O castelo da lúa
description
Transcript of O castelo da lúa
Contos a carón da lareira: “O CASTELO DA LÚA”
En Rianxo hai moito, moito tempo existía un castelo que pertencía a ORDE DO TEMPLE.
Un día, nunha loita cun veciño feudal, foi apresada unha xoven doncela fermosa como unha serea e un cabaleiro que na batida defendera con honra ao seu señor e a súa filla, a doncela.
O cabaleiro estaba a recuperarse das súas feridas cos coidados da doncela. Así foi como se enamoraron.
Unha noite de lúa e nubes, axudados por un garda do templario, lograron escapar por un pasadizo que os levou a unha praia onde os esperaba un bote e no que embarcaron rápidamente.
Pero aconteceu que dende a torre do castelo foron divisados polo centinela que alertou a todos.
Un tropel de guerreiros chegou as almenas do castelo e dispararon as súa ballestas por orden do seu xefe.
Tres dados mortais abatiron ao cabaleiro, que caeu a augas. As olas, co seu manto de escuma, cubriron o seu corpo.
Un grito desgarrador rompeu o momento, era a doncela que se lanzou ao mar desesperada a intentar recuperar o seu corpo.
Ao día seguinte as ondas posaron a orillas da praia o corpo dos namorados, abrazados.
O xefe templario doulles sepultura ao pé dunha das torres interiores do castelo.
Contan que todas as noites a lúa vela cos seus raios a sepultura dos namorados.
E din, os que recordan a historia, que o grito último da namorada foi a maldición que fixo caer o destino da destrucción sobre o castelo, cuias ruinas ainda hoxe os viaxeiros coñecen por “O CASTELO DA LÚA”