xornal nº2 2010
-
Upload
cole-isaac -
Category
Documents
-
view
238 -
download
1
description
Transcript of xornal nº2 2010
MAREIRIÑA. 2ª Edición. Curso 2009-10
1
CEIP Isaac Peral - Ferrol
EDITORESGabriel
MartaCarmen
IreneNuria
Eugenia
Carla
Antón
Álvaro
Alexandre
Sabela
Paula
MiguelMateoCarlos
Cristina Marcos
As miñas vacacións de Nadal
foron as mellores da miña vida. Ademais
regaláronme moitas cousas. Estabamos a
cear cando de súpeto chaman ao timbre
do portal, e dixen eu: quen será a estas
horas? Non sei -respondeu a miña nai-. De
súpeto ábrese a porta e eran os meus
curmáns de Canarias cos que me levo moi
ben, cos dous, pero mellor con Alejandro,
o meu curmán de 12 anos .
O dia de fin de ano pasamos
toda a noite xogando xuntos a WII, unha
consola. O día de Reis (día 6) a miña nai
preparou un cola–cao con galletas, pero
en vez de que o comeran os Reis Magos
comímolo eu e máis o meu curmán Alex .
Pasamos o Nadal moi ben
Álvaro, 6º B
Nas miñas vacacións de Nadal
, rompín o brazo dereito e tivéronme que
por unha escaiola, logo tiven que pasar
moito tempo con ela os Meis magos e
Papa Noel trouxéronme moitos agasallos
como o Efecto bolboreta de Marrón do
Formigueiro .
O cinco de xaneiro quitáronme
a escaiola e xa puiden facer moitas
cousas que quería facer. Tamén fun á
neve co meu curmán e a miña veciña e
pasámolos moi ben. E fun a feira cando
acabaron as vacacións,
Vaia , que o pasei moi ben e
espero que as próximas sexan mellores,
ainda máis.
Marcos,6ºB
3CEIP Isaac Peral, Ferrol
Polo Nadal, fun visitar aosmeus avós que viven en Zaragoza. A viaxe émoi longa, pero merecía a pen porque ver aosmeus primiños, aos meus avós e aos meustíos, non ten prezo.
Eu, o primeiro día estaba moinervioso, xa que o día seguinte verían os meusprimos: Telmo e Marina.
Os seguintes días, pensei queían ser divertidos, pero os pequenos nonparaban de alborotar; sempre correndo,facendo voltas. Iso parecía un parque deatraccións. Pero só pasaba na casa, non candosaímos pasear polas rúas.
Gustoume moitísimo o Belén, era grande emoi realista
Tamén me gustou “O PILAR” é moi grande ebonito.
Mateo Pazos Plumed
SEGURO QUE
FUCHES BO,
RAPAZ!
4CEIP Isaac Peral, Ferrol
No Nadal fun á casa da miña avoa xunto cos
meus curmáns a comer. Comemos lagostinos e
pasámolo moi ben. Cando era pequena sempre
montaba un Belén enorme na miña casa xunto cos
meus pais pero este ano non o fixemos xa que non
tiña tempo. A árbore de Nadal si que a coloquei no
salón da miña casa.
O día 19 o meu equipo de baloncesto foi a
xogar un torneo a Marín, en Pontevedra. Eu non fun
porque a min chamáronme para unha concentración
coa preselección galega de baloncesto, en Gandarío.
O fin de ano celebreino na casa dos meus
tíos e das miñas tías. Eu, como case sempre, tomei as
uvas nos cuartos. Paseino moi ben e nesa noite
decubrín que me gustaban as gambas.
O 3 e 4 de xaneiro fun co meu equipo de
baloncesto ao torneo do Teresa Herrera , en Coruña.
Eses días os meus compañeiros e máis eu fixemos
moitos amigos.
O día de Reis conseguín moitos regalos e
paseino moi ben xunto coa miña familia e os meus
amigos. Uns días despois chegou de novo o colexio.
Miguel
CEIP Isaac Peral, Ferrol
CEIP Isaac Peral, Ferrol 7
As miñas vacacións do Nadal foron moi divertidas.
Paseinas coa miña familia, pero faltou moita xente, cada ano vai
faltando máis e máis e máis e máis. Cando tiña 3 anos no Nadal,
viñan na Noiteboa 100 persoas polo menos.
Os Reis Magos trouxéronme moitos
agasallos, non vou nomear todos porque
xa vos dixen que son moitos. En fin de ano
paseino na Concha, unha sá de festas no Val.
