Proxecto Calidade do Ceo
-
Upload
iemminhor-minhoranos -
Category
Documents
-
view
230 -
download
5
description
Transcript of Proxecto Calidade do Ceo
0 PROXECTO
CALIDADE DO CEO
Un colectivo de persoas de diferentes ámbitos académicos, preocupadas pola problemática da Contaminación Lumínica.
O Colectivo nace dun programa impulsado pola Oficina de Desenvolvemento Sostible (Universidade de Santiago de
Compostela); chamado USC en Transición. Este programa consiste na creación de micro comunidades, neste caso dentro da
universidade, nas que se traballen problemáticas vinculadas á pegada ecolóxica.
Estamos presentes na rede:
gmail: [email protected]
facebook e twitter: calidade do ceo
wordpress: calidadedoceo.wordpress.com
¿QUÉ É CALIDADE DO CEO?
• Promover medidas de protección do Ceo Estrelado a partir da proposta de diferentes iniciativas ante os axentes sociais e políticos competentes.
•Crear unha conciencia real sobre a problemática, tanto no mundo dos adultos coma no mundo dos nenos, mediante un programa de actividades.
• Publicar os resultados das investigacións por diferentes medios, sobretodo na rede.
•Investigación multidisciplinar sobre a C.L. (causas, consecuencias, evolución, lexislación, métodos para reducila.
Investigar Divulgar
Protexer Concienciar
OBXECTIVOS
ROTEIRO E MAPA EMOCIONAL DA C.L
• Concienciar a poboación, medir a C.L e estudiar as emocións que experimenta a xente dependendo da intensidade do alumeado.
• Roteiro pola cidade observando os puntos conflictivos no alumeado público e nos que o ceo non se pode obsevar.
CERTAME ARTÍSTICO "APAGA UNHA LUZ, ACENDE UNHA ESTRELA".
• Impicar e incentivar a investigación sobre a C.L
• Concurso artístico no que a temática é "A Contaminación Lumínica e o aforro enerxético".
ACTIVIDADES NAS ESCOLAS "PONTE AO DÍA SOBRE A C.L."
• Dar a coñecer aos rapaces a problemática da C.L, darlles ferramentas para identificar os elementos causantes da mesma e as claves xerais para evitala e para aforrar enerxía.
• Actividade dinámica que inclúe unha primeira parte de traballo na aula e unha segunda parte de traballo de campo no que se fai unha observación nocturna do ceo.
AS NOSAS ACTIVIDADES
Crear unha rede de persoas preocupadas pola Contaminación Lumínica
Incentivar a preocupación sobre a problemática entre os axentes políticos e sociais
Fomentar actividades relacionadas co turismo astronómico para conservar o ceo estrelado.
PERSPECTIVAS