O texto instrutivo1
-
Upload
jose-maria-carricoba-armesto -
Category
Education
-
view
59 -
download
0
Transcript of O texto instrutivo1
INSTRUCIÓNS PARA O ACCESO Á CATEDRAL
Con motivo do Ano Santo e co fin de facilitar o acceso á Catedral de
Santiago, o Concello e mais o Cabido comunican o seguinte:
1.O acceso á Catedral realizarase pola porta das PRATERíAS.
2.Os peregrinos que entren pola Porta Santa sairán pola praza da Quintana
e deberán dirixirse a Praterías se queren acceder outra vez ao recinto
catedralicio.
3.NON se poderá entrar con mochilas. Habilitarase para o seu depósito
unha consigna na CASA DO DEÁN e no aparcadoiro de Xoán XXIII, onde
tamén se poderán deixar as bicicletas .
4. Permitirase a entrada con bolsos de man, que serán revisados polos
axentes de seguridade. Pídese a máxima colaboración .
Prégase a todos os cidadáns e peregrinos atendan estas instrucións e as
indicacións das forzas e corpos de seguridade.
www.santiagodecompostela.org
Fíxate
• A intención comunicativa é a finalidade coa que o emisor
elabora un texto. Segundo isto, podemos distinguir sete tipos de
texto: descritivo, narrativo, argumentativo, instrutivo,
explicativo, conversacional e preditivo.
• Os textos instrutivos intentan guiamos para que todo saia
ben e son de moita axuda cando nos enfrontamos a un proceso
descoñecido.
Se te fixas, cando se dan instrucións son frecuentes as
construcións que indican obrigatoriedade (deberán dirixirse, non
se poderá entrar, serán revisados polos axentes ...).