Tema 1.- A organización política das sociedades. 1.- O ... · Tema 1.- A organización política...
Transcript of Tema 1.- A organización política das sociedades. 1.- O ... · Tema 1.- A organización política...
Tema 1.- A organización política das sociedades.
1.- O Estado como organización política da sociedade.
Funcionamento dun sistema democrático
Estados democráticos e non democráticos.
Estados democráticos Estados ditatoriais
• O Goberno é escollido polos cidadáns en
eleccións libres, periódicas e realizadas
mediante sufraxio universal.
• O Goberno ditatorial imponse pola forza, a
través dun golpe de Estado contra o Goberno
lexítimo e co apoio do Exército. Non hai
eleccións libres.
• Pluralidade política: os candidatos que
obteñen a maioría ocupan o Goberno e
determinan a política que vai seguir o Estado;
os restantes forman a oposición, que controla
a actividade do Goberno.
• Nunha ditadura non hai pluralidade política: o
Goberno é dirixido por unha persoa que, co
apoio dun grupo étnico, un partido político ou
o exército, goberna segundo os seus
intereses.
• Existe liberdade de expresión, de forma que
todas as persoas serán respectadas e poderán
expresarse con total liberdade e con pleno
respecto do resto dos cidadáns.
• Non existe liberdade de expresión. As ideas ou
accións contrarias ao ditador son controladas
e restrinxidas a través da censura e
perseguidas polas forzas de orde pública. Os
opositores son encarcerados ou eliminados.
• División de poderes, garantía de liberdades e
dereitos individuais...
• Concentración dos poderes, restrición das
liberdades e dereitos individuais...
Tipos de Estados democráticos
Monarquía
• A máxima autoridade do Estado é o Rei (xefe do Estado).
• A monarquía é unha institución vitalicia e hereditaria, non electa polos cidadáns.
• Nas monarquías parlamentarias o Rei reina pero non goberna e ten que xurar fidelidade á
Constitución
República
• As funcións de xefe do Estado desempéñaas o Presidente da República
• O Presidente é elixido polos cidadáns segundo as normas establecidas na Constitución.
• O goberno do Estado queda en mans do Primeiro Ministro ou Presidente do Goberno
Estado liberal
• Procura non interferir na economía das empresas nin nas relacións sociais, para lograr o
maior desenvolvemento da sociedade.
• Considera que a economía e a sociedade deben funcionar segundo as súas propias regras
e segundo as leis do mercado
Estado social
• Defende a necesidade de intervir nalgúns ámbitos económicos e sociais, para conseguir a
maior igualdade posible entre todos os cidadáns
• Instrumentos: pensións, subsidios de paro, soldos mínimos, sanidade pública, ensino
obrigatorio...
Estado
centralista
• Estado no que as decisións que afectan ás rexións ou territorios que o forman as toma o
Goberno central
Estado
descentralizado
• Estado que comparte o poder cos diferentes territorios ou rexións que o integran, e
delega neles determinadas competencias
Felipe VI
19 xuño 2014
2014
3.- O Estado e a globalización.
A Organización das Nacións Unidas (ONU)
Fundación 24 de outubro de 1945, en San Francisco (California) tras o remate da II Guerra Mundial
Estatuto básico Carta das Nacións Unidas, asinada o 26 de xuño de 1945 polos 51 países fundadores
Sede Territorio internacional das Nacións Unidas en Nova York
Estados membros Desde o ano 2011 está composta por 193 Estados, tras a incorporación de Sudán do Sur
Países ou Estados
que non están
• Cidade do Vaticano: a Santa Sede é membro observador.
• Palestina: a Autoridade Palestina é membro observador.
• Taiwán: deixou de ser membro da ONU en 1971, cando o seu asento foi cedido a China
• O Sáhara Occidental: oficialmente segue sendo un territorio non autónomo de
administración española.
Obxectivos
• Manter a paz e a seguridade internacionais.
• Fomentar relacións de amizade entre todas as nacións sobre a base do respecto ao
principio de igualdade de dereitos e da libre determinación de todos os pobos.
• Cooperar na solución dos problemas internacionais de tipo económico, social, cultural e
humanitario, mediante a cooperación e o diálogo, evitando o recurso á guerra.
• Preservar o respecto dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais.
Principais
institucións
• Asemblea Xeral.
• Consello de Seguridade.
• Consello Económico e Social.
• Tribunal Internacional de Xustiza.
• Secretaría Xeral.
Principais axencias
dependentes
UNICEF (Fondo Internacional das Nacións Unidas para a Infancia
UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura
Estados membros da ONU segundo a data de ingreso na organización
Asemblea
Xeral
• É o órgano principal das Nacións Unidas. Ten carácter deliberativo e está formado por todos
os Estados membros.
