1 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
Este tema é unha introdución a Voleibol. Leo e intenta responder ao cuestionario
adxunto.
O VOLEIBOL
1. Definición:
Deporte colectivo que se xoga nunha cancha dividida á metade por unha
rede, onde se enfrontan dous equipos de 6 xogadores/as, e o seu obxectivo
é pasar o balón por encima da rede ao campo contrario, cun mínimo de 1
golpe e un máximo de 3, con intención de que bote no campo contrario ou
que non sexa devolto polo equipo contrario.
2. Historia:
O voleibol foi creado en 1895 por William G. Morgan. Era entón director de
Educación Física na asociación Young Men’s Christian Association (YMCA)
no estado de Massachussets (EE.UU).
Morgan precisaba deseñar exercicio sen que este fora demasiado agresivo
ou intenso. Notaba que o xogo de baloncesto, a pesar de ser moi popular,
resultaba demasiado esgotador.
Quería una alternativa na que non fose necesario dar tantos golpes ou
sacudidas, de xeito que se adaptara a un público máis amplo. Morgan
tomou ideas de diversos deportes, como a pelota do baloncesto, a rede do
tenis, o uso das mans do balonmán e o concepto de entradas do béisbol.
Orixinalmente chamábase “mintonette” pero, durante unha demostración,
notaron que o voleo del balón sobre a rede describía a esencia do xogo e
por iso comezárono a chamar “volley ball”. En 1952, a Asociación
Norteamericana de Voleibol unificou as palabras para denominalo de xeito
oficial “volleyball”.
2 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
Nas súas orixes, o “mintonette” resultaba bastante diferente ao desempeño
do voleibol que se coñece na actualidade. Xogábase nunha cancha máis
pequena, cun balón moi pesado, unha rede máis baixa e demasiados
xogadores/as que golpeaban o balón unha cantidade ilimitada de veces.
Nos seus inicios, o xogo de voleibol alcanzou ampla aceptación grazas ao
apoio e á difusión da asociación YMCA, alentada por dúas escolas
profesionais de educación física: Springfield Collage e George Williams
Collage.
A comezos de 1900 Canadá foi o primeiro país estranxeiro que adoptou o
xogo como deporte para ser practicado en diversas institucións. Pronto
seguírono Xapón (1908) e Filipinas (1910), onde foi incluído no programa
dos primeiros Xogos do Extremo Oriente, en 1913. Así comezou a súa
expansión a nivel mundial.
En 1914 foi incluído no programa de educación e recreación das forzas
armadas de Norteamérica. En 1916 YMCA logrou que a poderosa asociación
NCAA (National Collegiate Athletic Association) contribuíra á rápida difusión
do voleibol entre os estudantes universitarios de Estados Unidos, a través
da publicación dunha serie de artigos sobre o seu regulamento.
Alí anunciouse, por exemplo, que o número de xogadores/as por equipo se
limitábase a seis e máis tarde, en 1922, limitouse a tres o número de toques
do balón por xogada. Sen embargo, ata principios de 1930 o voleibol
resultaba un xogo de ocio e recreación, con poucas presentacións
competitivas a nivel mundial e cun regulamento que variaba segundo o país
onde se xogaba.
3 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
En 1947 creouse en Francia a Federación Internacional de Voleibol (FIVB).
Este organismo mundial encárgase de regular as normas a nivel competitivo
e de celebrar encontros de maneira periódica.
Nos Xogos Olímpicos de París en 1924 xogouse por primeira vez ao voleibol
tradicional como deporte de demostración. Pero en 1964 pasou a formar
parte das especialidades olímpicas nos xogos celebrados en Tokío.
Hoxe o voleibol é un dos deportes populares máis practicados a nivel
mundial, con competicións como, o Campionato Mundial FIVB, a Liga
mundial FIVB, o Gran Premio Mundial FIVB e os Xogos Olímpicos. É un
deporte competitivo de alto rendemento físico e técnico que presenta
algunhas variantes aceptadas de xeito oficial:
O voleibol de praia. Xógase sobre a area e dende 1996 forma parte das
disciplinas olímpicas, a partir dos xogos celebrados en Atlanta que contou
cun estadio construído especialmente sobre a praia.
