Editorial…………………………………………………………………………………….…….. 1 O significado dos nosos nomes e apelidos……………………………………. 2 Día das Letras Galegas 2011 adicado a Lois Pereiro………………………. 8 Al otro lado del Atlántico……………………………………………………………….. 9 .atemáticas e papiroflexia……………………………………………………………….12 Clube de poesía: Loita, Guerra……………………………………………………… 17 Mitoloxía grega- crucigrama (Cultura Clásica sección bilingüe)….. 19 Celtic languages (Cultura clásica sección bilingüe) ………………………..22 O meu instituto……………………………………………………………………………… 23 A miña chegada ao instituto…………………………………………………………. 24 Tribos urbanas……………………………………………………………………………….. 25 As excavacións do Facho (Donón)……………………………………………..….. 26 800 aniversario da catedral de Santiago de Compostela……….…….. 28 Día da Muller Traballadora……………………………………………………………. 29 Uf, menudo ano este en Cangas ……………………………………………….…. 32 Odisea 2011…………………………………………………………………………………… 34 A nosa Biblioteca…………………………………………………………………………… 35 Clube de Poesía María Soliño(escolma)…………………………………….….. 37 Poemas do noso clube……………………………………………………………..…… 38 Comentario musical………………………………………………………………………. 40 Haikus……………………………………………………………………………………………. 42 O galego en Cangas soa a mar de ben…………………………………………. 44 Por que se di que o amor é cego? Unha historia de loucura………. ..46 Informática bilingüe………………………………………………………………….……..47 Torta de calacú………………………………………………………………………………. 48 Torta de queixo al forno………………………………………………………….…….. 49 Cocteis sen alcohol: cincenta……………………………………………………………50 San Francisco…………………………………………………………………………….…… 51 Ying Yang: papiroflexia para amateurs.………………………………….……… 52 Acordes………………………………………………………………………………………….. 53 Pasatempos……………………………………………………………………………………. 54
EDITORIAL
Velaquí estamos. Arando Cedo loita por resistir e agroma un ano máis grazas
a vós. A Redacción compilou unha escolma dos vosos traballos e actividades ao longo do curso como ven sendo habitual.
Tod@ s xunt@s intentamos darle un pequeno pulo á nosa lingua, que está a
pasar momentos decisivos, unha fase na que o seu futuro está nas vosas mans. Permitídeme recordar que as linguas, se non se falan, desaparecen e
ninguén de nós quere que o galego sexa unha curiosidade histórica semiesquecida.
Para conservar a nosa identidade imos ter que facer un esforzo. Podemos falar
cos amigos, facer a compra, twittear, ligar, cotillear ou o que queiramos en galego…ou en “morracense” (galego falado nesta peculiar península, que soa
de marabilla, sobre todo cando o fala a xente nova) sen deixar de ser “cool”,
modern@s, vaia.
Precisamente neste número recollemos un artigo que mistura o influxo da linguaxe do mar no galego da zona coa gráfica “moderna” da estética dos
manga. Tamén incluimos nesta edición un artigo en castelán redactado por Valentina, a nosa axudante de conversa estadounidense que, por certo, xa
tiñamos bastante “galeguizada” ao longo deste curso e tamén figuran algúns traballos en inglés para comprobar se (tanto alumnado como profesorado) lle
tendes sacado proveito ás sesións de clase da lingua de Shakespeare. Igualmente, aportamos o noso granciño de area a favor de Xapón (Nihongo)
polo mal que o teñen pasado este ano en particular cos desastres naturais, achegándonos á súa cultura.
Pero a nosa intención é que, ademais de ler, ides ter que discurrir, escoitar (na
edición dixital, claro), encartar papel, colorear, adiviñar, recortar, cantar ou
rapear en galego. Daquela, esta Redacción pretende que participedes activamente desfiando cada páxina, cada actividade, aínda que sexa en verán
(sempre podedes levar a revista á praia) Bueno, malo será que non rematedes antes.
Resumindo, con tarefas cotiás e sinxelas como as que propoñemos e outras moitas podemos asumir a responsabilidade de tod@s de manter a nosa
cultura, tradicións, patrimonio lingüístico,… todo o que representa a nosa identidade galega, algo que non pode pasar de moda porque non é ningunha
moda.
O SIGNIFICADO DOS NOSOS NOMES E APELIDOS
Decidimos facer un traballo en grupo, buscar de onde procedían os nosos nomes e apelidos . Algúns e algunhas de nós quedamos abraiados/as da
procedencia, unhas veces porque era demasiado bonita, outras veces podemos dicir que “aceptamos barco como animal acuático”. Foi un tempo ben
aproveitado e este é o resultado, ben este é un resumo.
A disciplina lingüística que se ocupa do estudio dos nomes propios denomínase Onomástica, e divídese en Toponimia e Antroponimia, que
estudian os nomes de lugar e os nomes de persoa respectivamente.
1. A ORIXE DOS NOMES
En latín a denominación persoal estaba formada por tres palabras: praenomen (o nome individual), nomen (que aludía á estirpe ou gens do
individuo) e cognomen (baseado na familia ou rama da gens): Caius Iulius Caesar, Decimus Iunius Brutus, etc..
Ese sistema vaise impoñendo na Gallaecia xuntamente coa implantación da
lingua latina, de xeito que a fins do século III xa substituíra totalmente o sistema antroponímico prerromano. A extensión do cristianismo levou á
introdución de nomes de procedencia bíblica, apostólica, de mártires, ou outros de significación relixiosa (Manuel, Martiño, Xoán, Pedro, Isabel, etc.). Cando
desaparece o Imperio Romano e se establece a monarquía sueva (séc. V) comeza a substituírse ese sistema polo xermánico, caracterizado por un nome
individual, composto habitualmente por dous elementos (por exemplo Rodrigo < hroth “gloria, sona, fama” + ric “señor, dominador, poderoso”; Rosendo <
hroth “gloria” + sinths “dirección”).
Como regra xeral os nomes propios de persoa proceden de substantivos comúns ou de adxectivos: Pedro do lat. Petrus („pedra‟); Alba do lat. alba
(„branca‟), etc. En canto á lingua de procedencia, distinguimos catro orixes principais: latina, hebrea, xermánica e grega.
2. O SIGNIFICADO DOS NOSOS NOMES
Adrián: procedente do latín,co significado de “nacido na Hadria”,Venecia.
Carmen: orixe hebrea, é o topónimo dun monte situado entre a fronteira de -Galilea e Samaria
Cristina: é unha derivación do nome de Cristo
Guadalupe: vén do árabe ,co significado de “río de croios negros”. Laura: vén do latín , co significado de “flor, triunfo, coroa de loureiro”.
María: procedente do hebreo, co significado de “señora”.
Miriam: vén do hebreo, co significado de “ señora”.
Noel: a través do francés, Noel procede do latín Natale “día de nadal” ou “día do nacemento”.
Noemí: procedente do hebreo, co significado de “a miña ledicia “.
Xesús: procedente do hebreo, co significado de “salvación”.
3. A ORIXE DOS APELIDOS
Acostuma facerse a clasificación dos apelidos en tres grandes grupos: os
patronímicos (procedentes do nome do pai), os toponímicos (procedentes de nomes de lugar) e os procedentes do léxico común (nomes de oficios ou
características físicas da persoa). Os patronímicos xorden da onomástica
xermánica porque, se facía necesario distinguir persoas que levaban o mesmo nome. Xa desde o século IX se recorreu aos patronímicos (derivados do nome
do pai) formados mediante o sufixo -ez/-es/-is, co valor de “fillo de”. Este costume dábase maioritariamente entre a nobreza e continuou usándose
durante toda a Idade Media: sérvenos como exemplo deste uso o caso de Afonso Reimúndez (1105-1157), fillo de Reimundo de Borgoña e de dona
Urraca, (despois sería rei de Galiza, de León e de Castela) . Pouco máis tarde comezou a usarse tamén o nome de pía acompañado dun sobrenome que
podía proceder do lugar de orixe, do oficio ou dunha característica física da persoa, sistema habitual entre as xentes que non pertencían á nobreza (Xoán
de Cangas, Pero Ferreiro, Diego Gago –que pronuncia mal ou tatexa-). No século XIX establécese o sistema que estivo vixente ata o ano 2000 e que
impón dous apelidos para cada persoa: o primeiro do pai seguido do primeiro da nai. Na lexislación actual os pais poden escoller a orde dos apelidos para as
súas fillas e fillos.
