Proxecto Educativo de Centro - Consellería de Cultura ... · mecánico (axustador, torneiro e...
Transcript of Proxecto Educativo de Centro - Consellería de Cultura ... · mecánico (axustador, torneiro e...
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 1 / 46
Aprobado en Consello Escolar Vigo, 14 de Setembro de 2016
Proxecto Educativo de Centro I.E.S. Politécnico de Vigo
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 2 / 46
ÍNDICE:
I. DATOS DE IDENTIFICACIÓN DO CENTRO .......................................................................... 3
II. PRINCIPIOS XERAIS .............................................................................................................. 4
III. CONTEXTUALIZACIÓN DO CENTRO .................................................................................... 5
IV. ESTRUTURA ORGANIZATIVA ............................................................................................... 8
V. ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE ....................................................................... 11
VI. ÓRGANOS DE PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO .............................................................. 15
VII. DO ALUMNADO ................................................................................................................... 17
VIII. DO PROFESORADO ............................................................................................................ 18
IX. A AVALIACIÓN E AS RECLAMACIÓNS .............................................................................. 20
X. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS ........................................... 21
XI. PROGRAMAS EUROPEOS .................................................................................................. 22
XII. A BIBLIOTECA ..................................................................................................................... 22
XIII. CONCRECIÓN DO CURRÍCULO .......................................................................................... 24
XIV. LIÑAS XERAIS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE ................................................................ 42
XV. DISPOSICIÓN DERRADEIRA ............................................................................................... 46
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 3 / 46
I. DATOS DE IDENTIFICACIÓN DO CENTRO Denominación: Instituto de Educación Secundaria Politécnico de Vigo
Enderezo: Rúa Conde de Torrecedeira, 88. CP: 36208 Vigo
Código do centro: 36011634
Teléfono: 986 21 30 25
Fax: 986 21 80 75
Correo electrónico: [email protected]
Páxina web: https://www.edu.xunta.es/centros/iespolitecnicovigo
Na actualidade, o IES Politécnico acolle as seguintes ensinanzas:
• Ensinanza Secundaria Obrigatoria, en réxime ordinario e para persoas adultas
(niveis III e IV).
• Bacharelato na especialidade de Ciencias e Tecnoloxía, en réxime ordinario e de
adultos.
• Bacharelato na especialidade de Artes, en réxime ordinario e de adultos.
• Ciclo FP Básica en Electricidade e Electrónica.
• Ciclo Medio de Instalacións eléctricas e Automáticas, en réxime ordinario e de
adultos.
• Ciclo Medio de Mantemento electromecánico, en réxime ordinario e Dual.
• Ciclo Medio de Mecanizado, en réxime ordinario e de adultos.
• Ciclo Superior en Automatización e robótica industrial, en réxime ordinario e de
adultos.
• Ciclo Superior en Sistemas electrotécnicos e automatizados, en réxime ordinario e
de adultos.
• Ciclo Superior en Mecatrónica industrial.
• Ciclo Superior en Prevención de riscos profesionais.
• Ciclo Superior en Programación da produción en fabricación mecánica, en réxime
ordinario e de adultos.
• Ciclo Superior en Proxectos de edificación, en réxime ordinario e de adultos.
• Ciclo Superior en Proxectos de obra civil, en réxime ordinario e de adultos.
• Ciclo Superior en Realización e plans de obra.
Prestan actualmente os seus servizos 133 profesores e profesoras. Ademais, traballan
no centro cinco persoas nos labores administrativos, cinco subalternos e sete limpadoras.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 4 / 46
II. PRINCIPIOS XERAIS O centro, dado o seu carácter público, réxese polo principio de neutralidade ideolóxica,
de maneira que renuncia a todo tipo de adoutrinamento, sectarismo e proselitismo, aínda
que se declara esencialmente respectuoso coas ideas da Declaración Universal dos
Dereitos Humanos.
1. Toda a actividade do Instituto irá encamiñada á consecución dos seguintes fins:
a. O pleno desenvolvemento da personalidade do alumnado.
b. A formación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais e no exercicio da
tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia.
c. A adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo, así como de
coñecementos científicos, técnicos, humanísticos, históricos e estéticos.
d. A capacitación para o exercicio de actividades profesionais.
e. A preparación para participar activamente na vida social e cultural.
f. A formación para a paz, a cooperación e solidariedade entre os pobos.
g. Establecer un marco de convivencia baseado nun regulamento de réxime interno
que permita a tódolos membros da comunidade escolar facer uso dos seus dereitos
sen esquecer as súas obrigas.
2. A actividade educativa desenvolverase atendendo ós seguintes principios: a. A formación personalizada, que propicie unha educación integral en coñecementos,
destrezas e valores morais do alumnado en todos os ámbitos da vida, persoal,
familiar, social e profesional.
b. A participación e colaboración das nais, pais, titoras ou titores para contribuír á
mellor consecución dos obxectivos educativos, a través da ANPA.
c. A efectiva igualdade de dereitos entre os sexos, o rexeitamento a todo tipo de
discriminación e o respecto a todas as culturas.
d. O desenvolvemento das capacidades creativas.
e. O fomento dos hábitos de comportamento democrático.
f. A autonomía pedagóxica dos centros dentro dos límites establecidos polas leis, así
como a actividade investigadora do profesorado a partir da práctica docente.
g. A atención psicopedagóxica e a orientación educativa e profesional.
h. A metodoloxía activa que asegure a participación do alumnado nos procesos de
ensinanza e aprendizaxe.
i. A avaliación dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, dos centros docentes e dos
diversos elementos do sistema.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 5 / 46
j. A relación co contorno social, económico e cultural.
k. A formación no respecto e defensa do medio ambiente.
3. No ámbito pedagóxico, as actuacións irán encamiñadas a: a. Seleccionar os contidos curriculares que sexan realmente de interese e funcionais
para o alumnado, procurando inserir a acción educativa dentro do seu contexto
sociocultural.
b. Proporcionar aos alumnos e ás alumnas os instrumentos de análise científica e
fomentar a capacidade de observación e de crítica, así como a adquisición de
hábitos de traballo intelectual.
c. Tentar de buscar as técnicas máis apropiadas para favorecer a motivación e a
actividade eficaz do alumnado.
d. Facer da avaliación, tanto por parte do profesorado como dos alumnos e das
alumnas, unha verdadeira análise de todo o proceso educativo en xeral, así mesmo,
facer da avaliación un instrumento de motivación e autoestima.
e. Impulsar a acción titorial individualizada e en grupo como algo esencial na
orientación educativa e profesional, así como as diversificacións e adaptacións
curriculares para aquel alumnado que precise delas.
f. Potenciar un réxime de coeducación no que non se produza ningún tipo de
discriminación.
g. Estimular a expresión crítica como forma de mellorar o ámbito inmediato e mesmo
a sociedade.
III. CONTEXTUALIZACIÓN DO CENTRO A rúa Torrecedeira, onde radica o centro, está situada en pleno centro urbano de Vigo.
Emprazado ao lado da Escola Universitaria de Enxeñería Industrial e ao carón da
Escola de Estudos Empresariais.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 6 / 46
Fonte: Google Maps
Historia do IES Politécnico. • 1930: Escuela Elemental del Trabajo, que é a orixe do noso Instituto Politécnico.
• 1944: Orientación Profesional y Aprendizaje: formación de Maestro Industrial ou
Contramaestre, con plans de estudos idénticos ós que se cursan nas Escuelas
Elementales de Trabajo de Madrid e de Gijón. Formación de obreiro especialista
mecánico (axustador, torneiro e fresador) e electricista (montador, instalador e
bobinador) en dous cursos.
• 1955: Dítase a lei de Formación Profesional Industrial (20 de Xullo de 1955), e
regulaméntase a creación das "Juntas Locales de Formación Profesional"
• 1968: terminación do centro “Escuela de Maestría Industrial” cunha capacidade de
500 alumnos e alumnas. Implántanse os estudos de Mestría nas ramas de
Mecánica e Electricidade.
• 1970: comézase a desenvolver o que en adiante se coñecerá como Formación
Profesional, que queda establecida en dous graos: a Formación Profesional de 1º
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 7 / 46
grao (FP1) que se estrutura en dous cursos, e que na Escuela de Maestría se
superpoñen ás ensinanzas que existían en Oficialía, de xeito que se van
substituíndo os cursos de 1º, 2º e 3º polos de FP1 e a continuación polos de FP2,
que quedou estruturado na Escola en tres cursos, xa que se optou polas ensinanzas
de réxime especializado e non polas de réxime xeral, que tiñan un curso de
adaptación entre FP1 e FP2, e a continuación unha FP2 de dous anos.
• A Escuela de Maestría Industrial transformou o seu nome en «Centro Nacional de
Formación Profesional de 1º y 2º Grado» para adecualo ás ensinanzas que nel se
impartían.
• 1974-1980: Os PNN, o Profesorado No Numerario, que é a tradución que
corresponde ás siglas anteriores, formaron, no Centro e na etapa, un grupo
dinamizador de primeira orde.
Contorno Vigo ten aproximadamente 300.000 habitantes. A maior parte da poboación
concéntrase na cidade, aínda que as parroquias periféricas do municipio posúen tamén un
importante continxente poboacional e unha elevadísima densidade de poboación (a máis
alta de España se se exclúen as zonas urbanas).
A comarca viguesa caracterízase pola preponderancia dunha economía diversificada
vencellada ao sector pesqueiro, á industria e aos servizos. Entre os motores da economía
de Vigo está a industria automobilística, liderada por PSA Peugeot Citroën, que ten no
concello a súa factoría máis rendible de Europa.
Asemade, son moi importantes a construción naval e o sector pesqueiro en todas as
súas vertentes, dende a industria extractiva, armadores, ata a comercial, coas súas lonxas
de altura e de baixura, así como a industria conserveira, conxeladora e transformadora.
Vigo é o primeiro porto comercializador de peixe para consumo humano do mundo
(650.000 toneladas no ano 2004), e os estaleiros da Ría son líderes da construción naval
privada española, por facturación e tonelaxe. Tamén destaca a extracción, transformación
e comercialización de granito e outras pedras ornamentais no Porriño.
O Instituto Politécnico forma os futuros traballadores e traballadoras deste tecido
industrial, na súa área de ciclos formativos.
A situación socioeconómica das familias é tamén moi variada, habendo familias con
problemas económicos importantes mesturadas con familias de alto poder adquisitivo sen
haber un sector predominante nin nos cursos de bacharelato, nin en ciclos formativos.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 8 / 46
O alumnado da ESO é predominantemente do mesmo concello, proveniente dos
colexios públicos de educación primaria adscritos: CEIP Emilia Pardo Bazán e CEIP
Ramón y Cajal. O alumnado de bacharelato provén, máis ou menos nun 50% de alumnado
do propio centro que aprobou a ESO e a outra metade de alumnado procedente de diversos
colexios.
O alumnado de Ciclos Formativos non ten unha clara procedencia xeográfica, a súa
orixe está na cidade de Vigo, así como en toda a Área Metropolitana. Unha alta porcentaxe
desprázanse dende incluso o norte da comunidade autónoma até Vigo para recibir estas
ensinanzas.
