TOPONIMIA DO CONCELLO DE SILLEDA
Parroquias e aldeas
por
Laura Fernández Suárez Beatriz González Fernández
(Curso 2011-12)
A partir do artigo Toponimia do Concello de Silleda, de Nicandro Ares Vázquez (Lucensia, nº 17)
1. Abades (Santa María)
Do xenitivo de abbas, abbatis. Palabra de orixe hebrea, co
significado de ‘pai’, usada especialmente nos mosteiros onde
houbo abades.
1. Abades (Santa María)
Lugares de Abades:
• Bazar: o topónimo procede dun propietario dese lugar que se chamou Bazarius (figura nun documento de Lugo do 922).
• Campomarzo: parece tradución do latín campus martius ‘campo marcial, guerreiro’; pero o aparente adxectivo aquí sería máis ben o nome persoal Martius, en aposición con campus, indicando o propietario daquel campo.
1. Abades (Santa María)
Lugares de Abades:
• Covas: débese relacionar co latín vulgar cova ‘oco, burato, enterramento’, topónimo frecuente en Galicia a carón dos castros.
• Reboreda: ten o sufixo de abundancia -eta > -eda, que aquí estaba vencellado con robur ‘carballo’
2. Ansemil (San Pedro)
Aquí houbo un pequeno mosteiro de monxas bieitas, pero
Ansemil foi o nome persoal visigótico dun posuidor da (villa)
(Ansemiri).
2. Ansemil (San Pedro)
Lugares de Ansemil:
• Manduas: foi un
diminutivo suévico
Mandolas no século VI. No
Parrochiale Suevum e
nunha moeda daquel tempo
figura o topónimo
Mandolas.
3. Breixa (Santiago)
O nome desta parroquia
aparece coa forma Verasia
en 946.
Sería unha (Villa) Verasia
propia dun Verasius, nome
persoal, o mesmo ca Villa
Aemilia dos romanos era a
vila de Emilio.
3. Breixa (Santiago)
Lugares de Breixa:
• Breixiña: é o diminutivo de Breixa.
• O Castro: traduce a castrum, nome de fortaleza prerromana e
quizais tamén préstamo dunha palabra anterior á latina.
• Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde se edificou a
ecclesia ‘igrexa’, palabra de orixe grega.
3. Breixa (Santiago)
Lugares de Breixa:
• Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado.
• A Pena: é unha voz primitiva, quizais da familia de pinna ‘amea’. No latín medieval escriben penna.
4. Carboeiro (Santa María)
O famoso mosteiro de
Sanctus Laurentius de
Carbonario é o que nos
proporciona a etimoloxía do
topónimo, aínda que non di
se foi simplemente sitio de
carbo -onis ‘carbón’ ou
nome de oficio, carbonarius
‘fabricante ou vendedor de
carbón’.
4. Carboeiro (Santa María)
Lugares de Carboeiro:
• Carboeiriño: sería un núcleo de poboación moi pequeno e é diminutivo de Carboeiro.
• Carboeiro de Francia: parece a primeira vista unha expresión en relación co país dos Francos; pero a razón histórica deste nome de Francia débena dar os historiadores, a non ser que se confundise con franzas ‘as pólas máis altas e miúdas das árbores, leña miúda’. De etimoloxía discutida.
5. O Castro (San Mamede)
Traduce a castrum, nome de fortaleza prerromana e quizais
tamén préstamo dunha palabra anterior á latina.
5. O Castro (San Mamede) Lugares de O Castro:
• Agriño: parece levar o sufixo -inu > -iño, que o faría diminutivo de ager ‘agro’. Pero foi máis ben o nome persoal Agrinius o que orixinou o topónimo.
• O Coto: é unha palabra de orixe prerromana, partindo de *cotto ‘pico elevado’.
• Lázara: probablemente é adxectivación dunha Villa Lazara, é decir, a vila dun propietario denominado Lazarus.
5. O Castro (San Mamede)
Lugares de O Castro:
• Outeiriño: é diminutivo de outeiro. É unha evolución de
altarium ou auctarium, palabra usadas en documentos
medievais para indicar un terreo alto ou elevado.
• Tellado: aludiría a aedificium tegulatum ou ao terreo onde
abundarían restos de antigas tegulas ‘tellas’
• Vilavella: traduce a villa vetula, onde o adxectivo latino era
diminutivo de vetus -eris, o cal perdurou en topónimos como
“Ponte-vedra”.
6. Cervaña (San Salvador)
Nome orixinado en cervus,
animal, e tamén nome
persoal. Unha (Villa)
Cervanea/ania, co sufixo de
pertenza -anea/ania = -ana,
indicaría que o dono
chamaríase Cervus.
6. Cervaña (San Salvador)
Lugares de Cervaña:
• Alfonsiños: trátase de
Alfonsinus, nome persoal e
diminutivo de
Adefonsus/Alfonsus.
• Ouzande: manifesta ser
evolución dun nome persoal
en xenitivo do posuidor desta
vila, pero non está claro cal
foi.
6. Cervaña (San Salvador)
Lugares de Cervaña:
• Reguenga: alude sen dúbida a unha vila
ou herdade regalenga ‘rexia, do rei’.
• Requeixo: dúas perspectivas:
1) Como sitio ao pé dunha montaña,
posiblemente procedería de recassum,
participio de recidere ‘recaer’.
2) Como sinónimo de recanto, podería
vir de recassum, participio de recedere
‘retirarse’.
7. Cira (Santa Baia)
O nome parroquial
manifesta semellanzas co
persoal grego Cyra e Cyrus,
de modo que pordería
tratarse dunha Villa Cyra;
pero tamén leron Cira nun
epígrafe hispano, Ciro na
Galia e Cirus na Xermania.
