Tema 7-kant 1. a idea kantiana de ilustración

1

Click here to load reader

Transcript of Tema 7-kant 1. a idea kantiana de ilustración

Page 1: Tema 7-kant 1. a idea kantiana de ilustración

1. A idea kantiana de Ilustración

A crítica da razón como tarefa fundamental da filosofía.

Como filósofo ilustrado, Kant asume a clarificación do home e da sociedade. Pero remite esa esixencia de clarificación, primaria e fundamentalmente, á propia razón.En primeiro lugar, trata de resolver o antagonismo entre as diferentes interpretacións da razón:

1. Dunha parte, a posición racionalista que consiste na pretensión de que só a razón, autosuficiente e ao marxe da experiencia, é capaz de interpretar e descubrir a estrutura e o sentido do real.

2. Doutra parte, o empirismo, cuxa expresión última é o escepticismo, como intento de reducir o pensamento ao dado.

Estas interpretacións antagónicas da razón impoñen, segundo Kant, a necesidade de levar a cabo unha crítica da mesma.

Ilustración e liberdade como meta da razón.

Kant cre que a crítica da razón resulta absolutamente necesaria non só a causa da diversidade de interpretacións que da razón teñen dado os filósofos, senón tamén a causa do modo en que os homes da súa época viven a súa vida humana: un modo que non é ilustrado, é dicir, non emancipado, de “minoría de razón”.Pese a tratarse dunha época de Ilustración, os homes desta época , pensa Kant, non chegaron a facer dela unha época “ilustrada” realmente.Kant cre que a situación de minoría de razón na que se atopan os homes da súa época débese, fundamentalmente, ás restricións ou limitacións, é dicir, a falta de verdadeira liberdade.A tarefa da crítica da razón (no seu sentido máis pleno) terá como obxectivo primordial a realización da liberdade, a superacións da súas limitacións: tanto a restrición civil ou social como a restrición da conciencia (xa sexa pola relixión, xa sexa polas normas social e historicamente recibidas).O remedio de tal situación só pode ser a crítica da razón levada a cabo por si mesma, para buscar en si mesma a liberdade e a verdade. Unha crítica da razón será, pois, a esixencia que o ser humano imponse de clarificarse sobre o que é e sobre os últimos fins e intereses. “A máxima de pensar por si mesmo: iso é a Ilustración”; é dicir, a necesidade e esixencia dun pensar emancipado.Neste sentido, precisamente, dise que a crítica da razón proponse o exercicio e realización da liberdade, unha liberdade non só subxectiva, senón que ten que proxectarse na estruturación dunha nova orde social.Toda a obra kantiana, como en xeral toda a Ilustración, é un alegato en favor da liberalización de toda tutela (tradicións, autoridade, fe irracional), e en favor dese heroísmo que se precisa para atreverse a pensar por un mesmo.Sen embargo, para Kant, esta defensa do uso da razón de cada un ten un certo límite. Kant distingue o uso público da razón do seu uso privado. En canto ao uso público ten que haber unha total liberdade do uso da razón. En canto ao uso privado esta poderá (e incluso deberá) ceñirse a certos límites. Por uso público entende a discusión pública de todos os problemas que poidan afectar aos individuos con vistas a atopar fórmulas mellores para resolvelos. Por uso privado entende o uso que como profesional (como funcionario) vese obrigado a facer da razón. Así, di Kant, un cidadán pode criticar publicamente os impostos que rexen no seu Estado e intentar ofrecer sistemas mellores na súa distribución, recadación, etc. Pero non pode negarse (en virtude do uso privado da súa razón) a pagar os impostos sen máis.