Os rexistros oficiais e os particulares que levaba a cabo a Igrexa castelanizaron en moitas ocasións os nomes e os apelidos galegos, da mesma
maneira que se fixo cos topónimos (así os Outeiro convertéronse ás veces en Otero; os Soutelo en Sotelo, os Teixeiro en Teijeiro, etc.). O franquismo (1936-
1975) prohibiu explicitamente o uso de antropónimos non casteláns, o que explica que ata datas moi recentes o número de persoas con nomes galegos
era moi escaso.
4. O SIGNIFICADO DOS NOSOS APELIDOS
Adán: pertence ao tipo de apelidos impostos pola igrexa católica.
Álvarez: pertence aos apelidos do nome do pai.
Bacelar: pertence aos apelidos procedentes de topónimos. Procede de
bacillare, abundancial co sufixo -ar de bacelo, refírese a un terreo plantado de vides.
Bermúdez: patronímico, fillo/a de Bermudo, Vermudo.
Cordeiro: pertence aos apelidos que proceden da profesión desempeñada polo
pai, relacionado con corda.
Costas: pertence aos apelidos procedentes de topónimos, referido a un lugar cerca do mar.
Crego: procedente do latín tardío clericus, do grego klercos “herdade, lote”.
Entenza: procede posiblemente do topónimo Entenza e A Tenza procedentes
do latín tenentia co significado de posesión, propiedade, en alusión a un territorio posuído e administrado do que se cobraba en rendas.
Fernández: patronímico, fillo/a de Fernán.
Ferradás: toponímico. Pode ter relación con ferrada (recipiente) ou con ferrado (medida de superficie ou capacidade).
Fontán: pertence aos procedentes da toponimia, do latín fonte.
Hermelo: seguramente sería Ermelo e Ermo, procedente do latín eremus, co
significado “deserto”
Juncal: apelido castelanizado na pronuncia actual (debe corresponderse coa palatal fricativa que se grafía x), pertence aos apelidos procedentes de
topónimos, é, a súa vez, un abundancial de xunco.
Malvido: apelido moi frecuente no Morrazo, seguramente do latín malvas co sufixo -itu, co significado “lugar de malvas”.
Martínez: pertence os apelidos procedentes do nome do pai, fillo de Martín.
Moreira: seguramente de orixe indoeuropea, relacionado coa raíz mor-, co significado de monte, roca.
Nerga: pertence aos apelidos procedentes de topónimos, seguramente de
orixe prerromana.
Nogueira: pertence aos apelidos derivados dun fitotopónimo, seguramente desde un nome de lugar.
Ortega: seguramente procede, a través do latín da voz grega ortyx, co
significado de “galinácea semellante á avetarda, de tamaño algo maior que unha perdiz”.
Otero: apelido castelanizado, sería Outeiro, procede do latín altarium, co significado de “elevación do terreo illada e de pequenas dimensións”.
Padín : procede do nome propio latino Palatinus, moi común na Idade Media,
co significado de “guerreiro cristián loitador contra os mouros”. Tamén é un topónimo.
Piñeiro: toponímico, relativo á árbore do mesmo nome.
Portela: toponímico, de orixe latina, porta, co significado de “paso entre
montañas”.
Refojos: apelido castelanizado procedente de foxo ,topónimo de orixe medieval que ten a sua orixe na expresión medieval foguium lupale
(excavación para cazar lobos),moi frecuente na toponimia rural.Neste caso engádese o prefixo re que indica reiteración.
Rial: topónimo de orixe latina, de regale, co significado de real. Hai outras
interpretacións que apuntan a Rigale, co significado “ o que rega”.
Rodal: posiblemente apelido derivado de roda, o mesmo que Rodeira, co
significado de “pegada que deixan no camiño as rodas”.
Rodríguez: patronímico, filla/o de Rodrigo.
Schmidt: apelido de orixe xermánica, co significado de “ferreiro”.
Soliño: apelido de orixe latina, pode ter a mesma orixe que o substantivo do léxico común “soliño”, que significa temón que une a grade co xugo, ou tamén,
corda ou pau que serve para enganchar unha xugada de reforzo ou para tirar do anciño.
Vidal: procede do latín vitalis, relacionado con vita que significa “vida”.
Villar: Vilar é a forma correcta na actualidade, toponímico, do latín villar, co significado de “aldea pequena”.
6. MAPAS DE DISTRIBUCIÓN DOS APELIDOS
Para facer este traballo buscamos información en libros ( Lingua Galega e
Literatura. 1º Bacharelato, Toponimia de Galicia, Consultorio dos nomes e apelidos galegos, etc.), tamén foron moi interesantes páxinas web, destas
destacariamos http://sevgis.cesga.es/website/apelidos/ onde está a información dos mapas da distribución e frecuencia dos apelidos dos que
reproducimos só algúns.
Noemí, Cristina, Adrián, Lupe, Laura, Noel, Adrián, Miriam, Carmen, Chus.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011 ADICADO A LOIS PEREIRO
Nace en Monforte no ano 1958 e morre na Coruña no 1996. A súa poesía, caracterizada pola intensidade vital e as formas
contemporáneas, representa moi ben a contracultura e a eclosión creativa dos 80.
Os seus poemas son descarnados, intensos, directos, expresionistas. “Quen toca este libro, toca un home”: esta frase, doutro poeta, poderíaselle
aplicar perfectamente a Lois Pereiro. Tocado pola desgraza persoal en forma da enfermidade fatal que lle pon
data de caducidade, encontra unha vía de escape na poesía: “Penso que a poesía é unha forma de fuxir da barbarie”, confesaba nunha entrevista.
Poeta, tradutor, redactor de guións para a televisión ou letrista para Radio Océano, colabora en varias revistas culturais como Luzes de Galicia, e
participa en libros colectivos de poesía cos poetas máis coñecidos da cidade da
Coruña nos anos 80. En vida é autor de 2 libros:
Poemas 1981/1991 (1992.) Poesía última de amor e enfermidade (1995)
Poemas para unha loia (1977). Recopilación de poemas soltos, publicado postumamente.
A Real Academia Galega decidiu adicarlle o Día das Letras Galegas do
2011; isto permitiu redescubrir a figura e a obra do escritor máis actual dos escollidos ata o momento para conmemorar esta efeméride.
Para rematar, gustaríame facelo cunha cita que o propio Lois Pereiro
inclúe a modo de prólogo do seu último libro publicado en vida:
(Pouco antes de morrer, Raymond Carver
escribiu o inicio dun poema: “¿E conseguiches o que
querías desta vida? Conseguino, si.
¿E que querías? Considerarme amado, sentirme
amado na terra”.
Eu tamén podería dicir o mesmo...) M. A.
Mapa de los seis estados de New England
La región en rojo es New England
El estado que ha sido mi hogar durante gran parte de mi vida está en la región conocida como New
England. Para los que no hayan oído mis locuras en clase, se llama así porque era una de las primeras
colonias británicas en el Nuevo Mundo. Los estados que forman parte de esta zona son: Connecticut,
Rhode Island, Massachussetts, Vermont, New Hampshire y el mío, Maine. A diferencia de las
zonas urbanas como Boston o New York, en Maine los árboles son más altos que la mayoría de los edificios y en algunos condados hay más ciervos que
gente. Muchas ciudades en Maine, como Portland, la mía, están al lado del mar y tienen un paisaje muy parecido al de Galicia. Al estar tan cerca del mar,
se come bastante marisco y pescado. Las langostas de Maine tienen fama en el resto del país y si aparece una langosta dibujada por alguna parte, lo más
probable es que tenga que ver con Maine. Es nuestra mascota. Vengo de un
estado muy tranquilo y agradable que se parece bastante a Galicia, aunque hay ciertas diferencias que llaman la atención.
Idioma
Parece demasiado obvio poner el idioma como la primera diferencia, pero hay algunas curiosidades
sobre el papel del idioma en Maine. En mi estado lo más común es que alguien hable solo un idioma.
Eso puede sorprender bastante porque aquí ser bilingüe es lo típico, pero allí es una idea exótica y
poco esperada. Eso no quiere decir que no haya mucha gente que hable otro idioma. Después del
inglés, la mayoría de los inmigrantes hablan francés porque son de la parte francófona de
Canadá. Por desgracia se habla poco español en
Maine porque hay muy pocos inmigrantes hispanos.
