IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
[email protected] 886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com IES A Xunqueira II II
886.15.90.90
886.15.90.98
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
IES A XUNQUEIRA II
PONTEVEDRA
Yanira Pérez Ruibal, 1º ESO
1
1. GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PREVISTOS
As Liñas prioritarias de actuación para o curso 2018-2019 recollían obxectivos
orientados fundamentalmente á consolidación da biblioteca como centro
estratéxico para o desenvolvemento de actividades nas que estean presentes
metodoloxías innovadoras, que favorezan o traballo colaborativo así como o uso
das tecnoloxías da comunicación. Para que isto sexa posible, a biblioteca ten que
facilitar todos os seus recursos e proporcionar a formación necesaria para o seu
mellor aproveitamento.
A formación na adquisicións de habilidades no acceso á información é fundamental
en tanto que posibilita unha aprendizaxe máis autónoma e crítica, favorece o uso
das novas tecnoloxías, orienta na produción de información así como na súa
comunicación e divulgación, e fomenta o interese e o hábito de lectura de textos
diversos en formatos distintos.
Consideramos que a maioría dos obxectivos acadáronse en grao satisfactorio.
Dinamizáronse os recursos da biblioteca ao longo de todo o curso a través de
diferentes actividades que tiveron un importante seguimento por parte da
comunidade educativa, especialmente as enmarcadas na Semana da Ciencia e
as orientadas ao fomento da lectura.
Apoiouse a labor docente facilitando os recursos da biblioteca para o
desenvolvemento dos contidos curriculares das diferentes materias e
fundamentalmente para a adquisición das competencias claves. Hai que
destacar que a biblioteca é nunha peza importante para a execución de
proxectos interdisciplinares e colaborativos, como a Semana da Ciencia ou
Ponte N’epoca. Este último, incluído no Programa Piteas, será levado ás prazas
de Pontevedra o día 12 de xuño e posteriormente á III Feira de Proxectos 2019
–organizada pola Fundación Barrié, a Xunta de Galicia e a USC-, que terá luga no
edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Habilitáronse na sala espazos maker variables para o desenvolvemento de
actividades vinculadas aos diferentes proxectos e programas que se levan a
2
cabo no centro: produción de audiovisuais, creacións artísticas, musicais,
presentacións, etc., aínda que o espazo de robótica, croma e impresións 3D
trasladouse a un aula específica, debido a que o noso centro foi admitido neste
curso no programa “Espazos Maker” e o volume de material recibido excedía a
capacidade do espazo da biblioteca.
Utilizáronse códigos QR para algunhas das actividades.
Fomentouse o hábito e o pracer da lectura fundamentalmente a través da Hora
de ler (implantada no primeiro ciclo de ESO) e do Club de lectura, que foi
organizado en 7 grupos –un máis que o curso pasado, xa que creouse un novo
de Banda deseñada en francés- cun total de 91 lectores, 28 máis que no curso
anterior.
Difundíronse os fondos da biblioteca a través de Guías de Lectura, boletíns,
recomendacións, novidades, seleccións, presentacións, etc.
Potenciouse o blog da biblioteca http://bibliototem.blogspot.com.es/ non só
como medio de difusión dos fondos e das actividades realizadas pola biblioteca,
senón tamén para facilitar recursos educativos, de educación documental, de
animación á lectura, de formación de usuarios, etc.
Contribuíuse na aprendizaxe de habilidades para a busca de información,
orientando dende a biblioteca e realizando actividades de Formación de
usuarios e de Acceso á información. Os alumnos que participaron nestas
3
actividades mostran unha maior destreza no emprego dos recursos da
biblioteca e un mellor aproveitamento dos mesmos.
Facilitáronse materiais e orientouse no seu uso a alumnos estranxeiros e a
alumnos con dificultades. Algún destes materiais están accesibles no blog.
Co data 4 de maio, contabilizáronse 1902 préstamos, 272 menos que o curso
anterior.
