wert

10
CONVOCATORIA DE PRAZAS E BOLSAS DE ALOXAMENTO PARA ESTUDANTES DA UNIVERSIDADE DE VIGO CURSO 2011-2012 A Universidade de Vigo convoca prazas e bolsas de aloxamento para o curso académico 2011- 2012 conforme as seguintes BASES I. Solicitantes Poderán solicitar prazas de aloxamento xestionadas pola Universidade de Vigo os estudantes que cumpran os requisitos desta convocatoria e vaian desenvolver as súas actividades na Universidade de Vigo durante o período lectivo do curso 2011-2012. Así mesmo, reservaranse ata un 5% das prazas para outros sectores da comunidade universitaria en función das solicitudes presentadas. As prazas non cubertas engadiranse ao cupo xeral. II. Prazas convocadas As prazas que se ofertan nesta convocatoria son as que se detallan a continuación: CAMPUS DE VIGO Complexo residencial universitario “O Castro”: - 19 prazas en apartamentos individuais con cociña. - 199 prazas en apartamentos individual con cociña compartida (6 adaptadas para discapacitados). CAMPUS DE PONTEVEDRA Residencia concertada “A Peregrina”: - 10 prazas en habitacións individuais. - 60 prazas en habitacións dobres. CAMPUS DE OURENSE Complexo residencial universitario “As Burgas”: - 131 prazas en apartamentos individuais con cociña (4 adaptadas para discapacitados). - 56 prazas en apartamentos individuais con cociña compartida (cada 2). - 2 prazas en apartamentos dobres CAMPUS DE OURENSE (Allariz) Complexo residencial concertado “ALCAI”: - 10 prazas en apartamentos con habitación individual (cinco apartamentos). - 10 prazas en apartamentos con habitación dobre (cinco apartamentos).

description

wertwrrtwertwerterwtret

Transcript of wert

Page 1: wert

CONVOCATORIA DE PRAZAS E BOLSAS DE ALOXAMENTO PARA ESTUDANTES DA

UNIVERSIDADE DE VIGO

CURSO 2011-2012

A Universidade de Vigo convoca prazas e bolsas de aloxamento para o curso académico 2011-

2012 conforme as seguintes

BASES

I. Solicitantes

Poderán solicitar prazas de aloxamento xestionadas pola Universidade de Vigo os estudantes

que cumpran os requisitos desta convocatoria e vaian desenvolver as súas actividades na

Universidade de Vigo durante o período lectivo do curso 2011-2012.

Así mesmo, reservaranse ata un 5% das prazas para outros sectores da comunidade

universitaria en función das solicitudes presentadas. As prazas non cubertas engadiranse ao

cupo xeral.

II. Prazas convocadas

As prazas que se ofertan nesta convocatoria son as que se detallan a continuación:

CAMPUS DE VIGO

• Complexo residencial universitario “O Castro”:

- 19 prazas en apartamentos individuais con cociña.

- 199 prazas en apartamentos individual con cociña compartida (6 adaptadas para

discapacitados).

CAMPUS DE PONTEVEDRA

• Residencia concertada “A Peregrina”:

- 10 prazas en habitacións individuais.

- 60 prazas en habitacións dobres.

CAMPUS DE OURENSE

• Complexo residencial universitario “As Burgas”:

- 131 prazas en apartamentos individuais con cociña (4 adaptadas para discapacitados).

- 56 prazas en apartamentos individuais con cociña compartida (cada 2).

- 2 prazas en apartamentos dobres

CAMPUS DE OURENSE (Allariz)

• Complexo residencial concertado “ALCAI”:

- 10 prazas en apartamentos con habitación individual (cinco apartamentos).

- 10 prazas en apartamentos con habitación dobre (cinco apartamentos).

Page 2: wert

III. Requisitos para solicitar a admisión

Como regra xeral, quen solicite praza de aloxamento deberá ter o seu domicilio familiar fóra

do termo municipal no que estea situada a residencia ou o complexo residencial onde se

solicita a praza de aloxamento.

a) Solicitantes de nova admisión, de 1º e 2º ciclo e estudantes de grao e máster oficiais.

