Bd110

16
Número: 110- Ano: VI - 19 de decembro de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 9 de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. XIMNASIA Páx.5 FÚTBOL Páx.9-10 FÚTBOL SALA Páx.2-3 Regalos de Nadal Entrevista a Aaron Blanco, presidente do club Artai O COB recibe ao Oviedo no Paco Paz.// Ourense- Cidade, derbi nos Remedios.// A UD estréase no Couto este domingo. /R.T. BALONCESTO Páx.7-8 [Páx.4] MOTOR Páx.11

description

No número 110 do Barrios Deportivo o titular de portada é: Regalos de Nadal. E é que hai tres citas na fin de semana apaixoantes do deporte ourensán para finalizar o ano.

Transcript of Bd110

Page 1: Bd110

Número: 110- Ano: VI - 19 de decembro de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 9 de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

XIMNASIA Páx.5 FÚTBOL Páx.9-10FÚTBOL SALA Páx.2-3

Regalos de Nadal

Entrevista a Aaron Blanco, presidente do

club Artai

O COB recibe ao Oviedo no Paco Paz.// Ourense- Cidade, derbi nos Remedios.// A UD estréase no Couto este domingo. /R.T.

BALONCESTO Páx.7-8

[Páx.4]

MOTOR Páx.11

Page 2: Bd110

� BARRIOS DEPORTIVO19 de decembro de �014

FÚTBOL SALA

O derbi de fútbol sala súmase á Operación Quilo4 Os entrenadores de Cidade As Burgas e Ourense Envialia animan ao público a colabo-rar con alimentos ao partido.

Presentación do partido entre o Ourense Envialia e o Ci-dade As Burgas no que se recollerán alimentos para a Operación Quilo de Amencer./P. LODEIRO

P. Lodeiro

A posibilidade de cola-borar na campaña solida-ria Operación Quilo é un atractivo máis para o derbi de fútbol sala que se dis-putará este sábado nos Re-medios entre Ourense En-vialia e Cidade As Burgas. Os entrenadores dos dous clubs, Óscar Vivián e Ma-nolo Codeso, animaron ao público que se achegue este sábado ás 17 horas á cancha central do pavillón a colaborar con Amencer entregando quilos de ali-mentos e xoguetes. Volun-tarios de Amencer estarán na entrada da cancha re-collendo os produtos non perecedoiros e informan-do desta iniciativa.

Manuel Seguín, coordi-nador de Amencer, resal-tou a importancia da pre-senza desta campaña no deporte. “Defendemos se triángulo deporte-mocida-de-solidariedade”, dixo. A Operación Quilo �014 re-

mata este sábado �0 coa en-trega dos lotes de produtos ás Cáritas parroquiais, aín-da que haberá unha segun-da entrega nas Cáritas máis numerosas co que se recade no resto de eventos nos que participan este Nadal.

EspectáculoCon respecto ao derbi,

trátase “dun dos maiores espectáculos hoxe por hoxe de Ourense”, afirmou Code-so, mentres que Vivián con-vidou á xente a que acuda ao partido e faga del “unha festa a nivel deportivo e de recollida de produtos”.

O Cidade As Burgas po-derá contar coa plantilla ao completo, pois regresan Iria e Vanessa da súa participa-ción na Selección españo-la. “Imos ver como están anímica e fisicamente”, expuxo o entrenador, quen recoñeceu que haberá “des-cartes”. Pola súa banda, no Ourense Envialia perderase o encontro a porteira titular por lesión.

4 Ourense Envialia e Cidade As Burgas enfróntanse no parti-do máis esperado do ano.

Un duelo por todo o alto

R. Torres

Un mes despois regresa a competición na Primeira División do fútbol sala. E non o pode facer de mellor maneira: co encontro entre o Ourense Envialia e o Ci-dade As Burgas (sábado �0, ás 17 horas na cancha cen-tral dos Remedios). No que é sen dúbida algunha, para o afeccionado ourensán, o partido máis esperado do ano. E chega nun momento inmellorable. Despois dun mes de parón, polo Mundial de Costa Rica, e coas dúas escuadras ourensás nos postos altos da clasifica-ción. As gradas encheranse de colorido para animar aos dous equipos. O Ourense Envialia fará de anfitrión nunha cancha que coñecen moi ben os dous equipos. O espectáculo está garantido nun derbi no que pode oco-rrer calquera cousa. Agár-

dase unha boa entrada que encha as bancadas.

Ourense EnvialiaO conxunto dirixido por

Óscar Vivián chega ao en-vite sen unha das súas xo-gadoras máis destacadas. Vanessa Barberá lesionouse na concentración da selec-ción española previa ao Mundial e non disputará o encontro. Unha lesión nos isquitibiais teraa afastada das canchas durante dous meses, dos cales xa leva case un de recuperación.

O Envialia é sexto con �0 puntos. O último encontro antes do parón foi en Vista-legre contra o Burela, onde recibiron un duro correcti-vo; ás ourensás caeron de-rrotadas por 5-0 no que foi, seguramente, o peor partido da tempada.

A pesar da derrota, o Ourense Envialia ten un gran equipo que sabe resar-

cirse das adversidades, polo que o partido contra o Cida-de será outra historia.

Cidade As BurgasAs pupilas de Codeso

chegaron ao parón nun mo-mento doce. Con �7 puntos son as segundas clasifica-das dunha Liga comanda-da polo intratable Futsi. As ourensás golearon nos Remedios ao Gironella por 6-0 antes do descanso da competición durante un mes pola disputa do Mundial. Un torneo internacional ao que acudiron dúas xogado-ras franxiverdes: Iria Saeta e Vanessa Sotelo. As dúas chegan a a este choque sen apenas adestrar coas súas compañeiras pero cheas de moral tras representar a España na cita mundialista. Sobre todo Vanessa Sotelo, quen con sete dianas foi a máxima realizadora da competición.

Resto da xornadaDo resto da xornada

destaca o desprazamen-to que ten que realizar o líder, Futsi, á cancha do Poio. Pase o que pase no encontro, as madrileñas seguirán sendo líderes.

O Rioja buscará non perder comba cos de arri-ba; enfronte un deles: o Alicante.

O Alcorcón - Amarelle con claro cor alcarreño; o terceiro clasificado, Bure-la, visita ao Majadahonda. Roldán - Bilbo; Gironella - Móstoles e Ordizia - Or-vina, pechan a xornada.

Sábado 20 de decembro -17h-cancha central do pavillón dos Remedios: Ourense Envialia - Cidade As Burgas

Page 3: Bd110

BARRIOS DEPORTIVO19 de decembro de �014

�FÚTBOL SALA

Redacción

O debut do Sala Ourense no grupo sur da Liga Gale-ga está sendo inmellorable. Con 1� xornadas disputa-das os ourensáns marchan líderes na clasificación con �� puntos, un máis que o segundo, o Autos Leiros de Mos. Coas baixas dos máxi-mos goleadores do equipo recibían ao Lume Bamboo de Vigo nos Remedios. Os ourensáns comezaron moi concentrados o que lles valeu para adiantarse no marcador con dous goles de Raúl nos cinco primei-ros minutos. No ecuador da primeira metade os locais cargáronse con cinco faltas polo que optaron por reple-

Redacción

España quedou terceira clasificada no Mundial de fútbol sala disputado en Costa Rica, onde Vanessa Sotelo alzouse coa Bota de Ouro do campionato ao firmar sete tantos. España quedou de terceira.

A selección nacional comezou con bo pé o tor-neo internacional ao gañar os seus dous encontros na fase de grupos. O pri-meiro encontro contra as anfitrioas, Costa Rica, por 4-0, e o segundo contra Guatemala por 8-0. Isto levounas a pasar coma primeiras de grupo. En semifinais esperaba Portu-gal, que rematara segunda

no outro grupo por detrás de Brasil.

En semifinais, España ía sempre por diante do mar-cador ata os minutos finais. Foi cara ao final, cando ex-pulsaron a Iria Saeta o que supuxo xogar en inferiori-dade, o que aproveitaron as portuguesas para empatar a dous tantos. A falta de dous minutos, Portugal lograba o terceiro tanto, e, a pesar de que España pasara ao xogo de cinco o marcador xa non se movería. Portugal pasaba á final que disputaría contra Brasil.

Nos cinco torneos mun-diais disputados ata a data nos cinco enfrontáronse españolas e portuguesas en semifinais. O balance

garse na súa cancha. Un dobre penalti a favor dos visitantes recurtaba dis-tancias no marcador, pero un minutos despois Sousa facía o �-1 co que marcha-rían a vestiarios.

Na segunda metade, o Sala Ourense non pasaría apuros e aínda ampliaría a súa renda cun gol de Tizón. 4-1 e o Ourense que conti-núa ao fronte da clasifica-ción. A última xornada do ano enfrontará ao Cafetería Luar de Ponteareas contra o Ourense.

