PROPOSTA DE ACTIVIDADES · 2020. 10. 3. · PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS...
Transcript of PROPOSTA DE ACTIVIDADES · 2020. 10. 3. · PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS...
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]
PROPOSTA DE ACTIVIDADES
LÓXICO-MATEMÁTICA
“TAPÓNS POR TODAS PARTES... AXÚDASNOS A POÑER UN POUCO
DE ORDE?”
MATERIAIS:
o Tapóns
o Cartóns
o Tesoiras
PROCEDEMENTO:
Imos crear formas xeométricas con cartóns. Despois cada un pode decorar ao seu gusto: colorear, puntear co
rotulador, pintar con témperas... o que se vos ocorra!
Que vos parece se xa que temos as formas xeométricas aproveitamos para xogar e á vez traballar algún
concepto? Algún exemplo podería ser...
▪ Dentro-fóra: colocamos os tapóns de cor gris dentro do
círculo e os verdes fóra.
▪ Poucos-moitos: resulta que no cadrado queremos ter moitos
tapóns e no triángulo poucos... Serás quen de conseguilo?
▪ Grande-pequeno: temos que colocar na forma pequena un
tapón amarelo.
Sabes cal é a forma máis pequena? Como se chama? Ves pola casa algo que teña esa forma?
Agora na forma grande imos colocar moitos tapóns de cor branco. Cantos!! Fixéchelo súper ben!
▪ Encima de-debaixo de: concéntrate ben porque vas ter que poñer un tapón de cor verde encima do
círculo e un branco debaixo.
TALLER
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]
▪ Cheo-baleiro: queremos ver o cadrado cheo de tapóns e o triángulo baleiro. Conseguiralo ti só/soa?
▪ Todos-ningún: todos os tapóns verdes teñen que estar no triángulo e no círculo non pode haber
ningún...
▪ Lonxe-cerca: conseguiremos colocar un tapón de cor branco cerca do cadrado e un amarelo lonxe?
▪ Máis que-menos que: isto é un pouco difícil... queremos ver no círculo máis tapóns que no cadrado.
Moi ben!! Agora sí que está todo un pouco máis ordenado! Grazas pola axuda!
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]
“BARCO PIRATA”
INGREDIENTES:
- 1 SOBRE DE XELATINA NEUTRA.
- COLORANTE ALIMENTARIO AZUL.
- 250 ML DE AUGA.
- 250 ML DE ZUME DE MAZÁ.
- ANACOS DE LARANXA.
- BANDEIRAS PIRATA.
- ESCARVADENTES.
- VASOS TRANSPARENTES PEQUENOS.
ELABORACIÓN:
1. BOTAMOS O SOBRE DE XELATINA NEUTRO NOS 250 ML DE AUGA FERVENDO E
REMEXEMOS POUCO A POUCO ATA QUE VAIA QUEDANDO HOMOXÉNEA.
2. ENGADIMOS UNHAS GOTIÑAS DE COLORANTE ALIMENTARIO AZUL E SEGUIMOS
REMEXENDO.
3. REMATAMOS BOTANDO 250 ML DE ZUME DE MAZÁ (SERVE CALQUERA ZUME QUE
TEÑA UNHA COR CLARA) E SEGUIMOS REMEXENDO.
4. UNHA VEZ LISTO, SERVIMOS NOS VASOS TRANSPARENTES E DEIXAMOS ENFRIAR.
5. ELABORAMOS UNHA BANDEIRA PIRATA, DEBUXANDO, COLOREANDO E RECORTANDO.
6. PEGÁMOSLLE UN ESCARVADENTES COMO NA IMAXE.
7. CORTAMOS UNHA LARANXA EN ANACOS.
8. MONTAMOS O BARCO E A DESFRUTAR PIRATA!!
COCIÑA
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]
EXPERIMENTO: “Como facer unha torre de densidade”
OBXECTIVO: que os nenos/as observen as distintas densidades dos líquidos e experimenten con
elas.
Para construír esta torre necesitarás un bo pulso e a axuda de un adulto. Debes facelo con moito
coidado para que as capas queden ben separadas. Despois de engadir cada líquido limpa ben a
perilla ou culler antes de facer a seguinte capa.
