O CONTO DO VERME VERDE
Patricia Pena Barbeito, mestre de AL, dos contos que Nieves lle conta a María…
Érase unha vez un verme que vivía nun
fermoso prado…
Pero sucedeu que un día que ía de
paseo o verme verde quedou
atrapado nunha tea de araña…
O verme verde estaba moi asustado
porque pensaba que a araña o ía
comer!! AAAAAHHH!! Socorro!! Berraba
o verme verde.
Unhas abellas que pasaban por alí
escoitaron os berros e acudiron a
axudar ao verme verde.
Co seu aguillón as abellas desfixeron
a tea da araña e o verme caeu ao
chan.
O verme caeu enriba dunha folla,
porque era outono e as follas caian
dos árbores…
Un elefante que pasaba por alí veu
unha folla no chan e dispúxose a
comela…
Pero unha formiga forte que estaba debaixo da
folla emprendeu o camiño cara o formigueiro co
verme verde subido enriba.
Cando o verme verde veu que pasara
o perigo baixou da folla e doulle as
grazas á formiga.
O verme verde veu unha flor moi bonita
e como xa estaba moi canso decidiu que
ese era un bo lugar para durmir un
pouco.
Pero cando o verme despertou notou
algo raro… agora tiña alas.. E antenas…
Era unha fermosa bolboreta!!!
Polo ceo atopou unha xoaniña da que
se fixo amiga
E as dúas decidiron que ían ser mestres
par ensinarlles a voar aos paxariños,
igual que nos vos ensinamos moitas
cousas!
E colorín colorete
este conto marchou
como un foguete!!
Top Related