O meu pai traballou esa noite de camareiro.
Teño a pena de que toda a miña familia traballou na Concha
dezasete anos e este ano xubílanse.
Despois do Nadal chegou o colexio e a verdade é que non
tiña moitas ganas de volver.
PAULA
Parece que non quería voltar á
escola!
Pero que parvadas dis! A todos os
cativos gústalles a escola. Que saberás ti?
CEIP Isaac Peral, Ferrol 8
No Nadal paseino
moi ben con mi familia y amigos.
Quédeme a durmir a casa de
mi amiga Sarai e ao seguinte
día fun a ver AVATAR en 3D,
que por certo gustoume moito.
Dous días máis tarde fun xogar
moitos partidos de baloncesto e
a ver moitos tamén .
O día 4 de xaneiro
foi o cumpreanos do meu irmán
e ilusionouse moito cos regalos.
Tamén tivemos moitos o día dos
Reis. Ademais viñeron os meus
curmáns, padriños e tíos a
xantar a miña casa. Paseino moi
ben. Estas fueron as miñas
vacacións.
Cristina
As miñas vacacións
de Nadal foron as mellores da
miña vida, ademais regaláronme
moitas cousas. Estabamos a cear
cando de súpeto chaman ao
timbre do portal e dixen eu:
quen será a estas horas?. Non
sei, respondeu miña nai, de
súpeto ábrese a porta eran os
meus curmáns de Canarias.
Carlos
O Nadal paseino
moi ben coa miña familia.
Estiven case todo o tempo
xogando ao Monopoly coa miña
nai e co meu tío.
Alexandre
MAHATMA GANDHI
GANDHI naceu na India, en 1869, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran
obxecto os indios.
A Nai TERESA DE CALCUTA, naceu en Calcuta en 1910 e morreu naIndia en 1997. Foi célebre pola súa labor humanitaria na India. Foigalardonada co Premio Nobel da Paz en 1979 e beatificada polo Papa JuanPablo II en 2003.
BENXAMIN FRANKLIN naceu en Boston, 1706. Foi político, centífico einventor estadounidense. Participou no proceso co que conduciría aindependencia das colonias británicas de América e intervino na redacciónda Declaración de Independencia (1776).
Finalizada a guerra, participou nas conversacions do tratado de paz quepondría fin ao conflicto e contribuiu na redacción da Constituciónestadounidense.
ELEANOR ROOSEVELT
Loitou polos dereitoshumanos e pola xustizade todos nos.
CEIP Isaac Peral - Ferrol
Elaborado polo grupoo de editores de 6º A
Resolver pacíficamente os conflitos
Traballar dende pequenosna tolerancia e solidariedade
EDUCAR
PARA A PAZ
é
Afirmación da diversidade
Construir e potenciar relacións de paz entre os
que participan do proceso de ensino/aprendizaxe
Organización democrática da aula
CEIP Isaac Peral - Ferrol
Elaborado por Carla e Marta- 6º A
Este ano traballamos o día da Paz dende o punto devista da adquisición de competencia emocional, deavanzar en pautas de traballo colaborativo, enresumo, queremos potenciar unha educación para apaz. A continuación presentamos os slogans queelixiron en cada nivel ou ciclo.
CEIP Isaac Peral - Ferrol
Elaborado por Carmen e Eugenia - 6º A
E. Infantil
1º Primaria
TODOS NÓS SOMOS
DIFERENTES E
ÚNICOS
4º Primaria
ENTENDEMOS AS
NOSAS EMOCIÓNS
6º Primaria
SABEMOS QUE HAI
OUTROS PUNTOS
DE VISTA
DIFERENTES
3º Primaria
GÚSTANOS COMO
SOMOS
5º Primaria
INTENTAMOS PENSAR
ANTES DE ACTUAR
2º Primaria
VIVO RODEADO DE
XENTE MARABILLOSA
CEIP Isaac Peral - Ferrol
Elaborado por Nuria e Irene 6º A
CEIP Isaac Peral, Ferrol 13
CEIP Isaac Peral, Ferrol 14
O venres 29 de xaneiro festexamos o dia da paz . A canción
cantada foi composta por Diego Torres. Chamábase Color
Esperanza .
Este dia dedicamolo aos habitantes do pais Haiti .
Puxemonos todos unha cinta no pelo de cor branca e que
poñia HAITI POR TI . Todos os nenos do colexio axudamos
a Haiti recadando mais de 2050 €.