Contra o VerínNa xornada número 1�

disputouse o derbi ouren-sán da Liga. O Verín Futsal recibía no seu pavillón mu-

O Sala Ourense lidera a Liga Galega4 O último escollo foi o Lume Bamboo, a quen venceu por 4-1.

nicipal ao Sala Ourense. Máis de 500 espectadores acudiron a ver o partido recordando as boas tem-padas do Estreliña Verín. Os capitalinos foron supe-riores e a pesar de rematar a primeira metade por un igualado 0-1, o encontro finalizou con un esclare-cedor � a 6.

O Verín é sétimo con �0 puntos. Os de Verín reci-ben ao Mondariz o sábado �0 a partir das �0 horas no pavillón da Granxa.

Vanessa Sotelo, Bota de Ouro no Mundial4 A ourensá firmou sete tantos no torneo.

ata a data era de dúas vi-torias para España e dúas para Portugal. En Costa Rica desfíxose a igualdade a favor do combinado luso. Na final as brasileiras im-puxéronse por catro goles a tres, proclamándose penta-campioas mundiais. Cinco de cinco mundiais para as sudamericanas.

SoteloVanessa Sotelo foi xunto

a Vanessa Pereira Bota de Ouro do Mundial. A ouren-sán firmou sete tantos no campionato. Os seus goles foron: tres contra Guatema-la na fase de grupos, un con-tra Portugal na semifinal e outros tres contra Costa Rica na final de consolación.

Vanessa desplegando o seu gran xogo no partido de España contra Guatemala./CEDIDA

A vindeira cita do Sala Ourense será contra o Cafetería Luar de Ponteareas./ARQUIVO

O Sala Ourense venceu ao Verín en terras de Monterrei por 2 goles a 6

Page 4: Bd110

4 BARRIOS DEPORTIVO19 de decembro de �014

ARTES MARCIAIS

“Pode ser que esteamos no mellor momento na categoría xuvenil”Aarón Blanco Pita do Club Artai./RAMSÉS

AARón BLAnCO, PRESidEntE dO CLuB ARtAi dE wuShu E kung fu

“Estamos onde estamos despois de anos moi intensos e de moito traballo respaldado por moita ilusión. Moito sufrimento tamén”4 O wushu e kung fu ourensán tivo neste 2014 un dos mello-res anos a nivel competitivo.R. Torres

O wushu e o kung fu son dúas artes marciais (moi se-mellantes) que son moi des-coñecidas en Ourense, pero nas que os nosos represen-tantes están a colleitar moi-tos éxitos a nivel nacional. Falamos con Aarón Blanco Pita, adestrador, mestre, xuíz árbitro e un dos máxi-mos representantes destas artes marciais en Ourense co seu club Artai.

Chegades de Oviedo, onde acadastes nada me-nos que 18 medallas no Open de wushu?

Aarón Blanco: “A ver-dade é que Oviedo estáse-nos a dar moi ben. Leva-mos a todos os medallistas a nivel nacional. Cada un participou en tres probas e logramos 17 ouros e 18 me-tais en total”.

Fai un pouco celebrouse a Copa Deputación de kung fu con 150 partici-pantes. Estamos a falar dunha boa acollida.

A.B.: “Organizamos en xornada de mañá para nenos e na de tarde para maiores. Nenos participa-ron 150, que está moi ben. Fixemos unha novidade, que foi unha exhibición e os rapaces amosaban o seu traballo. Pola tarde fixemos combates en ring, nas mo-

dalidades de light contact e shanda. Todo saiu moi ben”.

A que altura está o wus-hu e o kung fu ourensán a nivel nacional?

A.B.: “Enriba de todo. Na provincia de Ourense hai cinco clubs moi fortes; na cidade catro. Estamos todos moi enriba”.

É o esforzo de moitos anos.

A.B.: “A verdade é que si. Estamos onde estamos despois de anos moi inten-sos e de moito traballo res-paldado por moita ilusión. Moito sufrimento tamén”.

Eres monitor e adestra-dor. Fuches deportista?

A.B.: “Foi fai 15 anos. Dábaseme moi ben. Pero

cando comezaba a desta-car tiven que coller as ren-das do club o que non me deixou tempo para compe-tir. Foi moi difícil xa que era inexperto en moitos te-mas como na organización. A miña carreira deportiva foi moi curta”.

Hai unha remesa de pu-pilos moi destacada. Esta-mos no mellor momento en Ourense no wushu?

A.B.: “Pode ser que es-teamos no mellor momento se estamos a falar de cate-goría xuvenil. Agora cam-biarán de categoría -serán sénior- e seguramente nes-tes primeiros anos sairán do podio, pero seguro que vol-tarán. O seu máximo nivel chegará dentro de seis ou

sete anos. O cambio será un choque para eles; de verse con ouros veranse fóra das medallas, pero se continúan traballando regresarán sen dúbida ao máis alto.

Temos a sete ou oito de-portistas que lograron me-dalla no pasado Campio-nato de España, e incluso Sergio Parga foi bronce no europeo”.

Cales son os retos do futuro?

A.B.: “Temos os cam-pionatos de España de wushu e kung fu. Ao Campionato de Europa de Bulgaría intentaremos ir. E hai un Open en Portugal pero que é soamente de combate”.

Que modalidades practicades no club Ar-tai?

A.B.: “Hai moitas pero no club Artai (e a nivel autonómico) centrámo-nos en dúas modalidades de combate: o shanda e o qing da. E nas de formas coas súas armas, sabres, espadas, lanzas, man ba-leira...”

O club Artai arrasa no Open de Oviedo4 Os 7 deportistas acadaron un total de 18 medallas.Redacción

O pasado domingo 7 de decembro, celebrouse en Oviedo o VI Campionato Open de wushu Cidade de Oviedo.

O club Artai de Ourense desprazouse con sete com-petidores do seu equipo de taolu (coreografías de exhibición). Os seleccio-nados polo mestre Aarón Blanco foron os competi-dores que na pasada tem-pada accederan a podium nos campionatos de Espa-ña oficiais.

MedallasOs sete competidores

do Artai conseguiron 17 ouros e unha prata, de-mostrando que son un dos equipos máis importantes a nivel nacional.

As medallas de cada

competidor foron: An-drea Álvarez Fernández, � ouros (nanquan, nandao e nangun infantil); Andrei-na Álvarez Escobino, � ouros (changquan, daoshu e qianshu cadete); Ema-nuel Álvarez Escobino, � ouros (nanquan, nandao e nangun júnior); Sergio Dos Santos Fernández, � ouros (nandao e nangun sénior); Andrés Piñeiro Fernández, 1 prata (nanquan); Sergio Parga, � ouros (changquan, daoshu e gunshu sénior) e Sara Álvarez Vázquez, � ouros ( changquan, jianshu e qianshu sénior).

Este campionato pon fin ás competicións oficiais para o ano �014. Agora o Artai prepara os campio-natos autonómicos e nacio-nais de kung fu e wushu do ano �015.

Sara Álvarez no Open de Oviedo de wushu.

Page 5: Bd110

BARRIOS DEPORTIVO19 de decembro de �014

5POLIDEPORTIVO

Un dos ximnastas de trampolín no Torneo de Nadal celebrado nos Remedios./CEDIDA.

O Torneo de Nadal enche as bancadas dos Remedios4 É unha das citas ás que máis público acude.Redacción

O Torneo de Nadal de Ximnasia enche as banca-das dos Remedios, sendo unha das citas ás que máis público acude.

Por oitavo ano conse-cutivo, a cancha central do pavillón dos Remedios acolleu o Torneo de Nadal de Ximnasia. Este ano, un total de 510 ximnastas de clubs das distintas provin-cias galegas que despre-garon os seus exercicios das distintas modalidades que ten esta disciplina deportiva. Puidéronse ver exercicios de ximnasia es-tética protagonizados pola escola de Xinzo de Limia; Ximnasia acrobática, do club Burgas; exercicios de ximnasia xeral e exerci-cios en minitramp, dobre

minitramp e trampolín pro-tagonizados polas escolas e club Ximnasia Pavillón.

Os ximnastas mais pe-quenos da escola -de � e 4 anos- tamén exhibiron a súa montaxe “O rei león” gra-zas á pericia dos seus ades-tradores que non dubidaron en acompañar sobre a pista aos seus mozos ximnastas. En minitramp e dobre mi-nitramp os máis pequenos fixeron a delicia do público

que con non pouco esforzo subían sobre un aparato que case os superaba en altura.

Broche de ouroA xornada a remataría os

equipos de elite de trampo-lín e a exhibición de xim-nasia “Charleston”, onde mezclouse o ballet clásico e contemporáneo con pasos rítmicos. As nenas benxa-míns sacaron a ovación dos presentes.

Este Torneo naceu como un evento festivo que reuni-se ás distintas modalidades de ximnasia sen a presión da competición. O mesmo tivo desde os comenzos unha moi boa acollida entre os distintos clubs galegos. O Club Ximnasia Escola Pavillón é o encargado da organización.

