SITUACIÓN: no extremo noroccidental da illa de TenerifeSUPERFICIE: 8.063,3 ha.O espazo comprende o macizo de Teno e as zonas que o rodean.CONCELLOS: Buenavista del Norte, Los Silos, El Tanque e Santiago del Teide.
XEOLOXÍATeno é un macizo volcánico antigo que se orixinou hai entre 5 e 7 millóns de anos. Na zona occidental cae bruscamente ao mar formando cantís de ata 500 m de altura. No norte as últimas erupcións formaron chairas costeiras.A erosión formou profundos barrancos orientados cara ao mar e deixou ao descuberto áreas escarpadas onde abondan os diques e roques.
VALORES:-Ecolóxicos: acolle unha ampla variedade de ecosistemas nun pequeno espazo: áreas de laurisilva e bosque dunha grande biodiversidade, vexetación de cantil...-Paisaxístico: vales profundos, cantís, vistas panorámicas...-Culturais: arquitectura e agricultura tradicional, faro de punta Teno, xacementos arqueolóxicos.
FLORA-Na áreas de bosque: faia, pau branco, aceviño, érvedo...-Xestas, tabaibas, palmeiras, dragos, granadiños, cardóns, beas...
FAUNAAVES: águia pescadora, falcón de berbería, miñato (aguililla), lagarteiros, pomba rabiche (Columba junoniae), pomba turqué (Columba bollii), gabián (Accipiter nisus), gorrión chillón, pardillos, trigueiros, canarios, camiñeiros. Nos cantís hai colonias de aves mariñas (pardela cincenta, pardela pichoneta, gaivotas...)
Canario Pardela
-Lagartos. Destaca a presenza dunha especie redescuberta en 1996, o lagarto moteado (Gallotia intermedia), en perigo crítico de extinción.
Gallotia galloti
-Nas augas costeiras hai unha grande diversidade de especies. Destaca a presenza de golfiños e baleas.
Top Related