Unidade Didáctica 7
-
Upload
fatima-ferreiro-diaz -
Category
Documents
-
view
131 -
download
3
Transcript of Unidade Didáctica 7
ÍNDICE
1. A programación1.1. Características da programación
1.2. Elementos da programación
2. As unidades de programación2.1. Tipos de unidades
2.2. Elementos das unidades
3. O deseño de actividades3.1. Criterios para o deseño de actividades
3.2. A selección de actividades
3.3. Tipos de actividades
4. A programación na educación non formal
http://www.youtube.com/watch?v=g57mSGjZ5aU
1. A PROGRAMACIÓN
CONCEPTO DE PROGRAMACIÓN (DE AULA, DE GRUPO, DE
ACTIVIDADES, DIDÁCTICA OU DOCENTE):
Constitúe o 3º nivel de concreción curricular (adaptación da proposta
pedagóxica ás características do grupo-aula).
É un documento no que cada docente, en coordinación co equipo
educativo, planifica o conxunto de elementos que interveñen no proceso
de ensino-aprendizaxe para un grupo concreto e un curso escolar.
Tamén pode definirse como o conxunto de unidades didácticas ordenadas
e secuenciadas que se van desenvolver durante un curso escolar.
1. A PROGRAMACIÓN (cont.)
NORMATIVA*:
A LOE/LOMCE inclúe a programación do ensino entre as funcións do
profesorado.
O Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da
Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia sinala que cada
ciclo de Educación Infantil constitúe unha unidade curricular temporal de
programación.
A Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o
desenvolvemento e a avaliación do 2º ciclo da Educación Infantil na
Comunidade Autónoma de Galicia establece unha distinción entre
“programación didáctica” (elaborada polo equipo de ciclo para cada área do
currículo) e “programación de aula” (elaborada por cada mestre/a para o
seu grupo e estruturada en secuencias didácticas e/ou proxectos de
traballo).
1.1. CARACTERÍSTICAS DA PROGRAMACIÓN
A programación debe ser:
ÚTIL: será un instrumento de traballo en mans do educador/a.
PÚBLICA: servirá para reflectir o traballo na aula de cara ao centro, a
comunidade educativa e a Administración e, polo tanto, haberá un exemplar á
súa disposición.
FLEXIBLE: será unha hipótese de traballo que se adaptará á práctica
educativa, non un produto acabado.
AVALIABLE: permitirá ir recollendo información sobre o seu desenvolvemento
para reaxustala constantemente.
COHERENTE: estará en consonancia coas decisións adoptadas no PEC e a
proposta pedagóxica.
1.2. ELEMENTOS DA PROGRAMACIÓN
A programación consta de dúas partes:
DECISIÓNS XERAIS
• Caracterización do grupo /
contextualización
• Obxectivos
• Contidos
• Metodoloxía e recursos didácticos
• Educación en valores / temas
transversais*
• Atención á diversidade*
• Avaliación
UNIDADES DE PROGRAMACIÓN
/ UNIDADES DIDÁCTICAS /
UNIDADES DE TRABALLO
1.2. ELEMENTOS DA PROGRAMACIÓN (cont.)
ELEMENTOS DESCRICIÓN
Caracterización
do grupo /
Contextualización
Análise das características concretas do grupo de nenos/as: nº, idade, sexo,
circunstancias persoais e familiares, posibles necesidades educativas
especiais, historia escolar previa...
Obxectivos Adaptación dos obxectivos establecidos na proposta pedagóxica ao grupo
concreto para o que se programa.
Contidos Adaptación dos contidos establecidos na proposta pedagóxica ao grupo
concreto para o que se programa.
Unidades de
programación
Elaboración de secuencias concretas de aprendizaxe dotadas de sentido e
coherencia interna que dan resposta aos obxectivos e contidos.
Metodoloxía e
recursos
didácticos
Principios e estratexias metodolóxicas; tipos de actividades e agrupamentos;
organización dos recursos espaciais, materiais, temporais e persoais.
Educación en
valores / Temas
transversais*
Tratamento que se lle dará á educación en valores (responsabilidade,
solidariedade, tolerancia, non-violencia...) ou temas transversais (educación
para a paz, educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos,
educación para a saúde, educación ambiental...).
Atención á
diversidade*
Medidas para responder á diversidade de características persoais,
necesidades, intereses e estilos de aprendizaxe das crianzas e para atender
ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ACNEAE).
Avaliación Criterios, momentos, técnicas e instrumentos de avaliación; avaliación da
práctica docente e a programación; información ás familias.
2. AS UNIDADES DE PROGRAMACIÓN
CONCEPTO DE UNIDADE DE PROGRAMACIÓN (UNIDADE DIDÁCTICA
OU UNIDADE DE TRABALLO):
É unha fracción ou segmento da programación arredor dun proceso de
ensino-aprendizaxe articulado e completo.
