Resultados:redes de integración · Resultados:redes de integración 155 2.1. COMPARACIÓN DA...
Transcript of Resultados:redes de integración · Resultados:redes de integración 155 2.1. COMPARACIÓN DA...
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
153
2. situación social
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
155
2.1. COMPARACIÓN DA SITUACIÓN SOCIOPROFESIONAL EN ORIXE E DESTINO
Aínda que a situación socioprofesional dos inmigrantes entrevistados en Galicia é distinta
á que tiñan nos seus países de orixe, os cambios que se aprecian non son especialmente
significativos. Un 56% dos enquisados xa traballaba nos seus países, o que representa un 10%
menos dos que actualmente traballan en Galicia. Ademais, as porcentaxes dos parados non
diminúen. Pola contra, si varían as cifras de amas de casas e tamén as de estudantes respecto
ao orixe. No primeiro caso, o 50% das que eran amas de casa no seu país chegan ao destino
migratorio e incorpóranse ao mercado laboral. Polo que respecta aos estudantes, os datos son
similares: máis da metade dos que eran estudantes en orixe chegan ao destino en busca
dunha saída profesional, abandonando os estudos para emigrar.
Figura 138. Comparación da situación socioprofesional en orixe e destino dos inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Non obstante, por colectivos os resultados reflicten diferenzas significativas: Para o colectivo asiático a situación socioprofesional experimenta un cambio drástico. En
primeiro lugar duplica as porcentaxes de ocupados no destino e, por conseguinte, trátase dun grupo que non conta con desemprego en Galicia.
No caso do colectivo andino, aínda que no destino a porcentaxe de traballadores aumenta un 15% en comparación cos que traballaban antes de emigrar, tamén medra o peso relativo de parados no destino. Este aumento, tanto de activos como de desocupados, explícase polos cambios que se aprecian, por exemplo, na diminución do número de persoas que nos seus países eran estudantes e amas de casa e no destino, pola contra, se incorporan ao mercado laboral.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
156
O colectivo da Europa do Leste presenta un comportamento semellante ao andino:
mellora lixeiramente as porcentaxes de ocupados grazas a incorporación, sobre todo, dos
estudantes e das amas de casa á actividade laboral.
Nos colectivos magrebí e subsahariano non se perciben melloras cualitativas en canto á
situación socioprofesional. O colectivo subsahariano presenta a situación máis preocupante,
posto que as porcentaxes de ocupados decrecen case nun 20%, aumentando o número de
parados no destino. Xa tivemos ocasión de comentar o escaso número de subsaharianos que
chegan a Galicia con contrato laboral.
Figura 139. Comparación da situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo asiático enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
157
Figura 140. Comparación da situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 141. Comparación da situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo de Europa do Leste enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
158
Figura 142. Comparación da situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 143. Comparación da situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo subsahariano enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
159
2.2. COMPARACIÓN DA SITUACIÓN SOCIOPROFESIONAL EN ORIXE E DESTINO SEGUNDO SEXO
Se relacionamos a situación socioprofesional dos inmigrantes nos seus respectivos países
coa situación actual segundo o sexo pódese apreciar que tanto nos homes como nas mulleres
aumentan as porcentaxes de ocupados no destino migratorio. Aínda así as taxas de variación
son lixeiramente maiores nas mulleres. Este incremento no número de ocupados é
directamente proporcional á diminución de parados con respecto á orixe no caso dos homes.
Mentres tanto nas mulleres verifícase a diminución das porcentaxes das que se dedican ás
labores do fogar e de estudantes.
Figura 144. Comparación da situación socioprofesional en orixe e destino dos inmigrantes enquisados segundo sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Analizando esta situación por colectivos obtemos diferenzas significativas en tres deles:
Os homes do colectivo asiático enquisado, que no momento actual case nun 70% se
atopan en activo, o 50% estaban parados na orixe. Na actualidade, as porcentaxes de
desempregados neste colectivo son moi baixas e corresponden basicamente ás mulleres.
Nos andinos o comportamento difire notablemente: as mulleres son as que máis
aumentan as porcentaxes de ocupación no destino, reducindo as porcentaxes de amas de
casa en comparación coa orixe. A importancia da ocupación como empregadas do fogar e
fundamental para entender este proceso.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
160
Respecto aos subsaharianos obsérvase que os homes presentaban unha ocupación
maior na orixe e unha menor porcentaxe de parados. Neste grupo, polo tanto, só se observa
unha mellora na situación socioprofesional das mulleres. A situación é complexa para este
colectivo especialmente desfavorecido e que, no universo das enquisas, nun 87% está formado
por homes. A escasa integración no mercado laboral galego, en moitos casos obrigados pola
súa condición de residentes ilegais que viven na irregularidade, fai que máis do 30% dos
homes traballen na venda ambulante. Probablemente, algúns deles, se declaren como
parados.
Figura 145. Situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo asiático enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
161
Figura 146. Situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo andino enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 147. Situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo de Europa do Leste enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
162
Figura 148. Situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo magrebí enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 149. Situación socioprofesional en orixe e destino do colectivo subsahariano enquisado segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
163
2.3. COMPARACIÓN DA RAMA DE ACTIVIDADE DOS INMIGRANTES EN ORIXE E DESTINO
Figura 150. Comparación da rama de actividade en orixe e destino dos inmigrantes enquisado en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Os resultados obtidos corroboran unha vez máis o eminente carácter económico desta
emigración, na que a necesidade e a urxencia por atopar un traballo provocan cambios
substanciais nas dedicacións laborais. Os inmigrantes traballan no país de acollida onde
poden, non onde queren, e de aí as diferenzas tan importantes que se detectan entre as
actividades desenvolvidas nos seus países e as realizadas en Galicia. As diferenzas máis
notables danse na rama de “outros servizos” (servizos a profesionais, xestorías, diversos
servizos de reparacións, economía terciaria informal, etc.): un 25% do total dos estranxeiros
entrevistados traballaba neses servizos nos seus países, mentres en Galicia esa porcentaxe se
reduce á metade. Pola contra, as actividades onde se atopan o maior número de entrevistados
son, precisamente, as de menor recoñecemento social ou as peor pagadas (servizo
doméstico). Ademais, a hostalaría funciona en moitos casos como un sector refuxio ou como
unha oportunidade para o autoemprego mediante a apertura de negocios de carácter étnico ou
dirixidos á propia comunidade inmigrante.
Aínda que existen diferenzas comparativas en todos os colectivos, as mesmas son máis
visibles nuns que noutros. Son moitos os factores que inciden nestes resultados pero, a teor
dos comportamentos analizados, os máis decisivos son: o status dos inmigrantes ao entrar en
España, a formación profesional dos mesmos e as barreiras lingüísticas.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
164
Esta análise permítenos concluír que estas diferenzas son menores nos colectivos que
tiveron máis contratos en orixe. Deste xeito, o colectivo asiático é probablemente o que amosa
maior continuidade entre as actividades desenvolvidas nos seus países e as aquí realizadas.
Cómpre destacar, neste sentido, que a totalidade dos asiáticos que foron contratados en orixe
para traballar na pesca en Galicia xa desempeñaban esta actividade nos seus países.
Pola contra, os colectivos con maior número de irregularidades na entrada padecen máis
estas diferenzas, agravadas en ocasións polos problemas da lingua. Nos casos magrebí e
subsahariano aprécianse altas porcentaxes de inmigrantes dedicados á venda ambulante,
actividade que apenas practicaban nos seus países. Aínda que non posuímos datos ao
respecto, a venda ambulante desenvolvida por magrebís parece estar mellor estruturada que
unha actividade “menos profesionalizada” dos subsaharianos, o que os fai máis dependentes
dos grupos que controlan este sector. Como dicíamos anteriormente, a demostrada dificultade
para entrar en España e a ilegalidade na estadía marcan as súas vidas. Estas diferenzas
agrávanse se os inmigrantes posúen unha formación específica en sectores como a industria,
as reparacións e “outros servizos”, cando en Galicia teñen que empregarse noutras actividades
nas que esa formación non é necesaria nin valorada. Esta situación obsérvase nos grupos de
latinoamericanos con profesionais de “outros servizos” e no caso dos europeos do Leste coa
industria, o comercio e as reparacións. Tamén hai que salientar as altas porcentaxes de
inmigrantes que traballaban na agricultura nos seus países, sobre todo entre os colectivos
africanos. A desestruturación que sofre hoxe este sector en Galicia, e a escasa presenza
dunha actividade agraria de mercado fóra do ámbito familiar, provoca que aquí cambian de
actividade.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
165
Figura 151. Rama de actividade en orixe e destino do colectivo asiático enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 152. Rama de actividade en orixe e destino do colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
166
Figura 153. Rama de actividade en orixe e destino do colectivo de Europa do Leste enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 154. Rama de actividade en orixe e destino do colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
167
Figura 155. Rama de actividade en orixe e destino do colectivo subsahariano enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
168
2.4. INGRESOS ECONÓMICOS MENSUAIS
Os ingresos económicos mensuais dos inmigrantes en Galicia son baixos: algo máis do
50% declaran unha renda mensual por debaixo dos 600 euros, ascendendo ao 80% os que
ingresan ata 900 €. Tan só un 5% dos entrevistados superan o límite dos 1.200 € mensuais.
Cómpre tamén destacar o feito de que un de cada catro inmigrantes percibe por debaixo dos
300 € mensuais.
Figura 156. Ingresos económicos mensuais dos inmigrantes enquisado en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Atendendo aos diferentes colectivos contemplados no estudo, atopamos diferenzas significativas, aínda que sempre dentro dunha tónica xeral de baixas rendas por persoa.
A maior precariedade sófrea o colectivo subsahariano, cun 51% do seu total cunha renda inferior aos 300 € mensuais e un 21% entre 300 € e 600 €. De novo a irregularidade na entrada e a irregularidade legal na residencia marcan o seu futuro laboral (actividades igualmente informais) e, consecuentemente, uns ingresos económicos en moitos casos por debaixo do salario mínimo interprofesional. Soamente un de cada catro enquisados gaña máis de 600 € ao mes.
Nunha situación semellante atópanse os magrebís e os asiáticos co 70% e o 65%, respectivamente, por debaixo dos 600 €. Chama a atención os baixos salarios medios dos asiáticos cando son os colectivos cunha situación laboral maioritariamente regulada. Neste sentido cabe reflexionar sobre os contratos na pesca (indonesios) e no comercio rexentado por cidadáns chineses. É dicir, unhas aparentes boas condicións de partida (contrato laboral e na orixe) non redunda nun salario axeitado. É máis, isto probablemente lles afecte negativamente; é un “prezo” que deben pagar.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
169
Pola contra, os naturais da Europa do Leste, son os que, comparativamente, perciben
salarios superiores, aínda que dentro dunha situación xeral de baixos ingresos mensuais.