Un grupo realizando o seu exercicio./CEDIDA.

Felipe Iglesias, noveno no Mundial de jiu jitsu4 Mellorando a 15ª posición do ano pasado.Redacción

O jiu jitsuka ourensán do Ximnasio Marbel, Felipe Iglesias, logrou a novena posición no Campiona-to do Mundo de jiu jitsu disputado en París (Fran-cia) entre os días �6 e �0 de novembro. O ourensán mellorou o decimoquinto

posto logrado no pasado Mundial celebrado en Vie-na (Austria).

Iglesias participou na categoría de loita en -6� quilos. No sorteo tocoulle en sorte ao azerbaiano Vu-gar Jafarov a quen venceu (16-1�). Na segunda rolda o rival foi o grego Dionis-sios Pettas. O combate foi

igualadísimo e caeu do lado do grego pola mí-nima (11-10). Con esta derrota, Iglesias quedou fóra de entrar entre os oito mellores.

Logo da decepción, foi quen de repoñerse e ven-cer na repesca ao suizo Andre Huerlimann (9-6). No seguinte combate caeu contra o represen-tante de Madagascar Rico Andriamantsoa por 8 a 11. Estes resultados fixe-ron que rematara na no-vena posición da compe-tición. Pola súa banda, o seu compañeiro de com-petición, Javier Álvarez, rematou nunha meritoria sétima praza na mesma categoría.

Catro conxuntos ourensáns no Nacional de Zaragoza4 O equipo alevín do Escola Pavillón foi 16º.Redacción

A pasada fin de semana disputouse en Zaragoza o Campionato de España ab-soluto de conxuntos. O Pa-villón levou a catro equipos ao evento: dous alevíns, un infantil e un júnior.

O conxunto júnior (pri-meiro no campionato au-tonómico) non estivo moi

fino o que o levou a rematar na �7ª posición.

As infantís lograron ser o mellor grupo galego na cla-sificación xeral.

AlevínsAs alevíns de primeiro

ano (Club Ximnasia Pavi-llón) situouse no posto �6 da competitición, demos-trando o seu nivel.

Pola súa banda, o conxunto do Club Xim-nasia Escola Pavillón, a pesar de que este era o seu debut, fixo unha gran competición logrando unha meritoria 16ª posi-ción. Este resultado marca unha xesta non feita ante-riormente. Estes resulta-dos confirman a evolución da rítmica en Ourense.

Conxunto alevín do Escola Pavillón que acadou o posto 16 en Zaragoza.

Page 6: Bd110

6 BARRIOS DEPORTIVO19 de decembro de �014

DEPORTES ACUÁTICOS

Daniel Carnero e Xián Breogán.

Salvour, presente na segunda xornada da liga galega de Salvamento4 Participaron os cadetes Xián Breogán e da-niel Carnero.Redacción

O día �0 de novembro disputouse na piscina mu-nicipal de Ribeira a segun-da xornada da liga galega de salvamento en augas pechadas. A organización desta segunda xornada correu a cargo da FESS-GA (Federación de Sal-vamento e Socorrismo de Galicia) e do club SYSCA (Salvamento e Socorrismo Carballo).

En canto a representa-ción ourensá tan só Xián Breogán Rodríguez e Da-niel Carnero Vila (ámbolos dous infantís) participaron por parte do club Salvour. Xián Breogán rematou

no posto 18 na proba de 50 metros socorrista, mentres que Daniel Carnero foi �1º na mesma proba.

O �1 de decembro terá lugar a terceira xornada de liga e terá como sede Caldas de Reis co club salvamen-to Umia coma anfitrión. O Salvour agarda contar cun-ha representación máis nú-

merosa na terceira xornada da tempada.

MegaxoveO club Salvour estivo

presente en Megaxove. Realizaron talleres de ini-ciación ao salvamento acuá-tico deportivo así como a proxección de vídeos deste deporte.

Redacción

A Deputación de Ourense vén de acome-ter un investimento para a construción dun panta-lán en Laias (Cenlle) que permitirá aos equipos de

Redacción

O Club Natación Pabe-llón Ourense acadou o ré-cord galego da nova disci-plina. O CNPO logrou 14 medallas no Trofeo Cidade da Coruña.

Unha ampla participación do Pabellón Ourense acudiu ao trofeo da cidade herculi-na no que estiveron acompa-ñados por nadadores de �0 clubs de Galicia e Asturias. O evento tivo lugar o pasado �9 de novembro na piscina de Bastiagueiro Inef.

A expedición ourensá es-tivo formada por �0 nadado-res que, ademais do récord galego, lograron 14 meda-llas. Os nadadores Paula Blanco, Martín Sabuz, Marc Ciurana e Laura Pimentel batiron a mellor marca ga-lega.

MedallasEn canto ás medallas,

Paula Blanco logrou o úni-co ouro; acadouno na proba de 50 costas. As pratas foron de Laura Pimentel en �00 libres; Alberto Taboada, en 50 costas e 100 braza; Marc Ciurana, en �00 libres; Es-ther Álvarez, en 50 libres e o relevo 4x100 estilos mixto. E os sete bronces foron lo-grados por Laura Pimentel,

en �00 estilos e 100 bolbo-reta; Alberto Taboada, en �00 estilos; Marc Ciurana, en �00 braza; Esther Álva-rez, en 100 costas; Ana Ka-rina, en �00 braza e Martín Sabuz, en 50 braza.

SabadellEn Sabadell celebrouse o

Campionato de España de absoluto de inverno de na-tación. A representación do CNPO foi a cargo de Laura Pimentel e Marc Ciurana. Pimentel foi 16ª en 400 es-tilos, mentres que Ciurana foi 10º en �00 brazas.

Liga zonalNa piscina Rosario Due-

ñas dos Remedios cele-brouse o 1� de decembro a segunda xornada da Liga

benxamín, a terceira alevín e a segunda infantil.

Na Liga infantil esti-veron nadadores repre-sentantes do RCN Vigo, CN Ponteareas, CN Rias Baixas, CN Redondela, CN Monforte e Club Na-tación Pabellón Ourense; as probas foron as de �00 estilos masculino e femini-no, 100 libres masculino, �00 libres femenino, 100 braza masculino e femini-no, 100 bolboreta masculi-no e femínino, 1.500 libres masculino e 4x100 libres masculino.

Nas xornadas alevín e benxamín, que foron de caracter local, participaron ademais do CNPO, o CN Monforte e CD Miraflo-res.

nAtACión

Récord galego de 4x100 estilos mixto para o CNPO4 Lográrono Martín Sabuz, Marc Ciurana, Paula Blanco e Laura Pimentel.

Sabuz, Ciurana, Blanco e Pimentel tralas probas.

remo dispoñer dunhas ins-talacións axeitadas para realizar os seus adestra-mentos.

Seleccións como a de Bielorrusia (con 5� inte-grantes) xa confirmou a súa estadía dende o �� de

Instalacións para adestramentos de remo en Laias

febreiro ata o 1 de abril de �015 en terras ourensás.

Tras ela acudirán a Fede-ración Bielorrusa de per-soas con discapacidade, o College William Borlase do Reino Unido (40 in-tegrantes), a Federación Australiana (�5 membros) e a Federación Feminina de Holanda. Tamén se es-tán tramitando solicitudes das federacións de remo de Lituania, Polonia, Ru-sia, Francia, Esolvenia e Arxelia.

Page 7: Bd110

BARRIOS DEPORTIVO19 de decembro de �014

7BALONCESTO

Redacción

A xogadora de balon-cesto ourensá Noelia Cacheiro (que militou varias tempadas no Pa-bellón Ourense) volta a casa dende o Reino Uni-do para presentar o seu primeiro libro “Excusas”, no que explica como é a vida dunha deportista profesional.

Cacheiro defende na actualidade as cores do Newcastle University,

Redacción

O Pabellón Ourense se-gue sen levantar cabeza. Ata agora conta os seus partidos por derrotas e iso teno condenado á última praza da clasificación (que supón o descenso directo, en caso de haber).

O seu último verdugo foi o Cortegada, contra o que disputou o partido que tiñan pendente na liga logo de que uns días an-tes da cita oficial ardera a casa de tres xogadoras do conxunto de Vilagarcía, causándolles lesións.

Pero por moito que o choque se retrasou, o re-sultado (79-4�) non foi mellor para as pavillonis-tas. O seu rival dominou o encontro e elas non puide-ron facer nada para impe-dirllo.

O partido comezou cun parcial de 1�-0 para o Cortegada, un dominio

Noelia Cacheiro presenta o seu primeiro libro, “Excusas” 4 Será o 19 de decembro, ás 20 horas, en El Cercano.

pero aproveitará o parón navideño para achegar aos ourensáns (este venres 19 de decembro, ás �0 horas, en El Cercano) o esforzo, os retos, a desesperación, as recompensas, que viviu en todos os anos que leva competindo nas mellores categorías, nacionais e in-ternacionais, do baloncesto feminino.

