Suso de toro

9
Suso de Toro Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados martes 15 de enero de 2013

Transcript of Suso de toro

Page 1: Suso de toro

Suso de Toro

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

martes 15 de enero de 2013

Page 2: Suso de toro

Recoñezo que aqueles anos tan espesos, con cousas boas e malas, foron o momento no que vivín a vida con maior intensidade. Eu lembro aquel tempo con regusto agredoce, a dozura da xuventude que vive a vida como unha aventura até a fin e tamén o amargo daquela sociedade encerrada e afogada nunha cousa sinistra e miserábel. Eu desde rapaz sempre tiven dúas veas que sempre estiveron aí, dunha banda querer cambiar a vida para eliminar inxustizas e, doutra banda, vivir unha vida dedicado á arte. E dentro da arte eu dubidaba entre ser pintor ou escritor, e de certo que me tomei iso moi en serio e fixen o que puiden por formarme e “preparme” nos dous campos. Finalmente logo de comezar a debuxar e a escribir, perdín escritos daquela época naturalmente, cruzóuseme a outra vea, e entrei nunha militancia política moi intensa que me fixo abandonar calquera outra cousa. Seguín así varios anos aínda despois da morte de Franco e non me puxen de novo a intentar o de escribir até o comezo dos anos oitenta.    A miña memoria daqueles anos é distinta da da maioría de persoas que viviron eses anos en Santiago como estudantes, pois eu era veciño da cidade, ademais de estudar traballaba servindo nun negocio familiar moi concorrido e iso tróuxome moitos problemas como militante político que precisaba da clandestinidade. Foi algo duro, lembro situacións abondo miserábeis, como ter que despachar bebida aos mesmos policías que me detiveran un mes antes por exemplo. Ou que un cliente e veciño canalla a mesma mañá na que fusilaron a cinco mozos antifascistas viñese a sinalarme co dedo e a berrar diante dos demais clientes, “¡aos comunistas había que fusilalos a todos!”. Era unha situación difícil para a miña familia, aos meus pais non lles facía gracia ningunha. Aínda que lembro unha vez que un veciño, que tiña un fillo preso por roubar, acusou ao meu pai de ter fillos comunistas e o meu pai contestoulle: “os meus fillos serán comunistas pero son boas persoas, axudan aos seus pais e ademais non rouban”. Lembrar iso aínda hoxe me fai sorrir de orgullo polo meu pai.

Suso de Toro

1. Como lembra Vostede aqueles anos de xuventude naquela fervente Compostela de fins da ditadura? E dos seus primeiros anos universitarios xusto antes da caída do ditador? Até que punto aquela etapa puido marcar a súa obra literaria posterior? Foi o ambiente familiar ou o social o que puido marcar que tanto Vostede coma seu irmán se adicasen á escrita?

2. Como podería xustificar a súa inclinación cara unha carreira universitaria nun principio bastante allea a un desenvolvemento literario? Tivo que botar man algunhas veces dos seus coñecementos universitarios á hora de escribir unha obra literaria?

Eu o que quería estudar era Belas Artes, o que ocorre é que cando o falei na casa os meus pais me dixeron que non me podían pagar unha carreira en Madrid, Barcelona ou calquera outro sitio e que lles facía falta na casa; que escollese  unha carreira das que  había en Santiago, como os meus irmáns. Entón pensei a última hora e sen información ningunha en estudar Filoloxía por estudar galego, mais cando cheguei alí primeiro vin que non habendo aínda a licenciatura en galego portugués só habería algunhas asignaturas de galego e aínda por riba encontrábame coa asignatura de francés e eu estudara inglés, como eu nese momento non era nada bo estudante acordei cambiarme para a facultade do lado onde estudaba un moi amigo meu. E fun para Xeografía e Historia, posteriormente escollín a rama de Arte, mais non foi por un interese xa que eu estudara arte contemporánea pola miña conta e non aprezaba nada o que nos aprendían na facultade. Non sei dicir se fun completamente xusto na valoración do que alí nos aprendían, eu penso máis ben que tiña razón.

martes 15 de enero de 2013

Page 3: Suso de toro

Na vida e na arte desde logo non hai que temer tanto contaminármonos que nos paralice. Non temo que me luxo o cinema ou a pintura, como non temo que a literatura se luxe pola vida e as impurezas. Polo contrario, na arte amo a impureza porque está viva, o que está perfecto está morto. O cinema, como a todo o mundo, tenme influido de modo inconsciente e tamén de modo moi consciente, hai no século XX unha corrente enteira de literatura contaminada desa grande arte que é o cinema. O cinema é unha maravilla. Por outro lado hai unha relación moi estreita entre varios libros meus e proxectos cinematográficos.

