TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade de Santiago de Compostela Galicia

15
TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo *novos medios Universidade de Santiago de Compostela Galicia Teoría e análise dos cibermedios

description

Teoría e análise dos cibermedios. TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade de Santiago de Compostela Galicia. Teoría e análise dos cibermedios . Tipos de cibermedios. CONCEPCIÓN DOS CIBERMEDIOS.- - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade de Santiago de Compostela Galicia

Page 1: TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade  de Santiago de Compostela Galicia

TIPOS DE CIBERMEDIOS

grupo *novos medios

Universidade de Santiago de CompostelaGalicia

Teoría e análise dos cibermedios

Page 2: TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade  de Santiago de Compostela Galicia

CONCEPCIÓN DOS CIBERMEDIOS.-ENTÉNDESE POR CIBERMEDIO O PROCESO QUE VAI DUN PRODUTOR-EMISOR DE CONTIDOS E SERVIZOS INFORMATIVOS MEDIANTE ESTRATEXIAS E TÉCNICAS XORNALÍSTICAS ESPECÍFICAS E ADECUADAS ÁS ESIXENCIAS E TÉCNICAS ESPECIFICADAS E AXEITADAS ÁS ESIXENCIAS DA PLATAFORMA INTERNET E COA POTENCIALIDADE INCORPORADA POR ESTA COMO O USO INTEGRADO DE VARIOS SISTEMAS EXPRESIVOS: ESCRITO, GRÁFICO, ICÓNICO, AUDITIVO, AUDIOVISUAL E MULTIMEDIA, ATA CHEGAR A UNS USUARIOS QUE PODEN SEGUIR, MANEXAR OU PRODUCIR OUTRAS INFORMACIÓNS E ENTABLAR DIÁLOGO OU INTERCAMBIARSE OS PAIS CO EMISOR.Mariano Cebrián Herreros.

Teoría e análise dos cibermedios. Tipos de cibermedios

Page 3: TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade  de Santiago de Compostela Galicia

OS CIBERMEDIOS RESPONDEN A VARIOS TIPOS, SEGUNDO O ELEMENTO DE CLASIFICACIÓN.

*POLO CONTIDO, DIFERENCIANSE CIBERMEDIOS XENERALISTAS E ESPECIALIZADOS (sobre todo, cultura, economía, relixión, sociedade, educación e servizos comerciais).

*POLA PROFESIONALIZACIÓN, DIFERENCIANSE OS QUE CONTAN CON REDACCIÓN PROFESIONAL, OS QUE SÓ SE NUTREN DE ACHEGAS CIDADÁNS, E OS QUE DISPOÑEN DUN MODELO MIXTO.

Teoría e análise dos cibermedios. Tipos de cibermedios

Page 4: TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade  de Santiago de Compostela Galicia

*POLA NATUREZA DA SÚA CREACIÓN, UNHA PRIMEIRA CLASIFICACIÓN DIFERENCIA ENTRE NATIVOS DIXITAIS OU MIGRANTES DIXITAIS.

*POLA MATRIZ DO MEDIO TRADICIONAL DA QUE PROCEDEN, ESCRITOS, RADIOFÓNICOS E AUDIOVISUAIS.

Teoría e análise dos cibermedios.Tipos de cibermedios

Page 5: TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade  de Santiago de Compostela Galicia

*NA ESTRUTURA ACTUAL DE CIBERMEDIOS HAI TRES MODALIDADES BÁSICAS:

a) Cibermedios matriciais: son os presentes en Internet e que a súa orixe iníciase previamente en papel, como a prensa, ou mediante a difusión electrónica, como a radio e a televisión. Desenvolven unha evolución desde a súa matriz ata a plena adecuación a Internet.

Teoría e análise dos cibermedios.Tipos de cibermedios.

Page 6: TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade  de Santiago de Compostela Galicia

•b)Cibermedios nativos:

•son os nacidos dentro de Internet, sen referencia matricial algunha. Na súa primeira etapa, naceron baixo a influenza dos medios tradicionais, para logo evolucionar e incorporar as características da rede.

Teoría e análise dos cibermedios.Tipos de cibermedios.

Page 7: TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade  de Santiago de Compostela Galicia

• c)Cibermedios sociais: • Representan a comunicación directa entre membros da sociedade civil, grupos de personas afins que establecen un diálogo ou intercambio informativo entre eles, independemente das empresas que controlan os medios tradicionais e os cibermedios que están no marco dunha estrutura tradicional. Trátase dun paso adiante da comunicación na rede.

Teoría e análise dos cibermedios.Tipos de cibermedios.

