O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

15

description

Conto encadeado de Samaín realizado polos alumnos/as de 5º e 6º do CEIP Ramón Otero Pedraio da Laracha

Transcript of O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

Page 1: O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
Page 2: O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

Naquel mércores de finais de outubro na casa de Antía e Xaquín, todo o mundo andaba bastante axitado. Había mochilas, roupa de montaña e bicicletas esparexidas por toda a casa.

Os pais dos rapaces para a ponte de Santos organizaran unha viaxe: unha viaxe moi especial, xa que ían percorrer o Camiño de Santiago desde Pedrafita do Cebreiro ata a capital de Galicia. Mañá,1 de novembro, uns amigos da familia vanos levar no seu coche todoterreo ata o punto de partida e desde aquí comezará a aventura: aventura que eles non sospeitan o aterradora que chegará a ser. Ao día seguinte puxéronse en marcha. Deixáronos en Pedrafita e comezaron a andaina coas súas bicis. Cando xa levaban un anaco andado atoparon unha igrexa abandonada no medio do monte. Decidiron entrar. Estaba chea de teas de araña e po. Un ruído aterrador fixo que se volvesen. Alí de pé había un home con barba longa, camisa a cadros vermellos e grises, pantalón vaqueiro rachado e zapatos dos anos sesenta; o que indicaba que, posiblemente, non saíse daquel lugar en anos e se volvese tolo. O home díxolles: -Non sigades porque por estes camiños andan os mortos. - Si, seguro- contestou o pai.

Page 3: O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

-Non, non o fagades-dixo o home con voz ameazante- Repítovos que por aquí andan os mortos. Non fixeron caso daquel home que parecía estar tolo e continuaron o seu camiño. Pasou un anaco cando Xaquín se dou conta de que súa irmá desaparecera. Non podía ser! Volveron cara onde estaba o vello, pensando que puidera ser el o que levara a rapaza, pero xa non estaba na igrexa. Saíron de alí e atoparon a Antía tirada no chan. Correron cara onda ela e esquivounos: -Quen son? Quen sodes vós? Que fago aquí?- dixo a nena. Antía perdera a memoria. De repente unha fila de mortos chamada a Santa Compaña apareceu polo medio das árbores. Pararon diante deles e entregándolle unha candea ao pai e dixéronlle: -Tomade esta candea. Seravos moi útil na vosa aventura. Se queredes que Antía recupere a memoria e se salve da morte tendes que atopar a papoula negra, a flor que devolve a vida. Tedes tres días. Ide á igrexa de Sarria, alí o seu cura daravos a primeira das pistas para atopar a flor. Puxéronse en camiño, e cando levaban un bo anaco pedaleando, atoparon un can mugrento, de cor canela, con longas orellas e cara de pena. Este seguíaos a

Page 4: O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

pouca distancia e intentaron despistalo, pero non había maneira, o can sempre voltaba. Xa estaban moi lonxe de onde o atoparan, e decatáronse do teimudo que era e decidiron poñerlle un nome: Pedriño. Viron un bo sitio para xantar, xa que a pesares dos problemas, tiñan moita fame. Descansaron un pouco e voltaron ó camiño. Pasados uns kilómetros uníuselles un que parecía outro peregrino. Fixeron boas migas e falaron dun montón de cousas, así que acabaron por contarlle cal era a misión que tiñan que cumprir. O home quedouse moi pensativo e con expresión de medo na cara, explicoulles que aquel non era un camiño seguro porque ás veces aparecía por alí a Santa Compaña. De súpeto o peregrino desapareceu e cubriunos unha mesta néboa, case non podían verse uns a outros, e para máis sorpresa, foise formando un túnel polo que se sentiron atraídos e alí se dirixiron sen pensalo moito. A o cabo dun tempo, que a eles se lles fixo unha eternidade, foron dar a un cemiterio moi antigo e fermoso, detrás del albiscábase un impoñente mosteiro que os pais recoñeceron como o Mosteiro de Sarria.

Page 5: O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

A porta principal estaba aberta, así que entraron. Dentro, todo estaba escuro e en silencio. Fixeron uso da candea que lles dera a Santa Compaña e percorreron uns corredores que os levaban a outros ata que viron luz que saía dunha porta entreaberta. Petaron e unha voz amable mandoulles pasar. Detrás dunha mesa enorme estaba un frade que se presentou como o abade do mosteiro. Eles explicáronlle cal era a súa misión. E el moi amablemente deulles varias pistas que lles pareceron moi misteriosas: -Voltade ao cemiterio e buscade unha pedra que está sobre unha pedra e esta sobre outra, e alí atoparedes a clave - dixo o frade. No cemiterio buscaron entre as lápidas e atoparon un grupo de rochas dunha cor distinta ás demais, o que lles pareceu moi sospeitoso. Erguer a morea levoulles moito tempo, pero pronto se decataron que escondía unha mensaxe segreda:

