PLAN DE ACCIÓN - · PDF fileMercedes Vidal Baamonde. Mesa Económica: 1....

78
PLAN DE ACCIÓN

Transcript of PLAN DE ACCIÓN - · PDF fileMercedes Vidal Baamonde. Mesa Económica: 1....

PLAN DE ACCIÓN

Plan de Acción

2

TRABALLO DESENVOLVIDO PARA O CONCELLO DE AMES POR:

DS CONSULTORES C.B.

Rúa da Rosa, 22, 3ª Esq.

15701 Santiago de Compostela

A Coruña – Galicia (ES)

EN COLABORACIÓN CON:

DEVALAR CONSULTORÍA EUROPEA

Edif. Feuga • Campus Universitario Sur

Rúa de Lope Gómez de Marzoa S/N

15705 Santiago De Compostela

A Coruña • Galicia (ES)

www.devalarconsult.com

Santiago de Compostela, novembro do 2006.

Plan de Acción

3

EQUIPA TÉCNICA

GONZALO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

XABIER VÁZQUEZ PUMARIÑO

VIRGINIA ROMERO SOBRAL

Plan de Acción

4

ÍNDICE DE CONTIDOS

1. O PROCESO DE PARTICIPACIÓN SOCIAL NA AXENDA 21 DE AMES............... 6

1.1. METODOLOXÍA. ................................................................................... 6

1.2. ACTORES NO PROCESO DE PARTICIPACIÓN SOCIAL. ........................... 6

2. ESQUEMA ORGANIZATIVO DA ESTRATEXIA PARA A SUSTENTABILIDADE DE AMES ................................................................................................................. 8

3. COMPROMISOS POLA SUSTENTABILIDADE. ................................................. 9

4. CADRO RESUMO. ...................................................................................... 13

5. EIXOS DE DESENVOLVEMENTO. ................................................................ 14

Programa 1: Fortalecemento do tecido empresarial de Ames ................ 14

Programa 2: Promoción do comercio local.............................................. 17

Programa 3: Fomentar un turismo sostible propio en Ames ................... 19

Programa 4: Fomento dunha identidade propia de Ames ....................... 21

Subvencións para a edición en lingua galega de materiais curriculares. 22

Programa 5: Fomento de espazos de convivencia e culturais................. 23

Programa 6: Poñer en valor o agro.......................................................... 25

Programa 7: Preservación da biodiversidade e sensibilización ambiental................................................................................................................. 28 Programa 8: Favorecer o uso de enerxías renovables desde o Concello, así como o aforro enerxético. ................................................................. 30

Programa 9: Auga. ................................................................................... 32

Programa 10: Minimización dos efectos do lume .................................... 34

Programa 11: Fomento dos espazos de participación socioeconómica e política das mulleres............................................................................... 36

Programa 12: Atención e mellora da calidade de vida dos maiores. ...... 39

Programa 13: Limitar os niveis de exclusión de determinados colectivos................................................................................................................ 41 Programa 14: Recuperación/Restauración da arquitectura tradicional . 44

Programa 15: Reformulación do plan de urbanismo ............................... 45

Programa 16: Valorización do patrimonio e a cultura local.................... 48

6. DEFINICIÓN DE DIRECTRICES ESTRATRÉXICAS PARA A ECOEFICIENCIA MUNICIPAL ...................................................................................................... 50

6.1. REDUCCIÓN, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE.............................. 51

6.2. FLUXOS DE ENERXÍA .................................................................... 53

Plan de Acción

5

6.3. COMPRA “VERDE” E RESPONSABLE........................................... 58

6.4. CONDICIÓNS DE TRABALLO......................................................... 60

6.5. RELACIÓN ADMINISTRACIÓN-CIDADANIA .................................. 61

6.6. SERVIZOS EXTERNALIZADOS ...................................................... 62 7. CADRO DE INDICADORES. ......................................................................... 64

7.1. OS SISTEMA DE INDICADORES DA AXENDA 21 LOCAL DE AMES.......................................................................................................... 64

7.2. INDICADORES AMBIENTAIS.......................................................... 65

7.3. INDICADORES SOCIOECONÓMICOS. .......................................... 71

7.4. INDICADORES DE EXECUCIÓN. ................................................... 77 8. CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS......................................................... 78

Plan de Acción

6

1. O PROCESO DE PARTICIPACIÓN SOCIAL NA AXENDA 21 DE AMES.

1.1. METODOLOXÍA.

A Metodoloxía caracterízase por:

Enfoque participativo: Despois da prediagnose e da asistencia ao I

FORO, acordouse a creación de 3 mesas de traballo (mesa do social, do económico e do medioambiental) integradas por 10 persoas cada mesa

Utilización da metodoloxía do MARCO LÓXICO, identificando problemas,

obxectivos e actividades baixo unha mesma lóxica de intervención. O traballo coa cidadanía será a través de obradoiros. Cada mesa tentará de :

1. Definir árbores de problemas. 2. Definir árbores de obxectivos. 3. Definir actividades necesarias para chegar ás solucións. 4. Priorizar as actividades definidas polas mesas. Definir o plan de

Acción da Axenda 21 de Ames coa cidadanía.

Validación e aprobación das propostas das mesas no Foro de Participación Social, do que forman parte todos os membros das mesas e cuxo cometido é formular o consenso social sobre a sustentabilidade de Ames.

Contidos das mesas de traballo:

o Mesa do Social. Inclúe aspectos de urbanismo, mobilidade e

calidade de vida. o Mesa Económica. Nela trataranse aspectos relativos ao mercado

de traballo, demografía e desenvolvemento en xeral. o Mesa do Medioambiente. Con temáticas de enerxía, xestión de

residuos e medioambiente en xeral.

1.2. ACTORES NO PROCESO DE PARTICIPACIÓN SOCIAL.

Mesa do Social: 1. Susana Grandío Carrillo. 2. María Abel Grandío. 3. J. Carrera Vázquez.

Plan de Acción

7

4. Enrique Ferreiro Gómez. 5. Juan Carlos Carreja Iglesias.. 6. Enrique Costas Bastero. 7. Xosé María Fernández López. 8. Francisco J. Rama Fernández. 9. Luis Alberto Rodríguez Domínguez. 10. Fernando Sáinz.

Mesa do Medioambiente: 1. José Carlos Otero González. 2. Xurxo Dorrego Taín. 3. Marta Domínguez Domínguez. 4. Patricia Reboreda Cigarrán. 5. Martín Conde Ríos. 6. Eduardo Díaz Tomé. 7. Manuel A. Estévez Mosquera. 8. Lino Vilas Barbeiro. 9. Manuel Signiorini García. 10. Mercedes Vidal Baamonde.

Mesa Económica: 1. José Monteagudo Rey. 2. María Jesús Boo Feijoo. 3. Ana M. Cunqueiro Suárez. 4. Xan Carlos Carreja. 5. Isabel González González. 6. Santos Lorenzo Lorenzo. 7. Jorge Couñago Castro. 8. María Luisa Tomé Prieto. 9. Manuel A. Estévez Mosquera. 10. María Victoria Arufe Vázquez.

Plan de Acción

8

2. ESQUEMA ORGANIZATIVO DA ESTRATEXIA PARA A SUSTENTABILIDADE DE AMES

A estratexia para a sustentabilidade da Axenda 21 Local de AMES establece un conxunto de compromisos pola sustentabilidade que se plasman en cinco eixos da sustentabilidade, a súa vez, cada una deles materialízase en programas ou liñas estratéxicas con obxectivos e medidas concretas:

Compromisos pola sustentabilidade: constitúen o nivel máis elevado e xeral é relacionan os principios da sustentabilidade coas necesidades propias do Concello de Ames

Eixos de sustentabilidade: establecen grandes áreas de actuación de acordo aos problemas centrais que condicionan a sustentabilidade de Ames. Cada un dos eixos de sustentabilidade concrétase en un ou en varios obxectivos; a consecución destes obxectivos procurarase a través dos programas que integran cada eixo.

Programas ou liñas estratéxicas: constitúen actuacións viables, concretas e respectuosas cos compromisos pola sustentabilidade. Cada programa pode requirir dunha ou varias medidas para acadar os seus obxectivos.

Os programas que integran o Plan de Acción, priorizados no Foro da Axenda 21 de Ames polo conxunto dos axentes sociais participantes. Este resultado constitúe a prioridade social atribuída a cada programa:

Prioridade Representación

Baixa

Media

Alta

Plan de Acción

9

3. COMPROMISOS POLA SUSTENTABILIDADE

I. Arraigo da poboación local: a poboación constitúe o principal recurso local.

II. Compromiso e exemplaridade da Administración pública. III. Diversificación económica. IV. Respecto dos límites ambientais. V. Incremento da autosuficiencia enerxética.

VI. Equidade social. VII. Multifuncionalidade de usos dos recursos.

VIII. Emprego eficiente e preservación dos recursos naturais: auga e produtividade da terra.

IX. Igualdade. X. Preservación e valorización do patrimonio, a identidade e a cultura

local.

Plan de Acción

10

I. Arraigo da poboación local: a poboación constitúe o principal recurso local.

O concello de Ames presenta un marco propicio no que se refire ao mantemento da súa poboación local, tanto polas elevadas taxas de natalidade como pola continuada atracción e incorporación de efectivos, nacionais como estranxeiros. Isto provoca unha dinámica demográfica progresiva no municipio, ao contrario do que acontece no contexto xeral galego que é certamente regresiva. A idade dos efectivos incorporados durante a pasada década (entre 25 e 45 anos fundamentalmente), xunto coas elevadas taxas de natalidade provocou unha significativa ampliación da base da pirámide demográfica, polo tanto, Ames conta cun importante potencial demográfico. Neste escenario, o maior reto será o de arraigar no concello esa poboación e fomentar a súa identificación con el.

II. Compromiso e exemplaridade da Administración pública.

O compromiso na procura de solucións globais aos problemas ambientais do concello de Ames plásmase na elaboración da Axenda 21 Local para Ames, a metodoloxía participativa utilizada e a procura do consenso social para a elaboración do Plan de Acción da Axenda 21 Local de Ames. Estas son cuestións cruciais para a Administración Local de cara a sustentabilidade.

A Administración liderará os cambios necesarios adoptando comportamentos ambientais exemplares para o conxunto da cidadanía.

III. Diversificación económica.

A economía local ten que ser diversificada. Ao mesmo tempo, sempre que sexa posible, as necesidades locais satisfaranse con recursos locais. Con isto reducirase a dependencia do exterior, evitarase o incremento do consumo de enerxía e preservarase a capacidade de xeración de emprego a longo prazo para a poboación de Ames.

IV. Respecto dos límites ambientais.

Todos os recursos son, por definición escasos, así como a capacidade dos ecosistemas para manter á poboación que sustentan.

Empregar eficientemente os recursos e preservalos resulta imprescindible para a pervivencia da nosa sociedade no futuro.

Plan de Acción

11

V. Incremento da autosuficiencia enerxética.

O incremento dos prezos do petróleo resulta un proceso irreversible.

Os países produtores de petróleo están acadando o seu tope máximo de produción, ao que seguirá un progresivo declive da produción e, como consecuencia, o esgotamento das reservas.

Polo tanto, é preciso establecer medios que permitan o mantemento dos sistemas produtivos locais a medio e curto prazo, nun escenario no que serán cada vez máis necesarias fontes de enerxía alternativas.

VI. Equidade social.

Os procesos de desenvolvemento, para poder ser considerados integramente como tal, deben combater as desigualdades sociais e procurar que todas as persoas teñan acceso a bens básicos de vivenda, educación, sanidade e seguridade, así como ao traballo.

A través do avance cara a equidade social, aumentarase a estabilidade socioeconómica e desenvolvemento da sociedade dun xeito integrado.

VII. Multifuncionalidade de usos dos recursos.

É necesario dar paso aos espazos multifuncionais que permitan o seu maior rendemento (mais atractivos, dinámicos, sostibles social, económica e ambientalmente)

VIII. Emprego eficiente e preservación dos recursos naturais: auga, enerxía e produtividade da terra.

Deben introducirse mecanismos que permitan unha xestión o máis parecida posible aos sistemas naturais, os cales tenden a manter o seu equilibrio mediante un ciclo interno dos recursos e os residuos (materia e enerxía).

