Bd102

16
Número: 102- Ano: VI - 11 de xullo de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 22 de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. Malia estar inscrito en Terceira División, o club xa é historia a falta de que a xuíza disolva a entidade. A Unión Deportiva Ourense intentará ser o novo equipo, saído dos socios, que encha o baleiro que deixa o CD Ourense. CD OURENSE Páx.3 BALONCESTO Páx.5 ATLETISMO Páx.10-11 Hermanos Carral gaña o V Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala [Páx.8-9] O CD Ourense agarda a liquidación

description

No número 102 do Barrios Deportivo sacamos en portada a CD Ourense, que xa está en vías de desaparición. Un novo club, a Unión Deportiva Ourense quere ser o substituto do equipo rojillo.

Transcript of Bd102

Page 1: Bd102

Número: 102- Ano: VI - 11 de xullo de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 22 de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

Malia estar inscrito en Terceira División, o club xa é historia a falta de que a xuíza disolva a entidade. A Unión Deportiva Ourense intentará ser o novo equipo, saído dos socios, que encha o baleiro que deixa o CD Ourense.

CD OURENSE Páx.3 BALONCESTO Páx.5 ATLETISMO Páx.10-11

Hermanos Carral gaña o V Trofeo

Barrios Deportivo de fútbol sala [Páx.8-9]

O CD Ourense agarda a liquidación

Page 2: Bd102

� BARRIOS DEPORTIVO11 de xullo de �014

FÚTBOL

O club continúa na procura dun 9 que lle aporte goles

Rubén Arce, Karim Herrero, Pablo García Choco e Senén Vázquez, catro dos novos xogadores do Barbadás, durante a súa presentación no Centro Médico El Carmen.

Redacción

O Barbadás presen-tou as novas fichaxes da próxima tempada. O Centro Médico El Car-men foi o lugar elixido para dar a coñecer as no-vas caras do equipo dos Carrís.

Cinco son, polo mo-mento, os novos xoga-dores que defenderán a camisola azul do Barba-dás na �014-�015. Ca-tro deles procedentes do Ourense: Rubén Arce, Karim Herrero, Pablo

García Choco e Senén Vázquez. Jorge de Dios chega do Deportivo Xu-venil.

Arce, sendo do filial ourensán, xogou moi-tos encontros co primei-ro equipo en Segunda B. Choco e Senén foron xo-gadores importantes no fi-lial rojillo. Pola súa banda, Karim non puido rematar a tempada por motivos la-borais.

Falta un noveO club aínda non ten pe-

chado o seu banco e anda

O Barbadás reforza a súa plantilla4 O equipo xa conta con cinco novas caras.

na procura dun 9 que lle aporte goles na Liga.

A pretempada comezará para os de Jorge Regal o luns �1 de xullo. Do �4 ao �7 deste mesmo mes te-rán unha concentración na estación de Manzaneda. Nove serán os partidos que dispute o conxunto azulón durante a pretempada.

A Liga comeza para o Barbadás o 31 de agosto.

Clausura da segunda quenda do “Arrabaldo 2014”4 A semana que vén terá lugar o terceiro tur-no e o campamento finalizará na cuarta se-mana do mes de xullo.Redacción

Este venres clausúrase a segunda quenda do campa-mento de fútbol, baloncesto e tempo libre “Arrabal-do 2014”, que organiza a S.D.C. Arrabaldo, en cola-boración coa Concellería de Xuventude de Ourense.

Este campamento está enmarcado dentro do pro-grama “Embarcate 2014”, que organiza a Concellería de Xuventude, co nome de “Ímonos de campa”, e que oferta catro quendas, cunha duración cada unha dunha

semana, neste mes de xu-llo.

Na primeira semana houbo un total de 60 nenos, incluídos algúns de fóra da provincia de Ourense, e nesta segunda chegouse aos 80.

Polas mañás desenvolvé-ronse actividades de fútbol e baloncesto con monitores titulados. E polas tardes realízanse talleres organi-zados polos monitores de tempo libre. Xogos, kaiak no río Barbantiño e no Miño, rocódromo, tirolinea, tiro con arco, sendeirismo e

visita ás pozas de Outariz son varias das actividades do campamento.

ClausuraAs clasuras realízanse

na estación de ferrocarril de Santa Cruz de Arrabal-do, onde se fai entrega de agasallos e recordos a to-dos os participantes nesta actividades.

Tralas dúas primeiras semanas restan outras dúas. A terceira do 13 ao 18 de xullo, e a cuarta e última do �0 ao �5 do mesmo mes.

Foto de familia dos rapaces que participan no “Arrabaldo 2014”.

Page 3: Bd102

BARRIOS DEPORTIVO11 de xullo de �014

3FÚTBOL

R. Torres

A acta da última asamblea do Club Deportivo Ouren-se xa está no xulgado do Mercantil o que fai practi-camente imposible a super-vivencia do club. A xuíza

O CD Ourense chega aos xulgados4 É o paso previo á disolución do club.

pode decretar a disolución da entidade ou ben nomear a un administrador, o que faría que a agonía durara máis aínda. Outra posibli-dade é que calquera accio-nista, membro do anterior consello de administración

ou a propia xuíza, denun-cien o incumprimento da lei concursal, o que daría lugar á desaparición do club en menos de dúas semanas.

Salvo denuncia, as outras posibilidades (nomeamento de administrador ou disolu-

O descenso de categoría, os impagos e o baleiro ao fronte do club fan que este se atope máis preto da desaparición

ción da sociedade anónima deportiva) non teñen unha data prefixada, polo que o desenlace pode durar días, semanas ou incluso meses, ata que se tome unha deter-minación.

O descenso de catego-ría, os impagos e o baleiro ao fronte do club fan que, aínda que o equipo está ins-crito para disputar a liga de Terceira División na tempa-da 2014-2015, este se atope máis preto da desaparición que de seguir adiante coa

A Unión Deportiva Ourense, elexida pola maioría4 Será o nome do novo do no club que preten-de encher o baleiro que deixe a desaparición do CD Ourense.

R. Torres

A Unión Deportiva Ourense é o nome elexido pola maioría dos socios que estiveron presentes na últi-ma reunión convocada pola plataforma SOSOurense. Este novo club pretende encher o baleiro que deixe a desaparición do Club De-portivo Ourense.

Unha nova reunión tivo lugar este xoves no estadio do Couto. Cunha afluen-cia de público menor á das anteriores citas, aos socios presentes informóuselles dos pasos que deron nas últimas datas os membros da plataforma. Pero quizais o punto máis importante do

día era a elección do nome do novo club. Catro eran os que se deberían votar: UD Ourense, SD Ourense, Ourense 1952 CF e Ouren-se FC. Na primeira vota-ción quedaron a UD Ouren-se (�8 votos) e o Ourense 1952 CF (31 votos) coma finalistas. Na rolda definiti-va os presentes decantáron-se finalmente polo de UD Ourense en detrimento do Ourense 1952 CF, por unha curta marxe de 8 votos (46 para UD Ourense e 38 para Ourense 1952 CF).

O próximo movemento que van facer será o de ins-cribilo como club na Xun-ta de Galicia (o venres 11) e anotalo na Delegación

ourensá de fútbol antes do 15 de xullo, para poder par-ticipar na Liga da tempada �014-�015.

Tamén pretenden facer unha nova reunión pero xa non como plataforma senón coma membros do novo club. Unha das primeiras medidas que tomen será a de elexir a vestimente do equipo. Desde a Delegación dixéronlle que non poderían usar a histórica rojilla.