Dispuxéronse a saír do cemiterio, pero xa estaba a escurecer, por iso Xaquín non viu unha tumba que estaba aberta e caeu dentro dela. Cando se recuperou

Page 6: O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

do golpe recibido escoitou unha voz de ultratumba que dicía: -Quedan dous días para a morte de Antía. Se queredes chegar a tempo para salvala debedes atravesar o portal. Xaquín contoulle o sucedido a súa familia. Despois de percorrer o camposanto viron un arco de ferro cuberto de enredadeiras no medio dunha leira. Cando o atravesaron todo se volveu escuro. Ao cabo dun tempo, saíu a lúa entre as nubes e viron que estaban camiñando polas rúas empedradas dunha vila. Era noite pechada e facía moito frío. Atopáronse cun home que resultou ser o dono dunha pousada de Portomarín, que así se chamaba a vila. O home ofreceulles pasar a noite alí: -Fariades ben- dixo o home- Non é seguro andar de noite por aquí. -E logo por que?- preguntou a nai. - Conta a lenda -dixo, con voz moi baixa -que na antiga vila de Portomarín vivía un home moi teimudo co seu can Urco. A vila foi inundada pola construción do encoro, polo que se trasladou a todos os habitantes á vila nova. Mais o dono de Urco negouse a marchar da súa casa e morreu afogado

Page 7: O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

dentro dela. Por iso, todas as noites o espírito de Urco pasea pola nova vila, buscando ao seu dono. A familia, moi asustada, rexeitou a oferta porque tiñan pouco tempo para salvar a Antía, así que seguiron ata o encoro. Polo camiño atopáronse con Pedriño. Xaquín foi correndo onda el, pero decatouse de que ao can lle pasaba algo raro. Tiña os ollos en branco e xa non tiña unha expresión triste, se non chea de rabia. Tentou trabar a Xaquín, pero o pai conseguiu reducilo. O can estaba posuído polo espírito de Urco, polo que decidiron atalo nunha árbore para evitar un novo ataque. Chegaron á beira do encoro e estiveron buscando un bo anaco, mais non atoparon ningún carballo. Cando xa ían desistir Antía viu unha botella que flotaba preto da beira. O pai recolleuna cun trueiro. Dentro había un papel coa seguinte mensaxe:

Ao pronunciar estas palabras apareceu un carballo diante deles que desprendía unha luz cegadora deslumbrándoos a todos.

Page 8: O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

Cando se achegaron ao carballo, viron a seguinte inscrición na súa cortiza:

Voltaron ao camiño e viron que Pedriño xa retornara a ser o can afable que coñeceran, coa súa cara de pena e non de rabia como posuída polo espírito de Urco. Desataron ao can e decidiron empregar seu o olfacto para atopar o camiño cara Palas de Rei. Pedalearon toda a noite guiados polo instinto do animal, o cal os levou a Igrexa de Vilar de Dona xa en Palas de Rei. A carón do cruceiro estaba a horta das cabazas. Buscaron a cabaza máis grande, aínda que lles levou un anaco decidir cal era, e tras varias rifas entre eles dispuxéronse a baleirala. Despois empregaron a candea que lles dera a Santa Compaña para poder ver a mensaxe xusto antes de saír o primeiro raio de sol. E como por arte de maxia, coa luz da candea, reflectiuse aos pés do cruceiro unha nova mensaxe:

Page 9: O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

Xa era de día e andiveron preguntándolle as xentes de Palas de Rei pola torre. Cando a atoparon viron que estaba abandonada e que poñía medo so de mirar para ela, pero debían entrar nela se querían que Antía non morrera. Nada máis abrir a porta apareceu de súpeto un vello coas roupas rachadas e sen un ollo. Díxolles que el era o guía e que con moito agrado lles ensinaría o interior da torre. Aínda que era algo sospeitoso a familia tiña moita presa como para buscar a forma de subir ao alto, entón o pai dixo: -Moi amable señor, pero só nos interesa visitar o alto da torre. Pódenos guiar vostede ata alí? O vello puxo mala cara e rañou os dentes, parecía algo impaciente, pero aceptou guiar a familia. No alto da torre viron a bandeira, estaba algo rachada e non se adiviñaba ben cara onde sinalaba. -Señor guía, cara onde apunta a bandeira? – preguntou a nai.