Por isto debemos procurar traballar dentro do ecosistema, de tal forma que se reduzan os desequilibrios ambientais xerados como consecuencia do carácter aberto dos sistemas humanos, onde os fluxos aumentan continuamente como resposta ás necesidades crecentes de abastecemento e onde as esixencias produtivas a curto prazo poden limitar a produtividade da terra a longo prazo

IX. Igualdade.

Un dos propósitos básicos do desenvolvemento e incrementar as posibilidades de elección das persoas e, de xeito particular, debe atenderse a igualdade entre homes e mulleres en todos os eidos da vida social de Ames.

Plan de Acción

12

X. Preservación e valorización do patrimonio, a identidade e a cultura local.

O patrimonio construído, a cultura, a lingua e a identidade deben ser elemento de protección, valorización e orgullo, pois reflicten a relación que ao longo do tempo os/as habitantes de Ames mantiveron co seu contorno.

Os elementos básicos da identidade e da cultura local son froito dun longo e valioso proceso de aprendizaxe e expresan un xeito diferenciado e específico de participar do mundo, contribuíndo con eles ao mantemento da diversidade e a riqueza da cultura do municipio.

Plan de Acción

13

4. CADRO RESUMO.

EIXOS DE SUSTENTABILIDADE PROGRAMAS

Desenvolvemento económico e emprego

1. Fortalecemento do tecido empresarial de Ames

2. Dinamización económica do comercio local de Ames

3. Fomentar un turismo sostible propio en Ames

Calidade de vida

4. Fomento dunha identidade propia de Ames

5. Fomento de espazos de convivencia cidadá

Preservación do Medio Ambiente e eficiencia ambiental

6. Poñer en valor o agro

7. Preservación da biodiversidade e sensibilización ambiental

8. Favorecer enerxías renovables desde o Concello

9. Auga

10. Minimización dos efectos do Lume

Igualdade de oportunidades 11. Fomento dos espazos de participación socioeconómica e política das mulleres.

12. Atención e mellora da calidade de vida dos maiores.

13. Limitar os niveis de exclusión de determinados colectivos

Urbanismo

14. Recuperación/Restauración da arquitectura tradicional

15. Reformulación do Plan de Urbanismo

16. Valorización do patrimonio e da cultura local

Plan de Acción

14

5. EIXOS DE DESENVOLVEMENTO.

Programa 1: Fortalecemento do tecido empresarial de Ames

Antecedentes:

A pesar de que o número de establecementos empresariais en Ames evolucionou positivamente entre 1999 e o 2002, apréciase unha acentuada atomización das súas empresas e unha falta de diversificación do tecido empresarial.

As PEME´s dominan numericamente o tecido económico (xeralmente en actividades relacionadas coa construción) e a industria atopa dificultades para desenvolverse no concello.

Obxectivos:

• Canalizar e aproveitar o carácter emprendedor dos/as habitantes de Ames de cara a diversificar os sectores empresariais en Ames.

• Incrementar o apoio os/as emprendedores/as do municipio de Ames.

• Profesionalizar a actividade empresarial de cara a garantir a súa sustentabilidade

• Valorizar a actividade empresarial de Ames

Complementariedade con outros programas

(2) Dinamización económica do comercio local de Ames

(3) Fomentar un turismo sostible propio en Ames.

(6) Poñer en valor o agro

Prioridade social

Accións:

1.1 Identificar os problemas reais do sector empresarial de Ames segundo a tipoloxía da actividade empresarial

1.2 Organizar ciclos formativos en xestión empresarial (formal e non formal)

• Obradoiros de contabilidade

• Formación en novas tecnoloxías para o empresariado

• Deseño de Plan de empresa

EIXO DE SUSTENTABILIDADE 1:

Desenvolvemento Económico e Emprego.

Plan de Acción

15

1.3 Crear un observatorio empresarial en Ames:

• Análise da actividade empresarial de Ames.

• Funcións de Asesoramento

• Xestión de axudas

1.4 Definir/ deseñar/ implementar un “parque empresarial” para Ames (favorecer a cesión de terreo empresarial diversificado e accesible para os/as emprendedores/as).

1.5 Crear unha vía de axudas á creación de empresas

1.6 Creación dun viveiro de empresas en Bertamiráns e no Milladoiro.

Posibles vías de financiamento:

IGAPE:

PROXECTOS EMPRESARIAIS DE INVESTIMENTO.

FINALIDADE / OBXECTIVO: Favorecer a implantación de novas empresas e contribuír tamén ao mantemento e progresión das existentes na comunidade autónoma, así como para fomentar o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e a creación de emprego de calidade e de carácter indefinido. TIPOS DE APOIO:

• Subvención a fondo perdido.

• Servizos de apoio ao establecemento de novos proxectos, que constitúan a primeira implantación da empresa na Comunidade Autónoma de Galicia.

LEXISLACIÓN:

Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG Nº 58 do 28/03/2005)

Corrección de erros - Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG Nº80 do 27/04/2005) - Corrección erros

Resolución do 13 de febreiro de 2006 (DOG Nº 36 do 21/02/2006) - Modificación das bases reguladoras

Corrección de erros - Resolución do 13 de febreiro de 2006 (DOG Nº45 do 06/03/2006)

PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR PROXECTOS EMPRENDEDORES.

FINALIDADE / OBXECTIVO:

Contribuír ao financiamento de proxectos emprendedores e iniciativas innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia.

TIPOS DE APOIO:

Plan de Acción

16

Préstamo directo.

LEXISLACIÓN:

Resolución do 24 de marzo do 2003 (DOG Nº63 do 31/03/03)

Resolución do 3 de maio de 2005 (DOG Nº97 do 23/05/2005) - Modificación

Resolución do 19 de abril de 2006 (DOG Nº81 do 27/04/2006) - Modificación

Resolución do 19 de xuño do 2006 (DOG Nº123 do 28/06/2006) - Tipo de xuro do 2º semestre do 2006

AXUDAS DE SALVAMENTO E REESTRUTURACIÓN A EMPRESAS EN CRISE.

FINALIDADE / OBXECTIVO:

Favorecer a volta á viabilidade técnica e económica das empresas galegas que se atopen nunha situación de crise, mediante a concesión de axudas de salvamento e/ou reestruturación.

TIPOS DE APOIO

Garantías e axudas a fondo perdido

LEXISLACIÓN:

Resolución do 26 de decembro de 2005 (DOG Nº3 do 04/01/06) - Bases

Corrección de erros - Resolución do 26 de decembro de 2005 (DOG Nº7 do 11/01/06)

Resolución do 19 de abril de 2006 (DOG Nº81 do 27/04/2006) - Modificación das bases

FEDER:

- Desenvolvemento local.

- Mellora da competitividade e das estruturas de produción.

- Investigación, desenvolvemento e innovación.

- Programa de desenvolvemento rexional para Galicia.

http://ec.europa.eu/regional_policy/country/prordn/search.cfm

Feder. “Espacio Atlántico 2007-2013”

- Axudas en innovación.

www.atlantique-2007-2013.org

XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA.

- Axudas destinadas ao acceso dos concellos de entre 6.000 e 35.000

habitantes á Sociedade da Información

- Axudas destinadas a Parques Empresariais.

Plan de Acción

17

Programa 2: Promoción do Comercio Local

Antecedentes:

No municipio de Ames, é posible afirmar que os locais comerciais concéntranse nos dous núcleos urbanos. Existe maior diversidade de servizos en Bertamiráns, pero hai maior especialización en Milladoiro.

Destaca o incremento de actividades comerciais no téxtil e no calzado, e o comercio non especializado de alimentación está perdendo establecementos como consecuencia da sofisticación da demanda.

O comercio en Ames ten alcanzado un desenvolvemento insuficiente, os/as asistentes ás mesas de traballo do Plan de Acción destacaron que aínda existe un gran número de persoas que consume determinados produtos de Santiago de Compostela sen decatarse da calidade dos produtos que pode atopar en Ames

Obxectivos:

• Aumentar a sensibilidade da poboación polo produto local

• Incrementar a profesionalidade no sector terciario

• Incrementar a diversidade na oferta dos produtos locais

Complementariedade con outros programas:

(1) Fortalecemento do tecido empresarial de Ames

(3) Fomentar un turismo sostible propio en Ames

(4)Fomento dunha identidade propia en Ames

(6) Poñer en valor o agro

(16) Valorización do patrimonio e da cultura local

Prioridade social

Accións:

2.1 Realizar unha diagnose/identificación (DAFO) dos produtos locais

2.2 Deseñar e difundir unha boa campaña das fortalezas do produto local.

2.3 Fomento do asociacionismo dos comerciantes.

2.4 Realización de actividades de formación: cursos de escaparatismo, etc.

2.5 Integración da actividade comercial coa valorización do contorno urbano: centro comercial aberto.

2.5.1 Ampliación das beirarrúas das rúas comerciais a un mínimo de 2,5m.

2.5.2 Eliminación de obstáculos nas beirarrúas e control de aparcamentos nas beirarrúas.

Plan de Acción

18

2.5.3 Mellora estética: homoxeneización dos materiais das beirarrúas.

2.6 Campaña de promoción do Feirón dos Sábados en Santiago de Compostela e comarca.

2.7 Promoción do emprego do TPV entre os vendedores do Feirón dos Sábados.

2.8 Creación dun posto de venda de produtos locais de calidade no feirón dos sábados.

2.9 Apoio a actividades de dinamización promovidas polas asociacións de comerciantes locais.

2.10 Realización de campañas de sensibilización e posta en práctica de medidas para a corrección dos aparcamentos indebidos.

Posibles vías de financiamento:

XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA. D.X

COMERCIO

- Axudas a asociacións de comerciantes para actuacións de desenvolvemento

equilibrado nos centros comerciais abertos etc.

- Axudas a modernización de comercios situados en zonas rurais.

- Axudas a corporacións locais para adecuación e modernización de

equipamentos comerciais.

- Axudas para o fomento de integracións estratéxicas e a cooperación

empresarial.

www.dxcomercio.org

INICIATIVA COMUNITARIA URBAN II www.europa.eu.int

Plan de Acción

19

Programa 3: Fomentar un turismo sostible propio en Ames

Antecedentes:

No caso de Ames a actividade turística presenta niveis moi baixos. Existe pouco dinamismo turístico.

Non se aproveita a proximidade da capital galega (este punto, para algúns participantes das mesas de traballo, organizada no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, entre marzo e xuño do 2006, incluso coméntase como un factor negativo) nin as potencialidades do municipio dentro das rutas do Camiño de Santiago.

Polo momento, o sector turístico con maior grao de desenvolvemento é o “turismo rural”. Isto debe contemplarse como un aspecto fundamental e complementario, de cara a valorizar o medio rural en Ames.

Obxectivos:

• Incrementar o valor de Ames a través do turismo rural

• Diversificar e fortalecer a economía local

• Crear novas oportunidades de emprego a través do turismo

Complementariedade con outros programas

(2) Dinamización económica do comercio local de Ames

(4) Fomento dunha identidade propia de Ames

(7) Preservación e recuperación dos espazos naturais de excepcional valor

(10) Minimización dos efectos do lume

(14) Recuperación /Restauración da arquitectura tradicional

(15) Reformulación do Plan de Urbanismo

(16) Valorización do patrimonio e da cultura local

Prioridade social

Accións:

3.1 Identificar as potencialidades turísticas de Ames.

3.2 Realizar campañas de promocións turísticas comúns (entre Bertamiráns e o Milladoiro) no ámbito autonómico e estatal.

3.3 Campaña de difusión na comarca de Santiago dos valores turísticos e de ocio de Ames.

3.4 Promover a creación dunha estrutura turística adecuada, aproveitando a localización xeográfica de proximidade con Santiago de Compostela.

Plan de Acción

20

3.5 Exención de taxas durante o primeiro ano (prorrogable ate un máximo de 3) para as casas de turismo rural de nova creación.

3.6 Definir campañas e guías de promoción dos produtos locais.

3.7 Deseño e creación dunha liña de convenios cos/as propietarios/as para a recuperación e promoción do patrimonio (petroglifos, hórreos, árbores senlleiras, mámoas, castros, etc).

3.8 Creación de rutas, en colaboración co concello de Santiago, entre Santiago e Ames (Tamén poden ser aproveitados para a mobilidade peonil).

Posibles vías de financiamento:

XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA. DIRECCIÓN

XERAL DE TURISMO:

- Subvencións para infraestruturas turísticas no medio rural

- Subvencións para a reforma e mellora de infraestrutura hoteleira

- Subvencións para a mellora de establecementos de turismo rural

- Subvencións a empresas privadas para a creación de infraestrutura

hoteleira en Galicia

http://www.conselleriaiei.org/ga/web/descarga.php

COMISIÓN EUROPEA. FEDER.” Espacio Atlántico 2007-2013”.