O CoutoOs promotores da UD

Ourense buscarán manter a sede do novo club no esta-dio do Couto e que os en-contros poidan xogarse nel. Unha empresa complicada

para un club que partirá de cero e que terá un or-zamento pequeno se temos en conta os gastos que leva consigo manter durante a tempada ao Couto en ópti-mas condicións. Continuar coa sede sería favorable de cara a que a xente se sinta identificada con este novo proxecto.

Un socio, un votoO que teñen claro os pre-

cursores desta iniciativa é

O nome da UD Ourense gañou a votación contra o outro nome finalista, o Ourense 1952 CF, 46 por 38 votos respectivamente

que farán o posible, vía es-tatutos, para que non volva ocurrir o que pasou co Club Deportivo Ourense que o levou cara á desaparición. Como primeira medida cada socio terá un voto e ninguén poderá decidir sen consultar cos socios. Unha vez conformado o novo club, abrirán un período de 15 días para que a xente se faga socia fundadora, o que significará que teñan voz e voto á hora de tomar deci-

Membros da plataforma explicando os últimos movementos realizados. /RAMSÉS

sións. Pasados eses 15 días o que queira poderá facerse socio ou abonado da UD Ourense.

súa historia. A todo isto, os donos do club seguen sen dar a cara. O certo é que ninguén na sociedade ourensá lle augura futuro ao CD Ourense.

Alejandro Estévez levou a acta da última asamblea de CD Ourense esta se-mana. /ARQUIVO

Page 4: Bd102

4 BARRIOS DEPORTIVO11 de xullo de �014

FÚTBOL SALA

Os dous clubs ourensáns subiron ao podio tanto por éxitos individuais como polos resultados colectivos

Redacción

Os dous clubs de xim-nasia ourensáns que par-ticiparon no Campionato de España de Ximnasia de Trampolín, disputado en Pontevedra do 26 ao 29 de xuño, realizaron unha gran actuación.

Ximnasia PavillónO Club Ximnasia Pavi-

llón achegouse a Ponteve-dra con 21 deportistas, os cales voltaron a casa con 19 medallas (5 ouros, 11 pratas e 3 bronces).

En competición de base destacaron os resultados individuais de Candela Ferreira -campioa de Es-paña de trampolín nivel 1, campioa de España en minitramp simple e bron-ce en dobre minitramp-; e Alejandro Cid - �º en tram-polín nivel 1 e campión de España en dobre mini-tramp nivel 1-; así como o 2º posto logrado polo club na categoría de equipos.

En canto á competición de elite, chegaron até as súas respectivas finais os 13 ximnastas do club. Dos cales conseguiron meda-lla Alejandra Braña -2ª en trampolín alevín e 2ª tamén en dobre minitramp-; Noa Puente - 2ª en trampolín infantil-; Lucas Domuro -2º

Redacción

Dez ximnastas do Club Ximnasia Pavillón veñen de competir no Torneo Internacional Scalabis-cup -celebrado en San-tarem, Portugal-, no cal se deron cita deportistas de diferentes puntos de Europa.

Dentro da expedición ourensá lograron aca-dar a final Carlos Trigo e María Salas en dobre minitramp; e Noa Puen-

Gran éxito ourensán no Nacional de Trampolín4 Celebrouse en Pontevedra entre o 26 e o 29 de xuño.

en trampolín xuvenil-; Lau-ra Lecuona - 2ª en trampo-lín júnior-; Eduardo Nove-lle - �º en dobre minitramp júnior e 3º en trampolín júnior-; e CarlosTrigo - campión de España sénior en dobre minitramp-.

Asemade, o Club Xim-nasia Pavillón fíxose co primeiro posto en tram-polín na categoría sub15 masculino e o segundo na sub 15 feminino; e co se-gundo posto en trampolín e o segundo en dobre mini-tramp en categoría absolu-ta masculina.

Ademais, en sincronismo absoluto, a parella compos-ta por Diego Feijoo e Iago Sousa logrou a medalla de bronce.

Ximnasia Escola Bur-gas

O Club Ximnasia Esco-la Burgas acadou grandes resultados no Nacional de Trampolín, destacando a actuación da ximnasta Yael Campelo como subcam-pioa de España en trampo-lín (modalidad olímpica) en elite e a de Jorge Conde, que se proclamou terceiro en categoría alevín tamén

en trampolín (modalida-de olímpica) con tan só 9 anos.

Así mesmo, Alejandro Cid rematou sendo o cam-pión de España en dobre minitramp elite e fíxose coa medalla de bronce na modalidade de trampolín xuvenil de elite; Lourdes Pérez foi a subcampioa de España en tumbling base 1; e Iris Blanco lo-grou a medalla de bronce na mesma modalidade e categoría.

Ademais, compre des-tacar a actuación de Pablo Feijoo, Iria do Nascimen-to e Jocabed Fernández, cun meritorio décimo posto de entre máis de 25 equipos participantes na categoría de base de trampolín.

Na competición por equipos, o Burgas procla-mouse subcampión de Es-paña de base en tumbling, da man dos ximanastas Analía Blanco, Iris Blan-co, Lourdes Pérez e Jorge Conde, de só 8 e 9 anos, sendo o equipo máis novo da súa competición fronte a outros 11 clubs de toda España.

Alejandro Cid e Candela Ferreira (do Ximnasia Pavillón) foron primeiro e terceira, res-pectivamente, en dobre minitramp nivel 1.

te, María Salas, Eduardo Novelle e Carlos Trigo en trampolín.

Finalmente, lograron acadar o podio de xeito individual Carlos Trigo -que se fixo coa medalla de ouro en dobre minitramp- e Eduardo Novelle -prata en trampolín-.

Por equipos, as repre-sentantes sub15 feminino

Cinco medallas para o equipo de trampolín do Pavillón na Scalabiscup 4 O equipo sub-15 feminino logrou un ouro e o equipo absoluto masculino, un bronce.

en trampolín (Noa, María e Alejandra) conseguiron a medalla de ouro; e o equipo abstoluto masculi-no en trampolín (formado por Diego, Iago e Eduar-do), a de bronce.

Grandes e históricos resultados que foron o colofón final para o Club Ximnasia Pavillón nunha tempada chea de éxitos.

O equipo composto por Noa, María e Alejandra lograron a medalla de outro na categoría sub15 da modalidade de trampolín.

Unha bombeira ourensá no Campionato de EuropaA bombeira ourensá Almudena Suárez Pazos participará no Campionato de Europa

de Policías e Bombeiros, que se desenvolve do día 12 ao 21 de xullo en Bruxelas. A bombeira, que contará co apoio do Concello para participar nesta proba, lucirá unha equipación co logotipo de “Ourense, Capital Termal”, coa finalidade de que a súa par-ticipación neste evento sirva para a promoción do potencial de Ourense como destino turístico e termal.

O alcalde, Agustín Fernández, e o concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, recibiron a Almudena Suárez no Concello.

Cinco ourensáns acadaron finais. Deles, Carlos Trigo foi ouro en dobre minitramp e Eduardo Novelle, prata en trampolín

Page 5: Bd102

BARRIOS DEPORTIVO11 de xullo de �014

5BALONCESTO

Desde o club pretenden que Noelia Oliva sexa unha das pezas fundamentais do Pabellón Ourense 2014-2015. /RAMSÉS

R.T.

O Pabellón Ourense ins-críbese na Liga Feminina 2 e buscará ter unha plantilla competitiva de cara á nova tempada.

28 son os equipos inscri-tos en LF2 para 24 prazas dispoñibles pola Federa-ción entre os dous grupos. Catro quedarán fóra da competición. O Pabellón Baloncesto ten asegurada a súa presenza, un ano máis, na segunda liga nacional.

O Pabellón Ourense inscríbese na LF24 Buscará ter unha plantilla competitiva de cara á nova tempada.