• Reúnese regularmente cada ano, ou en sesións especiais.
• As súas resolucións teñen só un carácter de recomendación.
Consello de
Seguridade
• Organismo das Nacións Unidas encargado de manter a paz e a seguridade entre as nacións.
• Está composto por 15 membros, 5 permanentes e 10 temporais; os membros permanentes
son: Estados Unidos, Francia, Reino Unido, Rusia e China; os membros temporais son
elixidos cada dous anos pola Asemblea Xeral. Cada membro ten un voto.
• As decisións do Consello de Seguridade (chamadas resolucións) son obrigatorias para os
membros da ONU, pero os 5 membros permanentes teñen dereito de veto.
Consello
Económico e
Social
• Organismo das Nacións Unidas que ten como función promover a cooperación para o
desenvolvemento económico e social, e para o desenvolvemento sostible.
• Coordina as actividades das axencias especializadas nestes campos.
Tribunal
Internacional
de Xustiza
• Principal órgano xudicial das Nacións Unidas, con sede en A Haya (Países Baixos).
• A súa función principal é resolver por medio de sentencias as disputas que lle sometan os
Estados e dar resposta a calquera cuestión xurídica que lle sexa formulada pola Asemblea
Xeral ou o Consello de Seguridade.
Secretaría
Xeral
• Órgano administrativo cuxa función básica é coordinar os diferentes organismos da ONU. O
seu titular é a máxima representación diplomática das Nacións Unidas.
• O Secretario Xeral é nomeado pola Asemblea Xeral, a recomendación do Consello de
Seguridade. O seu mandato dura cinco anos e pode ser reelixido. O actual Secretario Xeral é
Antonio Guterres (Portugal), durante o período 2017-2021.
• As súas funcións principais son, axudar a resolver os conflitos internacionais, poñer en
práctica as políticas da ONU e organizar conferencias internacionais.
4.- A organización territorial de España: municipios ⟹ provincias ⟹ Comunidades Autónomas.
institucións compostas por como se forma(n)
Munic
ipio
s
Concello
Alcalde
+
concelleiros
• Todos son elixidos mediante sufraxio universal polos
cidadáns do concello, nas eleccións municipais, que se
celebran cada catro anos
• Os cidadáns elixen os concelleiros,e logo estes, entre eles,
elixen o alcalde (normalmente é o líder do partido máis
votado, pero non sempre)
Provin
cia
s
Deputación
Provincial
(*1)
Presidente
+
deputados
provinciais
• O número de deputados provinciais varía segundo a
poboación da provincia. Son escollidos entre os concelleiros
electos en todos os concellos da provincia, en proporción
aos votos obtidos por cada partido ou coalición electoral.
• O Presidente da Deputación é escollido polos deputados
provinciais
Com
unid
ades
Autónom
as
Asemblea ou
Parlamento
(p. lexislativo)
Parlamentarios ou
deputados
autonómicos
• O Parlamento é elixido polos cidadáns de cada Comunidade
Autónoma maiores de 18 anos nas eleccións autonómicas,
que se desenvolven cada catro anos
Goberno ou
Consello
(p. executivo)
Presidente
autonómico
+ conselleiros
• O Presidente é elixido polos membros da Asemblea ou
Parlamento autonómico, e é nomeado polo Rei
• Os conselleiros son nomeados polo Presidente
Tribunal Superior
de Xustiza
Xuíces e
maxistrados
• Non son elixidos. Ingresan na Carreira Xudicial mediante
oposición. Exercen o poder xudicial
(*1) Nas C. A. uniprovinciais non hai Deputacións Provinciais, porque as competencias da Deputación son asumidas pola propia C. A.
Nas illas non existe Deputación Provincial, senón un Consello insular (Baleares) ou un Cabildo insular (Canarias).
Número de concelleiros en cada concello
segundo a súa poboación
Número de deputados provinciais por
provincia segundo a súa poboación
Ata100 residentes 3 Ata 500.000 residentes 25
De 101 a 250 residentes 5 De 500.001 a 1.000.000 27
De 251 a 1.000 7 De 1.000.001 a 3.500.000 31
De 1.001 a 2.000 9 De 3.500.001 en diante 51
De 2.001 a 5.000 11
De 5.001 a 10.000 13
De 10.001 a 20.000 17
De 20.001 a 50.000 21
De 50.001 a 100.000 25
De 100.001 en adiante, un concelleiro máis por
cada 100.00 residentes ou fracción,
engadíndose un máis cando o resultado sexa
un número par
Composición do Parlamento de Galicia
Índice de Desenvolvemento Humano (IDH)
• É un indicador elaborado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD)
que mide o nivel de desenvolvemento dos habitantes dun país.