O equipo de biblioteca estivo formado por 7 profesores de 7 departamentos
diferentes (Lingua e literatura Castelá, Debuxo, Economía, Grego, Francés,
Música e Filosofía). A pluralidade resultou moi positiva porque posibilitou
puntos de vista distintos e recursos diferentes para o desenvolvemento das
actividades. As reunións do equipo, imprescindibles para coordinar o
funcionamento da biblioteca, fixéronse semanalmente, engadindo unha hora
lectiva máis ás 23 preceptivas do horario particular de cada un dos integrantes
do equipo
A sala permaneceu aberta durante toda a xornada lectiva, aínda que unha
parte do horario foi cuberta por profesores de garda, sen posibilidade de
realizar tarefas específicas de organización e dinamización da biblioteca por ter
asignadas outras funcións.
Aumentou o fondo documental atendendo ás necesidades e suxestións da
comunidade educativa.
Cooperouse co Equipo de Dinamización da Lingua Galega de maneira
continuada ao longo do curso. A perfecta sintonía materializouse na
colaboración nun número importante das actividades desenvolvidas no centro:
Día da Lingua Materna, Día das Letras Galegas, etc.
Fortaleceuse o contacto e colaboración con outras bibliotecas escolares a través
do correo do PLAMBE e dos encontros, o que propiciou o intercambio de
materiais e libros.
Realizáronse de xeito satisfactorio as tarefas rutineiras pero esenciais para o bo
funcionamento da biblioteca, como a adaptación de vellos rexistros á CDU,
expurgo, etc.
4
2. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS
As actividades levadas a cabo dende a biblioteca ou desenvolvidas a propostas dela
axústanse ás Liñas prioritarias de actuación propostas para o curso 2018-2019. A
maioría obedecen a un plan inicial e outras xurdiron ao fío de intereses e suxestións da
comunidade escolar ou da Consellería de Educación. Así, a proposta de Poéticas
diversas na biblioteca escolar serviu de fío condutor para un número importante das
actividades desenvolvidas.
Como sinalamos no apartado anterior, a biblioteca converteuse no espazo central para
o desenvolvemento de actividades de traballo cooperativo (charlas, gravacións,
traballos de investigación, creacións artísticas, presentacións, etc.) incluídas nos
diferentes proxectos que se están a desenvolver no centro.
2.1. Actividades de xestión técnica
Catalogación dos fondos adquiridos no presente curso.
Conversión de 1008 antigos rexistros á CDU simplificada e cambio de etiqueta.
Expurgo ao longo do curso. Algúns dos libros expurgados foron utilizados, a
iniciativa do Departamento de Debuxo, para desenvolver actividades artísticas
relacionadas coa temática Poéticas diversas. O resto expoñeranse no vestíbulo
do instituto na segunda quincena de xuño para que calquera membro da
comunidade escolar poda levar os que sexan do seu interese.
Creación dunha nova Guía de Biblioteca e Marcapáxinas coas Normas xerais da
biblioteca e as Normas de uso dos ordenadores.
Reparto de carnés de usuarios e da Guía da biblioteca aos alumnos novos no
centro.
Recolocación dos fondos para abrir espazo nas seccións con máis volume de
libros e facilitar así o acceso a eles.
Adquisición de fondos documentais en diferentes soportes, atendendo as
suxestións da comunidade escolar.
5
2.2. Actividades de formación de usuarios
Con motivo do Día da Biblioteca, visita guiada á biblioteca dos alumnos novos
no centro, onde se lles mostrou as diferentes zonas, seccións, materiais e
fondos da biblioteca. Tamén se lles entregou a nova Guía da Biblioteca e
marcapáxinas.
