Post on 24-May-2015
description
PO
BO
AC
IÓN
Isaac Buzo Sánchez( ADAPTADO)
EVOLUCIÓN DA POBOACIÓNEN ESPAÑA E EN GALICIA
Fonte: Banco de Imaxes CNICE
INTRODUCIÓN: DEFINICIÓN DEMOGRAFÍA
A demografía estuda a poboación dende un punto de vista cuantitativo, é dicir, aplicando métodos estatísticosA xeografía da poboación estuda a poboación dene o punto de vista espacial, usando técnicas estatísticas e análises demográficos aplicados a un territorio. Ambas as dúas son ciencias que se complementanPódese dicir que a demografía é unha ciencia auxiliar da xeografía
DEMOGRAFÍA
Estatística
XEOGRAFÍA DA POBOACIÓN
Análise territorial
Usa
Aporta datos
Realiza
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
INTRODUCIÓN: FONTES
As ciencias que teñen por obxecto o estudo da poboación (xeografía, demografía, socioloxía, etc.) utilizan diferentes fontes demográficas para obter datos sobre o reconto poboación e as súas características socioeconómicas:
Censo de poboación
Padrón municipal
Rexistro Civil
Rexistros parroquiais
Outras fontes: estatísticas públicas,enquisas, anuarios, etc.
FONTES
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
INTRODUCIÓN: FONTES
Censo de poboación
Padrón municipal
Reconto individualizado da poboación dun país nun momento determinadoO censo non só recolle datos demográficos, senón tamén económicos e sociais: númro de habitantes, sexo, idade, estado civil, lugar de nacemento, nacionalidade, idioma, nivel de instrución, características económicas, vivenda, etc.En España o censo realízase cada dez anos, coincidindo cos anos rematados en 1. É realizado polo INE (Instituto Nacional de Estadística)
Rexistro veciñal dun termo municipalRecolle tamén datos demográficos e económicos da poboación É un documento que se actualiza cada ano, realizándose un reconto xeral cada 5 anosOs Concellos son os responsables da súa realización
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
INTRODUCIÓN: FONTES
Rexistro Civil
Rexistros parroquiais
Outras fontes: estatísticas públicas, equisas, anuarios, etc.
Anotacións dos nacementos, defuncións e matrimonios de obrigado cumprimento. O INE usa os seus datos para realizar parte das súas estatísticas
Rexistros que funcionan dende 1563 e recollen os acontecementos acontecidos nunha parroquia (bautismos, casamentos, enterros)É moi útil para estudos histróricos da poboación. Na actualidade, ao non seren obrigatorios, non recollen a totalidade dos fenómenos demográficos
Estatísticas e enquisas elaboradas por institucións públicas (Comunidades Autónomas, Ministerios, etc.) ou privadas (Bancos, Caixas de Aforro, etc.) que ofrecen información detallada pero sobre mostras estatísticas de menor tamaño. Por ex.: a EPA, Anuarios estatísticos, etc.
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
INTRODUCIÓN: DEFINICIÓNS DE POBOACIÓN
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
POBOACIÓN DE FEITO: é a suma dos residentes presentes e dos transeúntes no momento censal. Poboación que está fisicamente no lugar onde se fai o padrón
POBOACIÓN DE DEREITO: É a suma dos residentes presentes e ausentes no momento censal. Poboación que está inscrita no padrón dese lugar aínda que temporalmente estean fora de alí
TRANSEÚNTE: Persoa que está de paso por un lugar no momento de realizar un reconto
Poboación de feito = Residentes presentes + Transeúntes
Poboación de dereito = Residentes presentes + residentes ausentes
EVOLUCIÓN XERAL DA POBOACIÓN MUNDIAL
A poboación mundial non levou sempre o mesmo ritmo de crecementoDous momentos históricos son importantes na evolución da poboación, coincidentes con importantes cambios nos sistemas de produción:Revolución Neolítica:
O ser humano comeza a producir alimentos (agricultura e gandaría) e almacenalos (artesanía)
Prodúcese a sedentarización e a liberación de man de obra cara a traballos non produtivos
A poboación aumenta até os 300 millóns ao inicio da nosa era•Revolución industrial:
Multiplícanse os recursos económicos debido á aplicación de novas técnicas en todos os sectores. Os avances na sanidade permiten controlar a mortalidade, en especial a infantil
– Prodúcese unha explosión demográfica que nos leva a ter unhas cifras por riba dos 6.500 millóns de persoas na actualidade
Entre ambos os dous momentos prodúcese un estancamento da poboación, crecendo moi lentamente e con grandes vaivéns provocados por catástrofes naturais e humanas (malas colleitas, epidemias, guerras, etc.)