IV. ESTRUTURA ORGANIZATIVA
O centro precisa dunha organización que posibilite o bo funcionamento e facilite a
consecución dos fins e obxectivos xerais que, a partir dos nosos sinais de identidade, temos
definido e tentamos conseguir. A estrutura organizativa terá en conta as seguintes
finalidades:
a. Proporcionar ao profesorado os medios e condicións que lle permitan desenvolver
unha acción educativa de calidade.
b. Integrar na vida do centro o alumnado, pais, nais, profesorado e persoal non
docente, facilitándolles as canles de información e participación.
c. Distribuír competencias, responsabilidades e funcións a fin de conseguir unha
xestión verdadeiramente participativa.
d. Xestionar consensuadamente os recursos económicos do centro.
e. Organizar adecuadamente os espazos do centro.
f. Manter relacións de colaboración e apoio con outras institucións, tanto educativas
como sociais, culturais ou laborais.
g. Abrir o centro, cos seus medios e dependencias, ás demandas sociais e culturais
do contorno.
Os órganos de goberno velarán pola efectiva realización dos fins da educación, pola
mellora da calidade do ensino e a configuración dun auténtico ensino galego, con total
respecto ós principios e valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de
Galicia.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 9 / 46
CONSELLO ESCOLAR O Consello Escolar do centro é o órgano a través do cal participan na súa xestión os
distintos membros da comunidade escolar. Estará composto polos seguintes membros:
• O Director ou Directora (é o seu/súa presidente).
• O Xefe ou Xefa de Estudos.
• Un Concelleiro ou unha Concelleira ou representante do Concello.
• Sete membros do profesorado elixidos polo claustro
• Tres representantes dos pais e nais do alumnado
• Catro representantes do alumnado.
• Un representante do persoal de administración e servizos.
• O Secretario ou Secretaria (actuará como secretario do consello, con voz, pero sen
voto).
Os seus membros renovaranse por metades de forma alternativa cada dous anos.
Reunirase preceptivamente en sesión ordinaria unha vez por trimestre e sempre que o
convoque a súa presidencia ou o solicite un terzo, polo menos, dos seus membros. En todo
caso reunirase ó inicio e ó remate de curso.
As principais atribucións do Consello Escolar son as contempladas no art.127 da LOE
modificado pola LOMCE, e son as seguintes:
a. Avaliar os proxectos e as normas a que se refire o capítulo II do título V da LOE.
b. Avaliar a programación xeral anual do centro, sen prexuízo das competencias do
claustro do profesorado, en relación coa planificación e organización docente.
c. Coñecer as candidaturas, á dirección e os proxectos de dirección presentados polas
candidaturas.
d. Participar na selección do director ou da directora do centro, nos termos que a
normativa vixente establece. Ser informado do nomeamento e cesamento dos
demais membros do equipo directivo. Se for o caso, logo de acordo dos seus
membros, adoptado por maioría de dous terzos, propor a revogación do
nomeamento do director.
e. Informar sobre a admisión de alumnos e alumnas, nos termos que a normativa
vixente establece.
f. Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar por que se ateñan á
normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas pola dirección
corresponderen a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a
convivencia do centro, o consello escolar, por instancia dos pais, nais, titores ou
titoras legais, poderá revisar a decisión adoptada e propor, se for o caso, as
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 10 / 46
medidas oportunas.
g. Propor medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade
entre homes e mulleres, a igualdade de trato e a non discriminación polas causas
a que se refire o artigo 84.3 da LOE modificado pola LOMCE, a resolución pacífica
de conflitos, e a prevención da violencia de xénero.
h. Promover a conservación e renovación das instalacións e do equipo escolar e emitir
informe sobre a obtención de recursos complementarios, de acordo co establecido
no artigo 122.3 da LOE modificado pola LOMCE.
i. Emitir informe sobre as directrices para a colaboración, con fins educativos e
culturais, coas administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.
j. Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento
escolar e os resultados das avaliacións internas e externas en que participe o
centro.
k. Elaborar propostas e informes, por iniciativa propia ou por petición da
Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da
calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa súa
calidade.
l. Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa.
O EQUIPO DIRECTIVO Está encargado de coordinar a actividade xeral do centro. A súa composición aparecerá
na web do centro. Está constituído polos seguintes órganos unipersoais:
• Director ou directora: ostenta a representación oficial do instituto, dirixe e coordina
todas as actividades, visa as certificacións e documentos oficiais, executa os
acordos dos órganos colexiados no ámbito da súa competencia e cumpre e fai
cumprir as leis e demais disposicións vixentes.
• Vicedirector ou vicedirectora: substitúe o/a Director/a en caso de ausencia ou
enfermidade, organiza os actos académicos e coordina a realización das
actividades complementarias e extraescolares (segundo as directrices do Consello
Escolar).
• Xefe o xefa de Estudos: coordina o persoal docente en todo o relativo ó réxime
académico, elabora os horarios académicos e coordina e supervisa todas as
actividades académicas relativas ás ensinanzas de ESO e Bacharelatos, tanto en
réxime ordinario coma de adultos.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 11 / 46
• Xefe o xefa de Estudos de Adultos: con iguais atribucións e funcións pero orientadas
ós ciclos formativos.
• Secretario/a: ordena o réxime económico e administrativo do instituto.
CLAUSTRO DE PROFESORES E PROFESORAS O Claustro do profesorado terá as seguintes competencias:
• Formular ao equipo directivo e ao Consello Escolar propostas para a elaboración
dos proxectos do centro e da programación xeral anual.
• Aprobar e avaliar a concreción do currículo e todos os aspectos educativos dos
proxectos e da programación xeral anual.
• Fixar os criterios referentes á orientación, titoría, avaliación e recuperación do
alumnado.
• Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica
e na formación do profesorado do centro.
• Elixir aos seus representantes no Consello Escolar do centro e participar na
selección do director ou directora nos termos establecidos pola normativa vixente.
• Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos
candidatos, mediante un debate público.
• Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento
escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o
centro.
• Informar as normas de organización e funcionamento do centro.
• Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e a imposición de sancións e velar
por que estas se ateñan á normativa vixente.
• Propor medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro.
• Outras que poidan ser atribuídas pola Administración educativa.
Reunirase preceptivamente en sesión ordinaria unha vez por trimestre e sempre que o
convoque a súa presidencia ou o solicite un terzo, polo menos, dos seus membros. En todo
caso reunirase ó inicio e ó remate de curso.
V. ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE
DEPARTAMENTOS Departamento de orientación
A actividade deste Departamento abrangue a todo o alumnado matriculado no centro.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 12 / 46
Formarán parte do mesmo a Xefatura do Departamento, o profesorado de apoio para
atención ó alumnado con necesidades educativas especiais e un titor ou unha titora por
cada un dos cursos que compoñen as etapas educativas que se imparten no instituto.
Asimesmo, formará parte un profesor ou unha profesora que imparta na área de Formación
e Orientación Laboral por designación da Dirección, oída a Comisión de Coordinación
Pedagóxica, que recaerá na persoa docente encargada da orientación profesional no
departamento de FOL, ou no xefe ou xefa de departamento no suposto de que non esté
nomeado ningún profesor ou profesora como orientador profesional.
O Xefe ou xefa do Departamento actuará baixo a dependencia directa da xefatura de
estudos e en estreita colaboración co equipo directivo, xefaturas de departamento e
profesorado titor. A súa función fundamental será a de elaborar e impulsar propostas de
orientación e reforzo educativo, así como un plano de acción titorial. O alumnado será
atendido no seu horario lectivo coa recomendación expresa dos titores e das titoras,
profesorado ou cargos directivos, mediante cita previa; tamén recibirá as nais e pais que o
desexaren. As informacións obtidas serán de carácter confidencial.
A experiencia acumulada nos últimos anos, e a complexidade laboral, aconsella
avanzar no desenvolvemento da orientación profesional, o que nos obriga a afondar no
desenvolvemento da orde do 12 de xullo de 2011, en canto ás funcións que lle atribúe ao
profesorado do departamento de FOL respecto á orientación do alumnado.
Departamento de actividades complementarias e extraescolares
O Xefatura do Departamento corresponde a Vicedirección e formará tamén parte do
mesmo, se existir, o profesorado encargado da biblioteca e para cada actividade concreta
o profesorado e alumnado responsable da mesma. A súa función esencial será a de
promover, organizar e facilitar as actividades complementarias e extraescolares.
Departamentos didácticos
Estes departamentos, a través da coordinación do profesorado que ostente a súa
xefatura, son os órganos básicos encargados de organizar e desenvolver as ensinanzas
propias das áreas e materias. A súa función máis salientable é a de propor a programación
didáctica, así como facer o seu seguimento e establecer as medidas correctoras que, se
for o caso, se estimaren necesarias.
Departamentos técnicos
Teñen as funcións seguintes:
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 13 / 46
• Formular propostas ao claustro e ao equipo directivo para o Proxecto Educativo do
instituto e o Plan Xeral Anual do centro e dos proxectos curriculares á Comisión de
Coordinación Pedagóxica.
• Elaborar a programación didáctica de cada módulo de ciclo da familia profesional
de acordo coas directrices da Comisión de Coordinación Pedagóxica e, ao fin de
curso, elaborar a memoria de ciclo.
• En conformidade coa persoa encargada da Coordinación de Formación en Centro
de Traballo, promover os contactos coa industria do contorno que concirne á area
de coñecementos.
• Propor actividades de perfeccionamento do profesorado técnico e de ensino
secundario adscrito.
• Manter actualizada a metodoloxía didáctica de acordo coas necesidades do tecido
produtivo.
• Así mesmo seguirán os procedementos de compra marcados pola secretaría do
centro para realizar as compras de material inventariable e funxible para o correcto
desenvolvemento da actividade propia das áreas, materias ou módulos profesionais
asignados.
• Organizar e realizar actividades complementarias, exames de acceso a ciclos
formativos, probas libres de capacitación, probas para o alumnado de bacharelato
e ciclos con materias ou módulos pendentes e para o alumnado libre.
• Resolver as reclamacións das avaliacións que o alumnado formule ao
departamento e ditar os informes pertinentes.
• Propor materias optativas dependentes do departamento.
• Convocar reunións (art. 4.3 , Orde de 23 de xuño de 2011) polo menos unha vez ao
mes, logo da convocatoria da xefatura de departamento, para facer o seguimento
do desenvolvemento da programación didáctica e establecer as medidas
correctoras que no seu caso se estimaren oportunas. Tamén se reunirá cando así
o decidiren para tratar asuntos do seu interese.
OUTROS ÓRGANOS Comisión de coordinación pedagóxica
Segundo o artigo 77 do Decreto 324/1996, nos institutos de educación secundaria
existirá unha comisión de coordinación pedagóxica que estará integrada polo director ou
directora, que desempeñará a súa presidencia, o xefe ou xefa de estudos e, se for o caso,
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 14 / 46
o xefe ou xefa de estudos de nocturno, as xefaturas de departamento, a persoa encargada
da coordinación do equipo de normalización lingüística, o profesorado de apoio ao
alumnado con necesidades educativas especiais e, se for caso, a persoa responsable da
coordinación de formación en centros de traballo. Actuará como secretario ou secretaria un
membro da comisión, designado pola dirección, oídos os restantes membros.