Desde a directiva pre-téndese facer un equipo competitivo e intentar non ter os problemas da pasada tempada; entre baixas e le-sións o equipo sufriu máis da conta ao longo do curso.

Este ano, pretenden com-poñer unha plantilla máis ampla que a do ano anterior. Por iso, 10 ou 11 serán as xogadoras que formen par-te da primeira plantilla para así non ter problema de falta de efectivos como nalgunha xornada da �013-�014.

Oliva e Mallou, as pezas chave

Rodríguez quere renovar toda a liña exterior. Noelia Oliva e Arancha Mallou son as prioridades, xa que nelas recaerá o peso do equipo. O aporte ofensivo que ofre-cen será unha das garantías deste ano. As dúas xoga-doras están interesadas en continuar, pero aínda non deron o si definitivo. Nas vindeiras datas saberase se aceptan a oferta do club; a disposición de continuar

é boa por parte das dúas, pero necesitan tempo para valorar a súa unión unha tempada máis co conxun-to ourensán. Mallou xa ten a alta médica e parece que os seus problemas de no-cello xa están esquecidos.

As xogadoras que as ro-deen neste proxecto serán fundamentais para dar o si definitivo ao Pabellón Ba-loncesto.

Outras xogadoras coas que se quere contar son Nerea Nieto e as xuvenís Olga González e Laura Patao.

En canto a xogadoras interiores, Rodríguez está a ter máis problemas. Desde fai días está son-deando o mercado (sobre todo nacional) na procura de tres pívots. Delas, unha quérea nova e con ilusión de xogar na categoría. A júnior Sara García tamén seguirá.

Bejmaín Rodríguez quere ter pechada a plan-tilla antes de que remate o mes de xullo. Sobre a data de comezo da pretempada aínda non se sabe nada. Pero todo fai indicar que comezará a principios de setembro, sempre e cando a Liga comece a mediados de outubro.

ConfianzaO técnico pavillonista

pretende dar confianza a esas xogadoras coas que logrou, malia as adversi-dades, manter a categoría a pasada campaña. Algun-ha delas terán que estudar fóra de Ourense, pero des-de o club buscarán fórmu-las para compatibilizar os estudos cos adestramen-tos.

O COB ao borde do ataque de nervios4 Coa documentación entre-gada en regra, fóra de prazo, toca agardar se ten praza na LEB Ouro.R. Torres

A directiva do Club Ourense Baloncesto está ao borde do ataque de ner-vios. Coa documentación entregada en regra, aínda que fóra de prazo, toca agardar para coñecer se o COB será equipo de LEB Ouro na �014-�015.

O venres 4 de xullo re-mataba o prazo para ins-cribir o equipo en Ouro e a directiva non entregou co-rrectamente o aval. COB e Coruña foron os únicos equipos que tiveron ese problema; 13 equipos, pola contra, si que os en-tregaron en tempo e for-ma. O dilema aparece can-do 13 equipos teñen praza e só resta por cubrir unha (a Liga será novamente de 14 equipos). Coruña e COB son os equipos que pelexarán por esa praza. O COB xa entregou a do-cumentación, pero Bás-quet Coruña ten ata o 21

deste mes para arranxar o tema. En caso de soluciona-lo sería Coruña o que tería preferencia de participar na Liga e o Club Ourense Ba-loncesto quedaría fóra da competición. Un varapau despois de lograr a salva-ción na cancha, algo que non ocorría desde fai anos.

Toca agardar ata o luns 21 de xullo a ver se Coruña entrega a documentación, pero todo fai indicar que o damnificado será o COB malia ter xa todo arranxado, e de que Navarra descende-ra durante a tempada. Com-plicada situación para unha directiva que o que menos esperaba é que o equipo tivera este contratempo cando xa tiña que estar pen-sando nas novas fichaxes. A pesar de que non está ins-crito en Prata, é máis que probable que o equipo mi-lite nesa categoria. A única posibilidade de manterse en Ouro sería que Coruña non presente o aval.

Un partido do COB esta última tempada no Pazo.ARQUIVO.

Page 6: Bd102

6 BARRIOS DEPORTIVO11 de xullo de �014 POLIDEPORTIVO

Manuel e Cristina García Colomo posando coas súas nove medallas.

Os irmáns ourensáns competiron en 5 probas distintas

Redacción

O domingo 29 de xuño celebrouse na Pedro Es-cudero do pavillón dos Remedios a última xor-nada da primeira edición da Copa Deputación de salvamento acuático de-portivo.

A piscina pavillonista congregou preto de 40 de-portistas ourensáns desta disciplina deportiva. Nes-ta xornada disputáronse as probas de rescate de mani-quí con aletas.

En categoría alevín (50 metros de rescate con ale-tas), o vencedor foi Pablo Serrano, seguido de Xián Breogán Rodríguez, Da-vid Paredes e Diego Fei-joó; mentres que en rapa-zas a vencedora foi Carla Rodríguez.

En infantil, gañaron Ja-cobo Leira e Uxía Conde Fuentefría, por diante de Samuel Iglesias e Caroli-na Rodríguez, respectiva-mente.

En categoría cadete, os máis rápidos foron Pablo Vázquez e Lucía Serrano.

Na proba de 100 metros

Redacción

Os pasados 27, 28 e 29 de xuño disputáronse en Xerez os Campionatos de España de natación máster, nos que participa-ron, por parte do Pavillón Ourense, os dous irmáns García Colomo, que com-

de rescate de maniquí con aletas, os primeiros clasi-ficados foron David Rey (xuvenil), Ángela Do-pereiro (júnior), Andrea González (sénior) e Jesús Quintas (máster).

O trofeo á mellor marca feminina foi para Lucía Serrano, cun tempo de 1’36”40, e o masculino foi para Jesús Carlos Quintas

petiron en cinco probas e sumaron nada menos que 9 medallas.

Manuel logrou tres ouros (en 1.500 libres, e 100 e 200 bolboreta) e dúas pratas (en 400 libres e 400 estilos). Pola súa banda, Cristina fíxose con dous ouros (un en 1.500 libres e outro en

NATACIÓN MASTER

Os irmáns García Colomo logran nove medallas no Nacional de Xerez4 Manuel conseguiu cinco e Cristina, catro.

100 bolboreta) e dúas pra-tas (en �00 e 400 estilos).

Con esta exitosa partici-pación, a natación máster ourensá remata a tempada.

SALvAMENTO

Lucía Serrano e Jesús Quintas, gañadores da Copa Deputación4 Celebrada na piscina Pedro Escudero do pavillón dos Remedios.

Barros, cunha marca de 1’15”55.

Vindeiras citasPara finalizar a tempa-

da restan os campionatos galegos de augas aber-tas. Os xuvenís e júniors disputaranos na praia de Orzán (A Coruña) e os absolutos en Sanxenxo os días 19 e 20 de xullo.

Jesús Quintas, vencedor masculino da Copa Deputación.

Redacción

Os días 28 e 29 de xuño celebrouse en Ourense o Campionato de España F3C – Helicópteros de Ra-diocontrol, no que o piloto ourensán Jorge Rey se pro-clamou campión de España na categoría avanzada.

Este Campionato de Es-paña Absoluto de F3C, ba-seado na acrobacia con he-licópteros de radiocontrol,

Jorge Rey, campión de España en categoría avanzada4 De F3C – Helicópteros de Radiocontrol.

foi organizado polo “Club Aeromodelismo Ouren-se” e foi puntuable para a constitución da Selección Nacional representante nas vindeiras competiciones in-

ternacionais.Por parte do Aeromo-

delismo Ourense partici-paban David Prada, piloto na categoría F3C-Absolu-ta (Internacional) e Jorge Rey, piloto na categoría F3C-Avanzada (Nacio-nal), únicos representan-tes galegos nesta cita.

