Sobrepesca (galego)

6
Museos Científicos Coruñeses Unha información elaborada por 10 Monografías de Comunicación Científica BO PARA O MAR BO PARA TI sobrepesca Edición realizada co patrocinio de

description

A décima Monografía de Comunicación Científica de mc2 responde á preocupación polo esgotamento dos recursos mariños. «Sobrepesca» forma parte da campaña europea "Elixe o peixe correcto", liderada en España polo Aquarium Finisterrae, e cuxo obxectivo é convidar a consumir peixes que non poñan en perigo os recursos mariños. Esta campaña tamén está a ser desenvolvida en Francia por Nausicaa Centre National de la Mer, e en Italia, a cargo do Acquario de Genova.

Transcript of Sobrepesca (galego)

Page 1: Sobrepesca (galego)

Museos Científ icos Coruñeses

Museos Científ icos Coruñeses

U n h a i n f o r m a c i ó n e l a b o r a d a p o r

10Monografías deComunicación Científica

BOPARA O MAR

BO PARA TI

BOPARA O MAR

BO PARA TI

sobrepesca

Edición realizada co patrocinio de

Page 2: Sobrepesca (galego)

n Cando se considera que uncaladoiro está sobreexplotado?

Os científicos utilizan fundamentalmente dúas medidas comoindicadores do nivel de explotación á que está sometido un

caladoiro. Trátase do tamaño medio das especies capturadase do número de individuos que se capturan. Unha reduciónde ambos os dous indicadores é sinal de que se está producindo oesgotamento do recurso mariño. O tamaño medio dos peixes cap-turados nas costas de Terranova reduciuse nun metro entre osanos 1957 e 2000.

n Canto tempo tarda en recuperarseun caladoiro sobreexplotado?

U n exemplo coñecido de sobreexplotación é o que aconteceucoa pesca do bacallau nas costas de Terranova. A redución

de capturas foi tan importante que finalmente se aceptou unhaparada total en 1992; o caladoiro aínda non se recuperou. Acapacidade de recuperación depende de cuestións como otempo que tardan as especies en acadar a madurezsexual para reproducirse, o número de crías quenacen, a cantidade de parellas reprodutoras que sesalvaron da sobreexplotación, o estado do medio noque vive a especie ou as medidas de protección que seadopten. Canto maior sexa a restrición pesqueira, máis rápi-da será a recuperación. Os bacallaus, por exemplo, tardan uns10 anos en acadar a madurez sexual.

índa que existen noticiassobre o esgotamento derecursos mariños naantigüidade, a explotaciónpesqueira mundial deu

sinais de alarma durante asegunda metade do século XX. Oaumento da demanda debido aoincremento da poboación mundiale a modernización da tecnoloxíaprovocou un paulatinoesgotamento dos recursospesqueiros. É por iso que asnoticias relacionadas con este temaestán cada vez máis presentes en todosos medios de comunicación. OAquarium Finisterrae participa noprograma europeo “Elixe o peixecorrecto” cuxo obxectivo é convidar aconsumir peixes que non poñan enperigo os recursos mariños.

Os Museos Científicos Coruñeses recolleron asprincipais inquedanzas populares sobre o tema,enunciadas en forma de preguntas, pararespondelas nesta publicación.

AEUROPA

ASIA

AMÉRICA ÁFRICA

OCEANÍA

AtlánticoNoroccidental

Estados Unidose Canadá.Total capturas:2,3 millóns de t

AtlánticoCentro-Oriental

España, Marrocos,Senegal e GhanaTotal capturas:3,8 millóns de t

PacíficoNoroccidental

China, Rusia,Corea do Nortee Corea do SurTotal capturas:33,8 millóns de t

PacíficoCentro-Occidental

Tailandia, Indonesia,Filipinas, Vietnam,Xapón e MalasiaTotal capturas:10,6 millóns de t

PacíficoSudoeste

Australia eNova ZelandaTotal capturas:0,8 millóns de t

Índico OrientalIndia, Tailandia,Mianmar, Indonesiae Bangladesh.Total capturas:5,2 millóns de t