Dúas sesións de formación de usuarios. Esta actividade ten como finalidade que
os usuarios da biblioteca, especialmente os novos, coñezan a organización dos
fondos atendendo á CDU, signatura, orde alfabética, etc. Na primeira sesión
proxectamos un vídeo, elaborado polo equipo de biblioteca, que resume as
orientacións que lles damos na sala e ao que poden acceder dende o blog
https://vimeo.com/87167661. Na segunda sesión realizamos actividades de
localización e colocación de libros nos estantes a través dun concurso por
grupos. Os gañadores recibiron agasallos relacionados coa biblioteca
(marcapáxinas, pins e cadernos)
Buscas no OPAC MEIGA, atendendo a diferentes criterios (Autor, Título,
Materia, CDU....)
2.3. Actividades de educación no acceso á información
Semana da ciencia.
Feira de proxectos: Do 26 ao 30 de novembro tivo lugar a Feira de
proxectos onde se mostraron experimentos, deseños de robótica, traballos de
realidade virtual, contaminación acústica, programación de videoxogos,
6
exposición de poemas científicos ilustrados, mostra de revistas e libros
científicos e sección de “desastres científicos”. Para un mellor coñecemento
destes proxectos fixéronse visitas guiadas por profesores e alumnos expertos.
http://bibliototem.blogspot.com/2018/11/semana-da-ciencia-feira-de-
proxectos.html
Concurso de fotografía e curtametraxes “Na cociña”
O obxectivo deste concurso era mostrar a presenza da física, a química, a
tecnoloxía, a alimentación saudable e tamén a poesía na cociña.
Os gañadores de ambas modalidades recibiron un pendrive e dúas entradas
para o cine, respectivamente.
7
Concurso de preguntas e probas de enxeño
Ao longo dunha semana (do 10 ao 14 de decembro) formuláronse preguntas,
problemas e enigmas, cuxas respostas podían ser atopadas nas exposicións da
Semana da Ciencia, en libros da biblioteca ou en páxinas web. O gañador
recibiu como premio dúas entradas para o cine.
Scape room na biblioteca: Nesta actividade participaron alumnos de ESO
e Bacharelato en grupos de 8. Tiveron que superar diferentes probas de temática
científica cuxo eixo condutor foi o Proxecto Manhattan.
8
PonteN´epoca
Proxecto desenvolvido polo alumnado de
3º de ESO dentro do Programa Piteas no
que conflúen música, literatura, arte,
historia, física, química e matemáticas co
espírito maker e a gammificación. Este
proxecto aborda a historia da humanidade
dunha maneira transversal co obxectivo
de derrubar as barreiras impostas de xeito
erróneo entre as ciencias e as artes. Os
material elaborado (concertos das obras
vocais e instrumentais máis
representativas da época, exposicións de
obras de arte, visualización de vídeos a
través de apps de Realidade Aumentada,
breves representacións teatrais de obras literarias, recitado de poesía, xogos,
danzas, photocall e creación dun mural colectivo) sairá o 12 de Xuño ás prazas de
Pontevedra para que os transeúntes podan achegarse e viaxar no tempo.
9
2.4. Actividades de fomento da lectura
Un dos obxectivos fundamentais que se persegue desde a biblioteca é fomentar no
alumnado o interese e o gusto pola lectura de textos variados e en diferentes
formatos; textos non só literarios senón tamén científicos e de coñecemento en
xeral. Por iso procuramos respectar os seus gustos, pero tamén consideramos que
é fundamental facer un labor de orientación, selección e recomendacións de
lecturas axeitadas á súa idade, intereses, comprensión, formación, etc., e poñerllas
ao seu alcance.
Hora de ler
Lectura silenciosa durante quince minutos diarios á volta do recreo. Esta actividade
está dirixida a todos os alumnos do primeiro ciclo da ESO. A comezos do curso o
Equipo de Biblioteca fixo unha selección temática (fantasía, aventuras, misterio,
terror, adolescencia, amor, ciencia ficción, poesía, teatro, divulgación…) que se
colocou en un moble específico e moi accesible para facilitar a escolla dos alumnos.
O préstamo e devolución dos libros rexístranse no momento no programa Meiga, o
que axiliza o control dos movementos dos libros e revistas.
