Unidade 4 o gótico

38
UNIDADE 4 REXURDIR DAS CIDADES A ARTE GÓTICA

Transcript of Unidade 4 o gótico

Page 1: Unidade 4 o gótico

UNIDADE 4

REXURDIR DAS CIDADES

A ARTE GÓTICA

Page 2: Unidade 4 o gótico

1. A PROSPERIDADE ECONÓMICA DO S.XIII

TRAZOS PRINCIPAIS DO S.XIII:

☺ MELLORA DA AGRICULTURA.

☺ CRECEMENTO DA POBOACIÓN.

☺ DESENVOLVEMENTO COMERCIO E BANCA.

☺ REXURDIR DAS CIDADESVISTA DE ÁVILA (CASTELA-LEÓN)

Page 3: Unidade 4 o gótico

A) A MELLORA DA AGRICULTURA E O CRECEMENTO DA POBOACIÓN.

A partir do século XII aumentou a produción agrícola en Europa.

Isto produciuse por varias causas:

• ☻ Cultiváronse novas terras.

• ☻ Implantouse a rotación trienal de cultivos.

• ☻ Introducíronse novas técnicas: arado de veso, novos cultivos e xeneralización do regadío e os muíños.

Como consecuencia, mellorou a alimentación e a poboación medrou.

Page 4: Unidade 4 o gótico

A ROTACIÓN TRIENAL

Exemplo

Page 5: Unidade 4 o gótico

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN EUROPEA NA PLENA IDADE MEDIA

Page 6: Unidade 4 o gótico

Pirámide social a finais da Idade MediaPirámide social a finais da Idade Media

Page 7: Unidade 4 o gótico

O comercio coñeceu un gran desenvolvemento a partir do século XII.

A causa foi que, ao aumentar a poboación, demandábanse máis produtos, e había que transportalos.

Había dúas rutas principais:

• ✈ Ruta do Mediterráneo: centrada en produtos de luxo de oriente (perfumes, sedasporcelana, especias...), tecidos e armas...

• ✈ Ruta do Atlántico e o Báltico: dominada pola Hansa (asociación de comerciantes do norte de Europa). Centrada en la castelá e inglesa, viño francés, ámbar, madeira, trigo...

Os mercadores intercambiaban os seus produtos nas feiras.

O comercio veuse favorecido pola aparición de novas técnicas bancarias: créditos e letras de cambio.

B) O DESENVOLVEMENTO DO COMERCIO E DA BANCA

Page 8: Unidade 4 o gótico

PRINCIPAIS RUTAS DO COMERCIO MEDIEVAL

Page 9: Unidade 4 o gótico

UN BISPO BENDECINDO UNHA FEIRA

UN BISPO BENDECINDO UNHA FEIRA

Page 10: Unidade 4 o gótico

2 O RENACER DAS CIDADES.

A partir do século XII as cidades volveron medrar. Aínda así, as cidades medievais eran pequenas, as máis grandes tiñan 50.000 habitantes (París, Bruxas, Xénova, Florencia, Venecia...).

As cidades medraron por distintas causas:

• ♜ A emigración dos campesiños, atraídos pola liberdade que ofrecían as cidades.

• ♜ A instalación dos mercaderes, porque nas cidades se situaban os mercados.

Vista de Venecia (Italia)

Vista de Bruxas (Bélxica)

Page 11: Unidade 4 o gótico

As cidades tiñan o seu propio goberno, o concello (dirixido polo alcalde)

Os habitantes das cidades eran os burgueses. A maioría dedicábanse á artesanía e ao comercio. Entre eles había diferenzas internas:

– ☹ Unha minoría rica (propietarios dos obradoiros e comercios), que monopolizaban o goberno da cidade.

☺Unha maioría humilde: pequenos artesáns e comerciantes e persoas adicadas ao servizo doméstico nas vivendas dos ricos.

☻ Por debaixo atopábanse os pobres e marxinados; que non tiñan traballo e mendigaban e delinquían para sobrevivir.

Vista de Florencia (Italia).

Un artesán medieval

Page 12: Unidade 4 o gótico

3. O AUXE DA ARTESANÍA

O crecemento da poboación e das cidades provocou un aumentodo número de artesáns.

Os artesáns elaboraban os seus produtos a man, con poucas ferramentas. Os oficios artesanais eran moi variados (tecedores, toneleiros, tintureiros...).

O centro de traballo era o obradoiro, situados na vivenda do mestre artesán. No obradoiro realizábase todo o proceso de produción e vendíase o produto final.

Os artesáns dun mesmo oficio asociábanse en gremios, que controlaban a produción, establecían as normas de traballo (prezos, salarios, ascensos...) e ocupábanse de axudar aos seus membros.

Page 13: Unidade 4 o gótico

Carpinteiro e fiadoraCarpinteiro e fiadora

Page 14: Unidade 4 o gótico

Os membros do gremio soían vivir na mesma rúa, que acababa tomando o nome do oficio (rúa dos cordeleiros, rúa dos tintureiros...).