En 1121 construíuse o
castelo de Cira, como se
relata na “Historia
Compostellana”.
7. Cira (Santa Baia) Lugares de Cira:
• Altamira: parece un orónimo, é decir, un sitio dende o cal se ‘admira’ e se ‘mira’ un amplo panorama. Máis probable parece que fose a vila posuída por Altemirus/Altamiro.
• A Braña: ten unha orixe moi discutida polos especialistas. Uns derivan braña do latín veranea ‘pastos de verán’; outros parten do latín vorago -inis ‘sumideiro, sitio quebrado’; Corominas exclúe ambas interpretacións, propoñendo a orixe nunha voz prerromana *brakna.
7. Cira (Santa Baia) Lugares de Cira:
• A Cruz: traduce o latín crux,
aludindo quizais a unha encrucillada
de camiños.
• Cursa: é o plural do latín currale
‘curral’, sitio cercado onde se
encerran as reses e os carros, a carón
das casas.
• Curro: voz relacionada co latín
currus ‘carro’ e currere ‘correr’, foi a
que orixinou curral.
7. Cira (Santa Baia)
Lugares de Cira:
• Fucarelos: parece un diminutivo de fúcar/fúcaro ‘home moi rico’, nome común e tamén propio derivado da familia Fugger, famosos banqueiros alemáns dos séculos XIV-XVI. Pero en 1867 no Nomenclátor de España escriben Jucarelos, castelanizando o Xucarelos. E nesta hipótese, poderiamos pensar no diminutivo dun antropónimo celta Su-carus ‘ben-querido’ co cambio do S inicial por X, como en sapone ‘xabón’, sulphure ‘xofre’, surdus ‘xordo’, etc.
• Rendo: aseméllase a ‘arrendo’ e a ‘renda’, derivados do verbo reddere > *rendere no latín vulgar.
7. Cira (Santa Baia)
Lugares de Cira:
• Santa Baia: é un haxiotopónimo popular, variante de Santalla, Santoalla, que equivalen a Sancta Eulalia, nome grego da ‘ben falada’, a patrona da parroquia.
• Sobrado: alude a un (aedificium) superatum, é decir, unha vivenda de polo menos dúas plantas, que supera ás demais.
7. Cira (Santa Baia)
Lugares de Cira:
• Vilacalva: podería referirse a unha vila edificada nun terreo “calvo”, é decir, sen vexetación; pero outra hipótese quizais máis verosímil sería ver en calva unha adxectivación do que inicialmente sería a vila dun posuidor chamado Calvus.
• Vilar: traduce como substantivo o que en latín foi adxectivo villaris-are, aludindo ao recanto dunha vila.
8. Cortegada (Santa María)
Correspóndese co nome Corticata, que Plinio lle daba a unha illa no Atlántico galego. É probable que tal nome estivese relacionado orixinariamente co adxectivo corticatus-a-um, derivado de cortex-icis ‘cortiza’ (parte exterior dalgunhas árbores, como é a sobreira). Pero, secadra, tamén entraría en conta o latín vulgar cors-cortis ‘corte’, clásico cohors-cohortis, co significado de curral, derivado de hortus ‘horto, recinto’.
8. Cortegada (Santa María)
Lugares de Cortegada:
• Barral: parece sinónimo de barreiro, sitio no que abunda o barro, voz de orixe prerromana.
• A Brea: traduce o baixo latín vereda ‘camiño vello estreito’.
• Camporrapado: equivale a campo raso, dado que se compón do latín campus ‘chao amplo sen cultivar’, que aquí foi adxectivo co participio “rapado”, quizais formado vulgarmente de rapio-rapere-raptum, ‘arrebatar’.
• Cardigonde: parece un rotacismo de cas-, apócope de casa, co nome visigótico do seu propietario, Guntus/Gundus.
8. Cortegada (Santa María) Lugares de Cortegada:
• Cortegadela: leva o sufixo -ella do latín vulgar, facendo
diminutivo de Cortegada.
• Covas: débese relacionar co latín
vulgar cova ‘oco, burato,
enterramento’ topónimo frecuente
en Galicia a carón dos castros.
• Fondo de Vila: é a descrición
topográfica da parte dunha vila,
situada no fundus ‘fondo’ ou parte
baixa dun terreo en pendente.
8. Cortegada (Santa María) Lugares de Cortegada:
• Framiñán: é probable que a súa orixe estivese no antropónimo latino Flaminianus, derivado de Flaminius.
• Regalade: corresponde ao
xenitivo dun antropónimo,
de posible orixe xermánica
con base en gala.
• Segade: provén do xenitivo de
Sagatus, nome persoal gótico.
• Xubín: foi xenitivo de Iovinus,
antropónimo hipocorístico latino,
derivado de Iovius/Iobius e
relacionado co deus Iuppiter.
9. Chapa (San Cibrao)
A palabra chapa en castelán
podería proceder dunha base
*klappa, coma clapa en
catalán e clap ‘rocha,
penasco’ no retorrománico.
Tal vez teña a mesma orixe
o topónimo Chapa, que
indica a parroquia e unha
aldea da mesma.
9. Chapa (San Cibrao) Lugares de Chapa:
• Cornado: era o nome común dunha antiga moeda, que se chamaba así porque tiña gravada unha corona ‘coroa’ no envés. Cornado podería vir do persoal Coronatus.
• A Cruz: traduce o latín crux, aludindo quizais a unha encrucillada de camiños.
• Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’, palabra de orixe grega.
• Penido: equivale a penedo, dado que leva o sufixo -ido, agregado a pena, sufixo que alterna con -edo noutros topónimos.
10. Dornelas (San Martiño)
Este topónimo é un diminutivo de
dorna, que en portugués é unha
cuba onde se esmaga a uva e unha
arqueta para levala ao lagar. En
galego chámase así unha barquiña.
