Restauración e conservación dunha obra pictórica
-
Upload
guest65e579 -
Category
Education
-
view
682 -
download
5
Transcript of Restauración e conservación dunha obra pictórica
![Page 1: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/1.jpg)
RESTAURACIÓN&CONSERVACIÓN
![Page 2: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/2.jpg)
Tratamento de restauración de
“Cabeza de cabalo”
![Page 3: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/3.jpg)
O primeiro que é necesario ter en conta cando temos que restaurar unha obra de
arte é que debemos realizar nela a mínima intervención posible que asegure a súa vida
no futuro e co máximo respecto, porque cada obra é única. Outra cousa moi
importante a considerar é que os tratamentos sempre deben ser reversibles e
que os materiais utilizados deberán ser compatibles cos da pintura orixinal.
![Page 4: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/4.jpg)
É necesario facer unha profunda observación
da pintura e o seu estado de conservación:
fixarnos no estado do soporte (lenzo, neste
caso), o estado do bastidor e a capa
pictórica.
![Page 5: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/5.jpg)
Para iso, utilízanse diversos métodos, como a luz rasante que nos permite ver claramente as deformacións do soporte; os raios UV (para ver as capas superficiais da pintura como as vernices e o seu estado -se están
oxidadas ou non, o seu espesor...-); os raios infravermellos (para ver capas máis internas: debuxos preparatorios ....)
![Page 6: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/6.jpg)
Raios UV:
A luz Ultravioleta revélanos o estado
superficial da pintura. Neste caso vese
claramente a zona na que durante unha
limpeza, aínda permanece a verniz oxidado.
Raios IR: A luz infravermella mostra en moitas ocasións os debuxos preparatorios que
subxacen debaixo da capa pictórica.
Detallada observación da pintura
Zona con
verniz
Zona xa
limpa
![Page 7: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/7.jpg)
Así mesmo realízanse numerosos estudos analíticos
que nos permiten coñecer a obra en maior
profundidade co fin de determinar o tratamento
de restauración adecuado: cortes estratigráficos (a
través dos que podemos ver a estrutura da pintura
en estratos ou capas: soporte, preparación, capa
pictórica, verniz); microscopía óptica,
espectroscopía infravermella, microanálisis,
cromatografía de gases, espectrometría de masas
que nos posibilitan a identificación de pigmentos,
aglutinantes.
![Page 8: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/8.jpg)
Corte estratigráfico
(100 aumentos)
Soporte
a. Preparación
b. Capa pictórica
c. Verniz
![Page 9: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/9.jpg)
En ocasións utilizamos reactivos que colorean a mostra
indicándonos que tipo de aglutinante presenta a preparación,
graso ou magro (normalmente é graxa cando a técnica
utilizada é ó óleo e magra ó temple.
cando por exemplo é ó
temple) .
![Page 10: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/10.jpg)
Exemplos de luz rasante
Deformacións
por golpes
![Page 11: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/11.jpg)
![Page 12: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/12.jpg)
![Page 13: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/13.jpg)
![Page 14: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/14.jpg)
![Page 15: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/15.jpg)
Todos os procesos de restauración están precedidos
por un estudo histórico-artístico da obra para
coñecer a súa orixe, a escola, o artista que o
executou (non sempre é posible identificalo) ...
Neste caso, descubrimos que a nosa pintura era
unha copia exacta dunha cabeza de cabalo
realizada anteriormente por Velázquez nun dos
seus retratos ecuestres.
Así mesmo, é necesario facer un estudo detallado
dos danos que presenta e o tratamento que imos
seguir.
![Page 16: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/16.jpg)
Estudio histórico- artístico
![Page 17: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/17.jpg)
Obra a restaurar
Detalle da obra de
Velázquez
![Page 18: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/18.jpg)
Estado do bastidor: hai que ver o tipo de unión, se presenta como neste caso
ataque de xilófagos (insectos que se alimentan da madeira). O bastidor estaba en
moi malas condicións, fora atacado por insectos, por este motivo decidimos
cambialo por outro novo.