A súas misións fundamentais son elaborar propostas ó claustro sobre o proxecto
curricular e educativo do centro, así como facerlle un seguimento ós mesmos; establecer
as directrices xerais para a elaboración das programacións didácticas dos departamentos,
do plano de orientación académica e profesional, do plano de acción titorial, así como das
adaptacións curriculares e dos programas de diversificación curricular.
Equipo de dinamización da lingua galega
Estará constituído por tres membros do profesorado (propostos pola comisión de
coordinación pedagóxica), tres membros do alumnado (propostos pola xunta de
delegados) e un membro do persoal non docente (por proposta dos mesmos). A
coordinación levarala un profesor ou profesora nomeado pola Dirección por proposta dos
compoñentes do equipo. As súas funcións primordiais serán: presentar a través do claustro
propostas para a fixación dos obxectivos de normalización lingüística que se incluirán no
proxecto educativo do centro e artellar toda as medidas necesarias para potenciar o uso
da lingua galega nas actividades do centro. Elaborará un Plano Anual de Normalización
Lingüística que se incluirá como anexo ao Proxecto Educativo de Centro.
Coordinador ou coordinadora da FCT
A coordinación de formación en centros de traballo regulará os titores e as titoras de
ciclos formativos ou programas de iniciativa profesional naqueles aspectos que lle son
propios, para o que manterá as reunións periódicas necesarias con todos.
A persoa encargada da coordinación de formación será designada polo director ou
directora, preferentemente entre o profesorado técnico e PES de formación profesional, ou
de tecnoloxía con destino definitivo no centro, por proposta do xefe ou xefa de estudos,
oídos os titores e titoras do alumnado de ciclos formativos. As atribucións que lle son
propias son as seguintes:
• Supervisar e dirixir os programas das FCT.
• Encargarse, por delegación da dirección do centro, das relacións coas empresas
ou institucións que poidan estar interesadas no programa.
• Controlar, supervisar e valorar as actividades levadas a cabo polas persoas
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 15 / 46
responsables da titoría dos ciclos formativos.
• Elaborar os convenios de colaboración.
• Difundir o programa formativo a nivel interno e externo.
• Procurar e seleccionar empresas co apoio do profesorado-titor, e tramitar toda a
documentación relativa ás axudas económicas que proceda respecto da FCT, a
través da dirección do centro.
• Asemade calquera outra función que a Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria estableza na súa normativa específica.
VI. ÓRGANOS DE PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO
DELEGADO/A DE GRUPO Elección Cada grupo de alumnos e alumnas elixirá, por sufraxio directo, secreto e non delegable,
durante o primeiro mes do curso escolar, un delegado ou unha delegada de grupo, que
formará parte da xunta de delegados. Elixirase tamén un subdelegado ou subdelegada,
que substituirá o/a delegado/a en caso de ausencia ou enfermidade e apoiarao nas súas
funcións.
En aras a aplicar criterios de igualdade débese, sempre que sexa posible, implantar a
paridade na elección, de tal xeito que si o delegado é un home, a subdelegada debe ser
unha muller, e si a delegada é unha muller o subdelegado debe ser un home.
As eleccións de delegados/as e subdelegados/as, así como a da persoa que presidirá
a xunta de delegados e delegadas, serán convocadas pola Xefatura de Estudos e
organizadas por esta en colaboración coas titorías dos grupos.
A designación dos delegados/as, subdelegados/as e a persoa delegada presidente da
xunta de delegados e delegadas poderá ser revogada, logo do informe razoado dirixido ó
titor ou á titora, pola maioría absoluta do alumnado do grupo que os elixiron. Neste caso,
procederase a convocatoria de novas eleccións nun prazo de quince días e de acordo co
establecido no apartado anterior.
Funcións
• Asistir ás reunións da xunta de delegados e participar nas súas deliberacións.
• Expoñer ás autoridades académicas as suxestións e reclamacións do grupo ó que
representan.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 16 / 46
• Fomentar a convivencia entre o alumnado do seu grupo.
• Colaborar co profesorado e co equipo directivo do instituto para o seu bo
funcionamento.
• Coidar da adecuada utilización do material e das instalacións do instituto. No caso
de producirse algún dano dará parte ó/á titor/a ou, de ser o caso, ó/á Xefe/Xefa de
Estudos, indicándolle as circunstancias en que se produciu.
XUNTA DE DELEGADOS Características Estará integrada polos representantes do alumnado dos distintos grupos e polos
representantes do alumnado no Consello Escolar e será presidida por un dos seus
membros elixido entre os seus compoñentes. É competencia do/a delegado/a facer chegar
as propostas da xunta de delegados e delegadas ós distintos órganos de dirección do
centro.
A xunta de delegados e delegadas poderá reunirse en pleno ou, cando a natureza dos
problemas o faga máis conveniente, en comisións que reúnan as persoas delegadas dun
curso ou dunha das etapas educativas que se imparten no instituto, logo do coñecemento
da Dirección e sen que isto implique alteración no normal desenvolvemento das actividades
docentes.
Funcións
• Elevar ó equipo directivo propostas para a elaboración do proxecto educativo, por
iniciativa propia ou por petición daquel.
• Informar ós/ás representantes do alumnado no Consello Escolar dos problemas de
cada grupo ou curso.
• Recibir información dos/das seus/súas representantes no Consello Escolar sobre
os temas tratados nel.
• Elaborar propostas de modificación do regulamento de réxime interior, dentro do
ámbito da súa competencia.
• Informar ó alumnado do centro das actividades da xunta de delegados e delegadas.
• Formular propostas á Xefatura de Estudos e/ou a Xefatura do Departamento de
actividades extraescolares e complementarias para a organización das mesmas.
• Debater os asuntos que vaia tratar o Consello Escolar no ámbito da súa
competencia e elevar propostas de resolución ós/ás seus/súas representantes nel.
• Cando o solicitar, a xunta de delegados e delegadas, en pleno ou en comisión,
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 17 / 46
deberá ser oída polos órganos de goberno do instituto, nos asuntos que pola súa
índole, requiran a súa audiencia e, especialmente, no que se refire a: celebración
de probas e exames, alegacións e reclamacións sobre a obxectividade e eficacia
na valoración do rendemento académico do alumnado, propostas de sanción ó
alumnado pola comisión de faltas que supoñan a incoación de expediente.
• Os delegados e delegadas non poderán ser sancionados polo exercicio das súas
funcións como voceiros do alumnado, nos termos da normativa vixente.
• A Xefatura de Estudos facilitará á xunta de delegación un espazo adecuado para
que poida celebrar as súas reunións.
VII. DO ALUMNADO
Os procedementos en materia de convivencia basearanse na Lei 4/2011 do 30 de xuño,
de convivencia e participación da comunidade educativa, no decreto 8/2015 de 8 de
Xaneiro que a desenvolve e no Plan de Convivencia do centro.
DEREITOS DO ALUMNADO • O alumnado ten dereito a recibir unha formación que asegure o pleno
desenvolvemento da súa personalidade.
• Promoverase a igualdade de oportunidades a través da non discriminación por
razón de nacemento, raza, sexo, capacidade económica, nivel social, conviccións
políticas, morais ou relixiosas, así como por discapacidades físicas ou psíquicas e
tamén a través do establecemento de medidas compensatorias.
• O alumnado ten dereito a que o seu rendemento académico sexa avaliado con
enteira obxectividade.
• Todos os alumnos e alumnas teñen dereito a que a súa actividade académica se
desenvolva nas debidas condicións de seguridade e hixiene.
• Teñen dereito a que se respecte a súa liberdade de conciencia, as súas conviccións
relixiosas, morais ou ideolóxicas, así como a súa intimidade no que atinxe ás
devanditas crenzas.
• Todos os alumnos e alumnas teñen dereito a que se respecte a súa integridade
física e moral e a súa dignidade persoal, sen que poidan ser obxecto, en ningún
caso, de tratos vexatorios ou degradantes.
• O alumnado ten dereito a participar no funcionamento e na vida dos centros, na
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 18 / 46
actividade escolar e na xestión dos mesmos, segundo o disposto nas leis.
• Cando non se respectaren os dereitos do alumnado, ou cando calquera membro da
comunidade educativa impedira o efectivo exercicio dos devanditos dereitos poderá
denuncialo perante a Dirección do centro que adoptará as medidas conforme ó
disposto na lexislación vixente.
DEBERES DO ALUMNADO • O estudo constitúe o deber básico do alumnado e concrétase nas seguintes
obrigas:
a. Asistir á clase con puntualidade e participar nas actividades orientadas ó
desenvolvemento dos planos de estudo.
b. Cumprir e respectar os horarios aprobados para o desenvolvemento das
actividades do centro.
c. Seguir as orientacións do profesorado respecto da súa aprendizaxe e amosarlle
o debido respecto e consideración.
d. Respectar o exercicio do dereito ó estudo dos demais.
• O alumnado debe respectar a liberdade de conciencia e as conviccións relixiosas e
morais, así como a dignidade, integridade e intimidade de todo os membros da
comunidade educativa.
• Non discriminar a ningún membro da comunidade educativa por razón de
nacemento, raza, sexo ou por calquera outra circunstancia persoal ou social.
• O alumnado debe coidar e utilizar correctamente os bens mobles e as instalacións
do centro e respectar as pertenzas dos outros membros da comunidade educativa.
• O alumnado ten dereito a participar na vida e funcionamento do centro, de acordo
á normativa vixente.
VIII. DO PROFESORADO
A TITORÍA No instituto haberá un titor ou titora por cada grupo de alumnos e alumnas. O titor ou
titora será designado pola Dirección, por proposta da Xefatura de Estudos, oído a Xefatura
do Departamento de Orientación, entre o profesorado que impartan docencia a todo o
grupo. A hora de titoría do alumnado formará parte do horario lectivo do titor ou da titora,
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 19 / 46
así como a hora de atención ós pais e ás nais.
O centro promoverá, cando menos, unha reunión ó comezo de curso entre os titores e
as titoras, departamento de orientación e pais e nais, cunha finalidade informativa e
orientadora para o curso.
Cada profesor/a titor/a, ademais das súas tarefas docentes específicas, realizará as
seguintes funcións:
• Participar no desenvolvemento do plano de acción titorial e nas actividades de
orientación, baixo a coordinación da Xefatura de Estudos e en colaboración co
departamento de orientación.
• Proporcionar no principio de curso, ó alumnado e ás nais e ós pais, información
documental ou, no seu defecto, indicar onde poden consultar todo o referente ó
calendario escolar, horarios, horas de titoría, actividades extraescolares e
complementarias previstas, programas escolares e criterios de avaliación do grupo.
• Coñecer as características persoais de cada alumno e alumna a través da análise
do seu expediente persoal.
• Efectuar un seguimento global dos procesos de ensino-aprendizaxe do alumnado
para detectar dificultades e necesidades especiais, co obxecto de atopar as
respostas axeitadas.
• Facilitar a integración do alumnado no grupo e fomentar a súa participación nas
actividades do centro.
• Orientar o alumnado dunha maneira directa e inmediata no seu proceso formativo
e asesoralo sobre as súas posibilidades académicas e profesionais.
• Informar ó equipo docente do grupo das súas características, especialmente
naqueles casos que presenten problemas específicos.