MATERIAIS: • Auga con colorante alimentario
• Leite
• Mel líquida
• Aceite Vexetal
• Deterxente Líquido
• Un vaso alto e recto
• Pelota ping-pong
• Tomate cherry
• Tornillo
CIENCIA
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]
• Perilla ou palliña ancha para usar a modo de perilla. Tamén se poden verter os líquidos
pouco a pouco usando o reverso dunha culler.
PROCEDEMENTO: 3
Vamos construir!!
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]
VAMOS CONSTRUIR!!!
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]
ARTE ARTE
ESTA SEMANA ÍMONOS CONVERTIR EN “ESCULTORES” DA MAN DO ARTISTA JOAN MIRÓ.
ESTE ARTISTA NACEU EN BARCELONA. CANDO COMEZOU A IR Á ESCOLA DESCUBRIU QUE
LLE GUSTABA MOITO PINTAR. OS SEUS PAPÁS APUNTÁRONO A CLASES DE DEBUXO.
CANDO SE FIXO MAIOR DECIDIU ADICARSE Á PINTURA E APUNTOUSE NA ESCOLA DE ARTE.
VIAXOU A PARÍS, ONDE COÑECEU A PABLO PICASSO E FIXÉRONSE MOI, MOI AMIGOS E
CONVERTEUSE NUN PINTOR SURREALISTA.
DESDE ENTONCES, ADICOUSE Á PINTURA, ESCULTURA E CERÁMICA. PARA REALIZAR AS
SÚAS OBRAS, UTILIZABA O PINCEL, OS DEDOS E AS MANS.
AS SÚAS CORES FAVORITAS ERAN…
ESTAS SON ALGUNHAS DAS SÚAS ESCULTURAS.
CAL VOS GUSTA MAIS?
A ACTIVIDADE DESTA SEMANA CONSISTE EN
ESCOLLER A ESCULTURA QUE MAIS
VOS GUSTE E REPRODUCILA.
PODEDES UTILIZAR MATERIAL DE
REFUGALLO QUE TEÑADES POR CASA,
PLASTILINA, ARCILLA, FIMO, PASTA DE PAPEL,
PASTA DE SAL…..O QUE PREFIRADES.
DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN!!!!!!
LA MUJER Y EL PÁJARO
LA CARICIA DE UN
PÁJARO
MUCHACHA
EVADIÉNDOSE MUJER Y PÁJARO
PERSONAJE SU MAJESTAD
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]
COMO PREPARARNOS ANTES DE CADA SESIÓN
1. Necesitamos roupa cómoda que nos permita movernos correctamente (chándal, mallas,
pantalón curto, camiseta, …).
2. Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten
que ser cómodo e espazoso.
3. Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos.
4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre coa supervisión dun
adulto.
5. Colocamos unha esterilla ou alfombra, senón temos non pasa nada, facémolo sen ela.
6. Temos que utilizar calcetíns ou calzado que eviten escorregar no chan.
7. Antes de comezar o exercicio, temos que quentar as articulacións para non lesionarnos,
polo que movemos lentamente e de forma circular os nocellos, xeonllos, cóbados, bonecas,
brazos, cadeira e pescozo durante uns minutos.
O EXERCICIO DA SEMANA
8. Antes de realizar o exercicio, hai que adiviñalo: “O sol”.
Saio pola mañá,
Agóchome na noite.
Redondo, con luz e
calor,
Encho o día de
alegría.
Quen son?.
9. Podemos ver como se fai neste vídeo tan ilustrativo:
https://www.youtube.com/watch?v=iKfYvENTi40
10. Procedemos a facer a postura do “Saúdo ao sol”. Esta postura é algo máis complexa que
as anteriores, porque é a secuencia dinámica de 12 posturas, realizadas como un só
exercicio continuo no que se sincroniza o movemento coa respiración. Estas posturas
mencionadas son as traballadas nas sesións anteriores (Montaña, Can boca abaixo e
Cobra) e están unidas entre si. O principal beneficio do “Saúdo ao sol” é que axuda a
mellorar a coordinación, relaxarse e centrar a mente. Ademais, é especialmente
saudable para manter flexible a columna vertebral e as costas, así como para
estimular os diferentes órganos internos.
11. Utilizaremos esta postura para dar comezo a tódalas nosas sesións de Ioga, xa que nos vai
permitir cargar o corpo de enerxía. Repetirémola cantas veces queiramos, pero sempre
descansando en intervalos de 30 segundos mentres escoitamos a música relaxante.