Deben cumprir os seguintes requisitos:

1.- Matricularse no curso 2011/2012 na Universidade de Vigo en centros do campus no que

opten á praza, nalgún dos vixentes planos de estudos de primeiro ou segundo ciclo, ou ben

nun grao ou máster oficial. As persoas que estea realizando o Proxecto Fin de Carreira deberá

matricularse no mesmo ao longo do curso 2011-2012.

2.- Obter a seguinte nota media:

a) Para persoas que inician por primeira vez estudos universitarios: nota de acceso á

universidade igual ou superior a 1 punto, ou ben 1 punto de nota media no curso que lle dá

acceso á mesma, de acordo co establecido no punto VI.1.a) da presente convocatoria.

b) Para os restantes casos:

- en estudos de ensinanzas técnicas: 0,6 puntos;

- nos demais estudos universitarios e superiores: 0,8 puntos

entendendo en ambos casos por puntuación académica a nota media calculada de 0 a 4

puntos conforme ao Protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e

ordenación universitaria e as universidades galegas (DOG do 23 de marzo de 2005).

Para o cálculo da puntuación académica terase en conta a nota máis alta obtida en cada

materia do curso 2009-2010 e do 2010-2011 ata a data de finalización do prazo de entrega de

solicitudes. Considerarase como número de convocatorias consumidas en cada materia o

valor de 1. Ademais, no caso dos solicitantes que iniciaron por primeira vez os seus estudos

universitarios no curso 2010-2011, considerarase a nota de acceso á Universidade a efectos

de calcular a media.

No caso de non estar matriculado no curso 2010-2011 os requisitos académicos esixiranse

respecto do último curso realizado.

b) Estudantes de doutoramento

Poderán ser admitidos a trámite como estudantes de doutoramento, para os efectos desta

convocatoria, as e os que rematen os estudos de máster ou terceiro ciclo que dan acceso á

realización da tese de doutoramento no curso académico 2010-2011, sempre que obtivesen

unha cualificación media igual ou superior ao “aprobado” nos referidos estudos.

Page 3: wert

c) Renovación das prazas de aloxamento

Esta renovación será automática se:

1.-Cumpren os requisitos académicos recollidos no apartado III desta convocatoria.

2.-Non existe informe negativo da dirección da residencia ou complexo residencial (a

dirección da residencia ou complexo residencial terá a obriga de entregar unha copia dos

informes negativos na Vicerreitoría de Extensión Universitaria).

3.-Se manteñen condicións económicas similares ás que permitiron a obtención da praza de

residente no curso anterior.

d) No caso de resultar prazas vacantes poderán ser concedidas ás persoas solicitantes que

non cumpran a nota media esixida. Concederanse en primeiro lugar a residentes no curso

anterior empezando polos de nota media máis alta e a continuación aos solicitantes de nova

admisión empezando polos de renda persoal dispoñible máis baixa.

IV. Solicitudes, lugares e prazo de presentación

1.- Solicitudes

Os impresos de solicitude de praza e bolsa de aloxamento deberán ser cumprimentados no

modelo de solicitude que aparece en calquera das seguintes páxinas web:

http://seix.uvigo.es/bolsas_residencias

http://www.uvigo.es/VidaUniversitaria/comedores_aloxamento/aloxamento/index.html?__locale=gl

Unha vez cumprimentado, deberán imprimir o formulario que aparecerá como ficheiro PDF e

presentalo coa sinatura do solicitante e demais membros computables da familia.

2.- Lugares de presentación dos impresos de solicitude

Os impresos de solicitude debidamente cubertos na páxina web xunto coa documentación

requirida presentaranse en calquera dos rexistros da Universidade de Vigo, ou por calquera

dos procedementos previstos na lexislación vixente. As solicitudes presentadas a través das

oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto para ser datadas e seladas antes da súa

certificación.

3.- Prazo

O prazo de presentación das solicitudes será dende o día seguinte á publicación desta

convocatoria no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral ata o 2 de xullo de 2011.