Horario
Allí se 'come' en el instituto pero, claro, eso puede engañar. La comida más grande del día es la cena que se tiene alrededor de las 6 de la tarde. Entonces
en el horario escolar teníamos unos cuarenta y cinco minutos para comer algo más o menos el tamaño de una cena pequeña aquí. No
existe la hora de la siesta y (casi) todo está abierto de las 9:00h a las 17:00h. Restaurantes, obviamente,
están abiertos más tarde, pero en muchos casos, por lo menos en ciudades pequeñas como la mía, a partir de
Al otro lado del Atlántico… por Valentina Postolache
¡Sacar fotos antes de ir a Prom!
Disfrutando de la nieve
las 22:00h todo está cerrado. Parece una diferencia bastante drástica, pero
cuando lo vives, no la notas. Además, al estar más al norte, no tenemos tantas
horas de día como hay aquí. En el invierno ya es de noche a las 16:30 o 17:00h.
Con respecto al horario, lo único a lo que todavía no me he acostumbrado al
100% es la cerradura general el domingo. Entiendo las muchísimas razones culturales, tradicionales, etc. para tenerlo como un día de descanso, ¡pero para
mi sigue siendo muy raro! Es cierto que allí algunos locales y tiendas están cerrados los domingos pero hay muchos que no y dos de los más importantes:
los supermercados y las farmacias. Siempre olvido comprar algo necesario durante la semana, no me doy cuenta hasta el sábado por la noche y tengo
que esperar hasta el lunes. Bah! Lo entiendo, pero para alguien no tenga familia ni muchos amigos aquí, los domingos suelen ser bastante aburridos.
Especialmente sin comida.
High School estereotípico Sí, hay los jugadores de fútbol americano que suelen salir con las animadoras.
A mi no me gustan mucho los estereotipos entonces no voy a decir que casi todas las animadoras son tan
tontas como parecen en las películas (pero voy a seguir pensándolo). Al final del instituto siempre hay
un baile de despedida que se llama Prom y es una ocasión muy celebrada. Las chicas van a la peluquería,
se compran el vestido semanas (o meses) antes y, lo más importante: se hacen la manicura y pedicura. Los
chicos llevan traje y compran un corsage (pulsera de flores) para la chica que van a acompañar al baile. Se
cena allí y después se baila hasta las tantas. Bueno, “hasta las tantas” en el horario norte americano es
hasta la 1 o quizás 2:30 si es una fiesta privada. Pero
volviendo al tema, Prom es una tradición importante como ir de toga y birrete para la graduación del
instituto; una despedida a tus últimos años de adolescencia.
Invierno ¡Nieve! Algo que echo de menos cuando no la tengo, pero después de una
semana ya estoy harta. Maine, como el resto de New England, tiene la suerte o la maldición de tener bastante nieve cada año. Empezando tan temprano,
desde finales de octubre hasta marzo o abril, vivimos en un verdadero Winter
Wonderland. Debido a la enorme cantidad de nieve que tenemos en el invierno, ciertas
actividades son muy populares en Maine: snowboarding, esquí, snowmobiling, patinaje
sobre hielo al aire libre e ir en trineo para
los que no son tan aventureros. A veces nieva tanto que no se puede ir a la escuela y
esto se anuncia por televisión. Tengo muchos recuerdos agradables de
despertarme a las 7, encender la tele y esperar las noticias. Lewiston public
schools cancelled. Van en orden alfabético y si cerraras los ojos por un instante, podrías perderlo y tener que esperar hasta que lo emitan de nuevo.
Old Town public shcools cancelled. El ansia crece. Ya estaría pensando en lo horrible que será andar con más de medio metro de nieve y como tendría que
ponerme otro par de pantalones para no morirme de frío. Si no dicen el nombre de mi ciudad ahora... Portland public schools cancelled. Pura alegría.
No hay clase y mi cama me espera. Siempre teníamos que recuperar los días en junio, pero merecía la pena. Es parecido a cuando te despiertas todo
nervioso pensando que vas a llegar tarde al instituto y después te das cuenta que no hay prisa ninguna porque es sábado. The little things in life.
La verdad es que después de darte tiempo para acostumbrarte, te das cuenta que en el fondo, no tenemos tantas diferencias. Da igual el sitio donde estés;
si es el pueblo donde has nacido y has pasado toda tu vida o un sitio que no
sabías que existía, lo más importante es tomarlo con calma y afrontarlo con una mente abierta. Ya verás que pronto no vas a querer irte.
Las fotos en orden:
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/64/800px-Map_of_USA_highlighting_OCA_New_England_Diocese.png
http://wikitravel.org/upload/shared/c/c3/Map-USA-New_England01.png http://farm4.static.flickr.com/3232/2674246309_e820106380.jpg
http://i.pbase.com/u32/pstewart/upload/21009521.prom1.jpg http://farm5.static.flickr.com/4071/4244631642_ab47bedca9.jpg
Valentina no Clube de Conversa en inglés con profesores/as aplicad@s.
Matemáticas e papiroflexia
Qué é a papiroflexia
A papiroflexia é a arte de facer figuras recoñecibles empregando papel plegado. Segundo a corrente máis ortodoxa soamente está permitido dobrar,
nada de pegar nin cortar. Aínda que as normas nos parezan restritivas, as posibilidades que nos ofrece a papiroflexia son case infinitas.
Os deseños máis populares son, sen dúbida, a paxariña de papel, o gorro e o barquiño, así como algún que outro avión. Estes deseños son moi simples,
pero nas últimas décadas, papiroflectas de todo o mundo desenvolveron técnicas complexas para facer modelos con todo luxo de detalles.
Un pouco de historia
A papiroflexia xurde en Xapón. A palabra
xaponesa para papiroflexia é origami. A súa escritura
está composta por ori que significa dobrar e kami
que significa papel. A historia da papiroflexia
comeza xunto coa do papel, en China, alá polo
século I ou II, e chega a Xapón no século VI. Nun
principio, era un divertimento das clases
altas, pois eran as únicas
que podían conseguir papel, que era un artigo de luxo.
Os guerreiros Samurai intercambiaban
regalos adornados con noshi, anacos de papel dobrados en abanicos de varias
formas, suxeitos con cintas de carne seca. Hoxe en día mantense a expresión origami
tsuki, que quere dicir “certificado”, ou “garantido”, e que deriva do pregado especial co que se preparaban os diplomas que recibían os mestres das
cerimonias de té.
Dito pregado garantía que non se puidera volver a dobrar na súa forma orixinal sen facer novas cicatrices ó papel.
No período Muromachi (1338-1573), o papel era un produto máis accesible, e xurdiron certos adornos de papiroflexia con significados distintos que
revelaban, por exemplo, a clase social de cada persoa, de maneira que, segundo o distintivo de papiroflexia que levase un individuo, podíase saber se
era un granxeiro, un guerreiro samurai ou un seguidor de tal ou tal mestre
filósofo.
A “democratización” da papiroflexia deuse no período Tokugawa (1603-1867).
Dous libros recollen as primeiras instrucións de dobrado: Sembazuru Orikata (Cómo Dobrar Mil Grullas) en 1797, e Kan No Mado (Xanela aberta á estación
de inverno), de 1845.
Non soamente se dobrou en Xapón. Os musulmáns tamén practicaron a papiroflexia, e se non fora polos Reis
Católicos e o Cardeal Cisneros, seguramente a tradición de dobrar papel tería moita máis repercusión nos nosos
días. A paxariña de papel (ou paxara pinta, chamada así porque cando é dobrada con papel de colores distintos por
ambas caras aparece a cabeza dunha cor distinta ó corpo) forma parte da cultura popular española dende, polo
menos, o século XVII).
O gran impulsor da papiroflexia foi o universal bilbaíno Miguel de Unamuno.
Tras visitar a Exposición Universal de París de 1889, xunto á inauguración da Torre Eiffel, Unamuno descobre unha exposición de origami de Xapón.
Cando volve, segue a dobrar paxariñas como tiña paor costume, segundo el
cocotoloxía, creando a unha escola propia de plegadores.