![Page 19: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/19.jpg)
Hai que fixarse tamén no estado do soporte: se presenta
rachaduras, rasgados, faltas de soporte, oxidacións polos
cravos, deformacións…
![Page 20: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/20.jpg)
...e como non, o estado da capa pictórica: se está desgastada,
se desapareceu formando lagoas, se presenta algún tipo de
alteración ou desprendemento.
![Page 21: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/21.jpg)
• Nesta zona había unha gran perda de
soporte que a facía demasiado fráxil, polo
que foi necesario, como veremos máis
adiante, reforzar o tecido orixinal
adherindo outra peza de tea á parte de atrás
despois da eliminación dos parches de
restauracións anteriores que perderan a súa
función.
![Page 22: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/22.jpg)
A parte inferior dá obra atopábase nun estado
pèsimo
![Page 23: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/23.jpg)
![Page 24: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/24.jpg)
É importante deterse na observación da obra polo reverso para ver o seu estado:
podemos atopar ademais de firmas, inscricións que sirvan para documentar a
peza, parches (como neste caso) de intervencións anteriores que poidan perder a
súa eficacia ou mesmo estar a provocar danos na obra.
Un parche é un pedaciño
de tea deflecado polos
bordos que serve para
protexer polo reverso un
dano do soporte: un
rasgado.
![Page 25: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/25.jpg)
Exemplos de parches noutra obra: ás veces os tratamentos de restauración
provocan danos nunha pintura, o colocar un parche sen deflecar, nunha
posición ou cun adhesivo inadecuados poden provocar que se marquen na
pintura polo anverso.
![Page 26: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/26.jpg)
En ocasións, no canto de parches colócanse de forma
perpendicular ao roto fíos adheridos.
Este é un exemplo de obra forrada, puxéraselle unha tea adherida por
detrás. Nas faltas de soporte que presentaba foron adheridos enxertos
polo anverso (ver próxima diapositiva) .
![Page 27: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/27.jpg)
Exemplos de enxertos para liquidar a diferenza de nivel
entre a tea de forrado e a capa pictórica
![Page 28: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/28.jpg)
Proceso de limpeza
Neste proceso, un dos máis delicados, temos que determinar o método máis adecuado de limpeza porque podemos
danar algunhas cores co uso de auga ou certos disolventes. Hai que ser moi cautos e facer probas de
limpeza empezando con disolventes suaves para despois ir aumentando a súa forza se vemos que non obtemos o
resultado esperado. É así mesmo moi importante saber que tipo de tea
presenta a obra, porque o tratamento de limpeza cambia totalmente se unha a tea é de algodón (absorbe moito a humidade, é moi higroscópica, polo que sofre moitos movementos se a pintura límpase con auga podendo
chegar a provocar danos na pintura) ou se é sintética (non lle afecta a humidade), se é de liño.
![Page 29: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/29.jpg)
Proceso de limpeza
Probas de
disolventes
en distintas
cores
![Page 30: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/30.jpg)
![Page 31: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/31.jpg)
![Page 32: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/32.jpg)
![Page 33: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/33.jpg)
![Page 34: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/34.jpg)
Finalmente decidimos adherir polo reverso
unha tea sintética (forrar a obra) na mesa
quente, tras decidir o tipo de adhesivo
adecuado. Con calor e presión (a través
dunhas bombas de succión faise o baleiro)
ambas as teas quedaron unidas
perfectamente.
Mesa quente de succión
![Page 35: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/35.jpg)
![Page 36: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/36.jpg)
Mesa quente de succión
![Page 37: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/37.jpg)
.Unha vez adheridas ambas teas, enchemos a diferenza de nivel entre os
enxertos e a capa pictórica con estuco, unha pasta realizada con
carbonato/sulfato (dependendo do que presente a preparación orixinal),
aglutinante (que pode ser natural ou sintético e un plastificante (mel)
para darlle flexibilidade
![Page 38: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/38.jpg)
![Page 39: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/39.jpg)
Ás veces se colorean para facilitar a reintegración cromática
e en ocasións dáselles textura.