• Organizar e presidir as sesións de avaliación do seu grupo.
• Orientar e canalizar as demandas do alumnado e mediar entre o profesorado e o
equipo directivo.
• Informar ó alumnado do grupo, ás nais, ós pais e ó profesorado de todo aquilo que
lles afecte en relación coas actividades docentes e o rendemento académico.
• Facilitar a cooperación educativa entre o profesorado e os pais e nais do alumnado.
• Controlar a falta de asistencia ou puntualidade e ter informados ós pais ou ás nais
ou titores/as e á Xefatura de Estudos.
• Implicar as familias nas actividades de apoio á aprendizaxe e orientación dos seus
fillos e das súas fillas.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 20 / 46
O PROFESORADO DE GARDA No centro haberá sempre, durante a xornada escolar, un ou máis persoas do
profesorado de garda, segundo as necesidades de cada momento e as dispoñibilidades do
centro, que terán como funcións:
• Atender a todo o alumnado que quede libre por ausencia do respectivo profesor ou
da respectiva profesora. En caso de ausencia do docente, e sempre que o
profesorado de garda sexa suficiente, permanecerá preferentemente na aula co
alumnado e, de non ser posible, enviarano á Biblioteca, permanecendo con eles.
En todo caso, asegurarase de que as actividades normais do centro non se vexan
perturbadas por calquera circunstancia.
• Velar pola orde e bo funcionamento do instituto, especialmente nos corredores, á
entrada e saída das clases.
• Rexistrar no libro de gardas as ausencias e faltas de puntualidade do profesorado
e calquera outra incidencia que se teña producido.
• Resolver no acto cantas incidencias do alumnado se produzan durante a xornada
lectiva, informando inmediatamente a calquera dos membros do equipo directivo
presentes nese momento, ben, en ausencia destes, adoptando as medidas que
estime máis oportunas, axustándose as directrices recollidas no Regulamento de
Réxime Interior.
• Tamén será función do profesorado de garda a tutela do alumnado de ESO durante
os períodos de lecer. Para tal fin, a dirección do centro destinará o profesorado que
estime necesario, de acordo coas dispoñibilidades do centro, preferentemente
aquel que imparta clase nesa etapa.
IX. A AVALIACIÓN E AS RECLAMACIÓNS
O PROCESO DE AVALIACIÓN A avaliación será continua, terá carácter formativo e estará integrada no proceso
educativo de maneira sistemática. As actividades de avaliación orientaranse á detección
dos progresos realizados polo alumnado en todos os ámbitos do seu desenvolvemento.
Levarase a cabo tendo en conta os obxectivos educativos, así como os criterios de
avaliación establecidos no proxecto curricular propio do centro.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 21 / 46
SESIÓNS DE AVALIACIÓN As sesións de avaliación utilizarán como instrumento básico as informacións e
cualificacións que, sobre cada alumno e cada alumna e sobre o grupo, fornezan os
profesores e profesoras das distintas disciplinas.
En cada curso realizaranse, para a ESO e o Bacharelato, tres reunións de avaliación,
coincidindo a última coa avaliación final. Ademais, desenvolverase en todos os cursos da
ESO unha “avaliación inicial”, que terá como obxectivo a exploración das capacidades,
actitudes e coñecementos do alumnado. A devandita avaliación desenvolverase ó comezo
do curso. Esta avaliación inicial terá lugar, no Bacharelato, só naqueles cursos nos que o
titor ou a titora o estime conveniente.
Nos Ciclos Formativos seguirase o establecido na Orde de 11 de xullo de 2011. (Ver
apartado XII.6.3 Formación Profesional).
RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS O alumnado ou os seus pais ou nais ou titores ou titoras legais poderán reclamar contra
as decisións e cualificacións que, como resultado do proceso de avaliación, se adopten ó
rematar un ciclo ou curso.
A dita reclamación deberá basearse na inadecuación da proba proposta ó alumno ou á
alumna en relación cos obxectivos ou contidos da área ou materia sometida a avaliación e
co nivel preciso de programación, ou na incorrecta aplicación dos criterios de avaliación
establecidos. As características desta reclamación veñen recollidas no Regulamento de
Réxime Interno.
X. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS
Con estas actividades reforzarase a formación e suporán unha motivación para o
alumnado. Cada curso incluiranse na programación xeral anual, despois de ser aprobadas
polo consello escolar, e recolleranse na memoria final de cada curso.
O alumnado poderá facer propostas por medio da Xunta de Delegados e Delegadas. A
súa organización recaerá nos respectivos departamentos didácticos, baixo a coordinación
da Vicedirección. Os departamentos deberán propoñelas ao comezo de cada curso escolar
utilizando o impreso que estableza o consello escolar. Unha vez aprobadas polo consello
escolar, o equipo directivo deberá informar a toda a comunidade educativa o antes posible
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 22 / 46
antes de cada avaliación.
As actividades que se fagan fóra do centro contarán coa autorización dos pais, das nais
ou dos/as titores/as legais, no caso de ser menores de idade.
XI. PROGRAMAS EUROPEOS O IES Politécnico aposta decididamente polos Proxectos Europeos. Constitúen unha
poderosa ferramenta para mellorar a calidade dos centros educativos, promovendo
asociacións escolares de calidade. Potencian ademais a aprendizaxe de linguas
estranxeiras e incrementan a calidade e a dimensión europea da formación do profesorado,
ao tempo que apoian as melloras nos enfoques pedagóxicos e na xestión escolar.
Despois de obter a primeira Carta Erasmus no curso 2009-2010, o alumnado de Ciclos
Superiores realizou a primeira FCT en empresas de Alemaña, Francia e Malta.
Coa obtención da carta Erasmus 2014 – 2020, ábrese un novo período para consolidar
o traxecto percorrido, brindando a oportunidade ao alumnado e ao profesorado do centro
de adquirir ou afondar en experiencia, autonomía e intercambio coa cultura de outros
países.
XII. A BIBLIOTECA Tendo en conta o Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas
da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. Nº 136,
13 de xullo do 2007) onde se establecen como competencias básicas para o alumnado a
competencia en comunicación lingüística, a competencia no tratamento da información e
competencia dixital, a competencia cultural e artística, a Biblioteca Escolar debe perseguir
os seguintes obxectivos xerais:
• Ofrecer oportunidades para a utilización e produción de información que posibiliten
a adquisición de coñecementos, a comprensión, o desenvolvemento da
imaxinación e o lecer.
• Apoiar ao alumnado na aprendizaxe e na práctica de competencias de avaliación e
utilización da información, en calquera soporte, formato ou medio, tendo en conta
as formas de comunicación máis usuais na súa comunidade.
• Proporcionar acceso aos recursos locais, rexionais, nacionais e globais que lle
permitan ao alumnado poñerse en contacto con ideas, experiencias e opinións
diversas.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 23 / 46
Concibimos a biblioteca escolar como un dinámico centro de recursos e un activo
servizo de información que cumpre un papel esencial en relación coa aprendizaxe dos
alumnos e das alumnas, coas tarefas docentes e co contorno social e cultural do centro.
Aparece como un espazo educativo, que alberga unha colección organizada e centralizada
de todos os materiais informativos que precisa o centro para desenvolver a súa tarefa
docente, baixo a supervisión de persoal cualificado, e as súas actividades intégranse
plenamente nos procesos pedagóxicos do centro. Será, polo tanto, un lugar favorable para
o estudo, a investigación, o descubrimento, a autoformación e a lectura.
Os principios básicos da nosa biblioteca son:
• A biblioteca é, ante todo, un lugar de aprendizaxe, de encontro e comunicación,
integrada no proceso pedagóxico para favorecer a autonomía e responsabilidade
do alumnado.
• A biblioteca recolle todos os recursos bibliográficos, informativos e didácticos en
xeral; non só atoparemos documentos impresos en papel (libros, revistas,
periódicos), senón todos aqueles soportes nos que atopar información.
• A xestión da biblioteca deberá ser centralizada, aínda que en permanente contacto
e colaboración cos departamentos.
• A biblioteca estará aberta a toda a comunidade educativa e ao exterior,
relacionándose co seu contorno social e cultural, colaborando con outras
institucións e utilizando as novas tecnoloxías que lle permiten estar en conexión
con calquera outra biblioteca ou centro educativo.
Por outro lado as funcións da biblioteca do noso centro son:
• Recompilar toda a documentación existente no centro, así como os materiais e
recursos didácticos relevantes, independentemente do soporte.
• Organizar os recursos de tal xeito que sexan facilmente accesibles e utilizables.
Facer posible o seu uso cando se necesitaren, mediante un sistema de información
centralizado.
• Establecer canais de difusión da información no centro educativo, contribuíndo á
creación dunha fluída rede de comunicación interna.
• Difundir entre alumnado e profesorado información en diferentes soportes para
satisfacer as necesidades curriculares, culturais e complementarias. Ofrecerlles
asistencia e orientación.
• Contribuír para que o alumnado adquira as capacidades necesarias para o uso das
distintas fontes de información. Colaborar cos profesores e as profesoras para a
consecución dos obxectivos pedagóxicos relacionados con este aspecto.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 24 / 46
• Impulsar actividades que fomenten a lectura como medio de pracer e de
información.
• Actuar como enlace con outras fontes e servizos de información externos e
fomentar o seu uso por parte do alumnado e do profesorado.
XIII. CONCRECIÓN DO CURRÍCULO
ADECUACIÓN DOS OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA AO CONTEXTO DO CENTRO
Educación secundaria obrigatoria A educación secundaria obrigatoria contribuirá a desenvolver no alumnado as
capacidades que lles permita:
1. Consolidar hábitos de disciplina, responsabilidade, estudo e traballo individual
e en equipo, de uso da iniciativa persoal, toma de decisións e planificación de metas
persoais, de distintas formas de aprender a aprender, como condicións
imprescindibles para o desenvolvemento da autoconfianza e competencia persoal.
2. Comprender e expresarse con corrección, oralmente e por escrito, nas linguas
cooficiais e en máis dunha lingua estranxeira, utilizándoas de maneira versátil para
diferentes contextos e intencións comunicativas, e valorar a empatía na
comunicación como instrumento de autorregulación do pensamento e eixe da
convivencia.
3. Desenvolver destrezas na procura, selección, organización e integración coherente
da información, como estratexia para adquirir novos coñecementos e resolver
problemas académicos e cotiáns a través do uso habitual de distintos recursos,
especialmente, das tecnoloxías da información e a comunicación.
4. Fortalecer no alumnado as capacidades afectivas da personalidade e das súas
relacións interpersoais, rexeitando os prexuízos e os comportamentos sexistas, co
fin de acadar sempre a inclusión na comunidade educativa, e resolver
pacificamente os conflitos.
5. Desenvolver e aplicar o pensamento científico-técnico, utilizando valores e criterios
éticos, asemade de análise sistemática e economía e eficacia, que permitan adquirir
actitudes para a resolución de problemas de distinta complexidade, en diversos
campos do coñecemento e en situacións da vida cotiá.
6. Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 25 / 46
e artístico propio e da diversidade de persoas e pobos, participando na súa
conservación e mellora con sentimento de cidadanía global e plural compatible coa
identidade local.
