Minibiografías

6
EU SON SUSO BAHAMONDE Son poeta e narrador e participei en recitais poéticos nos anos 90 como membro do Batallón Literario da Costa da Morte e da Asociación Cultura de Bar, entre outras. Nos últimos tempos colaboro cos meus textos poéticos con grupos musicais da Costa en concertos e presentacións. Escribín moitos poemas para libros colectivos e tamén dous libros de poemas, Óxido nas flores da tarde e Expansión. Agora ando a dar voltas para publicar o meu primeiro libro de relatos.

Transcript of Minibiografías

Page 1: Minibiografías

EU SON SUSO BAHAMONDE

Son poeta e narrador e participei en recitais poéticos nos anos 90 como membro do Batallón Literario da Costa da Morte e da Asociación Cultura de Bar, entre outras. Nos últimos tempos colaboro cos meus textos poéticos con grupos musicais da Costa en concertos e presentacións. Escribín moitos poemas para libros colectivos e tamén dous libros de poemas, Óxido nas flores da tarde e Expansión. Agora ando a dar voltas para publicar o meu primeiro libro de relatos.

Page 2: Minibiografías

EU SON MARÍA LADO

Son poetisa e narradora, actriz, filóloga, productora audiovisual, guionista de radio, e traductora, entre outras cousas. Comecei no Batallón Literario da Costa da Morte nos anos 90 e dende entón participei como narradora e como poetisa en varios libros colectivos, revistas e xornais e publiquei os meus propios poemarios: A primeira visión, Casa atlántica, casa cabaret, Nove, Berlín... Dende hai uns anos Lucía Aldao e máis eu facemos un espectáculo inclasificable de poesía, música e humor que chamamos "Aldaolado".

Page 3: Minibiografías

EU SON MIRO VILLAR

Son profesor de lingua e literatura galegas ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico literario. Fun membro do Batallón Literario da Costa da Morte e colaboro con varias editorias, revistas e xornais. Teño publicado un bo número de libros de poesía, narrativa e ensaio e déronme varios premios. Algús dos meus libros de poemas son Ausencias pretéritas, 42 décimas de febre, Equinoccio de primavera e As crebas.

Page 4: Minibiografías

EU SON RAFA VILLAR

Estudei Filoloxía Galega e traballo no servizo de normalización lingüística da Confederación Intersindical Galega. Dende que estaba no Batallón Literario da Costa da Morte ata agora publiquei máis dunha ducia de libros de poesía e participei en moitas colectivas. Os nomes dalgús dos meus poemarios son O tributo da tarde, No ventre da balea ou Memoria de Ahab.

Page 5: Minibiografías

EU SON ESTEVO CREUS

Fun un dos fundadores do Batallón Literario da Costa da Morte e do grupo de teatro Talía de Cee. Son psicólogo de formación e profesión, pero tamén son poeta, e por iso me presento aquí. Recoméndovos os meus libros Areados, Teoría do lugar e Decrúa, pois os tres levaron premios literarios.

Page 6: Minibiografías

EU SON DAVID CREUS

Son de Cee, da Costa da Morte. Son profesor de Educación Plástica e Visual e ademáis fago moitas outras cousas: son poeta, artísta plástico, ilustrador, actor de teatro e montañeiro. Teño publicado dous libros de Poesía: Palabras para un parque hidráulico (editorial TresCtres) e Facer Merzbau non ou posible (Nonouedicións, xunto co meu irmán Estevo), e teño outros que permanecen inéditos. Formei parte do Batallón Literario da Costa da Morte e na actualidade comparto inquedanzas co meu irmán Estevo baixo unha estrutura que denominamos "NONOUEDICIÓNS".