INFORMACIÓN DE UTILIDADE ANTES DE CUMPRIMENTAR A INSCRICIÓN
MÚSICOS pOla BIOpSIa lÍQUIDa é un proxecto promovido por dúas entidades empresariais compostelás sen ánimo de lucro, a Fundación Santiago Centro, Área Comercial (santiagocentro.gal) e o Club Financiero de Santiago de Compostela (www.clubfinancierodesantiago.com).
Con esta iniciativa preténdese:
a) Colaborar e recadar fondos para as investigacións sobre a BIOpSIa lÍQUIDa que desenvolve no Hospital Clínico de Santiago o Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional, Oncomet (http://colabora.oncomet.es)
b) Dar visibilidade ao inxente traballo que se realiza diariamente nos conservatorios e escolas de Música de Santiago; e implicar á poboación nunha xornada cultural e solidaria
MÚSICOS pOla BIOpSIa lÍQUIDa sacará á tocar nas rúas do Ensanche o sábado día 1º de abril a ducias de intérpretes de todas as idades, en beneficio da investigación BIOPSIA LÍQUIDA, o grande avance na investigación contra o cancro.
A actividade organizarase mediante un programa de micro concertos en rúas e prazas do Ensanche, en espazos definidos pola organización.
Levaranse a cabo durante o sábado día 1º de abril, en horarios de 12:00 a 14:30 e de 17:30 a 20:30 h. En cada emprazamento, grazas ás actuacións, recadaranse fondos para a BIOPSIA LÍQUIDA.
Todos os implicados na organización somos colaboradores voluntarios.
SE TE ANIMAS A PARTICIPAR, LE ATENTAMENTE ESTAS INDICACIÓNS:
■ Todos podemos participar: solistas, dúos, tríos, conxuntos, bandas, combos, orquestras, coros, nenos, xoves, adultos, profesores, alumnos, iniciación, medio, avanzado...
■ Podes elixir o horario; se queres tocar unha única vez, ou se te prestas a dedicar máis tempo e rotar por diferentes emprazamentos.
■ Ti elixes a/s peza/s e a duración da túa actuación. Pero por favor consúltanos se elixes pezas suxeitas a dereitos de autor.
■ A organización facilita un piano Media Cola Yamaha C3 e máis equipo básico de son para grupos e bandas. Fóra disto, cada intérprete, grupo ou coro debe xestionar as súas necesidades. En todo caso contamos con voluntarios que vos poden axudar nos traslados dos instrumentos e equipos.
■ ATENCIÓN. Unha vez inscritos, e rematado o prazo límite do 17 de marzo, a organización contactará por email para indicarvos HORARIO e EMPRAZAMENTO da/s vosa/s actuación/s.
■Segundo as previsións meteorolóxicas tocaremos nas rúas e prazas; ou a cuberto se o día sae gris.
INSCRICIÓN SOLISTAS
■ Cubre ou marca cun X a casiña que corresponda.■ Solicitamos datos sobre a túa idade e nivel para organizarnos mellor e realizar unha programación variada e atractiva en cada un dos emprazamentos.
INSCRICIÓNAPELIDOS: NOME: Email:
CENTRO/ESCOLA:
NIVEL: Iniciación Medio Avanzado Profesor Profesional
IDADE: Nenos (ata 12 anos) Xoves (12-18) Adultos
SOLISTASColaboro como: Solista Instrumento/s:
Horario dispoñible: 12:00 - 14:30 h 17:30 - 19:00 h 19:00 - 20:30 h
Peza(s)/Duración: minutos
minutos
minutos
minutos
minutos
Vou realizar: Unha única actuación Estou disposto a rotar por distintos emprazamentos
COMENTARIOS, OBSERVACIÓNS OU NECESIDADES ESPECIAIS.
INSCRICIÓN GRUPOS
■ Cubre ou marca cun X a casiña que corresponda.■ Solicitamos datos sobre a túa idade e nivel para organizarnos mellor e realizar unha programación variada e atractiva en cada un dos emprazamentos.
INSCRICIÓN/PERSOA DE CONTACTOAPELIDOS: NOME: Email:
CENTRO/ESCOLA:
NIVEL: Iniciación Medio Avanzado Profesor Profesional
IDADE: Nenos (ata 12 anos) Xoves (12-18) Adultos
Grupo: Nº integrantes:
Breve descrición (estilo):
Horario dispoñible: 12:00 - 14:30 h 17:30 - 19:00 h 19:00 - 20:30 h
Peza(s)/Duración: minutos
minutos
minutos
minutos
minutos
Realizaremos: Unha única actuación Estamos dispostos a rotar
COMENTARIOS, OBSERVACIÓNS OU NECESIDADES ESPECIAIS.
Top Related