Pax in roma

12

Transcript of Pax in roma

A historia de Roma é unha historia de guerras tanto internas como externas, moitas delas remataron en tratados de paz. Algúns deles foron ...

Tratado CassianoSegundo a tradición romana, o Tratado de Cassius formou unha alianza entre a República romana e a Liga Latina no 493 a. C. tras a Batalla do Lago Regilo. Este tratado rematou a guerra entre a Confederación Latina e Roma, colocando a Roma nunha posición de poder igual ao de todos os membros da da Liga xuntos. O tratado non só estipulaba que habería paz entre as dúas partes, senón que promovía a unión dos exércitos romano e latino para a defensa mutua das tribos itálicas. A Liga Latina e Roma repartirían todos os botíns tomados durante a guerra. Así mesmo, as dúas partes acordaron establecer colonias conxuntas en territorio capturado. Finalmente, establecía unha comunidade de dereitos privados entre os cidadáns de Roma e os de calquera cidade latina.

Tratados Roma-Cartago

Roma e Cartago, potencias rivais do mundo mediterráneo protagonizaron as coñecidas Guerras Púnicas, enfrontamentos que deron lugar a varios tratados. A continuación facemos referencia a algúns deles.

O primeiro tratado entre as dúas cidades-estado foi establecido no ano da fundación da República de Roma, o 509 a. C. Neste tratado Roma e os seus aliados comprometíanse a non navegar máis aló do «Bello Promontorio» (no golfo de Cartago), a menos que a iso os obrigase unha tormenta ou o acoso de navíos inimigos. en calquera caso, se isto acontecía, só poderían adquirir o necesario para efectuar reparacións nos seus barcos ou levar a cabo cerimonias relixiosas. Pola súa banda Cartago e os seus aliados comprometíanse a non atacar unha serie de colonias do Lacio «sometidas aos romanos», e tampouco a cidades independentes. En caso de conquista, Cartago debería restituílas intactas a Roma.

Os tratados terceiro, cuarto e quinto establecen que Roma non entre en Sicilia e Cartago non poña pé na península itálica.

No cuarto engádese o seguinte: «Se fan alianza con Pirro, uns e outros incluirán esta cláusula por escrito: Que lles sexa lícito axudarse mutuamente no país dos atacados. No caso de que calquera dos dous pobos necesite socorro, os Cartaxineses poñerán os barcos, tanto para a viaxe coma para o combate; pero cada un pagará o soldo ás súas tropas. Os Cartaxineses socorrerán os Romanos mesmo no mar se fose necesario. Pero ningún será obrigado a desembarcar a súa tripulación contra a súa vontade.» (Polibio, Historias, III, 25)

No quinto os romanos impoñen aos cartaxineses a retirada de toda Sicilia e das illas situadas entre esta e Italia. Cada un dos dous estados deberá garantir a seguridade dos seus respectivos aliados. E non impoñerá tributos, nin construirá edificios públicos, nin recrutará mercenarios en territorios asociados do outro, nin poderá aceptar a amizade dos aliados do outro. Os cartaxineses deberán pagar dous mil douscentos talentos eubeos en dez anos, e outros mil de inmediato e devolverán a Roma todos os seus prisioneiros, sen rescate (Polibio, Historias, 1.62,4-9).

Concluída a guerra líbica, polo sexto tratado (237a. C.) “os cartaxineses deben evacuar Sardeña e pagar unha suma adicional de 12 000 talentos” (Polibio, Historias, III, 27.7-8).

No sétimo e octavo tratados fálase da Península Ibérica: fíxase o río Íberus (Ebro) como o límite setentrional da expansión cartaxinesa na Península (sétimo) e Cartago perde definitivamente Iberia. Aos cartaxineses foilles imposta unha indemnización de 10 000 talentos eubeos, a súa armada viuse reducida a 10 trirremes apenas suficientes para enfrontar os piratas e foille prohibido declarar a guerra a calquera nación sen permiso de Roma (oitavo), segundo escribe Polibio, Historias XV, 18.

Na expansión do imperio romano cara Oriente os romanos atopáronse co poderío de Macedonia. A Segunda Guerra Macedónica (200 a. C. -197 a. C)) rematou coa paz de Tempe :

Filipo foi obrigado a abandonar as súas posesións en territorio grego, en Tracia e Asia Menor. Filipo debería tamén pagar unha indemnización de 50 talentos inmediatamente e un tributo anual. Ademais, quitaríaselle a frota. Nos Xogos Ístmicos do ano 196 o romano Flaminio declarou a paz para Grecia, paz que foi recibida con extremada felicidade.

Alianzas cos veciños

Os pobos itálicos tamén se viron afectados pola política expansiva dos seus veciños romanos que provocou distintos episodios bélicos. Roma , a pesar de sair victoriosa, fixo unha serie de concesións aos seus veciños e aliados. Destacamos tres leis que acabaron dando a cidadanía romana aos itálicos:

Pola lei Julia, do ano 90 a. C., Roma outorgaba a cidadanía romana ás cidades itálicas que permaneceran fieis e o solicitasen, autorizando aos xenerais a concedela aos soldados non romanos que o mereceran.

Pola Lei Plautia-Papiria, do ano 89 a. C., Roma concedía a cidadanía a calquera itálico, mesmo sublevado, que se fixese inscribir nos rexistros do pretorio nun prazo de dous meses.

Pola Lei Pompeia, do ano 89 a. C., outorgaba o dereito latino ás cidades da Galia Cisalpina que aínda non o posuían. Beneficiou, sobre todo, ás cidades situadas ao norte do río Po.

O Tratado de Dárdanos (85 a. C.) foi pactado entre a República de Roma e o Reino do Ponto e asinado por Lucio Cornelio Sila e o rei Mitrídates VI. Coa súa firma concluíu a Primeira Guerra Mitridática.

Os termos do tratado obrigaron a Mitrídates a desprenderse dos territorios recén adquiridos en Grecia e as súas illas, das provincias de Bitinia, Frigia, Paflagonia e Capadocia. Debía pagar tamén dous mil talentos do seu tesouro persoal.

A Pax romana, chamada tamén augusta, constitúe un longo período de paz imposto polo Imperio romano aos pobos por el sometidos. A expresión mostra que a administración e o sistema legal romanos pacificaron as rexións que anteriormente sufriran disputas entre xefes, tribos, reis ou cidades enemigas. Este estado de paz referíase unicamente ao interior das fronteiras do Imperio,

O primeiro emperador, Augusto, pechou as portas do templo de Jano (que permanecían abertas en tempos de guerra), cando creu ter vencido a cántabros e astures no ano 24 a. C. Realmente, esta guerra prolongaríase ata o 19 a. C., pero acéptase como data de inicio da Pax romana o 29 a. C., cando Augusto proclama oficialmente o final das guerras civís, estendéndose ata a morte do emperador Marco Aurelio no ano 180 d. C

e un traballo colaborativo do Equipo de Biblioteca do IES “San Paio” - TUI

achega para a Celebración da Xornada Escolar da Paz 2015

Moitas grazasMoitas grazas