ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO
-
Upload
johancarballeira -
Category
Education
-
view
680 -
download
5
Transcript of ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO
CURSO 2010-2011
I.E.S. JOHAN CARBALLEIRA
GUÍA DE ORIENTACIÓN
ACADÉMICA E PROFESIONAL ALUMNADO DE 4º ESO
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
2010-2011- Febreiro 2011
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
2
INTRODUCCIÓN.
CÓMO TOMAR UNHA DECISIÓN
Neste documento atoparás as claves para decidir o teu futuro académico profesional. E
recorda que o máximo responsable desta decisión es ti, pero debes ter en conta a opinión da
túa familia, que quere o mellor para ti. Tamén che vai resultar moi útil o asesoramento dos
titores e do orientador.
Un Programa de Orientación Profesional vai moito máis alá que a mera información, non
obstante, a información sobre estudos e profesións é un aspecto moi importante. O contido
prioritario de calquera Programa de Orientación Académico Profesional é o desenvolvemento
da capacidade de TOMA DE DECISIÓNS.
A Toma de Decisións que debes realizar ten en consideración os teus intereses, gustos,
aptitudes, características da personalidade, valores, e estilos de aprendizaxe entre outros
aspectos, confrontados coas posibles alternativas de estudos e profesións ás que tes acceso.
Este é o motivo polo que o presente programa está estruturado en tres bloques:
A. Coñecemento de si mesmo.
Neste bloque reflexionarás sobre os teus gustos e intereses, sobre a túa traxectoria en
cada unha das materias que estudaches e sobre as características das diferentes
actividades profesionais.
B. Coñecemento das alternativas académicas e profesionais.
É a parte informativa do programa. Coñecerás todas as posibilidades de estudos e
profesións que tes ó teu alcance e as características daquelas que máis van ós teus
intereses. En qué consiste?, modalidades do bacharelato, optativas, ciclos formativos,
centros de estudo, saídas profesionais, probas de acceso, notas de corte, direccións de
interese...
C. A Toma de decisión. Xa estás preparado ¡Agora decide!
INFÓRMATE E DECIDE. E o curso que vén qué?
Tomar esta decisión non é algo que debas facer ti só, nin precipitadamente (“xa o decidirei
ó rematar o curso” é un gran erro). Tes que valorar as túas capacidades para non escoller un
camiño demasiado difícil ou “imposible” para ti.
Tamén é importante o esforzo que ti esteas disposto a facer, xa que unha capacidade
insuficiente se pode corrixir cun maior esforzo. Se estás motivado e tes uns intereses moi
claros sobre o que queres facer terás moitas posibilidades para logralo, xa que cunha boa
organización para o estudo e as técnicas adecuadas para aprender superarás a maior parte do
que te propoñas.
O abandono dos estudos de bacharelato o dos Ciclos Formativos na maior parte dos caso é
pola falta de interese, de non ter claro qué queremos facer ou qué queremos ser, pola falta de
esforzo ou capacidade de sacrificio.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
3
Un aspecto moi importante na toma de decisións é que dialogues coa túa familia sobre as
seguintes cuestións:
1. Informa á túa familia (a partir deste documento) de todas as opcións que existen e ás
que terías acceso.
2. Móstralles que es responsable e capaz de tomar unha decisión de maneira consensuada
con eles.
3. É importante que os teus pais se interesen polos teus estudos.
4. Pídelles orientación ou consello. Eles queren o mellor para ti.
5. Estuda con eles todas as posibilidades antes de tomar unha decisión.
Para ter unha información adecuada, terás:
1. Información xenérica do orientador.
2. Este documento elaborado polo Departamento de Orientación do Instituto.
3. O taboleiro do Departamento de Orientación, onde o orientador porá información moi
interesante e actualizada.
4. As sesións informáticas de buscar información académica realizadas no Instituto en
horas de titoría, entre elas o programa informático Orienta 2010-2011, ou no blog:
http://orientador123.blogspot.com/
Recorda, que é imprescindible coñecer o mundo académico para
tomar unha boa decisión. Durante estes dous trimestres, aparte de
estudar moitísimo para sacar o título da E.S.O., terás que investigar
todas as posibilidades que tes ó teu alcance para tomar a mellor
decisión para a túa vida académico-profesional.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
4
BLOQUE I. COÑECEMENTO DE UN MESMO.