Figura 157. Ingresos económicos mensuais do colectivo asiático enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 158. Ingresos económicos mensuais do colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
170
Figura 159. Ingresos económicos mensuais do colectivo de Europa do Leste enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 160. Ingresos económicos mensuais do colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
171
Figura 161. Ingresos económicos mensuais do colectivo subsahariano enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
172
2.5. INGRESOS ECONÓMICOS MENSUAIS POR SEXO
A porcentaxe dos homes inmigrantes entrevistados que perciben salarios superiores aos
900 € é dun 22% e entre as mulleres dun 18%. Polo tanto existe unha visible superioridade
masculina atendendo aos niveis de renda, aínda que no nivel superior (máis de 1.200 €) a
porcentaxe de mulleres é lixeiramente maior.
Tamén é maior a porcentaxe de homes cos salarios inferiores. Deste xeito, a suposta
superioridade masculina neste punto habería que relativizala. Ademais, cómpre anotar que o
pluriemprego feminino (fundamentalmente no servizo doméstico como xa se apuntou) incide de
xeito notable ao menor peso relativo que posúen nos niveis máis baixos de renda.
Figura 162. Ingresos económicos mensuais da mostra segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Atendendo aos diferentes colectivos contemplados no estudo segundo o xénero, as
diferenzas máis significativas a favor dos homes aprécianse mellor nos seguintes casos:
Os colectivos asiático e magrebí destacan pola desproporción moi marcada no apartado
de renda menor de 300 €: un 32% de mulleres fronte a un 7% de homes no caso asiático e,
nos magrebís, a desproporción é do 40% fronte ao 27%, e entre os andinos, a superioridade é
aínda máis evidente: un 40% dos homes gaña por riba dos 900 €, porcentaxe que duplica a de
mulleres (20%).
Unha situación semellante repítese nos europeos do Leste con porcentaxes incluso máis
altas: un 42% de homes con renda superior aos 900 €, fronte ao 24% de mulleres.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
173
No colectivo con maior precariedade, o subsahariano, as porcentaxes dos inmigrantes que
perciben menos de 300 € son maiores entre os homes: o 57% fronte a un 42% de mulleres.
Figura 163. Ingresos económicos mensuais do colectivo asiático enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 164. Ingresos económicos mensuais do colectivo andino enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
174
Figura 165. Ingresos económicos mensuais do colectivo de Europa do Leste enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 166. Ingresos económicos mensuais do colectivo magrebí enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
175
Figura 167. Ingresos económicos mensuais do colectivo subsahariano enquisado segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
176
2.6. ÁMBITO TERRITORIAL DE RESIDENCIA NA ORIXE
Os cambios de tipo espacial son importantes para avaliar o fenómeno da inmigración,
incluídos os aspectos relacionados coa integración social na sociedade de acollida.
A pesar da diversidade da estrutura urbana e dos sistemas urbanos e de poboamentos,
das rexións orixinarias dos estranxeiros enquisados, consideramos conveniente clasificar o
lugar de residencia en orixe a partir de dúas categorías. Por un lado, por tipo de espazo
(urbano e rural). Por outro, por morfoloxía dos barrios, entramado urbano e/ou tipoloxías de
vivenda en cada un dos espazos considerados. A inmensa maioría dos inmigrantes enquisados
proveñen de espazos urbanos (73%), principalmente do centro das cidades (41%) e das
barriadas periféricas (24%). Do 27% que residía en espazos rurais antes de emigrar, un 18%
residía en vivenda unifamiliar no centro das vilas e un 8% en vivendas unifamiliares en espazos
de poboamento máis ou menos illado. Polo tanto, nun e outro espazo, os estranxeiros
residentes en Galicia proceden maioritariamente, de núcleos urbanos consolidados.
Figura 168. Lugar de residencia no seu país antes de emigrar entre os inmigrantes enquisados en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
177
Figura 169. Lugar de residencia no seu país antes de emigrar entre os inmigrantes enquisados en Galicia.
41,42
24,25
4,79
2,79
7,98
17,56
1,20
0 10 20 30 40 50
Centro
Barriada periférica
Asentamento informal
Outros
Vivenda unifamiliar illada
Vivenda unifamiliar no centro da vila
Outros
Espa
zo u
rban
oEs
pazo
rura
l%
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas.
Figura 170. Lugar de residencia no país de orixe por colectivos entre os inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
178
Por colectivos habería que resaltar a situación do asiático, no cal practicamente se
equiparan aos residentes no ámbito urbano e no rural. O 50% que declara residir en
asentamentos rurais corresponde aos indonesios, mentres que a outra metade que procede do
espazo urbano corresponde, sobre todo, a outras nacionalidades, nomeadamente a China.
Outro grupo que resalta é o subsahariano, cun comportamento máis disperso por todos
os espazos, se cadra privilexiando o ámbito urbano pero non as zonas céntricas senón as
barriadas e o asentamento informal.
No resto dos colectivos maniféstase claramente a procedencia das zonas céntricas do
espazo urbano, destacando o colectivo da Europa do Leste cunha porcentaxe que supera o
50%. A importancia do fenómeno urbano nesta rexión é sobradamente coñecido.
Os movementos migratorios é un fenómeno fundamentalmente urbano (entre cidades e/ou
áreas metropolitanas) nos países de América latina. O éxodo rural pasou a ocupar un lugar
secundario na alimentación da emigración no interior nestas nacións. Da mesma maneira, a
gran maioría dos andinos residentes en Galicia proceden de espazos centrais da cidade, por
máis que moitos puideran nacer nun espazo rural.
2.7. LUGAR DE RESIDENCIA EN GALICIA
En Galicia tamén encontramos aos inmigrantes asentados principalmente nos contornos
máis urbanos, nas capitais de provincias, nas cabeceiras comarcais e nos concellos urbanos
(ver figura 5).
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
179
2.8. ELECCIÓN DO LUGAR DE RESIDENCIA EN GALICIA
A elección do concello ou comarca de residencia nos inmigrantes estranxeiros en Galicia
está en función da oferta laboral. Isto é o habitual nun tipo de migración económica
predominante como é a nosa. A diminución territorial da poboación estranxeira dun concello,
facilmente extraíble de estatísticas publicadas polo Instituto Nacional de Estadística (I.N.E.), así
o demostra. Da mesma maneira, é posible acceder a datos de localización por distritos a partir
dunha correcta xestión de datos do Padrón continuo de habitantes (I.N.E.) e incluso de
información estatística propia elaborada polas oficinas de poboación dalgúns concellos.
Non obstante, do que non obtemos datos é das causas que explican esta distribución no
interior do concello ou da cidade. Segundo os resultados da nosa enquisa, as principais causas
que inciden na elección do lugar de residencia dos inmigrantes en Galicia son:
O prezo da vivenda.
A proximidade ao traballo.
A proximidade a familiares e amigos.
Os inmigrantes entrevistados non perciben o “contorno urbano” e “a calidade de vida”
como razóns decisivas para elixir onde vivir. Non obstante, aínda que estas cuestións non
parecen prioritarias para eles, esgrimen argumentos que indican a necesidade de obter algún
benestar onde residen que atinxen tanto á vivenda (por exemplo que teña calefacción e non
presente humidades) como ao barrio (seguridade e ambiente non problemático).
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
180
Figura 171. Causa principal do lugar de residencia entre os inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Atendendo aos diferentes colectivos, obsérvase que o prezo da vivenda condiciona a
decisión de escoller vivendas, pero con algunhas diferenzas en función do colectivo.
Segundo as porcentaxes acadadas, os europeos do Leste (37%) e os andinos (31%) son
os máis preocupados polo prezo do lugar de residencia. Pola contra, os asiáticos son os que
menos peso lle dan a este aspecto (15%), primando a proximidade ao traballo (70%). Pola súa
parte, os magrebís priorizan a proximidade a familiares e amigos (35%) e os subsaharianos
outros aspectos como a ausencia de control e de trabas legais (a invisibilidade). Neste último
caso, é un comportamento lóxico debido ao elevado número de “sen papeis”, pero igualmente
estraño dados os seus baixos ingresos mensuais.
A información proporcionada por esta pregunta resulta de especial interese e axúdanos a
comprender moitos comportamentos e dinámicas socioterritoriais. Neste sentido, destacamos
como aqueles colectivos onde predomina o traballo por conta allea non valoran especialmente
a proximidade ao lugar de traballo á hora de buscar vivenda. Pensemos que, en moitos casos,
son actividades con certa mobilidade (construción, servizo doméstico). Algo similar en aquelas
nacionalidades con amplo peso na venda ambulante (magrebís e subsaharianos).
Os chineses (no grupo dos asiáticos) son os inmigrantes máis emprendedores e os que
máis traballan por conta propia (comercio). Precisamente son estes os que máis valoran a
proximidade entre lugar de traballo e fogar. Isto é moi significativo e contribúe a explicar a
formación de pequenos enclaves (en Galicia aínda non podemos falar de guetos) de chineses
nalgunhas cidades. A proximidade a familiares e amigos é pouco importante para os asiáticos.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
181
Pola contra esta causa representa entre o 20% e o 35% dos factores de localización da
vivenda no resto de grupos.
Figura 172. Causa principal do lugar de residencia para o colectivo asiático.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 173. Causa principal do lugar de residencia para o colectivo andino enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
182
Figura 174. Causa principal do lugar de residencia para o colectivo de Europa do Leste enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
183
Figura 175. Causa principal do lugar de residencia para o colectivo magrebí enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 176. Causa principal do lugar de residencia para o colectivo subsahariano enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
184
Figura 177. Principais causas que deciden o lugar de residencia segundo os colectivos de inmigrantes enquisados en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
185
2.9. RÉXIME DE TENENCIA DA VIVENDA
A pesar do recente fenómeno inmigratorio dos colectivos estranxeiros estudados en
Galicia, o réxime en propiedade está adquirindo certa notoriedade. Factor que axuda a
comprender as expectativas de asentamento definitivo en Galicia e o seu grao de integración
no mercado laboral. A inmensa maioría dos inmigrantes en Galicia viven en réxime de aluguer
da vivenda na que residen (70%) e só un 9% en réxime de propiedade. Menos dun 5%
consegue un aluguer social e un 16% ocupa unha vivenda que paga a empresa na que
traballa.
Figura 178. Réxime de tenencia da vivenda entre os inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Por colectivos, reprodúcense estes comportamentos. Cómpre sinalar, unha vez máis, a
situación do colectivo asiático, no que se producen diferenzas significativas entre as dúas
nacionalidades maioritarias (chineses e indonesios). Mentres que os primeiros alugan a súa
vivenda, os indonesios son aloxados pola empresa contratante. Lembramos que
maioritariamente son contratados en orixe. Tamén hai que destacar que este colectivo ten a
maior porcentaxe de propietarios de vivenda (15%), probablemente pola teórica maior
“seguridade” laboral, as condición deficitarias da vivenda con habitacións alugadas pola
empresa, tal e como puido comprobarse nalgúns casos.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
186
Outro colectivo cun comportamento significativo é o subsahariano, cunha porcentaxe
bastante elevada (30%) de inmigrantes aloxados por compatriotas, á espera de regularizar a
situación e atopar un traballo co que pagar ou compartir o aluguer. Unha vez máis, a
ilegalidade inunda todos os seus comportamentos en destino. Está entre os colectivos que
máis valoran a proximidade a amigos e familiares e o que menos interese lle presta á
proximidade ao lugar de traballo, máis cando é o que máis tempo está en situación de
desemprego.