Page 4: wert

V. Documentación que se debe achegar coas solicitudes

A documentación a aportar é a seguinte:

- Fotocopia do NIF de todos os membros computables da familia do solicitante.

- Fotocopia completa da Declaración da Renda das Persoas Físicas referida ao

exercicio 2010 dos membros que constitúen a unidade familiar á que pertence a

persoa solicitante, xunto coa folla de liquidación do ingreso selado pola entidade

bancaria ou delegación de Facenda na que foi presentada. No caso de non ter

presentado declaración da renda, deberá achegar certificado expedido pola

Seguridade Social dos períodos de cotización e certificado de haberes e retencións,

certificado de prestacións e subsidios de desemprego, pensións, documento da

entidade bancaria no que consten os rendementos de capital mobiliario e

ganancias e perdas patrimoniais percibidas durante o ano 2010.

- Documento expedido pola entidade bancaria dos datos identificativos da conta

bancaria do solicitante.

- As e os estudantes que van iniciar primeiro curso por primeira vez e realizaran as

PAAU nunha Universidade que non pertenza ao Sistema Universitario de Galicia,

deberán achegar un documento acreditativo da cualificación final obtida nas

PAAU. Quen ingrese en centros sen necesidade de presentarse a estas probas

deberá presentar unha certificación académica na que consten as cualificacións

obtidas en COU, 2º de Bacharelato ou no último curso de FP.

- O resto do estudantado de primeiro e segundo ciclo ou de grao e máster oficial

que no seu último curso académico estivera matriculado nunha universidade

distinta á Universidade de Vigo deberá presentar unha certificación académica dos

últimos estudos realizados.

Quen solicite aloxamento nos complexos residenciais As Burgas e O Castro achegará a

seguinte documentación:

- para o complexo residencial As Burgas, resgardo de pagamento do prezo de

matrícula fixado pola empresa concesionaria na conta 2080/0261/29/0040020942

de Caixanova indicando o nome e apelidos da persoa que solicita a praza. Esta

cantidade está fixada en 134 euros para os novos residentes e 58 para os antigos.

- para o complexo residencial O Castro, o resgardo de pagamento do prezo de

matrícula fixado pola empresa concesionaria na conta 2080/0000/75/0040269255

de Caixanova, indicando o nome e apelidos da persoa que solicita a praza. Esta

cantidade está fixada en 134 euros para os novos residentes e en 117 para os

antigos.

Page 5: wert

Estas cantidades están destinadas a gastos de xestión e tramitación do contrato de

alugamento e será devolta a todas as persoas beneficiarias das axudas do punto XII desta

convocatoria. Nos demais casos, as condicións de devolución da matrícula son as que fixa a

empresa e se especifican no apartado 6 da información xeral que acompaña á ficha de pre-

inscrición.

VI. Baremos para a avaliación das solicitudes de praza

Para a adxudicación das prazas terán preferencia as solicitudes de renovación.

1) Estudantes de nova admisión

A puntuación total será a suma das puntuacións académica e económica obtida conforme aos

seguintes criterios:

a) Puntuación académica

Para estudantes que inician os estudos universitarios será a nota de acceso calculada de

acordo co seguinte baremo:

Matrícula de honra 4 puntos

Sobresaliente 3 “

Notable 2 “

Aprobado 1 “

Suspenso 0 “

Para o resto dos estudantes de primeiro e segundo ciclo, grao e máster será a nota media,

calculada segundo o especificado no apartado III desta convocatoria.

b) Puntuación económica

A puntuación económica outorgarase en función da Renda Persoal Dispoñible (RPD) definida

como a Renda Familiar (RF) da persoa solicitante dividida polo número de membros da

unidade familiar, calculada segundo estableza o Real Decreto polo que se fixan os umbrais de

renda para as axudas ao estudo do MEPSD para o curso 2011-2012. A equivalencia en puntos

farase en conformidade con eses umbrais.

A renda Persoal Dispoñible (RPD) calcularase pola a agrupacións de rendas dos membros que

compoñen a familia, computando o 100% dos ingresos das persoa principal e o cónxuxe, e o

50% do resto dos membros da familia.