1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES.
Cuestionario sobre estudios
Apelidos e nome............................................................................
Idade:..............Curso:.....................................Data...........................
2. Que materias che resultan máis fáciles? Escríbeas por orde.
1................................................. 4....................................................
2................................................. 5....................................................
3................................................. 6....................................................
3. As que che resultan máis difíciles son:
1................................................ 4...................................................
2................................................ 5..................................................
3................................................ 6..................................................
4. ¿En que materias sacas polo xeral mellores (+) e peores (-) notas?
1(+)................................................ 1(-)...................................................
2(+)................................................ 2(-)...................................................
3(+)................................................ 3(-)...................................................
5. Cando sacas boas(+) ou malas(-) notas débese a: (Subliña a/as respostas)
(+)Tes capacidade para estudalas ben. (-)Tes mala capacidade para estudalas.
(+)Influiu a sorte. (-)Influiu a mala sorte.
(+)Tes interese nesa materia. (-)Pouco interese pola túa parte
(+)Tes bos profesores. (-)Mala sorte cos profesores
(+)Outras: ........................................... (-)Outras: ...........................................
6. Respecto ós teus estudos, a influencia dos teus pais é: (Subliña unha resposta)
Moi favorable.
Simplemente favorable.
Móstranse indiferentes ante os meus estudos.
A súa influencia é algo perxudicial.
A súa influencia é moi perxudicial.
7. Para seguir os estudos, pensas que necesitas mellorar: (Subliña a/as respostas)
Os teus sistemas e formas de estudar.
A túas actitude ante os exames.
A túa forza de vontade e constancia.
A túas postura ante as tarefas do Instituto.
Os teus hábitos de lectura.
.................................................................
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
5
2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS.
Con fin de ter unha referencia dos teus intereses profesionais teremos que analizar un listado
de actividades profesionais e pre-profesionais. Para esta sesión seranos útiles diferentes test
psicométricos que analizarán as nosas preferencias e intereses.
Esta sesión farémola na sala de informática do Instituto.
Entre os test que faremos estarán.
- “Test de Bacharelato”, trátase dun test deseñado para identificar os intereses
profesionais. Neste test preséntanse actividades e contidos académicos das distintas
modalidades do bacharelato e o alumno ten que pensar cál das opcións lle interesan
máis.
Pódelo atopar en:
http://www.aplicaciones.info/utiles/optestba.htm
http://orientador123.blogspot.com/
- “Test de preferencias Orienta 2009/2010”. Dous test que pertencen ao programa
Orienta 2010/2011 de Julián Sádaba.
ESCRIBE AQUÍ OS TEUS RESULTADOS.
A) TEST DE BACHARELATO:
B) TEST ORIENTA 2010-2011
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
6
BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS PROFESIONAIS.
3. ALTERNATIVAS Ó FINALIZAR O CURSO As alternativas segundo a Lei Orgánica de Educación están reflectidas no seguinte cadro:
Cadro 1. Esquema do Sistema Educativo Español segundo a LOE elaborado polo MEC.
Fonte: MEC: http://www.mepsyd.es/educa/sistema-educativo/loe/files/sistema-educativo.pdf
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
7
4. O BACHARELATO
O Bacharelato LOE, comprende 2 anos académicos e pódese optar por 3 modalidades
diferentes: Artes, Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias sociais. En cada modalidade existen diferentes tipos de materias.
Materias comúns, que pretenden aportarche unha formación xeral
Materias propias da modalidade, aporta os coñecementos da modalidade elixida.
(estúdanse como mínimo 3 materias propias de modalidade por curso).
Materias optativas, (escoller 1 das ofertadas polo centro).