Durante a presentación poñeranse á venda 75 exemplares a un prezo de 10 euros.

Na publicación explica a cara e a cruz da súa vida como deportista profesional./CEDIDA

local que continuou nos seguintes minutos. Porque, de feito, o Pabellón tan só anotou 6 puntos en todo o primeiro cuarto, mentres as de Vilagarcía, con Samba á cabeza, mostraron o seu mellor xogo. Ao final do primeiro cuarto un demole-dor ��-6 dicíao todo.

Pero no segundo perío-do o Pabellón recuperou forzas e a súa capacidade anotadora. O parcial de 19-14 permitiulle evitar que o Cortegada sentenciase por completo o choque. 41-�0 ao descanso e moito por mellorar na segunda meta-de.

Trala reanudación as pu-pilas de Benjamín Rodrí-guez seguiron na loita, pero o amplo banco do Cortega-da non lles permitiu que o seu xogo interior valese o suficiente. 58-31 marcaba o luminoso tralo terceiro período.

Os últimos 10 minutos,

Sétima derrota do Pabellón Ourense4 Caeu por 79-43 ante o Cortegada.

aos que o Pabellón adoita chegar sen forzas, foron un reflexo dos encontros anteriores. Nesta ocasión, as ourensás tampouco deron mantido o ritmo e un parcial de �1-1� deixoulles unha derrota final de máis de 30 puntos de diferenza.

Próxima citaAntes das vacacións de

Nadal o Pabellón Ouren-se ten que facer fronte a un último partido, o que se disputará este sábado 19 de decembro, ás �0 horas, na central dos Re-medios. Enfronte terá ao ADBA de Avilés, sétimo clasificado.

Sábado 19 de decembro, 20 horas, os Remedios: Pabellón - AdBA

Partido do Pabellón Ourense contra o Ensino nos Remedios nesta tempada./ARQUIVO

Bos resultados de COB B e CampusRedacción

O Club Ourense Balon-cesto B e O Universitario Campus Ourense lograron cadansúa vitoria na oitava xornada de liga da Primei-ra División.

O COB mediuse na casa co Seis do Nadal-Coia, ao que superou claramente por 84 puntos a 54.

Pola súa banda, o Cam-pus venceu, como visitan-te, ao Baloncesto Cambre por un resultado de 67-76.

Desta maneira, o COB B continúa de líder do grupo, despois de sumar seis vitorias no que vai de curso. E o conxunto uni-versitario vai cuarto con cinco.

A súa seguinte cita será este domingo �1 de de-cembro. o COB B vistia ao Sigaltec, que marcha terceiro; e o Campus re-cibe ao pechacancelas, o Ferrol.

FemeninoPola contra, o conxunto

feminino do Universita-rio Campus Ourense non correu a mesma sorte na última xornada de liga da Primeria División Au-tonómica disputada ata o momento.

Nesta ocasión caeu por 61-70 ante o C. Pio XII-Fedesa, sumando a súa terceira derrota dos cinco encontros que disputou polo momento. E marcha, deste xeito, sétimo na xe-ral.

As ourensás xa comeza-ron o descanso de Nadal, e a súa seguinte cita en liga será o 10 de xaneiro, can-do visiten a cancha do Po-

Page 8: Bd110

8 BARRIOS DEPORTIVO19 de decembro de �014

O COB suma a oitava vitoria da tempada, que o coloca na segunda posición

BALONCESTO

Redacción

Tyler Brown e Ben Alli-son deixan o Club Ouren-se Baloncesto. Mentres o americano xa marchou o británico farao tralo en-contro de Oviedo.

No partido contra o Prat, Tyler Brown xa non estaba co equipo porque decidira marcharse de volta aos Estados Unidos. Proble-mas familiares e unha evi-dente inadaptación fixeron que tomara unha decisión que xa estivo a piques de realizar durante a pretem-pada e, por segunda vez, antes do partido contra Burgos (onde deu a vi-toria ao equipo). Contra Palma estivo desacertado nos poucos minutos que xogou e cando o técnico o cambiou era evidente o seu enfado. A Prat xa non viaxou.

Agora o club sondea o mercado sen moita prisa, xa que Brown era o que menos minutos disputaba

Oviedo para soñar coa Copa4 Reciben ao Oviedo este venres ás 21h no Pazo.

e o que menos aportaba ao equipo.

Ben AllisonPola súa banda, o bri-

tánico Ben Allison tamén deixará a disciplina do club ourensán. Igual que Brown, Allison aduciu problemas familiares que se remontan á xornada contra Breogán. Tralo encontro en Lugo o seu axente comunicou a Gonzalo García de Vitoria que marchaba ao seu país. Os compañeiros e o propio García de Vitoria conven-ceron ao pívot para que esperara un pouco por todo o que se estaba xogando o equipo. Convencérono e aguantará ata o partido do Oviedo no que será a des-pedida do xogador ante a súa afección. Contra Palma xa non estará.

A directiva do COB, con Antonio Gavilanes á ca-beza, asegurou que para o partido contra Navarra terán alomenos a un novo xogador fichado.

Brown e Allison abandonan o COB4 Mentres o americano xa marchou o británico farao tra-lo encontro de Oviedo.

Ben Allison no partido contra Valladolid./RAMSÉS

R. Torres

Este venres a partir das �1 horas no Pazo dos deportes Paco Paz, o COB recibe ao Oviedo na xornada número 14 da Adecco Ouro. Neste partido anímase ao público a ser solidario e entregar alimentos non perecedoiros que irán destinados á Ope-ración Quilo da asociación xuvenil Amencer. O 10% da taquilla tamén será para o mesmo colectivo.

Ante o Oviedo será o penúltimo partido da pri-meira volta e na mente dos afeccionados está entrar na Copa Príncipe. Todo un premio ao traballo realiza-do ata agora. Os de Gonzalo García de Vitoria marchan na segunda posición e de-penden deles mesmos para acceder ao torneo copeiro. Oviedo, en casa, e Navarra, fóra, son os escollos que faltan para rematar a pri-meira volta.

OviedoO primeiro dos rivais,

este mesmo venres, será un Oviedo que o ano pasa-do foi a gran sensación da Liga. Clasificándose para play offs logrando eliminar a Leyma na súa primeira eliminatoria. Para o técnico ourensán, “unha das súas referencias -Fran Cárdenas- non está pero a supliron ben con Joan Creus”. Para Gar-cía de Vitoria é “un equipo moi semellante ao do ano pasado, coa mesma filoso-fía. O seu estilo de xogo é moi ofensivo e moi atracti-vo”, afirmaba. A diferenza coa tempada pasada é que en partidos moi igualados “saíalles cara e agora cruz; aínda así é un equipo que

se agarra á pista” aseguraba o adestrador. Os asturianos son undécimos con cinco vitorias e sete derrotas.

Neste partido estará Alli-son, quen marchará tra-lo mesmo. Gonzalo non quere perder moito tempo nos dous xogadores que se van, por todo o que se está xogando o equipo. Tralo partido contra Oviedo xa empezarán a elexir substi-tutos para Brown e Allison esperando ter alomenos un xogador novo para o parti-do contra Navarra.

PratO Club Ourense Balon-

cesto venceu ao Prat xa sen Brown nas súas filas.

O inicio de encontro foi

moi igualado cunha vantaxe mínima do COB ao final dos dez primeiros minutos (14-15). No segundo cuarto os locais despegáronse no electrónico, pero sen rom-per o partido (�0-1� no se-gundo cuarto o que supoñía un �4-�8 ao descanso).

O terceiro cuarto foi o menos anotador de todos e cun COB que non amarra-ba os rebotes defensivos. O parrcial foi de 9 a 1� (4�-40 no global).

Chegábase ao último cuarto sen saber quen se fa-ría coa vitoria. A figura de Ben Allison resuxdiu por enriba de todos e mantivo vivo ao COB ata o final. Faltando sete segundos e con empate a posesión era

ourensanista. Suka decide penetrar e consegue unha falta a favor que supoñía dous tiros libres. Queda-ba medio segundo para o final do partido. Anota o primeiro, falla o segun-do e, xa sen tempo para a reacción, vitoria visitan-te. Parcial de 1�-16, que deixa un resultado final de 55-56.

O COB sumaba así a oitava vitoria da tempada, que o colocaba na segunda posición da táboa, tan só adiantado polo Palencia.

Campus e Torneo de Nadal

Nestas festas navideñas vaise celebrar o terceiro Campus de Nadal organi-zado polo COB e o ABO. Terá lugar o luns �� e martes �� en xornadas de mañá e tarde e o mércores �4 pola mañá. Vai enfoca-do para nenos nados entre o �001 e o �009. O luns a sede será os Remedios e o martes e mércores no IES Otero Pedraio. A inscri-ción custa 40 euros, men-tres que os que queden a xantar pagarán 50.