Todos fixemos un ritmo que dicia : “AQUÍ ESTAMOS POLA
PAZ” .
Ese día recibimos a visita do xefe da Cruz Vermella en
Ferrol. Dixonos que a Cruz Vermella destinou a moitos
voluntarios a Haiti con axudas de comida e bebida . O máis
importante era a auga .
O Dia da Paz foi moi divertido porque axudamos a Haiti,
recibimos unha grata visita e por suposto tivemos máis
recreo do normal .
Elaborado por Gabriel e AntÓn 6º a
Haití por ti
Aquí estamos pola Paz
CEIP Isaac Peral - Ferrol
16CEIP Isaac Peral, Ferrol
Este ano foi un ano de moitas traxedias en HAITÍ . Algúns colexios
de Ferrol estiveron colaborando. No Isaac Peral recadamos moitos beneficios,
máis de 2.500€ .
Fixemos un lema para HAITÍ “HAITÍ POR TI”. Os profesores
escribiron o lema nunhas tiras de plástico e puxémola na cabeza. A terceira
hora fomos ao patio a cantar a canción de Diego Torres, COLOR ESPERANZA.
Máis tarde veu o presidente de Cruz Vermella e falou connosco, díxonos que
grazas ao diñeiro que recadáramos axudariamos a levar un pouco de felicidade
ao pobo de Haití. Fomos xogar ao patio e o pasámolo moi ben nun día no que
todo o mundo apoiou a HAITÍ.
Cristina y Sabela 6B
O 12 de xaneiro sucedeu un
terremoto en Haití que é un país moi
pobre e parece que os países mais pobres
como todos os de África como Haití lles
pasa todas as traxedias os terremotos,
guerras etc… hai algúns nenos que teñen
sobrevivido baixo os escombros, non só
nenos, senón persoas de todas as idades
vella,bebés.
Isto ocorreu mentres comiamos
na casa da miña avoa e de súpeto
escoitouse na televisión que houbo unha
gran traxedia na cidade de Porto Príncipe
(América). Miña nai ,en canto soubo o
ocorrido, díxome que con un pouco que
tiñan, podían disfrutar máis que calquera
de nós, porque aprecian moito as cousas,
por pequenas que sexan.
Carlos, 6ºB
Gracias as doacións
de moitas persoas a Cruz
vermella segue a enviar
doacións para atender aos
damnificados de Haití.
Cando facemos esta
noticia, xa tiñan máis de
400 persoas no país.
As necesidades
máis inmediatas son os
servizos médicos e de
saúde, auga potable
aloxamento de emerxencia
e alimentos. Enviou a Cruz
Vermella máis de 83
toneladas humanitarias.
Un grande
problema é a transmisión
de enfermidades por falta
de auga potable.
A Cruz Vermella
reparte Kits familiares que
conteñen 5 mantas, 2
depósitos plegables para
almacenar auga, 2 toldos
de plástico, 1 cubo, 1 kit de
hixiene, 1 kit de cociña, 2
mosquiteiras e pastillas
potabilizadoras de auga.
Alexandre
O papel das
Organizacións. Non
Gubernamentais (ONG) adquiriron
especial relevancia nas últimas
décadas, coa súa contribución a
sensibilizar á opinión pública
acerca dos problemas de
desenrolo no Terceiro Mundo. Así
mesmo, dinamizan e moitas veces
son críticas fronte aos seus
respectivos gobernos, con obxeto
de que estes impulsen accións de
cooperación internacional e
incrementen os recursos
destinados á axudas.
Todos xuntos
loitan pola paz e axudan as
persoas que non teñen casa,
comida e sobre todo amor e cariño
da xente que lles quere.
Lembremos que no mundo hai
millóns de nenos menores de 13
anos que traballan como soldados.
A comunidade
educativa do CEIP
Isaac Peral recada
máis de 2.050 € para
donar a HAITÍ!
HAITÍ, POR
TI !
O alumnado de 6º ingresou
a recadación para Haití
na conta de Cruz Roja
A Cruz Vermella realizou unha
campaña para recadar fondos para reconstruír e
dar de comer a Haití. Os colexios de España
recadaron moito diñeiro para reconstruír o país.
A Cruz Vermella ten calculado que uns
3.750.000 de damnificados que se estiman
poder estar sufrindo as consecuencias do sismo
acontecido .
