1º TER CLARO O TEMA SOBRE O QUE IMOS INVESTIGAR
Si xa temos claro o tema podemos concretar aqueles aspectos que máis non interesan.
Si non o temos, debemos escollelo en función da información que poidamos encontrar sobre o mesmo.
De igual forma debemos ter presente de onde podemos partir na nosa investigación.
2º COMEZAR A RECOLLIDA DE INFORMACIÓN
Seleccionar información interesante de diferentes recursos (fontes de información).
LIBROS
REVISTAS INTERNET ENTREVISTAS
ENCICLOPEDIAS IMAXES
Toma notas, pero sobre todo: “NON COPIES E REDACTA TI COAS TÚAS PALABRAS”.
3º ELABORAR UN ÍNDICE (GUIÓN) DOS PUNTOS QUE IMOS TRATAR
Seleccionar aquela información máis importante, e organizala por contidos.
Organizar os capítulos ou apartados nos que estruturaremos a información e que configurarán o traballo.
Un bo guión e fundamental para realizar calquera traballo.
5º SELECCIONAR O FORMATO
Papel o dixital (ordenador), dependendo como o imos presentar.
PRESENTACIÓN POR ESCRITO
PRESENTACIÓN ORAL
COLGAR NA REDE (BLOG, PAX.. WEB
REVISTA
Ademais do contido e importante a presentación visual, polo que podemos empregar imaxes, recursos multimedia, vídeo, música e materiais relacionados.
6º COMEZAR A REDACTAR
Unha vez elixido o formato, comezaremos a redacción, preferiblemente a man, seguindo o guión.
Empregar un vocabulario sinxelo, de fácil comprensión, pero sen obviar a terminoloxía específica.
Coidar a redacción, con explicacións claras .
Repasar a ortografía e comprobar a redacción para evitar erros innecesarios.
Trasladar ao formato definitivo e coidar a presentación (marxes, imaxes, número de paxinas, …).
7º INCLUIR A BIBLIOGRAFÍA
Especificando as fontes, tanto libros (bibliografía) como buscas na rede (webgrafía).
Tamén debemos referenciar as palabras textuais que empregamos no corpo do traballo.
8º CUMPRIR OS PRAZOS DE ENTREGA
O noso esforzo será en balde senón cumprimos os prazos de entrega.
Debemos organizarnos e ter claro que é unha tarefa que debe seguir unhas pautas que requiren traballo e esforzo, pero que o
resultado merecerá a pena se as cumprimos.
Top Related