Finalmente, Rey rema-tou primeiro en avanza-da e campión de España, mentres que o compañeiro de club, Prada, finalizou sexto na categoría abso-luta.

Participantes no campionato.

Page 7: Bd102

BARRIOS DEPORTIVO11 de xullo de �014

7NATACIÓN

Dos metais logrados polos ourensáns, tres medallas foron de ouro, tres de prata e seis de bronce

O equipo do Club Natación Pabellón Ourense que se proclamou campión galego absoluto.

Redacción

Os días 28 e 29 de xuño disputouse na piscina de Bergantiños o Campiona-to galego alevín de verán, no que se deron cita 302 nadadores pertencentes a 27 clubs distintos de toda a comunidade. O Club Nata-ción Pabellón Ourense en-viou unha expedición de 12 deportistas que realizaron unha grande actuación.

Na primeira xornada, fixéronse con medalla Jaco-bo Caride -que logrou dous ouros en 100 e �00 metros costas-; Noel Quiroga -prata en 1.500 libres-; Eva Carril -prata en 100 braza; Héctor Álvarez -bronce en 100 braza-; e o relevo de 4x200 libres -composto por Noel, David, Héctor e Jacobo, que lograron unha medalla de bronce-.

Na segunda xornada, lograron metais Jacobo Caride - ouro en 100 me-tros bolboreta-; o relevo de 4x100 masculino -compos-

Redacción

A piscina Rosario Due-ñas de Ourense acolleu do 4 ao 6 de xullo o Campio-nato Galego de Natación, no que se deron cita os me-llores deportistas de toda a

to por Davi, Héctor, Jaco-bo e Noel, que obtiveron unha medalla de prata na categoría de estilos e unha de bronce en libres-; Héctor Álvarez - bronce en 200 braza e 400 esti-los-; e Eva Carril -bronce en 200 braza-.

Outros resultados Asemade, ademais dos

nadadores que obtiveron medalla, compre salien-tar as actuacións doutros deportistas ourensáns que rozaron o podio. Foi o caso de David González -que rematou 4º en 100 e 200 metros costas-, Anxo Vigo -4º en 100 costas- e Antía Rodríguez -5ª en 100 costas-.

nosa comunidade. Nesta cita, a representa-

ción ourensá demostrou que se pode ser profeta en propia terra e ao longo da compe-tición os nosos nadadores sumaron nada menos que 61 metais; conseguindo que o club ouresán se proclamase campión galego absoluto en categoría conxunta e femi-nina, campión galego júnior en categoría conxunta, así como subcampión na mas-culina e na júnior feminina.

Primeira xornadaNas probas disputadas o

venres 4 de xullo, o Club Natación Pabellón Ourense xa comezou con bo pé, lo-grando 13 medallas. Delas, catro foron ouros, a cargo de Laura Pimentel -en 400 me-tros libres absoluto-, Aitor Grande -en 100 bolboreta sub8-, Ana Santiso -en 200 estilos absoluto mozo-, e o relevo de 4x100 feminino absoluto. Tamén se fixeron con 5 pratas o relevo 4x50 estilos feminino absoluto, Marc Ciurana -en 400 abso-luto-, Mara Velez -en 400 li-bres júnior-, Adrián Blanco -en 100 bolboreta absoluto mozo-, e o relevo 4x100 libres feminino júnior. E lograron os catro bronces Andrea Bello -en 100 bol-boreta júnior-, Aitor Grande

-en 100 bolboreta absoluto mozo-, Ana Karina Obaya -en �00 estilos júnior- e Ana Santiso -en �00 estilos abso-luto mozo-.

Segunda xornadaPola súa banda, os ouren-

sáns sumaron outras �4 me-dallas na segunda xornada de competición, celebrada o sábado 5. Tratouse de 1� ouros, 8 pratas e 4 bronces.

Os ouros lográronos Iago Rodríguez -en 50 libres jú-nior-, Adrián Blanco -100 costas absoluto mozo e 50 costas absoluto mozo-, Ai-tor Grande -100 costas ab-soluto sub8 e 50 bolboreta absoluto mozo-, Esther Ál-varez -100 costas absoluto xoven e 50 costas absoluto xoven-, Sandra Presas -100 costas absoluto e 50 costas absoluto-, Laura Pimentel -200 libres absoluto-, Andrea Bello -50 bolboreta júnior-, e Marc Ciurana -200 braza absoluto-.

As 8 medallas de prata correron a cargo de Mara Velez -en 1.500 libres ab-soluto-, Esther Álvarez -50 libres absoluto xoven-, Ecequiel Quiroga -100 cos-tas absoluto mozo-, Paula Blanco -100 costas júnior-, Miguel Pimentel -�00 libres júnior-, Martín Sabuz -200 braza absoluto mozo-, e os

O CNPO proclámase campión galego feminino, e júnior e absoluto de conxuntos4 Os ourensáns lograron 61 metais.

O CNPO logrou 12 medallas no Galego Alevín de verán4 Unha ducia de nadadores ourensáns acudiron á cita.

relevos 4x�00 libres femi-nino absoluto e 4x100 libres absoluto.

E os bronces foron obra de Paula Blanco -en 50 costas júnior-, Ecequiel Quiroga -200 libres absoluto mozo-, Mara Velez -200 libres jú-nior- e Ana María Santiso -200 braza-.

Última xornadaXa na derradeira xorna-

da, o domingo 6 de xullo, o CNPO sumou outras �4 me-dallas: 6 de ouro, 11 de prata e 7 de bronce.

As medallas de ouro obti-véronas Laura Pimentel -en 800 libres absoluta-, Marc Ciurana -400 estilos absolu-ta-, Marín Sabuz -400 estilos absoluta mozo-, Ana María Santiso -400 estilos absoluta mozo-, Aitor Grande -100 li-bres absoluta natación adap-tada-, e o relevo de 4x100 estilos feminino júnior.

As 11 pratas lográronas Miguel Pimentel -en 1.500 libres júnior-, Martín Sabuz -50 e 100 metros braza abso-luta mozo-, Mara Velez -800 libres júnior-, Laura Pimentel -400 estilos absoluta-, Iago Rodríguez -100 libres abso-luta mozo-, Esther Álvarez -100 libres absoluta mozo-, Andrea Bello -�00 bolbore-ta júnior-, e os relevos 4x50 feminino absoluto, 4x100 estilos masculino absoluta e 4x100 estilos feminino abso-luta.

Por último, fixéronse cos 7 bronces, Sandra Presas -en 200 costas absoluta-, Ana Karina Obaya -50 e 100 me-tros braza júnior-, Andrea Sabuz -400 estilos júnior-, Andrea Bello -�00 bolbore-ta absoluta-, Martín Sabuz -100 costas absoluta- e Ana María Santiso -100 braza absoluta mozo-.

Page 8: Bd102

8 BARRIOS DEPORTIVO11 de xullo de �014

ESPECIAL V TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

O Eurosport mantívose por diante, pero o Gestamp estivo a piques de empatar

Un xogador do Eurosport controlando o balón ante a presión dun rival./P.L.

Un xogador do Cidade asediado por varios rivais do Hermanos Carral./P.L.

P. Lodeiro

4-3 a favor do Eurosport-Karlaska foi o resultado da primeira semifinal do V Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala, que enfron-taba ao vixente campión do torneo co Gestamp, vencedor da Liga Local do Carballiño. O equipo da ca-pital ourensá foi por diante durante todo o encontro, pero o Gestamp non tirou a toalla en ningún momento e

P. Lodeiro

O Hermanos Carral venceu 5 a 3 ao Cidade de As Burgas. O Herma-nos Carral (terceiro na Liga Provincial) púxose por diante no marcador ao pouco de comezar o partido. Cun 4-0 ao seu favor, o pase á final pare-cía moi complicado para o Cidade de As Burgas, que, con todo, non per-deu a esperanza e logrou remontar ata poñerse 4-3.