Club de lectura
No mes de setembro promocionouse o Club de lectura cunha presentación no
vestíbulo do centro e posteriormente convocouse aos interesados en participar na
actividade e se formaron os grupos. Nunha reunión posterior propuxéronse as
lecturas e se fixou o calendario de reunións. Estas ten lugar cada 15 días no recreo.
Como xa sinalamos, este curso participaron 91 lectores, organizados como figuran
na seguinte táboa:
CURSO Nº
LECTORES
LECTURAS
1º ESO 8 1. Mande a su hijo a Marte de Fernando
Lalana.
2. Vaiche boa! de Paul Jennings.
3. Contos de lobos e outros relatos de Ánxel
Fole.
10
2º ESO 10 1. O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.
2. Marina de Carlos Ruiz Zafón.
3. Contos de lobos e outros relatos de Ánxel
Fole.
2º PMAR 9 1. As flores radiactivas de Agustín Fernández
Paz
2. Campos de fresas de Jordi Sierra i Fabra.
3. Contos de lobos e outros relatos de Ánxel
Fole.
3º ESO 11 1. Mi hermana vive sobre la repisa de la
chimenea de Annabel Pitcher.
2. Nada de Janne Teller
3. Á lus do candil de Ánxel Fole
1º/2º BAC 9 1. Orgullo y prejuicio de Jane Austen.
2. Esperando a mister Bojangles de Olivier
Bourdeaut.
3. La verdad sobre el caso Harry Quebert de
Joël Dicker.
4. El lector de Bernhard Schlink.
5. Lolita de Vladimir Nabokov.
6. Á lus do candil de Ánxel Fole.
7. Las literatas. Carta a Eduarda de Rosalía
de Castro.
CÓMIC/MANGA 19 1. Death Note
2. Black Clover
3. Black Butler
4. Nura
5. Fullmetal Alchemist
6. Blacksad
7. El príncipe y la modista
8. Las extraordinarias aventuras de Adèle
Blanc-Sec
9. El guardián invisible
10. Contos de lobos e outros relatos de Ánxel
11
Fole.
11. Á lus do candil de Ánxel Fole.
BANDA
DESEÑADA EN
FRANÇAIS
25 Tintin de Hergé
1. Le temple du soleil.
2. Le crabe aux pinces d´or.
3. Les bijoux de la Castafiore.
4. Tintin en Amérique.
5. Les cigares du Pharaon.
Schtroumpfs de Péyo
6. Le Schtroumpfissime.
7. L´étrange réveil du Schtroumpf paresseux.
8. Un enfant chez les Schtroumpfs.
9. Les Schtroumpfs et le dragon du lac.
Boule et Bill de Jean Roba.
10. Papa, maman, Boule.
11. Une vie de chien.
12. Faut rigoler.
13. Corto Maltese. Fable de Venis de Hugo
Pratt.
14. Lucky Lucke. Billy the Kid de Morris.
15. Le chat de Philippe Geluck.
16. Le petit Spirou. C´est du joli de Janry
Tome.
17. Kid Paddle. Jeux de vilains de Midam.
12. Á lus do candil de Ánxel Fole.
Como se pode ver na táboa, todos os grupos leron A lus do candil ou Contos de
lobos e outros relatos de Ánxel Fole, xa que foi un dos autores escollidos para o
Roteiro pola cidade de Lugo.
Queremos salientar que os membros do Club de lectura, como ven sendo habitual,
non só mostran interese pola lectura senón que tamén participan activamente na
12
maioría das actividades convocadas pola biblioteca (concursos, recitais, roteiro,
recomendacións, programa TV, etc.)
Roteiro cultural pola cidade de Lugo
Visita guiada dende o parque de Rosalía de Castro ata a escultura de Anxel Fole no
Campo do Castelo. Estes dos autores motivaron a viaxe a Lugo, trala lectura de A
lus do candil de Fole e Las literatas. Carta a Eduarda de Rosalía.
