CESTO DOS TESOUROS · 2016-11-29 · O cesto dos tesouros é un cesto ou caixón con obxectos de...
Transcript of CESTO DOS TESOUROS · 2016-11-29 · O cesto dos tesouros é un cesto ou caixón con obxectos de...
O CESTO
DOS
TESOUROS
equipo educativo da
escola infantil de allariz
¿Como podedes organizalo na casa?O cesto dos tesouros é unha actividade interesante para todos os nenos
asistan ou non á escola infantil. Aínda que é un xogo moi común das escolas
infantís, podedes organizalo na casa seguindo algunhas normas:
* Podedes organizalo solo co voso
fillo u filla pero o ideal é reunir a
dous ou tres nenos e nenas (veci-
ños, amigos ou primos). A interac-
ción e os intercambios comunicati-
vos (risas, berros, balbuceos) son
os puntos fortes deste xogo.
* Antes de poñer o cesto diante
dos bebés debedes asegurarvos
de retirar da zona todo aquelo que
poda distraer a súa atención: xoguetes, teléfono, biberón, etc.
* Hai que seleccionar minuciosamente os materiais para evitar que o neno
se manque. Tamén é imprescindible estar pendentes de cómo os manipula
e cómo xoga, sen perdelo de vista pero sen intervir nin dirixir o seu xogo.
Cando perda interese e concentración será o momento de recoller e poñer
fin á actividade.
* Debemos lavar a miúdo os obxectos do cesto dos tesouros. A hixiene é
fundamental xa que chupan e tocan todo.
*Á hora de recoller convén verbalizar conceptos que axuden ao bebé a
desenvolver a súa capacidade de clasificación e orientación espacial:“Imos
recoller os tapóns de corcho; agora os aros e as pinzas que están fóra do
cesto,...”
* O neno necesita xogar a moitas cousas e o cestos dos tesouros é un xogo
mais.
documento para as familias
O cesto dos tesouros é un cesto ou caixón con obxectos de diferentes mate
riais, pesos e texturas para que nenos e nenas experimenten.
Neste xogo, as crianzas manipulan
elementos da natureza ou do seu
entorno cotiá. Estes obxectos, pola
súa variedade de formas, texturas,
cores e olores estimulan os sentidos
e as capacidades (motrices, cogniti-
vas, comunicativas) dos bebés, faci-
litando o seu desarrollo.
Esta actividade está indicada a partir dos seis meses (cando son capaces de
permanecer sentados) e deica o ano.
En que consiste o xogo?
* Os bebés xogan nun lugar tranquilo. O elemento central é o cesto ou caixa
duns 8 cms de altura, sólida e estable, que non volque cando os pequenos se
apoien nela para sacar o que hai dentro. Convén que non teña asas e que os
remates estén redondeados para evitar danos.
* Dentro deste cesto métense uns 30 ou 40 obxectos que non sexan xoguetes
comerciais senon cousas que se poden atopar na natureza ou na casa: pedras,
castañas, corchos, esponxas, cunchas, peines, caixas, botóns grandes, cepillos,
pinceis, pinzas da roupa, bobinas de fía, etc.
* A sesión de xogo dura unha media hora e débese estar moi pendente dos
bebés para evitar que metan na boca obxectos pequenos.
*Este xogo da aos nenos e nenas a oportunidade de aprender por si sós.
Que habilidades desenvolven os bebés xogando con
obxectos cotiás?
* Exercitan a súa autonomía e a capacidade de elixir e decidir, xa que
ninguén lles di o que teñen que facer.
* Os sentidos: vista, oído, tacto, olfacto, incluso o gusto vanse desa-
rrollando mentras manipulan libremente esos obxectos. Ademais, este
xogo permítelles ir interiorizando conceptos como volume, capacidade,
equilibrio, cantidade, etc.
* Estimulan a coordinación corporal e as habilidades manipulativas,
agarrar e soltar obxectos, a pinza dixital (coller cousas pequenas co
pulgar e o índice), a atención e a concentración.
* Favorecen a socialización, a interacción e a comunicación con outros
bebés, así como a creatividade. Cada neno pode facer cos “xoguetes”
do cesto dos tesouros o que queira e ao seu propio ritmo.
* É unha actividade física moi interesante, pero sobre todo é unha
actividade mental que estimula a aprendizaxe a base de experimentar,
explorar e investigar.