Nº 10 - xuño 2019 CCIIGGGUUU RRRRRIIIAAA CIGURRIA … · 26 Festa do Entroido. 29...
Transcript of Nº 10 - xuño 2019 CCIIGGGUUU RRRRRIIIAAA CIGURRIA … · 26 Festa do Entroido. 29...
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Conferencias
1
Nº 10 - xuño 2019
Revista do IES Cosme López Rodríguez
CCCIIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
SANTIAGO JAUREGUÍZAR
AMPARO RODICIO
POETAS DE VALDEORRAS
CONFERENCIAS
SAÍDAS CULTURAIS POLA PENÍNSULA CORRELINGUA
ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA
SAÍDAS DIDÁCTICAS
2018 - 2019
C , ,
CONCURSOS E CAMPIONATOS
CABAZAS, POSTAIS, MARCAPÁXINAS, XADREZ,
SOBREMESAS DE ENTROIDO
Presentación CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
2
Presentación
Este ano a revista do IES Cosme López Rodríguez da
Rúa publícase só en formato dixital como medida de aforro
medioambiental. Saberás que o papel faise a partir dunha
substancia chamada celulosa que provén das plantas,
particularmente árbores. Se reducimos o consumo de
papel, estaremos a contribuír á rexeneración da masa
forestal dos nosos bosques.
Con todo, acabamos de chegar ao mes de xuño e, polo
tanto, unha nova edición da revista CCCIIIGGGUUURRRRRRIIIAAA sae á luz.
Coma sempre, quixemos que fose un recompilatorio do
acontecido ao longo deste ano académico 2018/2019.
Cheo de experiencias enriquecedoras que nos axudaron a
aprender, compartindo actividades, lugares e descubri-
mentos. Durante estes nove meses, convivimos xuntos 5
mañás á semana e unha tarde; é moito tempo para deixalo
nas mans do olvido. Lembremos o máis sinalado!
Xa queda menos para rematar o curso e comezar otra
etapa da túa vida. Vacacións? Traballo? Outros estudos?
Sexa o que sexa, estamos seguros de que a túa estancia
no instituto deuche a preparación que precisas para acadar
o futuro que desexas.
O equipo redactor
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Sumario
3
SUMARIO
CONFERENCIAS 4 Encontro literario con Santiago Jaureguízar. 5 Charla con Amparo Rodicio – “Dano Cerebral
Adquirido”. 6 XI Encontro de poetas de Valdeorras. 9 Charla con Santiago Ferrer – A romanización en
Valdeorras.
BIBLIOTECA 10 Club de lectura. 11 Recuncho de poesía. 13 Mostra de Teatro. 14 Voluntariado. 15 XX Congreso Estatal de Voluntariado. 16 II Campionato de xadrez. 16 Espazo maker.
ESCOLMA DE ACTIVIDADES 18 Celebrando o Samaín. 18 Microrrelatos de terror. 20 Festival de inverno e nadal. 22 Día Escolar pola Paz. 23 Namorad@s da Lingua. 24 Semana de Rosalía. 26 Festa do Entroido. 29 Desplastificando o Aguillón 30 Festival das Letras Galegas. 31 Rap “Antón Fraguas”. 32 Na procura do noso pasado romano – Documental. 34 Premios.
SAÍDAS DIDÁCTICAS 37 Visita á Adega Joaquín Rebolledo
(A Rúa). 38 Catro días en Lisboa. 38 Saída didáctica a Lugo. 40 Intercambio co IES Faro das Lúas. 41 Saída a Astorga. 43 Saída cultural a Guimarães. 43 De viaxe por Madrid. 44 As cancións do Correlingua. 50 Percorrido por Negueira de Muñiz
e San Antolín de Ibias.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 52 Momentos de lecer.
PASATEMPOS 9 Números romanos. 12 Quen escribiu? 17 Naves espaciais. 22 Cubos e cadrados. 36 A pechadura. 54 Sudoku samurai. 54 As 7 diferenzas. 55 Labirinto tubular.
Conferencias CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
4
ENCONTROS LITERARIOS CON JAUREGUIZAR O autor falou da súa obra co alumnado do Centro
O 26 de marzo deste ano Jaureguizar, un dos
autores máis premiados pola súa literatura, falou da
súa obra co alumnado de 1º e 2º ESO para falar da
obra A Cova das Vacas Mortas (Premio Fundación
Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2006) e por outra,
o alumnado de 3º ESO para conversar arredor de
Placebo.
O encontro literario complementouse coa visita
de Jaureguizar á biblioteca do IES Cosme López
onde asinou varios exemplares das obras lidas polo
alumnado.
Así mesmo, arredor do libro A cova das vacas
mortas organizouse unha excursión a Negueira de
Muñiz onde se viron os lugares que aparecen na
novela, que se completou cunha visita ao Museo da
Natureza en San Antolín de Ibias (Asturias).
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Conferencias
5
CHARLA CON AMPARO RODICIO Dano cerebral adquirido
Este curso contamos no noso
centro coa neuropsicóloga Amparo
Rodicio Quiroga, antiga alumna do
noso IES, que nos veu falar do libro
de Francisco Castro Iridium, e do
extraordinario traballo que fan desde
Alento Asociación de Dano Cerebral
Adquirido de Vigo.