O topónimo Dornelas podería
aludir a arquetas funerarias
prerromanas.
10. Dornelas (San Martiño)
Lugares de Dornelas:
• Bascuas: parece o
patronímico de
Velascus/Vascus.
• Portiño: é un diminutivo de
portus ‘porto, paso dun río
ou dunha montaña’
11. Escuadro (San Salvador)
A denominación de Escuadro, máis ca indicar un terreo de
forma rectangular, podería quizais proceder de ex quadro e
aludir a unha participación.
11. Escuadro (San Salvador)
Lugares de Escuadro:
• Balántiga: o sufixo átono -ica > iga, usado no latín vulgar, engadido aquí a un nome persoal que sería Ballantius formado sobre ballans, -antis ‘danzante’, participio do verbo ballare ‘bailar’, enraizado no grego pállein ‘saltar’.
• Barreiro: foi barrarius-a-um no baixo latín, indicando un sitio onde abundaría o barro ou un oficio de quen traballaba no barro.
• Bustelo: é un diminutivo do baixo latín bustum ‘pasteiro ou estábulo de bois’.
11. Escuadro (San Salvador)
Lugares de Escuadro:
• Cascaxide: traduce a Casa Kagiti, onde Kagitus foi nome
persoal visigótico.
• Cima de Vila: é un sintagma
composto da voz greco-latina
cyma ‘cume’ e villa ‘vila’.
• Cumbraos: parece un étnico
Conimbrianus, natural de
Coímbra, antigo nome bitemático
Conim-briga de orixe celta.
11. Escuadro (San Salvador)
Lugares de Escuadro:
• Férveda: debe proceder do latín fervida, adxectivo derivado de fervere ‘ferver’, que se converteu en nome persoal Fervida, quizais aludindo ao temperamento fogoso e apaixoado dunha muller; aínda que tamén puido ser unha (Villa) Fervida, é decir, vila ou herdade propia dun Fervidus. Dáse ademais no lugar a coincidencia xeolóxica dunha fervenza ‘cachón, catarata’
• Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado.
• Paredes: provén do plural de paries -etis ‘parede, muro’. Adóitase usar este topónimo para antigas construcións derruídas.
11. Escuadro (San Salvador) Lugares de Escuadro:
• A Penadauga: conxunta a voz penna: voz primitiva, quizais da familia de pinna ‘amea’; con aqua ‘agua’, quizais referíndose a unha pena con coviñas que albergan auga.
• Porto Vello: foi un portus vetulus/veclus.
• Rañadoiro: débese vencellar
con raña, voz de orixe
prerromana, indicando que
podería ser un terreo corroído
polas augas e pola erosión.
• Sar: parece homónimo do
río Sar. Pero, secadra,
poderíase relacionar co
xentilicio Sares ou Sarius.
11. Escuadro (San Salvador)
Lugares de Escuadro:
• Senra: procede dunha voz prerromana, probablemente céltica, *sénera, equivalente a senara ‘seara’, terra de sementeira reservada ao señor, que debía ser cultivada polos vasalos.
• Sestelo: parece diminutivo do persoal Sextus, co sufixo -ellus do latín vulgar, diverxente de Sextullus e de Sextillus.
• Soldecasa: forma latina, co nome persoal Soldus en xenitivo, que sería o propietario dunha casa, Soldi casa ‘casa de Soldo’, sendo Soldus unha abreviación de solidus, coma caldus é síncopa de calidus.
• Espiniños: diminutivo de spinus ‘espiño’, foi tamén nome persoal Spinus.
• Ribas: é plural derivado de ripa ‘ribeira, ribazo’.
11. Escuadro (San Salvador) Lugares de Escuadro:
• A Somoza: procedería do latín summa > ‘soma’ co sufixo -ucea, indicando a parte máis alta de algo.
• Sueiro: corresponde ao persoal Sueris, variante de Suarius ‘rancheiro’.
• Torrón: aínda que se usa, ténse agora por alteración incorrecta de terrón, derivado de terra; pero pode entrar en conta tamén o antropónimo primitivo Turronius.
• Vilar: traduce como substantivo o que en latín foi adxectivo villaris-are, aludindo ao recanto dunha vila.
12. Fiestras (San Martiño)
Un plural do latín fenestra ‘fiestra, ventá’, poderíase ver na orixe deste topónimo parroquial e dun lugar da freguesía. Pero máis probable e que Fiestras fose patronímico do persoal Fenestra.
12. Fiestras (San Martiño)
Lugares de Fiestras:
• Aragonza: corresponde ao visigótico Aragundia.
• Barcia: perpetúa a voz Várzena medieval, que é moito máis
antiga, posto que parece de orixe celta, *barcina ‘campo que
se inunda e cultiva’.
• Costoia: traduce a custodia ‘garda, conservación, prisión’.
• Maril: probablemente ten orixe no nome persoal *Marillus,
diminutivo de Marius, dado que consta o feminino Marilla.
Sería a vila daquel posuidor primitivo.
12. Fiestras (San Martiño) Lugares de Fiestras:
• Merín: responde ao xenitivo do antropónimo Merinus.
• Recimil: tamén foi xenitivo
do nome persoal visigótico
e bitemático Rece-mirus.
• Samartiño: é unha haploloxía de
Sanctus Martinus, o de Tours
(s. IV) ou o de Dumio en Braga
(s. VI), que tiñan nome teofórico,
derivado de Mars ‘Marte’.
• San Antonio: foi Sanctus Anthonius, nome greco-latino derivado de anthos ‘flor’, coma antoloxía ‘florilexio’.
13. Grava (Santa Mariña)
A etimoloxía do nome
poderíase buscar nunha voz
medieval de orixe céltica da
que provén grava en
castelán e galego co
significado de area grosa,
pedra miúda, coa que se
afirman os camiños. Pero
tamén puido coincidir co
persoal Glabra ‘calvo’.