1º curso
CIENCIAS E
TECNOLOXÍA
HUMANIDADES E CIENCIAS
SOCIAIS
ARTES
COMÚNS -Lingua galega e literatura (3)
-Lingua castelá e literatura (3)
-1ª Lingua extranxeira (3)
-Filosofía e Cidadanía (2)
-Educación Física (1)
-Relixión ou Alternativa(1)
-Ciencias para o Mundo Contemporáneo (3)
PROPIAS
DE
MODALIDA
DE
- Matemáticas I (4)
-Física e Química (4)
Historia do Mundo contemporáneo
(4)
Cultura Audiovisual
Debuxo Artístico I Debuxo Técnico I
Volume I -Bioloxía e
Xeoloxía (4)
Debuxo Técnico I (4)
Tecnoloxía Indust. I (4) Escoller 1
-Latín I (4)
-Grego I
(4)
-Matemáticas aplicadas
ás ciencias sociais (4)
-Economía (4)
OPTATIVAS Debuxo Técnico (4)
Música I (4)
Tecnoloxía da información e comunicación (4)
2º Lingua Estranxeira (4)
2º curso
CIENCIAS E
TECNOLOXÍA
HUMANIDADES E CIENCIAS
SOCIAIS
ARTES
COMÚNS -Lingua galega e literatura (3)
- Lingua castelá e literatura (3)
-1ª Lingua Estranxeira (3)
-Historia da Filosofía (3)
-Historia de España (3)
-Relixión ou Alternativa (1)
PROPIAS
DE
MODALIDA
DE
-Matemáticas II
-Xeografía (4)
Historia da Arte
Debuxo Artístico II Debuxo Técnico II
Técnicas de expresión
gráfico-plástica Física (4)
Química (4)
Bioloxía (4)
Debuxo técnico II (4)
Tecnoloxía Industrial II (4)
Ciencias da terra e do medio
ambiente (4) Escoller 2
-Matemáticas aplicadas
ás CCSS (4)
-Economía de empresas
(4)
Opción 1 -Latín II(4)
-Grego II (4)
Opción 2 -Hª da Arte (4)
-Literatura
universal (4)
OPTATIVAS Filosofía e Ciencias e Tecnoloxía (4)
Deseño (4)
Hª da Musica e da Danza (4)
Métodos Estadísticos e Numéricos (4)
2º Lingua Estranxeira (4)
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
8
Elección:
- Tendo en conta que carreira/carreiras ou CFGS quero facer e seleccionar o bacharelato con
maior vinculación para ese ou eses estudos: Ex. “quero estudar farmacia, o bacharelato con
maior vinculación e o de Ciencias e Tecnoloxía polo itinerario de “Ciencias”.
- Se non é vinculante a ningún bacharelato escoller o que che resulte máis fácil. Quero facer
“Educación Social”, aínda que está relacionado con Ciencias Sociais, non é vinculante a
ningún bacharelato, entón escollo o bacharelato X que me resulta máis fácil polo que é máis
probable que obteña unha maior nota media.
Por primeira vez na selectividade de 2010 o acceso ós graos Universitarios terá en conta as
materias que fagas na fase específica (que é voluntaria) na selectividade. Xa non se ten en
conta a modalidade e itinerario senón as materias en concreto segundo a titulación
universitaria que queiras estudar.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
9
5. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
ACCESO E DATAS DE INTERESE.
Pódese acceder de xeito directo, no caso de cumprir determinadas condicións, ou
mediante unha proba, para a que se reserva o 20% das prazas.
Para o acceso directo, o alumno debe ter o título de graduado en educación secundaria
ou estudos equivalentes.
Os que non teñan o título poden acceder mediante proba. Nesta proba de acceso, o
aspirante deberá acredita-los coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con
proveito as devanditas ensinanzas. A proba consta de dúas partes diferenciadas, unha de
carácter sociocultural e unha de carácter científico-técnico.
Poden concorrer ás probas aquelas persoas que teñan cumpridos 17 anos ou que os
cumpran no ano en que se realicen as probas.
Se estás interesado nesta opción fala co orientador.
Se queres máis información consulta asesórate no Departamento de Orientación e/ou
consulta a páxina web da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/fp.