IOGA
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]
DÍA DA FAMILIA: 15 DE MAIO
DIA DA RECICLAXE: 17 DE MAIO
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: DO 11 AO 15 DE MAIO
Esta semana, contamos con tres conmemoracións importantes: o día da familia, o día da reciclaxe e por
suposto, a Semana das Letras Galegas. Debido a iso, formulamos por unha banda as propostas para traballar
conxuntamente o día da familia e o día da reciclaxe, e por outra banda, a Semana das Letras Galegas.
DÍA DA FAMILIA E DÍA DA RECICLAXE
O Día da Familia (15 de maio de 2020) e o Día da Reciclaxe (17 de maio de 2020) son dúas actividades
conmemorativas que podemos celebrar conxuntamente, e rememorar deste xeito un pouco, o proxecto anual
de centro que versa sobre isto.
Para abordar ámbalas dúas temáticas, preséntanse dúas posibles actividades que podedes levar a cabo cos
cativos e cativas, pero previo a abordar ambas, cómpre que dialoguedes un pouco cos nenos acerca das
seguintes temáticas:
PREGUNTAS PARA INTRODUCIR AS TEMÁTICAS
FAMILIA RECICLAXE
• Que é a familia?
• Que persoas forman a túa familia?
• Son importantes para ti esas persoas? Por
que?
• Como son esas persoas?
• Como te sentes cando estás coa túa familia?
• É importante reciclar? Por que?
• Como podemos reciclar?
• Que cousas das que temos na casa nos serven
para crear outras novas?
• Para a natureza, é importante que todos
reciclemos? Por que?
Unha vez introducimos as dúas temáticas, podemos pasar a desenvolver calquera das dúas propostas que se
amosan a continuación:
CONMEMORACIÓN
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]
PROPOSTA 1
ADORNO DECORATIVO PARA A ENTRADA DA CASA
Esta actividade consiste en confeccionar un adorno
para a casa, que pode ser colocado na entrada, e onde
apareza reflexada a vosa familia.
Na súa elaboración, debedes empregar materiais
reciclados: cartóns, anacos de cartolina, cordas,
plastelina, témperas, pinturas, etc. Todo o que se vos
ocorra!
Animámosvos a que nos enviedes o resultado final!
PROPOSTA 2
ÁRBORE XENEALÓXICA
Esta é unha actividade que consiste en confeccionar
unha árbore xenealóxica, é dicir, unha árbore na que
se recolla unha representación dos ascendentes e dos
descendentes da vosa familia: avós e avoas, nai e pai,
fillos e fillas, tíos e tías, curmáns, etc.
De igual xeito que a proposta anterior, o importante
é que empreguedes materiais reciclados e que
teñades pola casa. Logo, podedes poñer as
fotografías dos vosos familias, poñer o seu nome, ou
mesmo deixar que sexan os propios nenos e nenas os
que os debuxen. Tamén vos animamos a que nos
enviedes o resultado!
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
DO 11 AO 15 DE MAIO
Se hai algo que caracteriza a Galicia, é a súa Semana das Letras Galegas, que este ano está dedicada a Ricardo
Carvalho Calero.
IMOS A CONTARVOS UN POUQUIÑO DA SÚA VIDA...
Ricardo Carvalho Calero foi un gran escritor galego. Naceu na
cidade coruñesa de Ferrol e era o maior de seis irmáns. Seus pais
eran M.ª Dolores e Gabriel Ricardo.
De pequeno estudou en dúas escolas da súa cidade e de maior
marchou a estudar a Santiago de Compostela. Durante esta etapa da
súa vida Ricardo comeza a escribir, sobre todo poesía e teatro.
Defendeu o idioma galego, escribiu moitos libros no noso idioma e
traballou en moitas revistas galegas. Nunha época da súa vida,
traballou como mestre nun colexio de Lugo.
En outubro de 1933 casa con María Ignacia Ramos, antiga
compañeira de estudos da universidade. Na súa honra Ricardo
pasará a usar o pseudónimo de «Fernando Cadaval», en referencia
ao lugar de nacemento da
súa muller, O Cádavo, no concello lugués de Baleira.
Este ano 2020 a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras,
polo seu traballo en defensa do idioma galego e da nosa cultura.