13. Grava (Santa Mariña) Lugares de Grava:
• Arcos: aínda que parece un plural do apelativo latino arcus ‘arco’, podería ser nome pre-latino.
• Barreiro: foi barrarius-a-um
no baixo latín, indicando un
sitio onde abundaría o barro
ou un oficio de quen
traballaba no barro.
• Eirexe: concorda co xenitivo
ecclesiae (locus) ‘lugar da igrexa’.
• Ervixe: prolonga na evolución o
xenitivo do antropónimo
visigótico Ervigius.
13. Grava (Santa Mariña)
Lugares de Grava:
• Fontao: traduce o latín fontanus, a, um, adxectivo referido a fons ‘fonte’, que se converteu no cognomen persoal Fontanus.
• Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado.
• Pedrouzo: contén o sufixo -uceus, vencellado a petra, indicando que se trata dunha pena de gran dimensión.
• Penalta: débese descompoñer en penna alta.
• Peniza: alude a pennas ‘penas’, co sufixo -icea/icia, denotando materia en abundancia.
13. Grava (Santa Mariña) Lugares de Grava:
• Santa Mariña: foi unha mártir
reivindicada pola Igrexa de
Ourense, que levaba o nome
Marina, derivando de mare ‘mar’,
coma o masculino Marinus
• O Souto: foi saltus en latín, que
significou ‘salto, desfiladerio,
pasteiro con bosque’. Saltus foi
tamén nome persoal.
• Vilar: traduce como substantivo o que en latín foi adxectivo villaris-are, aludindo ao recanto dunha vila.
14. Lamela (San Miguel)
No latín vulgar foi lamella, diminutivo de lama, topónimo moi
común no NO hispánico, de orixe probablemente prelatina.
14. Lamela (San Miguel) Lugares de Lamela:
• Barravaite: parece composto de barra ‘banco de area que se forma na desembocadura dun río’, e dun nome persoal como Baitus presbiter.
• A Brea: traduce o baixo latín vereda ‘camiño vello estreito’.
• A Casela: co sufixo do latín vulgar -ella, vólvese diminutivo de casa.
• A Codeseira: fai referencia á planta cutisus no latín vulgar ‘codeso’, equivalente a cytisus, voz greco-latina.
14. Lamela (San Miguel) Lugares de Lamela:
• A Goleta: sería palabra árabe co significado de ‘boca de río’ ou derivada de gula ‘gola, garganta’.
• Gorís: parece proceder do antropónimo visigótico *Golaricus ou Goiaricus.
• Peroxa: puido ser unha (Villa) Perusia, é dicir, unha vila propia de Perusius, nome persoal.
14. Lamela (San Miguel) Lugares de Lamela:
• Santa Cristina: foi Sancta Christina, mártir de Tiro na persecución de Diocleciano, con nome greco-latino derivado de Christus.
• O Souto: de saltus en latín, que significou ‘salto, desfiladerio, pasteiro con bosque’. Saltus foi tamén nome persoal.
• Vilariño: é diminutivo románico do latín villaris -are, adxectivo que se substantivou en Vilar, que é unha pequena vila.
15. Laro (San Salvador)
Laro puido ser o persoal e primitivo Larus, que levaba o
apelido de Cantaber ‘cántabro’ no poema de Silio Itálico e
reaparece o seu xenitivo Lari na epigrafía hispana.
15. Laro (San Salvador)
Lugares de Laro:
• Forcas: traduce a furca en acusativo de plural, referíndose posiblemente a unha bifurcación de camiños, máis có suplicio da forca.
• Freixeiro: co sufixo -arius >
-eiro indica o sitio dun colectivo
de fraxinus ‘freixo’
• Galán: ou foi un alcume persoal
orixinado no xermánico *wallan
ou o nome visigótico Gella -anis,
con referencia ao posuidor
daquela vila.
15. Laro (San Salvador) Lugares de Laro:
• A Pereira: alude á árbore que ten a súa raíz etimolóxica no latín neutro pirum, plural pira ‘pera’.
• O Pereiro: alude á árbore que ten a súa raíz etimolóxica no latín neutro pirum, plural pira ‘pera’.
• Riobó: procede do latín rivus/rius bonus ‘río bo’.
15. Laro (San Salvador)
Lugares de Laro:
• Samartiño: é unha haploloxía de Sanctus Martinus, o de Tours (s. IV) ou o de Dumio en Braga (s. VI), que tiñan nome teofórico, derivado de Mars ‘Marte’.
• Sante: reflexa o xenitivo do antropónimo Sanctius, que orixinou o persoal Sancho; a forma plena foi Villa Sancti, que quedou fosilizada no topónimo Vilasante.
• O Souto: foi saltus en latín,
que significou ‘salto,
desfiladerio, pasteiro con
bosque’. Saltus foi tamén
nome persoal.
16. Manduas (San Tirso)
Lugares de Manduas:
• Andamollo: aparenta un topónimo bitemático, pero de difícil atribución.
• A Bandeira: parece un derivado de banda, feminino do gótico bandwo ‘signo, estandarte’.
• Bravil: aseméllase algo a bravío, relacionado con barbarus; pero puido ser metátese do persoal Barbillus, en xenitivo.
• O Castro: traduce a castrum, nome de fortaleza prerromana e quizais tamén préstamo dunha palabra anterior á latina.
16. Manduas (San Tirso)
Lugares de Manduas:
• Crestelle: foi un antropónimo co sufixo diminutivo -ellus do latín vulgar, derivado do greco-latino Crestus/Chrestus ‘servidor, bo, virtuoso’.