A conferencia foi dirixida ao
alumnado de 4ª de ESO e de 1ª de
bacharelato, previa lectura do libro,
que aborda cuestións como a
discapacidade, a igualdade ou a
discriminación a través da historia da
súa protagonista, Iris, unha moza con
dano cerebral adquirido a causa dun
accidente de tráfico. Para facer este libro o autor recompilou toda a información necesaria sobre a realidade de
persoas con esta lesión no cerebro, como Iris, así como sobre as súas secuelas, visibles e invisibles, e o
desenvolvemento da súa vida cotiá, na Asociación Alento.
O obxectivo da charla é concienciarnos a todas e a todos do
que significa ter Dano Cerebral Adquirido, do que senten, do
que viven as persoas afectadas e, sobre todo, do desexo de
seren tratadas na igualdade. Sentimento que compartimos todas
as persoas.
Conferencias CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
6
XI ENCONTRO DE POETAS DE VALDEORRAS “Ninguén deixa o fogar se o fogar non o bota”
O alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato, así como o profesor de bioloxía Sechu Cerezuela
participaron este curso no XI Encontro de Poetas que organiza a escritora Rosa García Machado, coa
colaboración do concello da Rúa e da adega Melillas, e que este ano tivo lugar o sábado, 16 de marzo, na adega
Melillas. O tema dos poemas é a migración e o lema “Ninguén deixa o fogar se o fogar non o bota”. Os alumnos
que recitaron o día do encontro foron Martín e Víctor de 4º de ESO e Luis, Roberto P. e Joaquín de 1º de
bacharelato. Os nosos parabéns para todos eles e, como non, para Sechu. A velada, o lugar escollido e a contorna
foron moi agradables.
O MEU FOGAR OUTRA OCUPACIÓN Beleza no meu lugar de orixe, era precioso Por que te fuches? Quería deixar de ver chorar a miña familia Quería darlles un motivo para sorrir e ser feliz Un futuro tan belo… como o noso lugar de orixe Era tan belo? Era, pero converteuse
nun inferno. Unha chama que non deixaba de medrar Por que choras? De ledicia logrei chegar De tristeza O meu lugar de orixe xa non é fermoso De dor Sangue nas miñas roupas tras chegar aquí.
Galiza, o meu fogar anos e anos esforzándome para ó final ter que marchar do meu lar. Conto con ter que buscar traballo noutro lugar anque a morriña farame regresar. Somos marionetas, emigración e inmigración… non nos queda outra opción…
María Belén Soria Aruquipa 4º ESO
Patricia Nogueira Morgado 4º ESO
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Conferencias
7
OH, EMIGRACIÓN TERRA DE EMIGRANTES
Oh, emigración! Que me botan da miña nación. Teño pena no meu gran corazón. Isto ocorre xeración a xeración. Oh, emigración! Todos marchan coa súa canción. Só queda unha nena na súa habitación nesta Galicia que queda sen poboación. Ai, Galicia, que che ocorre? Baleira de xente, chea de dor. Ceos grises, vougos de luz prados verdes, cargados de cor. Ai, Galicia, que che ocorre? Negra e apagada coma unha mesta flor. Tarde ou cedo volverán para ollar o teu solpor.
Terra de emigrantes e de grandes fames. Terra de pobreza e de moita escaseza. Tivemos que marchar para atopar outras saídas, tristes, a duras penas. Terra de emigrantes nunha situación de desastre. Unha época marcou a terra, unha época marcou o pobo, para sempre… Deixaron a familia sen saber que ía pasar, ficaron sós ao outro lado do mar. Pasou esa mala etapa. Pasou? Seguimos emigrando. Que será o que está pasando que Galiza anda chornado?
Eros Álvarez, Cristina Calvo, Antía González, Claudia
Fernández. 1º de Bacharelato
Miriam Carballo, Lorena Estévez, Laura Fernández, Marta Sanz.
1º de Bacharelato
VOLVER Chegando a un mundo novo, deixando o outro atrás. Buscando un emprego, pois necesito traballar. Pensando na miña familia, rompo a chorar.
Quero volver, mais non podo regresar. Lembrando os meus amigos, que felicidade! Espero volver a casa para facelo de novo realidade.
Matín Jiménez Diéguez 4º ESO
Conferencias CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
8
RESISTIR FUXIRON
Aquí non te podes quedar Outra terra na que vivir Tes que marchar Tes que resistir Outro sitio no que traballar para intentar sobrevivir. Un novo fogar tes que conseguir. Sei que este lugar estrañarás todos o botaremos de menos. Era o sitio onde adoitabamos soñar desde que eramos moi nenos. Soportar prexuízos é o mal, é o que hoxe nos fará marchar, pero, miña vida, volverei onde tantos momentos felices eu pasei.
