Buxaina nº27 2013/2014
-
Upload
ceip-as-covas-meano -
Category
Documents
-
view
235 -
download
4
description
Transcript of Buxaina nº27 2013/2014
+
Correo-e:
Web:
- http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmeanhoascovas/
Blogues:
- Infantil: http://meninhosdascovas.blogspot.com.es/
- 1º Ciclo: http://cousasdosnenos.blogspot.com.es/
- 2º Ciclo: http://facendouncaminhodepedras.blogspot.com.es/
- 3º Ciclo: http://euestudonascovas.blogspot.com.es/
- E.D.L.: http://ascovasengalego.blogspot.com.es/
- Música: http://musicanascovas.blogspot.com.es/
- Biblioteca: http://acovinha.blogspot.com.es/
Nº 27
LIMIAR
Xa chegaron os últimos días deste curso, a calor abafante que anuncia a
chegada do verán, tamén os nervios dalgúns por esas notas finais... e, como
non, xa está aquí a nosa revista Buxaina.
“Buxaina” é unha publicación que parte dende o Equipo de dinamización da
lingua galega, que busca ser unha pequena ollada a este curso 2013/14 que a
piques está de rematar.
Foron moitas as actividades que se fixeron; unhas foron todo un éxito e
outras haberá que revisalas para o vindeiro ano. Pero en todas elas tivemos
unha idea fundamental: facer da nosa escola un referente do ensino público de
calidade, e este é o motivo polo que vos queremos dar as grazas; pola vosa
colaboración, polo voso apoio que nos tedes dado e por traballar
conxuntamente para acadar a mellor educación dos vosos fillos.
Rematamos xa, desexándovos un magnífico verán, con moito tempo de lecer e
grandes momentos de xogo; seguro que sempre se atopará algún tempo para
ler e para contar as moitas aventuras vividas. Vémonos á volta de vacacións!
Un saúdo,
O Equipo de dinamización da lingua galega.