Papel reciclado

13
Papel reciclado Aula 5 anos. CPI de Padrenda 2012

description

obradoiro de reciclaxe

Transcript of Papel reciclado

Page 1: Papel reciclado

Papel reciclado

Aula 5 anos.CPI de Padrenda 2012

Page 2: Papel reciclado

Papel reciclado caseiro

• Ademais de ser unha boa forma de contribuír ao coidado do medio ambiente, evitando a talla de árbores, aforrando auga e eliminando residuos, o papel reciclado caseiro resulta ideal para facer moitos traballos plásticos, sobres, para envolver regalos ou como base dunha colaxe de flores secas. Facelo na aula resultou bastante sinxelo e divertido.

Page 3: Papel reciclado

MATERIAL• Auga: a cantidade dependerá do resultado que busquemos

(láminas máis finas ou máis resistentes).

• Papel: vale calquera tipo, pero se usamos diferentes variedades e texturas o efecto será moito máis bonito. Podemos utilizar revistas antigas, xornais, papel de escritura ou mesmo cartón.

• Batedor: utilízase para triturar e mesturar o papel coa auga e conseguir a masa final.

• Recipiente: un barreño de plástico, por exemplo.

• Bastidor: un marco de madeira cunha malla que podemos comprar ou facer nós mesmos. O tamaño determinará o da folla de papel e ten que caber dentro do recipiente.

• Prensa: para conseguir unha folla plana durante o secado debemos mantela con presión. Abondará cuns libros pesados e plástico para evitar que a humidade da masa molle os tomos.

• Tea de algodón: o trapo ten que ser de maior tamaño que o bastidor

Page 4: Papel reciclado

PASOS A SEGUIR

• 1. O primeiro paso é cortar o papel en anacos moi pequenos. Mesturamos cartolinas e papeis de xornais que fomos usando polo ano na escola e que tiñamos gardados.

• Logo deixámolos en remollo no recipiente durante 1 día, ata que o papel comezaba a ter consistencia de pasta.

Page 5: Papel reciclado

• 2. Trituramos a mestura no batedor ata conseguir unha masa homoxénea de textura suave e cremosa. Resulta conveniente facelo por quendas para esmiuzar os anacos ben.

Page 6: Papel reciclado

• 3. Unha vez obtivemos a polpa verquémola de novo no recipiente.

• Se está moi espesa, o resultado será parecido ao cartón, polo que se pode engadir auga dependendo do efecto que busquemos.

• Logo introducimos o bastidor nesta pasta conseguindo que se deposite na malla a cantidade suficiente para cubrir toda a superficie. O grosor da capa determinará o do papel final.

Page 7: Papel reciclado

• 4. Coa malla cuberta da pasta de papel, sacámola do barreño e deixamos que escorra a auga sobrante.

• Cando se comeza a secar pola perda do líquido, envorcámola con moito coidado sobre unha tea de algodón. Axudámonos dunha esponxa para acabar de secar.

Page 8: Papel reciclado

• 5. Para rematar, o papel ten que secarse completamente. Utilizamos os libros para facer presión e conseguir así que a superficie sexa máis lisa.

• Para acelerar o proceso de secado, que adoita durar 12 horas, tendemos o pano co papel dentro (cando xa estaba algo seco para evitar que perda a forma)

Page 9: Papel reciclado

• Cando xa estaba case seco procedemos a planchar con sumo coidado o papel, sempre usando a tea como protección.

Page 10: Papel reciclado

• 6. Unha vez que estea seco e poñendo moita atención, separamos o papel e o trapo para que as partes que estaban pegadas non rompan.

Page 11: Papel reciclado

RESULTADO FINAL

• Este foi o noso resultado final.

• Agora con él imos facer a portada do noso libro de arte no que recollemos os traballos que fixemos durante este curso.

Page 12: Papel reciclado

Portada do libro de Arte

• Unha vez escribimos o título e cosemos a nosa flor feita con la, así foi como quedou.

Page 13: Papel reciclado

REUTILIZAMOS O RESTO

• O resto da pulpa sobrante pasámola por unha tea para coala, separándoa da auga. E facemos un queixo grande.

• Logo espremémola coas mans e facemos as croquetas. Que imos deixar secar. Deste xeito cando queiramos volver a usalas so temos que botalas de novo en auga.