No percorrido visitamos tamén o vello cárcere, a Domus Mitreo -entre outros
lugares de interese cultural- e paseamos pola Muralla.
13
Programa de TV Páxina Aberta
Nova temporada do programa de TV da biblioteca Páxina aberta, feito por alumnos
de diferentes cursos e profesores do equipo. Neste curso cambiouse o formato e
editouse só un número.
http://bibliototem.blogspot.com/2018/11/novo-programa-de-paxina-aberta.html
Blackout poetry ou poesía escura
Esta actividade partiu da idea de dar unha segunda vida aos libros de expurgo da
biblioteca, é dicir, reciclar un soporte para crear unha nova obra, seguindo o lema
de Poéticas diversas. Foi realizada por alumnos de 1º de ESO, quen, unha vez
rematadas as súas obras, utilizáronas como modelo para organizar un taller na
biblioteca con alumnos de 3º de ESO. Deste xeito os rapaces de 1º explicaron aos
seus titores de 3º de ESO a actividade, dentro do programa TEI. O resultado do
traballo foi exposto na biblioteca para conmemorar o Día do Libro.
http://bibliototem.blogspot.com/2019/05/blackout-poetry-ou-poesia-escura.html
Visita de Luis Davila
Este ano quixemos celebrar o Día da Lingua Materna “con humor” así que
invitamos a Luis Davila á biblioteca. Falounos da súa profesión, das súas viñetas e
dos seus personaxes máis característicos. E mentres, foi debuxando unha viñeta
14
que dedicou aos alumnos do IES A Xunqueira II. O centro decidiu poñer o nome de
Luis Davila á aula de Deseño.
Día das Letras Galegas
En colaboración co Equipo
de Dinamización da Lingua
Galega, exposición no
corredor da biblioteca dos
carteis de Antón Fraguas,
descargados da páxina da
Real Academia Galega.
15
Guía de lectura Nadal 2018: Poéticas diversas
Recomendacións de poesía en diferentes manifestacións: libros de poemas, de
arte, de coñecemento e películas.
http://bibliototem.blogspot.com/2018/12/guia-de-nadal-2018.html
Recomendacións na sala
En diferentes momentos do curso expuxéronse nas mesas centrais da biblioteca
libros e películas que forman parte dos fondos. Dende o punto de vista do fomento
da lectura, estas mostras son moi positivas no sentido de que facilitan o acceso aos
libros, que nos andeis poden pasar desapercibidos.
EscritorAs: No mes de abril a biblioteca fixo unha escolma de
novelistas, poetisas, ensaístas, divulgadoras científicas e directoras de cine. O
obxectivo desta actividade, realizada tamén no curso pasado, é dar
visibilidade a obras realizadas por mulleres.
16
Poéticas diversas: Selección de libros e películas invitando a
descubrir a poesía non só en textos literarios senón en calquera campo do
saber e das artes. http://bibliototem.blogspot.com/2018/11/poeticas-diversas.html
Divulgación científica: Selección de revistas, películas e libros de
contido científico. Esta mostra tivo o seu espazo na Feira de Proxectos da
Semana da Ciencia.
Novidades: Espazo da biblioteca onde se mostran os libros, películas e
revistas de nova adquisición para que teñan coñecemento deles os usuarios
da biblioteca.
17
3. AVALIACIÓN
Ao longo do curso o Equipo da biblioteca foi recollendo datos sobre a xestión da
biblioteca, sobre as actividades realizadas (grao de participación, interese,
calidade, etc.) e sobre a utilización dos recursos da biblioteca por parte de
profesores e alumnos, e a finais de maio pasouse un cuestionario a unha mostra de
121 usuarios sobre diferentes aspectos da biblioteca e outro específico sobre a
“Hora de ler” a 134 participantes na actividade.
Na recollida de datos atendeuse aos criterios de avaliación sinalados no proxecto:
grao de utilización da biblioteca, melloras no hábito lector dos alumnos, grao de
aprendizaxe de habilidades para a busca de información, nivel de formación de
usuarios, número, tipoloxía e calidade das actividades postas en marcha, grao de
implicación dos profesores.