Os subsaharianos non están en condicións de adquirir vivenda en propiedade. A escaseza
de contratos laborais, engadido aos escasos recursos económicos, dificulta o asinar un
contrato de aluguer.
Figura 179. Réxime de tenencia da vivenda do colectivo asiático enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
187
Figura 180. Réxime de tenencia da vivenda do colectivo andino enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 181. Réxime de tenencia da vivenda do colectivo de Europa do Leste enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
188
Figura 182. Réxime de tenencia da vivenda do colectivo magrebí enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 183. Réxime de tenencia da vivenda do colectivo subsahariano enquisado.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
189
Figura 184. Réxime de tenencia da vivenda segundo os colectivos de inmigrantes enquisados.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
190
2.10. PROBLEMAS COA VIVENDA POLA CONDICIÓN DE INMIGRANTE
Para o 77% dos entrevistados ser inmigrante non significa ou significou un agravante para
poder acceder a unha vivenda en Galicia, xa sexa por compra ou aluguer. Sen embargo, o
estudo desvela que para un 23% da mostra a condición de inmigrante si dificulta ou dificultou o
acceso ao aluguer dunha vivenda nesta comunidade autónoma.
Figura 185. ¿Teñen problemas os inmigrantes en Galicia co aluguer ou a compra da vivenda pola condición de inmigrante?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
O único colectivo para o cal este feito non constituiría un problema é o asiático, no cal só
un 2% recoñece algunha dificultade pola súa condición de estranxeiro. Probablemente porque
un número importante de enquisados son indonesio ocupados na pesca, onde o empresario
lles facilita o aloxamento. Pola súa parte, un 20% dos colectivos andino e da Europa do Leste
coinciden en indicar problemas pola súa condición de inmigrante no aluguer ou compra da
vivenda. Os colectivos para os cales este aspecto se converte nun problema preocupante son
os magrebís e os subsaharianos: un 42% e un 32%, respectivamente, declaran padecer esta
dificultade aínda na actualidade, precisamente os inmigrantes enquisados con trazos físicos
máis diferentes á poboación autóctona, xunto aos asiáticos.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
191
Figura 186. ¿Ten problemas o colectivo asiático enquisado co aluguer ou a compra da súa vivenda pola súa condición de inmigrante?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 187. ¿Ten problemas o colectivo andino enquisado co aluguer ou a compra da súa vivenda pola súa condición de inmigrante?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
192
Figura 188. ¿Ten problemas o colectivo da Europa do Leste enquisado co aluguer ou a compra da súa vivenda pola súa condición de inmigrante?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 189. ¿Ten problemas o colectivo magrebí enquisado co aluguer ou a compra da súa vivenda pola súa condición de inmigrante?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
193
Figura 190. ¿Ten problemas o colectivo subsahariano enquisado co aluguer ou a compra da súa vivenda pola súa condición de inmigrante?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
194
2.11. PAGO DE ALUGUER
Figura 191. Número de persoas coas que reparte o pago do aluguer os inmigrantes enquisados en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Un comportamento habitual entre os inmigrantes é compartir vivenda para afrontar entre
varios o pago do aluguer. Neste caso os resultados revelan a maior frecuencia dos pagos entre
tres (40%), entre dúas (21%) ou entre catro persoas (19%).
Por colectivos reprodúcense os comportamentos medios, pero hai que destacar algunhas
incidencias que desvela o estudo que, sen chegar a ser representativas estatisticamente (o
5%), son dignas de mención. Así, entre os subsaharianos e magrebís hai casos illados de
persoas que declaran compartir o aluguer da vivenda con 10, 15, 20 e ata 35 persoas. Cando
falan de compartir non só se refiren ao diñeiro, posto que xeralmente moitos deles son
aloxados como convidados pola súa condición de acabados de chegar e establecen acordos
tácitos que os responsabilizan das tarefas domésticas mentres non regularizan a súa situación.
Polo tanto, compartir residencia con outras persoas (sexan familiares ou amigos) é un
comportamento habitual, sendo os subsaharianos son os que viven con maior número de
persoas. No extremo oposto están os europeos do leste, que parecen residir en vivendas con
poucas persoas. Así, por exemplo, estes son o colectivo con máis vivendas de dúas persoas e
os que menos comparten con tres ou máis.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
195
Figura 192. Número de persoas con que reparten o pago do aluguer os diferentes colectivos inmigrantes enquisados en Galicia
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
196
2.12. REMESAS
Figura 193. Porcentaxes de inmigrantes por colectivos que envía diñeiro mensualmente aos seus familiares
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Do total dos inmigrantes entrevistados, un 61% declara que envía regularmente diñeiro
aos seus familiares. Segundo estes resultados, e tomando como referencia os totais de cada
colectivo, destacan os asiáticos e os andinos (81% e 71% respectivamente), co maior número
de persoas que envían unha remesa ao seu país. As remesas adoitan ser de ata 500 €, aínda
que a maioría dos inmigrantes só manda mensualmente arredor de 100 € (o 54%).
A primeira evidencia derivada destes datos é que ou ben os ingresos son maiores dos
declarados ou aos inmigrantes réstalles moi pouco diñeiro para a vida diaria despois de enviar
remesas ao seu país. Por colectivos obsérvanse diferenzas apreciables.
No colectivo asiático, a pesar de aparecer como o que envía máis diñeiro aos seus, danse
comportamentos distintos nas dúas nacionalidades máis representativas (chineses e
indonesios). Entre o 47% que envía o mínimo (100 €) atopamos aos chineses, mentres no 46%
que fai un esforzo notable mandando practicamente todos os seus ingresos ao país de orixe
(500 €) están os indonesios que traballan na pesca. Independentemente das diferenzas
culturais e sociais, os indonesios manteñen a súa familia no seu país; mentres un bo número
de chineses están reagrupados en Galicia.
Preto do 50% dos colectivos andino e da Europa do Leste envían arredor de 100 €,
mentres o resto oscila entre os 200 € e os 400 €.
No colectivo magrebí, o 90% sitúase entre os que envían 100 € (o 51%) e 200 € (o 39%).
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
197
Pola súa banda, nos inmigrantes subsaharianos máis do 70% manda 100 € e un 23%
envía 200 €. O envío de diñeiro remitido por andinos, europeos do leste e magrebís ten
similitudes. Isto nun contexto no que son os europeos os que obteñen salarios
comparativamente máis elevados. Os subsaharianos son os que contan con máis dificultades
económicas e teñen menos capacidade de aforro e, consecuentemente, envían menores
cantidades de diñeiro aos seus familiares en África.
En relación ao lugar de residencia, o aforro no aluguer de vivenda pode ir destinado ao
envío de remesas nos colectivos de europeos de leste e andinos, fundamentalmente.
Figura 194. Cantidade de diñeiro que envían os inmigrantes enquisados mensualmente aos seus familiares
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
198
Figura 195. Cantidade de diñeiro que envía o colectivo asiático enquisado aos seus familiares
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas.
Figura 196. Cantidade de diñeiro que envía o colectivo andino enquisado aos seus familiares
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
199
Figura 197. Cantidade de diñeiro que envía o colectivo de Europa do Leste enquisado aos seus familiares
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 198. Cantidade de diñeiro que envía o colectivo magrebí enquisado aos seus familiares
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
200
Figura 199. Cantidade de diñeiro que envía o colectivo subsahariano enquisado aos seus familiares
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
201
CONCLUSIÓNS
Como resumo deste capítulo podemos destacar os seguintes aspectos con carácter xeral:
1. A situación laboral respecto aos seus lugares de orixe mostra un incremento do número
de persoas ocupadas. Isto afecta sobre todo ás mulleres moitas das que pasan de ser
amas de casa a teren un traballo remunerado. Pola contra, advertimos que entre os
homes sube algo a porcentaxe de desempregados.
2. No relativo á comparativa entre as ramas de actividade en orixe e destino observamos un
incremento moi importante na hostalaría e no servizo doméstico, sectores
tradicionalmente moi feminizados, designadamente este último. Aumenta tamén a venda
ambulante, a construción e algo a pesca. No lado contrario, diminúen actividades como o
comercio, a agricultura, a industria e, particularmente, os servizos profesionais.
3. En canto aos ingresos, practicamente o 80% declaran menos de 900 € por mes, sendo
esta porcentaxe lixeiramente inferior entre os homes. Estes baixos ingresos condiciona a
necesidade de traballo para varios membros da unidade familiar ou/e partillar o alugueiro
da vivenda. De feito o pagamento da vivenda efectúase no 80% dos casos entre 2 e 4
persoas.
4. En relación ao anterior, observamos que malia que o 61% envía regularmente diñeiro aos
seus países de orixe, o 53’5% remite menos de 100 € mensuais e o 24% entre 100 e 200.
5. Finalmente, no relativo á vivenda o 77% declara non ter encontrado problemas á hora de
alugala. Esta fórmula é a máis recorrida (67%) aínda que hai un significativo 9% que a ten
en réxime de propiedade. Na hora de escoller a localización da vivenda, o prezo é o
principal condicionante, sen esquecer que variables como a proximidade ao traballo ou ás
redes sociais de familiares e amigos acadan máis do 20% cada unha.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
203
3. redes de integración
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
205
3.1. VALORACIÓN DO TRATO E RESPECTO RECIBIDOS EN GALICIA POR PARTE DA POBOACIÓN AUTÓCTONA
A poboación estranxeira enquisada manifesta un trato medianamente respectuoso por
parte dos galegos. A maioría así o constatan. Non obstante, é preocupante a visión negativa
que perciben case un 40% da poboación e, especialmente a poboación masculina de orixe
asiático (valoran as condicións laborais dalgúns indonesios e o escaso nivel de integración
aparente dos chineses); os homes orixinarios dalgún país andino; as mulleres de Europa do
leste e, sobre todo, o sexo feminino dos dous grandes colectivos africanos estudados.
Segundo as respostas acadadas, unha alta porcentaxe dos inmigrantes que viven hoxe en
Galicia séntense respectados e ben tratados polos galegos (62%). Esta valoración positiva
contrasta co 34% que considera de regular a moi malo o trato e o respecto recibidos, que aínda
pode ser maior se consideramos o 6% de non respostas.
Figura 200. Valoración dos inmigrantes enquisados do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
206
Figura 201. Valoración dos inmigrantes enquisados en Galicia do trato e respecto recibidos por parte da poboación autóctona segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Por colectivos obsérvase que os andinos son os que valoran de forma máis positiva o
trato e o respecto recibidos polos galegos. Os que máis dubidan neste sentido son os asiáticos,
cunha porcentaxe moi alta de non respostas (38%). Os magrebís e os subsaharianos dividen
as súas opinións con proporcións bastantes similares entre valoración positiva e negativa (49%
e 45% respectivamente).
Por sexo, aínda que as diferenzas porcentuais non son moi significativas, en sentido xeral
as mulleres perciben un mellor trato. Cando detallamos os comportamentos por colectivos as
diferenzas fanse máis visibles.