Page 10: O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

-Benquerida familia, alí non vaiades – dixo o vello sen ollo – sinala en dirección a un bosque que hai en Arzúa, un lugar escuro e maldito, pois nel as árbores están vivas e posuídas polo mesmo demo, pois o que entra nel, non sae vivo, as árbores comezan a enraizárseche nos pes e aprémante ata romperche os ósos do corpo. - Tanto nos ten!!! – dixo o pai – debemos ir cara alí axiña. - Veña papá, temos moita presa – dixo Xaquín – tan só nos queda un día para salvar a Antía. O vello non paraba de insistir en que quedaran un anaco máis con el, polo menos a xantar, pois sentíase moi só. Pero a familia negáballe a invitación unha e outra vez. Entón o vello púxose coma un tolo e collendo unha das lanzar das armaduras que había na torre quixo matar a familia a cal tivo que escapar estrepitosamente escaleiras abaixo e saír pitando da torre para salvar a súa vida e poñerse en dirección cara o bosque das árbores malditas de Arzúa, onde medraba a papoula negra. Proseguiron a súa andaina pedaleando apresuradamente ata chegar a Arzúa. Alí conseguiron

Page 11: O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

preguntarlle a un ancián que camiñaba arrimado a un bastón onde se atopaba o bosque. - Perdoe, poderíanos indicar onde se atopa o Bosque das Árbores Malditas? Precisamos a topar a papoula negra de inmediato –dixo o pai con voz firme. - Seguide todo este sendeiro e ao lado da fonte xirade á esquerda, alí se atopa o voso destino. En canto vos adentredes no monte veredes unha pequena e vella cabana que é onde medra a flor, pero tede moito coidado, xa que ninguén logrou saír vivo de alí. - Moitas grazas bo home. A familia deixou as bicis aparcadas fóra e adentrouse no bosque. Cubriuse todo de súpeto por unha néboa espesa. Xaquín ía camiñando diante cando dixo: - Mamá, teño moita fame. Pero non houbo resposta algunha. Cando volveu a cabeza non había ninguén, so o acompañaba Pedriño. O neno comezou a sentir moito medo e empezou a correr para atopar aos seus pais canto antes. Cando xa levaban un anaco recorrido Xaquín tropezou na pola dunha árbore e caeu ao chan. O can púxose moi nervioso e comezou a ladrar.O rapaz ergueuse e viu a cabana da papoula e botou a correr

Page 12: O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

cara a ela. Entrou con moito medo e alí estaba a súa familia a punto de coller a flor. - Onde estabades? Tiña moito medo –dixo Xaquín. Nese momento a nai estaba a coller a Papoula Negra e toda a cabana comezou a tremer. A familia botou a correr e conseguiu saír de aquel Bosque das Árbores Malditas. Aínda que estaban moi cansos e tiñan moita fame, á media noite remataría o tempo para salvar a Antía, así que montaron de novo nas súas bicicletas e seguiron o camiño porque xa empezaba a anoitecer. Cando pasaron por diante da fonte que lles dixera o ancián do bastón , viron unha luz que sinalaba cara ao que parecía un cartel dentro da auga que dicía:

Así, emprenderon de novo a súa viaxe apurando o máximo posible para que Antía saíra con vida de aquela aterradora experiencia. Cando xa non quedaba moito percorrido para chegar a Santiago púxose a chover con moita forza e comezou a tronar dun xeito estrepitoso que alumaba todo o ceo no medio da escuridade da noite.

Page 13: O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

A familia estaba moi cansa e empapada por mor da choiva, pero sentiron un gran alivio cando, dez minutos antes de que rematara o prazo para salvar a Antía, viron ante eles a grandiosa Catedral de Santiago. -Vamos, rápido –dixo o pequeno Xaquín. Todos tiraron as bicicletas no chan e botaron a correr cara a Catedral. Como era xa de noite non podía entrar por ningures, intentárono primeiro pola fachada do Obradoiro, pero estaba pechada, despois correron á porta norte, pero tampouco tiveron sorte. Mentres estaban dando voltas rodeando o edificio, a nai decatouse de que unha das pequenas portas laterais, na que estaba representado o xuízo final estaba entreaberta. -É por aquí – dixo cun fío de vos a nai. Todos correron cara aquela porta. Cando entraron ás carreiras as súas pisadas resoaban en todo o edificio. - EH!!!, non podedes estar aquí – dixo o que parecía ser un garda de seguridade. Pero a familia non desistiu do seu empeño e foi entón cando viron o sepulcro do Santiago Apóstolo. Mentres

Page 14: O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

corrían cara el comezaron a soar as doce badaladas que marcaban o final da vida de Antía. O pai conseguiu deixar a papoula negra sobre o sepulcro antes de que soara a derradeira badalada, pero foi en vano, a nena caeu desplomada no chan. A familia correu xunto o corpo de Antía, todos choraban desconsolados e o pobre Pedriño non facía máis que lamberlle a cara. O garda de seguridade acercouse e preguntou que acontecía. De súpeto, Antía ergueuse, estaba ben, un pouco aturdida pero non se lembraba do que ocorrera naquel terrorífico percorrido. A familia estaba moi contenta por recuperar a súa filla e tamén lle colleran moito cariño a Pedriño polo que decidiron quedar co can. Di unha lenda que todas as noites de 31 de outubro, noite de bruxas, meiga e mortos viventes a Santa Compaña acode a aterrar a familia e o espírito de Urco posúe a Pedriño e este torna os ollos en branco e trata de morder a calquera que se lle poña por diante. Así é que a familia nunca poderá esquecer aquela aterradora viaxe.

Page 15: O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

.