7. Coñecer, aceptar e respectar o funcionamento do corpo humano propio e doutras
persoas, e desenvolver o coidado e calidade da saúde corporal persoal e social,
afianzando hábitos de práctica, crítica e responsable, de actividade física e deporte,
de consumo racional, así como de interacción e conservación do espazo físico e
dos seres vivos.
8. Capacitar ao alumnado con aprendizaxes integradores que lles permitan alcanzar
o gusto por aprender, o éxito académico e a incorporación a estudos posteriores ou
a vida laboral.
9. Coñecer, comprender e valorar as distintas linguaxes e manifestacións artísticas,
culturais e deportivas, e achegas relevantes, como parte da diversidade e da
evolución do patrimonio dos pobos, diálogo intercultural, forma de
desenvolvemento do pensamento diverxente-converxente e como fonte de
enriquecemento e gozo.
10. Participar nas actividades propostas pola comunidade educativa, mostrando
exercicio na cidadanía democrática nunha sociedade plural, ao asumir
responsablemente os deberes e dereitos no respecto ás outras persoas e grupos,
exercitar o diálogo, practicar a tolerancia, a igualdade e equidade, e a cooperación
e solidariedade.
Bacharelato
O Bacharelato contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que lle permita:
1. Dominar, tanto na expresión oral coma na escrita, a lingua galega e a lingua castelá,
e unha ou máis linguas estranxeiras, acadando a capacidade de expresarse
correctamente en público a través de distintos tipos de discurso acordes con
diferentes contextos sociais e culturais, e de comunicarse de xeito que establezan
vínculos construtivos cos demais e co contorno.
2. Utilizar eficazmente e con responsabilidade as funcións transmisora e xeradora das
tecnoloxías da información e da comunicación, como ferramentas para conseguir
obxectivos e fins de aprendizaxe, traballo e lecer, previamente establecidos.
3. Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus
antecedentes históricos e os principias factores da súa evolución, as súas escalas
de valores no marco dos patróns culturais básicos de cada rexión, país ou
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 26 / 46
comunidade e contribuír a afianzar e conservar o patrimonio material e inmaterial
de Galicia no contexto dun mundo globalizado.
4. Exercer a cidadanía democrática, dende unha perspectiva global, actuando con
criterio propio e practicando normas de convivencia que amosen adquirir unha
conciencia cívica responsable, que fomente a corresponsabilidade e compromiso
na construción dunha sociedade plural, xusta e equitativa en dereitos e
oportunidades das persoas e favoreza a sustentabilidade.
5. Reforzar os hábitos de lectura, estudo e autonomía así como actitudes de iniciativa,
autoconfianza, de traballo en equipo, de creatividade, flexibilidade, como condicións
necesarias para o desenvolvemento dunha madurez intelectual e humana, persoal
e social que lles permita resolver responsable, crítica e pacificamente os conflitos
persoais, familiares e sociais.
6. Acceder aos coñecementos e métodos científicos e tecnolóxicos fundamentais e
dominar as habilidades básicas propias da modalidade de bacharelato elixida, e
valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das
condicións de vida.
7. Reforzar actitudes de respecto e de prevención no ámbito da seguridade viaria.
8. Participar de forma solidaria en actividades que fomenten o desenvolvemento e
mellora do seu contorno social e afianzar a sensibilidade e o respecto do medio
natural e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio
galego, procurando a conservación dos recursos e da diversidade.
9. Proporcionar ao alumnado a formación, a madurez, os coñecementos e habilidades
que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con
responsabilidade e competencia, asemade capacitar para o acceso á educación
superior ou ao ámbito laboral, e valorar a importancia da educación permanente
durante toda a vida.
10. Desenvolver a sensibilidade cara a manifestacións artísticas, literarias e deportivas,
así como as habilidades perceptivas e comunicativas, sentido estético e valoración
da liberdade de expresión que requiren, como fontes para cultivar a capacidade
creadora, enriquecemento cultural e participación e conservación do patrimonio da
propia comunidade como doutras.
11. Afianzar hábitos de utilización da educación física e o deporte para favorecer o
desenvolvemento persoal e social e impulsar condutas e hábitos saudables e de
gozo do tempo de lecer.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 27 / 46
Formación Profesional As ensinanzas de formación profesional teñen por obxecto conseguir que o alumnado
adquira as competencias profesionais, persoais e sociais, segundo o nivel de que se trate,
necesarias para:
1. Exercer unha actividade profesional definida.
2. Comprender a organización e características do sector produtivo correspondente,
os mecanismos de inserción profesional, a súa lexislación laboral e os dereitos e
obrigacións que derivan das relacións laborais.
3. Consolidar hábitos de disciplina, traballo individual e en equipo, así como
capacidades de autoaprendizaxe e capacidade crítica e de autonomía no
desenvolvemento das súas tarefas en función das características da titulación.
4. Establecer relacións interpersoais e sociais, na actividade profesional e persoal,
baseadas na resolución pacífica dos conflitos, o respecto aos demais e o rechazo
á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos comportamentos sexistas.
5. Previr os riscos laborais e medioambientais e adoptar medidas para traballar en
condicións de seguridade e saúde.
6. Desenvolver unha identidade profesional motivadora de futuros aprendizaxes e
adaptacións á evolución dos procesos produtivos e ao cambio social.
7. Potenciar a creatividade, a innovación e a iniciativa emprendedora.
8. Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación, así como as linguas
estranxeiras necesarias na súa actividade profesional.
9. Comunicarse de forma efectiva no desenvolvemento da actividade profesional e
persoal.
10. Xestionar a súa carreira profesional, analizando os itinerarios formativos máis
adecuados para mellorar a súa empregabilidade.
ASPECTOS XERAIS PARA A ELABORACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS
As programacións didácticas ateranse o contemplado na RESOLUCIÓN do 27 de Xullo
de 2015(DOG do 29 de Xullo) pola que se ditan instrucións para a implantación do currículo
da ESO e do Bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Instrucións para a elaboración das programacións didácticas Os diferentes departamentos do IES Politécnico de Vigo deberán seguir o seguinte
protocolo á hora da elaboración das distintas programacións didácticas:
• Cada un dos departamentos didácticos deberá elaborar a programación de cada
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 28 / 46
unha das materias ou ámbitos que teña asignados.
• As xefaturas de departamento comprobarán que figuran todos os apartados
correspondentes.
• Os/As xefes/xefas de departamento entregarán as programacións ou modificacións
das mesmas en formato electrónico antes do comezo das actividades lectivas de
cada curso escolar.
• Unha vez que a xefatura de estudos teña no seu poder todas as programacións
cubertas correctamente deberá remitir unha copia ao servizo de inspección
educativa en formato electrónico. No escrito de remisión farase constar
expresamente que todas as programacións conteñen os apartados que a normativa
vixente contempla.
• O cambio de profesorado non debe implicar unha nova programación senón que
todo o profesor ou profesora que se incorpore a un departamento debe adaptarse
á programación vixente.
• Se algún membro do profesorado decidise incluír na programación da súa
actividade docente algunha variación con respecto á programación conxunta do
departamento, esta variación e a xustificación correspondente, incluirase na
programación do dito departamento, sempre que así o acorde o citado órgano ou,
en último caso, a comisión de coordinación pedagóxica.
• Ao comezo de cada curso, a xefatura de cada departamento didáctico elaborará
información relativa á programación didáctica que dará a coñecer ao alumnado a
través do profesorado das distintas materias asignadas a cada departamento. Esta
información incluirá:
• Os obxectivos, contidos e criterios de avaliación do curso.
• Os mínimos esixibles para obter unha avaliación positiva.
• Os criterios ou sistemas de cualificación.
• Os procedementos de avaliación da aprendizaxe que se van utilizar.
O centro deberá facer públicos:
• Os criterios xerais de avaliación das aprendizaxes.
• Os criterios xerais de promoción do alumnado.
• Os criterios de titulación do alumnado.
Elementos da programación didáctica na ESO
Os elementos mínimos que deberán recoller todas as programacións didácticas no
caso da ESO son os seguintes:
a. Introdución e contextualización.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 29 / 46
b. Contribución ao desenvolvimento das competencias clave. Concreción que recolla
a relación dos estándares de aprendizaxe avaliables da materia que formen parte
dos perfís competenciais.
c. Concreción de ser o caso dos obxectivos para o curso.
d. Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable de:
• Temporalización.
• Grao mínimo de consecución para superar a materia.
• Procedimentos e instrumentos de avaliación.
e. Concrecións metodolóxicas que require a materia.
f. Materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar.
g. Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado.
h. Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente.
i. Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das
materias pendentes.
j. Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan
adoptar como consecuencia dos seus resultados.
k. Medidas de atención á diversidade.
l. Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso que
corresponda.
m. Actividades complementarias e extraescolares programadas por cada
departamento didáctico.
n. Mecanismos de revisión, avaliación e modificación das programacións didácticas
en relación cos resultados académicos e procesos de mellora.
Elementos da programación didáctica no bacharelato
En Bacharelato teríamos os mesmos apartados que para a ESO pero incluíndo un
punto:
o. Organización dos procedementos que lle permitan ao alumnado acreditar os
coñecementos necesarios en determinadas materias, no caso do Bacharelato.
Elementos da programación didáctica na Formación Profesional 1. Identificación da programación.
2. Concreción do currículo en relación coa súa adecuación ás características do
ámbito produtivo.
3. Relación de unidades didácticas que a integran, que contribuirán ao
desenvolvemento do módulo profesional, xunto coa secuencia e o tempo asignado
para o desenvolvemento de cada unha.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 30 / 46
4. Por cada unidade didáctica:
a. Identificación da unidade didáctica.
b. Resultados de aprendizaxe do currículo que se trate.
c. Obxectivos específicos da unidade didáctica, en relación coas actividades de
ensino e aprendizaxe.
d. Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos
obxectivos por parte do alumnado, en relación cos instrumentos de avaliación,
os mínimos exixibles e o peso da cualificación.
e. Contidos.
f. Actividades de ensino e aprendizaxe, e de avaliación, con xustificación de para
que e de como se realizarán, así como os materiais e os recursos necesarios
para a súa realización e, de ser o caso, os instrumentos de avaliación.
5. Mínimos exixibles para alcanzar a avaliación positiva e os criterios de cualificación.
6. Procedemento para a recuperación das partes non superadas.
a. Procedemento para definir as actividades de recuperación.
b. Procedemento para definir a proba de avaliación extraordinaria para o
alumnado con perda de dereito a avaliación continua.
7. Procedemento sobre o seguimento da programación e a avaliación da propia
práctica docente.
8. Medidas de atención á diversidade.
a. Procedemento para a realización da avaliación inicial.
b. Medidas de reforzo educativo para o alumnado que non responda globalmente
aos obxectivos programados.
9. Aspectos transversais.
a. Programación da educación en valores.
b. Actividades complementarias e extraescolares.
DECISIÓNS DE CARÁCTER XERAL SOBRE A METODOLOXÍA E A SÚA CONTRIBUCIÓN Á CONSECUCIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS
A Comisión Europea da Educación estableceu unhas competencias clave ou destrezas
básicas necesarias para a aprendizaxe das persoas ao longo da vida e animou aos estados
membros a dirixir as súas políticas educativas nesta dirección. Defínese a competencia
clave ou básica como a capacidade de responder ás demandas complexas e levar a cabo
tarefas diversas da forma adecuada.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 31 / 46
Supón unha combinación das habilidades prácticas, coñecementos, motivacións,
valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais que actúen
conxuntamente para o logro dunha acción eficaz. As competencias claves son aquelas en
que se sustentan a realización persoal, a inclusión social, a cidadanía activa e o emprego.