Programa obxectivo 3 “Cooperación Territorial” (antigo interreg)

www.atlantique-2007-2013.org

COMISIÓN EUROPEA. DIRECCIÓN XERAL DE EMPRESA E INDUSTRIA

“Destinos Europeos de Excelencia”

Número ENT/TOU/06/6.1 Implementación de proxectos pilotos

Observacións:

Plan de Acción

21

Programa 4: Fomento dunha identidade propia de Ames

Antecedentes:

A identidade cidadá e o sentimento de pertenza a un lugar convértese nun punto esencial para o desenvolvemento integral dunha rexión ou dunha localidade. A existencia dun proxecto común en Ames, compartido por todos e todas, require elementos de definición común e identitarios.

Atopámonos nun contexto peculiar no que, o 80% das persoas ocupadas traballan fora do municipio de Ames, maioritariamente en Santiago de Compostela.

A alta porcentaxe de poboación que traballa fóra, unida a falta de espazos públicos de convivencia cidadá nas cidades favorece o mantemento dun sentimento común no municipio, que é necesario solucionar, que é a falta de identidade dos/as residentes con Ames.

Obxectivos:

• Fomentar o “arraigo” dos/as novos/as residentes

• Crear o sentimento de pertenza a Ames.

• Reequilibrio dotacional do Concello de Ames entre o rural e o urbano.

Complementariedade con outros programas

(5) Fomento de espazos de convivencia cidadá

(6) Poñer en valor o agro

(16) Valorización do patrimonio e da cultura local

Prioridade social

Accións:

4.1 Deseñar espazos (actividades de ocio, culturais, etc.) que favorezan as relacións de veciñanza, e a interacción entre a poboación do municipio.

4.2 Realización de actividades que axuden a coñecer o municipio: charlas sobre a historia de Ames nos centros educativos, rutas guiados, promoción de estudos sobre Ames, etc.

4.3 Facilitar a utilización dos lugares municipais comúns (espazos verdes, prazas..) como espazos de convivencia veciñal

EIXO DE SUSTENTABILIDADE 2:

Calidade de vida

Plan de Acción

22

4.4 Definir símbolos (materiais ou inmateriais) que identifiquen á poboación de Ames. En particular, construción dun novo concello que simbolice os valores do concello moderno e sostible no que Ames aspira a converterse no s. XXI.

4.5 Facilitar cursos gratuítos de galego (a lingua como sinal de identidade) desde o Concello.

4.6 Realización dunha competición deportiva anual entre os escolares que teña sede alternativa en Bertamiráns e no Milladoiro e que inclúa unha carreira entre estes dous núcleos.

4.7 Manter e potenciar as festas e tradicións locais.

Posibles vías de financiamento:

XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE CULTURA

Apoio a confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de

asociacións de veciños de Galicia.

http://www.xunta.es/administracion-publica/subvencions

Subvencións para a edición en lingua galega de materiais curriculares.

• No DOG nº 150 do 4 de agosto publícase a resolución do 31 de xullo de 2006 pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de materiais curriculares, para niveis non universitarios, así como a edición de material para a formación de adultos en lingua galega.

Plan de Acción

23

Programa 5: Fomento de espazos de convivencia e culturais

Antecedentes: A relevancia que o ocio ten acadado na sociedade actual afecta tamén á realidade de Ames. A necesidade, de grandes grupos de poboación, de dispoñer de alternativas culturais, lúdicas e deportivas para os seus momentos de ocio quedou reflectido nos traballos das mesas dos Foros sociais da Axenda 21 Local. A tendencia ao individualismo das sociedades contemporáneas pode verse limitada se permitimos a creación de espazos de convivencia comúns.

Obxectivos:

• Reducir a tendencia ao individualismo da sociedade actual, favorecendo as relacións de veciñanza

• Mellorar a calidade de vida dos/as veciños/as do municipio

• Fomentar a “identidade de pertenza” da poboación a través da convivencia

Complementariedade con outros programas:

(4) Fomento dunha identidade propia de Ames

(15) Reformular el Plan de Urbanismo

(16) Valorización do patrimonio e a cultura local

Prioridade social

Accións:

5.1 Identificar intereses culturais comúns entre os/as veciños/as de Ames

5.2 Deseñar axenda cultural municipal que favoreza a convivencia veciñal (infantil e adulta)

5.3 Adaptar zonas de ocio nos núcleos rurais e urbanos (verdes) en Ames.

5.4 Aumento da dotación de zonas verdes e prazas públicas no Milladoiro.

5.5 Facilitar o emprego dos espazos públicos por parte das asociacións.

Posibles vías de financiamento:

COMISIÓN EUROPEA. DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN E CULTURA

DG EAC/18/06 Promoción da cidadanía europea activa

Plan de Acción

24

Proposta de decisión do Parlamento ao Consello establecida para o período 2007-2013. Programa “Cidadáns para Europa” para promover unha cidadanía europea activa (COM(2005)116)

Encontros entre cidadáns EAC/25/05

Plan de Acción

25

Programa 6: Poñer en valor o agro

Antecedentes:

As explotacións agrícolas e gandeiras de Ames caracterízanse pola súa pequena dimensión, expresiva dun sector primario pouco desenvolto.

O sector primario local, con un 2,5 % dos/as ocupados/as, acada un modesto peso socioeconómico. Esta é unha das causas do acelerado proceso de desagrarización (hai 10 anos o emprego agrario supuña o 18% do total) e do progresivo éxodo rural da xente nova.

Ao mesmo tempo, a perda da diversidade nos usos da terra supón un proceso de estandarización da paisaxe no rural de Ames; o abandono do rural incrementa o uso forestal baseado en especies pirófitas e incrementa a biomasa do territorio polo que constitúe un factor clave na proliferación de incendios

Obxectivos:

• Valoración da actividade agrícola e gandeira

• Diversificación da actividade agrícola e gandeira.

• Fixación da poboación nova nas zonas rurais

Complementariedade con outros programas

(2) Dinamización económica do comercio local de Ames

(3) Fomentar un turismo sostible propio en Ames

(7) Preservación e recuperación dos espazos naturais de excepcional valor

(16) Valorización do patrimonio e da cultura local

Prioridade social

Accións:

6.1 Identificación da produción local de Ames, e dos produtos potencialmente incorporables á produción ecolóxica e de calidade

6.2 Identificación da capacidade de produción dos/as agricultores/as e gandeiros/as e da calidade dos produtos identificados.

6.3 Promoción e apoio do asociacionismo de produtores artesáns locais, que

EIXO DE SUSTENTABILIDADE 3:

Preservación do Medio Ambiente e eficiencia ambiental

Plan de Acción

26

englobe aos produtores ecolóxicos, artesáns e de calidade.

6.4 Apoio á participación dos produtores locais de calidade, ecolóxicos e artesáns noutras feiras.

6.5 Deseñar campañas de promoción dos produtos agrarios do municipio

6.6 Dar continuidade o programa Amorodo e fomento da agricultura ecolóxica e da produción artesán e d calidade.

6.7 Definición dunha estratexia de promoción dos produtos ecolóxicos, artesáns e de calidade de Ames.

6.7.1 Creación dunha estratexia de comercialización, distribución e promoción común: deseño dunha páxina web, campañas promocionais orientadas á comarca de Santiago.

6.7.2 Realización de xornadas gastronómicas de degustación de produtos locais: xornadas nos restaurantes locais con de produtos locais.

6.7.3 Promoción do emprego de produtos locais na restauración de Ames, como elemento de distinción.

6.7.4 Concurso de tapas a base de produtos locais.

6.7.5 Realización de campañas promocionais destas accións destinadas sobre todo á área de Santiago.

6.8 Medidas exemplarizantes e educativas: fomento do consumo de produtos ecolóxicos locais nos comedores escolares

Posibles vías de financiamento:

IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica:

MEDIDAS DE APOIO A PROXECTOS AMBIENTAIS

FINALIDADE / OBXECTIVO

Incentivar os investimentos de iniciativa privada que promovan novos proxectos de protección e mellora ambientais e contribúan ao desenvolvemento sustentable.

TIPOS DE APOIO

Subvención a fondo perdido

LEXISLACIÓN:

• Resolución do 28 de marzo de 2003 (DOG do 31/03/2003)

• Resolución do 4 de xaneiro de 2005 (DOG Nº6 do 11/01/2005)

• Resolución do 10 de marzo de 2006 (DOG Nº56 do 21/03/2006) - Addenda (Actualización bases inversións)

CONSELLERÍA DE TRABALLO

Plan de Acción

27

INCENTIVOS PARA PROMOVER A AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL DAS PERSOAS COTITULARES DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

FINALIDADE / OBXECTIVO

Promover a creación do emprego e a mellora laboral no agro galego, facilitando mediante incentivos a alta na Seguridade Social das persoas cotitulares de explotacións agrarias de Galicia.

TIPOS DE APOIO

Aboamento da cota por continxencias comúns de cobertura obrigatoria.

LEXISLACIÓN

Orde do 15 de maio de 2006 (DOG Nº 98 do 24/05/2006) - Bases reguladoras

COMISIÓN EUROPEA.

Iniciativa Comunitaria Leader +

FEDER. “Espazo Atlántico 2007-2013”. Programa Obxectivo 3 “Cooperación Territorial” (antigo Interreg).

Plan de Acción

28

Programa 7: Preservación da biodiversidade e sensibilización ambiental.

Antecedentes:

No Concello de Ames, atopamos unha superficie moi limitada de bosques respecto do que orixinalmente debeu de haber. Anos de deforestación para o avance das terras agrícolas e gandeiras, así como outros usos, particularmente o cultivo de especies forestais exóticas, que relegaron os bosques a lugares moi concretos.

En Ames, atopamos unha paisaxe uniforme, totalmente transformada, caracterizada por unha planificación nula e poucos elementos de orde natural.

Hai moitos núcleos rurais de interese e áreas concretas de gran calidade que merece a pena preservar.

Obxectivos:

• Conservar o patrimonio natural e a biodiversidade

• Incremento do atractivo turístico de Ames

• Preservar a paisaxe como elemento cultural, identitario e de calidade de vida.

Complementariedade con outros programas

(2) Dinamización económica do comercio local de Ames

(3) Fomentar un turismo sostible propio en Ames

(6) Poñer en valor o agro

(10) Minimización dos efectos do Lume

(16) Valorización do patrimonio e da cultura local

Prioridade social

Accións:

7.1 Elaboración dun Plano de ordenación dos recursos naturais en Ames.

7.1.1 Realizar un inventariado sobre o patrimonio arqueolóxico, etnográfico e natural de Ames

7.2 Deseñar programas de educación ambiental para adultos/as e nenos/as para incorporalos en sistemas de educación formal como non formal (“O lume”; “Separar e reciclar”, “Especies autóctonas”)

7.3 Deseñar e implantar un programa municipal de valorización da superficie forestal de Ames de substitución de especies foráneas.

7.4 Divulgación dos valores naturais dos ecosistemas acuáticos

7.5 Deseñar e implementar un programa municipal de conservación e

Plan de Acción

29

recuperación da biodiversidade de Ames, a través de:

• Creación dun viveiro de especies forestais autóctonas

• Convocatoria de subvencións para implantar (e substituír) determinadas especies.

7.6 Difusión e sensibilización sobre o medio natural do municipio

• Promoción de programas de voluntariado ambiental de limpeza e coidado dos montes.

• Creación de programas de sensibilización ambiental desde a Aula da Natureza.

Posibles vías de financiamento:

XUNTA DE GALICIA

Consellería de Medio Ambiente. D.X. de Desenvolvemento Sostible

Consellería de Vivenda e Solo. http://www.xunta.es/auto/igvs/

• Axudas para a rehabilitación de inmobles en conxuntos históricos. • Axudas para a rehabilitación de vivendas no medio rural. • Axudas para a rehabilitación integral de núcleos rurais.

COMISIÓN EUROPEA.

D.X. Medioambiente. Programa LIFE+. http://ec.europa.eu/environment/life/funding/index.htm Comisión Europea. D.X. Medioambiente. Propostas en materia de protección Medioambiental http://ec.europa.eu/environment/funding/general/index_en.htm

Plan de Acción

30

Programa 8: Favorecer o uso de enerxías renovables desde o Concello, así como o aforro enerxético.