O patriarca da papiroflexia moderna é o xaponés Akira Yoshizawa, unha lenda viva dos mestres orientais de Origami. É a Yoshizawa a quen debemos a
simboloxía actual das instrucións de pregado de modelos (Sistema Yoshizawa-Randlett,
1956). Isto foi sen dúbida a aportación máis importante á papiroflexia dende a invención
do papel.
Pajaritas de rima,
cantares de papel; escarceos de esgrima,
que apenas roza piel.
Ya de niño me hacía mis juguetes, Señor;
gozaba cada día jugar al creador.
Pajarita de escuela -y qué duro era el banco!-
su recuerdo me vuela triangulado y blanco.
Aleteo de nido, patrón de sencillez;
no te dará al olvido el Dios de mi niñez.
Poema
nº 1694 - “Cancionero”
Unha rama importante da papiroflexia moderna é a papiroflexia modular, ou
“unit origami”, na que se dobran varias pezas sinxelas para encaixalas (sen
pegalas) co fin de formar un motivo case sempre xeométrico.
Relación da papiroflexia coas matemáticas
A mellor maneira de darse conta da relación das matemáticas e a papiroflexia
é desdobrar un modelo e observar o papel. Aparece ante os nosos ollos un complexo de cicatrices que non son outra cousa que un grafo matemático que
cumpre unhas certas regras. E de feito é posible, dada unha figura que queremos representar, construír un grafo que nos proporcione a mesma, con
case tanta exactitude como queiramos. Isto forma parte dunha teoría (Axiomas de constructibilidade) paralela á clásica de “Construción con regra e
compás”.
Noutros casos, coma a papiroflexia modular para construír poliedros e figuras
xeométricas as matemáticas afloran de xeito moito máis sinxelo.
“As matemáticas non soamente posúen a verdade, tamén a suprema beleza, unha beleza fría e austera, coma a da escultura, sen atractivo para a parte
máis feble da nosa natureza”. Bertrand Russell
Trini Pérez
CLUBE DE POESÍA
LOITA
Sangue,
derramado
polos mentireiros
e os arrogantes.
Sangue,
que corre
en ríos
polas rúas.
Sangue,
negro,
dos que escurecen
a nosa vida.
Sangue,
vello
por tantos anos
de traballo.
Sangue
fervendo
dos que se defenden
con furia.
Sangue,
que brota
dun costado
da nosa nai.
Sangue,
Fresco,
das feridas
da nosa terra.
Sangue,
dos que seguen en pé
loitando
polas súas ideas.
Sangue,
do soldado
que nunca esqueceu
a súa familia.
Sangue,
iso é o que mancha as vosas mans,
asasinos,
soamente,
sangue.
Aitor Outeiral Currás 2º Bach D
Guerra
un día gris
unha noite negra aquí non chega a luz
aquí o meu medo medra.
nesta terra erma so a traizón prolifera,
asasinos e covardes, predadores e presas.
uns ollos que non ven
máis que a sombra negra,
a morte en persoa ante nós se presenta.
un lóstrego escuro
unha pinga de sangue seco unha besta famenta
xorde das entrañas da terra.
o seu nome, cólera, o seu apelido, envexa,
dous sentimentos que só no corazón dos homes, latexan.
campos de mortos
nos que chove cinza negra,
regueiros de sangue derramados con violencia.
o cadáver dun amigo
tirado na trincheira, canta morte sen sentido,
o medo no aire se cheira.
matar ou morrer que idea máis perversa
pero inda que non o queiramos facer soamente somos peóns sobre a mesa.
Aitor Outeiral Currás 2º Bach D
MITOLOXÍA GREGA (CULTURA CLÁSICA/ SECCIÓNS
BILINGÜES)
1. Goddess of cooking, architecture and the home.
2. Goddess of easy giving birth.
3. God of the grape harvest.
4. Queen of the underworld.
5. Founder of Mycenae, killed the gorgon Medusa.
6. Founder of Athens, killed a Minotaur.
7. Goddess of love and sexuality.
8. God of war.
9. Mistress of animals.
10. Legendary reptile, king of serpents, petrifies.
11. Home of the Spartans.
12. Sea monster with four eyes, six necks, twelve legs.
13. Daughters of Zeus.
14. God of technology, blacksmiths etc.
15. Goddess of the harvest.
16. Messenger of the Gods.
17. Eagle who devoured the intestines of the Titan Prometheus before Zeus could punish him.
18. Protector of Athens.
19. Sea nymphs, daughters of Poseidon.
20. Bird women, lured sailors.
21. Pipe- playing poets.
22. God of death.
23. Water serpent with many heads.
24. God of the sun.
25. One of the three gorgon sisters, the most beautiful of the three. She is mortal.
26. Primordial Titan who supported the heavens.
27. Half man, half bull.
28. Primordial Titan father of Zeus, Poseidon, Hades etc.
29. Multiheaded dog, pet of Hades.
30. King of Argos city along with 16 others.
31. Children of Gaia.
32. Lion’s body, snake’s head tail and two heads, one of a lion and the other of a goat.
33. One of the gorgon sisters, the best of the three. She is immortal.
34. Half man, half horse.
35. Giant with one eye on his forehead.
36. Son of Zeus, demigod.
37. Titan who stole the primordial fire from Zeus.
38. Descendants of Gea and Uranus.
39. God of sexual love and beauty.
40. Horrible monster with swords for arms.
41. Goddess of marriage and women, wife of Zeus.
42. King of Corinth city who killed the chimera.
43. Monster who turned people to stone with one look.
44. Three monsters who have hundred of arms, they are descendants of Gea and Uranus.
45. God of the north wind.
46. Hercules’s winged horse.
47. Cyclops who are the son of Poseidon.
48. The first women created by the Gods.
49. Creature with a lion’s body and a human head.
50. Horrible marine monster which lived near Scylla.
51. Creature with body of a lion and the head and wings of an eagle.
52. Land dragon of Delphi.
Intenta solucionar este encrucillado. Se non estás moi post@ en mitoloxía grega, aí
vai unha axudiña. Velaquí tés as respostas. Escolle ben, sen présa. Boa sorte!
Pandora Satire Teseo Minotaur
Griffin Nereids Ares Hercules
Esfinge Erthon Basilisc Titan
Polifemo Demeter Scylla Spectre
Thifon Muses Hefesto Belerofonte
Gorgon Sparta Hermes Hecatoncheires
Hera Artemis Athena Pegasus
Eros Aphrodite Sirens Pandora
Prometeo Perseo Tanathus Caribdis
Centaur Dionysus Helius Pithon
Euriale Hestia Atlas Cerberus
Giants Rea Argos Medusa
Chronos Phersephone Chimera Hydra
Miguel Rodríguez Martínez e Anthony Smith 3º ESO A
O MEU INSTITUTO
Imaxineino distinto, nalgúns casos é mellor, noutros peor. O noso titor do ano
pasado deunos un discurso que me pareceu brillante.
-“Algúns faredes a carreira máis rápido, outros estancaranse nos cursos, o
importante é o final, non deixedes de intentalo xamais”. Acostumada a ser dos
maiores, a ter todos os dereitos e liberdades, tiven que mentalizarme. Souben
dende o principio que todo sería distinto. Que pasaría de todo a nada nun
momento.
Ese curso (6º) foi o mellor, excursións cada dous meses,…e agora xa non teño
nada diso. Tiven a mala sorte de encontrarme na peor clase do instituto. Os
profesores soen dicir a tódalas clases que son a peor, pero no noso caso é
certo. Desmotiva. O malo é que nunha mesma clase non temos os mesmos
dereitos, é inxusto.
Pero no fondo este Centro gústame, é como unha pequena cidade e gústame
formar parte desta comunidade. Síntome ben. Son unha máis e sinto que aquí
hai un lugar para min.
Paloma López Vidal 1º ESO B
A MIÑA CHEGADA AO INSTITUTO
Cando cheguei a este instituto, tiña moito medo ao que me tiña que enfrontar.
UNHA VIDA NOVA.
Deixei moita xente á que quería atrás, e foime moi difícil adaptarme, xa que
eran moitos os cambios. Sabía que este non era o meu sitio.
Todas as persoas que estaban comigo na clase, e que ao principio eran
compañeiros, ao longo do ano foron convertíndose nos meus amigos.
Durante o curso tropezei varias veces no camiño, pero iso non me impediu
seguir adiante e deixar de facer o que creía que quería.