ÍndicoOccidental

India, Pakistán,Irán e Sri LakcaTotal capturas:4 millóns de t

AtlánticoSuroccidental

Arxentina eBrasilTotal capturas:2,3 millóns de t

PacíficoSuroriental

Perú, Chilee EcuadorTotal capturas:13,3 millóns de t

AtlánticoSudeste

RepúblicaSudafricana,Namibia e RusiaTotal capturas:4,2 millóns de t

AtlánticoCentro-Oeste

Estados Unidos,Méxicoe VenezuelaTotal capturas:1,9 millóns de t

PacíficoNororiental

Estados Unidose CanadáTotal capturas:12,9 millóns de t

PacíficoCentro-Este

MéxicoTotal capturas:1,2 millóns de t

Atlántico NororientalDinamarca, Islandia,Noruega, Reino Unido,Rusia, España, Francia,Países Baixos, Suecia,Irlanda, Alemañae Portugal.

Total capturas:12,5 millóns de t

0,05 0,2Millons de toneladas capturadas ao ano

1 3 5 10

1970 1975 1980 1985 1990 1995 2000 2005anos

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

Poboacións plenamenteexplotadas

Poboacións pouco oumoderadamente explotadas

Poboacións sobreexplotadase esgotadas

Por

cent

axe

depo

boac

ións

eval

uada

s

Os caladoiros son zonasmariñas nas que os

barcos pesqueiros botanas súas artes de pesca.Trátase de lugares cuxas con-dicións ecolóxicas promovena abundancia de peixes ou

mariscos, polo que os mari-ñeiros buscáronos desde aantigüidade. A palabra cala-doiro procede do verbo “calar”,cuxa definición é “dispor naauga debidamente unha artepara pescar”.

n Que é un caladoiro?

Evolución da biomasa de reproductoresde bacallau e da mortalidade por pesca

Tendencia mundial sobre o estadodas poboacións pesqueiras

Caladoiros de pesca

Page 3: Sobrepesca (galego)

A índa que existen peixes en perigo deextinción (como o peixe gato xigante

de Tailandia, ou o salmón do Pacífico deEstados Unidos) é difícil responder conrigor xa que aínda faltan por coñecermoitos datos sobre as especies mari-ñas. Sábese que, por exemplo, moitostiburóns están en perigo debido á sobre-pesca. Outras especies que están ame-

azadas pola sobreexplotación son:atún, anguía, escarapote, lagosti-no, linguado, raia, pescada, peixeespada, peixe vela, solla, peixesapo e salmón atlántico. Cando apesca destas especies deixe de ser ren-dible desaparecerán dos mercados, nondo mar, algúns dos peixes que agoraestamos comprando.

n Que peixes están en perigo de extincióndebido á sobrepesca? Estase terminando opeixe que compro?

R ecoméndase comprar aquelesque se pescan nas zonas

máis próximas ao consumidor;por iso as especies varían en funcióndo lugar onde se reside. En Galicia, arecomendación é incrementar o con-sumo de xurelo, sardiña, xarda, lirio,congro, faneca, escachos, sargo ebogamuxo. Outros consellos xeraisson respectar as épocas do ano nas

que non deben consumirse as espe-cies (vedas) e só comprar exempla-res que excedan as tallas mínimas.Tamén deberiamos descartar o con-sumo de especies (como as cigalasou o linguado) que se capturanmediante artes de pesca de arrastrede fondo. E sería de grande axudareducir o consumo de especies ame-azadas pola sobrepesca.

n Que tipo de peixe debo comprar?E cal debo evitar?

n Que son as confraríasde mariñeiros?

Son organizacións formadas polas persoasque traballan e viven das actividades pes-

queiras (patróns, armadores, mariñeiros, etc.). Teñena súa orixe social nas agrupacións que se creaban parafacer fronte ás múltiples desgrazas que sufrían osmariñeiros. Serven para representar, defender, pro-mover, participar e colaborar coa administración públi-ca na ordenación da pesca, o marisqueo e a acuicultu-ra así como a comercialización dos seus produtos.

n Acabarán por desapareceros peixes do mar?

É moi difícil que isto aconteza pero, aínda así,deberiamos actuar para evitalo. O 80% dos cala-

doiros mundiais están explotados ao máximo ousobreexplotados, unhacifra que non deixa demedrar. En 1974, o 40%dos caladoiros estabanmoderadamente explo-tados, pero en 2005 sóquedaba o 23% nesasituación.

n Que outras cousas se estánfacendo para evitar asobrepesca?