O artigo 6 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación define o currículo como
“a regulación dos elementos que determinan os procesos de ensinanza e aprendizaxe para
cada unha das ensinanzas”.
Está integrado polos obxectivos, competencias, contidos, metodoloxía didáctica,
estándares e resultados da aprendizaxe e criterios de avaliación”.
Segundo o artigo 29, ao finalizar o cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria,
o alumnado realizará unha avaliación individualizada.
Ademais, no artigo 31, determina que para obter o título de graduado en educación
secundaria obrigatoria será necesaria a superación da avaliación final, así como unha
cualificación final da dita etapa igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
No noso sistema educativo considérase que as competencias básicas que debe ter o
alumnado cando finaliza a súa escolaridade obrigatoria para enfrontarse aos retos da súa
vida persoal e laboral son as seguintes:
1. Competencia en comunicación lingüística: A competencias en comunicación
lingüística refírese á utilización da linguaxe como instrumento tanto de
comunicación oral e escrita como de aprendizaxe e de regulación de condutas e
emocións. A comunicación en linguas estranxeiras esixe tamén posuír capacidades
tales como a mediación e a comprensión intercultural. Esta competencia contribúe
á creación dunha imaxe persoal positiva e fomenta as relacións construtivas cos
demais e co entorno. Aprender a comunicarse é establecer lazos con outras
persoas, é achegarnos a novas culturas que adquiren consideración e afecto na
medida en que se coñecen. O desenvolvemento da competencia lingüística é clave
para aprender a resolver conflitos e para aprender a convivir.
2. Competencia matemática: Habilidade para utilizar números e as súas operacións
básicas, os símbolos e as formas de expresión e razoamento matemático para
producir e interpretar informacións, para coñecer máis sobre aspectos cuantitativos
e espaciais da realidade e para resolver problemas relacionados coa vida diaria e
o mundo laboral.
3. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico: Habilidade para
interactuar co mundo físico, tanto nos seus aspectos naturais como nos xerados
pola acción humana, de modo que facilite a comprensión dos sucesos, a predición
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 32 / 46
de consecuencias e a actividade dirixida á mellora e preservación das condicións
de vida propia, dos demais homes e mulleres e do resto dos seres vivos.
4. Competencia no tratamento da información e competencia dixital: Habilidades para
buscar, obter, procesar e comunicar a información e transformala en coñecemento.
Inclúe aspectos diferentes que van dende o acceso e selección da información ata
o uso e a transmisión desta en distintos soportes, incluíndo a utilización das
tecnoloxías da información e a comunicación como un elemento esencial para
informarse e comunicarse.
5. Competencia social e cidadá: Esta competencia permite vivir en sociedade,
comprender a realidade social do mundo en que se vive e exercer a cidadanía
democrática. Incorpora formas de comportamento individual que capacitan as
persoas para convivir nunha sociedade cada vez máis plural, relacionarse cos
demais, cooperar, comprometerse e afrontar os conflitos. Adquirir esta competencia
supón ser capaz de poñerse no lugar do outro, aceptar as diferenzas, ser tolerante
e respectar os valores, as crenzas, as culturas e a historia persoal e colectiva dos
outros.
6. Competencia cultural e artística: Esta competencia supón apreciar, comprender e
valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas, utilizalas como
fonte de gozo e enriquecemento persoal e consideralas como parte do patrimonio
cultural dos pobos.
7. Competencia para aprender a aprender: Aprender a aprender supón iniciarse na
aprendizaxe e ser capaz de continualo de maneira autónoma. Supón tamén poder
desenvolverse ante as incertezas tratando de buscar respostas que satisfagan a
lóxica do coñecemento racional. Implica admitir diversidade de respostas posibles
ante un mesmo problema e encontrar motivación para buscalas dende diversos
enfoques metodolóxicos.
8. Competencia na autonomía e iniciativa persoal: Esta competencia refírese á
posibilidade de optar cun criterio propio e levar adiante as iniciativas necesarias
para desenvolver a opción elixida e facerse responsable dela, tanto no ámbito
persoal como no social ou laboral.
O Bacharelato, que forma parte da educación secundaria na fase postobrigatoria, debe
ser unha etapa de consolidación das competencias adquiridas na Ensinanza Secundaria
Obrigatoria e así tanto a LOE como o Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se
establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia
(DOG Nº 120, 23-xuño-2008) establecen como finalidade nesta etapa “proporcionarlle ao
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 33 / 46
alumnado a formación, a madurez intelectual e humana, os coñecementos e habilidades
que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con
responsabilidade e competencia, así como capacitarse para o acceso á educación
superior”.
Por último, segundo o artigo 3 da Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se regula a
educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade
Autónoma de Galicia (DOG Nº 142, 23-xullo-2008), “o currículo das ensinanzas básicas
iniciais e da educación secundaria para persoas adultas oriéntanse ao logro das
competencias básicas”.
Todas as competencias citadas anteriormente teñen as seguintes características:
• Proporcionan a capacidade de saber facer, é dicir, de aplicar os coñecementos aos
problemas da vida profesional e persoal.
• Son susceptibles de axeitarse a unha diversidade de contextos.
• Teñen un carácter integrador, agrupando os coñecementos, os procedementos e as
actitudes.
• Permiten integrar e relacionar os aprendizaxes cos distintos tipos de contidos,
utilizalos de maneira efectiva e aplicalos en diferentes situacións e contextos.
• Deben ser aprendidas, renovadas e mantidas ao longo de toda a vida.
• Polo tanto, desde o noso centro debemos contribuír a:
• Adaptar o proceso da ensinanza-aprendizaxe á sociedade actual, en continuo
cambio.
• Transformar o concepto tradicional da ensinanza baseado na adquisición de
coñecementos nun concepto moderno de aprendizaxe baseado na capacidade de
resolver situacións ao longo da vida.
En canto á formación profesional, a súa principal finalidade no sistema educativo é a
de preparar o alumnado para a actividade nun campo profesional e facilitar a súa
adaptación ás modificacións laborais que poidan producirse ao longo da súa vida. Así pois,
estas ensinanzas teñen por obxecto obter que o alumnado adquira as capacidades que lle
permita, entre outros logros:
• Desenvolver as competencias xerais correspondentes á cualificación ou
cualificacións dos estudos realizados.
• Comprender a organización e características do sector produtivo correspondente,
así como os mecanismos de inserción profesional; coñecer a lexislación laboral e
os dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.
• Aprender por si mesmos e traballar en equipo, así como formarse na prevención de
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 34 / 46
conflitos e na resolución pacífica dos mesmos en todos os ámbitos da vida persoal,
familiar e social.
• Traballar en condicións de seguridade e saúde, así como previr os posibles riscos
derivados do traballo.
• Afianzar o espírito emprendedor para o desempeño das actividades e iniciativas
profesionais.
Para iso haberá que tomar unha serie de medidas para que o alumnado adquira estas
competencias. Por un lado, mediante a contribución que cada materia faga a través das
súas programacións didácticas, e por outro, tomando medidas non curriculares
relacionadas coa organización e funcionamento do centro, o plan de acción titorial, o plan
de convivencia, a planificación das actividades extraescolares e complementarias, a
relación coas familias, etc.
INCORPORACIÓN DA EDUCACIÓN EN VALORES A TRAVÉS DAS DISTINTAS ÁREAS E MATERIAS
Tal como se recolle neste proxecto educativo nos obxectivos xerais do centro, o
obxectivo fundamental é o exercicio da educación entendida como un proceso de
maduración humana, que estimule o interese polo estudo e o espírito de superación, e que
fomente a integración social e a realización individual, tanto intelectualmente como laboral
do alumnado. Polo tanto, debemos educar na responsabilidade e entender a dignidade
humana como un valor guía que permita elaborar un modelo de vida que facilite niveis de
felicidade persoal e o exercicio dunha cidadanía comprometida.
O noso alumnado debe ser capaz de ser responsable nas súas tarefas diarias e obter
unha autodisciplina, sabendo distinguir entre o deber e o pracer para, deste xeito, poder
integrarse con menos dificultade no mundo adulto. Tamén é básico que o alumnado
aprenda a ser consciente da importancia de ter coidado do corpo e das repercusións
negativas que ten para a vida diaria a despreocupación da propia saúde.
É importante tamén que o alumnado teña moi presente o concepto de civismo, a
importancia de cumprir as normas sociais, e que o apliquen no seu día a día, xa sexa na
relación con outras persoas ou no respecto que lle deben ter ao medio ambiente, de xeito
que participen na sociedade tratando de mellorala.
Outro aspecto a destacar é o do respecto, e polo tanto o noso alumnado debe
respectarse a si mesmo e aos demais, xa que deste xeito tamén será respectado. Debe ter
moi claro que as diferenzas entre persoas deben ser sempre respectadas, xa que ofrecen
múltiples ensinanzas e axudan á formación das persoas.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 35 / 46
Por último, debe destacarse a importancia de saber situarse no lugar das outras
persoas. Se o alumnado é capaz de conseguir entender as emocións dos demais e de
conseguir aprender a reprimir as súas propias reaccións negativas, será tamén capaz de
manter unha boa convivencia, a cal axudará a que a vida diaria sexa máis fácil.
Polo tanto, desde os diferentes departamentos didácticos e a través das materias
debemos transmitir unha serie de valores ao noso alumnado para que os apliquen na súa
vida diaria. Entre outros valores, poderían traballarse os seguintes:
1. Aprender a ser responsable. Explicar as responsabilidades que debe aprender a
adquirir o alumnado para poder formarse máis axeitadamente como persoas:
a. Responsabilidade cun mesmo.
b. Responsabilidade coas tarefas a desenvolver.
c. Responsabilidade no consumo.
d. Responsabilidade coa sociedade.
2. Aprender a ser respectuoso. Aportar información, reflexión e debate acerca dos
catro ámbitos nos que debemos aplicar o respecto se queremos conseguir unha
convivencia equilibrada:
a. Aprender a ser respectuoso cun mesmo.
b. Aprender a ser respectuoso cos demais.
c. Aprender a ser respectuoso co entorno.
d. Aprender a ser respectuoso coa diferenza.
3. Aprender a ser empático. Explicar a necesidade de ser capaces de entender aos
demais, de poñernos no seu lugar, para así , fortalecer as relacións humanas,
fomentar a comunicación entre as persoas e mellorar a sociedade. Poderían
tratarse os seguintes temas:
a. Sensibilidade cos demais.
b. Solidariedade e cooperación.
c. A amizade.
d. Civismo.
4. Aprender a autorregularse. Explicar a importancia do autocoñecemento. Se o
alumnado se coñece a si mesmo será capaz de controlar os seus impulsos
negativos e poderá afrontar as contrariedades cunha actitude máis positiva. Os
puntos a traballar serían:
a. Autocoñecemento.
b. Autocontrol das emocións.
c. Aceptación das normas.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 36 / 46
d. Alegría e optimismo
ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO QUE NON OPTE POLAS ENSINANZAS DE RELIXIÓN.
