Poemas de amor
description
Transcript of Poemas de amor
Se me chegasen noticiasde que existes
de que as túas mans estalan de ternurae son xacintos
alén destas ineludiblementecatro
sempre catro paredesanegadas de espanto.
Se me chegasen sinais do teu sorrisoou da seriedade coa que enfrontas a lúa
e pasas polos días,esa longa ferida sen cauterios.
Se tivese a túa voz por un momento
constatando sen máis a túa existencia
aínda que ti non soubeses
que eu existo
aínda que ti non soubeses
que eu espío e espero
e fago da túa vida a miña arte...
Por que escribes na tarde
tantas caligrafías de silencio?
Pilar Pallarés
Non é o vento
Non é o vento nena non;
É o meu corazón que ouvea.
Escoita, é o meu corazón.
Antón Avilés de Taramancos
CHEGACHES ENTRE A CHUVIA
Chegaches entre a chuviafendendo a singradura
de días outonizos,camiño do inverno.
Traías a brétema dunha dorno teu sorrir sereo
e un ramallo de soños,durmindo no teu pelo,
agardaba facerseárbore de luz no vento.
Chegaches. Eras ti.O que esperara tanto tempo.
O que sempre soñarasen sabelo.
Xulio L. Valcárcel
Chamo á porta do amor na noite escura
Chamo á porta do amor na noite escurae está o teu corazón coa luz prendida,
a túa man socórreme a feridae cúrame o teu labio a desventura.
A auga que me dás tan fresca e puraé da fonte limpísima da vida:mel da túa roseira florescida
entre as coxas, as sedas, a espesura...E xa por sempre irei de ti cautivo
pois dásme a vida e dásme a sepulturadun amor imposível e furtivo.
Como me doe a túa fermosurada que devezo e ando fuxitivo
pois sei que o mal que teño non ten cura!
Antón Avilés de Taramancos
Fernando Pessoa
Amor é fogo que arde sem se ver;É ferida que dói e não se sente;
É um contentamento descontente;É dor que desatina sem doer.
É um não querer mais que bem querer;É um andar solitário entre a gente;É nunca contentar-se de contente;
É um cuidar que se ganha em se perder.
É querer estar preso por vontadeÉ servir a quem vence o vencedor,É ter com quem nos mata lealdade.
Mas como causar pode seu favorNos corações humanos amizade;
Se tão contrário a si é o mesmo amor?
Porque titamén estabas enferma
dalgún xeitocoma a casa
miles de termómetros de febree de torturas
eu sabíaosabíao polo tacto
non preguntessabíao por como respirabas
sabíao polas ondas e os outros arrecifessabíao por ti
e por mine por como chorabamos abrazados despois de xogar a destruírnos
INOCENTEMENTE ABRAZADOSULINDO A LANDRAS
ABRAZADOS COMA UN TIGREEstevo Creus
Esta será na morte
Esta será na mortea miña última palabra:quen me dera ser gata
para vivirte sete veces.
Olga Novo
Por oír a unha rula decir de amor,amiga, namorado vou!
Por oír as cerdeiras como botan fror,amiga, namorado vou!
Por verte e non te vere no verde prado,amiga, namorado vou!
Porque non me non queres por teu namorado!Amiga, namorado vou!
-No vento poréi este meu lume novoporque ardan as rulas, as cerdeiras e todo!
Amiga, namorado vou!
Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
Por oír a unha rula decir de amor,
amiga, namorado vou!
Por oír as cerdeiras como botan fror,
amiga, namorado vou!
Por verte e non te vere no verde prado,
amiga, namorado vou!
Porque non me non queres por teu namorado!
Amiga, namorado vou!
-No vento poréi este meu lume novo
porque ardan as rulas, as cerdeiras e todo!
Amiga, namorado vou!
Por amor
Por amor nacín da terra.Por amor son o que son.
por amor canto o meu canto,por amor.
Por amor sángranme os pulsose ábreseme o corazón.
Por amor dóenme os ollos.Por amor, só por amor.
Darío Xohán Cabana
Ascendencia do amor e do mar
E vén o mar en ascendente salto
como unha longa inhalación aberta.
En cada poro entra. Aire e salexército de corais e metais trae.
Cando duro estoupa nos conscastelos de almafí iridiscencias bate.
Espumas rumorosas. Así o amor,unha chuvia leda de estrelas
no teu interior estala, e ábrese.
Xulio L. Valcárcel
E vén o mar en ascendente salto
como unha longa inhalación aberta.
En cada poro entra. Aire e sal
exército de corais e metais trae.
Cando duro estoupa nos cons
castelos de almafí iridiscencias bate.
Espumas rumorosas. Así o amor,
unha chuvia leda de estrelas
no teu interior estala, e ábrese.
Xulio L. Valcárcel
Quérote como ...
Quérote como a miña avoafacía as filloasfariñosamente
e co sangue da derrota.
Quérote como o meu bisavólevaba a boina,
altamentee sempre na cabeza.
Quérote como as chourizasben feitas,docemente
pero cun aquel de picante.
Quérote como o gato que durmíaa carón da lareira,despistadamentepero cun ollo no rato.
Raúl Gómez Pato
Contra a morte o amor que vai conmigo
Lois Pereiro
Dos días que reserva para min o destino
cada unha das súas noites por vivir
sería a derradeira
a única esencial
se puidese vivirte a ti tamén
trasnoitado sobre o teu corpo en calma
cohabitando os teus soños
sobrevivindo á miña inexistencia
soñando nas túas noites
ou prorrogado en ti.
O que amo é o amor
a mesma idea do amor
o feito mesmo de amar
as palabras coas que amo.
amo a miña conciencia de amar.
Ámome
Mª Xosé Queizán
Por amor Darío Xohán Cabana
Por amor nacín da terra.
Por amor son o que son.
Por amor canto o meu canto,
por amor.
Regrésame do medio das ruínas,
amante, ás horas que moramos
e esvaren novamente como noutrora
os corpos na paixón.
Ana Romaní
Meu amor por ter representado os meus desexos
Posto os beizos no ceo das túas palabras como un astro
Teus bicos na noite viva
E a ronsel dos teus brazos arredor de min
Como unha chama en sinal de conquista
Meus soños están no mundo
Claros e perpetuos.
E cando ti non estás aquí
Soño que durmo soño que soño
Paul Éluard
Paul Éluard
O amor
O amor foi
un trallazo moi forte
que rompeu a
ventá. E quedou rota
para sempre. Eu limpei
do chan
os cristais. Corteime
con eles
en todos os dedos.
Lupe Gómez
Todas as cartas de amor são
Ridículas.
Não seriam cartas de amor se não fossem
Ridículas.
Também escrevi em meu tempo cartas de amor,
Como as outras,
Ridículas.
As cartas de amor, se há amor,
Têm de ser
Ridículas.
Mas, afinal,
Só as criaturas que nunca escreveram
Cartas de amor
É que são
Ridículas.
Quem me dera no tempo em que escrevia
Sem dar por iso
Cartas de amor
Ridículas.
A verdade é que hoje
As minhas memórias
Dessas cartas de amor
É que são
Ridículas.
(Todas as palavras esdrúxulas,
Como os sentimentos esdrúxulos,
São naturalmente
Ridículas).
Pessoa