Antecedentes:

O Concello de Ames, consume enerxía de diferentes xeitos: da rede eléctrica e máis de combustibles fósiles, particularmente de produtos derivados do petróleo, especialmente para a agricultura, transporte e consumo doméstico.

As empresas existentes funcionan esencialmente con enerxía eléctrica.

Neste senso, o Concello é importador de enerxía e, en aras da sustentabilidade, debería encamiñarse a auto- produción.

O Concello, como entidade ten un consumo enerxético elevado, debido fundamentalmente á iluminación pública. Hai unha necesidade de mudar determinadas actitudes pouco sostibles.

Obxectivos:

• Producir enerxía propia nas explotacións gandeiras e pequenas industrias

• Promover a autonomía enerxética no Concello

• Favorecer o desenvolvemento sostible do planeta e loitar contra o cambio climático.

Complementariedade con outros programas

(9) Subministración de augas e depuración

(16) Valorización do patrimonio e a cultura local

Prioridade social

Accións:

8.1 Exemplaridade da Administración pública: desenvolvemento de accións demostrativas en materia de sustentabilidade enerxética.

8.2 Instalación de placas solares fotovoltaicas e térmicas nos edificios e instalacións do concello apropiadas.

8.3 Concesión de axudas específicas para a instalación de fontes enerxéticas renovables (solar e eólica) ás empresas que se instalen no Polígono Comarcal de Bertamiráns.

8.4 Substitución progresiva da iluminación pública, retirando os farois de alto consumo e baixa eficiencia.

8.5 Substitución progresiva das luminarias de alto consumo e escasa eficiencia nas instalacións municipais.

Plan de Acción

31

8.6 Incorporar criterios de eficiencia enerxética na adquisición de novos equipos ou na adxudicación de obras nas instalacións municipais. En particular, compra de vehículos híbridos no concello.

8.7 Aplicación de criterios de eficiencia enerxética na iluminación de Nadal: emprego de sistemas de iluminación de baixo consumo. Comunicación aos consumidores destas medidas.

Posibles vías de financiamento: Consellería de Innovación e Industria. www.conselleriaciic.org

• Proxectos de mellora das infraestruturas enerxéticas en Galicia. • Fomento da Enerxía Solar

IGAPE. www.igape.xunta.es

• Medidas de apoio a proxectos ambientais. Consellería de Medio Ambiente.

• Axudas ás empresas e ás agrupacións de empresas que realicen investimentos encamiñados á:

1. Prevención e redución da contaminación a través das melloras tecnolóxicas 2. Cambios nas materias primas e produtos utilizados 3. Reutilización o valoración non enerxética.

Plan de Acción

32

Programa 9: Auga.

Antecedentes

O abastecemento de augas no Concello de Ames non presenta problemas pois ao estar nunha área de clima atlántico, cun elevado nivel de precipitación, non existe un risco de seca preocupante, salvo situacións excepcionais.

A depuración de augas residuais é inferior nos pequenos núcleos de poboación.

A situación do río Sar, en canto a calidade de auga é francamente negativa, polos vertidos que proceden do concello veciño.

Non se cumpren os obxectivos xerais da Directiva 2000/60/CE, a coñecida como Directiva Marco da Auga, que obriga, entre outras cuestións, á depuración total da mesma.

Obxectivos:

• Cumprimento dos obxectivos da Directiva Marco da Auga.

• Incrementar a calidade de auga para o consumo

• Reducir as perdas na distribución de auga e incrementar o aforro global de auga no concello (particulares, empresas e institucións).

• Mellora e ampliación da rede de abastecemento e saneamento do medio rural.

• Mellorar a situación do río Sar

Complementariedade con outros programas:

(3) Fomentar o turismo sostible en Ames

(6) Poñer en valor o agro

(7) Preservación e recuperación dos espazos naturais de excepcional valor

(16) Valoración do patrimonio e a cultura local

Prioridade social

Accións:

9.1 Campañas formativas de alternativas ás convencionais para a depuración das augas tradicionais.

9.2 Iniciar particularmente nos núcleos rurais, accións de depuración de augas non convencionais (uso da lagoaxe), de interese tamén para granxas, etc

9.3 Organizar campañas de información sobre a contaminación do río Sar.

9.4 Campañas de limpeza da canle e rexeneración das ribeiras do río Sar.

9.5 Realización de campañas para o aforro doméstico de auga.

Plan de Acción

33

9.5.1 Contratación de mulleres desempregadas que realicen visitas domiciliaras para promover medidas de aforro (Esta estratexia é aplicable tamén a promoción da separación do lixo e a reciclaxe).

9.6 Promoción de medidas de aforro de auga na hostalaría.

9.7 Continuidade nas análises de auga dos ríos e fontes do concello e publicación dos resultados na web municipal.

Posibles vías de financiamento:

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente .D.X. de Desenvolvemento Sostible

Plan de Acción

34

Programa 10: Minimización dos efectos do lume

Antecedentes:

É necesario falar da proliferación dos incendios forestais no marco da configuración actual da vexetación dentro do concello. O ano 2002, 77 foi o número de incendios no Concello de Ames, 53 no 2003 e, 66 no 2004.

A partir do desastre ambiental do lume que asolou Galicia nos primeiros días do mes de agosto do 2006, este programa para o concello de Ames cobra aínda máis importancia e protagonismo.

Obxectivos:

• Reducir o número de incendios e a superficie afectada por estes.

• Mellorar a educación medioambiental do municipio, sensibilizando e avanzando no compromiso de loita contra o lume (coidar e limpar o monte)

Complementariedade con outros programas:

(3) Fomentar un turismo sostible propio en Ames.

(6) Poñer en valor o agro

(7) Preservación e recuperación dos espazos naturais de excepcional valor

(16) Valorización do patrimonio e a cultura local

Prioridade social

Accións:

10.1 Identificar as debilidades e fortalezas do municipio con relación ao lume.

10.2 Realización dun inventario das propiedades forestais municipais.

10.3 Deseñar un protocolo de actuación contra o lume que defina:

• Política municipal- comarcal de prevención de incendios forestais

• Perímetro de seguridade arredor as zonas urbanas e rurais

10.4 Deseñar campañas de sensibilización que promovan o emprego de especies autóctonas no monte.

10.5 Establecemento de liñas de axudas só para a repoboación con especies autóctonas.

10.6 Limpeza de balde de terras a aqueles pequenos propietarios que repoboen con especies autóctonas.

10.7 Limpeza da biomasa combustible no contorno de áreas habitadas, urbanizacións, vivendas, etc.

10.8 Promover a obtención da certificación de xestión forestal sostible para aquelas terras repoboadas con especies autóctonas.

10.9 Apoio a iniciativas de pastoreo extensivo:

Plan de Acción

35

10.9.1 Creación de axudas.

10.9.2 Xestión dos permisos para pastorear como estratexia para manter limpas as terras forestais.

10.9.3 Promoción dos produtos gandeiros dentro da produción ecolóxica e cunha garantía de sustentabilidade que explique os seus beneficios.

10.10 Deseñar campañas e material de sensibilización contra o problema do lume en Ames e a necesidade de controlalo.

10.11 Incrementar a dotación da brigada medioambiental municipal.

10.12 Información sobre cuestións relacionadas co lume e a súa prevención no rural a través dos párrocos, así como a través da radio e prestando especial atención a esta acción de cara a establecer liñas de comunicación, formación e información.

10.13 Deseño dun plan de continxencia (de protección civil) que involucre a todos os actores relacionados directa ou indirectamente coas crises ambientais (non só incendios senón tamén, por exemplo, asolagamentos).

Posibles vías de financiamento:

Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza.Xunta Galicia

Decreto 138/2006 do 24 de agosto, de medidas urxentes de axudas para reparación de danos e perdas causados pola vaga de incendios que asolou Galicia do 4 ao 14 de agosto.DOG de 28 de agosto de 2006, nº 165.

Real Decreto- Lei 8/2006, de 28 de agosto, polo que se aproban medidas urxentes en materia de incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia. BOE de 29 de Agosto de 2006, nº 206.

Plan de Recuperación Forestal

Plan de Acción

36

Programa 11: Fomento dos espazos de participación socioeconómica e política das mulleres.

Antecedentes:

A partir da incorporación da muller ao mercado laboral existe unha dificultade maior de compatibilizar a vida laboral coa vida familiar. Isto ten como consecuencia directa a sobrecarga de traballo das mulleres (traballan na casa e traballan fora1), un dramático descenso das taxas de fecundidade e natalidade, e entre moitas outras cousas a ausencia da participacións social das mulleres de Ames.

A taxa de paro dos fogares de Ames presenta unha grande diferenza entre a taxa de paro masculina (4, 3%) e a taxa de paro feminina (17,7%). Como dato preocupante cómpre sinalar que, desde a perspectiva de desemprego, a tendencia que se observa é de mantemento dese diferencial se o comparamos cos dados do censo de 1991 que apuntaba unha brecha de diferenza de 6 puntos.

Obxectivos:

• Favorecer a conciliación da vida laboral coa vida familiar

• Mellorar a empregabilidade das mulleres no ámbito municipal

• Facilitar a participación socioeconómica e política das mulleres

Complementariedade con outros programas:

(1) Fortalecemento do tecido empresarial de Ames

(2) Dinamización económica do comercio local de Ames

(13)Limitar os niveis de exclusión de determinados colectivos

Prioridade social

Accións:

11.1 Realizar unha diagnose sobre a situación das mulleres en Ames con especial atención ás mulleres inmigrantes.

11.2 A partir da diagnose, definir un Plan de Integración social para o Concello

1 Merece especial atención o caso das mulleres emigrantes do Milladoiro e Bertamiráns

EIXO DE SUSTENTABILIDADE 4

IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

Plan de Acción

37

11.3 Crear subvencións municipais para os/as empresarios/as que elaboren plans de igualdade no que ao seu cadro de persoal se refire

11.4 Promover obradoiros específicos para incentivar a inserción da muller ao mercado laboral-

11.5 Campañas sanitarias para a asistencia e información sobre a menopausa, a fibromialxia e a depresión.

11.6 Difusión é debate a través das asociacións de mulleres da futura “lei de dependencia”. En particular de cara a facilitar o acceso das mulleres á figura de “coidadora”. Así mesmo, poderase empregar esta rede para difundir información relativa a outros programas sociais.

11.7 Apoio á implicación e proactividade do persoal do concello nas políticas de xénero.

11.7.1 Incorporar un módulo de políticas de igualdade nos cursos realizados no Concello.

11.7.2 Sensibilización e formación para persoal do concello en canto a políticas de igualdade de xénero.

11.7.3 Aproveitar a contratación de novo persoal no concello para realizar as actividades de formación e sensibilización no momento de incorporarse ao concello, e promover así a cultura da igualdade de xénero entre o persoal do concello.

11.8 Definir programas municipais que favorezan a conciliación de vida laboral e familiar:

11.8.1 Apoio á continuidade do programa “Bos días cole”.

11.8.2 Incremento e mellora dos centros escolares e gardarías públicas.

11.9 Difundir entre a poboación emigrante, particularmente entre as mulleres, os programas e cursos de a alfabetización de adultos, así como outros programas que poidan contribuír ao seu desenvolvemento persoal.

Posibles vías de financiamento

CONSELLERÍA DE TRABALLO

http://traballo.xunta.es

INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DIRIXIDOS A FAVORECER A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

FINALIDADE / OBXECTIVO

Promover a igualdade de oportunidades no acceso e permanencia no emprego de homes e mulleres e remover os obstáculos que sobre o emprego poden producir a maternidade e outras situacións pertencentes ao ámbito da familia, mediante a concesión de incentivos dirixidos a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, a través das seguintes axudas:

Plan de Acción

38

• Axudas ás empresas que reincorporen a traballadores tras un proceso de maternidade/paternidade.

• Axudas ás empresas que substitúan a persoas traballadoras en excedencia para o coidado de familiares ou con redución da xornada de traballo por motivos familiares.

TIPOS DE APOIO

Axudas a fondo perdido

LEXISLACIÓN

Orde do 27 de marzo de 2006 (DOG nº 64 do 31 de marzo de 2006) PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO EN COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS. http://traballo.xunta.es/index.jsp?lang=gal&menu=pe0&entry=pe3&item=&content=4012

COMISIÓN EUROPEA. D.G. EMPREGO E ASUNTOS SOCIAIS. Community Action Programme to Combat Social Exclusion 2002-2006 http://ec.europa.eu/employment_social/social_inclusion/grants_en.htm

Plan de Acción

39

Programa 12: Atención e mellora da calidade de vida dos maiores.