• Devesa: procede do latín defensa, referida a un terreo protexido por unha cerca, como unha chousa.
• Ferrozos: debeu ser o nome persoal Ferruzus, da familia de Ferrus, baseados no latín ferrum ‘ferro’.
• Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’, palabra de orixe grega.
16. Manduas (San Tirso)
Lugares de Manduas:
• Letros: poderíase relacionar co celta letron ‘pel, coiro’ ou co greco-latino lectrum ‘cama, faldistorio’.
• Lourás: pódese vencellar cos nomes persoais Laurius, Laurianus, Laurea.
• Medelo: aseméllase ao cognomen persoal latino Metellus, derivado de meta ‘meda’ co sufixo -ellus.
• A Moa: traduce o latín mola con perda do -l- intervocálico.
16. Manduas (San Tirso) Lugares de Manduas:
• Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado.
• Quintela: é o diminutivo latino
de quintella, formado sobre
quinta. Puido ser unha (Villa)
Quintella, propia de Quintellus.
• Vilaverde: sería unha Villa
Virdii ou Viridii, a vila do
propietario Virdius/Viridius.
17. Margaride (San Fiz)
Topónimo que se orixinou en Margaritus, un “signum”
procedente da voz grega margarites ‘perla’.
17. Margaride (San Fiz) Lugares de Margaride:
• Costela: alude a unha pequena costa ‘ladeira’, voz latina co sufixo diminutivo -ella.
• Gamil: foi nome persoal, quizais o gótico Walamirus ou o romano Gamillus, de orixe celta?
• San Fiz: o patrón parroquial, foi S. Félix.
• Vilanova: traduce a villa nova.
18. Martixe (San Cristovo)
Martixe é evocador dun
xenitivo do primeiro
posuidor daquela villa
primitiva, o cal chamaríase
Martidius.
18. Martixe (San Cristovo)
Lugares de Martixe:
• A Moa: traduce o latín mola con perda do -l- intervocálico.
• Paradela: é un diminutivo de Parada que alude a unha parata,
onde os viandantes antigos facían un alto no camiño,
parándose e preparándose para novas andaduras.
19. Moalde (San Mamede)
A orixe lingüística de Moalde atópase no xenitivo do
antropónimo visigótico Manualdus ou dun suposto *Mod-
(u)aldus.
19. Moalde (San Mamede) Lugares de Moalde:
• Cabana: traduce a voz hispano-latina capanna, a cal foi probablemente céltica.
• Casamaría: une o apelativo casa co nome persoal María, de orixe bíblica oriental.
• Costela: alude a unha pequena costa ‘ladeira’, voz latina co sufixo diminutivo -ella.
• Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’, palabra de orixe grega.
19. Moalde (San Mamede)
Lugares de Moalde:
• Lis: evoca espontaneamente a heráldica flor de lis, tomada do
francés, e orixinada no latín lilium ‘lirio’. Pero Lis podería
proceder directamente de Lissus, Lisius/Lissius ou ser unha
variante do topónimo lucense Liz, patronímico de Licius.
• A Meda: cadra ben co latín meta,
montón cónico de cereais ou de
terra, equivalente a unha mámoa
prehistórica.
19. Moalde (San Mamede) Lugares de Moalde:
• Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras
usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado.
• A Portela: é un diminutivo de portus/porta, paso dun río ou dunha montaña.
• Quinteiro: sería quintanarius,
referido quizá ao arrendatario
dunha quintana, é dicir, dunha
herdade pertencente a Quintanus
ou da quinta propia dun señor,
ao cal debíalle pagar o vasalo a
quinta parte dos froitos dunha terra.
19. Moalde (San Mamede) Lugares de Moalde:
• Rabo de Gato: a súa etimoloxía estaría no latín rapum ‘nabo/rabo’ e cattus ‘gato’.
• Ribas: é plural derivado de ripa ‘ribeira, ribazo’.
• Xindiriz: provén do nome persoal visigótico Sindericus, con base no gótico sinths- ‘forte’ e reiks ‘señor’.
20. Negreiros (San Martiño)
O nome desta parroquia
procede do latín serodio
*nigrarius, adxectivo
formado sobre niger-nigra-
nigrum ‘negro’, convertido
posiblemente en
antropónimo, pero co
significado primitivo pouco
coñecido.
20. Negreiros (San Martiño)
Lugares de Negreiros:
• O Campo: traduce a campus, chao amplo sen cultivar.
• O Couto: tamén traduce a cautum, participio do verbo caveo ‘precaver, protexer’, porque se trataba dun terreo acotado por un señor, por un mosteiro, etc.
• Negreiriños: é diminutivo de Negreiros.
• Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabra usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado.
20. Negreiros (San Martiño)
Lugares de Negreiros:
• Ponte de Pedra: contén un sintagma descritivo dunha pons
‘ponte’, construída con petra ‘pedra’ sobre un río.
• Ribeirao: parece un adxectivo riparianus, formado sobre
riparius-a-um e ripa ‘ribeira’.
• Riobó: procede do latín rivus/rius bonus ‘río bo’.
20. Negreiros (San Martiño)
Lugares de Negreiros:
• Riocalvo: vencella o adxectivo latino calvus, convertido en
nome persoal co apelativo rivus/rius ‘río’.
• Sachocos: parece diminutivo despectivo do persoal Sarculo
‘sacho’, diverso do castelán sancocho ‘medio cocido’ e de
sacocha ‘faldriqueira’.
• Samartiño: é unha haploloxía de Sanctus Martinus, o de
Tours (s. IV) ou o de Dumio en Braga (s. VI), que tiñan nome
teofórico, derivado de Mars ‘Marte’.
21. Oleiros (San Miguel)
En inscricións constan ollarium ‘nicho de cripta funeraria’ e ollarius, referido a urnas sepulcrais que perdurarían quizá en Oleyros.