Dentro do colectivo asiático maniféstase unha clara diferenciación entre o comportamento
de indonesios e chineses. Os primeiros, todos homes, inclínanse pola resposta N/S ou N/C, o
que indica ou ben unha ausencia de trato ou ben unha valoración negativa que o entrevistado
non quere declarar. Pola súa banda, os chineses fan unha valoración positiva, sobre todo as
mulleres, do trato e respecto recibidos por parte da poboación galega, coincidindo neste punto
co colectivo andino no que tamén son as mulleres as que mellor valoran este aspecto. No resto
dos colectivos, o comportamento é o contraio: son as mulleres as que peor valoran o trato
recibido, principalmente os colectivos magrebí e subsahariano, nos cales máis do 60% das
mulleres o cualifican de regular ou malo.
A pesar de que a valoración que teñen dos galegos e maioritariamente positiva, debemos
reflexionar sobre unha inmigración que, tanto en termos absolutos pero sobre todo relativos,
está entre a menos importante (numericamente falando) das comunidades autónomas do
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
207
estado español. Coa información obtida a peor percepción do trato recibido parece non estar
relacionada co tipo de traballo desenvolvido e/ou ingresos mensuais percibidos. É dicir, as
variable económica e laboral non di moito ao respecto.
Figura 202. Valoración do colectivo asiático enquisado do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 203. Valoración do colectivo asiático enquisado segundo o sexo do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
208
Figura 204. Valoración do colectivo andino enquisado do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 205. Valoración do colectivo andino enquisado segundo o sexo do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
209
Figura 206. Valoración do colectivo de Europa do Leste enquisado do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 207. Valoración do colectivo de Europa do Leste enquisado do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
210
Figura 208. Valoración do colectivo magrebí enquisado do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
211
Figura 209. Valoración do colectivo magrebí enquisado segundo o sexo do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 210. Valoración do colectivo subsahariano enquisado do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
212
Figura 211. Valoración do colectivo subsahariano enquisado segundo o sexo do trato e respecto recibidos en Galicia por parte da poboación autóctona
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
213
3.2. VALORACIÓN DO TRATO E RESPECTO RECIBIDOS EN GALICIA POR PARTE DOS OUTROS COLECTIVOS DE INMIGRANTES
En cifras globais o trato e respecto percibido é máis positivo en relación a outros
colectivos. Os inmigrantes en Galicia cren que entre eles se respira un ambiente de respecto e
cualifican moi positivamente o trato recibido por parte doutros colectivos de inmigrantes (67%).
Esta situación é incluso mellor valorada polas mulleres. Non obstante, un 23% tanto de homes
como de mulleres considera que a situación é mellorable.
Figura 212. Valoración dos inmigrantes enquisados do trato e respecto recibidos en Galicia por parte doutros inmigrantes estranxeiros
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
214
Figura 213. Valoración dos inmigrantes enquisado segundo o sexo do trato e respecto recibidos por parte doutros colectivos de inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Por colectivos, as principais diferenzas de opinión establécense de novo entre os
asiáticos, cunha alta porcentaxe de non respostas (o 40%) e cun 32% de valoracións negativas
(regular). Ademais, este colectivo é o único que percibe dificultades na interrelación cultural
entre os diversos colectivos de inmigrantes, mentres o resto de grupos supera amplamente o
70% de valoracións positivas. Neste sentido cómpre sinalar que as porcentaxes de non
respostas corresponden, unha vez máis, aos indonesios, e non ao total dos asiáticos. Para o
resto dos colectivos as diferenzas de opinión atendendo ao xénero reproducen os
comportamentos globais do total da mostra.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
215
Figura 214. Valoración do colectivo asiático enquisado do trato e respecto recibidos por parte doutros colectivos de inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 215. Valoración do colectivo asiático enquisado segundo o sexo do trato e respecto recibidos por parte doutros inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
216
Figura 216. Valoración do colectivo andino enquisado do trato e respecto recibidos por parte doutros colectivos de inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 217. Valoración do colectivo andino enquisado segundo o sexo do trato e respecto recibidos por parte doutros inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
217
Figura 218. Valoración do colectivo de Europa do Leste enquisado do trato e respecto recibidos por parte doutros colectivos de inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 219. Valoración do colectivo de Europa do Leste enquisado do trato e respecto recibidos por parte doutros inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
218
Figura 220. Valoración do colectivo magrebí enquisado do trato e respecto recibidos por parte doutros colectivos de inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 221. Valoración do colectivo magrebí enquisado do trato e respecto recibidos por parte doutros inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
219
Figura 222. Valoración do colectivo subsahariano enquisado do trato e respecto recibidos por parte doutros colectivos de inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 223. Valoración do colectivo subsahariano enquisado segundo o sexo do trato e respecto recibidos por parte doutros inmigrantes
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
220
3.3. VALORACIÓN DO GRAO DE RELACIÓN DOS INMIGRANTES COA POBOACIÓN GALEGA NA VIDA DIARIA
O 67% dos estranxeiros valoraron como bo ou moi bo o trato mostrado pola poboación
galega. Ao redor do 55% estiman que teñan relacións alta ou moi alta cos galegos. Pola contra,
un 10% non ten relación ningunha cos galegos, cando a percepción de trato malo ou moi malo
non chegou ao 8% dos enquisados. Por último, un 33% cualifica o grao de relación como baixo
ou moi baixo.
Figura 224. ¿Como valoran os inmigrantes enquisados o seu grao de relación coa poboación galega na vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
221
Figura 225. ¿Como valoran os inmigrantes enquisados (por sexo) o seu grao de relación coa poboación galega na vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Na cuestión de xénero obsérvase que as mulleres inmigrantes teñen un maior grao de
relación coa poboación galega que os homes; así o testemuña máis do 60%, que valoran como
alta ou moi alta a relación existente. Ademais, do 10% de inmigrantes que consideran a súa
relación coa poboación galega como nula, a porcentaxe masculina duplica á feminina.
O traballo das mulleres, sobre todo no servizo doméstico, implica un maior nivel de
relación co resto da poboación.
Por colectivos, as diferenzas máis notables aparecen nas respostas dos asiáticos: un 43%
declara non ter relación ningunha coa poboación galega na súa vida diaria, mentres o resto de
colectivos superan o 50% de valoracións positivas. Porén, atendendo ao xénero obsérvase que
o 55% das mulleres asiáticas consideran boa esta relación, fronte ao 55% dos homes que a
cualifican como inexistente.
O tema lingüístico podo influír neste nivel de relación tal e como teremos ocasión de
comprobar máis adiante, case o 55% dos asiáticos descoñecen o galego e sobre o 38% o
castelán. Non obstante, esta relación non se explica unicamente por factores lingüísticos e hai
que recorrer a razóns eminentemente culturais.
Atendendo ao xénero do resto dos colectivos, mentres que no andino, tanto os homes
como as mulleres reproducen os comportamentos medios, no grupo da Europa do Leste son as
mulleres as que mellor valoran o grao de relación coa poboación galega. Por último, as
mulleres do Magreb e as subsaharianas valoran peor que os homes este grao de relación.
Lembremos que as mulleres europeas están ocupadas fundamentalmente na hostalería e o
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
222
servizo doméstico. As africanas en xeral teñen taxas de actividade moito máis baixas que os
homes. As mulleres magrebís están ocupadas na venda ambulante na súa maioría, e as
subsaharianas no servizo doméstico.
Figura 226. ¿Como valora o colectivo asiático enquisado o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 227. ¿Como valora o colectivo asiático enquisado (por sexo) o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
223
Figura 228. ¿Como valora o colectivo andino enquisado o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 229. ¿Como valora o colectivo andino enquisado (por sexo) o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
224
Figura 230. ¿Como valora o colectivo de Europa do Leste enquisado o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
225
Figura 231. ¿Como valora o colectivo de Europa do Leste enquisado (por sexo) o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 232. ¿Como valora o colectivo magrebí enquisado o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
226
Figura 233. ¿Como valora o colectivo magrebí enquisado (por sexo) o grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
227
Figura 234. ¿Como valora o colectivo subsahariano enquisado o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 235. ¿Como valora o colectivo subsahariano enquisado (por sexo) o seu grao de relación coa poboación galega na súa vida diaria?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
228
3.4. FACTOR MÁIS DETERMINANTE NA DECISIÓN DE INSTALARSE EN GALICIA
Na pregunta relativa a motivos de desprazamento a Galicia, vista con anterioridade, máis
do 57% dos enquisados responderon que factores laborais, e un 78,3% causas familiares.
Ademais, a proximidade a familiares e amigos aparecía como o terceiro factor determinante á
hora de buscar vivenda no concello para o conxunto dos inmigrantes. Pois ben, na cuestión
que nos ocupa unha variable afectiva, como é a existencia de familia ou amigos residindo en
Galicia, é a principal causa que esgrimen os enquisados á hora de tomar a decisión de vir a
Galicia e non a outra rexión ou país.
En definitiva, para os inmigrantes, os dous factores con máis peso á hora de instalarse en
Galicia foron: a presenza de familia e amigos xa asentados en Galicia (47%) e a oferta dun
contrato de traballo (27%). É dicir, a enquisa estanos a dicir que a inmigración está case
exclusivamente motivada por causas laborais, pero o principal factor que leva aos inmigrantes
a elixir Galicia é a presenza de familiares e amigos que xa están instalados no noso país.
Aínda que así ocorre tanto para homes como para mulleres, as figuras evidencian que as
redes socias e as relacións familiares son un factor decisivo para case o 60% das mulleres
inmigrantes que viven hoxe nesta comunidade autónoma, fronte ao 40% dos homes. Por outra
parte, hai unha superioridade porcentual de homes que emigran por unha oferta de traballo
(30%), fronte a un 22% de mulleres que consideran este factor determinante á hora de
establecerse neste territorio.
Por colectivos, a única excepción á resposta máis repetida a esta pregunta é a presentada
polos asiáticos e, máis especificamente, do sexo masculino. Os asiáticos homes priman na
elección de Galicia os factores laborais (contrato de traballo). Lembremos a importante
contratación en orixe a este colectivo. De todas formas, os asiáticos tamén repetían causas
relacionadas con aspectos laborais como a proximidade ao lugar de traballo, á de buscar
vivenda; e é o colectivo que máis destacou os motivos laborais entre os motivo de emigración
ao noso país.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
229
Figura 236. Factores determinantes entre o conxunto de inmigrantes enquisados na súa decisión de instalarse en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 237. Factores determinantes entre os inmigrantes enquisados na súa decisión de instalarse en Galicia segundo o sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
230
Por colectivos, o factor máis decisivo para o colectivo asiático é a oferta dun contrato de
traballo. De feito, o 64% dos homes así o testemuñan. Para o 63% das mulleres o aspecto
primordial é a presenza de amigos e familiares xa asentados en Galicia.
Para os inmigrantes andinos e magrebís a presenza de amigos e familiares resulta
decisiva e adquire aínda maior relevancia que a oferta dun contrato de traballo, sobre todo para
as mulleres (70%).
Por esta orde, son tamén os que máis valoraron, entre os colectivos estudados, a
proximidade a amigos e familiares.
No colectivo da Europa do Leste tamén gaña esta opción nos dous xéneros, pero a oferta
dun contrato de traballo é mencionada por un 30% dos homes.