Antecedentes:

No ano 2004, o índice de envellecemento e de dependencia dos/as maiores de Ames non presentaba un panorama preocupante comparativamente en relación coa media galega e a media provincial. A pesar diso, a maior taxa de envellecemento atópase na zona rural do concello.

A mellora da calidade de vida e o “estado de benestar” favorece a lonxevidade non só no municipio senón en toda Galicia. Como contrapunto, no municipio de Ames non existen centros de atención especializados para os/as maiores, nin espazos de convivencia adaptados ás necesidades da idade.

Obxectivos:

• Potenciar e promover a participación das persoas maiores en actividades

culturais e de lecer. • Valorizar as capacidades e coñecementos das persoas maiores. • Mellorar a infraestrutura municipal de atención os/as maiores

Complementariedade con outros programas

(3) Fomentar o turismo sostible propio en Ames

(5) Fomento de espazos de convivencia cidadá

(13) Limitar os niveis de exclusión de determinados colectivos

Prioridade social

Accións:

12.1 Identificar as necesidades (afectivas, socio-sanitarias, socio-culturais e ocio) dos/as maiores do Concello

12.2 Fomentar programas sociais para maiores

12.3 Deseñar e promover, en función das necesidades detectadas, centros de día, residencias e vivendas asistidas que atendan as necesidades dos/as maiores en Ames, en particular, dos que non teñen domicilio ou dos que debe saír do seu por problemas de accesibilidade ou similares.

12.4 Crear un centro de información/ atención para os/as maiores do municipio.

12.5 Posta en marcha dun programa de respiro familiar, destinado a facilitar as vacacións e os descansos daquelas familias con dependentes ao seu cargo.

12.6 Impulsar a valorización dos coñecementos e capacidades dos maiores.

12.6.1 Realización de estudos tendentes a identificar as capacidades e

Plan de Acción

40

coñecementos dos maiores en Ames, sexa sobre oficios, tradición oral, música, etc.

12.6.2 Programación de actividades de transmisión e difusión destes coñecementos impartidos polos maiores.

Posibles vías de financiamento:

Comisión Europea. D.G. Emprego e Asuntos Sociais.

• Community Action Programme to Combat Social Exclusion 2002-2006 http://ec.europa.eu/employment_social/social_inclusion/grants_en.htm Consellería de Innovación e Industria. www.conselleriaciic.org.

• D.X. de Promoción Industrial e Sociedade de Información. Axudas destinadas a financiar iniciativas dos concellos no ámbito da sociedade da información.

Plan de Acción

41

Programa 13: Limitar os niveis de exclusión de determinados colectivos

Antecedentes:

Falamos de colectivos excluídos socialmente. Moitas veces, este grupo coincide con minorías étnicas, con niveis socioeconómicos moi baixos.

En Ames atópanse grupos de persoas excluídas que se enmarcan socioeconomicamente nos grupos de estranxeiros/as e dos colectivos xitanos, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns.

A pesar de que en Ames, o problema da inseguridade cidadá está crecendo nos últimos anos, non é considerado un problema grave polas persoas asistentes aos obradoiros participativos da Axenda 21 de Ames. Iso si, todos/as coincidían en que a inseguridade aumenta ao tempo que se exclúen mais determinados colectivos existentes no municipio sen ter certeza da relación entre as dúas variables.

É necesario comezar a traballar na interculturalidade e no respecto e a convivencia no municipio.

Obxectivos:

• Fomentar a interculturalidade e o respecto polas culturas no municipio

• Reducir os niveis de exclusión social e económica dos colectivos de estranxeiros/as e xitanos/as en Ames

• Favorecer a inserción laboral de colectivos excluídos en Ames

Complementariedade con outros programas

(1) Fortalecemento do tecido empresarial de Ames

(2) Dinamización económica do comercio local de Ames

(4)Fomento dunha identidade propia de Ames

(11) Fomento dos espazos de participación socioeconómica e política das mulleres

Prioridade social

Accións:

13.1 Realizar unha identificación das características, tipoloxías e necesidades concretas dos colectivos en risco de exclusión no Municipio de Ames.

13.2 Definición de políticas activas en contra da exclusión en función dos resultados do estudo proposto como acción 13.1.

13.3 Deseñar unha guía didáctica (a partir dos resultados da diagnose) para traballar, nos centros escolares, a interculturalidade e a tolerancia ante a diferenza.

13.4 Definir espazos de intercambio cultural entre os diferentes colectivos do Concello: colaboración con inmigrantes para organizar actos multiculturais.

Plan de Acción

42

13.5 Creación dun programa de voluntariado no que os voluntarios se comprometan a conversar con inmigrantes para facilitar a súa integración e a aprendizaxe do galego.

13.6 Reordenación e optimización dos recursos municipais de atención aos inmigrantes. Creación dunha Oficina de Información/atención Social de asesoramento que atenda a todos os colectivos emigrantes do concello.

13.7 Apoio á intervención familiar con menores en risco de desprotección leve ou moderada.

13.8 Intercambio de experiencias: realización do xornadas de intercambio de experiencias como programas sociais exitosos.

13.9 Creación de bancos de tempo.

13.10 Promover programas de bancos de tempo.

13.10.1 Promoción, en particular, da atención aos maiores a través dos bancos de tempo.

Posibles vías de financiamento:

CONSELLERÍA DE TRABALLO

FOMENTO DE EMPREGO DE COLECTIVOS DESFAVORECIDOS - ANEXO A - PROGRAMA DE FOMENTO DA CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL DE COLECTIVOS DE DESEMPREGADOS CON MAIORES DIFICULTADES DE INSERCIÓN LABORAL

FINALIDADE / OBXECTIVO

Este programa ten por obxecto fomentar a creación de postos de traballo de calidade e favorecer a inclusión social mediante o apoio á inserción laboral das categorías de traballadores que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder e permanecer no mercado de traballo.

TIPOS DE APOIO

Axudas a fondo perdido.

LEXISLACIÓN

Orde do 22 de marzo de 2006 (DOG nº 64 do 31 de marzo de 2006)

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

FINALIDADE / OBXECTIVO

Promover a integración laboral das persoas con discapacidade mediante o financiamento daqueles proxectos empresariais de traballadores discapacitados desempregados que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.

TIPOS DE APOIO

Plan de Acción

43

Axudas a fondo perdido e subvencións aos tipos de xuro

LEXISLACIÓN

Orde do 17 de marzo de 2006 (DOG nº 64 do 31 de marzo de 2006).

CONVOCATORIAS DA COMISIÓN EUROPEA

• Apoio a redes europeas clave implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión social (VP/2006/009)

• Relacións laborais e diálogo social (VP/2006/001)

Observacións: Os servizos Intervención familiar con menores en risco de desprotección leve ou moderada, son servizos que proporcionan un apoio socio-educativo especializado a aquelas familias con menores a cargo cuxas carencias no ámbito das habilidades persoais, sociais ou educativas xeran situacións de desprotección infantil leve ou moderada.

Plan de Acción

44

Programa 14: Recuperación/Restauración da arquitectura tradicional

Antecedentes:

A deterioración da arquitectura tradicional abrangue o “Ames urbano” e o “Ames rural”. Por unha banda, “Ames urbano” medra sen orde, os problemas do “feísmo galego” tamén chegaron a Ames.

A partir dos traballos das mesas coa sociedade civil do municipio de Ames, transmitiuse o problema da desorde do crecemento urbano do municipio e do avance da deterioración paisaxística. Por outra banda, o Ames rural, observa pasivo a perda da diversidade, a ocupación das terras fértiles, a desertización o uso de fertilizantes e a contaminación. Vinculado a outros dos eixes deste plan de Acción, é necesario recuperar o uso tradicional do rural

Obxectivos:

• Manter, respectar e coidar a cultura local e as súas expresións arquitectónicas

Complementariedade con outros programas

(3) Fomentar un turismo sostible propio en Ames

(16) Valorización do patrimonio e a cultura local

Prioridade social

Accións:

14.1. Deseñar un Plan Municipal Arquitectónico para o municipio de Ames. 14.2. Definir e convocar subvencións municipais para restauracións de edificios

e casas en Ames. 14.3. Deseño e desenvolvemento de itinerarios histórico–culturais, con fins

pedagóxicos e turísticos. Particularmente no contorno da Ponte Maceira.

Posibles vías de financiamento:

Consellería de Política Territorial, Obras públicas e Transportes

Consellería de Vivenda e Solo

EIXO DE SUSTENTABILIDADE 5

URBANISMO

Plan de Acción

45

Programa 15: Reformulación do Plan de Urbanismo

Antecedentes:

Comparativamente, no 2003, mentres na Comunidade Autónoma Galega os turismos medraban en torno a un 17% en Ames, facíano en case un 50%. O automóbil constitúe o medio de desprazamento hexemónico en Ames (81, 66%) mentres que o autobús tan só o empregan un 7,28% dos/as traballadores/as. Todo isto, pode dar unha imaxe da dificultade de aparcamento existente no municipio.

No que se refire as vías de comunicación, é necesario destacar que existe unha elevada intensidade do tráfico entre Bertamiráns e O Milladoiro (co consecuente aumento da contaminación).

Ao mesmo tempo, en Ames, as beirarrúas son estreitas e existe unha reducida mobilidade tanto para os/as veciños/as que van a pé como para os carriños de rodas.

Este programa de desenvolvemento urbanístico de Ames foi o que atopou maior nivel de concreción entre as mesas participativas de traballo entre marzo e xuño do 2006.

Cómpre sinalar que o actual Plano de Urbanismo debería cumprir coa Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas sobre o medio ambiente (Luxemburgo, 27 xuño de 2001).

Obxectivos:

• Mellorar as comunicacións entre as cidades de Ames

• Mellorar o tráfico no municipio, fomentando o uso do transporte público

• Limitar as barreiras á accesibilidade existentes no municipio.

• Mellorar a estrutura urbanística do municipio

Complementariedade con outros programas

(3) Fomentar un turismo sostible propio en Ames

(14) Recuperación/Restauración da arquitectura tradicional

(16) Valorización do patrimonio e da cultura local

Prioridade social

Accións:

15.1. Identificar as debilidades e fortalezas do Plan de Urbanismo actual de Ames.

15.2. Introducir criterios de sustentabilidade no novo plan urbanístico:

Plan de Acción

46

15.2.1. Restrición das edificacións en zonas húmidas e de inundación.

15.2.2. Restrición ao proceso de difusión da vivenda por todo o territorio do concello.

15.2.3. Fomento do emprego de criterios de eficiencia enerxética e de orientación (que minimicen o consumo enerxético) na construción das vivendas.

15.3. Incrementar zonas verdes en Ames.

15.4. Creación e mellora de parques infantís

15.5. A partir da diagnose urbanística, mellorar a mobilidade peonil nas cidades:

15.5.1. Crear sendas para peóns e bicis, particularmente carril bici en Bertamiráns e no Milladoiro e entre os dous núcleos. De xeito urxente crearase unha senda para peóns e ciclistas entre O Milladorio e o colexio de Ventín.

15.5.2. Peonalizar rúas.

15.5.3. Elevar pasos de peóns alí onde sexa factible.

15.5.4. Ampliar beirarrúas

15.6. Reducir o colapso no tráfico:

15.6.1. Construír aparcadoiros públicos.

15.6.2. Creación dun metro lixeiro (de superficie) entre Bertamiráns- O Milladoiro-Santiago.

15.6.3. Construír circunvalación para as travesías do Milladoiro e Bertamiráns.

15.7. Promoción do transporte colectivo:

15.7.1. Transporte público suficiente e variado.

15.7.2. Paradas de bus amplas e ben dotadas.

15.7.3. Transporte público transversal entre os diferentes núcleos do concello (non só con Santiago).

15.8. A partir da diagnose, planificar a creación de estruturas urbanísticas básicas (centros escolares, centros de saúde, etc).

15.9. Ampliar o inventario de bens catalogados, particularmente no que se refire a arquitectura civil: casas, pazos, etc.

15.10. Creación de sendas peonís entre as urbanizacións que rodean Bertamiráns e O Milladoiro e estes núcleos.

15.11. Realización dun concurso de ideas para o acondicionamento dun apeadeiro de autobuses no centro de Bertamiráns que permita unha espera confortable aos numerosos usuarios que toman o autobús alí.