Bos Aires, Arxentina. Os galegos alí fixeron de América unha nova forma de vida. Galegos emigrantes atoparon unha cultura pouco semellante Marcharon por obriga en busca dunha boa vida. Fuxiron da fame, tamén da pobreza, fuxiron da Galiza en busca de riqueza. Fuxiron por medo, ían agochados. Marcharon moi cedo a nobreza tíñaos aterrados. De Galiza expulsados porque semellamos estar atrasados. Non é certo, non. Deixáronnos baleiros…
Alexia Fernández Pérez e Paula Moreira Rodríguez 4º ESO
Luís López, Inés Martínez, Robereto Porto, Joaquín Prieto, Joel Romero 1º de Bacharelato
NON CHEGABA A súa rexión enfermou de pena sen menciña dourada que tomar. Esa amada terra que os condena a non poder chamala "meu fogar". Foxen do aire que lexisla e envelena. Buscan outro de lingua similar. Entran neste que os observa e almacena como gando que vén sen domar. Non chegaba con seren pobres e orfos, Non chegaba con velos emigrar. Tamén lles din feos, sucios e amorfos. Tamén escoitan "Ide a outro lugar!".
Nos xornais aparecen en escena cando, asustados, veñen de ultramar. Noticias coa mesma cantilena que vacuas falan doutro centenar. Son persoas que amosan a melena e que teñen alento pulmonar. Disque levaban unha vida plena, que deixaron xunto a outro familiar. Non chegaba con botalos do niño. Non chegaba con saír a voar. Tamén deben estrañar no camiño a quen non puido cruzar o limiar.
Sechu Cerezuela
Profesor do IES Cosme López Rodríguez
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Conferencias
9
CHARLA CON SANTIAGO FERRER SIERRA Arqueólogo e gran coñecedor da romanización en Valdeorras
21 de xaneiro. Conferencia de
Santiago Ferrer Sierra, arqueólogo
especialista na romanización de Galicia,
sobre distintos aspectos da romanización
na comarca de Valdeorras, con especial
atención aos restos romanos da Via
Nova, que atravesa as nosas terras.
Participa o alumnado de Cultura
audiovisual e escénica, Cultura clásica e os
distintos niveis de latín do noso instituto
e tamén o alumnado de latín do IES
Lauro Olmo do Barco, que nos visitan ese día no marco da elaboración dun proxecto audiovisual conxunto.
NÚMEROS ROMANOS. Sitúa os debuxos no lugar correspondente e terás unha figura romana.
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Biblioteca
10
BIBLIOTECA
A biblioteca é un lugar de traballo para toda a comunidade educativa, un espazo para obter todo tipo de
información, pero tamén para o lecer. A biblioteca escolar é o recurso fundamental para o proxecto lector do
centro, eixo vertebrador das actividades de fomento da lectura.
CLUB DE LECTURA
Este é o terceiro ano do noso club de lectura
chamado “Os Cigurrios”. Esta actividade pretende a
potenciación da competencia lingüística en lingua
galega. O club organizouse en tres grupos.
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Biblioteca
11
RECUNCHO DE POESÍA
Esta actividade é unha
invitación a asolagar as aulas de
poesía. E iso é o que
pretendemos co “Recuncho
poético”. Buscamos dar a
coñecer a excelente e variada
creación poética galega, castelá,
inglesa, francesa, chinesa e tamén
en caló destinada a todas as
idades. O alumnado seleccionou
poemas de diferentes épocas e
en distintas linguas, posterior-
mente recitounos e, ao final,
entregounos escritos a man.
Esta mostra consistiu na representación de fragmentos en castelán e en galego extraídos de obras clásicas da
literatura universal. Entre as obras representadas temos a Farsa de Bululú de Manuel María, Romero y Julieta de
Shakespeare, Las troyanas de Eurípedes ou Neonatos de Paco M
Biblioteca CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
12
Recuncho de poesía.
QUEN ESCRIBIU?
Cuentan de un sabio, que un día
tan pobre y mísero estaba,
que sólo se sustentaba
de unas hierbas que cogía.
“¿Habrá otro”, entre sí decía,
“más pobre y triste que yo?”
Y cuando el rostro volvió,
halló la respuesta, viendo
que otro sabio iba cogiendo
las hierbas que él arrojó.
Autor: . . . . . . . . . . . . ?
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Biblioteca
13
MOSTRA DE TEATRO NA BIBLIOTECA
Representación de fragmentos en castelán e en galego extraídos de obras clásicas da literatura universal. Entre
as obras representadas temos a Farsa de Bululú de Manuel María, Romero y Julieta de Shakespeare, Las troyanas
de Eurípedes ou Neonatos de Paco Mir.
Biblioteca CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
14
VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Os alumnos e as alumnas do noso IES adquiriron un
papel relevante no día a día da biblioteca. Son os voluntarios
organizadores de campionatos, uso da impresora 3D,
realización e editado de fotografías,… así como a realización,
gravación e montaxe de vídeos.
Ademais, o alumnado do noso centro participou por
terceiro ano consecutivo no programa de “Voluntariado na
biblioteca escolar”. Un total de setenta e seis alumnos/as de
todos os cursos de ESO e Bacharelato participaron nesta
actividade. Entre as actividades realizadas por este
voluntariado podemos citar a confección de corpóreos, de
murais, tamén traballos coa Impresora 3D ou a gravación dun
vídeo da Biblioteca.
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Biblioteca
15
XX CONGRESO ESTATAL DE VOLUNTARIADO
A Consellería de Política Social invitou os voluntarios e voluntarias da biblioteca a participar no XX Congreso
Estatal de Voluntariado que se celebrou ós días 28 e 29 de novembro de 2018 en EXPOURENSE. O lema
escollido “Enlázate ao Voluntariado” é unha invitación á unión progresiva da acción voluntaria como elemento
dinamizador e de transformación social. Un total de 18 voluntarios/as de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC acudiron a
dito encontro.