O mesmo sucede cos subsaharianos, os cales, ademais da presenza de amizades e
familiares, indican como factor determinante a redistribución territorial, importa polo estado
entre os que chegan de xeito non legal ás costas do sur e insulares, gran alivio en certo modo
ás cargas sociais que iso supón nas Comunidades Autónomas de chegada das ondas de
inmigrantes.
En conclusión, existen evidencias da existencia de fortes vínculos sociais, probablemente
a través de construción de redes, entre nacionais inmigrantes. Isto é especialmente importante
entre a poboación andina e entre os magrebís. A situación asiática é máis complexa, en parte
debido aos contratos económicos laborais e culturais entre as dúas nacionalidades máis
estudadas (indonesios e chineses).
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
231
Figura 238. Factores determinantes no colectivo asiático enquisado na súa decisión de instalarse en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 239. Factores máis determinantes para o colectivo asiático enquisado segundo o sexo na súa decisión de instalarse en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
232
Figura 240. Factores máis determinantes para o colectivo andino enquisado na súa decisión de instalarse en Galicia
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 241. Factores máis determinantes para o colectivo andino enquisado segundo o sexo na súa decisión de instalarse en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
233
Figura 242. Factores máis determinantes para o colectivo de Europa do Leste enquisado na súa decisión de instalarse en Galicia
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 243. Factores máis determinantes para o colectivo do Europa do Leste enquisado segundo o sexo na súa decisión de instalarse en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
234
Figura 244. Factores máis determinantes para o colectivo magrebí enquisado na súa decisión de instalarse en Galicia
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 245. Factores máis determinante para o colectivo magrebí enquisado segundo o sexo na súa decisión de instalarse en Galicia.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
235
Figura 246. Factor máis determinantes para o colectivo subsahariano enquisado na súa decisión de instalarse en Galicia
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 247. Factores máis determinantes para o colectivo subsahariano enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
236
3.5. GRAO DE IDENTIFICACIÓN CON GALICIA
Figura 248. Grao de identificación con Galicia dos inmigrantes enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 249. Grao de identificación con Galicia dos inmigrantes enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
237
Esta pregunta é necesario analizala conxuntamente coa que lle sigue. O grao de
identificación dos inmigrantes entrevistados con Galicia non pode considerarse satisfactorio. A
porcentaxe dos que non se senten identificados con Galicia é maior cá porcentaxe dos que
consideran esa identificación como alta ou moi alta (54% fronte a 46%). Atendendo ao xénero,
a percepción cambia: para o 52% das mulleres a identificación é alta ou moi alta, fronte ao 40%
dos homes.
Esta identificación non ten correspondencia coa valoración de trato e respecto por parte
dos galegos (onde primaban as opinións boas ou moi boas); ou algunhas das respostas que a
continuación, relacionamos en relación a posibles futuros destinos emigratorios. É dicir, en
conxunto, os inmigrantes enquisados en máis dun 60% pretenden quedar en Galicia; un 62%
aconsellaría Galicia como destino emigratorio a familiares e amigos e, para un 66%, os
aspectos lingüísticos (galego e castelán) non lle producen problemas para o desenvolvemento
da actividade laboral que, lembremos, é o principal motivo de desprazamento ao noso país.
Por colectivos, os que menos identificados se senten son os asiáticos (70% entre baixo e
nada) e desta porcentaxe son maioría os homes indonesios: para o 55% a identificación é
inexistente, mentres que o 54% das mulleres asiáticas se senten identificadas con Galicia nun
grao alto ou moi alto.
Interesante o tema dos asiáticos, onde á falta de relación entres eles engadímoslle baixos
niveis de integración no país de acollida. Evidentemente, algo está a fallar. Como noutros
aspectos, as mulleres mostran unha actitude máis positiva, afectiva e posiblemente optimista.
Isto estanos proporcionando pistas sobre con qué sexo pode ser máis interesante traballar nun
inicio. Non obstante, e aínda que novamente destaquemos a resposta das mulleres, os
asiáticos son o colectivo que menos importancia lles conceden ás boas relacións sociais e a
amigos galegos.
Por outra parte, os que máis se identifican con Galicia son os inmigrantes da Europa do
Leste (60% entre alto ou moi alto), sobre todo as mulleres deste grupo (65%).
Xunto á alta valoración do nivel de vida en Galicia (moi destacado polas mulleres) é
positivo as boas relacións con galegos, un bo síntoma da integración que eles mesmos
manifestan.
No resto dos colectivos, aínda que reproducen os comportamentos medios, as mulleres
son as que menos se senten identificadas con Galicia: por exemplo, o 22% das andinas e o
27% das magrebís non se identifican en absoluto con Galicia, mentres para o 45% das
subsaharianas a identificación resulta baixa ou moi baixa. E isto, a pesar que as mulleres
andinas recoñecen ter boas relacións con galegos. Moi diferente é a situación do sexos
feminino magrebí que valora especialmente o nivel de vida, sen concederlles importancia ás
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
238
relacións e amigos galegos. Por último, as difíciles condicións de vida dos subsaharianos non
facilitan o seu sentimento de integración, a pesar de valorar o nivel de vida acadado en Galicia.
Figura 250. Grao de identificación con Galicia do colectivo asiático enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
239
Figura 251. Grao de identificación con Galicia do colectivo asiático enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 252. Grao de identificación con Galicia do colectivo andino enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
240
Figura 253. Grao de identificación con Galicia do colectivo andino enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 254. Grao de identificación con Galicia do colectivo de Europa do Leste enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
241
Figura 255. Grao de identificación con Galicia do colectivo de Europa do Leste enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 256. Grao de identificación con Galicia do colectivo magrebí enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
242
Figura 257. Grao de identificación con Galicia do colectivo magrebí enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 258. Grao de identificación con Galicia do colectivo subsahariano enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
243
Figura 259. Grao de identificación con Galicia do colectivo subsahariano enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
244
3.6. FACTOR MÁIS INFLUENTE NO GRAO DE IDENTIFICACIÓN CON GALICIA
Figura 260. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia dos inmigrantes enquisados
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 261. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia entre os inmigrantes enquisados segundo sexo.
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
245
Nunha visión de conxunto obsérvase que o factor que máis inflúe no grao de identificación
dos inmigrantes con Galicia é o nivel de vida acadado; así o establece o 33% da mostra.
Tamén inflúen as boas relacións sociais e a existencia de amigos galegos (23%). Aparecen,
ademais, outros factores no apartado de “outros”, de carácter intanxible como: a seguridade, a
tranquilidade, a invisibilidade (no caso dos “sen papeis”), ou o ritmo social menos acelerado
que noutras rexións (20%).
A perspectiva do xénero evidencia que para as mulleres, xunto co nivel de vida (37%) e as
boas relacións (22%), tamén incide o feito de ter fillos nados en Galicia (22%). Pola contra,
para os homes, ademais do nivel de vida, os factores intanxibles xa mencionados resultan
relevantes.
Por colectivos, as diferenzas máis remarcables aparecen no colectivo asiático, no que o
52% dos homes sinala o feito de ser descendente de inmigrante e o 47% das mulleres indica o
feito de ter fillos nados en Galicia.
Os andinos consideran o nivel de vida e as boas amizades e relacións en Galicia como os
factores de identificación máis importante e, incluso, por xénero as diferenzas apenas son
apreciables.
O mesmo sucede cos europeos do Leste e os magrebís, aínda que na cuestión de xénero
nos dous colectivos se perciben diferenzas. O factor do nivel de vida é máis destacado polas
mulleres, mentres que as boas relacións e a presenza de amigos galegos adquire maior
relevancia para os homes.
Os subsaharianos, ademais do nivel de vida, escollen outros factores de carácter
intanxible, como a seguridade, a discreción e a invisibilidade. Este último aspecto resulta moi
importante, sobre todo, para os homes do colectivo. As mulleres, en cambio, fan fincapé no
feito de ter fillos nados en Galicia (21%).
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
246
Figura 262. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia do colectivo asiático enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 263. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo asiático enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
247
Figura 264. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo andino enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 265. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo andino enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
248
Figura 266. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo de Europa do Leste enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 267. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo de Europa do Leste enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
249
Figura 268. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo magrebí enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 269. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo magrebí enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
250
Figura 270. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo subsahariano enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 271. Factor máis influente no grao de identificación con Galicia para o colectivo subsahariano enquisado segundo o sexo
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
251
3.7. COÑECEMENTO DO GALEGO E DO CASTELÁN
Figura 272. ¿Os inmigrantes en Galicia entenden o galego ou o castelán?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
En sentido xeral, os inmigrantes en Galicia entenden máis o castelán có galego; de feito,
só un 8% declara descoñecer por completo a lingua castelá, fronte a un 24% que afirma non
entender nada de galego. Por outra parte, case o 50% considera alto o seu nivel de
entendemento do castelán mentres só un 15% admite entender perfectamente o galego.
A situación por colectivos é a seguinte:
Deixando á marxe o colectivo andino que non sofre barreiras lingüísticas, aprécianse
diferenzas nos demais estranxeiros respecto á compresión e ao dominio das linguas galega e
castelá. O colectivo asiático é o que menos domina estes dous idiomas: un 55% recoñece que
non sabe nada de galego e un 38% admite descoñecer por completo o castelán. Pola contra,
os inmigrantes de Europa do Leste entende ben o galego nun 60% e máis do 80%
desenvólvese ben en castelán.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
252
Figura 273. ¿Entende o colectivo asiático o galego ou o castelán?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 274. ¿Entenden os andinos o galego ou o castelán?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
253
Figura 275. ¿Entende o galego ou o castelán o colectivo de Europa do Leste?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 276. ¿Entende o galego ou o castelán o colectivo magrebí?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
254
Figura 277. ¿Entende o galego ou o castelán o colectivo subsahariano?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
255
3.8. ¿CONDICIONAN OS PROBLEMAS LINGÜÍSTICOS A ACTIVIDADE DOS INMIGRANTES?
Figura 278. Condicionan os problemas lingüísticos a actividade dos inmigrantes en Galicia?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
O nivel de coñecemento lingüístico condiciona en máis casos dos previamente esperados,
algún tipo de trabas no desenvolvemento da actividade nos estranxeiros.
Segundo as respostas acadadas, os problemas lingüísticos condicionan a actividade dun
30% da mostra enquisada. Esta porcentaxe, considerablemente alta, recoñece que as
dificultades lingüísticas limitan a súa integración e actividade profesional en Galicia. A situación
é preocupante. Polo tanto, as accións neste sentido deberán reforzarse para mellorar tanto a
información como a accesibilidade á ensinanza da lingua.
O colectivo subsahariano (58%) é o mais afectado polas barreiras lingüísticas no seu
proceso de integración en Galicia, seguido polo magrebí (39%) e o asiático (31%). Por outra
parte, un 23% do colectivo da Europa do Leste admite ter problemas na súa actividade a causa
da lingua e un 8% do colectivo andino tamén recoñece dificultades, sobre todo, co galego. A
difícil situación dos subsaharianos, dende o desprazamento ao asentamento, inflúe nun
probable menor trato con galegos. A irregularidade (legal e/ou de residencia, laboral, etc..)
acaba reducíndoos a guetos (residenciais, barriais, laborais, etc..). Neste contexto máis
guetiano, excluído e “invivible” a lingua galega e castelá e valorada como algo alleo, coa que
non manteñen un contacto directo diario, salvo para o máis imprescindible.
