Imos buscar un tesouro
-
Upload
kalandrakacom -
Category
Documents
-
view
251 -
download
4
description
Transcript of Imos buscar un tesouro
Unha vez oso pequeno pasou todo o díapescando no río, pero non colleu ningún peixe.Co caldeiro baleiro, os ósos cansos e sen asadono forno, o seu amigo tigre ía pasar fame.
–Tigre, non hai peixe. Hoxe non pesquei nada!
Entón oso pequeno coceu unha coliflor da horta,con patacas, sal e un pouco de manteiga.
–Sabes cal sería a mellor cousa do mundo? Ser rico! –dixo tigre pequeno–. Así hoxe poderías ter mercado dúas troitas,que son o meu prato favorito.
–Troitas! –berrou oso pequeno, que soñabacon pescar troitas.
Aínda non collera ningunhaporque as troitas non son parvas,non se deixan pescar.
–Asadas con manteiga, especias e améndoas!–berrou tigre pequeno, choutando de alegría.
–E de sobremesa, biscoito –dixo oso pequeno.
–Bis-coi-to –repetiu tigre pequeno–. Só de pensalo, póñenseme os dentes longos.
–Podía mercar unha barquiña. Faime falta.
–Máis falta me fai a min unha pa–berrou tigre pequeno–. A que teño renxe.Un día vaime volver tolo.
–Tamén quero un casco de piloto,unha lámpada vermella para a camae unhas botas de pel.
–Encargaremos uns traxes elegantese iremos a unha festa –dixo oso pequeno–.
Un tango fino, tigre, iso sería...
–Imos buscar un tesouro! –dixo tigre pequeno.