Por outra banda, reali-zarase un torneo de ba-loncesto nas categorías cadete, infantil e júnior. Disputarase nos pavillóns dos Remedios e da Uni-versidade na fin de sema-na do �7 e �8 de decem-bro. Chegarán os equipos máis representativos das federacións galegas.

Pedro Rivero no partido contra o Palma./RAMSÉS

Page 9: Bd110

BARRIOS DEPORTIVO19 de decembro de �014

9FÚTBOL

Seis meses despois regresa o fútbol ao Couto co udO - Palmés

Lucas Nieto (no centro), xunto a directivos da UD e patrocinadores, co seu premio ao mellor xogador do mes./RAMSÉS.

Lucas nieto, MVP de novembroLucas Nieto, o lateral esquerdo da Unión Deportiva Ourense, é un dos xogadores que

máis minutos leva disputado, e converteuse no elexido pola afección, como mellor xoga-dor do mes de novembro. Nieto acadou o 18% dos votos seguido moi de preto por Xaco (xogador do mes de outubro) e Julio Salgado, ambos cos votos dun 1�% dos seareiros.

O trofeo ao mellor xogador é doado por “Galicia Deportiva” e patrocinado este mes por “Sequesport”. O acto de entrega fíxose na tenda de deportes e nel o xogador estivo acompañado por compañeiros e membros da directiva, amais de Carlos Domarco, de Galiciadeportiva, e Antonio Sequeiros de Sequesport.

R. Torres

A espera chega ao seu fin. Os afeccionados da Unión Deportiva Ourense poderán gozar do seu novo equipo no estadio do Couto. Desde que se creou a UD, a súa directiva estaba pedindo ao dono do estadio, a Xunta de Galicia, xogar no que fora sede do Club Deportivo Ourense. E por fin, o 21 de decembro farase realidade esta petición que ven desde o verán. Un verdadeiro aga-sallo de Nadal.

Para o partido desta xor-

O Couto abre as súas portas á UD Ourense4 Co encontro entre ud Ourense e Palmés.

nada, a Unión Deportiva Ourense aterriza no Couto de forma provisional e mentres non estea firma-do o acordo definitivo coa Xunta de Galicia para o uso do estadio. Polo momento autoriza o seu uso soamente para o partido desta xorna-da. Desde a directiva con-fían en que se poida firmar o acordo coa administración rexional antes do seguinte partido da Unión na casa; será o vindeiro �5 de xanei-ro contra o Peroxa B.

Pero o que si é seguro é que o partido UD Ourense -

Palmés xogarase no Couto.O partido terá lugar o

domingo �1 de decembro a partir das 16 horas contra o segundo clasificado a dous puntos do líder. O único equipo que segue a estela dos capitalinos é o Palmés. Segundos na clasificación, tan só cedeu un empate, o resto vitorias. Mentres que o Ourense comanda a clasi-ficación con 36 puntos, con �4 está o Palmés.

ActosPara ocasión tan especial,

a directiva ten previsto rea-

lizar unha serie de actos. Segundos antes de que

volve rodar o balón no cés-pede do Couto realizarán o saque de honra as xogado-ras do Cidade As Burgas, Iria Saeta e Vanessa Sotelo, esta última, Bota de ouro no Mundial de fútbol sala disputado recentemente en Costa Rica.

Tralo saque chegará o momento máis esperado pola directiva, xogadores e os máis de 1.000 socios e

abonados da entidade: re-gresará o fútbol ao campo ourensán máis emblemáti-co. Medio ano despois do seu peche.

No descanso, presenta-rase a todos os equipos da base. En total son seis, des-de prebenxamín a xuveníl.

Operación QuiloO club colabora neste

partido coa Asociación Xu-venil Amencer na Opera-ción Quilo. Para elo porán

caixas nas portas de entrada para que todos os que quei-ran entreguen alimentos non perecedoiros. Por cada quilo de comida entregara-se dúas rifas para o sorteo. Nesta ocasión sortearase un pack UD Ourense, que constará dun calendario do �015, un imán de neveira, unha taza, unha bufanda e unha camiseta. Outra das iniciativas para colaborar é a de entregar o 10% da reca-dación de taquilla para esta campaña. Operación Quilo leva realizándose desde fai �8 anos en Ourense; reco-llen alimentos e xoguetes que van destinados ás fami-lias máis desfavorecidas.

Xogadores da UD Ourense, tanto do primeiro equipo coma das categorías bases, posan-do coa primeira equipación da historia do club./RAMSÉS.

unha camiseta para a historiaA Unión Deportiva Ourense estrea a súa equipación -a primeira da súa historia-, e o

fará no estadio do Couto. Outras das cousas que se fixo esperar foi o uniforme do equipo que, por fin, xa está aquí.

Despois de varios meses de competición e con 1� xornadas disputadas, a UD poderá estrear a súa elástica. Unha equipación elexida a mán alzada entre os socios do club, e entre varias propostas anónimas.

O Couto volverá ter fútbol o 21 de decembro./ARQUIVO

Page 10: Bd110

10 BARRIOS DEPORTIVO19 de decembro de �014

FÚTBOL

Peluso no día da súa presentación co Barbadás./I. OSORIO

Peluso xa estará no banco contra o Sanxenxo

“Peluso” substitúe a Regal no Barbadás4 O ex adestrador azul dimi-tiu de forma irrevocable trala derrota contra o Ribadumia.

R.T.

Era algo que cada día que pasaba parecía máis que probable. Jorge Regal dimitiu coma adestrador do Barbadás de Terceira División, trala derrota na casa contra o Ribadumia por cero goles a dous. Os malos resultados das últi-mas xornadas fixeron que a súa decisión fora irrevo-cable.

O club non esperou e buscou ao seu substituto desde o propio domingo. Finalmente, e en menos de 48 horas, xa tiñan ao home elexido para relevar a Regal; o seu nome: Per-fecto Rodríguez “Peluso”, que adestrou ao Lalín na mesma categoría.

Peluso xa estará no par-tido da vindeira xornada contra o Sanxenxo.

Mala dinámicaO equipo con sede nos

Carrís leva unha dinámi-ca negativa. Unha vitoria, dous empates e sete derro-tas é a súa bagaxe nas últi-mas dez xornadas. O novo adestrador pretende qui-tarlles a lousa que levan arrastrando nas últimas xornadas e confía en que os xogadores salven unha situación que, de momen-to, non é asfixiante.

O conxunto dos Carrís ocupa a 16ª posición con 19 puntos, tres máis que a zona de descenso.

Barbadás FemininoO Barbadas de Segunda

División feminina conti-núa sufrindo esta tempa-da. A pasada xornada caeu por catro goles a cero no campo do Zamora. As ourensás son penultimas con seis puntos.

Os equipos ourensáns cumpren na Preferente4 Barco e Verín, os mellor posicionados. Arenteiro e no-gueira están fóra da zona de perigo.Redacción

Os equipos ourensáns están a cumprir con nota no grupo sur da Rexional Preferente. O Barco e Verín son os mellor posicionados. Arenteiro e Nogueira están fóra da zona de perigo.

O mellor equipo ourensán na clasificación é o Barco. Os barquenses son terceiro (en zona de promoción de terceiros) con �0 puntos, a cinco do líder, o Portono-vo.

Un chanzo máis abaixo, no cuarto lugar, está o Ve-rín con dous puntos menos -�8- que os de Valdeorras; tamén en zona de promo-ción de cuartos clasificados para a Terceira División.

Un pouco máis abaixo, como noveno, marcha o Arenteiro. Os de Carballi-ño levan �4 puntos no seu casilleiro, a catro do cuarto,

que está en zona de pro-moción.

E por último, o Noguei-ra de Ramuín, que están a mellorar nas últimas xor-nadas. O equipo da Tella é décimo cuarto con 19 puntos.

Despedida de anoPara despedir o ano, os

ourensáns aínda teñen que disputar a xornada núme-ro 17 esta fin de semana.

O sábado �0, o Nogueira visita o campo do Erizana. Os de Baiona ocupan pos-tos de descenso.

Xa para o domingo �1 quedan o resto de encon-tros. O Barco xoga como visitante contra o quinto clasificado, Gondomar.

E esta xornada haberá un novo derbi ourensán, o que enfronte ao Verín con-tra o Arenteiro ás 16 horas no José Arxiz.

O Arenteiro recompúxose do mal inicio de Liga e xa está fóra da zona de descenso./ARQUIVO

A Unión Deportiva suma goleadores4 Venceu 0-7 ao Parada.R.T.

A Unión Deportiva Ouren-se venceu ao parada do Sil por 0-7 nun campo moi em-barrado e con Soto, Valderas e Roberto Dacosta estreán-dose coma goleadores.

Nos primeiros minutos de encontro, o equipo local estivo con moito ímpetu para intentar sorprender aos homes dirixidos por Anto-nio Dacosta. Pero aos dous minutos, a Unión Deportiva viuse por enriba no marca-dor grazas a un penalti que transformaba Ramón Da-costa. A pesar do xarro de auga fría, o Parada dispuxo de dúas ocasións que ben puideron darlle a volta ao marcador, pero Cristian lo-graba que iso non ocorrera.