Entre outras actividades asistiron á conferencia de Anxo Pérez, quen contou un pouco da súa vida e deu
consellos para acadar o que se propoñan na vida. Tamén puideron facer un percorrido polos postos que
mostraban o traballo de voluntariado que realizan diferentes asociacións ou ongs. Na parte lúdica puideron
aprender a usar o skate elétrico, pintar un mural con graffitis, ou un curso acelerado de hip-hop, entre outras
cousas.
Biblioteca CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
16
II CAMPIONATO DE XADREZ
Novamente, o campionato de xadrez da biblioteca foi un completo éxito, demóstrao tanto o número de
alumnos/as participantes, concretamente 25, coma o o público asistente. Os voluntarios encargáronse da
organización e elaboración dos premios outorgados.
ESPAZO MAKER
Reforzamos a idea da
biblioteca como centro
creativo de aprendizaxes.
Contamos cun “Espazo
maker” coa impresora 3D,
un obradoiro de creación
de corpóreos e murais. O alumnado adicou parte do seu
tempo para contribuír á elaboración destes materiais,
desenvolvendo, sen límites, toda a súa creatividade.
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Biblioteca
17
Espazo maker
O espazo maker está localizado no primeiro andar. A el poden acceder todos os alumnos e alumnas que
queiran participar na creación destes materiais. Nas seguintes fotografías poden verse en acción, pintando letras
xigantes para o día das letras galegas e programando a impresora 3D para a elaboración dos chaveiros que se
obsequiaron a todos os participantes no campianato de xadrez.
NAVES ESPACIAIS. Moitas destas naves espaciais son parecidas pero só dúas son idénticas. Podes atopalas?
Escolma de actividades CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
18
CELEBRANDO O SAMAÍN Dpto. de lingua Galega e EDLG
Un novo ciclo agrícola que se perfila
mediante unha estación escura... Acorde coas
nosas tradicións e o ciclo festivo anual, o IES
Cosme López celebrou o Samaín 2018, unha
festa que recrea as nosas orixes. Tamén
coñecido como día de Todos os Santos, esta
data pon fin ao verán e comezo a un novo ciclo
agrícola, que se perfila mediante unha estación
escura, onde nese camiño de paso os espíritos
dos mortos van deambular entre os vivos.
Na entrada do centro puido observarse un escenario de fondo negro onde xunto a imaxes desacougantes
se unían mostras de cabazas talladas creadas polos participantes, todo sobre unha arrepiante tea de araña. Desta
volta, o EDLG convocou dous concursos: o concurso de tallado de cabazas, nunha categoría, destinado a
alumnado do 1º e 2º ciclo da ESO e FP Básica 1 e 2, co fin de premiar a orixinalidade e estilo nesta técnica e o
concurso de microrrelatos de terror, en catro categorías, no que podía participar o alumnado do 1º e 2º ciclo da
ESO, FP Básica 1 e 2, e Bacharelato, co propósito de que amosaran as súas calidades como narradores e lograsen
transmitir esa atmosfera propia de terror e arrepío que caracteriza esta festividade.
MICRORRELATOS DE TERROR MICRORRELATOS PREMIADOS NO SAMAÍN 2018
Xava, a aldea pantasma Era un día claro e soleado, en Xava ía todo perfectamente, todos os veciños estaban traballando e felices. Ata que chegou unha noite fría no verán de 1850. Desde esa noite nada volveu ser igual. A xente desde esa noite
empezou a desaparecer e as súas casas con eles: unha noite fría, tres, cada mes; noutra, unha, noutro mes; e así continuamente.
Un día de 1944, Juan Miguel Álvarez Fantasma levantouse ás 04.30 h da madrugada porque oía ruídos. Cando se dispuxo a saír pola porta viu un portal máis grande ca o Titanic, e... del saían fantasmas de cor branca transparente.
Juan Miguel viu que eses fantasmas levaban a xente e as casas. Entrou na súa casa e escondeuse debaixo da cama, pero un fantasma foino buscar, facendo buuuuuu, buuuuuu e non o encontrou. El, morto de medo, traumatizouse, e non volveu falar ata que un día se atreveu a falar comigo para contarme a historia.
Cristian Raúl Arias Mújica – 1º ESO-B (1º premio – 1º Ciclo de ESO)
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Escolma de actividades
19
O motorista fantasma A historia das irmás desaparecidas Ás tres da madrugada dun 31 de outubro, na casa dos
meus avós na vila do Bolo, oín un ruído dunha porta abríndose. Fun mirar e a porta da entrada estaba aberta. Con medo seguín un rastro de cinza que conducía á cociña. Antes de entrar na cociña vin un resplandor, como dunha candea.
Entrei e había unha persoa de costas, deu a volta e resultou ser un esqueleto coa cabeza prendida de lume. Saín correndo ao meu cuarto. O esqueleto de lume saíu da casa. Asomeime á ventá e vin que montou nunha moto e marchou deixando un rastro de lume ao paso que ía marchando. Desde aquel día todas as persoas da vila pregúntanse como se fixeron esas queimadas no camiño.