O equipo capitalino incluso tivo ocasión de empatar pero na xogada seguinte o Hermanos Ca-

estivo a piques de conseguir o empate no último minuto da contenda.

HistoriaEn edicións anteriores

o “Torneo dos Campións” ten ido parar a dous clu-bes distintos: o Sobrado e o En Xogo /Karlaska. O V Trofeo Barrios Deportivo está organizado pola publi-cación deportiva que lle dá nome, e conta co patrocinio de Academia Proxecto, One

PRIMEIRA SEMIFINAL

Eurosport/Karlaska, primeiro finalista do V Trofeo BD de fútbol sala4venceu por 4-3 ao Gestamp.

AGS 11 e Bar Miguel e a colaboración do Concello de Ourense, o Consello Municipal de Deportes e a Delegación Provincial de Fútbol Sala.

SEGUNDA SEMIFINAL

Hermanos Carral, segundo finalista ao dobregar ao Cidade As Burgas4 O equipo do Carballiño venceu por 5-3.

rral meteu o quinto. A menos de dous minu-

tos para o pitido final, o

Cidade de As Burgas xa non tivo tempo para reac-cionar.

O Cidade As Burgas loitou ata o asubío final./P.L.

Page 9: Bd102

BARRIOS DEPORTIVO11 de xullo de �014

9

Un apaixoante regalte visto durante a final./R.T.

ESPECIAL V TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

O Eurosport/Karlaska comezou anotando, pero o Hermanos Carral logrou a remontada

O Hermanos Carral fíxose co V Trofeo Barrios Deportivo ao vencer na final ao vixente campión, Eurosport/Karlaska, por 3 goles a 1./RAMSÉS

R. Torres

O V Trofeo Barrios De-portivo -o torneo dos cam-pións- saldouse coa vitoria do Hermanos Carral ao vencer na final ao Eurosport /Karlaska por tres goles a un. Na final feminina, o Cidade Ourense venceu ao Castrelo de Miño por 5-0.

Hermanos Carral e Eurosport chegaron á fi-nal logo de desfacerse en semifinais de Cidade As Burgas e Gestamp respec-tivamente.

A final, que en todo mo-mento estivo moi nivelada, comezou co gol do Euros-port o que supoñía o 1-0 co que se remataría a primeira metade.

Na continuación, o conxunto do Carballiño subiu un pouco máis a liña de presión e coa súa velo-cidade lograba empatar o encontro. O conxunto da capital non se daba quita-

O Trofeo Barrios Deportivo erixe ao Hermanos Carral como o campión de campións 4 En categoría feminina o vencedor foi o Cidade de Ourense.

do a presión dos do Carral e estaba a sufrir en exceso. Froito da constancia o Ca-rral anotaba o segundo gol para adiantarse no marca-dor. A falta de 15 minutos para o final do encontro, unha falta directa coábase na portaría do Eurosport. 3-1, resultado co que se finalizaría o encontro e o Hermanos Carral alzábase campión de campións ao vencer no Trofeo Barrios Deportivo.

Deste xeito, o Eurosport / Karlaska rompe unha ra-cha de tres anos consecuti-vos vencendo este torneo.

Nas cinco edicións dis-putadas ata o momento os vencedores foron o Sobra-do na primeira edición, o Eurosport / Karlaska nas tres seguintes edicións, e o Hermanos Carral, que se une ao palmarés na tempa-da �013-�014.

Cidade de OurenseEste ano celebrouse unha

final feminina entre o Cida-de de Ourense e o Castrelo de Miño. Os dous equipos de Provincial fixeron un vistoso encontro no que o claro vencedor foi o Cida-de de Ourense ao gañar por un claro cinco a cero.

5 Arriba: un dos cinco goles que o Cidade de Ourense endosou ao Castrelo de Miño du-rante a final feminina. 4 Sobre estas liñas: unha xogada entre Eurosport e Hnos Carral.

Page 10: Bd102

10 BARRIOS DEPORTIVO11 de xullo de �014

ATLETISMO

O 7 de setembro volta este circuito coa carreira do barrio da Ponte

Atletas ao seu paso pola rúa Xoán XXIII./P.LORENZOGrupo de atletas percorrendo a rúa Emilia Pardo Bazán, a piques de acadar a meta./S.N.

R. Torres

Paredes e Ocampo con-tinúan líderes do Correndo por Ourense, no ecuador do circuíto.

As rúas de Ourense vol-veron acoller anos despois unha carreira popular. Nes-ta ocasión a correspondente

Redacción

Unha das carreiras po-pulares nocturnas que máis simpatía produce é a de Celanova. A terra dos poetas vístese por un día de atletismo e congrega cada ano a unha cifra que ronda o medio milleiro de participantes entre todas as categorías.

En categoría absoluta masculina, o limián da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Rubén Diz, foi o vencedor desta edi-ción, moi por diante dos seus rivais. Diz detivo o crono en 24:22 minutos tras 7.800 metros percorri-dos. Na segunda posición, a un minuto e 17 segun-dos, entraría o seu com-pañeiros de equipo, Javier Paredes; o ourensán em-pregou 25:39 minutos en completar a distancia. Ao terceiro caixón do podio

subiu José Manuel Casado (Vía XVIII Maceda) cun tempo de 26:14 minutos.

Categoría femininaYolanda Gutiérrez (New

Balance Team) foi a máis rápida cun tempo de 29:38 minutos. A 38 segundos en-traría Iria Fernández (Co-mesaña Sporting Club) cun tempo de 30:13 minutos. Sonia Teijeiro (Ourenrun-ning) foi terceira con 30:47 minutos.

Outras categoríasEn prebenxamíns, Adán

Rodríguez e Sabela Álvarez foron os vencedores. Na ca-rreira de infantís e cadetes, David Burgos e Inés Amo-rín foron os máis rápidos. En alevín gañaron Aarón Suárez e Sara Álvarez. E na carreira benxamín, Ger-mán González e Noa Bur-gos fixéronse co primeiro posto.

500 atletas toman as rúas de Celanova4 Durante a súa XI Carreira Nocturna.

á terceira proba do circuíto de carreiras populares “Co-rrendo por Ourense �014”. Este ano cambiouse o día e a ubicación, pasando de celebrarse en sábado pola noite na ribeira do Barbaña, ao domingo pola mañá, nas rúas máis céntricas da cida-de das Burgas.

Preto de medio milleiro de atletas participaron nesta proba que regresou ás súas orixes, onde as rúas do Pro-greso e do Paseo foron as protagonistas desta espera-

Os corredores percorreron a céntrica rúa do Paseo ante o aplauso do público congregado./P.LORENZO

da carreira.En categoría absoluta tan-

to Javier Paredes (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) coma Ana María Ocampo (Ourenrunning) foron os vencedores, ampliando a súa vantaxe cos seus per-seguidores na clasificación xeral do circuíto.

Nesta ocasión o vencedor decidiuse nos últimos me-tros entre Paredes e Óscar Ramos (Ourenrunning) con vitoria do primeiro. Pare-des empregou un tempo de 18:55 minutos, mentres que Ramos chegou dous segun-dos máis tarde (18:57). En terceira posición chegaba Luis Raña (19:11 minutos) do Atletismo Arenteiro.

A clasificación xeral co-mándaa Javier Paredes con dous puntos, un máis que o atleta do Ourense Atletismo Jorge Ignacio Silva (quen non participou nesta carrei-ra), e tres máis que o seu rival nesta carreira, Óscar Ramos.