O s expertos recomendan eliminar o uso dasartes de pesca que destrúen o fondo oce-

ánico e as pouco selectivas (capturan unha grandiversidade de organismos, e moitos deles se tiran),crear reservas mariñas onde as especiesestarían a salvo (na actualidade só cobren o 0,01%da superficie mariña), reducir a capacidade dafrota pesqueira e suprimir as axudas gober-namentais que manteñen en activo frotas quenon son rendibles. Tamén se aconsella aplicarcon rigor os controis que xa existen e a determina-ción de tallas mínimas de captura. Moitas institu-cións nacionais e internacionais están facendo leisque recollen estes consellos con maior ou menorrigor; existen, para iso, servizos de inspección pes-queira que velan polo seu cumprimento.

Millóns de Toneladas

Dez principais países produtores en 2006

China

Perú

EE.UU.

Indonesia

Xapón

Chile

India

Federación de Rusia

Tailandia

Filipinas

0 2 4 6 8 10 12 14 16 18

17,17,0

4,94,84,24,23,93,32,82,3

Can

tidad

ede

adul

tos

(en

tone

lada

s)

0

50.000

100.000

150.000

200.000

250.000

19951996

19971998

19992000

20012002

20032004

20052006

20072008

20092010

2011

Tendencia da poboación do atún vermellono Atlántico Oriental

Pesca mediante redes de arrastre de fondo

Pesca de captura mariña e continental

Page 4: Sobrepesca (galego)

n Con que frecuencia se debecomer peixe? En que país secome máis?

R ecoméndase consumir unha ración de 125-150 gramos de peixe (sen contar os des-

perdicios) entre 3 e 4 veces á semana.Algúns países consumen ao ano unha media de

menos dun quilo por persoa (Asia Central)mentres que outros poden achegarse aos 100(Islandia). A media mundial é de 16,4 quilos. Oconsumo medio en España rolda os 28 quilosao ano por persoa. Case un terzo desa canti-

dade represéntano o consumo de pescada oupescadilla; despois están a sardiña, o bocarte, o

atún fresco, os peixes planos, o bacallau e o sal-món. Estase incrementando moito o consumo dedourada e de salmón. Os maiores consumidoresde peixe son Islandia, Xapón e Portugal.

E ste método de pesca utiliza redescon forma de bolsa de grandes

dimensións (como campos de fútbol)que capturan todo o que encontran aoseu paso. Cando se lastran paraarrastraras polo chan mariño, arrin-can do fondo todo o que atopan(algas, esponxas, corais, etc.) oque resulta especialmente des-

trutivo. Ademais, é un método depesca moi pouco selectivo, que xeraun gran volume de capturas quenon son de interese comercial edescártanse tirándoas ao mar (nameirande parte dos casos estes orga-nismos non sobreviven). En moitasocasións os descartes representan ametade ou máis das capturas.

n Por que se di que as redes de arrastre sonmalas para o mar?

Fondo oceánico poloque pasou unha redede arrastre de fondo

n Cales son ascaracterísticas nutricionaisdo peixe?

T rátase dun alimento san, completo e dedoada dixestión. Contén proteínas de elevado

valor biolóxico, vitaminas (especialmente A, D e asdo grupo B) e minerais (fósforo, iodo, calcio, etc.);tamén é importante polo seu baixo contido en gra-xas, e porque as queten son de moi boacalidade (os peixesson unha fonte impor-tante de acidos graxosomega 3, coñecidospola súa acción bene-ficiosa fronte ao coles-terol). Outra cuestióninteresante é queachegan poucas calo-rías á dieta.

0-2 2-5 5-10 10-20 20-30 30-60 ›60 Kg/ano

de arrastre de fondo

Consumo medio de pescado por individuo

S i. Un dos conceptos científicosmáis elementais e que inflúe

pouco no comportamento das persoasé que a suma de pequenas acciónspode conseguir un resultado de gran-de alcance. De feito, a demanda demillóns de persoas sobre certasespecies é o principal motivo polo que

durante anos continuou a sobrepesca.Por iso a maior parte das campañasteñen ao consumidor como obxectivoprincipal. Só con que cada europeo“deixase de comer unha pescadaao ano” poderiamos salvar unhapoboación de 500 millóns destespeixes.

n Que eu cambie os meus hábitos de consumo,de verdade axuda a mellorar a situación?

n Como se aplican no mar as leisde pesca? Que pasa cos paísesque non respectan asmoratorias internacionais?

