14 xuño 201514 xuño 201511 Tempo Ordinario11 Tempo Ordinario
Marcos 4, 26-34Marcos 4, 26-34
José Antonio PagolaJosé Antonio Pagola
Presentación: B. Areskurrinaga HCEuskaraz: D. Amundarain
PEQUENASSEMENTES
Vivimos afogados polas malas noticias. Emisoras de radio e televisión, noticiarios e reportaxes descargan
sobre nós unha avalancha de noticias de odios, guerras, fames e violencias, escándalos grandes e
pequenos. Os «vendedores de sensacionalismo» non parecen
encontrar outra cousa máis notable no noso planeta.
A incrible velocidade con que se difunden as noticias déixanos atordados e desconcertados. Que pode facer un ante tanto
sufrimento?
Cada vez estamos mellor informados do mal que asola a humanidade enteira, e cada
vez sentímonos
máis impotentes
para afrontalo.
p
A ciencia quíxonos convencer de que os problemas se poden
resolver con máis poder tecnolóxico, e lanzounos a todos a unha xigantesca
organización e racionalización da vida.
Pero este poder organizado non está xa nas mans das persoas senón nas estruturas.
Converteuse nun «poder invisible» que se sitúa máis alá do alcance de cada individuo.
Entón, a tentación Entón, a tentación de inhibirnos é de inhibirnos é
grande. grande. Que podo facer eu Que podo facer eu para mellorar esta para mellorar esta
sociedade?sociedade?
Non son os Non son os dirixentes políticos e dirixentes políticos e relixiosos quen ten relixiosos quen ten que promover os que promover os cambios que se cambios que se necesitan para necesitan para
avanzar cara a unha avanzar cara a unha convivencia máis convivencia máis
digna, máis humana digna, máis humana e ditosa?e ditosa?
Non é así. Hai no evanxeo unha chamada dirixida a todos, e que consiste en espallar
pequenas sementes dunha nova humanidade.
Xesús non fala de cousas grandes. O Reino de Deus é algo moi humilde e modesto
nas súas oríxes. Algo que pode pasar tan inadvertido como a semente
máis pequena, pero que está chamado a crecer e frutificar de maneira insospeitada.
Quizais necesitamos aprender de novo a valorar Quizais necesitamos aprender de novo a valorar as cousas pequenas e os pequenos xestos. Non as cousas pequenas e os pequenos xestos. Non
nos sentimos chamados a ser heroes nin nos sentimos chamados a ser heroes nin mártires cada día, pero a todos se nos invita a mártires cada día, pero a todos se nos invita a vivir poñendo un pouco de dignidade en cada vivir poñendo un pouco de dignidade en cada
recanto do noso recanto do noso pequeno mundo. pequeno mundo.
Un xesto amigable ao que vive Un xesto amigable ao que vive desconcertado, un sorriso desconcertado, un sorriso
acolledor a quen está só, un acolledor a quen está só, un sinal de achegamento a quen sinal de achegamento a quen comeza a desesperar, un raio comeza a desesperar, un raio
de pequena alegría nun corazón de pequena alegría nun corazón angustiado... non son cousas angustiado... non son cousas
grandesgrandes.
Son Son pequenas sementes pequenas sementes do Reino de Deus
que todos podemos sementar nunha sociedade complicada e triste, que
esqueceu o encanto das cosas sinxelas e boas.
PEQUENAS SEMENTES
Vivimos afogados polas malas noticias. Emisoras de radio e televisión, noticiarios e reportaxes descargan sobre nós unha avalancha de noticias de odios, guerras, fames e violencias, escándalos grandes e pequenos. Os «vendedores de sensacionalismo» non parecen encontrar outra cousa máis notable no noso planeta.
A incrible velocidade con que se difunden as noticias déixanos atordados e desconcertados. Que pode facer un ante tanto sufrimento? Cada vez estamos mellor informados do mal que asola a humanidade enteira, e cada vez sentímonos máis impotentes para afrontarlo.
A ciencia quíxonos convencer de que os problemas se poden resolver con máis poder tecnolóxico, e lanzounos a todos a unha xigantesca organización e racionalización da vida. Pero este poder organizado non está xa nas mans das persoas senón nas estruturas. Converteuse nun «poder invisible» que se sitúa máis alá do alcance de cada individuo.
Entón, a tentación de inhibirnos é grande. Que podo facer eu para mellorar esta sociedad? Non son os dirixentes políticos e relixiosos quen ten que promover os cambios que se necesitan para avanzar cara a unha convivencia máis digna, máis humana e ditosa?
Non é así. Hai no evanxeo unha chamada dirixida a todos, e que consiste en espallar pequenas sementes dunha nova humanidade. Xesús non fala de cousas grandes. O Reino de Deus é algo moi humilde e modesto nas súas orixes. Algo que pode pasar tan inadvertido como a semente máis pequena, pero que está chamado a crecer e frutificar de maneira insospeitada.
Quizais necesitamos aprender de novo a valorar as cousas pequenas e os pequenos xestos. Non nos sentimos chamados a ser heroes nin mártires cada día, pero a todos se nos invita a vivir poñendo un pouco de dignidade en cada recanto do noso pequeno mundo. Un xesto amigable ao que vive desconcertado, un sorriso acolledor a quen está só, un sinal de achegamento a quen comeza a desesperar, un raio de pequena alegría nun corazón angustiado... non son cousas grandes. Son pequenas sementes do Reino de Deus que todos podemos sementar nunha sociedade complicada e triste, que esqueceu o encanto das cousas sinxelas e boas.
José Antonio Pagola