En categoría feminina, Ana María Ocampo (ouren-running) rematou en primei-ra posición seguida de Ma-ría Ferreiro (independente) e Ana María López (Trio-urense). Ocampo completou os 5.600 metros en 23:28

minutos; Ferreiro en 23:54 e López en 24:18. As mes-mas tres (e na mesma posi-ción) son as que ocupan os postos de honra na xeral. Ana María Ocampo é líder con 150 puntos; María Fe-rreiro, segunda con 178 e Ana María López, terceira con 211.

PuntuaciónCada atleta puntúa se-

gún o posto no que que-dou, conquerindo un punto o primeiro, dous o segundo, e así sucesiva-mente. Ao final do circuí-to descártase unha carreira e súmase a puntuación das outras cinco.

Descanso ata setem-bro

O circuíto toma un res-piro ata o mes de setem-bro, mes no que volverá con dúas carreiras. A pri-meira delas o 7 de setem-bro levará aos atletas a correr polas rúas do barrio da Ponte. Esta carreira ce-lebrábase anos anteriores no mes de xullo. Con este cambio de data, a organi-zación pretende que acuda máis xente. O día �8 de setembro será o turno da carreira da Universidade.

4 No ecuador do circuíto.

Paredes e Ocampo, líderes do Correndo por Ourense

Page 11: Bd102

BARRIOS DEPORTIVO11 de xullo de �014

11ATLETISMO

Redacción

Os atletas Lolo Penas (New Balance Team) e Ma-risa Barros foron os máis rápidos na 31ª edición da carreira popular de Leiro. Na edición deste ano parti-ciparon preto de 350 atletas na categoría absoluta.

O atleta de Culleredo foi o máis rápido en completar os 9.321 metros que confor-maban a proba. Penas em-pregou un tempo de 28:59 minutos, 32 segundo máis que o segundo clasificado, o atleta do Unicaja Jaén Anouar Dabab (29:31). No

Lolo Penas e Marisa Barros, os máis rápidos en Leiro4 Na proba absoluta partici-paron arredor de 350 atletas.

terceiro lugar remataría, Carlos Costa (29:51), do CUAB Benaventense.

En categoría femini-na conformaron o podio Marisa Barros, Saida El Mehdi e Sandra Mosquera como primeira, segunda e terceira respectivamente. Barros fixo unha grandísi-ma carreira parando o cro-no en 31:14 minutos -foi a quinta persoa en atravesar a liña de meta-. El Mehdi (Unicaja Jaén) realizou o percorrido en 32:46 mi-nutos e Sandra Mosque-ra (Comesaña Sporting Club) en 34:38 minutos.

Redacción

Elpidio Gómez e Sonia Botana lograron a vitoria na Chandrexa Trail ,pro-clamándose campións galegos de carreiras de

Gómez e Botana fanse coa Chandrexa Trail4 Preto de 300 deportistas participaron nesta edición.

montaña.Preto de 300 deportistas

participaron nas tres probas (trail, carreira curta e andai-na) que se disputaron.

No trail, cunha distan-cia de 32,8 quilómetros, o

ourensán Elpidio Gómez foi o máis rápido ao cubrir a proba en 3 horas, 12 minu-tos e 55 segundos. Segundo foi Fernando Arca a 53 se-gundos, e terceiro, Emilio Montilla a 16 minutos. En categoría feminina Sonia Botana foi moi superior ao resto ao rematar nun tempo de 4:47.07.

MinitrailEste ano disputouse unha

proba curta de 20km, que compartiu percorrido coa andaina. 57 foron os parti-cipantes desta proba e preto de 100 os da andaina.

Redacción

Ourense acudía ao Cam-pionato Nacional de atletis-mo júnior con dous repre-sentantes. Jonathan Alvear (Ourense Atletismo) e Ai-tana Leguiçano (Atletismo de Pereiro de Aguiar - Ben Cho Shey) viaxaban a Cas-tellón para participar na 61ª edición deste torneo.

Alvear chegaba para par-

Dous ourensáns no Nacional júnior4 Jonathan Alvear e Aitana Leguiçano participaron en Castellón.

ticipar nos 200 metros, men-tres que Leguiçano facíao nos 400 metros valados.

Alvear quedaba nas eli-minatorias cuarto na súa serie (��.78) baixando a súa marca persoal. Nas se-mifinais, malia volver facer marca persoal (22.77) non puido acceder á final. Aínda así, foi un gran éxito debido a que esta era a súa primei-ra participación nun evento

deste nivel.A atleta do Ben Cho

Shey, quedou ás portas da final dos 400 valados. Foi cuarta na súa semifinal e novena no cómputo glo-bal, quedando a 12 centé-simas da final.

ADAS O BarcoO club do Barco de Val-

deorras, o ADAS O Barco tamén acudiu con varios atletas. As actuacións máis destacadas foron o tercei-ro posto de José Gonzélez Portero, terceiro nos 800 metros e a medalla de bronce de Adolfo Sainz-maza, no decathlón.

Jonathan Alvear e Aitana Leguiçano nas pistas de atletis-mo da Universidade de Castellón./RAMSÉS

mozo

Page 12: Bd102

1� BARRIOS DEPORTIVO11 de xullo de �014 ARTES MARCIAIS

Foto de familia dos judokas que recibiron medalla.

Redacción

O judo provincial cerrou a tempada 2013-2014 coa entrega de medallas e di-plomas da Copa Diputa-ción, celebrada no tatami do Ximnasio Marbel. Os mestres Manuel Montero, Felipe Iglesias e Ana Fer-nández repartiron os pre-mios entre os entusiastas judokas.

Trala cuarta xornada, 34 foron os deportistas cam-pións das diferentes cate-gorías da Copa Diputación 2014 que se achegaron a recoller o seu galardón.

Randori infantilTralo verán, disputara-

se a quinta xornada desta competición, denominada ‘randori infantil’, de as-pecto lúdico, non compe-titivo e de ámbito galego, que terá lugar no Pazo Paco Paz.

A Copa Diputación premia os mellores judokas infantís da provincia4 O Ximnasio Marbel acolleu a entrega de medallas e diplomas.

4 Gañadores 2014Categoría: Judoka:Absoluto Alejandro MonteroAbsoluto Ne-Waza -75k Herminio RodríguezAbsoluto Ne-Waza +75k Leví CaballeroOpen Especial Ne-Waza T amara SilvaCadete Open +60 Pablo ValcárcelInfantil Open -38k Ana VázquezInfantil Open -46 Pablo DopazoInfantil Open -60k Iria OlleroInfantil Open +60 Alvaro PrietoInfantil Femenino -38k Ana VázquezBenjamín Open -21k Ícaro CaballeroBenjamín Open -24k Daniel GayosoBenjamín Open -27k Miguel GayosoBenjamín Open -30k Antía OlleroBenjamín Open -34k Fátima VázquezBenjamín Open -38k Manuel VázquezBenjamín Open -42k Adrián Glez. LoboBenjamín Open +42k Daniel GonzálezBenjamín Femenino -21k Emma Rguez. ParryBenjamín Femenino -24k Celia RodríguezBenjamín Femenino -27k Lucía Rguez. ParryBenjamín Femenino -30k Antía OlleroBenjamín Femenino -34k Fátima VázquezBenjamín Femenino -38k Sara MojónBenjamín Femenino +42k Lidia FernándezAlevín Open -30k Iván Vasallo Alevín Open -34k Pablo MarcosAlevín Open -38k Jorge CascónAlevín Open -50k Alba GarcíaAlevín Open -55k Marina BooAlevín Open +55k Oscar SeguínAlevín Femenino -34k Laura CaoAlevín Femenino -50k Alba GarcíaAlevín Femenino -55k Marina Boo

Redacción

O pasado domingo �� de xuño celebrouse no pavi-llón dos Remedios o Cam-pionato Galego de kungfu moderno, organizado polo Club Artai e a Federación Galega de kungfu.