En caso de empate na puntuación global de dous ou máis solicitantes, a orde de prelación

establecerase segundo as rendas persoais dispoñibles ordenadas de menor a maior.

2) Estudantes que solicitan a renovación da praza

Os estudantes residentes no curso 2010-2011 serán readmitidos se cumpren os requisitos

establecidos no apartado III para este colectivo.

VII. Admisión e readmisión nas residencias concertadas

Page 6: wert

As residencias concertadas recibirán directamente as solicitudes e as prazas serán

adxudicadas por unha comisión mixta. Por iso a resolución da selección dos candidatos/as ás

prazas da residencia concertada “A Peregrina” delégase na comisión mixta prevista no

convenio.

VIII. Tramitación das solicitudes e adxudicación

Unha vez rematado o proceso de avaliación das solicitudes, adxudicaranse as prazas en

función da puntuación obtida e faranse públicas mediante Resolución reitoral as listas

provisorias de persoas admitidas e en espera coa súa puntuación, e excluídas xunto coa causa

que motiva a súa exclusión. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días naturais

para presentar a documentación que permita corrixir os erros que se aprecien. Unha vez

revisadas as alegacións presentadas publicaranse as listas definitivas de admitidos en cada

complexo residencial ou residencia, a lista de espera e a relación de excluídos.

Todas as listas e relacións ás que se refire este punto publicaranse nos taboleiros da

Vicerreitoría de Extensión Universitaria (Edificio Miralles, Campus de Lagoas-Marcosende), no

Rexistro xeral da Reitoría e nos Rexistros auxiliares dos tres campus.

IX. Obrigas, aceptación e fianza

As e os estudantes admitidos disporán dun prazo de dez días hábiles para entregar na súa

residencia o xustificante de ter feito o ingreso dunha cantidade equivalente a:

- Para o complexo residencial universitario “O Castro” de Vigo, dúas mensualidades

en concepto de fianza que se ingresarán na conta nº 2080-0000-75-0040269255 de

Caixanova.

- Para o complexo residencial universitario “As Burgas” de Ourense, dúas

mensualidades en concepto de fianza que se ingresarán na conta nº 2080-0261-29-

0040020942 de Caixanova.

- Para a residencia concertada “A Peregrina”, a fianza será de 240 € e ingresarase na

conta 0072/0474/49/0000100077 do Banco Pastor.

- Para a residencia concertada “ALCAI” de Allariz, a fianza será de 110 € e

ingresarase na conta que lle indiquen na mesma residencia no momento de facer a

inscripción.

A entrega destes xustificantes servirá como confirmación da aceptación da praza por parte da

persoa solicitante. Esta deberá, así mesmo, asinar un documento no que especifique a

aceptación das condicións xerais que rexen o aloxamento nas residencias e complexos

residenciais da Universidade de Vigo (neste caso un contrato de hospedaxe), así como o

Regulamento de réxime interno. No caso de non cumprir algún destes trámites, entenderase

que renuncia á praza concedida e procederase a mover a lista de agarda.

Page 7: wert

A fianza devolverase ao finalizar o curso, agás naqueles casos de deterioro das instalacións ou

moblaxe, débedas pendentes ou abandono do complexo residencial ou residencia, xa sexa

por decisión propia antes de rematar o curso ou polos motivos recollidos no apartado X. A

asignación das habitacións efectuarase en cada complexo residencial ou residencia. As

persoas con praza asignada deberán efectuar a matrícula do curso 2011/2012 no prazo

establecido no seu día pola convocatoria de matrícula agás os estudantes de doutoramento.

X. Perda do dereito á praza

Ademais dos motivos recollidos no Regulamento de réxime interno e noutros apartados desta

convocatoria, serán motivos de perda do dereito á praza concedida sen dereito a devolución

de fianza os seguintes:

- O atraso no pagamento das cotas en máis de dous meses.

- Facer calquera tipo de cesión a outra persoa da praza concedida.

- Ao descubrirse que houbo ocultación ou falseamento dos datos achegados. Para o

efecto poderase solicitar a documentación complementaria para acreditar o

cumprimento dos requisitos. A non presentación destes datos será motivo de perda

da praza.