No lado oposto están os europeos do leste que, a teor de todas as variables estudadas,
son os que teñen unha visión máis positiva do noso país, ata o punto de manifestar, nun 75%,
que a lingua non é un problema para eles.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
256
Os problemas manifestados polos asiáticos coa lingua poden entendelos como unha
causa pero tamén unha consecuencia das súas dificultades de integración e tendencia á
guetización.
Figura 279. ¿Condicionan os problemas lingüísticos a actividade do colectivo asiático enquisado en Galicia?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 280. ¿Condicionan os problemas lingüísticos a actividade do colectivo andino enquisado en Galicia?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
257
Figura 281. ¿Condicionan os problemas lingüísticos a actividade do colectivo enquisado da Europa do Leste en Galicia?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 282. ¿Condicionan os problemas lingüísticos a actividade do colectivo magrebí enquisado en Galicia?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
258
Figura 283. ¿Condicionan os problemas lingüísticos a actividade do colectivo subsahariano enquisado en Galicia?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
259
3.9. PRÓXIMO DESTINO MIGRATORIO
Con estes tres últimos puntos entramos na visión de futuro dos inmigrantes, tanto para
eles mesmos como para outros compatriotas que queiran emigrar.
Figura 284. Próximo destino migratorio proxectado polos inmigrantes enquisados en Galicia
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Menos de un de cada catro entrevistados pretende retornar ao seu país, e máis da
metade quere quedar en Galicia de forma definitiva.
Esta gráfica confirma a intención dos inmigrantes que hoxe residen en Galicia de
establecerse definitivamente neste territorio. As porcentaxes máis altas de respostas sinalan
Galicia como o destino migratorio definitivo (un 61%); e a este dato hai que sumar un 18% que
ten proxectado permanecer en España (12%) ou moverse a outro país (un 6%). Polo tanto, só
preto do 22% concibe a emigración cun carácter temporal, proxectando retornar ao seu país de
orixe. Estes comportamentos cambian substancialmente as tendencias migratorias de décadas
pasadas, polo que estamos en presenza dun inmigrante que procura a integración no territorio
de acollida que espera converter na súa segunda patria.
Aínda que por termo medio os inmigrantes entrevistados teñen a intención de permanecer
en Galicia, prodúcense diferenzas entre os colectivos. As gráficas que se mostran a
continuación permiten contemplar as tendencias de cada colectivo.
No grupo asiático os resultados contrapóñense aos resultados globais. Unha alta
porcentaxe, a metade da mostra, ten proxectado retornar ao seu país de orixe, mentres só un
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
260
25% prevé establecerse en Galicia de maneira definitiva. Para entender mellor estes resultados
hai que recordar que este colectivo presenta un elevado número de contratos laborais en orixe
(o 67%), dun ano de duración, que obrigan ao inmigrante a retornar ao seu país para poder ser
contratado de novo. Esta situación, ademais, limita as reagrupacións familiares. Por outra
parte, a intención de trasladarse a outra Comunidade Autónoma tamén é superior á doutros
colectivos e alcanza case o 20%.
Pola súa parte, o colectivo andino reproduce os comportamentos medios, declarando
maioritariamente a súa intención de establecerse de maneira definitiva en Galicia (o 55% dos
entrevistados), mentres un 25% desexa retornar ao seu país e un 10% proxecta trasladarse a
outra Comunidade Autónoma.
Os inmigrantes da Europa do Leste presentan a maior porcentaxe dos que desexan
establecerse en Galicia (un 77%) e, ademais, só un 11% pensa retornar ao seu país de orixe.
Lembremos o alto nivel de identificación con Galicia xa comentado e as valoracións case
sempre positivas da súa estadía.
Tanto o colectivo magrebí como o subsahariano reproducen os comportamentos xerais.
As porcentaxes dos que deciden permanecer definitivamente en Galicia son tamén moi altas,
entre o 50% e o 60%. Respecto á intención de retornar aos seus países de orixe, as
porcentaxes non son significativas, oscilando entre o 10% e o 12%.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
261
Figura 285. Próximo destino migratorio proxectado polo colectivo asiático enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 286. Próximo destino migratorio proxectado polo colectivo andino enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
262
Figura 287. Próximo destino migratorio proxectado polo colectivo da Europa do Leste enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 288. Próximo destino migratorio proxectado polo colectivo magrebí enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
263
Figura 289. Próximo destino migratorio proxectado polo colectivo subsahariano enquisado
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
264
3.10. NO CASO DE QUE SE MOVESE DE NOVO ¿CAL SERÍA O MOTIVO?
Figura 290. No caso de que os inmigrantes enquisados en Galicia se movesen de novo, ¿cal sería o motivo?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
As respostas aquí obtidas confirman as motivacións económicas da inmigración: un 60%
aduce estas razóns, mentres as de tipo familiar tamén pesan nesta decisión, xa que un 24%
declara que acompañaría aos seus familiares se estes se trasladasen fóra de Galicia. Pola
contra, os demais factores (culturais, climáticos e outros) apenas adquiren relevancia.
A maior parte dos colectivos presenta comportamentos semellantes, a excepción do
asiático: para este grupo cobran máis peso as motivacións familiares (54%), por riba das
laborais (31%), probablemente polo tipo de estadía e traballo dos indonesios porque noutros
aspectos do estudo tivemos ocasión de comprobar a importancia que os asiáticos dan ás
variables de tipo económico e laboral. Por outra parte, nos colectivos subsahariano e andino as
razóns laborais adquiren o maior protagonismo (73% e 64% respectivamente). Aspectos
climáticos ou culturais, identificativos de Galicia, non parecen afectar negativamente aos
estranxeiros residentes.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
265
Figura 291. No caso de que os inmigrantes do colectivo asiático enquisado se movesen de novo ¿cal sería o motivo?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 292. No caso de que os emigrantes do colectivo andino enquisado se movesen de novo ¿cal sería o motivo?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
266
Figura 293. No caso de que os emigrantes do colectivo de Europa do Leste enquisado se movesen de novo ¿cal sería o motivo?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 294. No caso de que os emigrantes do colectivo magrebí enquisado se movesen de novo ¿cal sería o motivo?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
267
Figura 295. No caso de que os emigrantes colectivo subsahariano enquisado se movesen de novo ¿cal sería o motivo?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
268
3.11. ¿ACONSELLARÍA GALICIA A AMIGOS OU FAMILIARES QUE QUEIRAN EMIGRAR?
Figura 296. ¿Aconsellaría Galicia a amigos e familiares que viven fora e queiran emigrar?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Para medir o nivel de satisfacción dos inmigrantes que residen en Galicia en relación coas
súas expectativas iniciais, preguntouse se aconsellarían Galicia a amigos e familiares que
viven fóra e desexen emigrar. Como pode observarse, unha ampla maioría (62%) respondeu
afirmativamente, unha cuarta parte da mostra non recomendaría Galicia e un 13% aínda non o
sabe ou opta por non contestar
Os colectivos que afirman con maior rotundidade que aconsellarían Galicia como destino
migratorio aos seus familiares e amigos son o asiático e o andino (70%) e os que menos
recomendarían este destino serían, segundo as porcentaxes acadadas, os magrebís (54%) e
os subsaharianos (55%).
Sen dúbida, estas respostas son un bo resumo do grao de satisfacción da estadía en
Galicia dende todos os puntos de vista: laboral, cultural e lingüístico, de trato e respecto, etc.
Neste sentido sobresaen, por un lado, as manifestacións positivas dos asiáticos, cando son un
colectivo que, por diversas circunstancias, non ten relacións coa poboación galega, teñen
dificultades lingüísticas e a un 49.60% gustaríalle retornar ao seu país. E por outro destacamos
que só un 62% dos europeos do leste aconsellarían Galicia, cando comprobamos a visión
optimista que teñen da estadía no noso país.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
269
Figura 297. ¿Os inmigrantes do colectivo asiático enquisado aconsellarían Galicia aos seus familiares e amigos?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 298. ¿Os inmigrantes do colectivo andino enquisado aconsellarían Galicia aos seus familiares e amigos?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
270
Figura 299. ¿Os inmigrantes do colectivo de Europa do Leste enquisado aconsellarían Galicia aos seus familiares e amigos?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
Figura 300. ¿Os inmigrantes do colectivo magrebí enquisado aconsellarían Galicia aos seus familiares e amigos?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
271
Figura 301. ¿Os inmigrantes do colectivo subsahariano enquisado aconsellarían Galicia aos seus familiares e amigos?
Fonte: Elaboración propia a partir dos resultados das enquisas
CONCLUSIÓNS
1. A valoración xeral sobre o nivel de integración dos estranxeiros entrevistados non é
totalmente satisfactoria.
2. O nivel de integración dos inmigrantes é moi diferente segundo o colectivo estranxeiro
estudado.
3. A capacidade de construír redes, incluso entre persoas da mesma nacionalidade, difire
notablemente en función da orixe e da historia emigratoria.
4. Os inmigrantes estranxeiros séntense lixeiramente mellor tratados por parte doutros colectivos
de estranxeiros que por parte da poboación autóctona.
5. O sexo é unha variable fundamental para analizar o diferente nivel de integración dos
colectivos e a súa capacidade para crear redes.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
272
6. No conxunto dos colectivos, as mulleres séntense mellor tratadas que os homes (tanto por
parte da poboación galega como por parte doutros inmigrantes de nacionalidade
estranxeira), perciben un máis alto nivel de relación coa poboación galega e séntense
máis identificadas con Galicia. As excepcións están nos colectivos africanos (magrebís e
subsaharianos).
7. A condición de europeos pode ser un factor decisivo na avaliación positiva da súa estadía en
Galicia por parte dos europeos do Leste.
8. No lado oposto están os subsaharianos debido, probablemente, á difícil entrada no país e ao
complexo proceso de legalización. Isto está derivando na construción de auténticos
guetos (residenciais, laborais, socioculturais...).
9. Na poboación andina, factores lingüísticos e culturais inflúen nunha percepción razoablemente
favorable do trato recibido e, en conxunto, das condicións da estadía en Galicia.
10. O feito de que a maioría dos inmigrantes elixiron Galicia pola presenza de amigos ou
familiares residindo no país demostra a existencia de redes e canles de inmigración
estranxeira en pleno funcionamento.
11. O baixo nivel de identificación con Galicia en determinados colectivos é un grave problema. A
percepción do trato recibido e, sobre todo, as súas condicións laborais e legais son as
principais causas deste visión negativa.
12. O coñecemento da lingua (galego e/ou castelán) é percibido como un problema ou non en
función do grao de satisfacción da estadía, do seu nivel de integración e das condicións
laborais e legais.
13.Máis da metade dos estranxeiros enquisados pensan quedar a vivir definitivamente
en Galicia. Agora ben, así como a principal causa da emigración a Galicia foi a busca
dun traballo, o factor máis importante que pode explicar o cambio de destino pode ser
igualmente un motivo laboral.