O voleibol sentado. Practícase especialmente entre os deportes de persoas
con discapacidade e en 1980 foi incorporado aos Xogos Paraolímpicos.
O voleibol chega a España, aproximadamente, cara o ano 1920, como xogo
recreativo, practicado nas praias catalás, por influencia europea-occidental.
A pesar da pouca práctica do voleibol, a Escola de Educación Física de
Toledo edita, en 1925, o primeiro regulamento de voleibol, tradución do
que se utilizaba por entón en Europa. O certo é que ata pasado o período
da Guerra Civil, e cando se organizaba o deporte oficial e non contando
aínda co voleibol como deporte, este empézase a practicar a nivel escolar, a
través da organización da Fronte de Xuventudes e da Sección Feminina. Non
foi ata pasados 7 ou 8 años cando as autoridades deportivas, observando
que o voleibol practicábase por todo o territorio e que, por outro lado, era
un deporte con Federación Internacional, cun gran número de países
afiliados, con proxección a ser incluído no Comité Olímpico Internacional
(1957), propúxose organizar oficialmente o voleibol, creando os seus
órganos de goberno, federacións provinciais, etcétera. Non obstante, a
organización do deporte español non pasou por crear unha Federación
Española de Voleibol, senón por agregalo á Federación Española de
Balonmán. Durante este período (1948-50), apenas houbo actividade, xa
que a Federación de Balonmán, tiña que atender dúas modalidades, o
balonmán en sala e no campo. Realmente, resultaba difícil nestas
4 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
circunstancias promover e estruturar un deporte que non era nin parecido
ao seu.
A principios do ano 1950, a Delegación Nacional de Deportes pide á
Federación Española de Baloncesto que encadre dentro do seo da súa
federación ao Voleibol. Ao principio, quíxose declinar tal responsabilidade,
xa que en aqueles momentos a Federación de Baloncesto tiña moita
actividade e non sabían se poderían atender este deporte. A Delegación
Nacional de Deportes, con ánimo de acelerar a posta en marcha do
voleibol, determina que será l Federación Española de Baloncesto a que
dirixirá o voleibol español, indicando que será con carácter provisional,
recibindo a axuda económica correspondente. Así mesmo, pediu que a
Federación de Baloncesto propuxera un plan de organización viable e
compatible, xa que na próxima temporada, 1950-51, deberían organizarse
competicións oficiais. El 22 de xuno de 1950, noméase a Benito López
Arjona, membro da Federación Española de Baloncesto, vicepresidente da
Sección de voleibol.
As regras de xogo, das cales se tiña coñecemento aquí en España, non eran
as vixentes naquel momento. A actualización puido facerse grazas ao
periodista Josechu Piñedo, que, presentándose na Federación Española de
Baloncesto pedindo información referente ao voleibol, e ao ser informado
de que non había apenas documentación, nin información técnica,
etcétera..., suxeriu que, aproveitando unha viaxe a París, e coa posibilidade
de contactar coa Federación Francesa de Voleibol, intentaría recoller a
máxima información posible. Así foi, e entre a documentación aportada
estaba o regulamento oficial vixente, redactado no Congreso de Praga en
1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol.
A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual
que a Federación de Baloncesto, deporte moi practicado en España e con
todo o organigrama federativo en funcionamento. Isto supuxo completar os
órganos da Sección de Voleibol; así mesmo, crear as Seccións nas distintas
Federacións Provinciais de Baloncesto. O certo é que foi un período de gran
actividade e colaboración por parte de todos os implicados, conseguindo un
dos propósitos máis interesantes, a organización do Primeiro Campionato
de España de voleibol federado, participando na fase final, que se celebrou
en Madrid, os seguintes equipos: Agrupación Deportiva Bombeiros, de
5 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
Barcelona; Club Natación Canoe, de Madrid e o Club Galgo, de Toledo. O
equipo da Agrupación Deportiva Bombeiros, de Barcelona, proclamouse
primeiro campión de España de Voleibol.