O curso foi moi difícil, pero pouco a pouco ía mellorando, e comezaba a
adaptarme…
Agora, xa case nove meses despois, decateime de que realmente, é éste o
meu sitio, de que quero moito á xente que está aquí e de que o traballo que
estou facendo aquí é un bo comezo para o meu futuro.
Inés García Bastón 1ºESO B
AS EXCAVACIÓNS DO FACHO (DONÓN)
A palabra “facho” significa en galego antorcha, e o término “donón” era unha
palabra celta que significaba recinto de pedra. O Monte do Facho está situado
na parroquia de Hío na chamada Costa da Vela ou Soabela a escasa distancia
do punto máis Occidental da península do Morrazo, o Cabo Home. Seu
magnífico emprazamento xeográfico e estratéxico fixo que desde remotos
tempos estivese habitado por varias civilizacións. Seus escasos 160 metros
sobre o nivel do mar, non son problema para que desde o alto se puidera
divisar o Cabo Silleiro en Baiona, pasando por toda a ría de Vigo, as Illas Cíes
que parecen desde aquí a tiro de pedra, a ría de Pontevedra, toda a Costa da
Vela, Finisterre e sobre todo o
inmenso Océano Atlántico.
Non é raro, polo tanto, o
emprazamento de antigos
poboados e tamén polo seu
encanto natural, de templos
relixiosos. Unha vez chegados
aos pés do promontorio vemos
unha calzada de pedra polo
que se ascende ao alto. Nela
apréciase a rodaxe das
carruaxes sobre as súas pedras.
Arriba veremos as escavacións do poboado castrexo chamado Beróbriga.
Pódense apreciar case 50 castros circulares, dos cales uns cantos adquiren
medidas inusuais entre 5 e 7 m. de diámetro pero sobre todo un senfín de
pedras derramadas por toda a ladeira proveniente das vivendas e murallas que
rodeaban o recinto. Dise que incluso antes do poboado castrexo se situaba un
moito máis antigo quizá do século X ao VII a.C. habitado polos pobos das
comarcas chamados Helleni, cuxa extensión era xigante.
Posteriormente foi habitado polos pobos castrexos do século IV al/a.C.
aproximadamente. O abandono do castro produciuse sobre o século I a.C.
debido a marcha dos seus habitantes a outros emprazamentos máis “cómodos”
para a caza e a pesca. Xa no século II virían os conquistadores romanos que
non serían capaces, de que a poboación lugareña deixara de adorar ao seu
deus, chamado Bero Breus, despois de máis de catro séculos.
Asociado a súa divinidade xurdiu
aquí, sobre o século III, o que foi
un dos templos de peregrinación
relixiosos máis antigos da
península, semellante só a outros
distribuídos por zonas atlánticas e
con influencias celtas. Así o
xustifican as 170 aras topadas
adicadas ao deus Bbero Brreus,
que ata o momento na escavación
era descoñecido. A existencia do
templo é grazas ao descubrimento
dunhas columnas pero sabemos da súa existencia por ese “bosque de aras”
descuberto. A maioría destas aras poden verse na actualidade no Museo
Arqueolóxico de Vigo situado no Pazo de Quiñones de León, en Castrelos. A
influencia do templo chegaba a case todo o NO peninsular.
Este centro espiritual foi descuberto polos arqueólogos José Suárez e Thomas
Schattner. No máis alto do cumio existe unha garita de vixilancia circular de
muros e bóveda de pedras. Aínda que o seu aspecto actual é do século XVIII,
as súas bases forman parte dun antigo faro romano ou quizá prerromano, que
formaba parte do sistema de aviso defensivo costeiro. Nel se facía unha
fogueira de palla mollada (facho) para que soltara unha gran nube de fume e
puidera ser divisado por moitos puntos da costa galaica. Encontrámonos pois,
ante un impresionante conxunto histórico datado con certa seguridade, desde
o século X a.C. e que perdurou ata o IV d.C. Nin máis nin menos que 1400
anos de asentamentos civís e relixiosos. A área do Monte do Facho e Cabo
Home encóntrase catalogada como espazo protexido dentro do espazo Red
Natural 2000 e ultimamente se está falando da súa posible inclusión dentro do
Parque Natural das Illas Atlánticas.
Este ano @s estudiantes de intercambio de Nantes, Francia visitaron o Facho. Foron
andando ata Donón.
800 ANIVERSARIO DA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Neste ano 2011 commemórase o octavo centenario da consagración da
catedral románica de Santiago de Compostela, feito recoñecido como de
excepcional interés público polo goberno de España.
Neste sentido, a Ley 49/2002 sobre incentivos fiscales ao mecenazgo permite
que un órgano interadministrativo, como é o consorcio de Santiago, lidere o
programa de apoio ao evento.
Este programa de apoio concrétase nunha serie de incentivos e bonificacións
fiscais, que se aplicarán ás empresas e identidades privadas que participen
como patrocinadores no desenvolvemento da conmemoración. Así, o programa
de beneficios fiscais fomenta a participación do sector privado para unha
mellor organización do 800 aniversario da catedral de Santiago, conformando
un marco xurídico e fiscal que impulsa as actividades de mecenazgo na
celebración da efeméride.
O consorcio de Santiago xestionaría un orzamento específico destinado a
financiar obras de restauración contempladas no Plan Director da Catedral e
unha programación cultural específica.
Esther Blanco Martínez Paula López Casás
Aitana Rueda Costas
Patricia Soliño Bernández 2º ESO B
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Este ano para celebrar o Día da Muller Traballadora fixemos varios manifestos
en grupos, en diferentes linguas, dos que recollemos aquí algunhas
reivindicacións.
OPÓÑOME-REIVINDICO
Opoñémonos a que as mulleres que realizan o mesmo traballo ca os homes cobren menos cartos, porque tanto
homes coma mulleres temos os mesmos
dereitos
Despois de ser nais tódalas mulleres
deberían recuperar o seu traballo nas mesmas condicións nas que o
deixaron.
Opoñémonos a que a muller teña que cargar
con todas as responsabilidades do
fogar, incluindo o cuidado dos fill@s,
cando teñen un horario laboral similar ao dos
homes.
Queremos respecto no traballo e rexeitamos
calquera tipo de acoso laboral
Queremos que o traballo se ofreza ás persoas
polas súas cualidades para levalo a cabo,
independientemente do seu aspecto físico.
Mesmas obrigas, mesmos dereitos
3º ESO B/C
Today we would like to remember everybody that women
have been fighting for the same rights for a long time but
there is still a lot to do.
That is why women claim:
-Same working opportunities, same salary and promotion.
-Sharing responsibilities at home.
-Respect and support.
So, let‟s keep on making an effort together to get our aim. WE
CAN!
Tuer une femme, c‟est supprimer une génération tout entière",
Femmes blondes du Nord dans des neiges si blanches
Femmes qui portent tous les enfants sur les hanches
Femmes brunes du Sud qui dansent. Femmes qui chantent
Et Femmes de l'Est sous des voiles en attente.
"Tuer une femme, c‟est supprimer une génération tout entière",
Femmes levez-vous donc et avancez sans peur
Femmes, derrière vous elles sont mille qui meurent
Comme Mireille, hélas, sous les coups. d'un mari.
Elles ont perdu la vie, faute d'un abri
"Tuer une femme, c‟est supprimer une génération tout entière",
Grupo de Dramatización dirixido polo profesor Pedro Pablo Riobó escenificando
a pouca visibilidade pública da muller. O lema escollido: “ Xa é hora de
cambiar”.
Uf, menudo ano este en Cangas, un ano vivindo e pensando en inglés.
Cando cheguei ao centro propuxéronme que había que impartir as seccións
bilingües de tecno e informática. Nunca tal pensara. Houbo que tomar grandes
decisións rápidamente.
A primeira; que modelo de profe bilingüe ía ser. Rápidamente acudiu a miña
mente Muzzy, e el explicaba todo en inglés, como ten que ser. Hello I´m
Muzzy.
Cando un se plantexa aprender unha lingua extranxeira é porque ten unha
necesidade. A mellor delas, a que fai máis doado este aprendizaxe, é a parella.