Oleiros eran tamén os fabricantes ou vendedores de ollas ‘olas’, taños de barro para usar os vivos ou para urnas cinerarias dos mortos, coma as que se atopan nas mámoas.
21. Oleiros (San Miguel) Lugares de Oleiros:
• Laxe: provén de lagena ‘pedra
plana de pouco grosor’, palabra
usada no baixo latín, quizá de
orixe prerromana.
• Marza: pode estar referida a
unha Villa Martia, é dicir,
propiedade dun Martius. Tamén
puido ser Villa Marcia, propia
de Marcius, xentilicio con base
en Marcus.
21. Oleiros (San Miguel) Lugares de Oleiros:
• Pazos: parece plural de
palatium ‘pazo’ e pode ser que
fose unha simple tradución de
*palatios.
• Pena do Camiño: sería coma
un fito ou marco constituído por
unha pinna/penna ‘pena, seixo,
rocha’, ubicada á beira dun
camminus ‘camiño’.
• Vilanova: traduce a villa nova.
22. Parada (San Tomé)
Alude a unha parata, onde os viandantes antigos facían un alto
no camiño, parándose e preparándose para novas andaduras.
22. Parada (San Tomé) Lugares de Parada:
• Barro: é voz prerromana descritiva da
calidade dun terreo. Non obstante,
quizais haberá que ter en conta o
persoal Barrus.
• O Cruceiro: deriva de crux ‘cruz’.
• Eirexe: é forma galega lexítima, non
castelanizada como Iglesia.
• Freixeiro: co sufixo -arius > -eiro
indica o sitio dun colectivo de fraxinus
‘freixo’.
22. Parada (San Tomé)
Lugares de Parada:
• Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado.
• O Pereiro: alude á árbore que ten
a súa raíz etimolóxica no latín
neutro pirum, plural pira ‘pera’.
• Portodovalde: parece composto
de portus ‘porto’, vencellado quizais
co determinante persoal Waldus ou
Walda ou co apelativo balde ‘cubo’,
de orixe incerta.
22. Parada (San Tomé)
Lugares de Parada:
• Redemuíños: variante popular de “remuíños”, alude a torbeliños das augas removidas coma o rodicio do molinum ‘muíño’ ou movemento xiratorio e rápido do vento.
• Soutonogueira: correspóndese con saltus ‘souto’: foi saltus en latín, que significou ‘salto, desfiladerio, pasteiro con bosque’. Saltus foi tamén nome persoal. Determinado aquí por un colectivo nucaria ‘nogueira’, árbore que dá como froita a nux ‘noz’.
• Veiga: sería unha voz de orixe prerromana *vaika ou baika ‘terreo húmido’.
23. Pazos (San Martiño)
Parece plural de palatium ‘pazo’ e pode ser que fose unha
simple tradución de *palatios.
23. Pazos (San Martiño)
Lugares de Pazos:
• Quintás: traduce
probablemente a (terras)
quintanas, é dicir, fincas
dun señor, chamado tal vez
Quintanus, ou ao que os
rendeiros debían pagar a
quinta parte dos froitos.
24. Piñeiro (San Xillao)
Un fitónimo derivado de pinus ou o xentilicio Pinarius foi o
que se converteu aquí en topónimo parroquial.
24. Piñeiro (San Xillao) Lugares de Piñeiro:
• Basteiros: quizais podería ser variante de besteiros, é dicir, balistarios, coma “ballesteros” en castelán, ou terreos con herba besteira ‘heléboro, planta ranunculácea fétida’, ou “bastoeiros”.
• Os Campos: traduce a campus,
chao amplo sen cultivar.
• Castrocastriño: parece un duplicado
de castrum e do seu diminutivo;
pero foi o castro do xentilicio
Castrinius, é dicir, o castro posuído
por un xefe con nome derivado de
Castrius, tamén xentilicio.
24. Piñeiro (San Xillao) Lugares de Piñeiro:
• Castromonde: é un derivado de Castrum Mondii, castro posuído por un home chamado Mondius, Mundius ou Mundus.
• Cuíña: puido proceder do latín colina/culina ‘cociña, fogar portátil, [fig.], mesa, sitio dos banquetes funerarios, tumba dos pobres, latrina. Tamén se podería ver acouchado en Cuíña o nome persoal Culina e ulinus.
24. Piñeiro (San Xillao)
Lugares de Piñeiro:
• Porta-Piñeiro: componse de
portus/porta determinado aquí polo
nome parroquial.
• Santifoga: parece composto do xenitivo
nominal Sancti. Sante: reflexa o xenitivo
do antropónimo Sanctius, que orixinou o
persoal Sancho; a forma plena do Villa
Sancti, que quedou fosilizada no
topónimo Vilasante. Sería determinativo
aquí de foca, plural de focum ‘fogo,
fogar’.
25. Ponte (San Miguel)
Lugares de Ponte:
• Aldea de Abaixo: combina o nome árabe al-daia co adxectivo topográfico bassus ‘baixo’.
• Carderrei: ofrécenos un rotacismo de casa, determinada polo cognomen persoal Rex, tomado de rex, regis ‘rei’, sen que sexa necesario supoñer que fose un monarca histórico.
• Meixomence: parece un apelido *Maxuminici, que sería o patronímico de Maxuminus, diminutivo de Maxumus/Maximus.
• Rosende: corresponde ao xenitivo de Rodesindus, antropónimo visigótico.
25. Ponte (San Miguel)
Lugares de Ponte:
• Sino: parece que traduce a signum,
probablemente sinónimo aquí de campá
da igrexa, usado neste senso en
documentos notariais da Idade Media.