Un dos seus libros máis famosos para os nenos e nenas é As pitas
baixo a choiva. Neste libro Ric ardo conta unha cousa que lle pasou
de pequeno cando quería recoller as galiñas que se mollaban coa
choiva e acabaron todos mollados como pitos: as galiñas, el e toda a
súa familia.
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]
ACTIVIDADE 1. Intentade responder ao rosco de “Pasapalabra” con preguntas sobre a vida de
Ricardo Carvalho Calero. A continuación da actividade tedes as respostas.
• Comeza coa letra A: Título do libro escrito para nenos/as.
• Comeza coa letra B. Onde estaban as pitas?
• Comeza coa letra C: segundo apelido de Ricardo.
• Comeza coa letra D: En cantas escolas estudou de pequeno?
• Comeza coa letra E: cal era a súa profesión?
• Comeza coa letra F: Onde naceu este escritor?
• Comeza coa letra G: Que idioma defendía Calero?
• Contén a H: Primeiro apelido de Ricardo.
• Comeza pola I: Ricardo Carvalho Calero ten outros 5....
• Comeza pola L: Cidade na que traballou de profesor:
• Comeza pola M: Ricardo ademais de escritor era...
• Contén a N: Cidade a que foi estudar de maior.
• Contén a O: as gotiñas que caen do ceo cando está nubrado, é o que coñecemos como...
• Comeza pola letra P: que animal aparece no libro de Calero?
• Comeza pola R. Cal é o nome do escritor que estamos a traballar?
• Comeza pola S: cantos irmáns eran en total xunto con Ricardo?
• Comeza pola T: Cando Ricardo comezou os seus estudos en Santiago de Compostela, tamén comezou a escribir
poesía e...
• Contén a letra U: provincia á que pertence Ferrol.
• Contén a letra V: lugar onde naceu a muller de Ricardo.
• Contén a letra X: lugar ao que imos aprender cousas novas, reunirnos co mestre, cos compañeiros/as.
• Contén a letra Z: pasar a realizar algo que se expresa.
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]
RESPOSTAS:
• Comeza coa letra A: Título do libro escrito para nenos/as. As pitas baixo a choiva
• Comeza coa letra B. Onde estaban as pitas? Baixo a choiva
• Comeza coa letra C: segundo apelido de Ricardo. Calero
• Comeza coa letra D: En cantas escolas estudou de pequeno? Dúas
• Comeza coa letra E: cal era a súa profesión? Escritor
• Comeza coa letra F: Onde naceu este escritor? Ferrol
• Comeza coa letra G: Que idioma defendía Calero? Galego
• Contén a H: Primeiro apelido de Ricardo. Carvalho
• Comeza pola I: Ricardo Carvalho Calero ten outros 5.... Irmáns
• Comeza pola L: Cidade na que traballou de profesor: Lugo
• Comeza pola M: Ricardo ademais de escritor era...mestre
• Contén a N: Cidade a que foi estudar de maior. Santiago
• Contén a O: as gotiñas que caen do ceo cando está nubrado, é o que coñecemos como... Choiva
• Comeza pola letra P: que animal aparece no libro de Calero? Pitas
• Comeza pola R. Cal é o nome do escritor que estamos a traballar? Ricardo
• Comeza pola S: cantos irmáns eran en total xunto con Ricardo? Seis
• Comeza pola T: Cando Ricardo comezou os seus estudos en Santiago de Compostela, tamén comezou a escribir
poesía e...Teatro
• Contén a letra U: provincia á que pertence Ferrol. Coruña
• Contén a letra V: lugar onde naceu a muller de Ricardo. Cádavo
• Contén a letra X: lugar ao que imos aprender cousas novas, reunirnos co mestre, cos compañeiros/as. Colexio
• Contén a letra Z: pasar a realizar algo que se expresa. Comezar
ACTIVIDADE 2. Repasa o nome do escritor e debúxao.
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]
ACTIVIDADE 3. Colorea os debuxos das súas palabras que máis che gusten do noso idioma.
ACTIVIDADE 4. Animádesvos a descubrir O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero? Se é
así, pinchade no seguinte enlace e descubride un entretido xogo de “escape room”.
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-
2020?fbclid=IwAR3Dt84FalOZv-jz_lrAic2K_QOFIZ9d8vDt8J5EcK1eEbNG42aDEfhqrZE