Todo o Movemento Internacional da
Cruz Vermella xa tiña destinadas máis de 400
persoas no país : persoal médico especialistas en
Unidades de Resposta a Emerxencia e
voluntarios.
Nestes momentos as necesidades
inmediatas son os servizos médicos e da saúde,
auga potable e o saneamento, o aloxamento de
emerxencia. Dende a Cruz Vermella Español
enviáronse 83 toneladas de axuda humanitaria.
O control de enfermidades
transmitidas pola falta da auga potable é un dos
maiores desafíos. Cruz Vermella Española
instalou depósitos de auga flexíbeis e distribuíu
a auga a través de 13 camións cisterna, máis de
1.000.000 de litros de auga. Tamén reparte o que
chaman “kits familiares” que conteñen 5 mantas,
2 depósitos plegabeis para almacenar auga, 2
toldos de plástico, 1 cubo, 1 kit de hixiene, 1 kit
de cociña, 2 mosquiteiros e pastillas
potabilizadoras de auga.
CEIP Isaac Peral, Ferrol 22
Os amigos de Peraliño é o título do proxecto colectivo quese está desenvolvendo neste curso no noso Centro. Ten comoprotagonistas os animais (foca, camelo, elefante, tucano, xirafae canguro), por ser estes entrañables, emotivos e con grancarga máxica para as nenas e os nenos, o cal contribúe areforzar e ampliar as distintas áreas. Ademais é un proxectointegrador e inclusivo, onde teñen espazo as capacidades eposibilidades de todo o alumnado nas diversas disciplinas.
Por outro lado, é un proxecto onde podemos aunar oesforzo do profesorado, dende os distintos ciclos e equipos(Dirección, Orientación, Normalización Lingüística, TICs,Extraescolares,…) e o esforzo das familias e da ANPA, coa súainestimable colaboración; disto son ejemplo recente acomparsa Peraliño en sintonía co devandito proxecto, así comoa creación corpórea da mascota “Peraliño”, feitadesinteresadamente pola nai dun alumno.
PARABÉNS PARA TODAS E TODOS!
“OS AMIGOS DE PERALIÑO”,
O PROXECTO DE BIBLIOTECA PARA ESTE CURSO
CEIP Isaac Peral, Ferrol 23
Os amigos de Peraliño non foron elixidos a chou, senón que seideou un proxecto, cun corazón, capaz de converterse nunaxente facilitador de aprendizaxe activa e que nos mergulle,non so na información, senón tamén no coñecemento dadiversidade das raíces culturais dos diferentes países dos queproceden estes animais. Isto sérvenos para entender asvivencias propias e alleas, fomentando o acercamento e aaceptación da diferencia e, contribuindo deste xeito afortalecer a PAZ.
O froito do esforzo de todos está obxectivado en tarefascomo:
• Selección e lectura de mitos e lendas• Montaxes para a presentación de cada animal• Murais e carteis• Cartas• Cómics• Recolleita de refráns, adiviñas ...• Invención e montaxe de contos• Invención de poesías• Debuxos e ilustracións• Modelado de pingüíns e elefantes• TICs con actividades nas diferentes áreas• Teatro
O noso alumnado non so usa libros, papel e lapis, pois taménxoga e investiga en internet.Pensamos que temos ben presente a máxima “PARA EDUCARAOS NENOS E NENAS NECESITAMOS A TRIBU ENTEIRA”,crémolo de verdade e intentamos actuar en consecuencia.
O grupo da Biblioteca
OS TUCANOS
Os tucanos son aves naturais das Américas e
a maioría habitan nas selvas tropicaíi.
Todos os membros desta familia teñen o pico
largo e groso. A pesar da súa robusta aparenza, o
pico é de moi lixeiro peso. O pico, igual que as plumas,
é de diversas e atractivas cores . As patas téñenas
fortes e pasan a maior parte do tempo pousados nas
árbores. A alimentación baséase principalmente na
froita, sendo complementada con insectos e animais
pequenos, incluíndo outras aves e os seus ovos.
O seu niño fano dentro dos ocos das árbores.
Non engaden ningún material no niño, depositan os
ovos no fondo do oco. Coñécese moi pouco da cría
destas aves. A niñada pode ter de dous a catro ovos .