Os gremios monopolizaban toda a artesanía da cidade, e ninguén podía adicarse a un oficio se non se asociaba a un gremio.

Cada oficio estaba dividido en tres categorías:

– ♻ Mestre: dono do obradoiro, das ferramentas e das materias primas. Dirixía e controlaba o gremio. A propiedade do obradoiro herdábase de pais a fillos.

– ♲ Oficial: traballador experto do obradoiro, que recibía un salario pola súa labor.

– ♼ Aprendiz: mozo que quería aprender o oficio e traballaba durante varios anos de balde no taller. Vivía no taller e era mantido polo mestre.

Page 15: Unidade 4 o gótico

Procesión do gremio de avogados de Perugia

Cuadrillade albaneis

Page 16: Unidade 4 o gótico

4. O REFORZAMENTO DAS MONARQUÍAS

A partir do século XII os reis foron aumentando o seu poder dentro dos seus reinos. Causas:

– ♔ Crearon exércitos propios e impuxéronse aos señores feudais.

– ♕ Fortaleceron a administración e as leis, outorgándolle máis poder aos reis.

– ♖ Aliáronse coas cidades, ás que concederon cartas de liberdades e privilexios, a cambio de que os axudasen na súa loita contra os nobres.

Ilustración que representa ao rei e a súa corte

Page 17: Unidade 4 o gótico

• ♗ Os reis comezaron a convocar Cortes ou Parlamentos. Neles estaban representados os nobres, os clérigos e algunhas cidades. Deste xeito, os reis pretendían reducir o poder dos nobres e conseguir o apoio das cidades. Algúns parlamentos acadaron gran poder, e os reis precisaban o seu permiso para levar a cabo moitas tareas de goberno (Ex: Aragón, Inglaterra...).

Xaime I “ O Conquistador” ante as Cortes de Aragón

Page 18: Unidade 4 o gótico

Texto: As monarquías feudais

Un fenómeno característico da Europa do século XII fue a construción das denominadas monarquías feudais, cuxos exemplos máis representativos son, sen dúbida, Francia e Inglaterra.

O poder real, fondamente debilitado nos séculos IX e X, foi restablecéndose a partir do século XI, grazas ao apoio da Igrexa. Contaba a favor do monarca o factor da tradición. Era tan fondo o hábito que semellaba inconcibible suprimir a realeza. Ademais, a alta nobreza nunca deixou de interesarse pola coroa. Aínda que na sociedade feudal francesa do século XI o monarca fose só o primus inter pares [o primeiro entre iguais], é evidente que estaba rodeado dun prestixio especial, realzado polo carácter sagrado que se pensaba que tiña a súa persoa.

E os señores feudais desexaban ter un árbitro ao que acudir á hora de resolver as súas querelas.

J. VALDEÓN, Idade Media. As monarquías feudais. Adaptado

Page 19: Unidade 4 o gótico

Os reis tamén loitaron entre eles para ampliar os seus dominios. 2 tipos de loitas:

• ♘ Disputas sucesorias: enfrontamento para obter o trono dalgún reino en que o soberano morrera sen deixar sucesión. Ex: Guerra dos Cen Anos (1337-1453) = enfrontamento entre Francia e Inglaterra polo trono francés que terminou coa victoria de Francia (Xoana de Arco).

• ♘ Loita polas fronteiras: enfrontamentos por tentar definir as fronteiras e dominar terras de ninguén.

Estados europeos no S.XIV

Batalla de Crécy (Guerra dos cen anos)

Page 20: Unidade 4 o gótico

XOANA DE ARCO (1412-1431)

Page 21: Unidade 4 o gótico

A LOITA POLA INDEPENDENCIA: WILLIAM WALLACE (1272-1305)

RETRATO DE WILLIAM WALLACE

ESTATUA DE W. WALLACE (ABERDEEN, ESCOCIA)

Page 22: Unidade 4 o gótico

5. UNHA CULTURA URBANA- No século XIII comezou a desenvolverse

un novo estilo artístico,o Gótico, que naceu en Francia.

- As cidades convertéronse no centro da cultura e da arte nesa época, por varias causas:

As cidades estaban medrando e precisaban novos edificios (igrexas, catedrais, lonxas comerciais, concellos,…), moitos deles construídos no novo estilo (Gótico).

Os nobres e os burgueses comezaron a encargar palacios e obras de arte para decoralos (pinturas, esculturas. A Igrexa deixou de ser a única en promover obras de arte.

Signoria (Concello) de Siena (Italia)

Palacio do Infantado (Guadalaxara)

Page 23: Unidade 4 o gótico

Creáronse novas ordes relixiosas mendicantes (franciscanos, dominicos…) que estableceron os seus conventos nas cidades

Fundáronse as primeiras universidades = escolas superiores onde se formaba a burgueses e nobres para a administración e os negocios (7 artes liberais). Só unha minoría rica podía acceder a elas, debido á longa duración dos estudos e o seu alto prezo (Exemplo: París, Oxford, Cambridge, Bolonia...).