• Trasfontao: é o topónimo fontanum,
Fontao: traduce o latín fontanus-a-um,
adxectivo referido a fons ‘fonte’, que
se converteu no cognomen persoal
Fontanus. Precedido aquí da preposición
trans ‘tras, máis alá de’.
26. Refoxos (San Paio)
Refoxos parece un plural de
refugium “refojo, recôncavo
de terreno; gruta ou caverna
onde se escoitam feras”.
Poderíase vencellar tamén
con foveum ‘foxo’, coma o
castelán “Rehoyo” ou co
verbo latino refodio ‘cavar’.
26. Refoxos (San Paio)
Lugares de Refoxos:
• Cardesín: pódese comparar con Sino: parece que traduce a
signum, probablemente sinónimo aquí de campá da igrexa,
usado neste senso en documentos notariais da Idade Media.
Pero tamén con Carderrei: ofrécenos un rotacismo de casa,
determinada polo cognomen persoal Rex, tomado de rex, regis
‘rei’, sen que sexa necesario supoñer que fose un monarca
histórico. Ou Cardigonde: parece un rotacismo de cas-,
apócope de casa, co nome visigótico do seu propietario,
Guntus/Gundus.
26. Refoxos (San Paio)
Lugares de Refoxos:
• Corrospedriños: leva como segundo elemento o adxectivo petrinus, derivado de petra ‘pedra’, calificando a corros, variante de curros, indicando aquí tal vez ‘cercados de pedra’. Pero tamén houbo o cognomen latino Petrinus.
• O Couto: tamén traduce a cautum, participio do verbo caveo ‘precaver, protexer’, porque se trataba dun terreo acotado por un señor, por un mosteiro, etc.
26. Refoxos (San Paio)
Lugares de Refoxos:
• Lázara: probablemente é adxectivación dunha Villa Lazara, é
dicir, a vila dun propietario denominado Lazarus.
• Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras
usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou
elevado.
• Pallota: parece afín a palloza, vivenda cuberta de palla, ambos
derivados de palea ‘palla’, con sufixos diferentes.
26. Refoxos (San Paio) Lugares de Refoxos:
• Tixoa: semella ser un
diminutivo *tegiola, co sufixo
do latín vulgar serodio -ola,
probablemente baseado en
tegere ‘cubrir’, coma tegula.
• Xastres: sería plural do
apelativo latino de oficio,
sartor, -oris ‘xastre’,
equivalente en significado ao
árabe alfaiate.
27. Rellas (San Martiño) Lugares de Rellas:
• Curbeira: pode ser derivado de
corvus, sitio de corvos, máis ben ca de
curvas.
• Iglesia: nome castelán, indica o lugar
onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’,
palabra de orixe grega.
• A Lama: topónimo moi común no
hispánico, de orixe probablemente
prelatina.
27. Rellas (San Martiño)
Lugares de Rellas:
• A Torrevedra: procede de
turris vetera ‘torre vella’.
• Vis: sería patronímico,
quizais orixinado no
antropónimo Visius, Visus
ou Vicius.
28. Saídres (San Xoán)
O nome de Saídres parece un patronímico, tal como aparece en
documentos medievais
28. Saídres (San Xoán)
Lugares de Saídres:
• Aldea Grande: une a voz árabe al-daia co adxectivo latino grandis ‘grande’.
• Barradaos: parece que equivale a Bardaos, topónimo lucense, escrito Barretanos, o cal posiblemente sería un étnico relacionado con Barredo, con base en ‘barro’.
• A Cañoteira: implica colectividade de cañotos, palabra mozárabe cannut, derivada dunha forma hispánica *cannutus, semellante a unha canna ‘cana’.
• Carracido: é variante de Carracedo, sitio abundante en carrizos, do latín carex -icis.
28. Saídres (San Xoán)
Lugares de Saídres:
• Casardoño: pode ser casa ou
casale Hordonius, nome
do posesor.
• Caxeba: parece constar do
apelativo casa e dun nome
persoal, comparable quizais
co topónimo Casebio
(Casa de Eusebio) ou tal vez
(Casa) Sevia.
28. Saídres (San Xoán)
Lugares de Saídres:
• Maragouzos: se cadra, podería ser un antropónimo bitemático primitivo *Mara-gautius ou visigótico. Aseméllase tamén a maragouto, molgueira, feixe ou mollo de trigo ou centeo na seitura cos que se fai a meda.
• Moimenta: traduce a monimenta, palabra usada na epigrafía galaicoasturiana para indicar ‘monumentos’ funerarios.
• Pedralaxe: componse de petra ‘pedra’, indicando con lagena ‘laxe’ a forma lisa, plana, de pouco grosor, como é a pedra pizarrosa.
• A Pena: é unha voz primitiva, quizais da familia de pinna ‘amea’. No latín medieval escriben penna.
29. Siador (San Miguel)
O nome da parroquia venlle dado polo dunha aldea da mesma,
que foi posuída inicialmente por un home chamado Senator -
oris.
29. Siador (San Miguel)
Lugares de Siador:
• Barcia: perpetúa a voz Várzena medieval, que é moito máis
antiga, posto que parece de orixe celta, *barcina ‘campo que
se inunda e cultiva’.
• Barro: é voz prerromana descritiva da calidade dun terreo.
Non obstante, quizais haberá que ter en conta o persoal
Barrus.
• Cartimil: foi o antropónimo visigótico Cartemirus.
29. Siador (San Miguel)
Lugares de Siador:
• Cóscaros: poderíase vencellar
quizais co latín cusculium ‘bugallo
producido polo quermes no
carballo’.
• Costoia: traduce a custodia ‘garda,
conservación, prisión’.
• Currelo: é diminutivo de curro.
Curro: voz relacionada co latín
currus ‘carro’ e currere ‘correr’,
foi a que orixinou curral.