O alumnado da ESO que non opte por as ensinanzas de Relixión Católica nin de
Historia e Cultura das Relixións poderá realizar algunha das seguintes actividades:
a. Debates sobre temas de actualidade.
b. Actividades para o fomento da lectura.
c. Xogos lúdicos-educativos.
d. Proxección de películas.
CRITERIOS XERAIS SOBRE A AVALIACIÓN E PROMOCIÓN DO ALUMNADO
Educación secundaria obrigatoria (segundo o contemplado no artigo 28,29 30 e 31 da LOE modificado pola LOMCE)
As decisións sobre a promoción do alumnado dun curso a outro, dentro da etapa, serán
adoptadas de forma colexiada polo conxunto de profesores/as, atendendo ó logro dos
obxectivos e o grao de adquisición das competencias correspondentes.
Os alumnos e alumnas promocionarán de curso cando teñan superado todas as
materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo, e
repetirán curso cando teñan avaliación negativa en tres ou máis materias, ou en dúas
materias que sexan lingua castelá e literatura e matemáticas de xeito simultáneo
De xeito excepcional poderá autorizarse a promoción dun alumno ou alumna con
avaliación negativa en tres materias cando se dean conxuntamente as seguintes
condicións:
a. Que dúas das materias con avaliación negativa non sexan simultaneamente Lingua
castelá e literatura, e matemáticas,
b. que o equipo docente considere que a natureza das materias con avaliación
negativa non impide o alumno ou alumna seguir con éxito o curso seguinte, que ten
expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa
evolución académica.
c. e que se apliquen ó alumno ou alumna as medidas de atención educativa propostas
no consello orientador.
Poderá tamén autorizarse de xeito excepcional a promoción dun alumno ou alumna
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 37 / 46
con avaliación negativa en dúas materias que sexan Lingua Castelá e literatura e
Matemáticas de xeito simultáneo cando o equipo docente considere que pode seguir con
éxito o curso seguinte que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción
beneficiará a súa evolución académica e sempre que se apliquen ó alumno ou alumna as
medidas de atención educativa propostas no consello orientador.
Aos efectos deste apartado, solo se computarán as materias que como mínimo o
alumnado debe cursar en cada un dos bloques. Ademais, no caso dos alumnos e alumnas
que cursen Lingua galega e Literatura, solo se computará unha materia no bloque de
materias de libre configuración autonómica, con independencia de que cursen máis
materias de dito bloque. As materias coa mesma denominación en distintos cursos da ESO
consideraranse como materias distintas.
Titulación Ó finalizar o 4º curso, os alumnos e alumnas realizarán unha avaliación individualizada
pola opción de ensinanzas académicas ou pola de ensinanzas aplicadas, na que se
comprobará o logro dos obxectivos da etapa e o grao de adquisición das competencias
correspondentes.
Para obter o título de Graduado en ESO será necesario a superación da avaliación
final, así como unha cualificación final de dita etapa igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
A cualificación final da ESO deducirase da seguinte ponderación:
• Cun peso do 70% a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das
materias cursadas na ESO.
• Cun peso do 30% a nota obtida na avaliación final da ESO.
Bacharelato (segundo o contemplado no artigo 36,36bis e 37da LOE modificado pola LOMCE)
As alumnas e os alumnos conseguirán a promoción ao segundo curso de Bacharelato
cando superaren todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas
materias como máximo. O alumnado que conseguise a promoción ao segundo curso con
materias avaliadas negativamente en primeiro de Bacharelato deberá cursalas ao longo do
curso. Os departamentos didácticos organizarán as actividades de seguimento,
recuperación e avaliación das materias pendentes, tendo en conta que a avaliación destas
materias terá que ser anterior á das materias de segundo curso.
O alumnado con tres ou catro materias avaliadas negativamente no primeiro curso de
bacharelato manterá a cualificación obtida anteriormente na mesma materia cando a nova
cualificación sexa inferior. Este alumnado debe realizar as mesmas tarefas e atender ás
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 38 / 46
clases do mesmo xeito que o alumnado novo na materia. A cualificación de materias xa
superadas outorgarase na avaliación final ordinaria. No caso de que algunha das materias
xa superadas deixase de ser impartida no centro, o alumnado poderá manter a cualificación
obtida sen necesidade de matricularse nunha nova materia.
O alumnado que suspenda en 1º de bacharelato máis de catro materias, cursará de
novo o curso completo e será cualificado en todas as materias.
O alumnado que, ao finalizar o segundo curso, teña avaliación negativa nalgunha
materia poderá:
a. Matricularse soamente das materias con avaliación negativa.
b. Matricularse de todas as materias de segundo, logo de solicitude á dirección do
centro, coa finalidade de mellorar as súas cualificacións. A este alumnado
consideraráselle, nas materias que xa teña superadas, a cualificación obtida na
nova convocatoria, sempre que esta cualificación sexa superior á anterior.
Avaliación final de Bacharelato
Os alumnos e alumnas realizarán unha avaliación individualizada ó finalizar o
bacharelato, na que se comprobará o logro dos obxectivos desta etapa e o grao de
adquisición das competencias correspondentes en relación coas seguintes materias:
a. Tódalas materias xenerais cursadas no bloque de materias troncais. No suposto de
materias que impliquen continuidade, terase en conta solo a materia cursada en
segundo curso.
b. Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais en calquera dos
cursos. As materias que impliquen continuidade entre os cursos primeiro e segundo
solo se computarán como unha materia. Neste suposto terase en conta solo a
materia cursada en segundo curso.
c. Unha materia do bloque de materias específicas cursada en calquera dos cursos,
que non sexa Educación Física nin Relixión.
A superación desta avaliación requirirá unha cualificación igual ou superior a 5 puntos
sobre 10.
Titulación Para obter o título de bacharel será necesario a superación da avaliación final de
bacharelato, así como unha cualificación final de bacharelato igual ou superior a 5 puntos
sobre 10.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 39 / 46
Formación Profesional (segundo a Orde de 11 de xullo de 2011) Avaliacións parciais e finais no réxime ordinario
Artigo 29. Avaliacións parciais de módulos do primeiro curso.
2. Entre a terceira avaliación parcial e a avaliación final de módulos do primeiro
curso deixarase un período non superior a tres semanas que, entre outras
actividades, se destinará á realización de actividades de recuperación dos
módulos pendentes.
3. Para o alumnado que teña módulos pendentes logo de realizada a terceira
avaliación parcial, o equipo docente realizará un informe de avaliación
individualizado que debe servir de base para o deseño das correspondentes
actividades de recuperación. A cualificación definitiva destes módulos farase
efectiva na avaliación final de módulos de primeiro curso. Non obstante, nos
módulos superados a cualificación final coincidirá coa obtida na terceira avaliación
parcial.
Artigo 30. Avaliación final de módulos do primeiro curso.
1. A sesión de avaliación final de módulos do primeiro curso corresponderase
sempre co remate do período formativo dos módulos no centro educativo.
2. Na sesión de avaliación final de módulos de primeiro curso, o equipo docente
tomará as decisións sobre promoción do alumnado ao seguinte curso, segundo
se establece no artigo 4.2 desta orde.2: “O alumnado poderá formalizar a
matrícula no segundo curso cando teña superados todos os módulos do primeiro
curso ou se a suma da duración do módulo ou dos módulos pendentes non supera
as 300 horas”. No suposto de que se pase de curso con módulos pendentes, o
alumnado deberá ser informado das actividades programadas para a súa
recuperación, así como do período da súa realización, temporalización e data en
que serán avaliados, que coincidirá coa sesión de avaliación parcial prevista no
artigo 31.3 desta orde. Nestes módulos pendentes de primeiro curso non será de
aplicación a perda do dereito á avaliación continua a que se refire o artigo 25.3
desta orde.
O informe de avaliación individualizado a que se refire o artigo 39 desta orde
conterá a información suficiente sobre os resultados de aprendizaxe non
alcanzados polos alumnos e as alumnas, para que se teña en conta na súa
posterior aprendizaxe.
3. A acta de avaliación final de módulos de primeiro axustarase ao modelo do
anexo I desta orde.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 40 / 46
4. No caso de ciclos formativos cunha duración inferior a 2.000 horas, a avaliación
final de módulos de primeiro curso condicionará o acceso á FCT.
Artigo 31. Avaliacións parciais de módulos do segundo curso.
1. As sesións de avaliación parcial de módulos do segundo curso só se realizarán
para os ciclos formativos de 2.000 horas de duración.
2. A acta de avaliación parcial de módulos de segundo curso, previa á realización
da FCT no período ordinario, axustarase ao modelo do anexo VIII desta orde. En
caso de existir avaliacións parciais anteriores no segundo curso, axustaranse ao
modelo do anexo VII.
3. Na sesión de avaliación parcial previa á realización da FCT en período
ordinario, o equipo docente tomará as decisións de acceso do alumnado a esta,
conforme os seguintes criterios:
a) Superación de todos os módulos de segundo curso.
b) De ser o caso, superación dos módulos de primeiro curso pendentes.
En calquera caso, a cualificación final dos módulos de segundo curso e módulos
pendentes de primeiro farase efectiva na sesión de avaliación final de módulos do
segundo curso. Non obstante, nos módulos superados a cualificación final
coincidirá coa obtida na avaliación parcial previa á realización da FCT.
4. O alumnado de segundo curso que non poida acceder á FCT no período
ordinario por ter módulos pendentes de primeiro e/ou segundo curso, poderá
recuperalos neste mesmo período. Para este fin, o equipo docente asignaralle
unha serie de actividades de recuperación para os módulos non superados, con
indicación expresa da data final en que serán avaliados.
O informe de avaliación individualizado a que se refire o artigo 39 desta orde
conterá a información suficiente sobre os resultados de aprendizaxe non
alcanzados polos alumnos e as alumnas, para que se teña en conta na súa
posterior aprendizaxe.
Artigo 32. Avaliación final de módulos do segundo curso.
1. A sesión de avaliación final de módulos do segundo curso realizarase logo de
rematado o período ordinario de realización da FCT e o módulo de proxecto, no
caso de ciclos formativos de grao superior. Para estes efectos, entenderase que
o módulo de FCT é un módulo de segundo curso, de acordo co establecido nos
currículos correspondentes a cada ciclo formativo.
2. Na sesión de avaliación final de módulos de segundo curso, o equipo docente:
a) Realizará a proposta de título para o alumnado que obtivese cualificación
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 41 / 46
positiva nos módulos de FCT e no módulo de proxecto, no caso de ciclos
formativos de grao superior.
b) Proporalle a realización da FCT ao alumnado que recuperase os módulos
pendentes de primeiro e segundo curso durante o período ordinario de realización
da FCT. Este alumnado deberá formalizar unha nova matrícula para cursar o
módulo de FCT e o módulo de proxecto no caso de ciclos formativos de grao
superior.
3. A acta de avaliación final de módulos de segundo axustarase ao modelo do
anexo II desta orde.
Artigo 33. Avaliación final extraordinaria de módulos do segundo curso.