En febreiro de 1953, o Comité Directivo da Federación Española de
Baloncesto acordou efectuar os trámites necesarios para afiliar á Sección de
voleibol á Federación Internacional de Voleibol.
Despois dos primeiros anos, 1950-56, nos que a Federación de Baloncesto
conseguira que o voleibol empezara a funcionar, seguiulle un período,
1957-59, no que aparece un descenso do interese e falta de organización
nas Federacións Provinciais, manifestando a Federación de Baloncesto non
poder realizar máis esforzo que o que permite a boa vontade dos directivos
comprometidos e os poucos medios de que dispón a Sección. Estando a
punto de iniciarse la temporada 1958-59, decídese integrar ao voleibol
dentro da Federación de Rugby, mantendo a mesma estrutura e
organización que se tiña na Federación de Baloncesto. O certo é que non
houbo apenas actividade deportiva; tan só, e para salvar a continuidade,
celebrouse o Noveno Campionato de España, ocupándose de toda a
organización a Sección de Voleibol.
En decembro de 1959, a Delegación Nacional de Deportes decide crear a
Federación Española de Balonvolea/Voleibol, cuxo presidente será Benito
López Arjona, que viña desempeñando a vicepresidencia da Sección desde
1950. O día 26 de i de 1960, a Federación Española de Voleibol queda
constituída en su primeira reunión como órgano federativo.
3. O campo de xogo:
Mide 9m de ancho por 18m de longo.
Cada campo está dividido pola Zona de Defensa(6m) e Zona de
Ataque (3m).
A altura da rede está a 2,43 m. en homes e 2,24m. en mulleres.
6 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
4. Regulamento.
Entre as regulas básicas do voleibol destácanse:
- A puntuación. Dispútase á mellor puntuación de cinco sets de xogo.
O equipo que acumula tres sets ganados será o vencedor, para o que
debe alcanzar en cada set vinte e cinco puntos e cunha vantaxe de
dous puntos respecto ao adversario (por exemplo, vinte e cinco
contra vinte e tres puntos). No caso de que os equipos alcancen unha
puntuación de vinte e cinco contra vinte e catro, deben xogar ata
lograr unha diferenza de dous puntos. Por iso, a duración dos
partidos de voleibol varía tanto.
7 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
- O saque. É a acción que da comezo a cada partido, realízase co
xogador ou coa xogadora situado detrás da liña de fondo e o resto do
equipo situado nos límites do campo. Se un xogador ou unha
xogadora saca e o adversario non logra atallar o balón, o/a xogador/a
anota un punto a favor do seu equipo. No caso de que o saque
resulte errado (toca a rede e cae no seu propio campo ou vaise fora
da área), a quenda de saque pasa ao adversario.
- Área de xogo. Está delimitada por un rectángulo de dezaoito metros
de longo, por nove metros de ancho, e divídese no centro por unha
rede que separa as dúas áreas de xogo. A designación dos campos
para cada equipo sortease antes do partido e en cada novo set
intercámbianse as áreas.
- Zona de ataque. A liña central que se sitúa debaixo da rede divide o
campo de xogo en dúas zonas iguais, de nove metros por nove
metros cada una. A tres metros de distancia da liña central, outra liña
delimita a zona de ataque para cada área, onde se encontran
limitadas as acciones dos xogadores e das xogadoras.
- A rede. Sitúase no centro do campo de xogo a unha altura de 2,43
cm. para a categoría masculina e a 2,24 cm. para a categoría
feminina. Se o balón toca a rede, non se considera unha falta e, ao
rebotar, pode continuar coa xogada.
- Regras básicas:
o Cada equipo o compoñen 6 xogadores ou xogadoras.
o Cada equipo dispón como máximo de 3 toques (sen contar o
bloqueo) para pasar o balón ao campo contrario e un mínimo
de un toque.
o Un mesmo xogador/a non pode dar dous toques consecutivos
ao balón salvo tras un bloqueo.
o O balón non pode botar.
o Non se pode reter, acompañar ou arrastrar o balón.
o Pódese golpear o balón con calquera parte do corpo.
o Cada xogador/a ten unha posición concreta saca o equipo
contrario.