XI. Prezos

Os prezos dos aloxamentos para o curso 2010/2011 serán os seguintes:

CAMPUS DE VIGO

• Complexo residencial universitario “O Castro” (*) (**):

- Habitación individual con cociña individual:…………….. 278,28 € persoa/mes.

- Habitación individual con cociña compartida:…………… 278,28 € persoa/mes.

CAMPUS DE OURENSE

• Complexo residencial universitario “AS BURGAS” (Ourense) (*) (**):

- Habitación individual con cociña individual:……………. 278,28 € persoa/mes.

- Habitación individual con cociña compartida:………….. 278,28 € persoa/mes.

- Habitación dobre:…………………………………………............ 213,61 € persoa/mes.

• Residencia “ALCAI” (Allariz - Ourense) (*):

- Aloxamento en apartamentos con habitación individual:…… 110 € persoa/mes.

- Aloxamento en apartamentos con habitación dobre:………... 110 € persoa/mes.

CAMPUS DE PONTEVEDRA

• Residencia “A PEREGRINA” (Pontevedra) (***)

- Aloxamento en habitación individual + manutención: 642 € persoa/mes.

- Aloxamento en habitación dobre + manutención......: 525 € persoa/mes.

(*) En todos os casos hai que sumarlle os consumos de luz e auga e teléfono individual.

(**) Prezos por curso académico (dez meses). O total débese pagar en nove mensualidades.

(***) Prezos por curso académico (nove meses). O total débese pagar en oito mensualidades.

Page 8: wert

XII. Axudas

1. Beneficiarios/as

Poderán beneficiarse das axudas de residencia as e os estudantes de 1º e 2º ciclo ou de grao

ou máster oficial que teñan adxudicada unha praza de residencia das ofertadas nesta

convocatoria, sempre e cando non pertenzan a outro sector da comunidade universitaria, e

cumpran o requisito da nota media tal e como establece o punto III.d) e non renuncien

expresamente a axuda na solicitude de praza.

2. Tipos de axudas convocadas

- Nivel A: 54 bolsas de 120 €/mes, para RPD (Renda Persoal Dispoñible) igual ou

inferior á que se especifique na Resolución da Vicerreitora de Extensión

Universitaria á que se alude no punto VI.1.b) da presente convocatoria.

- Nivel B: 70 bolsas de 60 €/mes, para RPD (Renda Persoal Dispoñible) igual ou

inferior á que se especifique na Resolución da Vicerreitora de Extensión

Universitaria á que se alude no punto VI.1.b) da presente convocatoria

3. Adxudicación das bolsas

A adxudicación das axudas de residencia farase en función da renda persoal dispoñible en

orde ascendente. Non poderán obter a axuda as persoas solicitantes que non teñan

presentada toda a documentación económica esixida no punto V. Para a obtención da axuda

será imprescindible a autorización de obter datos económicos na Axencia Estatal da

Administración Tributaria (AEAT).

Na Resolución reitoral de adxudicación de prazas de residencia a que se refire o punto VIII

publicarase a lista de bolsas adxudicadas, de espera e denegadas na que se fará constar a

causa da denegación. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días naturais para

presentar as alegacións que estimen oportunas. Tras a revisión das alegacións presentadas e

unha vez adxudicadas as prazas de aloxamento, publicaranse as listas definitivas de axudas

concedidas, denegadas e lista de agarda.

O pagamento desta axudas farase con cargo á partida 0000 121D 482.15 e o importe máximo

total establecido nesta convocatoria para o presente ano 2011 é de 32.040 € e para o vindeiro

ano 2012 será de 64.080. O importe da axuda será ingresado mensualmente á residencia ou

complexo residencial onde a persoa beneficiaria resida.

XIII. Verificación e reintegro das axudas

As axudas adxudicadas serán revogadas pola Universidade de Vigo e devolto o seu importe

cando non se reúnan os requisitos establecidos, cando exista ocultación, falseamento dos

datos achegados ou por circunstancia sobrevida que faga que a persoa beneficiarioa deixe de

reunir os requisitos esixidos.