Feito por Irene e Nuria 6ºA
OS INVITADOS DE PERALIÑO
Ola amigos! Xa estouaquí outra vez! Este trimestre tivemos
dous novos invitados no noso cole: o elefante
Saval e o tucanoZamná
Aquí tedes un pouco máis de información
sobre os tucanose os elefantes
O ELEFANTE
O elefante é vertebrado porque o seu
corpo esta formado por ósos. É un animal
mamífero e herbívoro.
O máis característico do seu corpo é a súa
trompa que é unha adaptación do nariz.
Trátase dun músculo alargado, sen ósos.
Os elefantes utilizan a trompa para emitir
sons, para os seus baños de po, para derrubar
obstáculos, apartar a vexetación...
Os primeiros dentes molares saen aos 14-
15 anos de idade. Ao redor dos 28-30 anos, os
dentes son substituídos por outros novos.
Estes segundos molares durarán até os 40
anos do animal aproximadamente, que sairán
uns novos até os 60-70 anos.
Hoxe en día existen dúas especies
diferentes de elefantes. O elefante asiático
ou indio e o elefante africano.
As diferenzas fundamentais entre as dúas
especies de elefantes é que o elefante
africano é o máis corpulento que o asiático,
pesa unhas 7 toneladas, mide entre 3 e 4 m de
alto e chega aos 6 m de lonxitude. As súas
orellas e cabeiros son máis grandes.
ELEFANTE ASIÁTICO
ELEFANTE AFRICANO
ELABORADO POR : MARTA Y CARLA
Que vos pareceron estesdous novos invitados? Estade atentos, que
dentro de pouco chegaráun novo amigo meu! Quen
será?
CEIP Isaac Peral, Ferrol 26
CEIP Isaac Peral, Ferrol 27
Na antiga Grecia, hai moitos
séculos, viviu un mestre de quen aínda
hoxe os que queren ser profes teñen que
estudar as súas teoría. Foi Sócrates
(469 - 399 AC).
Recoñecido pola súa sabiduría ,
acostumaba a xente a pedirlle consello .
Un deses días atopou un amigo moi
alporizado polo que escoitara dun alumno
seu.
— "Sócrates, sabes o que me dixeron
dun alumno teu?"
— "Un momento" respostou Sócrates.
"Antes de dicirme nada, gustaríame que
pasaras unha pequena proba. Chámase a
proba do
triple filtro".
— ”Triple filtro?”
— “Iso é", continuou Sócrates. "Antes
de contarme o que sexa
sobre o meu alumno, é unha boa idea
pensalo un pouco e colar o
que teñas que dicirme. O primeiro filtro
é o da Verdade. Estás
completamente seguro de que o que
me tes que dicir é certo?“
— "Non...“
— "Ben", dixo Sócrates. "Conque non
sabes se é certo o que queres
contarme. Vexamos o segundo filtro,
que é o da Bondade.“
— "Queres contarme algo bo do meu
alumno?”
— "Non. Todo o contrario...“
— "Conque" interrompiulle Sócrates,
"queres contarme algo
malo de el, que non sabes sequera se é
certo. Vaia, aínda podes pasar a proba
porque queda outro filtro, o da Utilidade
— Vasme dicir algo moi útil do meu
alumno?
— "Non. Non moito“
— "Polo tanto" rematou Sócrates, “se
o que queres contarme pode non ser
certo, non é bo, nin é útil, para que
contalo?”
Isto explica a grandeza de
Sócrates, e por que se
lle tiña en tanta estima.
CEIP Isaac Peral, Ferrol 28
CEIP Isaac Peral, Ferrol 29
Xa o Antroido chegoupouco despois do Nadalveu a vernos un tucano
que ten de nome Zamná.
Ven de terras lonxanase quérese disfrazar
nós, por non ser menos,ímolo imitar.
Decoramos colexio e corredorescon carautas e antefaces
fixemos traballos nas clasese ata un tucano xigante.
Durante toda a semanadivertímonos cos mandados,
fixemos moito ruídoe vimos de foca, camelo e paxaro.
E xa por fin chegou o venres,o día máis sinalado,
viñemos ben disfrazadose polo patio desfilamos.
Comemos ata fartarnosfreixós, orellas, torradase para rematar a festana discoteca bailamos.
Que Antroido máis divertido!Que ben o pasamos todos!
E á volta das vacaciónsa sardiña Meca queimamos.
30CEIP Isaac Peral, Ferrol
CEIP Isaac Peral, Ferrol 31
CEIP Isaac Peral, Ferrol 32
Estes ovos tan fritidos
Ricos, saborosos e nutritivos
Non son ovos, son os profes
Cantando e bailando divertidos.
