Uxío Novoneyra

18
Uxío Uxío Novoneyra Novoneyra Día das Letras Galegas Día das Letras Galegas 2010 2010

description

Uxío Novoneyra. Día das Letras Galegas 2010. Qué é o día das letras galegas. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of Uxío Novoneyra

Page 1: Uxío Novoneyra

Uxío Uxío NovoneyraNovoneyra Día das Letras Galegas Día das Letras Galegas

20102010

Page 2: Uxío Novoneyra

Qué é o día das letras Qué é o día das letras galegasgalegas

• Esta data exalta as letras e a lingua galega. Comezou a celebrarse en 1963. A primeira autora distinguida foi Rosalía de Castro. O último é Uxío Novoneyra. Mira a lista íntegra de autores distinguidos en www.diadasletrasgalegas.com. Podes saber máis

cousas sobre o día das letras aquí.

• Actividades: ¿Qué nomes, dos citados na lista que acabas de ver, son para ti

máis coñecidos?

¿Podías falar ou escribir sobre algún deles, algo da súa vida ou da

súa obra ou de ámbolos dous aspectos? Inténtao.

Page 3: Uxío Novoneyra

¿Quen foi Novoneyra?¿Quen foi Novoneyra?• É un dos grandes poetas galegos

de todolos tempos

• É á literatura galega o que García Lorca ou Juan Ramón Jiménez foron á castelá

• Naceu en 1930 na aldea de Parada de Moreda, no Courel... (preme aquí para ler a súa biografía)

Actividade complementaria: ¿Podes citar algún escritor do grupo ourensán formado polas mesmas datas que o lugués o que pertenceu Novoneyra?

Page 4: Uxío Novoneyra

Localiza en Google Maps a Serra do Courel. E busca información do seu entorno e as súas características históricas e sociais

Novoneyra, o poeta do Novoneyra, o poeta do CourelCourel

Page 5: Uxío Novoneyra

A súa poesía e a súa terraA súa poesía e a súa terraCourel dos tesos cumes que ollan de lonxe!Eiquí síntese ben pouco o que é un home...

Terras érmedas do Freixeiro!Montes irados!Pobos pobresque se foron quedando nos ósos!

Page 6: Uxío Novoneyra

A súa poesía e a súa terra A súa poesía e a súa terra (2)(2)

Cumes

mouros das aigas!

Montes do sol e a auga!

Serras!

Terras solas ó sol e as nebras!

O sol baixa

de cara como un pai á flor da

braña…

Pola Lomba

polas vagoadas e os cousos da Seara

pola Serra do Rebolo

e o Carreiro do Sono

vai o José de Parada

cara Viana do Bolo e Val di Orras

subindo e baixando as costas

nun soño de idas e voltas.

Diante e tras del a serra longa...

Page 7: Uxío Novoneyra

A súa poesía e a súa terra A súa poesía e a súa terra (3)(3)

COUSOS do lobo!

Caborcos do xabarín!

Eidos solos

onde ninguén foi nin ha de ir!

O lobo! Os ollos o lombo do lobo!

Baixa o lobo polo ollo do bosco

movendo nas flairas dos teixos

ruxindo na folla dos carreiros

en busca de vagoada máis sola e máis medosa…

Rastrexa

párase e venta

finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo

con toda a sombra da noite na boca.

Page 8: Uxío Novoneyra

A súa poesía e a súa terra A súa poesía e a súa terra (4)(4)

Terras altas e solas

Terras outas e solas!

Serras longas mouras!

Eu son esta coor de soidá…

Ancares soñados co lonxe!

Penas de Marco de Medio Mundo en

ringuileira do/ Candedo ás Moás

Cimo da Devesa!

Alto da Lucenza

Formigueiros Montouto Pía-Páxaro

tesos cumes do Courel! Pobos pobres

ardidos de tristura mouros de queimados!

Lor ruxindo polo val pecho!

Ucedo e ucedo!

Fontiñas outas

penedos

carrozos escuros

fragas agros soutos e devesas!

Page 9: Uxío Novoneyra

A súa poesía e a súa terra A súa poesía e a súa terra (5)(5)

Labregos e pastoras

Que sólo vistes

Estes tesos e estes vales!

Aturula a curuxa e canta o cuco

medindo o tempo quedo que se para no cor e

tornándose

contra un vén cravarse no sitio onde máis se

sente...

*Estes poemas pertencen a o libro de referencia de Novoneyra: Os Eidos

Page 10: Uxío Novoneyra

A súa obra poética básicaA súa obra poética básica• 1955. Os Eidos

• 1966. Elegías del Caurel y otros poemas (edición bilingüe)

• 1974. Os Eidos II

• 1979. Poemas caligráficos

• 1985. Os Eidos. Libro do Courel

• 1988. Do Courel a Compostela. 1956-86

• 1991. Tempo de elexía

• 1994. Poemas da doada certeza i este brillo premexido entre as pálpebras

• 1998. Dos soños teimosos

• 1999. Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas

Page 11: Uxío Novoneyra

Un poeta comprometidoUn poeta comprometido

O Courel non é o único tema poético na obra de Novoneyra.