Cun terreo de xogo moi pouco propicio para o xogo combinativo, os ourensáns lograban o segundo gol por mediación de Diego Soto

aos �5 minutos de encon-tro. Con este resultado chegaríase ao descanso.

Na segunda metade se-guiría o festival goleador. Valderas lograba o 0-� no 18 da reanudación. Dous minutos máis tarde sería Roberto Dacosta o que facía o 0-4. Santi que le-vaba poucos minutos no terreo de xogo avisou cun balón o longueiro. Nas dúas seguintes ocasións xa non perdoaría, e firma-ría o quinto e sexto tanto. Pecharía a goleada, Xaco nun contragolpe. Con esta vitoria, a UD Ourense continúa ao fronte da cla-sificación, con 36 puntos.

diego Soto, Valderas e Roberto dacosta estreáronse como goleadores da ud Ourense

Xaco no partido entre o Para e o Ourense./RAMSÉS

Page 11: Bd110

BARRIOS DEPORTIVO19 de decembro de �014

11POLIDEPORTIVO

O ourensán iago Silva foi segundo; Mauricio Suárez, terceiro

Os irmáns Vallejo na homenaxe./BELAY.

Iván Feijoo en Valencia trala consecución da Copa de Es-paña de Ciclocross./CEDIDA.

Iván Feijoo, campión de España de ciclocross4 foi segundo en Valencia.Redacción

O corredor do Actyon Academia Postal, Iván Fei-joo, proclamouse vencedor da Copa de España de ci-clocross. O cadete macedán acadou o título tralo segun-do posto no Ciclocross In-ternacional de Valencia.

Das 10 carreiras cele-bradas, Feijoo conseguira seis primeiros posto e catro segundos. A consecución deste campionato fai que sexa o terceiro deportista formado na Escola de Ci-clismo JA Hermida que o logra. Anteriormente con-seguírano Pablo Rodríguez e Marcos Villar.

Pola súa banda, Xiana Conde rematou na cuarta posición, sendo cuarta na xeral final da Copa en cate-goría júnior.

DumbríaO cadete do Club Ciclis-

ta Maceda non se cansa de gañar e esta vez fíxoo en Dumbría, nunha proba do calendario galego de ciclo-

cross.Iván controlaba a carrei-

ra desde a primeira volta o que lle fixo lograr a vitoria dun xeito holgado.

Con este novo triunfo, Feijoo continúa unha mar-cha triunfal esta tempada que o leva a dominar a Copa de España de ciclocross.

O seu compañeiro de equipo, Abel Franco, acom-pañábao no podio ao re-matar terceiro a carreira, o primeiro podio para este ciclista nesta disciplina.

Na categoría feminina

júnior, Xiana Conde era a terceira en chegar a meta o que a facía subir, unha vez máis, ao caixón das mellores.

Outras actuaciónsOutras destacadas ac-

tuacións dos do CC Ma-ceda foron as de Raúl Fernández, na categoría raíña, elite sub��, sendo quinto en meta e segundo entre os sub��. Na proba de Escolas, Marco Nube remataba en segunda po-sición.

Homenaxe aos pilotos de Escudería Ourense4 Pola gran tempada realiza-da neste 2014.Redacción

O pasado domingo 7 de decembro nas estatuas de Estanislao Reverter e Anto-nio Colemán no parque de

San Lázaro rendiuse home-naxe aos pilotos de Escude-ría Ourense trala súa gran tempada.

Abría o acto o ex piloto e xefe de prensa do Rali de

Ourense - Ourense Termal, David Ferrer, quen agrade-cía ás autoridades, patroci-nadores e demais xente alí congregada a súa presenza

Durante a súa interven-ción ao carón do Alpinche situado na beirarrúa da Subdelegación do Goberno en Ourense, Ferrer concluía cos logros dos pilotos de Escudería Ourense ao lon-go do �014.

Logo foi o turno dos pi-lotos. O primeiro en coller o micro foi o vencedor do Campionato de España de

ralis, Sergio Vallejo. O pi-loto afirmou que ía a seguir na escudería, e negou que fora participar no Mundial de Ralis. O seu irmán, Die-go (campión de copilotos), comentou que o ano fora moi duro.

Tras eles, o turno foi para o campión da Copa Renault �RM (dúas rodas motrices), Luis Aragonés. O piloto destacaba a súa progresión nos últimos anos e o gran traballo do equipo para aca-dar o campionato. Aragonés explicaba que o seu periplo

no certame nacional chega-ba ao seu fin; nembargantes veríaselle no próximo Rali de Ourense. O seu copilo-to -Cuko Bañobre- contou algunha anécdota nos catro

anos ao lado de Aragonés e agradeceu a hospitalidade da cidade de Ourense.

O acto finalizou colocan-do sendas coroas ás estatuas de Reverter e Colemán.

O primeiro Ralimix de Barbadás, para Abel Jurado4 O asturiano dominou casi toda a proba.R.T.

O asturiano Abel Jurado foi o vencedor de forma clara da primeira edición do Ralimix de Barbadás. Jurado e o seu Yacar Cross colocáronse primeiros na segunda pasada do tramo (que se repetiu en cinco ocasións) e xa non baixa-ron dese lugar. Jurado logrou catro scratch das cinco pasadas.

A algo menos dun mi-nuto do asturiano rema-

taría, na segunda posición, o piloto ourensán Iago Silva. Silva está a demos-trar que é un dos mellores pilotos locais do momento e así o fixo no Ralimix de Barbadás, coa súa segunda posición final a bordo dun Semog.

No terceiro caixón do podio finalizou Mauricio Suárez (Yacar Cross), a máis de minuto e medio do vencedor.

O cuarto clasificado (a dous minutos) foi Celesti-

no Iglesias. Jesús López e Amador Vidal remataron fóra do podio despois dun-ha última pasada de tra-mo negativa para os dous. Antes desta última pasada marchaban segundo e ter-ceiro respectivamente.

Outros pilotosO fillo do cuarto clasifica-

do, que ten o mesmo nome, Celestino Iglesias rematou na sétima posición. Tamén participaron Jorge Gonzá-lez “Rantur”, Alberto Mei-ra, Manuel Senra, Alberto Meira ou mesmo o triatleta Iván Raña, entre outros.

Seis probasTrala boa acollida deste

certame por parte do públi-co, desde Federación Gale-ga de Automobilismo están a traballar para que no ano �015 o Ralimix teña un ca-lendario de seis probas.

O peugeot 106 de Manuel Caamaño -rematou no posto 19- no Ralimix de Barbadás./I. OSORIO.

Page 12: Bd110

1� BARRIOS DEPORTIVO19 de decembro de �014 POLIDEPORTIVO

Paula Fernández, segunda no Campionato de España de aire comprimido4 A júnior ourensá quedou en segundo lugar na competición de pistola.P.L.

A tiradora do Club de Tiro Eiroás Paula Fernández que-dou segunda no Campionato de España de aire comprimi-do celebrado en Granada en-tre o 5 e o 8 de decembro. A moza conseguiu �70 puntos na competición de pistola júnior, entrando na final en segunda posición, posición que conservou durante a ti-rada final.

Pola súa banda, a outra ourensá en Granada, Nuria Mera, só puido ser 17ª en pistola damas, con �6� pun-tos. Mentres, en veteranos

, Enrique Do Río quedou sétimo con 516 puntos en veteranos S.

Copa OurenseDoutra banda, este pasado

1� de decembro rematou a Copa Ourense de aire com-primido. Na súa �6ª edi-ción, resultaron gañadores o pontevedrés Juan Carlos Ferreño e a ourensá Nuria Mera, en pistola masculino e feminino respectivamente. O pontevedrés Luis Iglesias foi o mellor na modalidade de carabina, con �.��6 pun-tos; e os locais Víctor Ál-varez e Aurora López que-

4Copa Ourense- Pistola masculino:J. C. Ferreño �.�49 ptos.E. Castro �159 ptos.R. Santamaría �1�0 ptos.- Pistola feminino:Nuria Mera 1.479 ptos.Paula Fdez. 1.448 ptos.Paula Lodeiro 1.�4� ptos.- Pistola discapacitados:Víctor Álvarez �.198 ptos.J. Fco. Álvarez 1.856 ptos.Emilio Álvarez 1.856 pto.- Pistola disc.feminino:Aurora López 1.164 ptos.Sonia Álvarez 967 ptos.- Carabina masculino:Luis Iglesias: �.��6 ptos.

daron primeiros en pistola discapacitados masculino e feminino.

Máis de 40 deportistas participaron ao longo deste �014 nalgunha das once ti-radas desta xa clásica com-petición no club ourensán, na que se suman os catro mellores resultados de cada deportista, e na que por pri-meira vez, tiradores júniors, séniors e veteranos compe-tiron na mesma clasifica-ción.