Page 9: wert

Terminado o proceso de adxudicación das axudas, a Universidade verificará na AEAT a

exactitude dos datos económicos achegados pola persoa solicitante, procedéndose a

revogación da axuda no caso de haber discrepancias cos datos declarados e a publicación

dunha nova lista de agarda no caso de producirse cambios na mesma.

XIV. Obrigas das persoas con axuda concedida:

No caso de renunciar á praza da residencia, anulación de matrícula durante o curso

académico ou se procedese ao arquivo do expediente do/da estudante debido ao impago dos

prezos correspondentes á matrícula, a axuda deixará de ser efectiva dende o mes seguinte ó

momento de producirse a baixa na residencia, a anulación da matrícula ou o arquivo do seu

expediente por impago.

-----------------------------------------------------------

Page 10: wert

¿SOLICITA AXUDA DE RESIDENCIA CONVOCADA POLA UNIVERSIDADE DE VIGO? SI NON

DATOS PERSOAIS (encher en letra maiúscula) (*) NOTA: este enderezo servirá para todas as comunicacións

Nome:.........................................Apelidos:.................................................................................DNI ou

pasaporte:.......................................

Data nacemento:....................................Enderezo(*):

............................................................................................................................

C.Postal:......................Poboación:.......................Provincia:...................................País:.............................Teléfono:..........

Enderezo electrónico .................................................................

DATOS ACADÉMICOS curso 2011/2012:

Alumno/a de 1º e 2º ciclo, Grao ou Posgrao oficial do Centro: ......................................................

Titulación:.....................................

Alumno/a de 3º ciclo: especificar o nome do programa de doutoramento: ................................................................................................

PDI/PAS: especificar lugar de traballo: .....................................................

Curso 2010/2011: Estudos universitarios realizados no curso 2010/2011 (ou no último curso no que estivo matriculado): .................................................................... Se estes estudos foron realizados noutra universidade indíquese:........................................................................................

DATOS DOS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR COS QUE CONVIVE (a 31/12/2010): Apelidos e nome Parentesco Profesión Idade NIF Estado Civil

2

3

4

5

6

DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACHEGAR. (poña unha X na documentación entregada) Fotocopia do DNI do solicitante. Documentación económica esixida e especificada no apartado V da convocatoria. Documentación académica do curso 2008/2009 no caso de non estar matriuculado na UVI As persoas solicitantes da residencia “A PEREGRINA”: Resgardo de pagamento do prezo de reserva fixado pola residencia concertada na conta 0072/0474/49/0000100077 de Banco Pastor. Resgardo de pagamento do prezo de matrícula para as residencias “O Castro “e “As Burgas”, segundo indica a convocatoria. As persoas que abaixo asinan declaran que son certos os datos incorporados á presente solicitude e autorizan á Universidade de Vigo a solicitar a Axencia Estatal da Administración Tributaria, os datos necesarios para determinar a renda para o recoñecemento, seguimento e control das bolsas de aloxamento, en aplicación do disposto na disposición adicional cuarta da Lei 40/1998 de 9 de decembro.

_________________ , ______ de _____________de 2011 Sinaturas: Solicitante Pai Nai Outros membros da unidade familiar ……………................ …………………….……… …………….…………… ……………………………………….......... De acordo co previsto na Lei Orgánica 5/1999 de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos solicitados neste impreso son necesarios para a tramitación da solicitude e poderán ser obxecto de tratamento automatizado. A responsabilidade do ficheiro automatizado corresponde á Universidade de Vigo, ante ela poderán os solicitantes exercer os dereitos de información, acceso, rectificación e cancelación aos que se refire a citada Lei.

SOLICITUDE DE PRAZA DE ALOXAMENTO

UNIVERSIDADE DE VIGO, CURSO 2011/2012

RESIDENCIAS: O CASTRO-Vigo (RESA) □□□□ SOLICITUDE

DE: NOVA ADMISIÓN □□□□

AS BURGAS-Ourense (RESA) □□□□ READMISIÓN □□□□

A PEREGRINA-Pontevedra □□□□

ALCAI-Allariz □□□□