Para entender a situación actual hai que lembrar que ata1982 non estaba lexislado o uso ou explotación do océano.

Nese ano a ONU aprobou a “Lei do Mar ”, mediante a que permitíaaos estados costeiros reclamar como propio o territorio mariñoque se afasta da súa costa ata uns 370 quilómetros. Isto fixo recaersobre os estados costeiros a xestión da maior parte das pesquerí-as marítimas. Así que cada estado pode aplicar normativasdiferentes; para facer cumprir esas leis existen controis e inspectores. Os tribunaisinternacionais intentan resolver os conflitos entre diferentes países, pero a aplicación desancións resulta moi complexa.

Os tamaños mínimospódense controlar

mediante o tamaño da malla da rede pesqueira

Page 5: Sobrepesca (galego)

n Se o mar está moicontaminado, é bo comerpeixe?

A índa que deberiamos evitar o consumo de espe-cies mariñas que se capturan en zonas moi con-

taminadas, a maior parte dos peixes non teñeneste perigo. Doutra banda, existe lexislación queobriga a controlar a contaminación que poidan sufriras especies máis sensibles (atún, peixe espada, etc.).Pero convén lembrar que os animais terrestres queconsumimos son herbívoros (vacas, etc.), mentresque os peixes adoitan ser depredadores. É dicir, quedesde un punto de vista ecolóxico, os equivalentesterrestres á pescada ou ao atún serían os leóns,tigres ou lobos. Este feito é importante xa que os pro-dutos contaminantes vanse concentrando nas espe-cies segundo pasan duns a outros a través da alimen-tación. É dicir, unha alga pode ter pouca contamina-ción, pero o peixe que se alimenta dela acumula algomáis xa que come moitas algas; e o peixe que se ali-menta de peixes contaminados presenta o meirandenivel de contaminación.

n É posible repoboar o mar con peixes?

S i, e nalgúns casos xa se fixo, aínda que non existe unanimi-dade en que esa sexa a forma de resolver a sobrepesca. Un dos

problemas que se percibe é que a cría en catividade adoita reducir avariabilidade xenética da especie, polo que se se utiliza para recupe-rar poboacións salvaxes, podería perderse a diversidade natural.Ademais, das algo máis de 23.000 especies de peixes coñecidos sóunhas poucas se puideron investigar e conseguir a súa reproduciónen catividade. Se se extinguisen agora desaparecerían para sempre.

n Se os mariñeiros saben que se estánextinguindo os peixes, por que seguena pescar?

As ideas que temos sobrecomo é e como funciona o

mundo natural ímolas desen-volvendo a través dun conxuntode camiños (educación, expe-riencias, etc.), e algúns delespódennos levar a erro. Porexemplo, unha idea popular-mente arraigada é que vivi-mos nun mundo inmenso derecursos inesgotables; epensar o contrario parece quepode ir en contra do sentidocomún. Por iso é tan difícil con-vencer a todas as persoas deque a saúde do planeta está enperigo. Actualmente moitos

mariñeiros xa o asumen e actú-an en consecuencia. Pero, comopasa en calquera outra activi-dade humana, algúns prefirenpensar nos seus propios benefi-cios, ou incluso en non respec-tar a lexislación.

n Como afectaría ao equilibrioecolóxico a desaparicióndunha especie?

A índa que depende moito da especie da que setrate, o perigo máis importante da sobrepesca é

a alteración do equilibrio ecolóxico. E iso é o queestá acontecendo ao reducirse as poboacións demoitas especies. Por exemplo, no último medioséculo os océanos mundiais perderon o 90% dosgrandes peixes depredadores. Unha das consecuen-cias que ten este feito é o incremento das poboa-cións doutras especies das que se alimentaban que,pola súa parte, esquilman as súas fontes de alimen-to e buscan outras. Estas repercusións actúanformando unha cadea cuxas consecuenciasaínda non se coñecen.

Control dedepredadores

Introduciónde pensos

Enfermidadese parásitos

A putrefacción dos residuos baixo as áreas de cultivo producezonas desérticas, nas que non poden crecer os organismos

Fuga de especiesnon nativas

Medicamentos Praguicidas

Matanza de animaispredadores para controlaros peixes cultivados

Residuos

Residuos(alimento non inxerido, feces, etc)

n Por que non se constrúenpiscifactorías e se deixa depescar no mar?

