Real Academia Galega de Belas Artes - INICIO · do que linda con la traxedia. Igualmente...

2
Organiza: Real Academia Galega de Belas Artes Praza do Pintor Álvarez de Sotomayor, 1 15001 A Coruña Teléfono e fax 981 211 602 [email protected] Www.academiagalegabelasartes.org Programación artística do concierto de carácter benéfico proposto por ARTEMIS ENSEMBLE e Alicia González permuy a favor da Patrocinan: Real Academia Galega de Belas Artes FANTASÍAS PARA PIANO ALICIA GONZÁLEZ PERMUY CONCERTO EN BENEFICIO DE ASOCIACIÓN BENÉFICA RENACER Xoves, 1 de Xuño de 2017 Ás 20:00 horas Salón de Actos concerto

Transcript of Real Academia Galega de Belas Artes - INICIO · do que linda con la traxedia. Igualmente...

Organiza:

Real Academia Galega de Belas Artes

Praza do Pintor Álvarez de Sotomayor, 1 15001 A Coruña

Teléfono e fax 981 211 602 [email protected] Www.academiagalegabelasartes.org

Programación artística do concierto de carácter benéfico proposto por ARTEMIS ENSEMBLE e

Alicia González permuy

a favor da

Patrocinan:

Real Academia Galega de Belas Artes

FANTASÍAS PARA PIANO

ALICIA GONZÁLEZ PERMUY

CONCERTO EN BENEFICIO DE

ASOCIACIÓN BENÉFICA RENACER

Xoves, 1 de Xuño de 2017 Ás 20:00 horas Salón de Actos

con

certo

CONCERTOS BENÉFICOS TEMPORADA 2016- 2017

NOTAS AO PROGRAMA. FANTASÍAS PARA PIANO

Moitas e moi variadas son as diferentes definicións que nos podemos atopar do termo Fantasía, aínda que todas elas parecen coincidir en que se trata dunha forma musical libre caracterizada polo seu carácter improvisatorio e imaxinativo que proporciona ao compositor unha maior flexibilidade en canto á presenta-ción do contido musical ao suavizar as restricións inherentes a outras formas tra-dicionais máis ríxidas, como a sonata ou a fuga (aínda que isto non quere dicir que unha fantasía careza de estrutura formal). Algúns exemplos moi coñecidos da literatura pianística son a “Fantasía cromática e fuga” de J. S. Bach, a “Sonata opus 27 Quasi unha fantasia” de L.v. Beethoven, a “Fantasía en Fa menor” de Fréderic Chopin, a “Fantasía opus 17” de Robert Schumann, as “opus 116” de Jo-hannes Brahms, etc.

As obras que compoñen este recital tamén pertencen a este xénero.

A Fantasía en Do maior Hob XVII:4, “Capriccio”, de J. Haydn data de 1789. Nesta obra prima o espírito improvisatorio ou, como Carl Ferdinand Pohl (biógrafo de Haydn) lo expresouno, “a alegría do entroido”. Baseada nunha canción popular austríaca, da que se extrae gran parte do material melódico, esta fantasía está repleta de efectos orquestrais (como as chamadas de trompa que aparecen) e é un claro exemplo do humor o comicidade presente na música de Haydn, con mo-dulacións sorprendentes e inesperadas.

Datada en Viena o 20 de maio de 1785 e publicada conxuntamente coa Sonata en Do menor K 457, a Fantasía en Do menor K 475 de W. A. Mozart está dividida en catro seccións -Adagio, Allegro, Andantino, Più allegro- que se pechan cunha “reprise” da sección inicial. Diversos estados de ánimo danse paso nestas diferen-tes seccións (dor, resignación,…), aínda que parece prevalecer o clima apaixona-do que linda con la traxedia. Igualmente característica é a elección da tonalidade de Do menor tanto para a sonata como para a fantasía que a precede (lembremos que das 18 sonatas que Mozart escribiu para piano só dúas están escritas en tonalidade menor, a K 310 en La menor e la K 457 mencionada ante-riormente).

A Kreisleriana opus 16, fantasías para piano de R. Schumann (tal foi o título co que se publicou en 1838) toma o seu nome de Johannes Kreisler, personaxe de ficción de E.T.A. Hoffmann, novelista alemán con cuxas ideas Schumann sentía unha profunda afinidade. Como Kreisler, estas 8 pezas teñen partes contrastan-tes, o que semella unha referencia ao comportamento maníaco depresivo do personaxe, e quizás tamén aos caracteres imaxinarios que representaban ao mes-mo Schumann, Florestan e Eusebius. Dedicada a Chopin, nun primeiro momento esta obra ía aparecer dedicada a Clara Wieck, pero a propia Clara pediulle a Schumann que cambiara a dedicatoria para non empeorar as xa difíciles rela-cións co seu pai.

FANTASÍAS PARA PIANO

Alicia González Permuy

JOSEPH HAYDN (1732-1809)

Fantasía en Do maior, Hob. XVII:4 “Capriccio”

WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)

Fantasía en Do menor, K475

ROBERT SCHUMANN (1810-1856)

Kreisleriana, opus 16 (fantasías para piano)

1. Äusserst bewegt

2. Sehr innig und nicht zu rasch Intermezzo I (Sehr lebhaft) - Intermezzo II (Etwas bewegter) -

Langsamer (erstes Tempo)

3. Sehr aufgeregt

4. Sehr langsam

5. Sehr lebhaft

6. Sehr langsam

7. Sehr rasch

8. Schnell und spielend