• Considera tres criterios básicos:
➢ os indicadores económicos: Produto Interior Bruto (PIB) real por habitante;
➢ a saúde: esperanza de vida ao nacer e acceso á sanidade;
➢ a educación: taxa de alfabetización e matriculación nas ensinanzas primaria, secundaria e
superior.
• O IDH exprésase en valores abranguidos entre 0 (mínimo) e 1 (máximo). Distínguense tres
categorías:
➢ desenvolvemento humano alto: IDH>0,8
➢ desenvolvemento humano medio: IDH entre 0,5 e 0,8
➢ desenvolvemento humano baixo: IDH<0,5.
Países con IDH máis elevado
Países con IDH máis baixo
Renda anual familiar e gastos en educación nas CC. AA. (2013)
6.- A Unión Europea.
Tratados fundamentais da Unión Europea
Tratado asinado
en
en
vigor Acordos fundamentais
Tratado de París 1951 1952 Tratado Constitutivo da Comunidade Europea do Carbón
e do Aceiro (CECA). Precursor da CEE
Tratado de Roma 1957 1958 Tratado Constitutivo da Comunidade Económica
Europea (CEE). Considérase o tratado fundacional
Acta Única Europea
(Luxemburgo - A Haia) 1986 1987
Introduciu o principio de cohesión económica e social
para acadar un mercado interior
Tratado de Maastricht
(Países Baixos) 1992 1993
Tratado Constitutivo da Unión Europea. Estableceu a
Unión Económica e Monetaria (o euro)
Tratado de Ámsterdam 1997 1999 Revisou os tratados anteriores e estableceu a libre
circulación dos cidadáns da UE no territorio da UE
Tratado de Niza 2001 2003 Reformou a organización institucional da UE para
afrontar a súa ampliación
Tratado de Lisboa 2007 2009
Modificou o Tratado constitutivo da CEE e o Tratado da
Unión Europea. Substituíu o tratado constitucional de
2004 (non aprobado)
O proceso de creación da Unión Europea
A Europa dos Vinte e Oito
adhesións en 2013 (Croacia, 1 de xullo)
Ano membros Estados que se integraron
1957 6 República Federal de ALEMAÑA - BÉLXICA - FRANCIA - ITALIA -
LUXEMBURGO - PAÍSES BAIXOS
1973 9 DINAMARCA - IRLANDA - REINO UNIDO
1981 10 GRECIA
1986 12 ESPAÑA - PORTUGAL
1990 12 Entrada da antiga República Democrática Alemá (Alemaña do Leste) tras a
súa unificación coa RFA (3 outubro 1990)
1995 15 AUSTRIA - FINLANDIA - SUECIA
2004 25 REPÚBLICA CHECA - CHIPRE - ESLOVAQUIA - ESLOVENIA -
ESTONIA - HUNGRÍA - LETONIA - LITUANIA - MALTA - POLONIA
2007 27 BULGARIA - RUMANÍA
2013 28 CROACIA
A ampliación da Unión
▪ Candidatos oficiais: Turquía (desde 2004) / Antiga República Iugoslava de Macedonia (d. 2005) / Islandia
e Montenegro (d. 2010) / Serbia (d. 2012).
▪ Países que presentaron a súa candidatura: Albania (2009).
▪ Candidatos potenciais: Bosnia-Herzegovina / Kosovo (non recoñecido por todos os Estados).
➢ Países e entidades que non presentaron candidatura: Bosnia-Herzegovina / Kosovo (declarou a súa
independencia de Serbia en febreiro de 2008).
▪ Países que rexeitaron a súa adhesión en referendo: Suíza e Noruega.
▪ Estados que non solicitaron o ingreso ou interesados a medio prazo: Andorra, Armenia, Azerbaiyán,
Bielorrusia, Xeorxia, Liechtenstein, Moldavia, Mónaco, Rusia, San Marino, Ucrania, Cidade do Vaticano.
A Unión Económica e Monetaria (UEM)
Os fundadores da Unión Europea
Os símbolos da Unión Europea
Un espazo heteroxéneo.
A heteroxeneidade de niveis de desenvolvemento
A heteroxeneidade cultural: as 24 linguas oficiais da UE
As institucións da Unión Europea.
Institución Composición Funcións
Consello
Europeo
• Xefes de Estado ou de Goberno dos Estados
membros + Presidente do Consello Europeo
(Donald Tusk) + Presidente da Comisión Europea.