Pode concibirse como unha parcela da vida do grupo dotada de
intencionalidade educativa na que conflúen todos os elementos que
interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe con coherencia interna e por
un período de tempo determinado.
Tamén pode definirse como un conxunto de actividades agrupadas de forma
significativa para desenvolver uns obxectivos e contidos durante un
período de tempo determinado.
2.1. TIPOS DE UNIDADES
En Educación Infantil, as unidades de programación poden ser de dous tipos:
PERMANENTES(mantéñense todo o curso)
• Rutinas cotiás: comida,
descanso e hixiene + acollida
e saída.
• Actividades habituais: a hora
do recreo, a asemblea, o
conto...
• Zonas ou recantos: xogo
simbólico, construcións,
manipulación...
TEMPORAIS(desenvólvense nun período de tempo
concreto)
• Períodos específicos: período de
adaptación.
• Unidades temáticas / Centros de
interese: os animais, a familia,
personaxes de ficción...
• Proxectos: construímos unha
cabana, facemos unha horta,
preparamos unha excursión...
• Talleres / Obradoiros: cociña,
barro, máscaras...
• Festas: Nadal, Entroido,
aniversarios...
• Acontecementos imprevistos:
neva, nace un irmanciño, atopamos
un caracol...
2.1. TIPOS DE UNIDADES (cont.)
Exemplo de distribución temporal de unidades de programación:
1º TRIMESTRE 2º TRIMESTRE 3º TRIMESTRE
MA
ÑÁ
UP 1: ACOLLIDA
UP
2:
PE
RÍO
DO
DE
AD
AP
TA
CIÓ
N
UP 3: RECANTOS
UP 4: ASEMBLEA
UP 5: O
CORPO
UP 6:COLECCIO-
NAMOS
CORES
UP 7:
NADAL
UP 8: ANIMAIS
UP 9: ENTROIDO
UP 10:
TALLER
COCIÑA
UP 11:
OFICIOS
UP 12: FACEMOS
UN
XARDÍN
UP 13:
FINAL
CURSO
UP 14: RECREO
UP 3: RECANTOS
UP 15: HIXIENE
ME
DIO
DÍA
UP 16: ALIMENTACIÓN
UP 15: HIXIENE
UP 17: DESCANSO
UP 15: HIXIENE
TA
RD
E
UP 4: ASEMBLEA
UP 5 UP 6 UP 7 UP 8 UP 9 UP 10 UP 11 UP 12 UP 13
UP 15: HIXIENE
UP 16: ALIMENTACIÓN
UP 15: HIXIENE
UP 3: RECANTOS
UP 17: DESPEDIDA
2.2. ELEMENTOS DAS UNIDADES
(modelo que imos seguir nós)
ELEMENTOS DESCRICIÓN
Identificación da UD Título – Escola – Etapa, ciclo e nivel – Curso e período dentro do curso –
Duración aproximada
Contextualización e
xustificación
Adecuación ao contorno e coherencia co PEC e a proposta pedagóxica –
Adecuación ao momento evolutivo das crianzas – Fundamentación teórica
Táboa de obxectivos,
contidos e criterios de
avaliación
Áreas – Obxectivos de referencia (currículo) – Obxectivos didácticos (UD) –
Contidos – Criterios de avaliación – Indicadores de avaliación
Actividades Nº e título – Tipo – Obxectivos didácticos – Contidos – Desenvolvemento –
Espazos – Materiais – Tempo – Persoal – Agrupamentos – Avaliación
Recursos
metodolóxicos e
didácticos
Principios metodolóxicos – Estratexias metodolóxicas – Recursos didácticos
Educación en valores /
Temas transversais*
Importancia – Relación coa UD
Atención á diversidade* Atención á diversidade de intereses, necesidades, etc., do alumnado – Atención
ao ACNEAE
Avaliación Que avaliar – Cando avaliar – Como avaliar
3. O DESEÑO DE ACTIVIDADES
CONCEPTO DE ACTIVIDADE:
O termo “actividade” provén do latín “activĭtas, -ātis”, que significa “calidade de
obrar”.*
As actividades son a última concreción da intervención educativa e as
decisións curriculares; son o elemento fundamental que xustifica a
intervención e a planificación educativa porque remiten, en definitiva, ao que as
crianzas van facer e ao que constitúe a base da súa aprendizaxe.
Desde unha perspectiva educativa, as actividades poden definirse como un
conxunto de accións levadas a cabo polos educadores/as e os nenos/as
para acadar os obxectivos propostos.*
3.1. CRITERIOS PARA O DESEÑO DE ACTIVIDADES
Ao deseñar as actividades, o educador/a debe ter en conta os seguintes
criterios:
Que sexan axeitadas ao nivel de desenvolvemento das crianzas.*
Que sexan significativas e motivadoras, é dicir, que estean relacionadas cos
coñecementos previos dos nenos/as e que conecten cos seus intereses.
Que permitan a interacción cos iguais e co adulto nun clima cálido e acolledor.