1. O alumnado que, logo da avaliación final de módulos do segundo curso teña
pendente exclusivamente a FCT e/ou o módulo de proxecto, poderá realizalos en
calquera dos períodos establecidos na súa normativa reguladora. Ao remate de
cada un destes períodos realizarase unha avaliación final extraordinaria de
módulos de segundo curso, en que se avaliará unicamente o módulo de FCT e o
módulo de proxecto, no caso de ciclos formativos de grao superior, e realizarase,
de ser o caso, a proposta de título correspondente.
2. A acta de avaliación final extraordinaria de módulos de segundo axustarase ao
modelo do anexo III desta orde.
Sección 3.ª Avaliacións parciais e finais no réxime para as persoas adultas
Artigo 34. Avaliacións parciais de módulos.
1. A acta de avaliación parcial de módulos axustarase ao modelo do anexo IX
desta orde.
2. Entre a terceira avaliación parcial e a avaliación final de módulos deixarase un
período non superior a tres semanas que, entre outras actividades, se destinará
á realización de actividades de recuperación dos módulos pendentes.
3. Para o alumnado que teña módulos pendentes logo de realizada a terceira
avaliación parcial, o equipo docente realizará un informe de avaliación
individualizado que servirá de base para o deseño das correspondentes
actividades de recuperación. A cualificación definitiva destes módulos farase
efectiva na avaliación final de módulos. Non obstante, nos módulos superados a
cualificación final coincidirá coa obtida na terceira avaliación parcial.
Artigo 35. Avaliación final de módulos.
1. A sesión de avaliación final de módulos corresponderase sempre co remate do
período formativo dos módulos no centro educativo.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 42 / 46
2. Na sesión de avaliación final de módulos, o equipo docente proporalle a
realización da FCT ao alumnado que superase todos os módulos profesionais de
formación no centro educativo do ciclo formativo, agás o módulo de proxecto no
caso de ciclos formativos de grao superior. Este alumnado deberá formalizar unha
nova matrícula para cursar o módulo de FCT e o módulo de proxecto, no caso de
ciclos formativos de grao superior.
3. A acta de avaliación final de módulos axustarase ao modelo do anexo IV desta
orde.
4. Na sesión de avaliación final de módulos, o equipo docente avaliará, para o
alumnado que teña módulos suspensos, de ser o caso, as unidades formativas
de menor duración nas cales se organizan os módulos segundo se establece no
currículo correspondente. Neste caso, a acta de avaliación final de unidades
formativas axustarase ao modelo do anexo V desta orde.
Artigo 36. Avaliación final extraordinaria de módulos.
1. O alumnado que, logo da avaliación final de módulos, teña pendente
exclusivamente a FCT e/ou o módulo de proxecto poderá realizalos en calquera
dos períodos establecidos na súa normativa reguladora. Ao remate de cada un
destes períodos realizarase unha avaliación final extraordinaria de módulos, en
que se avaliará unicamente o módulo de FCT e o módulo de proxecto, no caso
de ciclos formativos de grao superior, e realizarase, de ser o caso, a proposta de
título correspondente.
2. A acta de avaliación final extraordinaria de módulos axustarase ao modelo do
anexo VI desta orde.
Artigo 37. Avaliación das probas libres de módulos.
1. As probas libres de técnico e técnico superior realizaranse de xeito diferenciado
por módulos profesionais e tomarán como referencia os resultados de
aprendizaxe e os criterios de avaliación dos currículos dos ciclos formativos
vixentes, e avaliaranse de acordo co disposto no punto 1 do artigo 26 desta orde.
2. O modelo de acta axustarase ao modelo do anexo IV desta orde, coa indicación
expresa de «Proba libre».
XIV. LIÑAS XERAIS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Tal e como se recolle no artigo 13º do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se
regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 43 / 46
Galicia (DOG Nº 136, 13-xullo-2007) e o punto 8 da Orde do 6 de setembro de 2007 pola
que se desenvolve a implantación da educación secundaria obrigatoria na Comunidade
Autónoma de Galicia (DOG Nº 177, 12-setembro-2007), “as medidas de atención á
diversidade nesta etapa estarán orientadas a responder ás necesidades educativas
concretas do alumnado e á consecución das competencias básicas e dos obxectivos da
etapa”.
PROGRAMAS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR Os Programas de Diversificación Curricular constitúen una forma directa de atención á
diversidade do alumnado. A súa finalidade é que os alumnos e as alumnas acaden os
obxectivos xerais da ESO mediante una metodoloxía e uns contidos adaptados ás súas
características e necesidades.
Pódense cursar dúas modalidades, organizadas en un ano ou dous. Toda a
organización destes programas vén marcada pola Orde do 30 de xullo de 2007 pola que
se regulan os programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria
(DOG Nº 161, 21-agosto-2007).
Estes programas están dirixidos ao alumnado que se encontre nas seguintes
circunstancias:
• Ter dificultades xeneralizadas de aprendizaxe, ter sido obxecto doutras medidas de
atención á diversidade, sen que estas resultasen suficientes para a recuperación
das dificultades de aprendizaxe detectadas e atoparse nunha situación de risco
evidente de non alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa
cursando o currículo ordinario.
• Existir expectativas razoables de que coa incorporación ao programa poderán
alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa e, en consecuencia,
obter o título de graduado en educación secundaria.
• Poderá incorporarse a estes programas o alumnado que se atope nalgunha das
seguintes situacións:
• Ter cursado o segundo curso da ESO, non estar en condicións de promocionar
ao curso seguinte e que repetisen xa unha vez na etapa.
• Tras cursar o terceiro curso, non estar en condicións de promocionar.
• Tras repetir o terceiro curso, non superalo.
• Ter cursado o cuarto curso da ESO sen superalo e ter repetido xa unha vez na
etapa.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 44 / 46
En canto a selección do alumnado para cursar estes programas débese ter en conta
os seguintes criterios:
1. O alumnado seleccionado debe mostrar interese por aprender.
2. Non debería ser seleccionado alumnado que mostrara mal comportamento ou se
lle aplicaran medidas disciplinarias no curso en que é obxecto de selección.
3. Non se debe perder de vista que estes programas son un camiño máis doado para
obter o título de educación secundaria, dirixidos fundamentalmente ao alumnado
con dificultades de aprendizaxe, pero que mostran interese por acadar o título e
que cada día traballa con tesón para poder acadar bos resultados.
EXENCIÓN DA SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA EN PRIMEIRO E SEGUNDO CURSOS DE ESO
A Orde do 6 de setembro de 2007 pola que se desenvolve a implantación da educación
secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, recolle no punto 5-f, referente
ás materias e ao horario lectivo semanal, o seguinte:
“O alumnado dos cursos primeiro e segundo que presente claras dificultades
continuadas no proceso de aprendizaxe, en particular na área de lingua, poderá quedar
exento de cursar a materia común de segunda lingua estranxeira. Neste caso recibirá
reforzo educativo naqueles aspectos en que se detectasen as dificultades logo do informe
pertinente da persoa titora da etapa ou curso anterior coa colaboración do Departamento
de Orientación, no cal se fará explícito o motivo da medida adoptada. No seu expediente
académico figurará coa mención de exento/a. A competencia da decisión recaerá na
dirección do centro, oídas as nais, os pais ou os titores/as legais do alumnado afectado
pola medida”.
Esta medida será adoptada despois das avaliacións iniciais en 1º e 2º de ESO, á
proposta do profesorado do grupo onde se encontre este tipo de alumnado, e dito
alumnado recibirá un programa de reforzo nalgunha das materias instrumentais (Lingua
Galega, Lingua Castelá ou Matemáticas).
AGRUPAMENTOS ESPECÍFICOS TEMPORAIS O destinatario desta medida será aquel alumnado que presente dificultades
xeneralizadas de aprendizaxe naquelas áreas curriculares que por ter carácter instrumental
para seguir a aprender, como é o caso das Linguas e das Matemáticas, reclaman unha
atención máis individualizada.
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 45 / 46
Para asegurar o bo funcionamento dos Grupos Específicos Temporais e garantir que
cumpren a función para o que son creados, establecemos as seguintes condicións de
funcionamento:
1. Os departamentos das áreas implicadas establecerán unha programación baseada
nos contidos mínimos de nivel, que permitan continuar estudos no nivel seguinte
con probabilidade de éxito. Na programación destes contidos terase en conta:
a. O repaso ou adquisición de contidos da etapa de primaria (sobre todo os do 3º
ciclo de primaria), necesarios para continuar con éxito os estudos de
secundaria.
b. Priorización do saber facer (procedementos) para adquirir habilidades propias
das materias instrumentais.
c. Recursos que fomenten a motivación e a autoestima do alumnado para garantir
o éxito das aprendizaxes.
d. Que se avalíe o dominio sobre os contidos traballados, tendo en conta que en
parte poden pertencer ao currículo da etapa anterior.
e. Utilización de medios, instrumentos e formas de avaliación variados, que
permitan valorar os diferentes tipos de contidos e adaptarse ás características
persoais de cada alumno e cada alumna.
2. Coordinación entre o profesorado do grupo específico temporal. Ademais, dito
profesorado deberá coordinarse co profesorado da materia no grupo de referencia.
3. A decisión de que un/unha alumno/a poida incorporarse a un grupo específico
temporal será tomada de común acordo na xunta de avaliación.
4. A decisión de incluír alumnado nun grupo específico temporal é reversible. Para
remarcar o carácter transitorio destes grupos, en cada sesión de avaliación (1ª e 2ª
avaliación) o equipo docente, o/a titor/a e a persoa orientadora do centro decidirán
que alumnos/as poden integrarse no grupo específico e cales retornan ao grupo de
referencia. Poderanse celebrar reunións extraordinarias de avaliación para tomar
decisións de incorporación ou envío ao grupo de referencia de alumnos/as.
5. Para a constitución destes grupos terase en conta o comportamento que poida ter
o alumnado disruptivo e conflitivo.
REFORZO EDUCATIVO O reforzo educativo é unha medida ordinaria de atención á diversidade que afecta aos
elementos non prescritivos do currículo, é dicir, á secuencia de contidos, ás formas e
PEC IES Politécnico de Vigo Aprobado en CE o 14/09/2016 Páxina 46 / 46
instrumentos de avaliación, á organización da aula, aos agrupamentos do alumnado e a
todo aquilo incluído dentro do ámbito da metodoloxía.
As medidas de reforzo educativo non suporán necesariamente medidas extraordinarias
nin necesitarán de autorización para ser levadas a cabo.
O seu desenvolvemento levarase a cabo no contexto escolar ordinario polo profesor ou
profesora que imparte a materia, coa colaboración, se for o caso, doutros profesionais, que
nunca substituirán a actuación habitual do profesorado.
Está dirixido a:
• Alumnado de ritmo lento, que con este reforzo educativo poida seguir o ritmo normal
da clase.
• Alumnado que presenta dificultades nas áreas instrumentais básicas (lingua
galega, lingua castelá e matemáticas).
• Alumnos/as que coa modificación dos elementos non prescritivos do currículo
poidan seguir o ritmo normal da clase.
XV. DISPOSICIÓN DERRADEIRA Este Proxecto Educativo de Centro revisarase cando o solicitar, polo menos un terzo
dos membros do Consello Escolar, cando houber un cambio na normativa na que está
baseado, e, en todo caso, cada catro anos.
Vigo a 14 de setembro de 2016