VELOCIDADE

27

description

VELOCIDADE. CARREIRA DE VELOCIDADE. Son as carreiras máis curtas que existen en atletismo e consisten en correr o máis rápido posible unhas distancias predeterminadas. As distancias oficiais son: ♦ Para pista cuberta .- 50 e 60 metros (non son olímpicas). - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of VELOCIDADE

Page 1: VELOCIDADE
Page 2: VELOCIDADE

Son as carreiras máis curtas que existen en atletismo e consisten en correr o máis rápido posible unhas distancias predeterminadas.

As distancias oficiais son: ♦ Para pista cuberta.- 50 e 60 metros (non son olímpicas). ♦ Ó aire libre.- 100, 200 e 400 metros. A carreira de 800m, non é

considerada puramente de velocidade.

Neste tipo de carreiras, o atleta aníñase na liña de saída e apoia os pés nos tacos, que están fixados á pista, e ó sinal do xuíz corren a máxima velocidade ate a meta , sendo fundamental unha saída rápida, para chegaren á máxima velocidade o antes posible.

Page 3: VELOCIDADE

A saída(ou reacción): O corredor colócase na saída ata que o árbitro señala o comezo da proba co disparo. Unha boa saída soe dar lugar a unha boa carreira, é unha parte moi importante.

A aceleración: O corredor mantén unha angulación co chan de 45º ata que se ergue completamente, esta acción dura uns 10m.

O mantemento da velocidade: na que o corredor intenta xegar ao seu máximo e mantelo ata o final da proba, sóese chegar ao máximo entre os 50 e 60m.

A chegada: Na chegada o corredor tírase cara a cinta de chegada, debe sobrepasala co peito, non vale nin coa cabeza, nin cos pes ou mans.

Page 4: VELOCIDADE

Dende as épocas arcaicas, nas saídas para as carreiras dispoñíase dunha lousa de pedra que sinalaba o punto de partida, colocada perpendicularmente á dirección da pista.

Soían ter dúas ranuras, separadas entre sí, uns 15cm.

Este sistema de saída constitúe, aínda que de forma arcaica o antecedente dos actuais tacos de saída.

Page 5: VELOCIDADE
Page 6: VELOCIDADE

No ano 1888 o americano Charles Sherril, emprega por primeira vez nunha competición unha saída aniñada con apoio das mans no chan. Aínda que se cree que foi un australiano o primeiro en colocar un xeonllo na terra e apóiarse sobre unha soa man, co fin de imitar a un canguro.

Durante o século XIX, os técnicos eran reacios a empregar outra fórmula que non fóra a bipedestación, e a saída aniñada tardou en ter seguidores.

Page 7: VELOCIDADE
Page 8: VELOCIDADE

Na primeira edición dos xogos Olímpicos da Era Moderna (Atenas 1896) tódolos participantes saen de pé, exceptuando ó americano Burke que, precisamente sería o gañador, e outro norteamericano que apoiou as mans en cadanseu pau.

Page 9: VELOCIDADE
Page 10: VELOCIDADE

Na seguinte edición dos Xogos Olímpicos en París 1900, cando tódolos atletas nas carreiras de velocidade comezaron a empregala saída agrupada, afirmándose como a posición inicial máis convinte e ventaxosa para conseguir un comezo rápido de carreira, facíano incrustando os seus pés nuns ocos, que facían os atletas nas pistas de cinza.

Page 11: VELOCIDADE
Page 12: VELOCIDADE

No 1928, os norteamericanos G. Breshanahan e W.Tuttle, inventan os tacos de saída, mellorando o apoio na saída e optimizando o impulso.

Nos Xogos Olímpicos de Berlín 1936 Jesse Owens, tamén chamado “o antílope de ébano“, prefiría realizar ocos no chan a empregalos tacos de saída, pese ás vantaxes que estes supoñían.

Page 13: VELOCIDADE

A: SAIDA DE PE.- Non se emprega nas carreiras de velocidade, unicamente en 800 m, 1500 m, 3000 m, crosh e campo a través. Colócase a perna do impulso detrás e a outra un pouco máis adiantada. O tronco inclínase un pouco cara adiante e o brazo contrario á perna atrasada ponse cara adiante.

B: OS TACOS.- Este apoio consigue máis impulso na saída. Os brazos están extendidos e paralelos, os pulgares orientados ó interior e o resto dos dedos extendidos cara ó exterior. O xeonllo da perna rezagada apóiase no chan e a perna de impulsión colócase diante co pé apoiado firme no taco (tocando só as punteiras). Os hombreiros en liña coas mans e a mirada ó chan.

A posición máis eficaz de colocalos é:

♦ Taco dianteiro: 40-50 cm da liña de saída, en función da talla do atleta.

♦ Taco traseiro: 35-40 cm detrás do primeiro.

Page 14: VELOCIDADE
Page 15: VELOCIDADE
Page 16: VELOCIDADE

O nivel de angulación dos tacos depende da forza explosiva que poida xerar o velocista. Canto mais alta, menores poden ser os ángulos. O pe dianteiro leva unha menor angulación que o posterior porque a perna está mais estirada.

