Presentación Torres de Meirás

15
Torres de Meirás

Transcript of Presentación Torres de Meirás

Torres de Meirás

● O Pazo de Meirás foi construído a finais do século XIX por riba das ruínas dun antigo edificio derrubado durante a Guerra de Independencia. O seu estilo é romántico. O inmoble consta de tres torres con ameas, de distinto tamaño e de planta cadrada, unidas por un corpo máis baixo, de cantería de granito.

● A torre maior, chamada A Torre da Quimera por Emilia Pardo Bazán, é onde se atopaba a súa biblioteca. As dúas torres frontais están unidas por un pequeno corpo, que forma o amplo vestíbulo do pazo. Entre as torres menores, atópase a capela, cunha portada románica, onde se celebrou a voda da escritora en 1868.

● Nos terreos onde agora se ergue o pazo houbo ata 1809 unha casa forte, queimada en 1809 polos franceses durante a guerra de independencia. Esta primeira construción pertencía aos devanceiros de Emilia Pardo Bazán. No ano 1893 a escritora e mais a súa nai decidiron encargar a construción dun pazo sobre as ruínas anteriores.

O edificio mesmo foi en parte deseñado por dona Emilia, reflectindo a súa forte personalidade en todos os detalles. Ademais, coas súas estancias estivais en Meirás -onde tiña a súa biblioteca-, converteu as Torres nun lugar de paso obrigado para os intelectuais e personalidades que visitaban A Coruña: Unamuno, Giner de los Ríos, Aureliano Beruete, Emilio Ferrari, Alberto de Mónaco, Romero Robledo... forman parte dunha longa lista de ilustres hóspedes.

● Trala morte da escritora en 1921 e do seu fillo Jaime en 1936, os seus descendentes venderon o edificio a unha comisión que buscaba un pazo como agasallo ao ditador Francisco Franco. Os cartos para a compra conseguíronse mediante extorsións, retirando parte do salario a traballadores da administración, etc. Esta comisión ampliou a parcela a través de expropiacións forzosas.

A familia de Francisco Franco (cabeza dun réxime criminal, en palabras da ONU), segue a ser propietaria do edificio.

● En 2008 a Xunta de Galicia, a instancias do alcalde de Sada, Abel López, iniciou os trámites para declarar o pazo BIC, máximo grao de protección que lle dá a consideración de propiedade privada pero de dominio público. Un movemento popular encabezado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, reclama a devolución do pazo ao pobo.

Cada piedra, cada símbolo, cada detalle es una proyección espiritual de la gran escritora. […] La Condesa de Pardo Bazán, que supo pintar en los Pazos de Ulloa y en la Quimera los paisajes circundantes de la aldea, quiso enriquecerlos con una creación muy suya y construyó las Torres de Meirás. Son una obra más de Doña Emilia […] (La Esfera, 21/04/1917).

Melchor Almagro San Martín

Meirás era para los peregrinos de Arte venero de sensaciones refinadas, santuario de belleza, refugio de la esplendidez y de la poesía» (Por esos mundos, 01/11/1910).

Luis Antón del Olmet

Presentación realizada por Isabel Barbeito Carro