15.12. Establecemento de contribucións específicas para o reforzamento de infraestruturas básicas (auga, depuración, urbanización, etc) aos promotores de novas urbanizacións.

15.13. Identificación e corrección das barreiras arquitectónicas no concello.

Plan de Acción

47

Posibles vías de financiamento:

Consellería de Política Territorial, Obras públicas e Transportes

Consellería de Medio Ambiente. D.X. de Desenvolvemento Sostible

Comisión Europea dirección xeral de transporte e enerxía.

• Convocatoria de propostas para subvencións no eido do transporte

http://ec.europa.eu/dgs/energy_transport/grants/proposal_en.htm

Concello de Ames:

• Alleamento dos aproveitamentos urbanísticos

Plan de Acción

48

Programa 16: Valorización do patrimonio e a cultura local

Antecedentes:

A cultura local vaise definindo pouco a pouco polo xeito de enfrontarse aos retos do contorno, pola súa historia, pola arquitectura das súas construcións, polas tradicións culturais, etc.

Todo isto define a cultura dun pobo, é necesario polo tanto preservar os elementos identitarios dunha rexión.

Obxectivos:

• Mellorar a calidade de vida dos/as cidadáns de Ames

Complementariedade con outros programas

(6) Poñer en valor o agro

(7) Preservación e recuperación dos espazos naturais de excepcional valor

Prioridade social

Accións:

16.1. Ampliación do catálogo de bens, particularmente de inmobles, protexidos en Ames.

16.2. Establecemento dun plan de difusión do patrimonio de Ames.

16.3. Fomento da rehabilitación nos núcleos rurais.

16.4. Deseño e edición dunha guía das rutas de sendeirismo de Ames.

16.5. Promoción do turismo rural en Ames

Posibles vías de financiamento:

Comisión Europea. FEDER. .Espacio Atlántico 2007-2013.. Programa Obxectivo 3 .Cooperación Territorial. (antigo Interreg). http://www.atlantique-2007-2013.org/ Consellería de Vivenda e Solo. http://www.xunta.es/auto/igvs/

• Axudas para a rehabilitación de inmobles en conxuntos históricos. • Axudas para a rehabilitación de vivendas no medio rural. • Axudas para a rehabilitación integral de núcleos rurais.

Plan de Acción

49

Plan de Acción

50

6. DEFINICIÓN DE DIRECTRICES ESTRATRÉXICAS PARA A ECOEFICIENCIA MUNICIPAL o r i e n t a c i ó n s t é c n i c a s

Plan de Acción

51

6.1. REDUCIÓN, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE

1. Recollida selectiva dentro do concello.

2. Tratamento de residuos.

Pautas xerais

Clasificación e establecemento dun sistema de recollida de residuos xerados nas dependencias municipais. Establecemento de pautas en

todos os departamentos ou áreas de traballo municipal.

Elaboración e difusión dun pequeno manual onde se recollan as pautas a seguir para a redución, reutilización e reciclaxe de materiais

nas dependencias municipais.

Sensibilizar e formar o persoal municipal en relación coa reutilización e reciclaxe do papel, de forma que se garanta a participación de

todos e todas, e insistindo no feito de que a acción individual contribuirá á mellora do medio e a un aforro económico significativo.

Sinalizar e informar sobre o sistema de recollida selectiva que existe nas dependencias municipais (carteis, rótulos, informes nos

taboleiros de anuncios...).

Difundir entre a poboación os resultados da recollida selectiva de papel nas dependencias municipais.

Plan de Acción

52

Lograr e difundir unha imaxe de cultura recicladora desde as dependencias municipais para contribuír a que a cidadanía adopte hábitos

cara ao aforro de materiais (papel, plástico, etc.)

Seleccionar os materiais das dependencias municipais que están en desuso, coa finalidade de ser reutilizados internamente ou ben ser

doados a entidades sociais, centros escolares, ou outros lugares de interese onde poidan ser aproveitados (mobiliario, equipos informáticos, etc.)

Respecto ao uso do papel

Coñecer o consumo de papel nas instalacións municipais (onde se consume, para que, en que formato), e elaborar informes periódicos de

seguimento do consumo-aforro, así como marcar obxectivos anuais de redución e reciclaxe.

Informar o persoal do concello sobre:

- Os beneficios da recollida selectiva do papel.

- Os obxectivos de redución e reciclaxe no ano seguinte.

- Os materiais que non deben ir ao colector do papel.

- A necesidade de dar exemplo desde a Administración.

Algúns consellos para o aforro de papel:

- Establecer e difundir instrucións, con carácter de norma interna, para aforrar papel á hora de editar e fotocopiar documentos.

- Fomentar o uso de intranet coa finalidade de facilitar moitas das tarefas e minimizar o uso de papel.

- Minimizar a utilización de papel novo de calidade para borradores e usos secundarios internos.

- Utilizar a dobre cara nas fotocopias e edicións de documentos internos e externos.

Plan de Acción

53

- Reducir a cantidade de papel utilizado en fotocopias e na redacción de informes e documentos.

- Utilizar o papel escrito por unha cara para os borradores e outros usos secundarios internos.

- Establecer lugares de localización do papel de baixa calidade ou escrito por unha cara accesible para todos os usuarios.

- Evitar duplicados innecesarios e facilitar o acceso aos orixinais a todo o persoal que o requira.

- Revisar correctamente os documentos antes de imprimilos.

- Avaliar o número de copias necesarias de cada tipo de documento de uso interno.

- Priorizar o correo electrónico sobre a impresión en papel na comunicación interna ou na elaboración compartida ou revisión de documentos.

6.2. FLUXOS DE ENERXÍA

1. Consumo de auga, electricidade e combustible.

2. Mantemento de zonas verdes, parques e prazas.

3. Transporte e mobilidade.

Respecto ao aforro de electricidade nas oficinas e outras dependencias:

Coñecer o consumo de electricidade nas dependencias municipais.

Elaboración de directrices xerais para a optimización do gasto.

Plan de Acción

54

Algúns consellos para o aforro enerxético:

- Substituír as lámpadas normais por outras de baixo consumo. - Apagar as luces innecesarias (no caso dos fluorescentes poden ser apagados se o tempo que imos tardar en acendelos é

superior aos 20-30 minutos). - Apagar o ordenador para períodos de inactividade superiores a unha hora. - Configurar o salvapantallas en modo en negro, que aforrará enerxía (aconsellase un tempo de 10 minutos para que entre en

funcionamento). - Utilizar impresoras e fotocopiadoras que teñan sistemas de aforro de enerxía. - Apagar a impresora sempre que non se estea utilizando. - Climatización: manter portas e ventás pechadas, airear durante 10-15 minutos é suficiente. - Non tapar as fontes de calor (radiadores ou aire acondicionado) con elementos. - Regular os radiadores para non quentar corredores nin estancias non utilizadas. - Regular a temperatura a non máis de 22ºC.

Respecto ao aforro de electricidade e contaminación lumínica no espazo público:

Establecer un control das instalacións existentes e deseñar un plan de mellora da iluminación co obxectivo de diminuír o consumo e a

contaminación lumínica: ‐ Usar en parques lámpadas con criterios de baixo consumo (vapor de sodio) que teñen un consumo de entre un 50 e un 60% inferior

respecto ás de mercurio e luminicamente contaminan menos. ‐ Evitar o uso de raios de luz dirixidos ao ceo. Iluminar cara á terra creando conos agudos, evitando a dispersión da luz. ‐ Apantallar os farois para que reenvíen cara á terra a luz que escapa. ‐ Non usar luminarias tipo globo sen pantalla, desaproveitan máis do 50% da electricidade, e ao dispersar tanto a luz é necesario

empregar lámpadas de moitos mais vatios. ‐ Utilizar luz vermella en lugar de azul ou branca, son case invisibles para a maioría dos organismos. ‐ Evitar as lámpadas de mercurio que son moi agresivas cos invertebrados. ‐ Utilizar a potencia lumínica necesaria para cubrir as necesidades sen prexudicar a fauna. ‐ Non instalar, como norma, lámpadas que produzan máis luz da necesaria.

Plan de Acción

55

‐ Utilizar sistemas de fluxo lumínico que permitan reducir a luz durante as horas de baixa actividade nas rúas. ‐ Apagar a iluminación ornamental despois das 23 ou 24 h, segundo a época do ano. ‐ Modificar as instalacións antigas seguindo criterios de eficiencia enerxética.

Ter en conta o impacto da iluminación en todo novo proxecto de urbanización e á hora de substituír o actual.

Incluír criterios ambientais nos pregos de cláusulas administrativas de obras e cambios de iluminación.

Utilizar as ordenanzas municipais como ferramenta para promover e potenciar a redución da contaminación lumínica.

Utilizar o tipo de iluminación máis adecuado segundo o seu uso: viario, zonas de peóns, ornamental, etc.

Utilizar sistemas de acendido (células fotoeléctricas de gran calidade ou reloxos astronómicos) para asegurar que a iluminación non

queda acesa nas horas que hai luz natural.

Facer que os peches das pantallas sexan planos e o material utilizado teña gran capacidade de transmisión e resista os efectos da

intemperie e o paso do tempo.

Para a iluminación ornamental, utilizar luminarias asimétricas de alto rendemento. Iluminan mellor con menos luz.

Evitar a emisión de luz por riba da horizontal, sobre todo na iluminación de vías e rúas.

Establecer un diálogo entre o concello e as empresas e os particulares para que a iluminación de recintos privados exteriores, fachadas e

rótulos publicitarios atendan, na medida do posible, a criterios de redución da contaminación lumínica nocturna e de eficiencia do consumo enerxético.

Restrinxir o uso de canóns láser dirixidos ao ceo desde instalacións turísticas e comerciais con finalidades de reclamo e publicitarias.

Plan de Acción

56

Promover a utilización de lámpadas de baixo consumo e de luz vermella nos escaparates e rótulos publicitarios.

Establecer un horario de apertura y peche das luces dos escaparates e rótulos publicitarios.

Promover o apagado das luces exteriores nos xardíns privados cando non sexan realmente necesarias.

Non usar pantallas tipo globo sen apantallamento que evite a proxección de luz por riba da horizontal na decoración de xardíns.

Usar proxectores de pantallas asimétricas para iluminar fachadas e dirixir sempre que sexa posible o fluxo luminoso de arriba a abaixo.

Respecto ás enerxías renovables:

Colocación en edificios públicos de paneis solares.

Configuración dun parque automobilístico municipal baseado en motores de baixo consumo e enerxías limpas.

Utilización da enerxía solar térmica en todos os novos edificios e equipamentos municipais que consuman auga quente: pavillóns e pistas

polideportivas, piscinas climatizadas ou ao aire libre, dependencias para servizos de limpeza, talleres, xardinería, centros de ensino, centros de saúde, residencias, etc.

Introducir os criterios de arquitectura bioclimática nos equipamentos municipais (orientación do edificio, ventilacións, factores

ambientais da zona, distribución de espazos, materiais, etc.)

Difundir entre os arquitectos, construtores e fontaneiros que traballan dentro do concello, e tamén entre os particulares, a existencia de

produtos aforradores de auga: billas e elementos de ducha, limitadores de caudal, váteres e outros sistemas que minimizan o consumo (billas electrónicas ou electrostáticas, recirculación das augas grises para a súa utilización nos sanitarios, etc.)

Plan de Acción

57

Elaboración dunha ordenanza municipal que recolla as normas encamiñadas a lograr o aforro da auga nas vivendas de nova construción e

nas que se reformen. Fomentar a creación de depósitos de almacenamento de auga que actúen de reserva en caso de escaseza, especialmente no ámbito rural do concello.

Respecto ao aforro da auga:

Xeneralizar o uso de mecanismos e sistemas aforradores de auga en todas as dependencias públicas onde se utiliza a auga. Substituír

pouco a pouco as billas, duchas e váteres actuais, a medida que haxa que renovar os aparellos, por outros aforradores de auga.

Planificar, adecuadamente, as tarefas de revisión e mantemento das instalacións.

Sensibilizar os usuarios para un uso e consumo correctos e aforradores de auga nas dependencias municipais.

Engadir nos pregos de prescricións técnicas de toda nova instalación municipal a obrigatoriedade de utilizar sistemas e mecanismos

aforradores de auga.

Pechar parcialmente as chaves de paso para reducir a presión que chega a billas, duchas e sanitarios.

Instalar contadores nas diversas áreas das dependencias municipais para coñecer o consumo real e poder adoptar medidas de aforro en

puntos onde se detectan altos consumos.