E cando remate o Antroido
Seguiremos aprendendo
Con moitas gañas e forzas
Como sempre vimos facendo.
CEIP Isaac Peral, Ferrol 33
CEIP Isaac Peral, Ferrol 34
CEIP Isaac Peral, Ferrol 35
CEIP Isaac Peral, Ferrol 36
CEIP Isaac Peral, Ferrol 37
CEIP Isaac Peral, Ferrol 38
CEIP Isaac Peral, Ferrol 39
UNHA LINGUA É MÁIS QUE UNHA OBRA DE
ARTE
O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
deste centro, ante as diferentes informacións e opinións
respecto ao “decreto de plurilingüismo” que establece unha
repartición entre o castelán, o galego e unha terceira lingua
estranxeira, quere expresar o seu desexo de que o proceso de
normalización da lingua galega non sufra ningún retroceso e que
todo o alumnado adquira unha boa competencia lingüística nesta
lingua.
Polo tanto dende este departamento seguiremos
traballando desenvolvendo actividades que nos mergullen na
cultura e lingua galegas e xeneren un verdadeiro amor e
respecto hacia ela, porque como deixou dito Castelao:
CEIP Isaac Peral, Ferrol 40
CEIP Isaac Peral, Ferrol 41
Todo comezou cando,
Iván, o profesor que substituíu a
Eloísa, preguntoulles aos nenos que
ían a alternativa que a onde lles
apetecería ir na excursión de fin de
curso, e dixeron que a Port Aventura.
Iván díxolles que fixeran un traballo
sobre a viaxe e que intentaran
convencer aos profesores.
Ao final,
convenceronos ao ensinarlles os
traballos que fixeron sobre a viaxe a
Port Aventura, o que pasaba era que
a viaxe era moi cara, e por iso,
reunímonos os alumnos de 6º A e 6º
B, xunto coas nosas titoras (Eloísa e
Pilar) para decidir onde íamos en vez
de a Port Aventura. Ao final
decidimos ir a Madrid.
Se queriamos viaxar a
Madrid teriamos que recadar unha
cantidade de diñeiro e, para facelo,
tivemos que vender rifas.
A viaxe será en
autobús e durará, como mínimo seis
horas. As profesoras que nos
acompañarán serán Pilar, Eloísa e
Olga. Aloxarémonos nun hotel de
tres estrelas chamado Egido las
Provincias, situado en Fuenlabrada.
O primeiro día faremos
un percorrido turístico
pola cidade de Madrid.
O segundo día
visitaremos o Museo
do Prado, e visitaremos
o Estadio Santiago Bernabeu. O de ir
ao Bernabeu foi unha decisión moi
polémica porque case todos os nenos
da clase son do F.C. Barcelona. O
terceiro día iremos á Warner Bross.
O cuarto día visitaremos a Granxa de
San Ildefonso e despois Segovia. Ese
mesmo día marchamos para Ferrol,
así que, sairemos entre ás 17:30h e
as 18:30h e estaremos aquí sobre as
22:30h.
CEIP Isaac Peral, Ferrol 42
Vaiasorte!
Viaxe fin de curso
CEIP Isaac Peral, Ferrol 43
Este é o noso último curso no colexio Isaac Peral, xa que o vindeiro pasaremos ao
instituto. Como todos os anos faremos unha viaxe de fin de curso, pero este ano, por ser o
último, será un pouco máis longa.
Estamos moi emocionados cos preparativos.
A excursión será á capital do noso pais, Madrid, e farémola na última semana de maio.
Viaxaremos en autobús e aloxarémonos no HOTEL EGIDO LAS PROVINCIAS en
Fuentabrada.
Iremos visitar o Museo do Prado, a Warner Bros, a Granxa de San Ildefonso. Tamén
coñeceremos a cidade de Madrid e visitaremos o estadio Santiago Bernabeu.
Faremos un breve resumo destas visitas.
Estadio Santiago Bernabéu
O Estadio Santiago Bernabé é un recinto deportivo localizado na rúa
Chamartín ao norte de Madrid. Foi inagurado o 14 de Decembro de 1947. Ten
un aforo para 80.354 espectadores, todos eles sentados.
Visitaremos tamén a Granxa de San Ildefonso e a cidade de
Segovia.
Todos esperamos con ilusión esta viaxe.
