro ou cinco elementos, de modo que cada un se encargue de facer un pequeno mural no que se debuxen os xestos e á beira escriban os seus significados.

Page 2: A diversidade cultural na india · Unha vez que dispoñamos dunha ampla lista de xestos, imos facer un catálogo para enviarllo aos nenos e nenas da India. Para iso, o profesorado

A diversidade cultural na IndiaCiclo inicial: 1.º e 2.º de Primaria (6-8 anos)

Programa School to School

ActividadeActividad 2 CoMo Se di en telugu…?

duraciónUnha sesión de 1h.

obxectivos: • Familiarizarnos co idioma de Andhra Pradesh.• Preparar un pequeno dicionario para enviarllo aos nenos e nenas da India.

Material necesario: Folios ou cartolinas, lapis de cores ou rotuladores. Tamén será necesario fotocopiar as seguintes táboas para o profesorado e para repartilas ao final entre os alumnos e alumnas.

gAlego tRAnSCRiPCiÓn telugu

gAlego tRAnSCRiPCiÓn telugu

Ola chámome ____ Namasté na peru ____ Un okati

Como Te chamas? Ni peru emi? Dous rendu

Encantado/a de coñecerte Kalissi nanduku Santosham Tres muudu

Cantos anos tes? Ni vaya su yenta? Catro naalugu

Teño __ anos Naaku __ sambatsa ralu Cinco aydu

Bos días Shuvodayam Seis aaru

Boas tardes Shuvasandiavela Sete edu

Boas noites Shuvaratri Oito enimidi

Moi bonito/moi ben Chala bagundi Nove tommidi

Non hai problema Parva ledu Dez pad

Quérote Premistun nanu Ola Namasté

Moi caro Chala caridu Como estás Bagunara?

Canto custa? I di yenta redu? Estou ben Bagunanu

Adeus Tata Estou canso Nenu alassi poyanu

Page 3: A diversidade cultural na india · Unha vez que dispoñamos dunha ampla lista de xestos, imos facer un catálogo para enviarllo aos nenos e nenas da India. Para iso, o profesorado

A diversidade cultural na IndiaCiclo inicial: 1.º e 2.º de Primaria (6-8 anos)

Programa School to School

desenvolvemento da actividade:O profesor ou profesora chamará a un neno ou nena ao encerado e diralle en voz baixa unha frase en español das que están nas táboas. Daquela o docente dirá en voz alta esa frase en telugu tres veces, amodo e claro. A continuación o neno ou nena interpretará con xestos o significado desa frase.

O resto da clase intentará adiviñar que frase está interpretando. Cando o adiviñen o profesor ou profe-sora volverá dicir a frase en telugu en voz alta e os nenos e nenas tamén a repetirán nesa lingua. Logo subirá outro ou outra e repítese o proceso cunha nova frase.

Convén que durante esta primeira rolda de interpretación, intenten memorizar algunhas das palabras, pois cando acaben, farán unha segunda rolda, esta vez, sen acompañar as frases de ningún xesto. Se-rán capaces de recordar algunha?

Finalmente, cando acaben, cada parella preparará un pequeno dicionario a base de pictogramas. Escri-birán algunhas das frases da lista en castelán, e indicarán á beira o seu significado mediante un debuxo.

Page 4: A diversidade cultural na india · Unha vez que dispoñamos dunha ampla lista de xestos, imos facer un catálogo para enviarllo aos nenos e nenas da India. Para iso, o profesorado

A diversidade cultural na IndiaCiclo inicial: 1.º e 2.º de Primaria (6-8 anos)

Programa School to School

ActividadeActividad 3 A MeSA dA CoMidA

duraciónUnha sesión de 1h.

obxectivos: • Identificar elementos propios da nosa cultura.• Comparar as diferenzas con respecto á cultura hindú.

Material necesario: Folios ou cartolinas, lapis de cores ou rotuladores.

desenvolvemento da actividade:Vimos nas diapositivas que na India teñen algúns costumes relacionados coa forma para comer diferen-tes ás nosas. A partir da comparación entre unhas e outras, imos reflexionar sobre os nosos hábitos na mesa, e a amosar tamén aos nenos e nenas da India os obxectos que utilizamos.

Para empezar, imos facer unha lista de todo o que usamos á hora para comer, empezando pola mesa mesma. Que adoita haber sobre ela nas nosas comidas? A lista pode incluír obxectos como os cuber-tos, os distintos pratos que utilizamos, os panos de mesa, cestas de pan, fontes, etc. Tamén teremos en conta outros utensilios que vexamos usar ao noso pai e á nosa nai mentres preparan a comida: tixolas, tarteiras, panos, etc. Entre toda a clase debuxaremos todos eses obxectos, escribindo o seu nome e tamén para que se usa.

A continuación, imos aproveitar para pensar na forma en que facemos as comidas en casa:

- Come toda a familia xunta?- Comedes ao redor dunha mesa? Na cociña? No salón?- De que falades cos vosos pais e os vosos irmáns/as?- Poñedes o televisor ou a radio de fondo? Gústache que sexa así?- Obríganvos a comer a miúdo cousas que non vos gustan? Como vos portades nesas situacións?- Comedes todo o que vos poñen no prato ou deixades parte del?- Déixanvos elixir as comidas algunha vez?- Quen pon a mesa? Quen a recolle? - Quen fai a comida?

Page 5: A diversidade cultural na india · Unha vez que dispoñamos dunha ampla lista de xestos, imos facer un catálogo para enviarllo aos nenos e nenas da India. Para iso, o profesorado

A diversidade cultural na IndiaCiclo inicial: 1.º e 2.º de Primaria (6-8 anos)

Programa School to School

ActividadeActividad 4 Que CoMeMoS A diARio?

duraciónunha sesión de 1h.

obxectivos: • Identificar elementos propios da nosa cultura.• Reflexionar sobre os nosos hábitos alimentarios.

Material necesario: Folios ou cartolinas, lapis de cores ou rotuladores.

desenvolvemento da actividade:Entre todos e todas imos facer unha lista coas cousas que comemos a diario. Separarémolas nas dis-tintas horas do día: almorzo, comida, merenda e cea. Ao seu lado, escribiremos o número de veces que tomamos ese alimento á semana. Tamén dedicaremos un último apartado para comidas especiais que só tomamos en ocasións máis particulares, como determinadas festas ou celebracións.

A clase dividirase en sete grupos, e cada un deles haberá de preparar un menú para un día diferente da semana, tendo en conta todas as comidas (os dous grupos que fagan os menús do fin de semana, poderán tomalos como “días festivos”). Para evitar repeticións, os grupos irán seleccionando por quen-das alimentos da lista, que o profesor ou a profesora deberá tachar do encerado (no caso de alimentos que se tomen varias veces por semana, poderán escollerse ese mesmo número de veces). Por iso é importante que durante a choiva de ideas inicial haxa moita variedade.

Unha vez finalizado o reparto, cada grupo fará unha ficha por cada comida do seu menú (catro en total). En cada unha delas debuxará os diferentes alimentos e o seu nome. Nos pratos moi elaborados, poden escribir tantos alimentos como recorden (por exemplo: nun prato de lentellas poden sinalar que hai pa-tacas, chourizo, tomate, cenoria, cebola, allo, loureiro… etc.). Ata, xa na casa, podemos pedirlle á nosa nai ou ao noso pai que nos axude a debuxar como se fai unha receita sinxela en viñetas (por exemplo, a dunha tortilla de patacas).