Mellorar a eficiencia na rega das zonas verdes municipais e na limpeza das rúas:

- Utilizar para a rega e a limpeza viaria auga de segunda calidade que cumpra as normas sanitarias esixibles. - Deseñar as zonas verdes con criterios de aforro de auga. - Planificar as operacións de rega e limpeza coa flexibilidade necesaria para aproveitar os fenómenos meteorolóxicos.

Plan de Acción

58

- Realizar actividades de formación e sensibilización en boas prácticas para os operarios de parques e xardíns e da limpeza viaria. - Utilizar sistemas de microrrega no lugar de inundación e sistemas automáticos temporizados para a rega en horario nocturno, xa que

diminúen a cantidade de auga que se perde por evaporación. - Utilizar sistemas de limpeza de alta presión e baixo caudal no lugar de mangueiras convencionais de baixa presión. - Seleccionar, para as zonas verdes, especies de plantas autóctonas, adecuadas á climatoloxía da zona e de baixos requirimentos

hídricos. - Agrupar as plantas dos parques e xardíns públicos en función das súas necesidades hídricas: se as que necesitan máis auga están

xuntas, non fará falta regar tanto as outras zonas. - Utilizar, para as fontes ornamentais, mecanismos de recirculación da auga

6.3. COMPRA “VERDE” E RESPONSABLE

1. Adquisición e consumo de recursos.

2. Mobiliario urbano.

Pautas xerais:

Definición de criterios comúns a todos os departamentos municipais na compra de material de oficina (papel reciclado,...).

Definición de criterios de compra de mobiliario para os servizos municipais (madeiras certificadas (FSC), etc.)

Respecto á compra de papel:

Definición de criterios á hora de comprar papel.

Plan de Acción

59

- Comprar, sempre que o seu uso o permita, papel reciclado sen branquear ou branqueado sen cloro.

- Comprar papel ecolóxico (papel non reciclado, branqueado sen cloro) cando a función do material non aconselle o uso de papel reciclado.

- Comprar sobres sen ventá de plástico, coa finalidade de facilitar a súa posterior reciclaxe.

- Evitar a compra de rotafolios (encerados de papel) en favor de encerados para rotuladores que se poden borrar.

- Evitar a compra de papel non reciclable para aparatos de fax, impresoras, etc.

- Comprar arquivadores e carpetas reciclables, preferentemente de cartón e reciclado.

Respecto a outros materiais de oficina:

Comprar produtos de calidade e reutilizalos ao máximo.

Evitar os produtos que conteñan mesturas de materiais coa finalidade de facilitar a súa posterior reciclaxe.

Procurar a compra de arquivadores e carpetas de cartón evitando así os plásticos.

Procurar a compra de bolígrafos recargables e de portaminas en lugar de lapis.

Procurar a compra de colas con base acuosa.

Respecto á compra de mobiliario:

Adquisición de mobiliario urbano con criterio ecolóxico.

Plan de Acción

60

Adquisición de mobiliario de oficina con criterios ecolóxicos.

Respecto á maquinaria e informática:

Comprar ordenadores con sistema de aforro enerxético.

Comprar fax, impresoras e fotocopiadoras que posúan sistemas de aforro enerxético.

Respecto ós produtos de limpeza e hixiene:

Prescindir de produtos innecesarios, como poden ser ambientadores, suavizantes, desinfectantes, etc.

Reducir o consumo de produtos químicos.

Substituír produtos problemáticos ambientalmente por produtos menos nocivos. Por exemplo, en lugar de limpar o váter con lixivia

facelo con vinagre ou utilizar liñas de produtos ecolóxicos de limpeza nas dependencias municipais.

Procurar que o papel de váter, material de corta vida, nin sexa branqueado nin coloreado.

6.4. CONDICIÓNS DE TRABALLO

1. Procedementos e mecanismos de traballo.

Plan de Acción

61

2. Calidade dos espazos/dependencias municipais.

Creación dunha Comisión Técnica de Xefes de Servizo.

Primar aqueles procesos nos que se busque unha maior coordinación e transversalidade.

Utilización das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) para mellora da xestión municipal (sistematización da información,...).

Acondicionamento dos espazos de traballo (control de ruídos, ergonomía...).

Compactación das dependencias municipais.

Elaboración dunha RPT ou outro instrumento que garanta unha adecuación do persoal existente ás necesidades de traballo da

organización municipal.

6.5. RELACIÓN ADMINISTRACIÓN-CIDADANÍA

1. Planificación na edición de material informativo no ámbito municipal.

Promover o aforro de papel nos envíos de correspondencia municipal externa, priorizando a eficacia comunicativa.

Evitar o uso de sobre utilizando a mesma folla do escrito como sobre de envío nas comunicacións que o permitan.

Plan de Acción

62

Enviar, sempre que sexa posible a través de correo electrónico, os documentos, informes, expedientes, etc a persoas ou organismos externos.

Crear listas de distribución de determinados tipos de comunicacións, de forma que soamente se dirixan aos interesados.

Axustar ao máximo o número de exemplares editados á demanda real, especialmente boletíns, carteis, programas, invitacións..., é dicir,

aqueles materiais que non adoitan conservarse.

Crear puntos de información nos diferentes centros públicos municipais, lugares públicos, vitrinas exteriores nos puntos céntricos, que

eviten determinadas comunicacións por escrito.

Establecer un plan de distribución no mesmo momento de decidir unha publicación, coa finalidade de evitar stoks e a necesidade de

reedicións.

Identificar e visualizar mediante o logo da A21 de Ames as iniciativas desprendidas desta planificación.

6.6. SERVIZOS EXTERNALIZADOS

1. De cara á cidadanía.

2. De cara aos propios traballadores municipais.

Incorporación de lóxicas ecoeficientes nos servizos prestados a través das empresas concesionarias.

Estender a certificación da norma UNE-EN ISO 14.001 a todas as empresas concesionarias.

Plan de Acción

63

Establecer criterios ecolóxicos nos provedores de servizos á Administración (máquinas expendedoras, servizos de limpeza,...)

Definir recomendacións que redunden nun comportamento responsable e ecolóxico das empresas que presten os seus servizos ao

Concello.

Plan de Acción

64

7. CADRO DE INDICADORES.

7.1. OS SISTEMAS DE INDICADORES DA AXENDA 21 LOCAL DE AMES.

A función dos indicadores é axudar a coñecer de maneira rigorosa a realidade e, no caso específico dunha Axenda 21 local, a súa principal función é medir o grao en que, a través das medidas programadas no plan de acción, se están a acadar progresivamente maiores cotas de sustentabilidade. A comprensión dos factores clave é previo á selección de indicadores, para non caer nunha serie de datos sen significación desde o punto de vista da análise e a toma de decisións. Son, en consecuencia, unha ferramenta eficaz que axuda na xestión dun plan de desenvolvemento sostible.

A amplitude dos aspectos económicos, sociais e ambientais, sobre os que é preciso actuar trasládase ao cadro de indicadores, que procura establecer unha visión completa da realidade. E, do mesmo modo que non se pode acadar a total sustentabilidade dun territorio no curto é medio prazo, o sistema de indicadores proposto non poderá ser completado nun prazo curto, senón que algúns dos indicadores propostos requirirán, ás veces, modificacións nos sistemas de recollida e tratamento da información no ámbito local (tanto para a Administración, como para as empresas concesionarias de servizos) e, outras, a provisión de novas estatísticas polos organismos competentes rexionais ou estatais. De modo que, algúns dos indicadores propostos só poderán se calculados a curto prazo, mentres que outros deberán calcularse a medio prazo e algúns outros, nun futuro máis afastado. Así, este sistema de indicadores pretende definir tamén unha senda para orientar a satisfacción das necesidades de información para a sustentabilidade que deberán acometer a sociedade Amiense durante ás próximas décadas.

Este sistema indicadores se divide en tres grandes apartados: un primeiro onde se agrupan os indicadores de carácter ambiental e territorial, un segundo onde se estruturan os de tipo socio-económico e, finalmente, un pequeno apartado, onde se avalía a grao de execución do plan.

Plan de Acción

65

7.2. INDICADORES AMBIENTAIS.

Indicador Definición Medición Fonte Tendencia desexada

Territorio e vivenda

Grao de dispersión da poboación

% de residentes que viven en núcleos compactos

Residentes en solo urbano + residentes en núcleos rurais tradicionais / Poboación total

Concello de Ames

IGE Aumento

Infraestruturas para a mobilidade sostible Km totais de sendas peonís e carrís-bici Concello de Ames Aumento

Intensidade urbanizadora da economía local

Relación entre o grao de desenvolvemento económico a actividade da construción

Sup de vivenda construída por ano / PIB local IGE

Urbanismo adaptado ao medio

Estimación da penetración dos criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética no urbanismo a través do número de certificacións de eficiencia enerxética

Nº de certificados de eficiencia enerxética de edificios ou vivendas Concello de Ames Aumento

Taxa de rehabilitación de vivendas

Estimación do grao de conservación da arquitectura tradicional no que a vivenda se refire

(Nº de licenzas concedidas para a rehabilitación de vivendas por ano / Nº total de edificios en mal estado) x 100

Concello de Ames

EIEL (Deputación Coruña) Aumento

Sobreconstrución de Avalía o potencial de ocupación urbana do (Nº de vivendas construídas por ano / Nº EIEL (Deputación Coruña) Diminución

Plan de Acción

66

Indicador Definición Medición Fonte Tendencia desexada

vivendas terreo a partir da determinación das vivendas novas que se constrúen sen ocupar as vivendas baleiras.

de vivendas baleiras) x 100 Concello de Ames.

Accesibilidade á vivenda Nº vivenda VPO /Nº vivendas totais x 100 Concello de Ames Aumento

Biodiversidade

Riqueza animal Nº de especies de vertebrados presentes no concello

Nº de especies de vertebrados no concello Traballo de campo Aumento ou

estabilidade

Riqueza vexetal Nº de plantas presentes no concello Nº de especies de plantas no concello Traballo de campo: mostraxe en puntos fixos

Aumento ou estabilidade

Preservación da biodiversidade

Tendencia poboacional das especies animais e vexetais presentes no Concello

Evolución do número de especies animais e vexetais no concello Concello de Ames Aumento

Espazos naturais

Protección de espazos de interese natural

Espazos do concello con interese natural que contan con algunha figura de protección (nacional, rexional, local), fronte á superficie total municipal.

Superficie de espazos naturais con algún tipo de figura de protección / superficie total do concello

Consellería de Medio Ambiente.

IGE Aumento

Auga

Consumo de auga por habitante e día

Avalía o número de habitantes con acceso a unha xestión correcta das augas residuais

Litros diarios consumidos / Nº habitantes Estabilidade ou diminución

Xestión de augas residuais domésticas Poboación con acceso a depuración /

Poboación total x 100 Concello de Ames Aumento

Verquidos incontrolados Nº de puntos de vertido incontrolado Traballo de campo Diminución

Plan de Acción

67

Indicador Definición Medición Fonte Tendencia desexada

Calidade da auga dos acuíferos

Evolución da calidade da auga dos principais acuíferos do municipio. Calculase a partir dos dados analíticos de nitratos

Concentración de nitratos na auga dos principais acuíferos Traballo de campo Diminución

Rendemento técnico da rede de distribución

Defínese como o cociente entre o volume total de auga rexistrado polos contadores asociados ás subministracións a clientes (volume rexistrado) e o volume total de auga entregado á rede de distribución, medido nas cabeceiras desta, é dicir, á saída dos depósitos de reserva ou puntos de alimentación directa (Volume entregado)

Volume rexistrado / Volume entregado A diferenza entre o volume entregado e o volume rexistrado está constituída por:

Consumos non medidos: limpeza e baldeo de rúas, rega de xardíns, servizos de extinción de incendios, limpeza de conducións e outros consumos propios.

Fugas en instalacións interiores previas aos instrumentos de medida (danse especialmente en edificacións antigas con escaso nivel de mantemento e conservación).

Fugas na rede de distribución. Subcontaxe de contadores.

Un rendemento elevado denota unha elevada capacidade de aforro de auga, mentres que un rendemento baixo é expresión ou sinal de dilapidación.

Empresa municipal de augas. Aumento

Aire

Contribución local ao cambio climático global

Avalía a emisión de CO2 como o principal gas responsable do efecto invernadoiro e quecemento global do planeta

Emisións de CO2 por tráfico de vehículos + Emisións de CO2 por consumo eléctrico.