É un poeta comprometido coa realidade social e política de Galicia, que denuncia a miseria moral da realidade coa que se atopa, tanto aquí como noutros lugares do mundo.

• Escoita ao poeta recitar o seu Vietnam canto

Page 12: Uxío Novoneyra

A letanía de GaliciaA letanía de Galicia• Escoita ao poeta recitar a Letanía de Galicia • ¿Queredes recitalo vos?

GALICIA digo eu ún di GALICIAGALICIA decimos todosGALICIAhastr’os que calan din GALICIAe saben sabemos GALICIA da dor chora á forza GALICIA da tristura triste á forzaGALICIA do silencio calada á forzaGALICIA da fame emigrante á forzaGALICIA vendada cega á forzaGALICIA tapeada xorda á forzaGALICIA atrelada queda á forza 

Page 13: Uxío Novoneyra

libre pra servir libre pra servirlibre pra non ser libre pra non serlibre pra morrer libre pra morrerlibre pra fuxir libre pra fuxir   GALICIA labrega GALICIA nosaGALICIA mariñeira GALICIA nosaGALICIA obreira GALICIA nosaGALICIA irmandiñaGALICIA viva inda  recóllote da TERRA estás mui fondarecóllote do PUEBLO estás n’il todarecóllote da HISTORIA estás borrosa recóllote i érgote no verbo enteirono verbo verdadeiro que fala o pueblorecóllote pros novos que vein con forzapros que inda non marcou a malla d’argolapros que saben que ti podes ser outra cousapros que saben que o home pode ser outra cousa 

sabemos que ti podes ser outra cousasabemos que o home pode ser outra cousa

Page 14: Uxío Novoneyra

Un poema caligráficoUn poema caligráficoCántoche aposta pra ter os teus favores deusa

gran cousa é abondar o teu seo a vrao vido

namais chegarlle terte a sola ti por beira

xa señas nova e noiva de en por hoxe

xa señas diaria miña sola sempre

 

longuismo labiolingua lambe lua

sal quente e nembro a nembro atopa todo

pra perdelo a volver de novo novamente

clameando chamando en chama pedindo

un novo intre aquíl tan prometido

cando eramos nenos do sol soltos polos soutos

perdido e certismos de atoparte oh núa

Page 15: Uxío Novoneyra

n o n d d o d a d a

cómo cómo d s d o a s

o bl a bl

debrocas pra miña boca pasas on ora por toda a miña pel e s

b a r a

s oc roch

axustas como un broche roch oc

Page 16: Uxío Novoneyra

TODO floxo e sin á m e t o m m e e t t o o

 compría romper principiando por todocompría xirar xirar i espallar e xuntar a ver que saíapois fora non hai orden algún que valia de imaxen  entrou o INVERNO toda a PRIMAVERAXANEIRO ou MAIO?a tua rara beleza crebeina entr’os brazosi era a máis rara fago ademán de erguirme e xa veisescureceu tral’a fiestra e sin noite tampouco…non non é así como somos nin ti nin eu nin todoé a peste da HISTORIAou tamén esto é disculparse e ún non sólo non éún nin foi o que foi?

Page 17: Uxío Novoneyra

Rasgos da súa poesíaRasgos da súa poesía• Se a súa poesía foi sempre austera e directa, lingüísticamente, co paso do anos esa

labor de depuración foise acrecentando ata chegar a unha austeridade expresiva sorprendente.

• No poeta prevalece a importancia dada á reflexión conceptual sobre beleza formal do poema, de ahí esa criba e depuración constante do material lingüístico e formal. As palabras, poucas, precisas, exactas, van sempre moito máis alá do que semánticamente describen ou nomean. Evocan ou invocan unha realidade eterna e universal que subiace por debaixo delas.

• Na súa poesía, ademais, destácase a oralidade, a beleza envolvente dos seus versos ó seren recitados en voz alta. Aspecto que quedaba absolutamente claro cando quen os recitaba era o propio Novoneyra, un consumado rapsoda.

• A poesía de Novoneyra, profunda e directa, foi ganando recoñecemento, ano tras ano, entre o público galego e a crítica versada, ata o punto de ser considerado, xa en vida de el, un clásico das nosas letras. Polo seu nome e prestixio, foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega ata a súa morte, en 1999.

Page 18: Uxío Novoneyra

Actividades finaisActividades finais(para respostar oralmente)

1. Lugares xeográficos nos que viviu algún tempo da súa vida Uxío Novoneyra.

2. ¿Como se imaxina un a serra do Courel despois de ler eses versos de Novoneyra?

3. Nomea algunha das obras do poeta.

4. ¿Por qué volve Novoneyra ó Courel despois de marchar a primeira vez para Madrid?

5. Dicíase que Novoneyra, ademais de ser un intérprete espiritual da súa terra, á que cantou reiteradamente, tamén escribiu unha poesía social. ¿Que se entende por eso?

6. Podías comentar algo sobre a Asociación de Escritores en Lingua Galega. Buscádeo en Internet para máis información, e apuntade o nome dos dous presidentes que seguiron a Novoneyra.

7. ¿Por qué se afirmaba, ó principio, que Novoneyra era un poeta tradicional e vangardista? ¿Podes razoalo?

XOSÉ A. PONTE FAR