Tiro ao pratoCoa finalidade de prestar

un mellor servizo aos seus

Paula Fernández./ARQUIVO.

Algúns dos premiados na 26ª Copa Ourense de aire comprimido.

Redacción

O Balonmán Pabellón endereza o camiño. Os dous equipos sénior -mas-culino e feminino- aca-daron a vitoria na pasada xornada.

As pupilas de “Richy” lograban a primeira vitoria da tempada ante o Coreti Lalín. O resultado foi de �1-17. A pesar das baixas, as ourensás foron quen de facer un partido moi serio, o que lles valeu a vitoria. Durante todo o encontro as locais dominaron o elec-trónico ata o 21-17 final. O Pabellón ocupa agora a oitava posición con dous puntos. Descansan na vin-deira xornada polo que non volverá a xogar ata despois do parón de Nadal.

No outro grupo (o II) da Autonómica xoga o outro conxunto ourensán.

O Campusauria segue sen puntuar. A última xornada perdeu contra o Teucro (�9-17) e continúa de pechacan-celas. O último encontro do ano dispútano en Noia, o �0 de decembro, contra o Gol-die Xiria.

MasculinoO equipo masculino do

Pabellon continúa en boa forma nas últimas xornadas e venceu na última ao Ra-soeiro por ��-��. Despois dun nefasto inicio ligueiro os ourensáns están no me-llor momento logrando in-cluso vencer na casa do líder (Porriño) hai dúas xornadas. Os de Diego Lorenzo están a mostrar a súa mellor facia-na e comezan a escalar po-sicións. Actualmente son oi-tavos con sete puntos. Para pechar o ano, o Ourense vi-sita ao Culleredo a próxima fin de semana.

4 Venceron os equipos sénior masculino e feminino.

O Balonmán Pabellón endereita o camiño

socios, o Club de Tiro Eiroás vén de renovar as máquinas antigas de parto por unas das máis moder-nas do mundo, as “Lapor-te Río 16”, as mesmas que se van instalr nas Olim-píadas de Río de Janeiro �016. Para estrealas o club organiza a Tirada de Nadal o �0 de decembro, a partir das 11 da mañá, e haberá premios para todos os participantes.

Pola súa banda, o do-mingo �1 á mañá celebra-rase a Tirada de Nadal de aire comprimido.

Page 13: Bd110

BARRIOS DEPORTIVO19 de decembro de �014

1�POLIDEPORTIVO

O galmédica Ourense ocupa a quinta posición, con tres vitorias, tres empates e tres derrotas

test de pas en P21 Pádel ClubO pasado mes celebrouse nas instalacións de P�1 Padel Club o “Test Drop Shot Tour”,

un evento onde todos os participantes tiveron ocasión de probar o catálogo de pas de Drop Shot e, de paso, xogar unha hora de clase-partido co monitor do centro Diego For-moso. Ao final do evento houbo agasallos para todos.

Redacción

O Galmédica Ourense venceu na pasa xornada ao Vincios de Gondo-mar e continúa con paso firme cara aos postos de arriba.

O partido da novena xornada da Terceira Di-visión Nacional de tenis de mesa enfrontaba aos ourensáns contra o Vin-cios - Maderas Daniel Tapia. O Ourense logra-ba a vitoria con contun-dencia ante o Gondomar por 5-1.

Esta vitoria fai que o equipo ourensán se colo-que na quinta posición da táboa clasificatoria con tres vitorias, tres empates

Grupo de participantes no Test Drop Shot Tour, no club de pádel P21./CEDIDA

O Ourense Tenis de Mesa segue con paso firme4 Venceu na pasada xornada ao Vincios de gondomar.

e tres partidos perdidos.Os puntos deste encontro

acadáronos Rodrigo Ál-varez (�), Emilio Diéguez (�), Antonio Gómez (1).

ParónDurante o Nadal chega

o parón. A competición reanúdase para o Galmé-dica o 17 de xaneiro fronte ao Chinelas. Os de Camba-dos son décimos -postos de descenso- con cinco pun-tos.

Integrantes do Galmédica e do Vincios./CEDIDA

Premios aos colexios participantes na San MartiñoO Consello Municipal de Deportes entregou os premios aos colexios participantes

na San Martiño nun acto que se celebrou no pavillón dos Remedios. Ademais dos seis vencedores en categoría Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato, fixeronse entrega de cheques para material deportivo a �6 colexios máis por superar os �5 participantes na carreira popular do San Martiño.

Representantes dos colexios premiados cos seus trofeos./CEDIDA

Page 14: Bd110

14 BARRIOS DEPORTIVO19 de decembro de �014

ACTUALIDADE

Juan Romero, profesor de Educación Física no Cardenal Cisneros./CEDIDA.

Saúde e deporte no Cardenal Cisneros4 O colexio acolleu unha xor-nada sobre alimentación sau-dable e deporte.Redacción

O pasado � de decembro, o colexio Cardenal Cisne-ros de Ourense acolleu unha xornada sobre alimentación saudable e deporte, chama-da “Vivir en Saúde na Esco-la”. Isto foi posible grazas á súa participación durante o curso no Plan Proxecta, onde realizaron actividades de innovación educativa sobre os programas de pro-moción da práctica regular de actividade física nos es-colares.

As actividades estaban coordinadas pola Secreta-ría Xeral para o Deporte e nelas analizouse a realidade en Ourense da infancia e o alto sedentarismo (debido á escasa actividade física e os malos hábitos alimenticios, entre outras cousas) e apli-couse un PIC (Proxecto de Intervención Comunitaria) na materia de Educación Física.

Das posibles solucións destacan, segundo o pro-fesor de Educación Física, Juan Romero, “a importan-cia da estimulación tempe-rá, ofrecendo un amplo aba-no de actividades, para que así o alumnado viva e ex-perimente de primeira man cada unha delas, chegando a ter mellores resultados académicos”, ademais de completar a Educación Fí-sica “con plataformas edu-cativas e o blog da área” e

incluíndo a “interdisci-plinariedade coas demais áreas, coma poden ser as ciencias naturais, lingua galega e castelá, etc.”.

Melloran os datosDespois de varios cur-

sos incidindo no deporte aumentouse a actividade física dos alumnos. In-cluso a alimentación foi mellorando grazas, en parte, a que a cada alumno ten un rexistro persoal no que anotan os almorzos e merendas, premiando aos que elexiron os alimentos máis axeitados.

Convivencia de atle-tismo

No curso pasado levou-se a cabo a I Convivencia de Atletismo. Unha nova forma de fomentar o de-porte e que esperan repetir neste curso. Este evento fomenta a importancia real do deporte na educa-ción.

Juan Romero recordaba como nas súas primeiras clases os alumnos pregun-tábanlle “por que corres?” e co paso do tempo lle din “cando hai carreiras para anotarnos?”. Para Rome-ro, “o obxectivo estase logrando; pouco a pouco os hábitos son máis sau-dables”, polo que “esta é a mellor medalla que pode obter un docente”, afirma-ba Romero.

Megaxove, referente do ocio4 durante a ponte da Cons-titución ofrecéronse máis de 100 actividades.Redacción

O Salón Megaxove que cada ano se isntala en Ex-pourense durante a ponte da Constitución viu pasar a máis de 10.000 visitan-tes de toda Galicia e nor-te de Portugal na súa 15ª edición.

Os máis cativos puide-ron gozar de máis de 100 propostas deportivas, cul-turais e de lecer que ofre-cía o Salón da Xuventude. As ofertas eran intermina-

bles, desde xogos popula-res e tradicionais ata zona de videoxogos, e desde de-portes maioritarios como o fútbol sala ata outros menos coñecidos como a haltero-filia, a esgrima ou a loita olímpica.

Todos os espazos foron moi visitados pero os que máis o futbolín humano, os inchables, os escaléxtric e os videoxogos con torneos de FIFA.

Destacou un ano máis a Fundación Cipri Gomes

acudindo con centos de ne-nos e adultos das �0 escolas deportivas coas que conta.

Megaxove tamén serve para promocionar outras actividades vencelladas ao lecer e á cultura coma a Es-cola Provincial de Danza Castro Floxo ou a Agrupa-ción Folclórica Queixumes dos Pinos.

SolidariedadeTamén houbo cabida para

a solidariedade a través de campañas como a “Ope-ración Quilo” de Amencer

ou “Axúdanos a Axudalos” promovida polo garda civil Óscar Castillo.

Deportistas de eliteMegaxove contou coa

participación de Sergio Vallejo, campión de Espa-ña de ralis; Felipe Iglesias, bronce no Campionato de Europa de judo; José Gago, sexto dan de wushu pola Federación Chinesa, amais de varios xogadores do Clube Ourense Baloncesto, que estiveron asinando au-tógrafos.

O slot foi unha das actividades en Megaxove./P. LORENZO.