Concello de Ames e IGE (Estimación) Diminución

Plan de Acción

68

Indicador Definición Medición Fonte Tendencia desexada

Intensidade da emisión de contaminantes atmosféricos

Avalía a emisión de contaminantes atmosféricos no Concello.

TN contaminantes atmosféricos / superficie total do concello (en Km2)

Concello de Ames (Estimación) Diminución

Agricultura e gandaría

Prácticas agrarias ambientais

Medición das prácticas agrícolas e gandeiras baseadas na práctica ecolóxica e na conservación dos recursos do medio

Nº de explotacións de agricultura ecolóxica.

Nº de hectáreas dedicadas á produción ecolóxica.

CRAEGA

Concello de Ames. Aumento

Gandaría sostible % gandaría en extensivo e semiextensivo vs intensivo

Consellería de Medio Rural.

Concello de Ames

Sostenibilidade enerxética das explotacións Nº explotacións con autoprodución

enerxética / Nº total de explotación x 100 INEGA Aumento

Usos forestais

Uso forestal sostible Nº de hectáreas con especies autóctonas Traballo de campo Aumento

Incendios Nº incendios forestais e non forestais Consellería de Medio Rural Diminución

Transporte e mobilidade

Transporte público Nº de viaxeiros en transporte público ou colectivo Empresa concesionaria Aumento

Intensidade do transporte privado

% de desprazamento en transporte privado sobre o total de desprazamentos.

(Nº de desprazamentos en vehículo privado / A pe + en bicicleta + transporte público + transporte privado ) x 100

Traballo de campo Diminución

Plan de Acción

69

Indicador Definición Medición Fonte Tendencia desexada

Enerxía

Consumo enerxético no conxunto do concello Megawatios consumidos no conxunto do

concello UNIÓN FENOSA Estabilidade ou diminución

Consumo enerxético dos servizos e inmobles municipais

Megawatios consumidos nas instalacións do Concello de Ames Concello de Ames

Autoprodución enerxética

Avalía a capacidade dos propios habitantes do Concello para ser autosuficientes enerxeticamente.

Megawatios producidos polo concello

NOTA: deste cálculo quedan excluídas as instalacións de tipo industrial (centrais hidroeléctiras, centrais eólicas, térmicas, etc.).

Concello de Ames Aumento

Residuos

Produción de RSU

Cantidade de residuos xerados por habitante e ano. Seguimento anual da produción por hab. para avaliar a capacidade de prevención e minimización dos residuos producidos.

Produción de RSU / Nº habitantes SOGAMA

Concello de Ames Estabilidade ou diminución

Autocompostaxe doméstica Nº de composteiros domésticos Concello de Ames Aumento

Recollida selectiva e reciclaxe

Avalía a separación real do lixo por fraccións de cara a súa reciclaxe.

TN de lixo recollidas selectivamente/ Nº total de RSU Empresa concesionaria Aumento

Vertedoiros incontrolados Nº de vertedoiros incontrolados Traballo de campo Diminución

Recollida selectiva e Nº de TN recollidas selectivamente / Tn de Empresa concesionaria Aumento

Plan de Acción

70

Indicador Definición Medición Fonte Tendencia desexada

reciclaxe de residuos industriais e agrarios

lixo producido

Educación ambiental

Educación ambiental Nº xornadas e activades de educación ambiental Concello de Ames Aumento

Formación Ambiental da cidadanía

Nº cidadáns que participa en actividades de formación e educación ambiental por ano

Concello de Ames Aumento

Plan de Acción

71

7.3. INDICADORES SOCIOECONÓMICOS.

Indicador Definición Cálculo Fonte Tendencia desexada

Benestar económico

Renda familiar bruta dispoñible per cápita

Estima os ingresos de que dispoñen os fogares ao longo dun ano para destinar a consumo ou aforro e reflicte a capacidade adquisitiva dos fogares como resultado dos procesos de produción, asignación e distribución da renda.

Publicado IGE, Informe La Caixa, Informe Caixa Nova Aumento

Indicador de renda familiar bruta dispoñible Publicado IGE, Informe La Caixa,

Informe Caixa Nova Aumento

Poboación con risco de exclusión económica

Porcentaxe de declarantes no tramo de renda máis baixo

Declarantes con renda < 6.010,12€ / Total declarantes x 100 IGE Diminución

Mercado laboral Diminución

Taxa de desemprego Indica a proporción de persoas que non traballan sobre o total da poboación activa Total parados / Total activos x 100 CENSO Diminución

Taxa de desemprego feminina

Indica a proporción de mulleres que non traballan sobre o total da poboación activa feminina.

Total paradas / Total mulleres activas x 100 CENSO Diminución

Plan de Acción

72

Indicador Definición Cálculo Fonte Tendencia desexada

Eventualidade laboral Estima o número de contratos eventuais en relación ao número total de contratos asinados

Nº contratos temporais/Nº Contratos Totais

Dir. X. Da Seguridade Social Diminución

Estrutura Económica e Empresarial

Taxa de dependencia empresarial

Indica o grado de dependencia económica en relación a un conxunto limitado de empresas.

Emprego nas 3 empresas de maior tamaño / Emprego total no concello X 100 Base de dados ARDAN Diminución

Taxa de cualificación laboral

Indica o peso da poboación ocupada con estudios medios ou superiores

Nº empregados con estudos medios ou superiores/Nº empregados totais

Censos e Padróns de Poboación Aumento

Taxa de introdución da sociedade de información

Indica o peso que teñen as empresas con páxina web no número de empresas totais

Nº de empresas con páxina web/Nº de empresas totais Base de dados Ardán Aumento

Innovación e xestión sostible de empresas e institucións

Proporción de organizacións públicas e privadas que están adoptando procedementos de xestión da calidade, xestión medioambiental e social

Porcentaxe de organizacións privadas e públicas que teñen adoptado sistemas de xestión da calidade, medioambiental ou social, tales como EMAS, sistemas de auditorías, ISO 14001, ISO 9000...

Observatorio da Calidade de Galicia Aumento

Participación Social e Igualdade de oportunidades

Taxa de asociacionismo

Indica o número de asociacións da cidade en relación á poboación total. Este indicador presenta como limitación o feito de traballar só coas asociacións formalmente constituídas.

Nº asociacións / Nº habitantes x 1000

Concello de Ames Aumento

Plan de Acción

73

Indicador Definición Cálculo Fonte Tendencia desexada

Participación cidadá Evidencia o esforzo que fan as autoridades municipais para promover a participación cidadá.

Nº de reunións do Foro Ames 21 Concello de Ames Aumento

Presenza asociativa A súa evolución indica a dinámica do asociacionismo no concello Nº de asociacións no concello Concello de Ames Aumento

Intensidade do asociacionismo feminino Nº de mulleres asociadas / Poboación

feminina x 100 Concello de Ames Aumento

Intensidade do asociacionismo de maiores Nº de maiores asociados / Pob > 65 anos

x 100 Concello de Ames Aumento

Asociacionismo ambiental

Considérase organización ambiental á aquela que nos seus estatutos contempla a protección e mellora do medio ambiente. Considéranse tanto organizacións locais, como supralocais, como Adega, Greepeace, Seo-Birdlife, etc

Nº de afiliados a organizacións ambientais no concello Organizacións ambientais Aumento

Participación política das mulleres

Representación política das mulleres en relación á comarca e Galicia

Nº de mulleres que forman parte dos órganos de representación política ou institucional do concello

IGE Aumento

Educación e nivel de instrución

Taxa de analfabetismo

(Nº de analfabetos + Nº de persoas sen estudos) / Total habitantes x 100

Resulta de interese distinguir a taxa masculina e a feminina.

IGE Diminución

Plan de Acción

74

Indicador Definición Cálculo Fonte Tendencia desexada

Calidade do ensino Número de alumnos por profesor no ensino primario e infantil Nº de alumnos / Nº de profesores IGE Estabilidade

Amplitude da oferta educativa

Extensión da oferta nos diversos niveis do ensino non superior e doutras modalidades ou especialidades do ensino

Consellería de Educación Aumento ou estabilidade

Deportes

Dotación de instalacións % de parroquias que teñen polo menos unha pista deportiva

Nº de parroquias que teñen polo menos unha pista deportiva / Nº total de parroquias x 100

Concello de Ames Estabilidade ou aumento

Diversificación da oferta Nº de deportes que poden ser practicados en Ames Concello de Ames Aumento ou

estabilidade

Aprendizaxe para o deporte Nº de escolas deportivas ofertadas

anualmente Aumento ou estabilidade

Saúde

Servizos básicos de atención primaria

Número de prestacións sanitarias nos centros de saúde

Nº de servizos básicos dispoñibles nos Centros de Saúde de Ames SERGAS Aumento ou

estabilidade

Dotación de camas e UVI para atención de emerxencias

Número de camas e unidades de coidados intensivos nos centros de saúde

Nº de camas e UVI dispoñibles nos Centros de Saúde de Ames SERGAS Aumento ou

estabilidade

Recursos humanos dispoñibles Recursos humanos en Atención Primaria

por cada 1000 habitantes SERGAS Aumento ou estabiliade

Cultura

Plan de Acción

75

Indicador Definición Cálculo Fonte Tendencia desexada

Oferta cultural Expresa o número de eventos culturais que se celebran no concello

Nº de eventos culturais celebrados anualmente Concello de Ames Aumento ou

estabiliade Dotación de referencias bibliográficas na biblioteca

Indica o número de libros e revistas existentes na biblioteca

Nº de referencias bibliográficas da biblioteca Concello de Ames Aumento ou

estabiliade

Repercusión da biblioteca Estima a demanda de préstamos bibliotecarios ao longo dun ano Nº anual de préstamos da biblioteca Concello de Ames Aumento

Talleres de lectura, escritura e oralidade para nenos e adultos

Número de cursos e/ou talleres ofertados de escritura para nenos e adultos Nº anual de cursos ou talleres Concello de Ames

Aumento ou estabiliade

Identidade cultural local/comarcal % de poboación galegofalante (Poboación galegofalante / pob. total) x

100 IGE Aumento

Seguridade cidadá

Seguridade cidadá Nº de denuncias presentadas vinculadas á seguridade cidadá Garda Civil Diminución

Inmigración

Presenza de emigrantes Peso da poboación estranxeira no concello

Nº de habitantes estranxeiros / Nº total de habitantes x 100

Censos e Padróns de Poboación Aumento

Terceira idade

Programas para a participación da terceira idade

Nº de eventos favorecedores da integración e participación dos maiores Concello de Ames Aumento ou

estabilidade

Xénero

Plan de Acción

76

Indicador Definición Cálculo Fonte Tendencia desexada

Campañas de sensibilización Nº de actividades de sensibilización

realizadas Concello de Ames Aumento

Incidencia da violencia de xénero Nº de denuncias presentadas por

violencia de xénero Concello de Ames Diminución

Sociedade da información

Taxa de introdución da sociedade da información nos fogares

Indica que porcentaxe da poboación conta con acceso a internet no concello

Nº fogares con acceso a internet/Nº fogares totais

Censos de poboación e vivendas Aumento

Taxa de introdución da sociedade de información

Indica o peso que teñen as empresas con páxina web no número de empresas totais

Nº de Empresas con páxina web/Nº de Empresas totais Base de dados Ardán Aumento

Taxa de introdución de internet de alta velocidade

Indica o porcentaxe de cobertura da internet de alta velocidade

Poboación con acceso a banda ancha / Poboación total x 100 - Aumento

Plan de Acción

77

7.4. INDICADORES DE EXECUCIÓN.

Indicador Definición Medición Fonte Tendencia desexada

Avaliación e seguimento Nº de indicadores calculados / Nº total de indicadores x 100 Concello de Ames Incremento

Execución Nº de programas implementados / Nº total de programas x 100 Concello de Ames Incremento

Participación Nº de reunións anuais do Foro celebradas Concello de Ames Incremento

Plan de Acción

78

8. CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS.

O Plan de Acción da Axenda 21 de Ames constitúe o desenvolvemento do proxecto que a cidadanía de Ames deseñou para o seu territorio a través dun proceso de participación social. Este proxecto goza, por tanto, dunha elevada lexitimidade e implica unha mandato de execución.

A simbolización da materialización deste compromiso debera materializarse na aprobación en pleno deste plan de acción, así como da constitución do Foro da Sustentabilidade de Ames: “Foro Ames 21”, que terá entre as súas funcións facer un seguimento do cumprimento do Plan de Acción da Axenda 21 Local de Ames.