Unha noite de lúa chea, nas Guindeiras, dúas irmás chamadas Lucía e Andrea ían camiñando soas pola estrada, e viron unha sombra ao lonxe. Era unha sombra moi estraña, e como elas eran moi curiosas achegáronse a ver que era.
De repente, unha luz iluminou todo o lugar e as irmás desapareceron.
Hoxe en día, dise que cando pasas por aquel lugar, as noites de Lúa chea, escóitanse os seus gritos. Esta historia contouma a miña bisavoa unha noite de Lúa chea.
Roberto Álvarez Fernández – 1º ESO-B (2º premio – 1º Ciclo de ESO)
Andrea Rodríguez González - 1º ESO-B (3º premio – 1º Ciclo de ESO)
Miña nai De súpeto, abrín os ollos. Era noite pecha, o vento batía nas contras, seguía a chover, só o tic-tac do reloxo do salón
rompía o silencio. Din voltas e voltas na cama, pero fun incapaz de volver durmir. Levanteime por un vaso de leite quente coa intención de relaxarme un pouco. Mentres baixaba as escaleiras puiden ver que a luz da cociña estaba acesa e oíase o golpe dun coitelo na madeira,
sorprendinme, era moi cedo para que alguén estivese esperto. Abrín a porta, alí estaba a miña nai. –Mamá, que fas? –Preguntei –O xantar, miña filla –Dixo de costas para min. –Tan cedo? –Si, ti vai durmir –Dixo sen xirarse. Non lle din importancia, collín o meu leite e volvín á cama. Espertei, eran as dez e media, a miña nai seguía na cociña. –Bos días! –Aínda segues aquí? –Preguntei. –Como aínda? Levanteime ás nove da mañá. –Se estabas de madrugada facendo a comida –Afirmei. –Eu? Non me levantei en toda a noite miña filla!
Laura Fernández López – 1ºBACH-A (premio de microrrelato – bacharelato)
Escolma de actividades CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
20
FESTIVAL DE INVERNO E NADAL Dptos. de lingua Galega, EDLG e Música, e alumnado de FP Básica
O 21 de decembro, o IES Cosme López Rodríguez quixo celebrar este ano o Festival de Inverno e Nadal
para render homenaxe a esta época do ano, de tempo frío, días escuros e noites longas, pero tamén de xuntanzas,
de tradicións e de celebracións. Por iso, o alumnado do noso centro, de ESO, de FP Básica e de Bacharelato, coa
axuda do seu profesorado, estivo a preparar diferentes actividades arredor da poesía, o relato, a tradición oral, as
paisaxes da contorna e, por suposto, a música. Ademais, houbo unha mención especial para a alumna Lorena
Estévez de 1º de Bacharelato polo premio acadado recentemente da man da Xunta de Galicia que pon en valor o
seu traballo e esforzo. E tampouco faltou a entrega de premios aos participantes gañadores nos diferentes
concursos convocados polo EDLG.
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Escolma de actividades
21
Festival de inverno e de Nadal.
Escolma de actividades CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
22
DÍA ESCOLAR POLA PAZ Tema da UNESCO para este ano: “O diálogo, a tolerancia e a paz”
Xornada no IES do Día Escolar pola Paz e a Non-
Violencia. Un ano máis toda a comunidade
educativa do noso IES celebra o Día Escolar
pola Paz e a Non-violencia, para recordar a
importancia de defender unha educación
permanente na e para a concordia, o diálogo, a
tolerancia, a solidariedade, o respecto aos
dereitos humanos, a non-violencia e a paz.
E para festexalo preparamos as
seguintes actividades que visualizamos o día 30
de xaneiro no salón de actos e no patio do instituto: recitado de poemas sobre a paz e a non violencia en galego,
portugués, castelán, francés e inglés; interpretación de diferentes temas musicais; mensaxes acordes co día;
decoración correspondente e solta de globos brancos con mensaxes. Dpto. Lingua Galega, EDLG, Relixión, Biblioteca e Música.
CUBOS E CADRADOS.
(20 de xaneiro)
Que figura? Indica cal das imaxes da dereita se corresponde coa vista superior da figura orixinal.
Orixinal
Cantos? Cantos cubiños faltan en cada figura para completar un gran cubo de 5x5x5 cubiños?
Que selos? Que selos de caucho do 1 ao 4 se utilizaron para formar as figuras da 5 á 10? Pódense xirar e usar máis dunha vez.
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Escolma de actividades
23
NAMORAD@S DA LINGUA 14 de febreiro – Dptos. de lingua Galega, EDLG e alumnado de FP Básica
Continuando co ciclo anual, hoxe toca celebrar o Día dos Namorados. A literatura galega tratou abondo a
temática do amor e así podemos atopar mostras de diversa tipoloxía de variados autores que lle renderon
homenaxe a esta manifestación ou estado de afecto intenso. Desde Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Celso
Emilio Ferreiro... ata autores/as máis recentes como Lois Pereiro ou Olga Novo, entre unha ampla nómina.
O alumnado do IES Cosme López (A Rúa) contribuíu a encher de amor este día e que mellor xeito de
facelo que a través da poesía e a lingua! Deste xeito, no 2º ciclo ESO elaboraron uns haikus (composicións moi
breves de inspiración xaponesa en 3 versos e 17 sílabas sen rima) baseadas no sentimento do amor. O alumnado
de FP Básica encargouse de preparar presentacións cunha selección de poesía de autores/as da literatura galega
que cantaron nos seus poemas a este sentimento.