O Xadrez Ourense, quinto no Campionato de España de Clubs4 Celebrado en Benidorm coa presenza dos 29 mello-res clubs españois.Redacción

O Xadrez Ourense re-matou na quinta posición no Campionato de España de Clubs de categoría xu-venil. O evento tivo lugar na localidade alicantina de Benidorm e contou coa presenza dos �9 mellores clubs de toda España. O papel desempregado po-los xadrecistas ourensáns foi moi destacado con esa quinta posición. O equipo do Xadrez Ourense estivo conformado por Adrián Gómez, Gabriel Roma, Martín Gómez, Alejandro Cervigni e Jacobo Freire.

A quinta posición esti-vo compartida con outras dúas escuadras participan-tes. Os ourensáns lograron 8 dos 1� puntos disputa-dos, acadando catro vito-rias en seis enfrontamen-tos disputados.

Case podioChegaban á penúltima

xornada con opcións de rematar no podio, xa que

ían terceiros. na quinta rolda enfrontáronse ao EXP - Ramón Escudero, ao que estiveron a piques de gañar. Adrián Gómez non puido concretar a súa vantaxe e Martín Gómez, que pelexou moi intensa-mente, non lograba pasar do empate. Así, o que pa-recía unha vitoria (ou polo menos un empate) con-verteuse nunha axustada derrota (1.5 a �.5). Este resultado deixaba sen op-ción de loitar polo podio. Tralo la pao da derrota, re-compuxéronse e lograron a vitoria na últia xornada por �.5 a 0.5, o que os deixou na quinta posición.

As dúas únicas derrotas foron contra os que rema-taron na primeira e segun-da posición.

Xadrecistas do Ourense.

Page 15: Bd110

BARRIOS DEPORTIVO19 de decembro de �014

15ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-��.���.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - ��004 Ourense. Tel: 988 04 5� 5� / 685 969 546. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colabo-racións: Alfonso Vilachá, José Mª Arribas

Nº110- Ano: VI - 19 de decembro de �014 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 5� 5� / 685 969 546.

4O RinCón dO MEStRE

CAPÍTULO 46. Pautas alimentarias do deportista

1º.- As comidas deben realizarse, preferentemen-te, á mesma hora, seguin-do, no posible, as pautas marcadas polo médico ou dietista. Non esquezas que unha correcta alimentación forma parte do teu adestra-mento invisible!

2º.- O almorzo tipo irá precedido dun vaso de zume de laranxa natural recente-mente feito.

3º.- A comida e a cea acompañarala cun prato de ensalada mixta. Só a excluirás cando o primeiro prato sexa doutro tipo de ensalada.

4º.- Durante as comidas é importante beber auga na-tural, excluíndo as bebidas gaseadas, cervexas e bebi-das de cola.

5º.- Ollo ao pan! Só po-des repetir unha vez.

6º.- Despois das comidas, podes tomar, se o desexas, café ou infusións. Nunca bebidas alcohólicas!

7º.- Condimentar en ex-ceso os alimentos é prexudi-cial. O sal debe consumirse en pequenas cantidades. En exceso, contribúe a reter lí-quidos e elevar a tensión.

8º.- A dieta alimentaria máis recomendada é a dieta mediterránea. Fai que usen na túa alimentación diaria aceite de oliva.

9º.- Durante a pretempo-rada, súase moito e o corpo perde líquidos e moitos sa-les. Pide bebidas isotónicas e toma, ao chegar a casa, medio ou un plátano á mañá e o mesmo pola tarde.

10º.- As verduras frescas, consumidas sen ferver, hai que lavalas concienzuda-mente para evitar que os posibles xermes que conte-ñan póidannos afectar gas-tro-intestinalmente.

11º.- Podes tomar con-servas de peixe, sempre que estean elaboradas con

deporte e realidade

aceite de oliva.12º.- Cando compres

comida precociñada com-proba que estea correcta-mente envasada e dentro dos prazos de consumo preferente.

13º.- Os días de partido terminarase de comer ca-tro horas antes de come-zar o partido. Esta norma, aínda que máis flexible, faise extensiva á comida do mediodía os días de adestramento.

14º.- O verán convi-da a tomar bebidas frías e a consumir sorbetes e xeados. Procurar tomar as primeiras frías pero non xeadas e os segundos evitalos, no posible, xa que poden ser causantes de importantes intoxica-cións.

15º.- En caso de pade-cer unha gastroenterite (vómitos, diarreas) de-berás seguir a seguinte pauta:

A. Dieta absoluta as primeiras 24 horas.

B. Tomará unicamente limonada alcalina (2-3 li-tros por día):

- Zume de limóns.- Dous sobres de azu-

cre.- Unha culleriña de sal.- Unha culleriña rasa

de bicarbonato.- Todo disolto nun litro

de auga. C. Despois das primei-

ras 24 horas, ampliar pro-gresivamente o réxime: caldos, purés, arroz, peixe cocido, etc.

Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes

de Ourense e adestrador

“nunha época de forte estrés, é conveniente non realizar adestramentos demasiado intensos”

O ritmo de vida actual no cal apenas dispomos de tempo para nós mesmos supón para gran parte da poboación unha situación de tensión, a cal a curto prazo pode ser beneficiosa xa que nos serve de auto protección ante a situa-ción, pero cuxas conse-cuencias a longo prazo van ser negativas sobre a nosa saúde. Aínda que é a nivel físico e mental onde máis claros notamos os seus efectos, é o aumento dos niveis de cortisol o que provoca alteracións graves na nosa saúde. Algún dos seus efectos son o aumento de peso e o seu consecuen-te risco de sufrir obesida-de xa que o aumento do cortisol estimula o apeti-to; a debilidade do sistema inmunolóxico e o aumento da posibilidade de sufrir enfermidades; problemas cardíacos e de circulación polo aumento da presión arterial; maior risco de en-trar en depresión por falta de autoestima...

Os indicadores máis claros mediante os cales podemos pensar que esta-mos nunha época de moito estrés son problemas para conciliar o soño, falta de apetito ou atracóns de comida, mal humor, apa-rición de enfermidades, aumento ou perda brusca de peso, preocupacións constantes... Se estamos a pasar por unha época de

forte estrés, é conveniente non realizar adestramen-tos demasiado intensos, xa que probablemente non esteamos preparados psi-colóxica nin fisicamente para un gran esforzo. Ade-mais o risco de lesionarse é moito maior debido á tensión muscular acumu-lada, á debilidade do sis-tema defensivo... Por tanto é moi conveniente realizar adestramentos suaves, sen ningún obxectivo demasia-do ambicioso, simplemen-te gozar do exercicio ata que logremos desfacernos do estrés e a ansiedade. Tamén debemos controlar a alimentación, non comer o primeiro que teñamos a man para acougar a ansie-dade e deseñar unha dieta equilibrada, consumir os alimentos que nos poden axudar a diminuír o estrés, como son as infusións e be-bidas quentes, o chocolate amargo, verduras, froitos secos, peixes, cítricos, ce-reais...

Jose Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD,

entrenador persoal en ximnasio Trabazos

4PRACtiCAndO SAÚdE

Efecto do estrés na saúde

Redacción

A Deputación de Ouren-se convocou as “Axudas a deportistas ourensáns cualificados 2014”, cunha dotación global de �5.000 euros e cunha contía máxi-ma por cada beneficiario de �.000 euros.

Ata o próximo � de xa-neiro atópase aberto o pra-zo de solicitudes da con-vocatoria de concesión de subvencións por parte da Deputación de Ourense a “Deportistas cualificados”, correspondente a �014, que poderán solicitar os deportistas de disciplinas individuais que reúnan os requisitos establecidos na indicada convocatoria. As

bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 1 de decembro.

54 beneficiariosNa pasada edición bene-

ficiaronse da convocatoria 54 deportistas ourensáns distribuidos en catro grupos en funcións das súas catego-rías e nivel deportivo. Esta iniciativa da Deputación de Ourense cumpre �6 anos.

O obxecto destas bases é subvencionar aos deportis-tas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais, coa finalidade de fomentar a práctica de-portiva e incentivar aos de-portistas mediante o recoñe-cemento da súa traxectoria e rendemento deportivo.

A Deputación achegará 25.000 euros ao deporte

Redacción

O Concello de Ourense dotará de novos vestia-rios e realizará melloras na bancada do campo de fútbol de Oira, cun in-vestimento de �00.000 euros.

As obras a executar se-rán os novos vestiarios, adecuación do contorno e acondicionamento e re-forma interior da banca-da existente no campo de

fútbol de Oira. O proxecto construirá unha nova edifi-cación próxima á bancada existente e aos campos de fútbol, contando con dous vestiarios máis para xoga-dores e un para árbitros.

En canto á bancada, rea-lizaranse traballos de ade-centamento dos revesti-mentos e repavimentación en zonas desgastadas polo uso. Tamén se creará unha zona verde entre os vestia-rios novos e as bancadas.

Melloras para o campo de Oira

“non esquezas que unha correcta alimentación forma parte do teu adestramento invisible!”

Page 16: Bd110

BARRIOS DEPORTIVO19 de decembro de �014