San Francisco de Asís fundador da orde franciscana

Page 24: Unidade 4 o gótico

Principais universidades creadas na Idade Media

Lección na Universidade de Bolonia (Italia)

Universidade de Cambridge (Inglaterra)

Page 25: Unidade 4 o gótico

- A arquitectura gótica converteuse no símbolo do poder e da riqueza das cidades (catedrais, palacios, concellos, universidades). A catedral pasou a ser o centro da cidade, símbolo de poder e prestixio.

- Características arquitectura gótica:

Material: pedra.

Elementos arquitectónicos: a) Arco oxival: apuntado, permite maior altura do edificio

b) Bóveda de cruzaría: o peso descansa non sobre o muro senón

sobre piares).

c) Arcobotantes: arco externo que trasnmitía o empuxe da bóveda aos contrafortes exteriores).

d) Estribos: contrafortes no exterior.

5. ARQUITECTURA GÓTICA

Page 26: Unidade 4 o gótico

Arco Oxival

Bóveda de cruzaría

Page 27: Unidade 4 o gótico

As bóvedas sonde cruzaría etodos os empuxesdescansan sobrearcobotantes.

Portada lateral

Chapitel

Pináculos

O rosetóne as vidreirasproporcionanluz ao interior.

O tímpano central dafachada principal éun dos elementoscon máis decoracióndo edificio.

Fachada principal

Ten tres naves

Interior da catedral de Santa María do Mar (Barcelona)

Texto

Catedral de Colonia (Alemaña)

Page 28: Unidade 4 o gótico

Gran tamaño. Altura elevada.

Moita luz: enormes xanelas cubertas con vidreiras e rosetóns.

Nave central da catedral de Reims (Francia)

Nave da Catedral de Chartres (Francia)

Interior e rosetón da Sainte Chapelle (París)

Page 29: Unidade 4 o gótico

Planta de cruz latina, coa nave central máis alta e ancha ca as laterais e a cabeceira moi desenvolvida.

Gran variedade de edificios, tanto relixiosos coma civís: igrexas, catedrais, concellos, lonxas, palacios, castelos, universidades... Catedral de Notre Dame (París)

Palacio Ducal, Venecia

Page 30: Unidade 4 o gótico

Comparación planta de cruz latina románica e gótica

Page 31: Unidade 4 o gótico

6. ESCULTURA GÓTICA♜ Función:- Arte relixiosa: as obras plasmaban a

vida espiritual, non a beleza.

- Función educativa: as escenas mostraban os principais episodios e temas da relixión.

♜ Estilo:- Realízanse relevos, pero as esculturas

en vulto redondo (obra illada, non adosada á parede) foron gañando importancia.

- Máis realismo e naturalismo.

- Dominio das liñas curvas e ensación de movemento.

- Expresión dos sentimentos (alegría, tristeza, dor...). Ex: cristo crucificado sofre, a Virxe xoga co neno...

Virxe Branca (Catedral de Toledo)

Cristo crucificado (S.XIV)

Page 32: Unidade 4 o gótico

♜Tipos:- Relevos nas portadas dos edificios.- Retablos esculpidos (estrutura de madeira para o altar).- Cadeirado de coro = asentos de madeira esculpidos onde se sentaban os eclesiásticos.- Esculturas funerarias: co retrato do difunto (orante, xacente, sedente, ecuestre).- Gárgolas: para os desaugadoiros dos tellados.

♜Tipos:- Relevos nas portadas dos edificios.- Retablos esculpidos (estrutura de madeira para o altar).- Cadeirado de coro = asentos de madeira esculpidos onde se sentaban os eclesiásticos.- Esculturas funerarias: co retrato do difunto (orante, xacente, sedente, ecuestre).- Gárgolas: para os desaugadoiros dos tellados.

Page 33: Unidade 4 o gótico

OBRA MESTRA: PORTADA CATEDRAL DE REIMS (FRANCIA)

Page 34: Unidade 4 o gótico

❈ Estilo: Riqueza de cores. Uso do dourado. Paisaxes no fondo das pinturas. Busca de realismo. Movemento.

❈ Temas: Relixiosos. Retratos, de nobres e burgueses para ostentación de poder.

❈ Tipos: Miniaturas: ilustración de libros. Pintura sobre madeira: retablos pictóricos, formados por

unha ou varias táboas (díptico, tríptico, políptico...) É escasa a pintura sobre os muros.

7. PINTURA GÓTICA

“Anunciación” (Simone Martini)

Page 35: Unidade 4 o gótico

Miniatura das Moi Ricas Horas do Duque de

Berry

Pranto por Cristo morto

(Giotto)

Page 36: Unidade 4 o gótico

Descendemento, Roger Van der Weiden

Page 37: Unidade 4 o gótico

UN CASO ORIXINAL:O BOSCO (1450-1518)

Page 38: Unidade 4 o gótico

UN DOS MELLORES PINTORES DA HISTORIA:

JAN VAN EYCK