Os resultados obtidos son os seguintes:
O 82,4% do alumnado enquisado di utilizar habitualmente a biblioteca,
fundamentalmente nos recreos (58%). O 47,8% manifesta o interese de visitar
con máis frecuencia a biblioteca acompañados polo profesorado.
Acoden á biblioteca fundamentalmente para facer traballos colaborativos e
estudar (67,5%), para ler (32,5%), para participar nas actividades organizadas
pola biblioteca (36,8%) e levar libros e DVD en préstamo (21,1%). Nas enquisas
podían sinalar varias opcións, por iso a suma de porcentaxes excede o 100%.
18
O 73,9% saben como están ordenados os documentos, e o 68,9% sabe
consultar no OPAC da biblioteca.
As actividades organizadas pola biblioteca que máis lles interesaron foron: Hora
de ler (62,8%), Día do Libro: “Exposición de blackoute poetry” (31,9%),
Exposición Poemas-obxecto (31,9%), Feira de Proxectos da Semana da Ciencia
(29,2%), Formación de usuarios (25,7%), Concurso de enxeño da Semana da
Ciencia (23.7%), Día do Libro: “exposición de blackoute poetry” e Club de
Lectura (23%). Esta última porcentaxe é moi alta se temos en conta que non
todos os enquisados pertencen ao club.
19
O 61% dos enquisados levan libros en préstamo, dos cales o 69,4% son lecturas
non obrigatorias. O 13% dos préstamos son DVD.
As orde das súas preferencias de lectura coincide coa do curso anterior, aínda
que as porcentaxes varían: novelas (47,8%) cómics (38,3%), contos (33%), libros
de coñecemento (19,1%), revistas (13%), teatro (12,2%) e poesía (9,6%). Na
Hora de Ler as preferencias se repiten, pero aparece en terceiro lugar lecturas
obrigatorias. Isto fainos cuestionar que algúns profesores permitían estas
lecturas, a pesar de que un dos obxectivos da Hora de Ler é que lean por pracer
e o que lles guste.
20
O 81,8% dos alumnos que participaron na Hora de ler (1º ciclo de ESO) mostra
interese pola actividade e demandan máis tempo para ler nunha porcentaxe do
68,9%.
21
As enquisas revelan tamén que cando non se respectou a Hora de Ler non foi
por falta de interese dos alumnos, senón porque os profesores tomaron ese
tempo para avanzar nas súas materias ou porque se esqueceron. Quizais estas
circunstancias expliquen que descendera, respecto a cursos anteriores, a
porcentaxe de libros lidos. O 50% din ler entre 1 e 2 libros, o 19,5% entre 3 e 5 e
o 16,5% máis de 5. Merece un análise o feito de que o 16,5% non chegara a
completar ningún.
Dos resultados das avaliacións podemos concluír que o grao de utilización da
biblioteca polos alumnos é bo e que as actuacións orientadas ao fomento do
hábito e o gusto pola lectura ten resultados positivos, aínda que se pode avanzar
moito máis neste obxectivo.
Os profesores, en xeral, fan un maior uso dos recursos da biblioteca para o
desenvolvemento da súa labor docente. Como sinalamos no apartado de Grao de
cumprimento dos obxectivos previstos, os profesores implicados en el
desenvolvemento de proxectos colaborativos e interdisciplinares utilizaron o
espazo da biblioteca e os seus recursos para o desenvolvemento de ditos
proxectos, o que da un dinamismo moi positivo á biblioteca.
Recollemos tamén suxestións dos alumnos para mellorar o funcionamento da
biblioteca: máis cómics, máis libros do seu interese, máis ordenadores, máis visitas
de autores… E por suposto as referidas á Hora de ler, que propoñen que os
profesores respecten esta actividade e que, incluso, se aumente o tempo dedicado
a ela. É unha mágoa non aproveitar este interese que mostran os alumnos pola
22
lectura e non atender as súas demandas. Aquí se impón unha reflexión por parte
dos profesorado.