Táboa 1. Calendario de probas de acceso a ciclos medios e superiores convocatoria ordinaria ano 2011
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
10
CICLOS FORMATIVOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
En Pontevedra estanse a ofertar neste curso 2010/2011 os seguintes ciclos formativos:
Baiona 36019657 IES Primeiro de Marzo Tel. 986355111
Grao superior CS20001 Animación sociocultural
Bueu 36019463 IES Johan Carballeira Tel. 986323270
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM12002 Estética persoal decorativa CM12003 Perrucaría CMFME02 Soldadura e caldeiraría
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CSFME02 Construcións metálicas
Caldas de Reis 36000417 CPR San Fermín Tel. 986540075
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM06001 Comercio CM09001 Equipos electrónicos de consumo
Cambados 36019396 IES Francisco Asorey Tel. 986520161
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS09004 Sistemas de telecomunicación e informáticos
36000481 IES Ramón Cabanillas Tel. 986542950
Grao medio CMINA02 Aceites de oliva e viños
Cangas 36019475 IES de Rodeira Tel. 986303933
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
Grao superior CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede
36000922 IES María Soliño Tel. 986300803
Grao superior CS02002 Animación de actividades físicas e deportivas
Cañiza, A 36015101 IES da Cañiza Tel. 986651347
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM16002 Electromecánica de vehículos
Estrada, A 36002359 IES Antón Losada Diéguez Tel.
986570336
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM15001 Fabricación á medida e instalación de carpintaría e moble CM16002 Electromecánica de vehículos CMELE02 Instalacións de telecomunicacións CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes
Grao superior CS04001 Administración e finanzas
Gondomar 36020261 IES Terra de Turonio Tel. 986384016
Grao medio CM02001 Condución de actividades físico-deportivas no medio natural
Grove, O 36019232 IES Monte da Vila Tel. 986732161
Grao medio CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
Guarda, A 36019244 IES A Sangriña Tel. 986609015
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM16002 Electromecánica de vehículos CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes CMTMV01 Carrozaría
Grao superior CS04001 Administración e finanzas
Illa de Arousa, A 36020209 IGAFA Instituto Galego de Formación en Acuicultura Tel. 986527101
Grao medio CM03001 Mergullo a media profundidade CM03002 Operacións de cultivo acuícola
Grao superior CS03002 Produción acuícola
Lalín 36013758 IES Laxeiro Tel. 986787051
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM16002 Electromecánica de vehículos CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS17002 Mantemento de equipo industrial
36004137 IES Ramón Mª Aller Ulloa Tel.
986780114
Grao medio CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes
Grao superior CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas
Marín 36015159 IES Chan do Monte Tel. 986883305
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM06001 Comercio CM17001 Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes
Grao superior CS06002 Xestión comercial e márketing CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede
Consignas:
CS Ciclo Formativo de Grao Superior.
CM Ciclo Formativo de Grao Medio.
CPR Centro Privado
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
11
Moaña 36004745 IES A Paralaia Tel. 986312217
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas CMFME01 Mecanizado
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS09001 Instalacións electrotécnicas
Neves, As 36019402 IES Pazo da Mercé Tel. 986648455
Grao medio CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes
36005671 EFAG A Cancela Tel. 986648250
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMINA01 Panadaría, repostaría e confeitaría
Grao superior CS04001 Administración e finanzas
Nigrán 36015184 IES Escolas Proval Tel. 986369402
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS09002 Desenvolvemento de produtos electrónicos
Poio 36020143 IES de Poio Tel. 986771295
Grao medio CM02001 Condución de actividades físico-deportivas no medio natural
Ponteareas 36007552 CIFP A Granxa Tel. 986640068
Grao medio CM01002 Xardinaría CMAGA01 Produción agroecolóxica CMINA02 Aceites de oliva e viños
Grao superior CS01002 Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos
36014520 IES Pedra da Auga Tel. 986641017
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM16002 Electromecánica de vehículos CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas
Grao superior CS04001 Administración e finanzas
Pontevedra 36020064 CIFP Carlos Oroza Tel. 986847002
Grao medio CMHOT01 Cociña e gastronomía CMHOT02 Servizos en restauración CMINA01 Panadaría, repostaría e confeitaría
Grao superior CS11004 Restauración CSHOT01 Xestión de aloxamentos turísticos CSHOT03 Guía, información e asistencia turísticas
36014489 IES A Xunqueira Tel. 986873003
Grao medio CM15001 Fabricación á medida e instalación de carpintaría e moble CM16002 Electromecánica de vehículos CMELE02 Instalacións de telecomunicacións CMTMV01 Carrozaría
Grao superior CS09002 Desenvolvemento de produtos electrónicos CS09004 Sistemas de telecomunicación e informáticos