Pero nesto a Xunta non é omnipotente, non se lles pode conceder parella
extranxeira a todo o alumnado. Poderemos plantexalo para o vindeiro curso,
pero neste contexto de crise sospeito que será algo difícil. Así que a
necesidade foi creada, decidín que intentaría explicar basicamente o mesmo
que no resto dos grupos, pero directamente en inglés. Ao principio
protestaron..., vouvos confesar que me pitaron os oídos con frecuencia na
primeira avaliación e eso que acababa falando como Punset, facendo a miña
propia dobraxe. Amazing!!
E logo chegou a fase dous, nesta dubidábase de todo o que dicía, non do
contido tecnolóxico propiamente, senón da linguaxe, e xurdiu aí o meu amigho
invisible, o TRADUTOR DE GOOGLE, coa súa melodiosa voz. Vou confesar outra
cousa, nunca o puxen cunha palabra que non escoitara antes, non fora ser.
Ademáis de que tiven todo o ano o equipazo de colaboración formado por
Gloria e Valentina, que se cansaron de repetirme a correcta forma de
pronunciar un feixe de palabras. Un bico moi grande!! Agora que isto está a
piques de rematar direivos que non son capaz de pasar a proba con: WOOD,
COOPER, SCHEDULE, WOMEN e moitas máis. Pero todo estranxeiro ten certo
acento que non se pode pulir e forma parte do encanto. Por algo se liga máis
de ERASMUS!! (Tomade nota disto e non vos arrepentiredes!)
Pero vaiamos aos resultados, na primeira avaliación estudamos os materiais e
algo de debuxo técnico. Construíron un calibre de madeira cun nivel de
apreciación de 0,1 mm (ou iso me dicían eles a min ;) A segunda foi sobre
mecánica e electricidade. Fixeron dous motores, un de combustión interna, que
non se chegou a acabar, e outro eléctrico; que a min me parece sorprendente.
Ademáis de facer unha bombilla como a de Edison, cobreamos unha chave e
fixemos acender uns leds a partir de uns afilalapis e un limón. Nesta última a
cousa vai de ordenadores. Así que como podedes comprobar as clases foron
basicamente igual que con calquera outro grupo. Pero aprenderon algo de
inglés?? Teño a proba de que si. Foi o día que se lles contou a 3ºb que iamos
facer unha excursión a Londres, xunto con eles estaban uns cantos do outro
grupo, que non me coñecían. Empeceilles a contar o tema e estaban
atentísimos, emocionados!!. Non houbo que traducir nada, ninguén protestou,
nen sequera Antón, (un crack) pero os outros, os que non cursaron a
asignatura en inglés, nin papas!!
Informática foi máis doado, o alumnado é algo maior e sabían un pouco máis
de inglés. Ademáis o vocabulario específico é máis cercano a nós, así que se
lles pediu un paso máis que aos pequerrechos, os traballos presentados foron
tamén en Inglés, falaron eles o que provocou máis dunha queixa, pero nin
caso, están na idade!!. Presentacións, informes, programas de radio e
curtametraxes. Sen ter en conta todas esas horas en paralelo, pasadas diante
do Tuenti. Que forman parte do temario, a alguén da Xunta pareceulle
necesario explicalo nunha clase!! de novo Amazing!!
Antonio Díaz
ODISEA 2011
Como en anos anteriores celebrouse o concurso Odisea, organizado pola sociedade
española de estudos clásicos (S.E.E.C.).
Este ano participaron máis de setecentos equipos formados por alumnos e alumnas de
ESO e Bacharelato en toda España. Neste concurso trátase de resolver as preguntas
que saen diariamente na páxina web da SEEC o mais rápido posible.
O equipo chamado “Cosecha del 94” formado por: Roberto Santos, Sergio Martínez e
Denís Rodal, tres alumnos de 1º B de Bacharelato liderados por Susana, a profesora
de grego, participamos neste concurso na fase galega.
Durante os tres primeiros días de concurso, na fase de eliminación, as preguntas non
eran demasiado complicadas de resolver. Despois de pasar a fase de eliminación
chegou o preguntón, que son catorce preguntas normais e unha especial que se
resolve coa primeira letra das outras. Esta custou un pouco máis xa que son moitas
preguntas e máis complicadas que as da fase de eliminación.
Esta fase tamén a pasamos xunto con outros equipos de toda Galicia. Ó rematar esta
parte do concurso quedamos no terceiro posto da clasificación galega.
Como había moitos equipos empatados disputándose os tres primeiros postos,
celebrouse un desempate e tivemos que ir hasta o colexio Santa Irene de Vigo onde
estuda outro dos equipos que competía contra nós, o equipo Nicéfilas. O desempate
era igual que o preguntón, unha serie de preguntas normais e unha especial,
estivemos toda a tarde resolvendo o desempate pero ó final cando entregamos as
respostas, por un erro da rede ,as respostas chegaron mal e a SEEC decidiu
impugnar o desempate e pasar a todos os equipos de Galicia empatados á ultima fase
onde concursan os equipos gañadores de todas as comunidades autónomas de
España.
A última parte do concurso, como poderedes imaxinar, foi a máis difícil. Nesta ocasión
tamén tiñamos que ir hasta o Santa Irene pero por culpa dun temporal de vento non
puidemos, así que, co consentimento da SEEC, fixemos a última parte no instituto.
Como na fase de desempate era crucial resolver as preguntas o antes posible pois o
tempo tamén conta. Ó principio non foi tan mal, atopamos algunhas das respostas
bastante facilmente pero outras eran complicadas de atopar, por desgraza a unha
hora de rematar o tempo foise a luz e non puidemos rematar todas as preguntas.
A pesar de todo o sucedido chegamos ata o segundo posto de Galicia e tamén ó
cuarto posto de España.
Pasados uns días dende o fin do concurso fomos a Lugo para a entrega de premios e
para ver a representación da obra de teatro titulada Edipo rei, e con isto rematou o
concurso Odisea 2011 por este ano.
Roberto Santos - 1º B BACH
A biblioteca do IES María Soliño recorda que como en anos anteriores está
dispoñible o servizo de préstamo de libros para o verán:
- Tres libros por persoa.
- A devolver a primeira semana do curso 2011-2012.
- A partir do 15 de xuño.
Novidades
Chico y Rita Javier Mariscal & Fernando Trueba
Na Cuba de finais dos cuarenta, Chico e Rita inician
una apaixoada historia de amor. Chico é un xoven
pianista namorado do jazz e Rita soña con ser unha
gran cantante.
Reckless. Carne de piedra Cornelia Funke
Primeiro título dunha triloxía que se adentra nun mundo
fantástico e tenebroso e que está inspirado nos irmáns
Grimm. Jacob Recklees descobre un espello oculto no
despacho do seu pai, un espello que o levará a un
mundo máxico e perigoso.
Sen mirar atrás Dani Montero
Unha ruptura leva a Jaime a romper coas súas ataduras e comezar dende cero, iniciando unha viaxe sen retorno
cara a unha vida diferente,
acompañado polo seu can e nada
máis que unha mochila con mudas. A experiencia que o espera vai máis aló do imaxinado.
El sueño del celta Mario Vargas Llosa
A aventura que narra esta novela empeza no Congo en
1903 e remata nunha cárcere de Londres, unha mañán
de 1916. Cóntase a peripecia vital dun irlandés: Roger
Casement que foi un dos primeiros europeos en
denunciar os horrores do colonialismo.
Todo é silencio, Manuel Rivas
Esta novela ambientada nunha vila ficticia, situada na
costa galega, retrata o mundo do contrabando nas rías
galegas durante o franquismo e a democracia, nun
principio co tabaco e máis tarde coa cocaína.
CLUBE DE POESÍA MARÍA SOLIÑO (ESCOLMA)
Encerrado nesta maldita escuridade Intentando topar un raio de luz
Que me saque desta tenebra A cal me merma sen compaixón.
E pensar que toda esta escuridade
Provén de aquela luz, Que me acompañaba polo meu camiño.
Que me levaba con paso firme ata o infinito.
Agora en esta penumbra doume conta. Que aquela adorada luz só me levou a unha ilusión,
A un soño que se rompeu e deixou de palpitar.
Unha luz que me guiou ata a máis negra noite.
Como poder fiarse da luz cando te leva á escuridade? Como poder soportar nela esta estancia?
Só o fin me librará de este mundo de tenebras Un fin que non quero que tarde moito en chegar.
Borja Pérez Otero 2º BACH B
Con só mirar os seus ollos Todo o meu mundo se desvanece
Como unha bomba que o arrasa todo
E só o seu recordo reaparece. Na miña mente.