Que favorezan a experimentación, exploración e manipulación.*
Que sexan coherentes cos obxectivos e contidos programados.
Que promovan a adquisición de distintos tipos de capacidades (cognitivas,
motrices, afectivas, de relación interpersoal e de inserción social).
Que permitan a expresión a través de diferentes linguaxes.
Que respecten a diversidade de intereses, necesidades e ritmos de aprendizaxe
das crianzas.
Que conten cunha adecuada organización dos recursos espaciais, materiais,
temporais e persoais.
Que sexan avaliables e poidan reaxustarse para corrixir as dificultades que xurdan.
3.2. A SELECCIÓN DE ACTIVIDADES
Como seleccionar as actividades?
A partir dos obxectivos e contidos programados: decidir actividades para
conseguir uns obxectivos e tratar uns contidos.
A partir dunha intuición: seleccionar actividades a partir de ideas que se nos
ocorren de forma espontánea ou a raíz dalgún acontecemento imprevisto.
A partir das experiencias e propostas doutros profesionais: analizar
criticamente e seleccionar as propostas doutros educadores/as e escolas ou as
suxestións recollidas en revistas especializadas, libros de texto, libros de
metodoloxía...
A partir do propio ficheiro de actividades: elaborar un arquivo coas actividades
levadas a cabo e escoller aquelas que mellor funcionaron (ver modelo de ficha de
actividade na diapositiva seguinte).
MODELO DE FICHA DE ACTIVIDADE
ACTIVIDADE Nº X: TÍTULODestinatarios/as:
UD/Bloque:
Tipo de actividade:
Obxectivos didácticos/específicos:
Contidos:
Desenvolvemento:
Organización do tempo e o espazo:
Recursos materiais e persoais:
Adaptacións:
Avaliación:
3.3. TIPOS DE ACTIVIDADES
Segundo o momento de realización
Segundo as áreas de coñecemento do currículo
Pero as tres áreas deben abordarse de forma interrelacionada
de acordo co principio de globalización
Segundo os distintos momentos educativos *
• Actividades iniciais: para pescudar os coñecementos
previos dos nenos/as e motivalos.
• Actividades de desenvolvemento: para levar a cabo as
aprendizaxes programadas.
• Actividades finais: para recapitular o aprendido e avaliar a
consecución dos obxectivos e a práctica educativa.
A maiores...
• Actividades de reforzo: para fixar os
contidos básicos co alumnado que non os
adquiriu.
• Actividades de ampliación: para afondar
no aprendido co alumnado que xa domina
os contidos tratados.
• Actividades da vida cotiá / Rutinas
• Xogo libre
• Actividades dirixidas / programadas
• Actividades para o coñecemento de si
mesmo e a autonomía persoal
• Actividades para o coñecemento do medio
• Actividades de expresión e comunicación
3.3. TIPOS DE ACTIVIDADES (cont.)
Segundo o grao de autonomía na súa realización
Segundo o tipo de agrupamento
Segundo o lugar de realización
Outros tipos de actividades*
• Actividades libres
• Actividades semi-dirixidas
• Actividades dirixidas
• Actividades complementarias: realízanse dentro do horario lectivo,
dentro ou fóra do centro, para complementar a actividade habitual da
aula e responden a decisións curriculares (educación formal).
• Actividades extraescolares: realízanse no propio centro fóra do
horario lectivo para potenciar a apertura do centro ao contorno e non
obedecen a cuestións curriculares (educación non formal).
• Actividades individuais
• Actividades en pequenos grupos
• Actividades no grupo aula
• Actividades en gran grupo
• Actividades interiores
• Actividades exteriores
4. A PROGRAMACIÓN NA EDUCACIÓN NON FORMAL
Por convención, na educación formal fálase de programación, mentres que
na educación non formal fálase de proxecto (aínda que este inclúa unha
programación de actividades).
Na planificación da educación non formal, o proxecto representa o terceiro
nivel de concreción (plan – programa – proxecto).
Todo proxecto debe incluír unha serie de apartados: título – descrición –
xustificación e contextualización – persoas destinatarias – obxectivos –
metodoloxía – actividades – temporalización – recursos – orzamento –
avaliación.
É preciso concretar e secuenciar as actuacións e actividades que se
van desenvolver, utilizando plannings, cronogramas, horarios... (ver
exemplo de cronograma na diapositiva seguinte)
EXEMPLO DE CRONOGRAMA
ACTIVIDADES
SEMANA 1 SEMANA 2
L M * X V L M * X V
ACTIVIDADE 1 X
ACTIVIDADE 2 X
ACTIVIDADE 3 X
ACTIVIDADE 4 X X X X X X X X X X
ACTIVIDADE 5 X X X X X X X X X X
ACTIVIDADE 6 X
ACTIVIDADE 7 X X
ACTIVIDADE 8 X X
ACTIVIDADE 9 X
ACTIVIDADE 10 X