CS15002 Produción de madeira e moble
36013761 IES A Xunqueira I Tel. 986872150
Grao medio CM18002 Laboratorio
Grao superior CSSSC01 Educación infantil
36006730 IES Frei Martín Sarmiento Tel.
986852087
Grao medio CM12002 Estética persoal decorativa CM12003 Perrucaría CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas CMFME01 Mecanizado
Grao superior CS09001 Instalacións electrotécnicas CS12002 Estética CS19003 Dietética CS19007 Laboratorio de diagnóstico clínico
36019268 IES Gonzalo Torrente Ballester Tel.
986863612
Grao superior CS08001 Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción CS08002 Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas
36018677 IES Luís Seoane Tel. 986857860
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM06001 Comercio
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS04002 Secretariado CS06001 Comercio internacional CS06002 Xestión comercial e márketing
36006419 IES Montecelo Tel. 986850261
Grao medio CM05002 Impresión en artes gráficas CM05003 Preimpresión en artes gráficas CMSAN02 Farmacia e parafarmacia
Grao superior CS05002 Produción en industrias de artes gráficas CS19001 Anatomía patolóxica e citoloxía
36006717 IES Sánchez Cantón Tel. 986866505
Grao superior CS02002 Animación de actividades físicas e deportivas
36020192 CFEA de Lourizán Tel. 986805088
Grao medio CM01001 Traballos forestais e conservación do medio natural
Grao superior CS01002 Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos
Porriño, O 36019529 IES Ribeira do Louro Tel. 986333956
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS06001 Comercio internacional
Redondela 36019566 IES de Chapela Tel. 986453330
Grao medio CM20001 Atención sociosanitaria CMSAN02 Farmacia e parafarmacia
Grao superior CS19003 Dietética CS19004 Documentación sanitaria CSSSC01 Educación infantil
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
12
36016656 IES Pedro Floriani Tel. 986401911
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
Grao superior CS04001 Administración e finanzas
36018033 CPR Vigo Tel. 986400762
Grao medio CM06001 Comercio CM09001 Equipos electrónicos de consumo CM16002 Electromecánica de vehículos
Salvaterra de Miño 36020337 IES de Salvaterra de Miño Tel.
986658238
Grao medio CMFME02 Soldadura e caldeiraría
Sanxenxo 36019256 IES de Vilalonga Tel. 986744953
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM16002 Electromecánica de vehículos
Grao superior CS04001 Administración e finanzas
Silleda 36020350 IES Pintor Colmeiro Tel. 986580904
Grao medio CM02001 Condución de actividades físico-deportivas no medio natural CM06001 Comercio
Grao superior CS06002 Xestión comercial e márketing
Tomiño 36019751 IES de Tomiño Tel. 986623346
Grao medio CM01001 Traballos forestais e conservación do medio natural CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
Tui 36014544 IES Francisco Sánchez Tel. 986600926
Grao medio CM06001 Comercio CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas
Grao superior CS06002 Xestión comercial e márketing
Valga 36020362 IES de Valga Tel. 986559745
Grao medio CMFME02 Soldadura e caldeiraría
Grao superior CSFME02 Construcións metálicas
Vigo 36014568 CIFP Valentín Paz Andrade Tel.