Escolma de actividades CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
24
SEMANA DE ROSALÍA Dpto. de lingua Galega e EDLG
19-25 de febreiro de 2019. Con motivo da
conmemoración do nacemento de Rosalía o 24 de febreiro de
1837, o IES Cosme López levou a cabo unha semana de
homenaxe á escritora galega co título “Eu cantar, cantar,
cantei…”, onde o alumnado dos diferentes cursos recitou
poemas de Rosalía correspondentes ás obras Cantares Gallegos e
Follas Novas en varias linguas, galego, portugués, castelán, inglés e
francés. Feito que demostra a importancia que a figura e obra da
autora do Rexurdimento literario acadou no seu momento e
segue tendo no conxunto da cultura galega.
Airiños, airiños, aires Airiños, airiños, aires, airiños da miña terra, airiños, airiños, aires, airiños levaime a ela. Sin ela vivir non podo,
non podo vivir contenta, que a donde queira que vaia
cróbeme unha sombra espesa. Cróbeme unha espesa nube
tal preñada de tormentas, tal de soidás preñada
que a miña vida envenena. Levaime, levaime, airiños, como unha folliña seca,
que seca tamén me puxo a callentura que queima.
¡Ay! si non me levás pronto, airiños da miña terra,
si non me levás, airiños, quisais xa non me conesan,
que a frebe que de min come vaime consumindo lenta,
e no meu corazonciño tamén traidora se ceiba.
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Escolma de actividades
25
Semana de Rosalía
Escolma de actividades CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
26
FESTA DO ENTROIDO Marzo de 2019 – EDLG e titores do centro
O Instituto co seu Entroido 2019. O IES
Cosme López (A Rúa) atópase situado no oriente
ourensán, zona neurálxica de varias mostras do
Entroido galego, onde se combinan a tradición, a
arte e a gastronomía. Para celebrar esta festividade o
alumnado do centro participou en varias actividades
coas que lle renderon homenaxe a un costume de
tanta relevancia no leste da provincia de Ourense e
coñecido en varios puntos como “Entrudio”.
Así, participaron no concurso de sobremesas
de Entroido, o concurso de comparsas, que crearon
en representación de cada un dos cursos académicos
do centro e a actuación do Folión do IES Cosme
López. O concurso de sobremesas gañouno Laura
Fernández de 1º de bacharelato polo seu delicioso
“leite frito”. No concurso de comparsas do Entroido
levaron premio os alumnos e alumnas de FP Básica:
Iria, Adrián Vila, Joana, Noa, Israel, Adrián Sousa,
Rafaela, Benjamín e Karima, pola súa interpretación
coa “Casa de papel”.
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Escolma de actividades
27
Ademais, o alumnado forma parte de folións representativos da zona, como poden ser o de Petín ou o de
Buxán (O Bolo), que percorren diferentes puntos da contorna nos principais días do Entroido e que enchen de
ritmo e de orixinalidade esta festa popular.
Escolma de actividades CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
28
Semana de Rosalía
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Escolma de actividades
29
DESPLASTIFICANDO O AGUILLÓN Actividade organizada pola asociación San Cristóbal da Rúa
O 5 de xunio de 2019, día mundial do medio
ambiente, o IES Cosme López Rodríguez
participou nunha actividade organizada pola
asociación sociocultural San Cristóbal da Rúa,
xunto con outros centros educativos da zona.
Comezamos organizando a saída en grupos
que foron baixando secuencialmente ata o cine
Avenida. Una vez alí, a profesora do noso centro
Mª Jesús Fernández Maseda explicou a todos os alumnos asistentes o impacto medioambiental que o plástico está
a ter desde que xurdíu hai máis dun século. A charla titulábase “Comemos e respiramos plástico”. Estaba
orientada a aprender que son os plásticos, que características os fan tan útiles para o ser humano, por que son
contaminantes, por que é tan difícil degradalos, que consecuencias ten o seu abandono no medio natural e por que
os animais os confunden con alimento, entre outros aspectos. Ademais, mostrounos imaxes e vídeos moi
rechamantes nos que podían verse tartarugas, peixes, aves e, incluso, animais invertebrados e microscópicos
afectados directamente pola súa inxesta ou atrapados por eles ata morrer.
Trala concienciación, todo o alumnado dirixiuse acompañado polos profesores cara a esplanada do
Aguillón, na entrada do pavillón de deportes, donde a organización San Cristóbal repartíu as zonas de limpeza por
grupos e entregou guantes e bolsas de cartón para recoller os trozos de plástico abandonados décadas atrás.
Durante dúas horas, todos os participantes atoparon moita máis cantitade de plástico do que sospeitaban nun
principio. Lixo moi variado: envoltorios de chicle, zapatillas deportivas, restos de mangueiras, trozos de
poliestireno, bolsas plásticas esmagadas, botellas de refrescos, tapóns, encendedores, restos dunha bicicleta,
cadeiras de plástico, bolsas de patatillas... Ao rematar, os membros da organización calmaron a sede e a fame dos
limpadores do Aguillón con auga,
bocadillos e fruta que, merecida-
mente, descansaban sentados nas
escaleiras do pavillón. Ata que
chegou a camioneta que necesitou
dúas viaxes para levarse todo o lixo
porque o volumen recollido era
considerable. Nese instante, deuse
por rematada a actividade e
comezamos o regreso ao centro.