8 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
o Pódese realizar 6 cambios en cada set, 1 vez para cada
xogador que inicia o set e desfacer o cambio polo seu
substituto/a
o Se rota no sentido das agullas do reloxo sobre a posición, cada
vez que se recupera o saque.
- Sancións:
o Falta de posición ou de rotación: cando no momento do
saque un xogador/a non está na súa zona.
o Falta de saque: se o xogador ou xogadora que saca, pisa a liña
ou invade o seu campo no saque.
o Dobres ou Falta por retención. Cando se retén (cóllese
brevemente) o balón no toque de dedos.
o Invasión: se un xogador/a pasa ao campo contrario ou se toca
a rede (sempre e cando interveña na xogada).
o Falta de defensor/a: Se un defensor ou unha defensora
rematan dentro da zona de 3 m. (é dicir, golpea o balón por
encima da altura de la rede).
- Puntuacións:
o Conséguese 1 punto:
Cando o equipo contrario non devolve o balón.
Cando conseguimos que bote no campo contrario.
Cando o balón bota fóra tras toque do contrario.
Cando un equipo da máis de tres toques na mesma
xogada (sen contar el bloqueo).
Cando un xogador/a da u toques consecutivos. Un
xogador ou unha xogadora pode dar dous toques na
9 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
mesma xogada se o fai de forma alternativa, é dicir, se
lle da o primeiro e o terceiro toque.
- Posicións dos xogadores ou xogadoras:
o Posición 3: Pasador/a.
o Posicións 4–2: Atacantes ou dianteiros/as (Rematadores/as).
o Posicións 5 –6 –1: Defensas.
5. A técnica.
o O SAQUE: O saque é a forma que teu un xogador/a de voleibol de
poñer en xogo o balón para que comece unha xogada.
O saque baixo: É o saque máis básico, moi seguro, que
busca colocar a pelota nunha zona determinada do campo
contrario. Antes de golpear, colocámonos orientados/as
cara o campo, co pé contrario ao brazo que saca
adiantado, sostendo o balón coa man contraria á que
golpea. Estendemos o brazo cara atrás e golpeamos ao
balón coa man (en forma de culler) tensa.
Saque alto, ou saque de tenis: É un saque cunha
execución máis complicada que o anterior. Non se busca
a precisión e colocación, senón a potencia no saque.
10 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
Antes de golpear, orientámonos cara o campo e
adiantamos a perna contraria ao brazo que saca.
Lanzamos o balón cara arriba, elevamos o brazo e o
levamos atrás para golpear ao balón co brazo estendido.
Saque en suspensión, Saque en salto: Este saque constitúe
unha técnica máis esixente e poderosa de poñer o balón en
xogo, pois a persoa que o realiza está exposta a un gran
número de factores que inflúen na súa execución. É a máis
poderosa porque é como un remate pero dende nove
metros.
Depende do tipo de impulso para o saque, tendo como
condición regulamentaria a necesidade de golpear o balón
antes de apoiarse no solo.
O xogador/a pode partir dende unha posición próxima á
rede e realizar a batida do salto vertical ou separarse ata 2
ou 3 m. do campo se vai tomar impulso para a batida.
A altura do lanzamento do balón para o golpeo é máis
curta ou máis longa dependendo do obxectivo do saque.
Canto máis alto lancemos o balón máis difícil será a
coordinación para o saque.
A rotación adiante do balón no lanzamento mellora a
efectividade do saque.
A pegada efectúase coas pernas paralelas e separadas á
anchura da cadeira fronte á liña de fondo. As costas parten
11 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
de posición vertical, impulsando o corpo mediante a
extensión da cadeira, xeonllos e nocellos, que contribúe
para alcanzar unha maior velocidade na batida para realizar
o salto.