14. Catro de cada dez estranxeiros aconsellarían Galicia como lugar de emigración. Por
enriba desta media soamente están os asiáticos e andinos.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Resultados:redes de integración
273
6. CONCLUSIÓNS
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Conclusións
275
A mostra realizada cumpre cos obxectivos xerais e técnicos da investigación. A pesar da
existencia de continxentes de determinados colectivos pouco importantes, fíxose un número de
enquisas o suficientemente importante como para presentar resultados con alta fiabilidade.
Os resultados do traballo de investigación xa quedaron suficientemente explicitados ao longo
de cada un dos apartados e nos cadros-resumos elaborados na parte final dos mesmos. Con
isto fuxiuse en boa medida dun tipo de conclusión centrado en resumos reiterativos de
comentarios xa realizados. Como traballo aplicado, a intención vai máis alá. Sen embargo,
despois da actual experiencia científica pódense formular algunhas grandes reflexións sobre as
diferentes situacións e comportamentos dos inmigrantes estudados.
Uns estranxeiros que parecen estar nunha situación de marxinalidade superior á que de partida
poderiamos supoñer, e non tan só debido a unhas determinadas condicións laborais en moitos
casos adversas, senón tamén por un descoñecemento de Galicia e unha complexa integración
na sociedade de acollida. Lembremos un resultado ao respecto: os estranxeiros enquisados
séntense mellor tratados e integrados con outros colectivos de inmigrantes que cos propios
galegos.
Podemos destacar varias reflexións:
1. Case nove de cada dez enquisados son poboación que chegou a Galicia a partir do ano
2000 e nalgúns colectivos supérase ese 90%. Isto demostra, en primeiro lugar, que a
mostra aleatoria coincide co proceso de entrada e asentamento de poboación estranxeira
en Galicia. En segundo lugar, debemos ter sempre presente o recente do fenómeno en
todas as respostas e análises posteriores. As entrevistadas son persoas que,
maioritariamente, levan vivindo en Galicia entre 1 e 6 anos. En tan pouco tempo as
respostas poden estar condicionadas por moitas variables externas e internas. Son
poboación cunha historia migratoria moi nova en Galicia e que, por este motivo, aínda están
acostumándose á cultura e á sociedade de acollida, con todo o que isto pode supoñer para
a súa adecuada integración.
2. Directamente relacionada coa parte final da reflexión anterior, os datos que proporcionamos
correspóndense, en definitiva, coa primeira “vaga masiva de estranxeiros” que chega a
Galicia na condición de inmigrantes. Por estes motivos, a metodoloxía utilizada e os
resultados desta investigación pensamos que poden ser utilizados, primeiro, para facer un
seguimento regular do proceso de integración dos estranxeiros; e segundo, para seguir con
novos estudos de investigación que, continuando co labor xa iniciado, estean capacitados
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
276
para detectar novos procesos e dinámicas. Neste sentido, sería adecuado a realización
dunha enquisa destas características cada 5 ou 10 anos.
3. Galicia non é un destino migratorio preferente en Europa. En xeral, esta Comunidade
Autónoma forma parte de fluxos migratorios que teñen como dirección España. Galicia non
é coñecida no exterior, salvo aqueles que teñen amigos ou familiares residindo no país. O
colectivo que en maior medida sitúa a Galicia como primeiro destino é o asiático. A causa
está na importante contratación en orixe de traballadores da pesca, fundamentalmente
indonesios.
4. A percepción de Galicia, a valoración da estadía, as expectativas e a integración está moi
influída pola condición legal do inmigrante. A dura viaxe ata chegar a Galicia e o complexo
desenvolvemento da vida diaria por parte dos subsaharianos, colectivo con maiores
porcentaxes que están en situación irregular, así o demostra.
5. O sexo e a actividade desenvolvida polos estranxeiros inflúen decisivamente nas respostas.
As mulleres parecen mostrar unha actitude máis positiva cara a Galicia e á sociedade
galega. Por exemplo, as mulleres están máis convencidas que os homes en reagrupar a
familia en Galicia ou formar unha familia en España. Entre o 17,44% de poboación que
quere retornar ao seu país de orixe, máis da metade son homes. Os factores que poden
influír nesta actitude son de toda índole. Por exemplo, o tipo de emprego que desenvolven
as mulleres, nas que existe un contacto máis directo coa poboación autóctona, facilita esta
integración. Isto corrobórao o feito de que os ingresos mensuais das mulleres son inferiores
á dos homes.
6. A práctica totalidade dos estranxeiros enquisados veñen a Galicia por motivacións laborais,
pero non exclusivamente pola simple busca dun emprego senón sobre todo por mellorar as
súas condicións de vida en xeral. Moitos dos ocupados entrevistados xa o estaban no seu
país de orixe.
7. Son poucos os meses en que están en situación de desemprego, pero a costa de renunciar,
en moitos casos, a outros importantes privilexios: mudan de rama de actividade con
respecto á orixe; teñen salarios baixos, ao ser traballos que habitualmente rexeitan os
españois; como consecuencia, non aforran o suficiente para enviar ao seu país; e traballan
en actividades que non son apropiadas polos seus niveis de estudos. Pensemos que case
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Conclusións
277
un 15% dos enquisados ten formación universitaria, destacando o caso dos andinos e
europeos do leste (máis do 20%). Estes mesmos colectivos están ocupados,
maioritariamente, no servizo doméstico, no terciario pouco especializado e na construción.
8. O pouco tempo que levan residindo en Galicia os inmigrantes enquisados non é óbice para
que invistan na compra de vivenda. Por colectivos, nun lado estarían os asiáticos, o
colectivo que máis importancia concede ao traballo e, en xeral, a todas as cuestións de
índole laboral ou económicas: a porcentaxe máis alta con vivenda en réxime de propiedade,
os que máis valoran a proximidade ao traballo á hora de buscar aloxamento e os que
menos problemas teñen para alugar ou comprar a súa vivenda. No lado oposto está o
colectivo con maiores dificultades para a regularización da súa situación, os subsaharianos:
son o grupo que, porcentualmente, teñen menos vivenda en propiedade e xunto cos
asiáticos menos importancia acada o réxime de aluguer privado (a falta de traballo regular e
de “papeis” dificulta a entrada tamén no mercado regular da vivenda), o que menos
importancia lle concede á proximidade ao traballo á hora de buscar vivenda (porque non o
teñen ou é moi eventual) e, despois dos magrebís, o que percibe máis problemas á hora de
alugar ou adquirir unha vivenda.
9. Os asiáticos son, con diferenza, o colectivo con máis capacidade de aforro e que maiores
cantidades envía ao seu país. Lembremos que, precisamente, estes son os que maior
importancia conceden aos aspectos laborais na súa estadía inmigratoria.
10. En xeral, os estranxeiros entrevistados considéranse mellor tratados por outros colectivos
de inmigrantes que por parte da poboación autóctona. Os problemas que magrebís e
subsaharianos aducen á hora de buscar vivenda polas reticencias dos propietarios é un bo
síntoma do rexeitamento que algúns perciben na súa chegada a Galicia, no primeiro
contacto coa poboación local. Sen dúbida, esta percepción non sempre positiva inflúe nun
grao de identificación con Galicia, en xeral, moi baixo (o tema lingüístico demóstrase que
non lles supón un problema) e unha visión de Galicia non demasiada positiva cando un 25%
non aconsellaría Galicia como lugar de emigración a familiares e amigos. Posiblemente pola
súa condición de europeos, os europeos orientais manifestan un mellor trato recibido e un
superior grao de identificación co país. É importante que esta primeira xeración de
estranxeiros logren adaptarse a Galicia, máis cando un 55,07 dos enquisados proxecta
instalarse definitivamente en Galicia. Hai que intentar evitar que teñan a sensación de
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
278
excluídos e de cidadáns con obrigas pero sen dereitos. Isto pode derivar en problemas de
toda índole sobre todo a partir da segunda xeración.
11. Como na percepción do trato recibido, as mulleres móstranse máis positivas na
identificación con Galicia. Case a metade dos asiáticos mostran un grao de identificación
nulo con Galicia. O feito de que sexan o colectivo que menos intención demostraron en
quedarse a vivir definitivamente en Galicia e, consecuentemente, os que teñen máis
interese en retornar ao seu país, pode influír nesta resposta. Sen embargo, neste caso,
pensamos que os factores culturais deben ser especialmente valorados. Por exemplo, non
se identifican con Galicia pero, sen embargo, un 70% dos entrevistados si aconsellaría a
nosa Comunidade Autónoma como destino emigratorio. No lado oposto están de novo os
europeos do leste, moito máis optimistas coa súa estadía en Galicia, ata o punto de que
tres de cada catro enquisados proxecten quedar a residir na nosa Comunidade Autónoma.
A sensación de rexeitamento manifestada pola poboación africana na maioría das
preguntas dedicadas a estudar as redes de integración debe ser tido especialmente en
conta.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Conclusións
279
Nun resumo individualizado de cada un dos colectivos analizados observamos o seguinte:
Os asiáticos mostran un comportamento ben individualizado se ben no seu interior se observan dous grupos moi diferenciados: chineses e indonesios. As particularidades que máis destacan son: que non existe desemprego, que a hostalaría e comercio son as actividades máis significativas, alén da pesca para os indonesios. Tamén podemos salientar que un 84% gaña menos de 900 € mensuais. En canto á vivenda obsérvanse elementos interesantes, sobre todo que un 16% é en propiedade e que un 40% corresponde a vivenda de empresa (mariñeiros indonesios). Son os asiáticos os que envían máis remesas de diñeiro (fano o 81%) e aínda que hai un 47% que remiten menos de 100 € mensuais, destaca outro 45%, fundamentalmente indonesios, que envían entre 400 e 500 €. Finalmente, unha última característica é que máis do 40% proceden do ámbito rural e que a residencia en Galicia vén condicionada nun 70% dos casos pola proximidade ao traballo.
O numeroso colectivo andino traballa fundamentalmente no servizo doméstico e na hostalaría, téndose incrementado substancialmente a porcentaxe de mulleres no ámbito laboral en tanto que entre os homes se advirte un lixeiro crecemento do desemprego en relación aos lugares de orixe. Algo máis do 70% declara ter uns ingresos inferiores a 900 €, especialmente entre as mulleres, se ben entre os homes un 40% gaña máis de 900 €. É tamén una porcentaxe alta, o 70% a que envía remesas aos seus países de orixe aínda que o 50% do total non chega aos 100 € mensuais. Por último, no relativo á vivenda encontramos que un 72% a ten en alugamento privado e un 12% en propiedade sendo o prezo a variable determinante nun 30% dos casos na hora de escoller a localización. Neste sentido cremos que é moi significativo que un 16% selecciona o seu lugar de residencia en base a un contorno agradable e á calidade de vida.
O colectivo de Europa do Leste ten un comportamento bastante estándar en relación ao traballo dos inmigrantes: aumento do número de ocupados, aínda que lixeiro repunte do desemprego entre os homes, sendo a hostalaría, servizo doméstico e construción as ramas principais de emprego. En canto aos ingresos a súa situación é algo mellor cun 43% de homes e un 25% de mulleres que gañan máis de 900 €. Aínda así o prezo de vivenda marca para o 37% dos enquisados a elección da área de residencia, non sendo de desprezar un 12’5% que se fixa na calidade do contorno urbano. Outros elementos diferenciadores son o gran peso do aluguer (83%, que financian nun 80% dos casos 2-3 persoas), a relativa importancia da propiedade (11’5%), e un volume relativamente baixo de
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
280
persoas que remiten diñeiro, apenas o 50%, dos que a maioría, o 80%, envían menos de 200 € mensuais.