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
EVOLUCIÓN XERAL DA POBOACIÓN
EXPANSIÓNREVOLUCIÓNNEOLÍTICA
EXPANSIÓNREVOLUCIÓNINDUSTRIAL
CRECEIMENTO LENTO E CATASTRÓFICO
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
CARACTERÍSTICAS DE ESPAÑA
•O crecemento da poboación asociado á Revolución Industrial atrásase a respecto doutros países, polo retraso de España ao se incorporar á Revlución Industrial
•As características propias económicas, sociais e culturais da sociedade do noso Estado (forte influencia da relixión, retraso en asuntos sanitarios, forte conservadurismo, etc.) mantiveron varias décadas máis a España no réxime demográfico antigo (Teoría da transición demográfica)
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
CARACTERÍSTICAS DE ESPAÑA:Teoría da transición demográfica
Explica a evolución da población dende un réxime demográfico antigo, con altas taxas de mortalidade e natalidade, a un réxime demográfico moderno, con ambas as dúas taxas baixas; e cun períoodo intermedio onde primeiro baixa a mortalidade, seguido dunha baixada da natalidade, o que provoca que neste período intermedio se produza un aumento da poboación (separación natalidade-mortalidade)
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
CARACTERÍSTICAS DE ESPAÑA:Teoría da transición demográfica
RÉXIME DEMOGRÁFICO ANTIGO
-Abranguería até fins do s. XVIII e principios do XIX, segundo as áreas
-Crecemento suave da poboación
-Natalidade moi elevada
-Etapas de mortalidade extraordinaria continuas (guerras, epidemias, fames) e mortallidade ordinaria elevada
-Mortalidades catastróficas importantes: no s. XVI (peste bubónica) e no XVII (varíola e febre amarela)
-As altas taxas de natalidade eran anuladas pola elevada mortalidade catastrófica, polo que o crecemiento estaba estancado
-O crecemento durante esta época foi dende os 7,7 millóns a fins do s. XV até os 8,5 a fins do XVI ou os 7,5 de principios do XVIII
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
CARACTERÍSTICAS DE ESPAÑA:Teoría da transición demográfica
TRANSICIÓN DEMOGRÁFICA
-A partir do segundo terzo do s. XVIII iníciase un cambio de tendencia, que se fará notable a fins do s. XIX e principios do XX -Prodúcense certos desfases na evolución da poboación a causa dos movementos migratorios exteriores-Declive das grandes epidemias e da fame. Mellora na medicina e na asepsia.- Rápida caída da mortalidade xeral e lixeira redución da mortalidade infantil-Mantemento de altas taxas de natalidade-Crecemento elevado de 6,5 millóns de habitantes entre 1825 e 1900 -O retraso económico fixo que o crecemento, aínda que importante, fose menos destacado có europeo, sendo freado por varias crises de subsistencia e varios episodios de cólera (1853, 1856 e 1885)-O baixo nivel hixiénico sanitario da maioría das rexións españolas fixo que o control da mortalidade ordinaria e especialmente da infantil non fose máis importante
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
CARACTERÍSTICAS DE ESPAÑA:Teoría da transición demográfica
RÉXIME DEMOGRÁFICO MODERNO
-Cambio na evolución demográfica a partir de principios do s. XX-Evolución demográfica semellante a dos países do sur de Europa, un pouco retrasada a respecto dos da Europa desenvolvida do Norte e do Oeste-Mejoras hixiénico-sanitarias permiten a case desaparición da mortalidade catastrófica e a redución da mortalidade ordinaria e infantil-Baixada das taxas de natalidade-Crecemento constante da poboación, interrompido pola epidemia de gripe de 1918 (gripe española) e pola Guerra Civil (1936-39.-Crecemento lixeiramente inferior ao 0,88 % anual entre 1900 e 2000. Neste período aumentou máis do dobre a poboación (de 18 millóns en 1900 aos 40,5 en 2000 ou aos 46 en 2009)-Crecemento superior ao 1 % anual nas décadas dos 20 e dos 70-O crecemento moderouse polas taxas migratorias negativas
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
CARACTERÍSTICAS DE ESPAÑA:Últimos anos
-Trala Guerra Civil a moralidade continuou a descender e a natalidade mantívose estable, até o “baby-boom” de los anos setenta
-O crecemento vexetativo da década dos 70 foi o máis elevado da historia de España
-A emigración actuou como regulador do crecemento da poboación
-A partir de 1975 (crise económica e política), prodúcese unha caída das taxas de natalidade e un lixeiro aumento da mortalidade (polo envellecemento da poboaciónn). Isto provocou un descenso do crecemento vexetativo, compensado en parte nos 80 e 90 polo retorno de emigrantes
-Nos últimos anos do s. XX e principios do XXI o saldo migratorio cambia de sentido, converténdose España nun país receptor de inmigración
-As características demográficas dos inimigrantes (persoas novas en idade de procrear e con familias amplas) produciu un aumento espectacular da poboación nos últimos anos, pasando de 40,5 millones de habitantes en 2000 a máis de 46 no 2009
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
CARACTERÍSTICAS DE ESPAÑA:Últimos anos
Aumento de natalidade
Inflexióncrise 75
Guerra Civile posguerra
Matizacións polas migracións exteriores
Gripe do 18
Aumento pola inmigración
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Isaac Buzo, partido de datos do INE
CARACTERÍSTICAS DE ESPAÑA:Mapas de variación da poboación
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFuente: Wikimedia
CARACTERÍSTICAS DE ESPAÑA:Mapas de variación da poboación
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFuente: Wikimedia
CARACTERÍSTICAS DE ESPAÑA:Mapas de variación da poboación
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFuente: Wikimedia
CARACTERÍSTICAS DE ESPAÑA:Mapas de variación da poboación
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFuente: Wikimedia