29. Siador (San Miguel) Lugares de Siador:
• Marco: puido sinalar os límites
dun terreo, e neste senso tería orixe
xermánica; pero tamén pode
reducirse ao nome persoal Marcus
que sería o do posuidor de tal
lugar.
• Outeiro: é unha evolución de
altarium ou auctarium, palabras
usadas en documentos medievais
para indicar un terreo alto ou
elevado.
29. Siador (San Miguel) Lugares de Siador:
• Penadagra: equivale a pena da agra.
Pena: é unha voz primitiva, quizais da
familia de pinna ‘amea’. No latín
medieval escriben penna. Agriño: parece
levar o sufixo -inu > -iño, que o faría
diminutivo de ager ‘agro’. Pero foi máis
ben o nome persoal Agrinius o que
orixinou o topónimo.
• Sestelo: parece diminutivo do persoal
Sextus, co sufixo -ellus do latín vulgar,
diverxente de Sextullus e de Sextillus.
30. Silleda (Santa Eulalia)
O nome desta freguesía
aparece escrito Exilieta no
ano 998 e Selleda en 1395.
Inseparable de Silleiro,
Sillobre e Sillosa e
derivado dun
substantivo de sufixo
latino -etum/ -eta: *Silieta.
30. Silleda (Santa Eulalia)
Lugares de Silleda:
• Casas do Monte: deriva do
latín casa e mons ‘monte’.
• Costoia: traduce a custodia
‘garda, conservación,
prisión’.
• Fonteboa: equivale a fons
bona, dado que o masculino
fons converteuse en feminino
no latín serodio.
30. Silleda (Santa Eulalia)
Lugares de Silleda:
• Foxo: procede do latín serodio fogium/foveum, trampa de
feras, consistente nun foso feito na terra e camuflado na
superficie, onde se pousaba o cebo para que caese dentro o
animal ao comelo.
• Mera: chámase a néboa espesa e baixa que estraga os cultivos,
pero outro debeu ser o significado e orixe deste topónimo e
hidrónimo, que se repite en Galicia. Din tamén que mera sería
unha voz emparentada co grego méros ‘parte’, cando significa
a parte de bens que lle corresponde a cada herdeiro ou a sorte
que lle toca a cada veciño nunha partilla comunal.
30. Silleda (Santa Eulalia)
Lugares de Silleda:
• Mourelos: traduce a Maurellus,
diminutivo no latín vulgar do
antropónimo Maurus ‘mouro’.
• Toiriz: procede do persoal
visigótico Teodoricus.
30. Silleda (Santa Eulalia) Lugares de Silleda:
• Toxa: parece da familia de
toxo, que ten orixe prerromana.
• Trasfontao: é o topónimo
fontanum, Fontao: traduce o
latín fontanus-a-um, adxectivo
referido a fons ‘fonte’, que se
converteu no cognomen
persoal Fontanus. Precedido
aquí da preposición trans ‘tras,
máis alá de’.
31. Taboada (Santiago)
Probablemente o topónimo
Taboada procedería de
(aedificia) tabulata ‘edificios
de táboas’, ou de (terra)
tabulata, é dicir, terra medida
en cadros: unam tabulam de
terra per suos marcos, ou
(pons) tabulata ‘ponte de
táboas).
31. Taboada (Santiago)
Lugares de Taboada:
• Carballeda: indica co sufixo -
eta > -eda abundancia dunha
árbore, que se chamaba carbalio
en 985, non carbaculum
‘carballo’, derivado do
prerromano carba.
• Carral: deriva de carrus/currus,
por ser camiño de carros.
31. Taboada (Santiago)
Lugares de Taboada:
• Eirexe: concorda co xenitivo
ecclesiae (locus) ‘lugar da igrexa’.
• Ponte: alude evidentemente a pons
‘ponte’.
• Reboredo: vencellado con robur
‘carballo’.
31. Taboada (Santiago) Lugares de Taboada:
• Regueiro: sería o plural
neutro de *recarium, derivado
de *recum ‘rego’, voz quizais
pre-latina equivalente a riguus
‘rego’ en latín.
• Taboadavella: é Taboada co
adxectivo vetula ‘vella’.
• Trasdovalo: vén do latín trans
vallum ‘tras do valado ou da
muralla’.
32. Vilar (San Martiño)
Traduce como substantivo o que en latín foi adxectivo villaris
-are, aludindo ao recanto dunha vila.
32. Vilar (San Martiño)
Lugares de Vilar:
• Barral: parece sinónimo de
barreiro, sitio no que abunda o
barro, voz de orixe
prerromana.
• Cabodevila: alude a caput
‘cabo, cabeza, extremidade’
dunha villa ‘vila’.
• O Campo: traduce a campus,
chao amplo sen cultivar.
32. Vilar (San Martiño) Lugares de Vilar:
• Mazarelos: parece o plural de
mazarelo ‘man do machaduro ou
morteiro; roda de mazar o leite;
mazarico’. Este derviado do latín
vulgar *mattea ‘maza’, podería
referirse quizais a
mazadoiros/mazadeiros de liño.
• Redondo: procede do latín rotundus-
a-um, adxectivo que foi base do nome
persoal Rotundus.
33. Xestoso (Santa María)
Do latín genista orixinouse Genestoso que non é só o nome
parroquial, Xestoso, senón tamén o dun lugar da freguesía.
33. Xestoso (Santa María) Lugares de Xestoso:
• Fontefría: sería fons frigida no
baixo latín, coma o dito de
Fonteboa: equivale a fons bona,
dado que o masculino fons
converteuse en feminino no latín serodio.
• Fontelas: é plural do diminutivo vulgar fontella ‘fontiña’.
• Reigosa: procede do adxectivo radicosus-a-um.
• Río: foi rivus/rius en latín.
Top Related