Post on 24-Jun-2015
description
Temos máis de dous meses por diante para un ben merecido
lecer. Merecerán algúns libros que os leamos?
Desde a nosa Biblioteca coidamos que si.
É máis: coidamos que hai abondos libros que saúdan con
alegría a chegada do verán, pois así serán abertos e as súas
páxinas recibirán dous agasallos: o relax co que se pasan as súas
páxinas e a calor coa que os nosos ollos as percorren
Coas seguintes recomendacións desexámosvos un verán cheo de descanso e pracer (tamén pola
lectura)
Lembrade que podedes levar ATA 3 LIBROS
durante o verán, e que non teñen
por que estar incluídos nas
nosas recomendacións
E non esquezades que os debedes
coidar moi ben e que tedes que
TRAER DE VOLTA NOS
PRIMEIROS DÍAS DE SETEMBRO
La vida en Irán, de Parsua Bashi
La autora escribe y dibuja su autobiografía, muy en la línea de la serie Persépolis,
de Marjane Satrapi. Inmigrante iraní en Suiza,
nos cuenta su agitada aventura vital
Contos da travesía(Varios autores)
En 1995 unha iniciativa conxunta de Caixa Galicia, a Xunta de Galicia e Renfe deu en publicar un volume
de relatos curtos. Neste que vos ofrecemos
atópanse varios moi suxerentes
El tiempo y la promesa, de Concha López Narváez
La amistad y la fidelidad puestas a prueba en
tiempos difíciles: los de la expulsión de los judíos de
España. Un novela histórica que trata un
tema para todas las épocas
Onde o son non adormece, de Antón Cortizas
O autor escolle o xénero da novela romántica para
narrar as lembranzas de Pedro, un rapaz namorado de Xulia, coa que viaxa a
Estocolmo para que ela se someta a unha operación co
fin de recuperar a vista
Viaje al fin del mundo, de Henning Mankell
Un niño que se cría sin madre, solo con su padre,
un alcohólico. En estas condiciones, Joel conocerá
el amor y el odio en su tránsito a la adolescencia.
Ardalén, de Miguelanxo Prado
O debuxante coruñés fainos o agasallo dunha nova
novela gráfica do xénero fantástico no que se abre
unha fiestra a varios ambientes: o rural galego, as viaxes por mar, o mundo da emigración, o territorio da
ancianidade...
El topo, de John Le Carré
Llevada a la televisión y al cine, esta novela de
John Le Carré está considerada como una
de las cumbres del género del espionaje
Afirma Pereira, de Antonio Tabucchi
Velaquí a peripecia dun periodista na Lisboa de
1938 e de Oliveira Salazar. A súa vida vese alterada
pola aparición duns personaxes comprometidos
politicamente e que fan espertar el sentimentos e
paixóns que non cría poder experimentar