![Page 40: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/40.jpg)
![Page 41: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/41.jpg)
Eliminación de pasmados
As zonas esbrancuxadas que presentan moitas veces as obras débense á microfisuración da verniz . Comunmente denomínanse pasmados. Na capa
de verniz produciríase o mesmo efecto que vemos nun cristal cando se fisura por un golpe.
Fórmase un veo esbrancuxado que non nos permite ver o que hai máis aló, é dicir, a pintura.
Para solucionalo debemos facer probas con diferentes disolventes ata que atopemos aquel
que abrande a capa de verniz e rexenéreo, o que lle vai a devolver a súa transparencia.
![Page 42: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/42.jpg)
Pasmado
![Page 43: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/43.jpg)
Cristal fisurado que
exemplifica o que podería
ser a microfisuración da
verniz (pasmado)
![Page 44: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/44.jpg)
Ao aplicar o disolvente, a
verniz rexenérase e vólvese
transparente
![Page 45: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/45.jpg)
![Page 46: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/46.jpg)
![Page 47: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/47.jpg)
![Page 48: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/48.jpg)
Reintegración cromática
• É un dos últimos pasos antes do vernizado final. Consiste en encher con cor (acuarela e pigmentos á verniz, que son perfectamente reversibles) as zonas estucadas, para que a vista non se centre nas partes que presentan lagoas.
• A reintegración non debe ser discernible de lonxe, debe de haber unha homoxeneidade na obra para que poida comprenderse, aínda que sí de cerca, para distinguir ó orixinal da restauración. Moi importante: os restauradores non somos artistas, non podemos inventar nada.
![Page 49: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/49.jpg)
Reintegración
cromática. Tres métodos dependendo
da necesidade da obra
Rigattino: liñas paralelas
Puntillismo: pequenos puntos
Tratteggio: liñas cruzadas
![Page 50: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/50.jpg)
Vernizado (protección final). Pode facerse con spray, con
brocha dependendo sempre das características da obra, do
tipo de reintegración levada a cabo.
![Page 51: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/51.jpg)
Antes e despois do proceso de
restauración
![Page 52: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/52.jpg)
Outros exemplos de restauraciónsSobre cobre…
![Page 53: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/53.jpg)
E sobre madeira…
![Page 54: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/54.jpg)
Máis exemplos…
![Page 55: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/55.jpg)
![Page 56: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/56.jpg)
![Page 57: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/57.jpg)
![Page 58: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/58.jpg)
![Page 59: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/59.jpg)
![Page 60: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/60.jpg)
![Page 61: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/61.jpg)
![Page 62: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/62.jpg)
![Page 63: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/63.jpg)
OBRADOIRO DE
RESTAURACIÓN DE PINTURA
DO MUSEO DO PRADO
![Page 64: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/64.jpg)
![Page 65: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/65.jpg)
![Page 66: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/66.jpg)
![Page 67: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/67.jpg)
![Page 68: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/68.jpg)
O TRABALLO DO
RESTAURADOR NON SEMPRE
É FÁCIL…
![Page 69: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/69.jpg)
E NOS GUSTARÍA BOTAR A
CORRER
…CANDO CHEGAN
ALGUNHAS OBRAS
(SOBRE TODO
CONTEMPORÁNEAS)…
![Page 70: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/70.jpg)
MARCEL BROODTHAERS
Mexillóns!!!
Como se
restaura unha
casca de
mexillón??
![Page 71: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/71.jpg)
GIOVANNI ANSELMO
LEITUGA????
![Page 72: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/72.jpg)
JANINE ANTONI: Chocolate!!!!
![Page 73: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/73.jpg)
Autorretrato en chocolate exposto
a lamido e autorretrato en xabón
exposto a lavado
![Page 74: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/74.jpg)
PIERO MANZONI:
MERDA DE ARTISTA (30 gramos,
conservada ó natural, producida e enlatada…en maio do
1961…)
80.000-
100.000€…para os
interesados…
Tralala…algún voluntario
para restaurar isto???
![Page 75: Restauración e conservación dunha obra pictórica](https://reader031.fdocument.pub/reader031/viewer/2022012321/55b4f29fbb61eb20038b45fb/html5/thumbnails/75.jpg)