986270904
Grao medio CM15001 Fabricación á medida e instalación de carpintaría e moble CM16002 Electromecánica de vehículos CM17001 Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor CMFME02 Soldadura e caldeiraría CMTMV01 Carrozaría
Grao superior CS15001 Desenvolvemento de produtos de carpintaría e moble CSFME02 Construcións metálicas CSHOT02 Axencias de viaxes e xestión de eventos
CSHOT03 Guía, información e asistencia turísticas CSIMA02 Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos CSTMV01 Automoción
36011579 IES A Guía Tel. 986375111
Grao medio CM06001 Comercio
Grao superior CS02002 Animación de actividades físicas e deportivas CS06001 Comercio internacional CS06002 Xestión comercial e márketing
36024461 IES Audiovisual de Vigo Tel.
986246834
Grao superior CS07002 Produción de audiovisuais, radio e espectáculos CS07004 Son
36018173 IES de Teis Tel. 986373811
Grao medio CM12002 Estética persoal decorativa CM12003 Perrucaría CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes
Grao superior CS12002 Estética CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede
36013448 IES Manuel Antonio Tel. 986273800
Grao medio CM18002 Laboratorio CMHOT01 Cociña e gastronomía CMHOT02 Servizos en restauración CMINA01 Panadaría, repostaría e confeitaría CMTCP01 Confección e moda
Grao superior CS11004 Restauración CS18002 Química ambiental CS19001 Anatomía patolóxica e citoloxía CS19007 Laboratorio de diagnóstico clínico CS19009 Próteses dentais CSQUI01 Laboratorio de análise e de control de calidade
36011634 IES Politécnico de Vigo Tel. 986213025
Grao medio CM17002 Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas CMFME01 Mecanizado
Grao superior CS08001 Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción CS08002 Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas CS08003 Realización e plans de obra CS09001 Instalacións electrotécnicas CS09003 Sistemas de regulación e control automáticos CS17002 Mantemento de equipo industrial CS17004 Prevención de riscos profesionais CSFME01 Programación da produción en fabricación mecánica
36017430 IES Ricardo Mella Tel. 986253711
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS04002 Secretariado CS09002 Desenvolvemento de produtos electrónicos CS09004 Sistemas de telecomunicación e informáticos CS19002 Saúde ambiental CS19006 Imaxe para o diagnóstico
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
13
36011804 INST Marítimo Pesqueiro do Atlántico Tel. 986235608
Grao medio CM03003 Operación, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque CM03004 Pesca e transporte marítimo
Grao superior CS03001 Navegación, pesca e transporte marítimo CS03003 Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque 36011622 CPR Aloya Tel. 986420722 Grao medio CM04001 Xestión administrativa Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS04002 Secretariado CS11004 Restauración CSSSC01 Educación infantil 36013795 CPR CEBEM Tel. 986419899 Grao medio CM04001 Xestión administrativa Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS04002 Secretariado CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas 36011609 CPR Colegio Hogar Caixanova Tel. 986414311 Grao medio CM05002 Impresión en artes gráficas CM05003 Preimpresión en artes gráficas CM09001 Equipos electrónicos de consumo CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas CMFME01 Mecanizado CMFME02 Soldadura e caldeiraría Grao superior CS09002 Desenvolvemento de produtos electrónicos CS09003 Sistemas de regulación e control automáticos CSFME01 Programación da produción en fabricación mecánica 36011853 CPR Daniel Castelao Tel. 986442121 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM06001 Comercio CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede 36016152 CPR Divino Maestro Tel. 986371686 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría 36010794 CPR Fillas de María Inmaculada Tel. 986423988 Grao medio CM06001 Comercio 36016723 CPR Mendiño Tel. 986293444 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM06001 Comercio CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría 36011191 CPR Montecastelo Tel. 986412488 Grao medio CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas Grao superior CS09002 Desenvolvemento de produtos electrónicos CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas 36011361 CPR San José de la Guía Tel. 986376153
Grao superior CS20003 Integración social CSSSC01 Educación infantil 36011348 CPR San Miguel Tel. 986221325 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM06001 Comercio CM09001 Equipos electrónicos de consumo CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría 36011521 CPR Vivas Tel. 986227085 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría CMSAN02 Farmacia e parafarmacia Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas
Vila de Cruces 36020386 IES Marco do Camballón Tel.
986582251
Grao medio CMFME02 Soldadura e caldeiraría
Vilagarcía de Arousa 36019669 IES Armando Cotarelo Valledor Tel.