Page 8: TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade  de Santiago de Compostela Galicia

Teoría e análise dos cibermedios. Relación entre os cibermedios e os medios tradicionais na actualidade.

A innovación constante nos últimos anos do deseño das webs mostrou unha vontade de cambio dos cibermedios e de busca da súa autonomía e da súa identidade cibermediática.*Este feito fixo que se alonxase a nova identidade dos medios tradicionais.*Haberá que ver se seguen evolucionando (polas limitacións que agora impón a crise económica e financeira).

Page 9: TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade  de Santiago de Compostela Galicia

Teoría e análise dos cibermedios. Relación entre os cibermedios e os medios tradicionais na actualidade.

Os cibermedios introducen cada vez máis sistemas expresivos dos medios audiovisuais.Pero, con todo, non se chegou a unha formulación plenamente audiovisual e multimedia na que cada sistema expresivo cumpra unha función combinatoria específica.

Page 10: TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade  de Santiago de Compostela Galicia

Teoría e análise dos cibermedios.A ter en conta para as tipoloxías de estudo no futuro inmediato.

Nos cibermedios precisamos diferenciar:-O que son cibermedios doutras formas de comunicación.-Os modelos de comunicación-A orixe dos cibermedios-O nivel de dinamismo dos cibermedios-O tipo de actividade dos usuarios-A finalidade no tratamento dos contidos informativos.

Page 11: TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade  de Santiago de Compostela Galicia

Teoría e análise dos cibermedios. A ter en conta para as tipoloxías de estudo no futuro inmediato.

Tipoloxía pola diferencia con outras formas de comunicación.--É unha diferenciación moi básica e lóxica (diferencia entre cibermedios e estruturas de información e comunicación en rede)-Os cibermedios fan dos contidos xornalísticos os seus contidos principais.-Hai outras estrutruas de información e comunicación que non o fan (portales, buscadores, directorios, wikis, redes sociais, comunidades virtuais…-.

Page 12: TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade  de Santiago de Compostela Galicia

Teoría e análise dos cibermedios. A ter en conta para as tipoloxías de estudo no futuro inmediato.

Tipoloxía polos modelos de comunicación.--Diferencia entre medios de comunicación de masas (ou colectiva) e medios de comunicación interpersonal.-Nos medios de comunicación interpersonal encontramos medios de comunicación sincrónica (chats, xogos en rede…) e medios de comunicación asincrónica (e-mails, listas de distribución, grupos de noticias, foros de debate, wikis, enquisas e comunidades virtuais).-Permite unha tipoloxía moi similar a anterior.

Page 13: TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade  de Santiago de Compostela Galicia

Teoría e análise dos cibermedios. A ter en conta para as tipoloxías de estudo no futuro inmediato.

Tipoloxía pola orixe dos cibermedios.--Diferencia un aspecto básico e fundamental que mostra unha primeira aproximación sobre tipos de cibermedios.-Inclúe, por un lado, sitios web homólogos de medios de masas –de prensa, de radio, de televisión, de axencias de información- e tamén inclúe todos aqueles cibermedios que sin ser homólogos de medios off line si reproducen a estrutura e funcionamento dos medios de masas.-Inclúe, por outro lado, medios creados con tecnoloxías actuais (bitácoras, confidenciais…).

Page 14: TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade  de Santiago de Compostela Galicia

Teoría e análise dos cibermedios. A ter en conta para as tipoloxías de estudo no futuro inmediato.

Tipoloxía centrada no tipo de actividade dos usuarios.-

-Diferencia en función da implicación dos usuarios na creación de contidos e outras actividades.-Os cibermedios dan a posibilidade para que os usuarios produzan contidos -informativos ou doutra natureza-.-Noutros cibermedios os contidos son creados polos autores ou xestores.

Page 15: TIPOS DE CIBERMEDIOS grupo * n ovos m edios Universidade  de Santiago de Compostela Galicia

Teoría e análise dos cibermedios. A ter en conta para as tipoloxías de estudo no futuro inmediato.

Tipoloxía centrada na finalidade do tratamento dos contidos informativos.-

-Todos os cibermedios teñen como principal obxectivo traballar con contidos de información xornalística, pero non todos teñen a mesma finalidade a hora de tratalos.-Hai dúas finalidades diferenciadas: de difusión ou relacional.-De difusión quere dicir que o cibermedio ten como principal función producir información para difundila.-Na finalidade relacional, o cibermedio ten como función non tanto producir contidos informativos, senón crear un sistema de tal forma que estes se relacionen (Menéame, digg –a relación lévana adiante os usuarios- ou Google Noticias –relación de maneira automática-.