4. PREVISIÓNS DE FUTURO
No presente curso quedan al menos dúas actividades previstas por desenvolver no
mes de xuño:
A guía de Verán (xa en elaboración).
A saída ás librerías cos alumnos do Club de Lectura, programada para o 17 de
xuño. Dende hai tres cursos realizamos esta actividade que gusta moito aos
rapaces e que consta de dúas partes: Primeiro “imos de compras” por
diferentes librerías de Pontevedra (neste curso coa dotación STEM) e son os
alumnos quen escollen libros para a biblioteca. Posteriormente, cada un
presenta aos seus compañeiros o libro escollido, fai unha breve recensión e
sinala os motivos da súa elección.
Para o curso próximo as previsións serían a seguintes:
Continuar a desenvolver as actividades nas que hai un maior grado de
implicación, interese e participación da comunidade educativa, así como
aquelas outras que mellores resultados deron no fomento da lectura e no
acceso selectivo e o uso crítico á información.
Organizar as actividades en tres bloques coincidentes cos tres trimestres. O
primeiro centraríase na ciencia e tecnoloxía (Semana da Ciencia), o segundo nas
23
ciencias sociais e o terceiro nas humanidades (Día do libro, Día das Letras
Galegas...)
Seguir traballando na consolidación da biblioteca como centro de actividades
de metodoloxías innovadoras, imprescindibles para o desenvolvemento de
proxectos colaborativos xa implantados no centro (Programa Piteas, Club de
Ciencia, Club de Oratoria, Programa TEI, programas de TV, etc.)
Solicitar a participación no programa de innovación educativa “Club de Letras”,
convocada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación
profesional para o curso 2019/2020.
Crear audiovisuais de diferentes temáticas (ficción, historia, ciencia, feminismo
e igualdade…).
Ampliar as subscricións a revistas de temática diversas (deportes, cultura,
tecnoloxía, viaxes...)
Continuar coa mellora da sinalización da biblioteca para facilitar a localización
dos documentos.
Realizar formación entre o alumnado de axudantes voluntarios de biblioteca.
Realizar máis actividades orientadas a formar aos alumnos no uso crítico da
información a través de Internet.
Continuar coas tarefas de expurgo.
Levar a cabo controis de préstamos máis frecuentes para reducir a morosidade.
Procurar a estabilidade do Equipo de Biblioteca para dar continuidade á liña de
traballo seguida e aos proxectos emprendidos.
Dispoñer en horario lectivo dunha hora semanal para a reunión do Equipo de
biblioteca.
Cubrir a meirande parte do horario de biblioteca cos profesores que integran o
Equipo de Biblioteca.
24
Levar as propostas da biblioteca á Comisión Pedagóxica, coa finalidade de que
nela se impliquen todos os departamentos e se traballe dun xeito máis
coordinado.
5. FORMACIÓN
5.1. Formación recibida:
A coordinadora, Josefa Vicario Quintana, asistiu aos seguintes cursos de formación:
Encontros dos centros do Plan de Mellora de bibliotecas escolares 2018-
2019.
Afondando no modelo de enriquecemento SEM a través do proxecto PITEAS.
(aínda en curso)
O membro do equipo, Delfín Benito Ogando asistirá o 7 de xuño á XII Xornada dos
Clubs de lectura.
5.2. Formación impartida:
Josefa Vicario Quintana impartiu dos relatorios:
Iniciación ao programa Meiga (6 horas) no IES A Xunqueira I de Pontevedra.
Xestión da biblioteca co Meiga (2 horas) ni IES de Poio.
Jorge Fernández Seoane e Delfín Benito Ogando Férnandez impartiron o relatorio A
transformación da biblioteca. Actividades (2 horas) no IES de Poio, que consistiu en
desenvolver un taller práctico sobre as distintas actividades que se poden
desenvolver na biblioteca.
Top Related