Bernardino Graña

3. Deducimos pola maior parte das súas obras que case seguro que Vostede é unha persoa afeccionada ao cinema. Pode esta afección condicionar a escrita e a temática dunha obra narrativa? Ou máis ben o de que unha obra se poida adaptar a cinema é algo que xurda a posteriori? Desde logo que o ocorrido con “Todo é silencio” de Manuel Rivas podería ser ilustrativo deste feito de interdependencia literatura-cinema aínda que o proceso for ao revés, ou non?

4. Como podería xustificar que comezando con vinte anos a escribir teatro practicamente non publicase case nada deste xénero e se inclinase claramente cara ao xénero narrativo?

Porque comecei a rabuñar unhas cuartillas, horrorosas, para unha compañía amadora, o teatro haino que escribir para ser representado, non para a lectura solitaria. Con todo dous ou tres libros meus foron adaptados ao teatro e escribín unha comedia, “Unha rosa é  unha rosa”, para  unha compañía teatral. Que logo se publicase en libro é unha consecuencia, o que importa no teatro son os actores e actrices nun escenario.

5. A súa obra narrativa moitas veces reconverteuse para ser levada ao cinema e outras veces ao escenario teatral. Realmente as fronteiras entre estes xéneros son tan simples ou iso é debido a outras circunstancias puntuais?

Penso que é debido a que a miña escrita é precisamente moi cinematográfica e moi teatral. Hai anos que comprendín que o que adoro é escribir para que actores e actrices digan as miñas palabras. Penso que a verdadeira vida da literatura é cando é pronunciada en voz alta.

Suso de Toro

Suso de Toro co seu libro Sete palabras.

martes 15 de enero de 2013

Page 4: Suso de toro

Renunciei ao futuro, retireime. Se publicase algo algún día, caso de ter tempo e  estar animado a publicar, daquela non había ser con ansia de chegar a moitos lectores, o xusto únicamente para que o editor e mais eu quedásemos contentos.

Bernardino Graña

6. Como enxerga o seu futuro literario un escritor ao que lle conceden premio tras premio cada un máis importante, que os críticos lle cualifican unha obra súa como das mellores novelas da literatura galega? Impón este feito á hora de se enfrontar a novos retos literarios ou é máis ben un pulo?

7. Vostede que fixo guións para a TV, nunca se plantexou retomar un destes guións para unha nova novela?

Teño algún argumento para unha serie de TV por algures, nalgún ordenador, mais… E “Trece Badaladas” naceu inicialmente para ser unha serie de TV, o que ocorre é que non houbo quen lle interesase. Foi lástima porque traballara moito na serie e daría unha serie linda. Mais hai o que hai, este país é como é e eu tamén son como son.

8. En cal das dúas facetas se sente máis a gusto, como tertuliano nun medio de comunicación ou ben mergullado na escrita dunha novela? Ter que improvisar e argumentar nunha tertulia é máis doado para unha persoa coma Vostede afeita a imaxinar, a xogar coa lingua e coas técnicas literarias?

Todo ten a súa dignidade e o seu sentido se se fai de boa fe e querendo que sexa de utilidade. Nas tertulias na Ser contrastei puntos de vista con persoas intelixentes e informadas que pensaban distinto e moi distinto de min, iso tamén me fixo máis intelixente. Se se ten un chisco de humildade aprendes de todo e de todos. Agora que o que me deu orgullo íntimo e cando escribía algo do que me sentía orgulloso.

9. Cales cre Vostede que son as concomitancias entre Tic Tac e Círculo para iren da man tanto na súa adaptación ao teatro coma para seren conxuntadas na obra O príncipe manco?

Penso que si, e pode que un volumen que agrupe a eses dous libros sexa a miña obra de maior peso. Aínda que ás veces un libro máis simple é máis duro e duradeiro, nunca se sabe.

Suso de Toro

Obra de Suso de Toro levada a TV

martes 15 de enero de 2013

Page 5: Suso de toro

Bernardino Graña

10. Que lle falta á nosa literatura galega para que escritoras e escritores poidan dedicarse a ela dunha maneira practicamente profesional? Que papel deberían desempeñar os organismos públicos para que se puider normalizar este aspecto da nosa literatura? Que pensa do dito de Borges cando di que “escribir non é un oficio, é un destino”?

Falta case todo. Nos anos oitenta defendín iso e chamáronme de todo, precisamente. Falta sociedade e faltou un poder político que dese lexitimidade e apoio práctico aos libros. A miña experiencia, como a doutros escritores, é que no teu país non tés o apoio da administración a diferencia dos outros países do mundo, polo que todo é costa arriba. Aínda por riba o que pode ocorrer, é ocorreu, é que sexas perseguido. Que xa é.