A índa que pareza que esta alternativa podería resol-ver o problema, os científicos alertan de que tamén

podería empeoralo. Como moitos dos peixes que secrían son carnívoros, necesitan comer penso de peixe;e para fabricar estes pensos cómpre capturar outrasespecies. Por exemplo, as piscifactorías de sal-móns consumen máis pescado do que producen;necesitan tres quilos de penso para obter un quilo desalmón. A acuicultura sería unha boa opción se a críadas especies non consumise penso de peixe (xa se estáinvestigando o desenvolvemento de pensos alternati-vos); sería o caso, por exemplo, dos mexillóns ou dastilapias (un peixe herbívoro).

Os desequilibrios ecolóxicos poden causar, entreoutros moitos efectos, o crecemento de poboacións de

especies mariñas non desexadas, como as medusas

Riscos das piscifactorías mariñas

Page 6: Sobrepesca (galego)

n Os “peixes correctos”, saben igual deben que os que comemos agora?

Aelección de alimentos é unhacuestión que está moi relacionada

coa rexión xeográfica na que vivimos,coa cultura e cos hábitos xerais, etamén depende do gusto de cada per-

soa. A campaña “Elixe o peixecorrecto” convida a incremen-

tar a compra de especiesque xa están nos merca-dos e estanse consumin-

do habitualmente, aínda que en menoscantidade do que sería recomendable.A case ninguén lle poden resultar des-coñecidos os mexillóns, a sardiña ou oxurelo. Aínda que menos populares,existen numerosas e saborosasreceitas para degustar calqueraoutra das especies recomenda-das (xarda, lirio, congro, faneca, esca-cho, sargo e bogamuxo).

n De onde veñen os peixesque se venden naspeixarías? Como podemossaber se son locais?

Anivel mundial comercialízanse unhas 7.000especies de peixes. A maior parte das que

chegan aos nosos mercados son de orixe nacio-nal, aínda que está aumentando a presenza deespecies importadas. En España, durante 2009,importamos mariscos e peixes duns 50 países.Polo seu valor económico, e nesta orde, os quemáis entraron nos nosos mercados foron deMarrocos, Arxentina, Ecuador, China, Francia,Reino Unido, Portugal e Namibia. A maior partedas robalizas, douradas, rodaballos, troitas,mexillóns e salmóns son especies producidas enacuicultura. En calquera caso, os peixes debenter unha etiqueta na que figure a súa orixe.

n Como podo saber se é legal opeixe que vén de fóra?

En xeral, temos que confiar nas nosas autoridades.Para iso, a Unión Europea dispón de varios regulamentos

que obrigan aos produtores, transformadores e distribuidoresa asegurar a trazabilidade dos produtos de peixe. A trazabilida-

de dun alimento é a posibilidade de seguir o seu rastro a través detodas as etapas polas que pasa ata chegar ao consumidor. Os datos quedeben aparecer nas etiquetas dos produtos de peixe, ademais das xeraispara calquera alimento, son a zona de captura ou cría, os datos do expedi-dor, a denominación comercial e científica, o peso neto, o método de produ-ción (extractivo ou cultivo) e o xeito de presentación ou tratamento.

As especies de consumo recomendado pola campaña para Galiciaproceden da costa galega e cantábrica

BOPARA O MAR

BO PARA TI

BOPARA O MAR

BO PARA TI

NOME COMÚN NOME CIENTÍFICO

• Xurel Trachurus trachurus (otras especies T. mediterraneus)

• Sardiña Sardina pilchardus

• Xarda Scomber scombrus

• Lirio Micromesistius poutassou

• Congro Conger conger

• Faneca Trisopterus luscus (+Trisopterus minutus)

• Rubio Chelidonichthys lastoviza, Chelidonichthys lucerna, Trigla lyra, Chelidonichthyscuculus, Chelidonichthys obscura, Chelidonichthys gurnardus, Lepidotrigla cavillone

• Sargo Diplodus sargus

• Boga Boops boops

• Mexillón Mytillus galloprovincialis

DESEÑO E MAQUETACIÓN

ACQUARIODI GENOVA