Fixemos esta reportaxe para que descubrades a aventura que imos
pasar
Warner Bros
É un dos parques
temáticos máis completos e
vanguardistas de Europa. Esta situado
en San Martín de la Veda a tan só
28Km. De Madrid.
Museo do Prado
Esta ubicado en Madrid, e unha
das pinacotecas máis importantes do mundo, ten
cadros de pintores como Velásquez, Goya,
Tiziano, Rubens, El Greco, Murillo, Zurbarán,
Veronese, Tintoreto. Por citar só os máis
relevantes. Ten obras como as Meninas de
Velásquez. Na actualidade esta dirixido por Miguel
Zugoza.
Fixemos unha enquisa ao alumnado de 6º A para saber calera a súa asignatura preferida. Estes son os resultados:
LINGUA CASTELÁ
40%
LINGUA GALEGA
0%
C.MEDIO40%
MATEMÁTICAS
12%
INGLÉS8%
Asignaturas preferidas por 6ºA
Materia preferida Número de alumnos
Lingua Castelá 10
Lingua Galega 0
C.Medio 10
Inglés 2
Matemáticas 3
CEIP Isaac Peral - Ferrol
Elaborado por Carmen e Eugenia - 6º A
CEIP Isaac Peral, Ferrol 45
Margarita foi a nosa profesora
de Infantil . Pasamos tres anos con ela e aínda
hoxe a botamos de menos. Gustounos moito,
era moi boa. Aínda nós eramos algo cafres ela
non se enfadaba connosco nunca.
Quixemos facer esta entrevista
a Margarita porque tiñamos moita ilusión en
ver outra vez a nosa profesora de Educación
Infantil.
1.-Onde naciches?
En Ferrol
2.-Onde vives?
No Val (Narón)
3.-Que fas no teu tempo libre?
Camiñar , ler, punto de cruz…
4.-Cales son as túas aficións?
Camiñar pola natureza
5.-Se tiveras que elixir outra profesión , cal
sería?
Nunha gardería ou coidadora nun centro.
6.-Canto tempo levas no centro?
9 anos.
7.-Sempre deches clase de Infantil ou outro
nivel máis?
Tamén en 1º ciclo
8.-De pequena, querías ser profesora?
Si
9.-A que colexio fuches?e a que instituto?
As Mercedarias e despois ao Feminino,
que agora coñecemos como Sofía Casanova.
10.-Onde estudaches maxisterio?
En Coruña
11.-Foi moi difícil?
Non.
12.-Que foi o que mais te gustou de ser
a nosa profesora?
Que foi un bo curso
13.-Gustaríache volver a darnos clase?
Si
14.-Eramos bos ou algo cafres?
Había un pouco de todo.
Cristina e Sabela 6ºB
O NOSO PATIO DE XOGOS
O noso patio de recreo ten case forma cadrada.Podémolo dividir en tres grandes zonas.
A zona do patio cuberto: se estende entre oedificio de E.Infantil e o de Primaria, onde nosprotexemos da choiva,. Este espazo é moi pequeno,debería ser moito máis amplo, porque cando vai maltempo estamos moi amontoados, case non nosmovemos. Ademais o tellado está moi vello, con moitoferruxe, e cando hai vendaval parece que vai saírvoando. O centro debería pedir que o ampliaran e asípoder poñer xogos, coma pratos xiratorios e inclusopoderíase poñer un Peraliño xigante, feito de madeira eacolchado polo seu interior, onde os pequerrechospuideran xogar.
O resto do patio: É moi amplo, colle os lateraisdos edificios e a parte de atrás de E. Infantil. Pero estámal aproveitado. Gustaríanos que estivera repartidopor zonas. Con pistas de baloncesto ben delimitadas eben pintadas e tamén un par de pistas de fútbol, coassúas respectivas porterías, e liñas; con quendas para oseu uso e así evitar moitas liortas entre nós e os do 2ºciclo, cando non nos toca o pavillón.
Ademais delimitar outras zonas para pasear ou faceractividades máis tranquilas sen que se corra perigo debalonazos.
Tamén un parque infantil con máis xogos, que quitarono tren e a casiña e non os repuxeron. Con o ben que otemos pasado neles!
Zonas axardinadas e horto: As principais zonasverdes do colexio están situadas fóra do recinto, naentrada principal (aínda que ás veces ten a herba moialta) e na baixada ao pavillón, pero non podemosacceder a ela porque está en pendente e moi malcoidada. Aínda que os rapaces tampouco axudamos arespectar as plantas, porque hai unha árbore na quemoitos nenos e nenas se penduran dela e van acabarrompéndoa.