O brazo que remata ármase e esténdese sobre vertical
golpeando o balón cara adiante. A man realiza un
movemento similar ao saque de tenis, o outro brazo se
reláxase compensando o corpo no momento do salto.
O balón deberá ser golpeado coa palma da man e cos dedos
abertos.
o O TOQUE DE ANTEBRAZOS: Normalmente utilízase nas
recepcións, é dicir, no primeiro toque de un equipo que
recibe a pelota. Aínda que tamén pode ser un pase orientado
e ser a primeira acción ofensiva dun equipo.
O Golpeo: O balón diríxese cos ombros, e o movemiento vai
acompañado cunha extensión da perna. O balón é golpeado co el
antebrazo.
Posición básica antes de golpear: Colocámonos orientados/as
cara onde queremos enviar o balón. Os antebrazos colócanse
o máis xuntos posible (coos cóbados xuntos) para ofrecer
unha superficie de contacto ampla. Os brazos forman 90º co
tronco e 45º co solo. A colocación das mans é fundamental:
crúzanse as palmas, colocando o dorso dunha man sobre a
palma da outra e se unen os polgares mirando cara adiante
12 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
colocando un ao lado do outro. Aspernas colócanse
semiflexionadas e separadas para dar estabilidade.
o TOQUE DE DEDOS: Este pase utilizaríase no segundo golpeo da
xogada, despois da recepción mediante o toque de antebrazos e
como preparación do remate. É unha acción técnica non moi
complicada pero require dunha gran precisión.
Posición básica antes de golpear: Colocámonos debaixo do
balón e orientados/as cara onde queremos enviar o balón.
Pernas lixeiramente flexionadas e separadas á altura dos
ombros. Mans diante dos ollos, coas palmas cara o balón.
Golpeo: Golpease coas primeiras falanxes dos
dedos que se colocan abertos e lixeiramente
flexionados adoptando a forma do balón en
triángulo. No momento do contacto co balón,
prodúcese unha pequena extensión das pernas
e cóbados. O golpeo pode ser curto e seco ou
máis amortiguado.
13 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
o O REMATE: Serve para enviar o balón ao campo contrario coa
potencia e colocación suficiente como para que o equipo rival non
poida devolvelo e anotemos un punto.
Posición básica antes de golpear: É moi importante coordinar a
carreira de batida co golpeo, levar os brazos arriba e atrás para
coller impulso. O brazo libre (que non golpea) vai cara abaixo
antes de que o u brazo realice o golpeo do balón.
O golpeo: Golpease cando a pelota alcanza a súa máxima
altura. É importante golpear ao balón na súa parte superior
para que a traxectoria do mesmo sexa de arriba cara abaixo,
sempre que a altura á que se encontre o permita.
o O BLOQUEO: É unha das principais accións defensivas de calquera
equipo. Consiste en intentar interceptar por parte dos
14 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
xogadores/as dianteiros/as, a pelota que provén do campo
contrario.
Posición básica antes de golpear: É moi importante a colocación
adecuada na zona da rede máis precisa para executar esta
acción. Pernas flexionadas uns 90º para despois estenderse e os
dous brazos á fronte e elevados á altura dos ombros.
O golpeo: Brazos estendidos e corpo estirado. Mans abertas e
separadas de forma que o balón n pase entre elas, a orientación
das mans ha de ser cara o solo.
6. A táctica.
A táctica é a faceta do xogo que se ocupa da disposición dos
xogadores/as no campo e dos movementos que estes/as realizan para
intentar anotarse un punto en cada xogada. A táctica debe utilizarse
aproveitándose da técnica e respectando sempre o regulamento.
En voleibol danse tres fases no xogo: unha primeira cando un
equipo recibe o saque do equipo contrario, a seguinte fase sería
preparar o ataque e por último realizar a defensa do ataque dos/as
opoñentes.
En consecuencia, preséntanse tres situacións tácticas, que orixinan a
aparición de tres sistemas ou formas de realizar cada fase; sistemas
de recepción para recibir o saque, sistemas ofensivos para organizar
o ataque e sistemas de defensa para defender o ataque dos/as
adversarios.
o Sistema de Recepción do Saque: Son as formacións que se
utilizan, para recibir o saque do equipo contrario e poder
15 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
organizar o ataque. Hai varios sistemas, pero todos teñen unha
característica común, polo menos un xogador, o pasador ou
pasadora, non realiza ningunha función.
