DOMINGO 17 DO Tempo Ordinario ciclo BDOMINGO 17 DO Tempo Ordinario ciclo B
Veinte pans de cebada e gran tenro de espiga. Iso é o que traía un home ao profeta Eliseo (2 Re 4, 42-44). Era un xesto co que recoñecía como enviado por Deus a aquel profeta herdeiro do espírito de Elías.
Pero Eliseo descobre inmediatamente unha necesidade ao seu arredor, volve a seu criado e ordénalle: “Dállelos á xente para que coman”. O texto recolle a dúbida do criado: “Como vou repartir estes pans entre cen home?”
ComoQue lles dou?
Neste ano B do ciclo litúrxico, lese sempre o capítulo 6 do evanxeo segundo San Xoán, que vai acompañar a nosa celebración nos próximos domingos. É fácil descubrir algúns paralelismos coa lectura anterior (2 Re 4, 42-44)
En primeiro lugar, Xesús compadécese da multitude que o segue para escoitar a súa palabra. Suxírese que esa palabra de Xesús é o verdadeiro alimento que os pans e os peixes significan e fan visible
O home que traía os pans e as espigas a Eliseo substitúese agora por un mociño que revela a Andrés que trae consigo cinco pans de cebada e dous peixes. O mociño representa a inxenuidade e a esperanza. A creatividade do amor e o desprendimento da xenerosidade.
“Este é en verdade o profeta que había de vir ao mundo”. Esa é a exclamación que recolle a admiración das xentes que foron alimentadas por Xesus. Como en tantas ocasións o evanxeo pon unha confesión de fe na boca dos que parecen máis afastados do Señor.
“Este é o profeta”. En Xesús encontra a Igrexa a palabra de Deus. Sabe e confesa que esa palabra eterna entrou no tempo. E encarnouse nun home concreto para a nosa salvación.
Os seguidores de Xesús oímos todos os días proclamas e doutrinas que tratan de salvarnos e levarnos á felicidade. Pero os nosos ollos e os nosos oídos están fixos no Señor.
“Este é o profeta que había de vir ao mundo”. Non temos que esperar outro. En Xesucristo cúmprense as antigas profecías. El é a definitiva revelación de Deus. E a máis bela revelación do home ao mesmo home.
Señor Xesús, Ti coñeces as
necesidades da humanidade e amosas a túa
compaixón cara aos famentos e desposuídos.
Grazas pola túa proximidade. Axúdanos a
colaborar contigo no reparto dos teus
pans e na proclamación da
túa palabra. Amen.
a. É en verdade o profeta que había de vir ao mundo
b. “Este é o profeta”
c. E encarnouse nun home concreto para a nosa salvacion.
e. “Este é en verdade o profeta”.
Texto José Román Flecha UPSAPresentación: J. Izquierdo OH