11. Pode ser contraproducente para un escritor a súa participación en tertulias nas que a fin de contas ten que amosar o seu posicionamento ideolóxico? Até que punto influíu no seu futuro literario unha obra coma Madera de Zapatero? E o seu posicionamento público a raíz do Prestige?

12. Coida Vostede que se debería apostar pola tradución da nosa literatura a outros idiomas como medio para espallar a nosa arte literaria ao estranxeiro ou será que aínda non existe suficiente calidade para saír ao exterior?

Paguei un prezo alto como profesional e pagárono os meus libros de literatura, claro é. Mais se non digo o que penso non son eu. Antes tamén apoiei públicamente e con todo o que podía ao PSG-Esquerda Galega e a Camilo Nogueira. E antes fun militante político e sindical…Non teño medo a luxarme e a tomar partido se vexo algo co que me identifico e precisa pulo.

Claro que hai libros en galego malos, como en calquera outra lingua. Mira que hai merda e media escrita en castelán, que é unha grande lingua literaria.

Suso de Toro

martes 15 de enero de 2013

Page 6: Suso de toro

Suso de Toro

14. Como enxerga Vostede o presente e o futuro da nosa literatura? Que lle falta para dar ese chimpo que todos agardamos?

Eu son pesimista a curto prazo para a literatura toda. Vai vivir unha transformación moi grande debido aos cambios nas nosas vidas e non sei de que maneira vai sobrevivir. Internet e o estarmos conectados sempre xa lle quitou espazo á literatura nas nosas vidas. Sobre iso teño cousas escritas e publicadas en libros, artigos.

13. Que sensacións experimentou Vostede ao ver investigadores literarios dos máis variados lugares, culturas... a estudar a súa obra?

Pois unha cousa que aprendín neses anos de aventura nos que viaxaba a lugares de mérito recoñecido noutros países e me recibían con respecto é que no meu país o que se di quererme non me querían moito. E tamén que as cousas que nos parecen imponentes e tremendas cando chegas ali son máis domésticas do que semellan e teñen a mesma dimensión humana que en calquera outro lugar. Hai catedráticos norteamericanos, franceses ou alemáns moi intelixentes mais eu teño amigos gandeiros que o son aínda máis. E non é unha pose, para min o coñecemento son moitas cousas, e mal escritor é alguén que acredita de máis nos libros e non trata coa vida.

Suso de Toro

martes 15 de enero de 2013

Page 7: Suso de toro

CUESTIONARIO

martes 15 de enero de 2013

Page 8: Suso de toro

Santiago.

Un monumento salientábel?

Toda Rosalía, toda; non se pode

andar con repunancias con Rosalía,

ou se lle quere o

u non. E algúns

versos e liñas dos textos teatrais de

Cunqueiro.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

MacbethUnha obra teatral?

Adoro a Antolín Faraldo. A Castelao non lle pode deixar de querer. Agora

que Rosalía..., era unha loba marabillosa. Os personaxes que son

algo para nós non son de país ningún, son nosos e nunca son extranxeiros

para nós.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Non vou ser orixinal, Shakespeare a eito.

Un/ha autor/-a e unha

obra literaria estranxeiros?

Contestar a isto resúltame

un algo impúdico.

Un personaxe literario co

que se identifique?

The runaway train”. Ou pode que “El viaje a

ninguna parte”.

Unha película de cine

Pasear.

Outro entretemento

ademais da literatura?

Vivir a vida e que vaian indo as cousas para a miña

xente.

Un anceio por realizar?

martes 15 de enero de 2013

Page 9: Suso de toro

Todo é o meu

país.

Mundo rural/urbano?

Praia/montaña?

Para visitar, Londres. Para descansar, a miña cama.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?A derrota da nobreza

galega e de dona Johana

frente a Isabel, “la católica”,

na batalla de Toro. E a

revolución de 1846.

Un feito histórico?

Unha Galiza libre e digna que se saca

adiante e dá traballo aos seus e acolle aos que o

precisan.

Unha utopía?

Onde non haxa televisión nin

conexión a Internet.

Un lugar axeitado para a lectura?

Toda a música.

Un tipo de música?

Aprendín de moitos, de

Joyce, de Faulkner…Tamén

de Cela, un personaxe triste

mais cunha gran vocación

de escritor.

Un/ha autor/-a con quen se

identifique?

Penso que era a vida. A

vida son moitas historias

que se verifican e moitas Cal é a súa fonte de inspiración?

martes 15 de enero de 2013