RECOMENDACIÓNS DE NADAL
-
Upload
vanessa-arca-magarinos -
Category
Documents
-
view
235 -
download
6
description
Transcript of RECOMENDACIÓNS DE NADAL
POLO NADAL
UN LIBRO NA MAN
http://bibloenforcarei.blogspot.com
http://www.edu.xunta.es/centros/
ceipnosasenoradores/
Equipo de Biblioteca
CEIP Nosa Señora das Dores
Nadal 2012
Que mellor maneira que celebrar o Nadal
que cun libro na man. Agardamos que os
sacos veñan cargados de fermosas lecturas
para gozar durante este tempo de Nadal.
Esta guía foi elaborada de xeito colaborativo
polos centros: CEIP Nosa Señora das Dores
(Forcarei), CEIP de Oca, CEIP do Foxo e
CEIP de Figueiroa (A Estrada).
3º CICLO
Título: O caderno laranxa de Morgana. Autores: Pasqual Alapont
Editorial: Xerais Teño 11 anos e 7 meses e puxéronme
Morgana porque estaba de moda. Teño os ollos verdes, estudo sexto de Primaria e xogo ao baloncesto. Como levará ese
curso?
Título: El robo de las Meninas. Autores: Luisa Villar Liébana
Editorial: Edelvives. Ala Delta Unha xornalista que busca traballo en-
cóntrase cunha cadeliña na rúa. Sobe nun
autobús para ir ao museo do Prado; a cadela séguea e as dúas acaban entrando
no museo. Que ocorrerá no museo?
Título: Mejor Manolito Autores: Elvira Lindo
Editorial: Seix Barral. Col. Biblioteca Furtiva
O célebre Manolito Gafotas regresa
cun novo episodio da serie galardo-
ada co Premio Nacional de Literatu-
ra Infantil e Xuvenil.
Título: Palabras de auga Autores: Marcos Calveiro
Editorial: Xerais– Merlín
Conta a historia dun neno e mailo
seu pai na procura da auga pola sa-bana africana.
INFANTIL
Título: Carabuñas Autora: Margarita del Mazo
Editorial: OQO Carabuñas é un mago mago moi espe-
cial encargado de cazar nenos para a súa despensa. Un día, nesa procura,
coñece a Branca, unha astuta nena,
que …….
Título: Versos en flor Autor: Carlos Fontes
Editorial: Galaxia. Colección Tarta-ruga Un fermoso poemario no cal Carlos
Fontes. Nove poemas que tratan, entre outros, sobre os instrumentos populares, o corpo, os transportes,
oficios tradicionais e froitos da
Título: Mauro necesita un abrazo Autor e ilustrador: David Melling
Editorial: Edelvives. Colección osito Mauro.
Mauro, un simpático osiño, levántase
un bo día cunhas ansias terribles de dar abrazos, polo que abraza as pedras, ás árbores.... pero nada diso
o consola.
Título: Feliz Navidad Splat Autor e ilustrador: Rob Scotton
Editorial: Jaguar. Colección MIAU.
É a noite antes de Nadal e Splat
agarda o gran regalo de Papá Noel, pero..... as dúbidas asálta-no: sería bo para acadar o aga-
sallo? portaríame ben?.
1º CICLO
Título: Días de clase Autores: Daniel Nesquens e Emilio Urberua-
ga Editorial: Anaya
Para Rodrigo e os seus amigos os días de clase son unha aventura.
Título: O meu pequeno amimalario. Os dinosauros
Editorial: Baia Edicións Un fermoso libro de información para
aqueles curiosos paleontólogos.
Título: Nublado con probabilidades de albóndigas
Autores: Judi Barret e Ron Barret Editorial: Corimbo
Nun pequeno pobo chove todos os días…… ¡comida!
Título: A galiña Roxa Autores: Pilar Martínez e Marco So-
má Editorial: Kalandraka
Unha adaptación dun conto tradicio-nal que sempre gusta.
Título: Bicos de música Autor: Mamá Cabra
Editorial: Galaxia. Col. Sonárbore
Un novo traballo de Mamá Cabra.
Un libro con DVD co cal poderedes cantar e bailar.
2º CICLO
Título: Mondragó. La gran prueba Autores: Ana Galán
Editorial: Everest
Cale cumpre once años e, como é
tradición no seu pobo de Samaradó, o
dragoneiro Antón vaille asignar un
dragón e terá que superar unha proba.
Título: Clara Secret. El caso del moto-rista sospechoso
Autores: Javier Fonseca Editorial: Mac Millán
Clara e o seu socio Uan, un can de
peluche que fala inglés, intentan facer
máis felices aos seus veciños mentres
resolven misterios … Queres axudar-
lles a resolver este caso?
Título: Malos tempos para os fantasmas Autores: Agustín Fernández Paz
Editorial: Xerais
Marta e a súa familia trasládase a vivir
na cidade. Alugan unha casa antiga onde
a nena acabará descubrindo que habita
un fantasma invisible, co que se pode
comunicar a través do ordenador.
Título: O meu gato é un poeta Autores: Fran Alonso
Editorial: Xerais
Este gato escribe poesías e sabe de pala-
bras tristes e de palabras ledas, de palabras
doces e de palabras tenras, sabe de humor
e de moitas outras cousas máis. Quérelo
descubrir?