Escolma de actividades CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
30
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS Dptos. de lingua Galega, EDLG, Música e E.F. e alumnado de FP Básica
Antón fraguas fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 - Santiago de Compostela, 1999). “Eu traballei
sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito
puxen sempre a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio”
O 17 de xuño de 2019 (11:20 h - 14:10 h), o
IES Cosme López sumouse ao recoñecemento do
autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas,
Antón Fraguas Fraguas (1905-1999), mestre,
etnógrafo, escritor, membro histórico das
Irmandades da Fala e do Partido Galeguista e
director do Museo do Pobo Galego. Para isto
levouse a cabo a celebración dun festivalo 17 de
xuño que agrupou diversas actividades arredor da súa
figura e a cultura galega en xeral.
O alumnado participou con varias actividades
nos diferentes cursos como unha presentación sobre
o traxe galego (1º ESO), o recitado de coplas
recollidas por Antón Fraguas para a elaboración do
Cancioneiro de Cotobade (2º ESO), recitado dunha
selección de poemas pertencentes a épocas diferentes
da literatura galega (3º ESO e 1º BAC) e o recitado
do poema “Letanía de Galicia” de Uxío Novoneyra
por parte do alumnado de 4º ESO.
Así mesmo, proxectáronse as páxinas webs
elaboradas polo alumnado de FP-Básica arredor da
figura de Antón Fraguas, os marcadores e unha
presentación elaborada polo Departamento de
Informática do centro sobre a figura e traxectoria do
autor homenaxeado.
Todo isto complementado con diferentes
interpretacións musicais como “O son do ar”,
“Lela”, a canción popular de Petín e o rap “Antón
Fraguas”. O festival acompañouse dunha sección
dalgunhas das saídas de interese do centro e da
entrega de premios ao alumnado no concurso de
sobremesas e comparsas de Entroido, premios da
biblioteca do torneo de xadrez, marcadores e
concurso de fotografía e por último, premios para o
alumnado pola súa colaboración en dinamización
lingüística co EDLG do centro.
A continuación levouse a cabo un obradoiro
de xogos populares organizado polo alumnado
voluntario de 3º ESO e 4º ESO, principalmente para
os cursos de 1º ESO e 2º ESO, no que se
desenvolveron xogos no interior do pavillón coma o
brilé, a buxaina e o pano e no exterior xogos como a
chave, a ferradura e a billarda.
O Festival puxo peche a este recoñecemento
do autor homenaxeado tan interesado na tradición
galega e a cultura en xeral coa proxección do tráiler
do documental Na procura do noso pasado romano
realizado polo alumnado de 2º de Bacharelato das
materias de Cultura audiovisual e escénica do IES
Cosme López (A Rúa) e de Latín II do IES Lauro
Olmo (O Barco de Valdeorras).
Escolma de actividades CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
31
RAP SOBRE ANTÓN FRAGUAS
Antonio Fraguas naceu en 1905 provocando na súa nai un primeiro sorriso. É dunha pequena aldea de Pontevedra coñecida co nome de Insuela. Castelao e Losada Diéguez foron os seus mentores e estiveron aí cando cometeu errores. Máis tarde parte rumbo a Santiago de Compostela para comezar cos estudos de Filosofía e Letras. Uns universitarios xa non querían o mesmo e deciden crear o Seminario de Estudos Galegos encargado do estudo da realidade galega no campo de Humanidades e Ciencias da Natureza. Faise membro do Seminario, en Xeografía e Etnografía e vai dar conferencias por toda Galicia. Colabora en campañas arqueolóxicas con Xaquín Lorenzo para facer no Seminario un Museo. En Radio Galicia comezou a revolución foi dos primeiros en usar o galego neste medio de comunicación. Convértese en profesor de Xeografía e únese ao movemento galeguista. Co levantamento militar péchase o Seminario de Estudos Galegos. Antonio é destituído e suspendido de emprego.
De contrario ao Réxime foi acusado e para sobrevivir montou unha academia de ensino privado. Tivo que volver a opositar porque a súa cátedra non volveu recuperar. El segue a traballar a favor de Galicia porque sabe que está rodeada de inxustizas. Foi elixido académico da Real Academia Galega. Ocupou a cadeira que deixou Castelao coa súa perda, cadeira que estivera libre ata o seu falecemento e que Antonio ocupou con humildade dende o seu ingreso. No Museo Municipal foi nomeado director. Deixa de ser profesor e comeza unha etapa de publicacións no Museo do Pobo Galego, na Academia Galega das Ciencias, no Consello de Cultura Galega e na sociedade portuguesa. Foi xeógrafo e tamén foi arqueólogo, historiador da arte e biógrafo. Foi historiador e estudou etnografía. E polo seu labor foi nomeado Cronista Xeral de Galicia. Polos seus alumnos foi moi querido. Todo o que fixo sempre foi recoñecido. Deu todo pola cultura galega. Espero que unha persoa así, nunca se esqueza.