O torneo reuniu máis dun cento de competido-res de toda Galicia.

Cada equipo estivo composto por entre tres e cinco mozos e mozas, que realizaban probas puntua-bles (formas sincronizadas e combates preparados).

A competición estaba dividida en categorías prebenxamín, benxamín, infantil e cadete.

Redacción

A Xunta de Galicia concederá este venres 11 de xullo en Cangas, entre outros, o premio ao mérito deportivo a cinco deportis-tas e entidades ourensás.

Estes premios, creados en 2010, están concibidos

Tralo verán terá lugar unha xornada de “randori infantil” no Paco Paz

O mellor kungfu, nos Remedios4 Disputouse o Campionato Galego de kungfu moderno.

Os melloresOs mellores clubs do

torneo foron o Artai de Ourense e o club Pen-ta de Vigo; os mellores

ourensáns foron o colexio Seixalbo, o Artai Josefinas e o Artai Gimnasio.

Trala competición houbo unha exhibición de taichi e de kungfu moderno de alta competición.

A cita reuniu máis dun cento de deportistas procedentes de toda Galicia

Cinco ourensáns premiados ao mérito deportivo4 Catro persoas e unha enti-dade son os galardoados.

para persoas e entidades do ámbito deportivo que contribúen á excelencia do deporte galego, polo seu ta-lento e entusiasmo de cara ao mesmo.

A entidade ourensá é o Club Ourense Baloncesto. O COB celebra este ano o �5 aniversario do primeiro

ascenso á liga ACB.Os outros premiados son:

Fernando Bouso, adestra-dor de CD Ourense no ano 68 cando se conseguiron 30 vitorias noutros tantos en-contros; José García Calvo ‘Willy’, por ser o precursor das andainas en Galicia; José Luis Gómez Llamas, impulsor de moitas disci-plinas deportivas na nosa provincia; e, a título póstu-mo, a Josefina Salgado, 12 veces campioa de España de atletismo.

Combate entre dous cativos do Club Artai.

Os galardóns entregaranse este 11 de xullo en Cangas

José García Calvo recibe o recoñecemento por ser o precursor das andainas en Galicia.

Page 13: Bd102

BARRIOS DEPORTIVO11 de xullo de �014

13FÚTBOL SALA

“Da Coruña a Ourense pódese vir por nacional ou autovía, Codeso fixo que viñera pola autovía”, explicaba a internacional

Lucía Nespereira, fichaxe estrela do Cidade das Burgas4 Chega procedente do viaxes Amarelle e sen-do internacional con España.R. Torres

O Cidade As Burgas ficha á ourensá Lucía Nesperei-

ra. A xogadora procede do Viaxes Amarelle e vén de ser convocada coa selec-ción española.

Nespereira é unha peche contundente, con caracter dentro e fóra da cancha. Antes do Amarelle militou no Burela Pescados Rubén, onde acadou o título de Liga e de Copa baixo as ordes de Javier Pardeiro. Este feito non pasou des-apercibido para os técnicos da Federación Española de Fútbol, e desde fai un ano lévana chamado a todas as convocatorias da selección. No pasado mes de maio conseguiu, xunto coas súas compañeiras da Roja, gañar o Torneo Internacional de Moscú. Tamén participou en decembro no Mundial onde España rematou na segunda posición, tan só adiantadas por Brasil.

Lucía tívoo claro desde o principio, e a pesar de que varios equipos ían tras ela,

non o dubidou e firmou pola elástica franxiverde. Como a propia peche dixo: “Da Coruña a Ourense pódese vir por nacional ou pola au-tovía; Codeso (adestrador do Cidade) fixo que viñera pola autovía”, explicaba a internacional.

Máis esixenciaGolpe de efecto dun Ci-

dade As Burgas que con esta incorporación subirá un chanzo máis na súa com-petitividade da cara áa súa quinta participación conse-cutiva na Primeira División do fútbol sala nacional. A

experiencia de Lucía com-binará co desparpaxo dunha plantilla que cada ano crece na elite do fútbol sala.

Codeso, o seu novo ades-trador, é rotundo: “Lucía vainos a dar un plus e sei que se esixirá máis ao equi-po. Esa presión gústame”.

Ponte OurenseDespois de mover rápido

o mercado, o Ponte Ouren-se non fixo máis movemen-tos nas últimas datas. Polo que a actualidade segue como estaba, coas baixas de Drica e Souza, a subida ao primeiro equipo do filial de Verónica Touza e de Paloma González e a incorporación de Sara Moreno, para quen será a súa segunda etapa no equipo pontino.

Sara Moreno “Sarita” na anterior etapa no Ponte Ouren-se. /ARQUIVO

Lucía Nespereira o día da presentación. /RAMSÉS

Page 14: Bd102

14 BARRIOS DEPORTIVO11 de xullo de �014

ACTUALIDADE

Grupo de rapaces que están a participar na edición 2014 do campus Ponte Ourense.

Redacción

A última fin de semana de xuño o Actyon-Mérida-Academia Postal acudiu a diversas citas deportivas, e en todas acadou grandes resultados.

A primeira delas foi a úl-tima proba puntuable para o Open de España de BTT XC, que se disputou en Be-cerril de la Sierra, e na que Eva Álvarez se proclamou como a mellor sub23 fe-minina; Iván Feijoo foi 8º na categoría cadete; e Raúl González, 15º en júnior.

Ademais, tamén se dis-putou o Campionato de Galicia de Maratón, no que José Ramón Villanue-va subiu ao podio ao con-seguir a medalla de prata na categoría sub23.

Escola JA HermidaOs máis pequenos do

club tamén obtiveron bos resultados. Desprazáronse ata Betanzos, para acudir ao I Mini BTT da localida-de, no cal lograron seis po-dios, destacando entre eles a vitoria de Aida González en alevíns.

4 Maiores e pequenos logra-ron podio nas súas probas.

O CC Maceda acumula éxitos

Campus de verán Ponte OurenseDesde o pasado 30 de xuño e ata o venres 11 de xullo estase a celebrar no campo mu-

nicipal de Oira o Campus de verán Ponte Ourense.O campus está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos e nel realízanse múltiples

actividades lúdicas, talleres e visitas, ademais de adestramentos de fútbol e fútbol sala. Tamén tiveron saídas á zona termal da cidade e á Policía Nacional. Contaron cunha visita moi especial, a do capitán do Lugo, Manu. Clases de inglés, obradoiros de manua-lidades e unha charla de primeiros auxilios foron outras das súas actividades.

Gala do Club Deportivo La PurísimaClub Deportivo La Purísima celebrou a súa gala de fin de tempada no Teatro Principal.

O acto, o pasado 2 de xullo, reuniu un total de 170 deportistas que foron galardoados nas modalidades de atletismo, fútbol 8, baloncesto, voleibol, fútbol sala, actividades ximnásticas, patinaxe artística, danza creativa, baile moderno e ioga.

C.D. La Purísima iniciará a súa nova tempada o 1 de setembro, centrando o seu es-forzo na composición dun novo equipo na categoría infantil na disciplina de balón e a incorporación de xadrez no seu cadro de actividades.

Cativas do C.D. La Purísima durante a gala de fin de tempada./RAMSÉS

Redacción

Do 23 a 27 de xuño dis-putouse en Boo de Piélagos (Cantabria) o Campionato de España por comunida-des autónomas de xadrez. Dous dos compoñentes da selección galega eran os ourensáns Gabriel Roma e Martín Gómez, vixentes número 1 de Galicia por ránking e campión galego individual da categoría sub-14, respectivamente.