Só con probar os seus beizos
Todo o tempo se paraliza. Pouco tempo dura o bico
Pero queda un recordo para toda a vida Na miña mente.
Un tempo e un espazo.
Só dúas meras dimensións. Pero o que sinto agora mesmo
Está gardado na máis segura prisión. No meu corazón.
Borja Pérez Otero 2º BACH B
POEMAS DO NOSO CLUBE
Un paraugas
Dous paraugas
Tres paraugas
Un verde
Outro rosa
Outro negro
Un asento
Dous asentos
Tres asentos
Xiros columnéticos
Hipnoses vaivenadas
Lapis Wasserlack de mina 2H
Calidoscopios de palabras
Taboleiros medio vacuos
e paredes medio cheas de papeis
Extintores aburridos tapándose con trapos
Trapos abandonados tapando extintores
Surrealismos surreais
Cabaliños de mar cabaleirosos
Aneis anelados
Escribáns escritos
Tesoiras tixeretadas
Temores temerosos
Fulgurantes fulgores
Flamante flamas
Suplicantes suplicas
Alarmantes alarmas
Leyre Area Balado 1º BACH C
I
Óense cabalos de escuma e peixes subidos en pedestais.
Mirando cunha risa de pomba e ríndose cuns ollos de aceiro
que se te cravan nas entrañas.
Ulindo mestura de sal e chumbo.
Saboreando todas as albas nacidas en cidades estrañas.
Chorar con dous luceiros da noite
e ver con lágrimas de nácara que van deslizándose polas estradas.
Pódense oír os labios vermellos.
Rózanse bicos tatuados con dedos que teñan complexo de fadas.
Sóñanse tumultos de xente
e edificios de fíos verticais.
II
Tratos co demo envoltos en bolsas de lixo
e firmados con sangue dos alleos. Porcos con guantes de dólar que enfundan
unhas gadoupas de aceiro. Gargantas de terciopelo que desprenden
un alento abafante.
Leyre Area Balado 1º BACH C
COMENTARIO MUSICAL
SYSTEM OF A DOWN
É un grupo creado no ano 1998, de ascendencia armenia e os seus membros
chámanse Serj Tankias (voz, teclado, guitarra, theremin,…), Daron Malakian
(guitarra, 1ª e 2ª voz), Shavo
Odadjian (Baixo) e John Dolmayan
(baterista).
Dos seus cinco discos, os mellores
para min son Toxicity e Mezmerize,
nos que cantan en contra do sistema
americano, do xenocidio armenio e
doutros temas polos que foron
criticados.
O seu estilo musical é o Alternative
Metal, no que destacan outros grupos
como Linking Park ou Korn.
MY CHEMICAL ROMANCE
Se che gusta o punk e as súas variantes, este é o teu grupo, creado no ano
2001, unhas semanas despois do 11-S.
Os seus integrantes levan unhas pintas extravagantes e divertidas:
Gerad Way, o coantanete, ten o pelo de cor vermella coma o lume.
Ray Toro, o guitarrista, ten o pelo
longo e rizo; chégalle ata os
ombreiros.
Mickey Way, o baixo, nunca sorríe,
disque cando o fai nace un unicornio.
Rob Cavallo, baterista substituto, é o
máis “normal” da banda.
O seu último disco chamado Danger
Days!The true lives of the Killyois está
a favor de coidar o mundo e contén
temas ecolóxicos.
SLIPKNOT
Deste grupo pódese dicir que dan
medo. Son nove en total, todos con
máscaras horripilantes e aínda por
riba non contan cunha voz normal
senón que poñen gritos guturais.
O seu guitarrista foi nomeado o
mellor guitarrista do ano. Nos
concertos soen facerse dano, por
exemplo, nun concerto un
percusionista tiroulle un barril de
aceiro á cabeza do cantante.
As súas cancións falan de temas
variados, nunha delas din que eles
non son satánicos como din os que viron as súas fotos. O seu xénero varía
desde o Alternative metal ata o Black metal.
EL PUTO COKE
O vigués Jorge Céspedes, el Puto Coke, é un gran referente do hip hop a nivel
nacional. No seu último traballo, titulado GgAaL-EGO, reivindica firmemente a
lingua galega e o vídeo clip está moi ben. Durante a presentación de
GgAaL_EGO interpretou o himno galego a ritmo de rap, a primeira vez que se
fai tal cousa.
Darío Rodas García 3º ESO A
HAIKU
Son poemas breves de tres versos de 5, 7 e 5 sílabas respectivamente. Son
típicos da poesía tradicional xaponesa e teñen como temática a natureza.
Sempre hai unha palabra clave e están influenciados pola filosofía e a estética
zen. @s que escriben haikus chámaselles haijin. No noso instituto hai uns
cuant@s.
Aquí estoy
bajo un misterioso árbol
aquí me encuentro.
Catarina González-Puelles
Callada y dormida
una piedra acunada
descansa sin más.
Alicia Dacruz Domínguez
Hojas que vuelan,
los pájaros cantan,
todos felices.
Rodrigo Bermúdez Molares
Aviones secos vuelan
sin ningún rumbo
hacia su final.
Adán Cordeiro Del Río
Hojas secas
que tiemblan con el viento
yo también tiemblo.
Cintia Bacelar Otero
Dulces canciones
no paran de sonar
duró muy poco.
Alba Nerga Del Río
Las hojas caen
contemplando el tiempo
se cae todo.
Saray Martínez Pousada
Siento el frío
también siento el calor
y veo nubes.
Pablo Bastón Pazó
2º ESO A
O GALEGO EN CANGAS SOA A MAR DE BEN
Iamos explicar o significado destas expresións locais que utilizan vocabulario
ou ideas relacionadas co mar pero ocorreusenos a idea de facelo graficamente.
A ver se vos gusta.
-Ola, onde vas?
-Vou facer gasolina.
-Os domingos é o que hai: andar aboiados sen ter onde ir.
-Non cho puiden facer. Non me deu a virada.
-Que hai, meu? Imos botar un curricán?
Fernando Guimeráns Ferradás - 3º ESO A
POR QUE SE DI QUE O AMOR É CEGO ?
UNHA HISTORIA DE LOUCURA
Nunha época moi pasada, na que só existían os sentimentos, non é que
houbera moito para facer. E para non aburrirse os sentimentos ocorréuselles
xogar ás agachadas. Pero claro a ningún lle gustaba apandar e os sentimentos,
sempre facían trampas para que lle tocara apandar á loucura.
A pobre loucura era un desastre e nunca topaba a ninguén. Pouco a pouco a
loucura foise fartando de esta situación, e de que sempre lle tocara apandar a
ela. Ata que un día a loucura, farta de esa situación, colleu un pau e guindouno
con todas as súas forzas cara un arbusto que tiña preto dela. Cando o pau
impactou no pequeno arbusto un grito de dor saíu do seu interior. A loucura
achegouse para ver quen fora o que emitira tal expresión de dor.
Cando se achegou o suficiente e mirou entre os arbustos encontrou o amor alí
tendido cos miolos abertos e inconsciente.
Co paso do tempo o amor foise recuperando pouco a pouco pero unha pegada
quedou no seu ser. Por causa do forte golpe o amor quedara cego. A loucura
por toda esa culpa que tiña no seu interior colleu o amor da man e guiouno
servíndolle de ollos para o resto da súa vida.
Por esta razón sempre se di que o amor é cego e vai da man da loucura.
Borja Pérez Otero 2º BAC B
INFORMÁTICA BILINGÜE
Este ano, por primeira vez no noso instituto, tivemos informática bilingüe. A
maioría dos que estamos nesta sección, estivemos o ano pasado na sección
bilingüe de tecnoloxía. Todos pensábamos que ía ser igual ca o ano pasado, pero para a nosa sorpresa non foi así.
Ó principio do curso cando coñecemos a Antón el contounos que ía estar
falando inglés todo o tempo nas clases. As queixas ao comezo foron moitas, pero co paso das clases, fomos acostumándonos á súa forma de falar inglés.
Como a maioría non entendían o que Antón dicía, primeiro falaba en inglés e logo en galego.
O primeiro trimestre foi o que máis teoría tivo e incluso tivemos que facer un
exame.