Dentro do patio de recreo está o horto e o xardín.Gustábanos moito ir axudar a Maribel no horto; plantaras leitugas e recollelas. É unha mágoa que xa non sefaga! Supoñemos que deixouno porque había rapacesque pisaban os vexetais e os froitos.Pero estariamosencantados de que se volvera a plantar e incluso quefora máis grande.
Unha zona verde que botamos en falta é un campiño concéspede, onde poder sentar a falar, incluso con algunhasárbores froiteiras que nos deran sombra no tempo decalor.
Tamén nalgún obradoiro, poderiamos construír casetaspara paxaros. Colocar algunha fonte máis, ou unestanque con peixes.
Nós pensamos que o noso patio necesita unha boaremodelación: reforzar os muros, quitar o enreixadoenferruxado e pavimentar, porque incluso o chan estácheo de charqueiras, onde mollas os zapatos e seesbarras, postes feito un asco.
Limpeza:
Para facer este traballo observamos con atención o patioe comprobamos que non está moi limpo. Debemosrecoñecer que gran parte da culpa é nosa, que, porpreguiceiros, non imos ata as papeleiras a tirar o lixo.
De todas maneiras, ademais de comprometernos amellorar a nosa actitude, queremos suxerir variascousas:
- Poñer máis papeleiras e máis baixas, e sempre contapadeira, para que non voara o lixo.
- Que foran papeleiras triples, que recolleran o papel, oplástico e os residuos orgánicos.
- Que levaran etiquetas moi vistosas para saber benonde tirar cada cousa.
- O alumnado do terceiro ciclo podería axudar a mantero patio limpo, nas horas de titoría, repartindo asuperficie do patio e o pavillón.
En conclusión:
Pedimos ás autoridades que corresponda un patiomáis coidado, mellor repartido, con máis xogos,con máis zonas cubertas, etc, etc.Pedimos ao alumnado que se responsabilice demantelo limpo, de non esnaquizar o que temos, derespectar as zonas verdes, etc. etc.
Deste xeito conseguiríamos ter o mellor patio derecreo de Ferrol.
Elaborado polo alumnado de 5º A e 5º B
Estes blogs recollen una serie de actividades interactivas, clasificadas por temas, quefacilitan ao alumnado a adquisición e reforzo das aprendizaxes dun xeito máis atractivo.Pódense atopar estes blogs buscando no menú da nosa páxina web a sección deRECURSOS e no apartado de E. PRIMARIA.
Pinchando en MATEMÁTICAS accederemos ao blog Matemáticas Informatizadasque reúne múltiples xogos e actividades matemáticas.
http://centros.edu.xunta.es/ceipisaacperal/
Pinchando en LINGUA CASTELÁ accederemos ao blog Lenguaticscunha variada selección de actividades e xogos de Lingua Castelá.
CEIP Isaac Peral - Ferrol
Na sección DEPARTAMENTOS no apartado BIBLIOTECA atoparemos os dous biblioblioblogs.
No blog MERGÚLLATE NALECTURA atopamos as novas dabiblioteca e do colexio, así comoreseñas editoriais e actos einformación de tipo cultural.
O blog LECTURA NA REDE recolleunha boa colección de todo tipo delecturas para ver, ler, escoitar e atapara xogar con elas. Unha variada einteresante biblioteca virtual quenos descubrirá canto nos gusta ler!
E outro novo blog, BIBLIOLANDIA recolle en forma de atractivas presentaciónsalgunhas das produccións do alumnado. Aquí atopamos os contos, historias, poesíase ilustracións creados polos nenos e nenas do Isaac Peral.
CEIP Isaac Peral - Ferrol
CEIP Isaac Peral, Ferrol 49
Aprendimos a abrir documentos de word.
Foi moi divertido e interesante
Pasámolo moi ben e
aprendemos a facer
traballos en diferentes
programas. Foi moi
interesante.
O obradoiro de informática foime moi útil
porque aprendín cousassobre persoas, e sobre o manexo do ordenador.
Aprendimos moitas cousas e foi moi divertido
CEIP Isaac Peral, Ferrol 50
Aprendin a facerbocadillos, traballaren documentos de
word, etc.
Aprendimos a
escribir nas
formas e a cortar
fotos.
Pasámolo moi ben!
Facendo o periódico
aprendimos a traballar en
equipo