* Reúnese catro veces ao ano. Sede: Bruxelas.
• É o máximo órgano político da UE.
• Define as orientacións xerais de actuación e de
desenvolvemento da UE.
Consello
da Unión
Europea
• Representan os Gobernos dos Estados membros.
• Un ministro por cada país, que varía en función dos
temas que haxa que tratar.
• A presidencia do Consello é rotatoria: é exercida
polos xefes de Estado ou de Goberno de cada un
dos países membros por un período de 6 meses
• Principal instancia de decisión da UE.
• Comparte o poder lexislativo co Parlamento.
• Coordina as actuacións dos Estados da UE
➢ As decisións tómanse por unanimidade ou por
maioría. O nº de votos de cada Estado depende
da súa poboación. Sede: Bruxelas e Luxemburgo.
Parlamento
Europeo
• 751 parlamentarios elixidos por sufraxio universal.
Representa os cidadáns.
• Cada Estado escolle os seus eurodeputados, que
se organizan en 7 grupos políticos, segundo os
partidos que representan.
* Elixido cada cinco anos.
* Presidente: Antonio Tajani
• Función lexislativa: pode facer e reformar leis.
• Aproba os orzamentos da UE.
• Controla o Consello da UE e a Comisión
Europea.
➢ Organízase en comisións para traballar temas
concretos.
* Sede: Estrasburgo, Bruxelas e Luxemburgo.
Comisión
Europea
• Presidente (Jean-Claude Juncker) e os Comisarios
(un por cada Estado membro)
• Todos eles son elixidos polos Estados membros
para un mandato de cinco anos.
• Representa os intereses comunitarios, o conxunto
da UE.
* Sede: Bruxelas.
• Función executiva: xestiona e aplica as políticas
da UE e o orzamento.
• Iniciativa lexislativa: propón os textos de lei que
se presentan ao Parlamento e ao Consello da UE.
• Controla o cumprimento dos Tratados e do
Dereito Comunitario (é a “gardiá dos tratados”).
• Elabora os orzamentos para o Parlamento e o
Consello da UE.
* Representa a UE na escena internacional.
Institución Composición Funcións
Tribunal de
Xustiza
• Un xuíz de cada país membro, que se renova cada
seis anos.
* Sede: Luxemburgo.
• Función xudicial. Garante o respecto, a
interpretación e o cumprimento das leis
comunitarias en todos os países da UE.
• Atende os cidadáns e institucións comunitarias
que o necesitan.
Defensor
do pobo
Europeo
• Elixido polo Parlamento Europeo por un mandato
renovable de cinco anos.
* Desde 2013 é a irlandesa Emily O’Reilly.
* Sede: Estrasburgo.
• Responde as denuncias dos cidadáns contra a
mala xestións dalgunha institución da Unión
Europea.
Outras
institucións
• Banco Central Europeo: xestiona o euro e a política monetaria da UE.
* O seu actual presidente é o italiano Mario Draghi.
* Sede: Fráncfort.
• Tribunal de Contas: encárgase de controlar os ingresos e os gastos da Unión.
* Sede: Luxemburgo.
• Banco Europeo de Investimentos: financia o desenvolvemento dos sectores económicos comunitarios
que o precisen.
* Sede: Luxemburgo
• Comité das Rexións: representa as autoridades locais e rexionais.
* Sede: Bruxelas.
• Comité Económico e Social: representa a sociedade civil organizada (sindicatos, empresarios,
consumidores...).
* Sede: Bruxelas.
7.- As Organizacións Non Gobernamentais (ONG).
son • entidades de carácter público, con fins humanitarios e sociais, que non dependen de Gobernos ,
Estados ou partidos políticos
integradas
por
• sociedades, empresas, centros de investigación...
• asociacións de cidadáns, particulares...
xurdiron
en
• orixe: anos 50 do século XX, no contexto do proceso de descolonización
• expansión: década dos 90 (reunión de Estocolmo, campaña do 0’7%)
exemplos
• dedicadas a intervención humanitaria: Cruz Vermella, Mans Unidas, Intermón, MSF...
• defensa dos dereitos humanos: Amnistía Internacional...
• protección da natureza: Greenpeace, WWF (World Wild Fund)...
• outras: Aldeas Infantís, Acción contra a Fame...
funcións
sociais
• solucionar problemas de urxencia e necesidade: conflitos bélicos, fames, catástrofes naturais...
• accións de desenvolvemento integral das persoas: saúde, cultura, tecnoloxía...
• concienciar e responsabilizar os cidadáns na defensa das causas humanitarias
• ...