986512311
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM06001 Comercio
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS04002 Secretariado CS06001 Comercio internacional CS06002 Xestión comercial e márketing CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede
36012471 IES Castro Alobre Tel. 986501000
Grao medio CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría
36013771 IES Fermín Bouza Brey Tel. 986503800
Grao medio CM16002 Electromecánica de vehículos CM17002 Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas
Grao superior CS09003 Sistemas de regulación e control automáticos CS17002 Mantemento de equipo industrial
36018380 IES Miguel Ángel González Estévez Tel. 986504883
Grao superior CS02002 Animación de actividades físicas e deportivas
Vilanova de Arousa 36019414 IES A Basella Tel. 986554847
Grao superior CS18002 Química ambiental
Podes atopar toda a información dos ciclos formativos en:
http://www.edu.xunta.es/fp/
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
14
6. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL
Ensinanzas de grao medio Música e Danza.
Condicións de acceso:
Para inicia-los estudios de grao medio será preciso superar unha proba. Poderán
matricularse nesta proba os alumnos de réxime regrado e os candidatos de réxime non
regrado.
Poderá accederse, tamén mediante proba, a calquera outro curso de grao medio sen ter
superados os anteriores.
Non hai límite de idade no acceso ó grao medio.
Proba de acceso ó 1º curso. Realizarase nunha convocatoria anual no mes de xuño. A
proba terá dúas partes: A. Especialidades instrumentais e B. Canto.
Artes Plásticas e Deseño.
As Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño teñen unha estrutura semellante á da Formación
Profesional Específica e comprenden un conxunto de Ciclos Formativos que se organizan en
Módulos Profesionais cunha formación teórico-práctica e dunha duración que estará en
función da natureza da competencia profesional característica do título correspondente.
Accédese mediante o título de graduado en ESO ou equivalente e ademais superar a proba
específica que consta de 3 exercicios:
- 1º exercicio: desenvolver por escrito un tema sobre artes plásticas e coñecementos
histórico-artísticos.
- 2º exercicio: realizar debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa
posterior aplicación.
- 3º exercicio: execución con bosquexos e debuxos realizados no exercicio 2º.
A modo de exemplo, en Ourense:
Escola de Arte Antonio Failde. Av da Universidade s/n. 32005. Ourense.
www.escolarte.com
- Ciclo Medio de Ebanistería.
- Ciclo superior de Mobiliario
- Ciclo Superior de Decoración
- Ciclo Superior de Ilustración.
- Ciclo Superior de Fotografía.
- Ciclo Superior de Gráfica Publicitaria.
Ciclos Medios en Galicia:
- C. M. Dourado e Policromía artística. (A Coruña).
- C. M. Procedemento de Xollería Artística (Santiago de Compostela).
- C. M. Esmaltado sobre Metais (Santiago de Compostela).
- C. M. Serigrafía Artística (Lugo).
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
15
7. OUTROS ESTUDOS E PROFESIÓNS
Existen outros estudos especializados, algúns esixen bacharelato,outros selectividade, e outros
unhas condicións físicas ou probas específicas de ingreso.
AZAFATAS AUXILIARES DE VUELO.
Información en AVIACIÓN CIVIL (Tel. 91 597 70 00) e en compañías aéreas. Son
títulos privados organizados polas distintas compañías. A duración oscila entre 1 e 2
anos e requírese o título de bacharelato, superar as probas de aptitude e o exame de
idiomas.
ARQUITECTURA DE INTERIORES. Requírese bacharelato e PAAU. Ten unha
duración de tres cursos máis proxecto de fin de carreira. Trátase dun título propio da
Universidade de A Coruña, “Graduado en Arquitectura de Interiores”.
Máis información en www.udc.es/estudos/ga/estudospropios/960111.asp
INVESTIGADOR PRIVADO. Instituto Universitario de Criminoloxía. Madrid. (Tel.
91 394 54 13) Requírese bacharelato e selectividade. Tratase dun Título Propio da
Universidade Complutense e ten unha duración de tres cursos.