Esta posición ven como resultado da disminución do ángulo tibia-pé, que permite un mayor aproveitamento da forza da musculatura a nivel dos xemelgos e do pe como palanca, que fai que aumente a velocidade de saída. A inclinación óptima dos tacos sería a seguinte: Anterior 50º, Posterior 75º.

Page 17: VELOCIDADE

Ós seus postos!!: o atleta coloca as mans xunto a liña de saída, separadas un pouco máis que a anchura dos hombreiros. Os dedos da man forman unha bóveda entre o pulgar e os demais dedos. A cabeza en continuación co corpo. O xeonllo correspondente ó taco traseiro apóiase no chan.

Listos!!: eleva e adianta suavemente a cadeira, ata superala altura dos hombreiros que sobrepasan lixeiramente a liña de saída. As dúas pantorrillas quedan sensiblemente paralelas e os pés fortemente apoiados nos tacos.

Page 18: VELOCIDADE

O disparo: o atleta empurra coas dúas pernas ó mesmo tempo e ó máximo de forza. A perna de atrás, exténdese rapidamente dando paso ó traballo máis largo da perna adiantada. O primeiro paso é o máis curto, aumentando gradualmente o seu tamaño. 

Preparados Listos Saída

- Mans á altura dos hombreiros

- Brazos estirados

- Xeonllo anterior arriba

- Xeonllo posterior ó chan

- Pés apoiados pola punta

- Hombreiros cara diante (desequilibrio).

- O glúteo máis arriba que os hombreiros

- As pernas elevadas e semiflexionadas.

- Mantela tensión

- Axustala saída, o mellor posible, respetando o reglamento.

- Presión nas puntas.

- Moita forza cos brazos

-Erguerse de forma progresiva

Page 19: VELOCIDADE
Page 20: VELOCIDADE
Page 21: VELOCIDADE
Page 22: VELOCIDADE

• Tempo de reacción elevado, é dicir, reaccionar tarde ó disparo do xuíz.

• Poñerse dende os primeiros apoios erguido, levantándose verticalmente de golpe.

• Realizar un primeiro apoio excesivamente longo, levando o pé moi por diante da vertical do centro de gravedade.

• Non impulsar con forza dende os tacos.

• Na posición de listos, situala altura da cadeira por debaixo da liña dos hombreiros.

• Tamén en listos, inestabilidade dos brazos.

• Afundimento do talón nos primeiros apoios.

• Non existir continuidade en toda a posta en acción.

Page 23: VELOCIDADE

As saídas indicaranse mediante un disparo ó aire, antes tódolos corredores deben estar no seu posto e inmóvis.

Cando o atleta estea no seu posto non pode tocala liña de saída. O xuíz pode anulala saída e ordear comezalos pasos de novo. Os corredores se teñen algún problema co taco poden interrumpilo proceso levantando un brazo.

Si un competidor inicia a saída despois de adoptala posición definitiva e antes do disparo, considérase saída nula. Ademáis o atleta que moleste a outros, interrumpa inxustificadamente o proceso de saída ou se demore en adoptalas distintas posicións tamén se considera saída nula.

Page 24: VELOCIDADE

Cando máis dun participante saia antes do disparo, considerárase que cometeu saída nula só aquel ou aqueles que partiron no primeiro lugar ou a provocaron.

En cada carreira permitirase unha única saída nula. Os atletas que posteriormente cometan saída nula serán descalificados, ainda que sexa a primeira vez que eles a cometen.

A anulación da saída sinalarase mediante un segundo disparo. Non obstante, si a saída nula é moi clara e se produce sen disparar por primeira vez, pode indicarse verbalmente.

Page 25: VELOCIDADE

A roupa será o mais curta e axustada posible co fin de evitar calquera resistencia que puidese facelo vento.

Os dorsais identificativos iran colocados no peito ou na espalda.

O calzado caracterízase porque non ten talón, é anatómico e lixeiro.

Cada zapatilla pode ter ate 11 cravos cada unha de 8,3 mm

Page 26: VELOCIDADE

A sua máxima velocidade pode superar os 40 km/h.

Poden chegar a dar 5 zancadas por segundo.

Soen dar unhas 45 zancadas aprox. nos 100m. (os homes, as mulleres sobre 50).

Tardan unhas 18 centésimas en reaccionar ao disparo de saída.

Os corredores soen inspirar unha soa vez en toda a proba, nos 50m.

Page 27: VELOCIDADE

CATEGORÍAS NOME TEMPO LUGAR

100m masculinos Usain Bolt 9,58 segundos Pekin 2008

100m femininos Griffith Joyner 10,49 segundos Seul 1988

200m masculinos Usain Bolt 19,30 segundos Pekin 2008

200m femininos Griffith Joyner 21,34 segundos Seul 1988

400m masculinos M. Johnson 43,49 segundos Atlanta 1996

400m femininos Mª-Josse Perec 48,25 segundos Atlanta 1996