Os magrebís son outro colectivo ben individualizado. Destaca o incremento de desempregados e a escasa porcentaxe de mulleres no ámbito laboral. Tamén a rama de actividade mostra singularidades cun peso moi escaso da hostalaría e do servizo doméstico fronte a un gran protagonismo da venda ambulante. En consecuencia os ingresos son moito máis baixos na medida en que o 85% gañan menos de 900 € mensuais con escasas diferenzas por sexo debido sobre todo a pouca presenza feminina no mundo do traballo remunerado. As redes sociais son a causa máis importante na hora de buscar o lugar de residencia na cidade, sendo o alugueiro a fórmula máis estendida. Dúas últimas particularidades son: que o 90% envía menos de 200 € mensuais aos seus países; e que o 42% declarou ter problemas na hora de comprar ou alugar a súa vivenda.
Finalmente, o colectivo subsahariano é o que mostra unha situación máis fráxil, mesmo na súa orixe posto que o 30% procede de barriadas periféricas e o 12% de asentamentos informais, alén de chegar dalgúns dos países máis pobres do planeta. Ao chegar a Galicia a súa situación tampouco mellora substancialmente, de feito o desemprego afecta ao 35%, sendo a actividade principal a venda ambulante, seguida da pesca, a construción e o servizo doméstico. O 90% ingresa menos de 900 € mensuais e mesmo o 56% non chega aos 300 €, sendo as mulleres as que teñen rendas máis baixas. Esta situación tamén se reflicte en que o 57% que envía remesas con regularidade, en máis do 70% dos casos non chega a 100 €. Igualmente existe un 30% que viven con compatriotas na espera de ter un traballo, non chegando ao 3% os que compraron a súa vivenda. Destaca o feito de que é o colectivo no que maior número de persoas axudan a pagar a casa, sendo frecuente que compartan o financiamento máis de 4, 5 ou 6 inmigrantes. Por último cómpre subliñar que hai un 32% que declaran ter problemas na hora de alugar a vivenda, e é o prezo o que máis condiciona a elección de vivenda, fronte ao lugar de traballo que apenas chega ao 7%; é moi significativo que un 34% non ten opción de escolla de vivenda ao estar aloxado ou ben con compatriotas ou ben en casas de acollida como consecuencia dos procesos de redistribución territorial.
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Conclusións
281
7. ANEXO MODELO DE ENQUISA UTILIZADO
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Anexo
283
ENQUISA SOBRE A INMIGRACIÓN EN GALICIA
A) BLOQUE ORIGEN
1. ¿Cuál es su Municipio/Provincia/Estado de Nacimiento? ¿y su País de Nacimiento?
2. ¿Cuál fue el último Municipio/Provincia/Estado de su país donde ha residido antes de emigrar?
3. ¿Cuál es la última fecha de residencia en su país (mes y año)?
4. ¿Dónde residía en su país antes de emigrar? Espacio urbano:Espacio rural:
Centro Vivienda unifamiliar aislada
Barriada Periférica Vivienda unifamiliar en el centro del pueblo
Asentamiento informal Otros Otros
5. ¿Cuál era el estado y la rama de actividad en la que trabajaba? Ocupado Parado Jubilado Ama de casa Estudiante Otros
Agricultura Hostelería Pesca Servicio doméstico Industria Venta ambulante Construcción Otros servicios Comercio y reparaciones
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
284
B) BLOQUE DESPLAZAMIENTO
6. ¿Cuál fue su primer destino emigratorio en el extranjero (ciudad/país)? ¿Cuál fue su itinerario migratorio (puntos por los que ha pasado antes de llegar a Galicia)?
7. ¿Con qué estatuto ha entrado en España?
Turista irregular Contrato laboral Reunificación familiar Refugiado político Otro
8. ¿Cuál fue el motivo de su desplazamiento a Galicia?
Laboral PolíticoFamiliar AmigosOtro
9. ¿Cuál es su próximo destino emigratorio proyectado?
Definitivo en donde se encuentra ahora A otra Comunidad Autónoma española Traslado a otro punto de Galicia A otro país Retornar a su país de origen
10. ¿En caso de que se mueva de nuevo, cuál será el motivo?
Laboral Cultural Familiar OtroClimático
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Anexo
285
C) BLOQUE DESTINO
11. ¿Cuál es la fecha de llegada a Galicia (mes y año)?
12. ¿Cuántos meses ha estado en situación de desempleo en Galicia?
13. ¿Cuántos empleos ocupó en su estancia en Galicia?
Agricultura veces Autónomo Contrato Sin contrato Pesca veces Autónomo Contrato Sin contrato Industria veces Autónomo Contrato Sin contrato Construcción veces Autónomo Contrato Sin contrato Hostelería veces Autónomo Contrato Sin contrato Servicio doméstico veces Autónomo Contrato Sin contrato Venta ambulante veces Autónomo Contrato Sin contrato Otros servicios veces Autónomo Contrato Sin contrato
14. ¿Desde su estancia en Galicia, cuantas veces visitó su país?
15. ¿Cuáles son sus expectativas familiares?
Reagrupar a su familia trayéndola para aquí Formar una familia en España Reagrupar a su familia trasladándose a otro lugar Otras
Retornar a su país de origen
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
286
D) BLOQUE REDES DE INTEGRACIÓN
16. Trato y respeto encontrado en Galicia por parte de: Población autóctona:Otros inmigrantes extranjeros:
Muy bueno Muy bueno Bueno Bueno Regular Regular Malo Malo
Muy malo Muy malo NS/NC NS/NC
17. Valore su grado de relación con la población gallega en la vida diaria
Muy alto Alto
Bajo Muy bajo Nada NS/NC
18. En su decisión de instalarse en Galicia, ¿cuál ha sido el factor más determinante?
Familia o amigos asentados en Galicia Otras personas le hablaron bien del destino
Ofrecimiento de un contrato de trabajo Ayuda ofrecida por algún organismo o asociación Redistribución territorial Otras
19. ¿Cuál es el grado de identificación con Galicia?
Muy alto Alto
Bajo Muy bajo Nada NS/NC
20. En su grado de identificación con Galicia, ¿cuál es el factor más influyente?
Uno o más hijos nacidos en Galicia Buenas relaciones sociales y amigos gallegos
Soy descendiente de emigrantes gallegos Nivel de vida Otras
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Anexo
287
21. Nivel de conocimiento de los idiomas gallego y castellano Gallego
Nivel Alto Nivel Medio Nivel Bajo Lo desconoce
Entiende
Habla
Escribe
Castellano
Nivel Alto Nivel Medio Nivel Bajo Lo desconoce
Entiende
Habla
Escribe
22. ¿Condicionan los problemas lingüísticos su actividad?
SíNo
NS/NC
23. Aconsejaría Galicia (o su municipio de residencia) a amigos o familiares que viven fuera de Galicia y quieran emigrar
SíNo
NS/NC
24. Participa en actividades sociales o culturales no vinculadas con inmigrantes
SíNo
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Aldrey Vázquez, J. A.; González Pérez, J. M.; Santos Solla, X. M.
288
E) BLOQUE DATOS PERSONALES
25. Edad:
26. Sexo
Hombre Mujer
27. Estado civil Casado Soltero Viudo Separado
28. Nivel de estudios Analfabeto Sin estudios Primarios Secundarios Universitarios Otros
29. Estado y rama de actividad en la actualidad Ocupado Parado Jubilado Ama de casa Estudiante Otros
Agricultura Hostelería Pesca Servicio doméstico Industria Venta ambulante Construcción Otros servicios Comercio y reparaciones
30. Municipio, calle y/o barrio de residencia:
31. Causa principal por la que reside en esa calle o barrio Precio de la
vivienda
Proximidad al
trabajo
Proximidad de familiares
y/o amigos
Entorno urbano y
calidad de vida
Otros
32. En el caso de que usted tenga un local comercial en alquiler: ¿ha necesitado ayuda o ha recibido un préstamo por parte de algún compatriota suyo para comenzar con la nueva actividad económica?
SíNo
33. Régimen de tenencia de la vivienda en la que reside Propiedad Alquiler social Alquiler privado Prestada Otros
34. En caso de alquiler, ¿entre cuantas personas se reparten el pago del alquiler de la vivienda?:
A i n m i g r a c i ó n e s t r a n x e i r a e n G a l i c i a Anexo
289
35. Qué cantidad de dinero dedica al pago mensual de su vivienda (alquiler o préstamo hipotecario) 0-100 € 101-200 € 201-300 € 301-400 € 401-500 € 501-600 € Más de 600 €
36. Los propietarios o la agencia inmobiliaria han puesto problemas o le han solicitado algún aval especial para el alquiler o la venta de la vivienda por su condición de inmigrantes extranjeros
SíNo
37. Número de personas con las que convive en su misma vivienda en la actualidad Cónyuge Hijos Padres Otros familiares Amigos Compañeros de piso Otros
38. Número de personas que trabajan en la unidad familiar actual:
39. ¿Cuáles son sus ingresos económicos mensuales? 0-300 € 301-600 € 601-900 € 901-1.200 € Más de 1.200 €
40. ¿Qué cantidad de dinero envía mensualmente a sus familiares (remesas)? Ninguna cantidad (0 €)
0-100 € 101-200 € 201-300 € 301-400 € 401-500 € 501-600 € 600-700 €
701-800 € 801-900 € 901-1.000 € Más de 1.001 €
Identidades
Identidades
Rott erdamLisbo
aL ondresManchesterXen
e
ebraGallenGütersloHambur
goBernaLausanneWinterthur
LeLocleZugHeerbruggOltenZürichAarauWinterth
urLeLocleZugHeerbruggOltenXenebraBasileaGütersloHam
burgoGüterslo NurenbergCuxhavenBonnKo
elnTroisdorfMunichDreieichMannheimSindelfingenAndorr
aBruselasAmberesCopenhagueParísMarsellaPoteAmsterdam
R otterdamLisboaLondresManchesterBienneMontreuxSai
ntBe maLausanneZürichSchaffauhausenWinterthurLe
Lo cleZugHeerbruggXenebraOltenZürichAarauB
uenosAiresAvellanedaTandilRíoGrandeTierradelF
uegoTrelewChubut SanJuanM ar
del PlataLaPlataBahíaBlancaCampanaRíoGallegosCo
modoroRivadaviaRosarioUshuaiaCórdobaBrasilSalva
dordeBahíaFortalezaBelénParáHumaitaPortoAlegreO
ndinaCurit ibaNovaltaNiteroiSaoPauloRíodeJ
aneir oMontrealQuébecTorontoOnt
arioSantiagodeChileBogotá
L aHa
Identidades
PRESIDENCIA
Secretaría Xeral de Emigración
IDEGAInstituto Universitario de Estudos e
Desenvolvemento de Galicia