CIENCIAS POLICIAIS. Universidade de Vigo. Trátase dun título propio da
Universidade e ten unha duración de dous cursos, obtendo así o título de Técnico,
Especialista ou Máster en Criminoloxía ou a cunha duración de tres cursos, acadando
así o título de Graduado Universitario en Ciencias Policiais. Requisitos:
- Titulado universitario de 1º ou 2º ciclo, COU con ou sen selectividade
- FP
- Bacharelato LOGSE con selectividade
- Ciclo formativo de grao superior ou equivalente
- Probas de acceso para maiores de 25 anos
- Estudos estranxeiros convalidables.
DISEÑO E MODA..
A) Escola Superior de Deseño y Moda Felicidad Duce. Allariz. Ourense. (Tel. 988
43 61 80). Carreira de Deseño de Moda (titulación Privada).
B) Graduado Universitario en Deseño Téxtil e Moda. Título propio da
Universidade de Vigo.
Máis información: Facultade de Belas artes, Rúa da Maestranza, nº2, 36002.
Pontevedra. Tel: 986 801 800. E-mail: [email protected]
Este profesional está preparado para a coordinación de todos os procesos tanto
de creación, como de fabricación e elaboración dos produtos relacionados coa
moda e a confección. Poderá, polo tanto, desenvolver a súa actividade
profesional tanto na industria téxtil e da moda como executar libremente a súa
profesión como:
Deseñador en estampación téxtil
Deseñador estilista
Deseñador técnico
Crítico de moda
Administrador de creación para a produción e a comercialización
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
16
PILOTO CIVIL.
Podes estudalo na Universidade de A Coruña.
O obxectivo deste Título Propio é o de crear unha titulación universitaria que aporte
aos futuros profesionais do sector unha formación sólida, extensiva e polivalente de
forma que estean na mellor disposición para competir con vantaxe no mercado laboral
moderno. O Título Propio vese enriquecido ao incorporar dentro da estrutura do seu
plano de estudos o conxunto de coñecementos teórico-prácticos requiridos para a
obtención de distintos títulos aeronáuticos oficialmente recoñecidos Piloto Privado
(avión), Piloto Comercial (avión) e Piloto de Transporte de Liña Aérea (avión). A
obtención de ditos títulos é posible grazas ao acordo de colaboración subscrito pola
Universidade da Coruña coa Escola de Pilotos de Aeroflota do Noroeste, AFN, que
conta con todas as autorizacións necesarias (expedidas por parte da Dirección Xeral de
Aviación Civil) para a docencia e formación de pilotos de liña aérea no noso país. O
título Propio busca acreditar a formación académico-técnica e humanística dos futuros
pilotos civís. Con iso preténdese dar un valor engadido aos que se imparten ao amparo
das normas JAR/FCL, dotando aos estudantes dun sólido adestramento técnico e
científico. Ten unha duración entre 3 e 4 anos.
Máis información en:
http://www.udc.es/aviación
MILITAR.
Para ingresar en tropa e marinería requísese ter nacionalidade española*, ter entre 18 e
28 anos, medir máis de 1,55 e menos de 2,03, non ter máis de 6 dioptrías de miopía,
hipermetropía ou 4 de astigmatismo, acreditar boa conduta cidadá, e ter os estudos
esixidos para cada especialidade.
Para ingresar aos estudos superiores militares requírese ter superadas as PAAU.
Máis información no Ministerio do Interior. www.mir.es
CUERPO DE LA GUARDIA CIVIL. Información en Dirección General de al Guardia
Civil. Jefatura de la Enseñanza. (Tel. 91 514 64 70).
Para o ingreso na escala básica tes que cumprir algúns requisitos: ser español, ter
entre 18 e 30 anos, ter o título de ESO, compromiso de portar armas, carecer de
antecedentes penais, e ter o permiso de condución da clase B.
POLICÍA NACIONAL
Para o ingreso na escala básica tes que cumprir algúns requisitos: ser español, ter
entre 18 e 30 anos, ter unha estatura mínima de 1,70 homes e 1,60 mulleres, ter o título
de ESO, compromiso de portar armas, non cumprir condena por delito doloroso e ter o
permiso de condución das clase A e B e da autorización (BTP).
Máis información no ministerio do interior. www.mir.es