Galicia rematou no tercei-ro lugar e a piques estivo de

acadar a prata se na última xornada rodasen un pouco mellor as cousas fronte á selección valenciana, que rematou segunda.

Os mozos xadrecistas do Club Xadrez Ouren-se acadan deste xeito un importante metal a nivel nacional, preludio dos campionatos de España individuais que se dispu-tarán ao longo do mes de xullo en Salobreña (Gra-nada), aos que acudirá unha nutrida representa-ción ourensá.

Gabriel Roma e Martín Gómez acadan o bronce4 Os xadrecistas participarán nos campionatos de España individuais en Granada.

Andaina en ArmarizRedacción

A “VI Andaina de Ar-mariz” reunirá no Souto de San Ramón (Nogueira de Ramuín) a preto de �00 deportistas e amantes da natureza que se darán cita o vindeiro � de agosto para percorrer nove quilómetros entre soutos e castiñeiros, nuns dos paraxes naturais de maior beleza da pro-

vincia. O evento, co que colabora a Deputación de Ourense, está organizado con fin benéfico en favor de Autismo Ourense pola asociación de veciños San Ramón de Armariz.

O custo da inscrición para os socios da asocia-ción de veciños é de 3 euros, mentres que para o público en xeral é de 4 euros. De cada inscrición, 1,50 euros irán destinados a Autismo Ourense.

[+ info en 617 375 387]

Page 15: Bd102

BARRIOS DEPORTIVO11 de xullo de �014

15ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colabo-racións: Alfonso Vilachá, José Mª Arribas

Nº10�- Ano: VI - 11 de xullo de �014 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4O RINCÓN DO MESTRE

CAPÍTULO 38. Deporte de base e drogas

O tema das drogas está a tomar relevancia e preocu-pación no ámbito do depor-te de base. Como sabemos a nosa sociedade é vítima do consumo de todo tipo de drogas, e tristemente hoxe en día calquera persoa pode acceder a estas.

Ás veces, a presión da contorna familiar e ambien-tal, o temor ao fracaso, a ambición do éxito, son mo-tivos suficientes polo que os deportistas empezan a con-sumir drogas, pero o único que conseguen é enganarse a eles mesmos, pois estas substancias carrexan todo tipo de problemas de saúde. O noso traballo e obriga-ción, como educadores-en-sinantes, será explicarlles en que consiste cada unha das drogas, e os prexuízos que carrexan a nivel xeral no noso organismo.

Esta preocupación vén dada por varios motivos:

En primeiro lugar: a par-tir de 1º de ESO é cando se empezan a formar grupos, algún dos cales empezan a experimentar coas drogas suaves.

En segundo lugar: o abandono educacional e a ausencia de valores na fa-milia están relacionados coa adicción.

En terceiro lugar: a falta de información por parte da familia, do colexio e das es-colas deportivas.

En cuarto lugar: a venda

Deporte e realidade

de lambetadas con efectos tóxicos ás portas dos co-lexios, e nalgúns casos no seu interior.

Hai nenos que senten pra-cer co cheiro das gasolinas. Un perigo que está ao alcan-ce de todos os alumnos/as reside en bastantes gomas de borrar e pegamentos. Os alumnos non só inhalan es-tes produtos, senón mesmo os morden. Se os alumnos adquiren un hábito forte cara a estes produtos, poden manifestarse algúns destes síntomas, tales como falta de apetito, adelgazamento, irritación nos ollos, vómitos, labilidade emotiva, etc.

As drogas, a pesar dos estados ficticios de felicida-de, de agudeza mental, etc., depárannos consecuencias nocivas e dexenerativas tales como, deterioración da personalidade, vaso-constrición dos capilares, deterioración das zonas ce-rebrais e vitais, tolerancia e dependencia, etc.

A familia, o colexio e a escola deportiva son tres alicerces fundamentais no aspecto educacional e orien-tativo dos mozos deportistas. A familia, o colexio e a escola deportiva han de ser un nexo comunicativo e recíproco. De ser así, o proceso de ensino-aprendizaxe irá por bo cami-ño e non se verá atenazado pola secuela da droga. A función da escola deportiva non só radica en adestrar o aspecto deportivo, senón que ha de preocuparse do aspec-

to humano (psicolóxico, so-cial, hixiénico) dos mozos deportistas para que, nun futuro, poidan vivir en so-ciedade, solucionar os pro-blemas que se lle presenten e asumir responsabilidades propias.

Os educadores-ensinan-tes, debido ao seu contac-to continuo cos alumnos e coñecedores da súa con-torna intelectual, afec-tivo e social, é a persoa idónea para orientar aos mozos deportistas ante a sociedade actual. Para iso, deben non só debe preocuparse do aspecto deportivo, senón estar en contacto coa familia e o colexio, informarlles cla-ra e con linguaxe suxesti-va a preto das diferentes drogas e dos seus efectos negativos e destrutivos, pór exemplos dalgúns de-portistas, que faleceron e foron sancionados por dopaxe, exemplarizar con deportistas de elite que detestan as drogas, incul-carlles que os bos depor-tistas para chegar todo o máis alto posible, simple-mente, ademais dos seus quefaceres cotiáns, han de adestrar, alimentarse ben e durmir o suficiente, concienciarlles de que os bos deportistas nunca te-rán problemas coas dro-gas e aleccionarlles a que animen aos seus amigos a practicar deporte.

Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de

Ourense e entrenador

P.Lodeiro

Avanza a Copa Ouren-se de aire comprimido en Eiroás. Na súa sétima xor-nada, a correspondente ao mes de xullo, os mellores resultados obtivéronos Juan Carlos Ferreño (562 puntos) en pistola homes, Nuria Mera (374 puntos) en pistola damas, e Víctor Álvarez en pistola disca-pacitados homes (537). Na modalidade de cara-bina, Luis Iglesias sumou 550 puntos en homes e e Carla Alonso 33� puntos na categoría feminina.

A competición reanú-dase en setembro, tralo parón de agosto, cando o

club permanece pechado. A data prevista é o primeiro sábado de mes, día 6, a par-tir das 16:30 horas.

Tamén se retoma en se-tembro a Liga de fogo cen-tral, concretamente o día 21. Na quinta tirada, corres-pondente ao 29 de xuño, as mellores puntuacións foron para Esteban Alleres en sénior (520 puntos), Nuria Mera en damas (537 pun-tos) e Francisco Álvarez en veteranos (554 puntos).

Copa do Rei de armas olímpicas

Volverá haber tirado-res ourensáns na fase final da Copa do Rei de armas olímpicas, que se celebra en

Granada entre o 16 e 20 de xullo. Jorge Encinas, en ca-rabina tendido e 3x40, Nuria Mera en pistola deportiva e pistola de aire comprimido, e Paula Fernández en pisto-la de aire comprimido serán os nosos representantes.

A proba coincide en datas co Gran Premio Internacio-nal Fundeto, que reunirá os mellores tiradores de �5 países diferentes, e que or-ganiza a Federación Espa-ñola de Tiro Olímpico como antesala do Campionato do Mundo da ISSF que terá lu-gar no mes de setembro nas mesmas instalacións.

Percorridos de tiroTrala celebración do pro-

vincial no mes de xuño, o Club de Tiro de Eiroás serán sede do Campionato Galego de percorridos de tiro o próximo 26 de xullo. A hora de inicio da compe-tición é ás 9 da mañá, e os participantes, que se poden inscribir ata o día 15, de-berán realizar 8 stages ou exercicios, cun total de 143 disparos.

Tirada da Copa Ourense en Eiroás./J.E.

TIRO OLíMPICO

A Copa Ourense segue sen sopresas4 Tres ourensáns irán á Copa do Rei en Granada.

Page 16: Bd102

BARRIOS DEPORTIVO11 de xullo de �014