Sistema recepción en W: É o que máis sole utilizarse nas
primeiras etapas da aprendizaxe. Chamado así, por que é la
figura ou forma que adoptan os/as xogadores/as no campo.
O/A pasador/a se nunha 1º liña moi cerca da rede. Os/as
cinco xogadores/as restantes repártense a zona defensiva
da seguinte forma: 3 formando unha 2º liña e 2 formando
unha 3º liña. Neste sistema o/a pasador/a nunca recibe.
Sistema recepción en semicírculo: O/A pasador/a tamén
se sitúa cerca da rede e tampouco debe recibir o saque.
Os/As 5 xogadores/as restantes sitúanse na zona de
defensa describindo un semicírculo. O equipo que
realiza o saque colocase cos tres dianteiros/as pegados/a á
rede (posto que o primeiro que farán será intentar
bloquear o ataque contrario).
16 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
o Sistemas de Ataque: Son a forma es que se organizan os equipos
para poder realizar un ataque máis eficaz. O nome do sistema
ven determinado, polos tipos de xogadores/as que o compoñen
e a súa función no campo. Tendo en conta que as funcións que
poden realizar os/as xogadores/as, denomínanse das seguintes
maneiras:
Rematador/a: Xogador/a quena fase de ataque
normalmente só remata.
Pasador/a: Este/a xogador/a é o/a que realiza o pase de
dedos, para que remate un dos/das seus/súas
compañeiros/as.
Universal: Pode realizar as dúas funcións.
Segundo o anterior, existen diferentes sistemas. Os máis
utilizados son:
Pasador/a a quenda: É a forma de organización máis
utilizada para os/as que empezan a xogar ao voleibol.
En ela, o/a dianteiro/a que ocupa a posición 3 é o/a
pasador/a e encárgase de colocar os balóns aos/ás
rematadores/as (por zona 2 e 4), unha vez recibido o balón
por un/unha compañeiro/a, é dicir, no segundo toque.
Polo tanto cada vez que recuperemos o saque e se efectúe
a rotación haberá un/unha novo/a pasador/a e dous/dúas
novos/as rematadores/as.
17 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
Outros sistemas:
o 2 Pasadores/as - 4 Rematadores/s (2 C -4 R).
o 1 Pasador/a - 5 Rematadores (1 C -5 R).
o 1 Pasador/a -1 Universal -4 Rematadores/as (1 C -1 U
-4 R).
o Sistemas de Defensa. Son as formacións que se toman cando
un/unha xogador/a do equipo contrario vai realizar un remate. O
nome do sistema, está determinado polo número de xogadores/as que
compoñen cada liña da defensa. Así en case todos os sistemas, na
primeira liña (a que realiza o bloqueo por estar máis cerca da rede),
está composta por 3 xogadores, as que varían son a segunda e
terceira liña. Os máis típicos son:
Sistema 3-1-2: É o sistema que se sole adoptar nas
primeiras etapas, no que a primeira liña está formada por
tres dianteiros/as situados/as moi próximos/as á rede. A
segunda liña formada por un só/soa xogador/a situado/a
xusto no centro del terreo de xogo e unha terceira liña
formada por 2 xogadores/as cubrindo o fondo.
18 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.
Sistema 3-2-1: a primeira liña formada por 3
dianteiros/as, pero a diferenza é que a segunda liña la
forman dous xogadores/as e a terceira un só/soa
xogador/a que xoga no fondo do terreo de xogo. En función
da zona da rede, por onde o equipo contrario realice o
remate, os/as xogadores/as de 1ª liña de defensa, (2 –3 –4),
colocaranse segundo os debuxos:
O ataque ou remate por zona 3, pódese defender tamén cun bloqueo triple,
por parte dos/das tres xogadores/as que ocupan a rede.
Top Related