Un señor mercoulle un coello a seus fillos. Pola súa banda, os fillos do veciño pedíronlle unha mascota a seu pai. O home mercoulles un cachorro de pastor
alemán. O veciño exclamou:
Pero o can comerá o meu coello!
De ningunha maneira, o meu pastor é um cachorro. Medrarán xuntos, e serán
amigos. Eu entendo moito de animais. Non haberá
problemas.E parece que o dono do can tiña razón. O cachorro e o coello creceron xuntos e
fixéronse amigos. Era normal ver o coello no patio do can e
ao revés.
- Un venres, o dono do coello foi pasar un fin de semana na praia
coa súa familia.O domingo á tardiña o dono do
can e a súa familia tomaban unha merenda, cando entrou o can á cociña. Traía o coello entre os
dentes, sucio de sangue e terra, e ademais morto. Case matan o can
da malleira que lle deron.
Dicía o home:
- O veciño tiña razón, e agora que faremos?
A primeira reacción foi botar o animal da casa como castigo, por
enriba dos golpes que xa lle deran. Nunhas horas os veciños ían chegar. Todos se miraban,
mentres o can fóra lambía as súas feridas.
Un deles tivo a seguinte idea:
- Bañemos o coello, deixámolo ben limpo, despois secámolo co secador e
poñémolo na súa casiña no patio. Así o fixeron; ata lle puxeron perfume ao
animaliño. Quedou lindo! Parecía vivo, dicían os nenos, e alá o puxeron, con as
patiñas cruzadas como se estivese durmindo. Logo ao chegar os veciños
oíronse os gritos dos nenos.
Non pasaron cinco minutos cando o dono do coello veu tocar na porta, algo estrañado.- Que pasou?, díxolle o seu veciño.- O coello morreu.- Morreu? - Si, morreu o venres.- Morreu o venres?- Si, foi antes de que viaxaramos. Os nenos enterrárono ao fondo do patio...
Autor Descoñecido
O gran personaxe desta historia é o can. Imaxínate o pobre animal, desde o venres buscando en van o seu amigo da infancia. Despois de moito olfatear, descubriu o corpo enterrado. Que fai
el? Probablemente co corazón partido, desenterra o amigo e vai
amosárllelo aos seus donos, imaxinando poder resucitalo.
O home ten a tendencia de xulgar anticipadamente os acontecementos sen verificar o que ocorreu realmente. Cantas veces sacamos conclusións
equivocadas das situacións e nos cremos donos da verdade? Pensemos ben antes de xulgar as
accións dos demais e de emitir xuízos sobre as situacións, pero non dubidemos en someter a un
severo xuízo os nosos propios pensamentos e actitudes.
“A xente pode dubidar do que ti dis, pero sempre crerá no que ti faz”.
Extraído de “O libriño de instrucións de Deus”.
COMO SEMPRE TEMOS QUE APRENDER DAS SITUACIÓNS QUE
DEMOSTRAN QUE O HOME É IMPULSIVO SEN DETENERSE A
PENSAR NO PORQUÉ DAS COUSAS.
DEUS DERRAME MOITAS BENDICIÓNS SOBRE TI E OS
TEUS SERES QUERIDOS.
AMÉN….. AMÉN… AMÉN…
Top Related