No segundo trimestre estivemos traballando co Gimp, cousa que a maioría non lle fixo moita graza, xa que non nos gusta moito ese programa.
Tivemos que facer un programa de radio sobre un grupo de música, obviamente, en inglés. Pese a que nos custou moito, todos conseguimos
terminalo.
O segundo trimestre levámolo moito mellor, xa estabamos acostumados ao inglés de Antón e ademais, enterámonos de que iamos ir a Londres de
excursión. Nese momento foi cando máis nos alegramos de ter escollido a sección bilingüe.
Para saber o que iamos ver en Londres, mandounos facer por parellas unha
presentación sobre museos e sitios que iamos visitar. Por non variar, en inglés tamén.
O terceiro trimestre foi o mellor de todos. Estivemos en Londres dende o día 6
ata o 12 de maio. Para todos foi a mellor excursión que fixemos no instituto.
Agora que estamos de volta, temos que facer unha páxina web en inglés. O
terminar este traballo chegará o mellor de todo, teremos que facer unha curta! Co curso a piques de rematar agora xa entendemos moito mellor a Antón e xa
non fai falla tanta tradución.
Ó final creo que botaremos de menos esas horas diante do ordenador facendo traballos mentres revisabamos o noso Tuenti ou Facebook ;) Pero non creades
que os alumnos eramos os únicos que entrabamos nas redes sociais.....
Úrsula Fernández Rodríguez 4ºA
RECEITAS: TORTA DE CALACÚ
Ingredientes:
-1.5 kg. de calacú cru
-1 culleriña de sal -2 vaíñas de canela (eu usei canela en pó)
-1 lata pequena de leite condensado (370 gr.) -1 lata de leite normal (a medida da lata do leite condensado)
-1 lata de azucre ( a medida da lata do leite condensado) -1 lata de fariña normal (a medida da lata do leite condensado)
-menos de ½ lata de aceite de xirasol - 1 sobre de lévedo (16 gr.)
-4 ovos -1 limón
- unha cullerada de manteiga e outra de fariña para o molde -Azucre glass para decorar (moído)
Preparación tradicional:
Paso 1.- Cociñar a cabaza no forno (ou no microondas) partida en anacos grandes sen pel. Cando estea, botarlle ½ cullerada de canela, remexer e deixar
arrefriar. Logo de fría, escurrir ben para quitarle a auga. Relar o limón e reservar.
Nunha cunca (que sexa grande dabondo) misturar o leite condensado, o leite normal, o aceite, o azucre e a fariña xunto co lévedo. Ir botando os ovos de un
en un sen parar de bater. A continuación, incorporar a mistura da reladura de limón e a cabaza
esmagada ata que todo estea ben ligado.
Paso 2.- Untar un molde coa manteiga e esparexir un chisco da fariña, se é de metal; se é de silicona só a manteiga. Botar a devandita mistura no molde e
metelo no forno, prequentado, a 160º durante 1 hora. Cando estea frío cubrir finamente co azucre glass.
TORTA DE QUEIXO AO FORNO
Ingredientes:
-550 gr. de queixo Philadelphia
-1/2 l. de nata líquida
-1/2 l. de leite
-7 ovos
-250 gr. de azucre
-30 gr. de maicena
-reladura de limón
Elaboración:
Misturar todos os ingredientes nunha cunca e bater co batedor. Preparar un
molde desmontábel a poder ser. Botar nel a crema e meter no forno a 200º
uns 10 minutos ata que colla cor e logo baixar a 140º durante uns 50 minutos.
Desmoldar en frío e servir cun coulis de amorodo ou similar.
Bo proveito!!
COCTEIS SEN ALCOL
Estivemos vendo que hai unha chea de combinados sen alcol. Este verán
podemos sorprender aos nos@s invitad@s con cocteis superorixinais,
refrescantes, glamurosos e moi creativos.
Son totalmente “inofensivos” pero nada aburridos. Tomade nota, que seguro
que vos van gustar.
CINDERELLA/CINCENTA
INGREDIENTES
8 pedras de xeo 1 cl.de sirope de granadina
2 cl. de sirope de coco 2 cl. de nata 8 cl. de zume de laranxa
8 cl. de zume de ananá
PREPARACIÓN
Nunha cocteleira con xeo botar os siropes, a nata mailos zumes . Axitar ben durante uns 15 segundos.
SERVIZO
Escarchar o borde do vaso humedecéndoo cun chisco de sirope vermello e logo mollar no azucre.
PRESENTACIÓN
Sírvese nun vaso de combinación (long drink) con xeo, adornado
cun pincho a base de plátano, guindas e dúas folla de piña (non comestibles)
SAN FRANCISCO
INGREDIENTES
½ zume de laranxa
¼ zume de limón ¼ zume de ananá
1 cullerada de azucre Un chisco de granadina
Soda
PREPARACIÓN
Nunha cocteleira con xeo botar os zumes de axitar ben
durante uns 15 segundos.
SERVIZO
Escarchar o borde do vaso humedecéndoo na granadina e
logo no azucre.
PRESENTACIÓN
Sírvese nun vaso de combinación ou nun de cóctel adornado cun anaco de limón e unha guinda vermella.
M.L.S.
YING-YANG
SINXELO TRABALLO DE
PAPIROFLEXIA PARA AMATEURS
Escolleuse este exemplo pola súa
sencillez. Moit@s de nós xa o
faciamos de pequen@s para
xogar a amolar aos amigos
escribindo debaixo das solapiñas
o que nos parecía máis pavero.
Convidámosvos a que probedes
esta técnica milenaria do
encartado de papel.
ACORDES
PASATEMPOS
A Calzada dos Xigantes
está no Ulster, preto de
Belfast. É unha
formación basáltica
cunha lenda moi
interesante. Descúbrea
e logo mergúllate no
Eire a ver canto sabes.
Write the letters in
order and find the
name of a lucky Irish
plant.
1____
2____
3____
4____
5____
6____
7____
8____
O ANEL DE CLADDAGH
A mitoloxía irlandesa (e a celta en xeral) está chea de símbolos. Moita xente de
diferentes partes do mundo aínda hoxe levan este anel que é típico dunha
aldea de pescadores irlandesa chamada Claddagh.
Atopa o anel coloreando o debuxo:
1-amarelo 2-vermello 3-azul
Logo fai os anagramas e le o que pon con respecto ao anel.
O roczano……………………… representa o amor.
As nsam …………………..….. representa a amistade.
A ocrao ………………………..…representa a fidelidade.
MARCAPÁXINAS
Deseña agora ti outro incluindo os
seguintes versos de Lois Pereiro.
No amor, como na guerra, nunca oímos
o tiro que nos alcanza. A morte, como o amor, nunca advirte por
onde se nos achega…
----------------------------
E aqueles dentes que perdín
Precisaríaos agora para defender
As conviccións nas que me reafirmo -----------------------------------------------
E os elementos das novas tecnoloxías
Van elaborando os nosos afectos…
2º ESO B
SUDOKU: Enche as casiñas en
branco cos números que faltan do 1 ao 9 sen repetilos para completar as filas,
columnas e celas.
SOLUCIÓN AO CRUCIGRAMA DA PÁXINA 19
2 3
r d 5
1 h e s t i a p
a o 6 t e s e o 36 38 39
n r h t e
y s e i r
4 p h e r s e p h o n e 37 p r o m e t e o
o u o c a s
s s 34 u 40 n
9 e a 20 35 c i c l o p s
8 a i 19 n e r e i d s e e p 43
7 a p h r o d i t e i n s 41 h e r a g
r t o h r t c o
e e n t e a p o l o t r 44
s m a n 22 u r g h
i 11 18 21 s a t i r e 42 b e l e r o f o n t e
10 b a s i l i s c a n c
p n a
13 a 23 h y d r a t
15 m r 27 25 t o
d u t m m h 49 n
e 12 s c i l l a i 24 h e l i u s e c
m a n d s 51 s 45 t h i f o n
14 h e f e s t o o u g f e
t 17 t s 50 c a r i b d i s i
16 h e r m e s 26 a t l a s i n r
r r 29 u f 47 g e
t 28 c h r o n o s f 46 p e g a s u s
h e i o
o 32 30 a r g o s 52 p i t h o n l
n c b i
h e f
i r e
m u h m
31 g i a n t s 48 p a n d o r a
e d
r e
33 e u r i a l e s
Top Related