Bruno Joel de Sousa Pacheco 4º ESO
Escolma de actividades CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
32
NA PROCURA DO NOSO PASADO ROMANO Departamento de Latín
Proxecto didáctico “Na procura do noso pasado romano”. Trátase
dun proxecto conxunto entre dous institutos da comarca, o Cosme
López Rodríguez da Rúa e o Lauro Olmo do Barco. O noso alumnado
de Cultura audiovisual e escénica e o alumnado de Latín II, ambos
grupos de 2º de bacharelato, desenvolveron este traballo ao longo de
todo o curso académico, ocupándose de todas as tarefas conducentes á
realización dun documental sobre os restos romanos na nosa comarca,
cunha mención especial a un grupo de arqueólogos afeccionados
chamados Os Escarvadores, que descubriron a maior parte destes
restos nos anos 70.
O documental recolle datos de distintas fontes de información,
visitas a restos romanos da zona e explicacións in situ a cargo de
especialistas, entrevistas a persoas de diferentes ámbitos relacionadas co
tema, charlas ao alumnado a cargo de expertos en romanización e moitas horas de cotexamento de datos,
elaboración de guións, montaxe, edición, posprodución, promoción e todos aqueles aspectos precisos para a
culminación do traballo.
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Escolma de actividades
33
Na procura do noso pasado romano
O traballo foi coordinado polos profesores de latín dos dous institutos, Carmen Díaz Rifón do Cosme López
Rodríguez da Rúa e Julio Parada Yáñez do Lauro Olmo do Barco, e por José Ramón Crespo Cerezuela, profesor
de Bioloxía do Cosme López
Rodríguez, quen dirixiu e
supervisou os aspectos técnicos do
documental.
O documental foi estreado no
Centro cultural avenida da Rúa, o
día 20 de xuño de 2019, con gran
afluencia de público, que amosou
interese por coñecer de novo,
nalgúns casos, ou lembrar noutros,
a importancia do pasado romano
da comarca de Valdeorras.
Escolma de actividades CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
34
PREMIOS Entregados no festival das Letras Galegas
SAMAÍN
CABAZAS
Alexia Celtia González – “Xa chega o Samaín”
1º ESO B
MICRORRELATOS DE TERROR
1º CICLO DE ESO 1º Premio - Cristian Raúl Arias Mújica (1º ESO-B) Xava, a aldea pantasma 2º Premio - Roberto Álvarez Fernández (1º ESO-B) O motorista fantasma 3º Premio - Andrea Rodríguez González (1º ESO-B) A historia das irmás desaparecidas
BACHARELATO 1º Premio - Laura Fernández López (1º BAC-A) Miña nai
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Escolma de actividades
35
OUTROS
É un desexo da comunidade do IES Cosme López Rodríguez POSTAL DE NADAL
Roberto Álvarez Fernández (1º ESO B)
Os nenos camiñan e xogan e brincan na rúa calada que cobren de risas. E inventan trouleiros palabras de neve que borran as penas que a terra non quere. Cantigas e risas veñen anunciar que peta na port a luz do Nadal. Un nadal que amose como vai a vida un nadal que cure con paz as feridas Un Nadal que abrigue un Nadal turrón un Nadal que acougue un Nadal canción.
IX CONCURSO EUROPEO DE MARCAPÁXINAS
Zaida Soria Puente
A alumna do 2º curso de FP Básica de Informática de Oficina, Zaida Soria Puente acadou o 3º premio no IX Concurso Europeo de Marcapáxinas, enmarcado no proxecto eTwinning Letras Galegas 2019 impulsado polo profesorado do Ciclo Formativo. Este proxecto eTwinning organízase dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela e nel participaron diferentes escolas europeas de España, Portugal e Italia.
Entre outras actividades colaborativas entre os diferentes centros europeos, preténdese difundir a lingua e literatura galegas prestando unha homenaxe á figura de Antonio Fraguas Fraguas, autor conmemorada nas Letras Galegas 2019.
Escolma de actividades CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
36
PREMIOS DA BIBLIOTECA
II CAMPIONATO DE XADREZ 1º Premio - Brian Izquierdo Fernández (1º BACH)
2º Premio - Lucas Prada Fernández (4º ESO)
CONCURSO DE MARCADORES 1º Premio - Belén Soria (4º ESO)
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 1º Premio - Alexia González (1º ESO B) 2º Premio - Luis López González (1º BACH)
PREMIOS Á COLABORACIÓN COAS ACTIVIDADES DO CENTRO
Luis López González (1º BACH) Eros Álvarez Dacosta (1º BACH)
A PECHADURA. Que pechadura se abre coa chave?
Saídas didácticas CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
37
VISITA Á ADEGA JOAQUÍN REBOLLEDO Dpto. de lingua Galega e EDLG
Dada a importancia da viticultura na comarca de Valdeorras demos comezo ás actividades do EDLG cunha
visita á adega ruesa Joaquín Rebolledo por parte do alumnado do 1º ciclo da ESO, onde nos explicaron o proceso
de elaboración do viño e as técnicas empregadas para este labor. Ás veces, o que temos máis próximo resulta o
gran descoñecido, polo que a visita resultou de moito interese ao comprobarmos de primeira man a elaboración in
situ dun dos viños denominación de orixe Valdeorras.
Esta actividade foi complementada cunha exposición fotográfica no centro onde o alumnado seleccionou
imaxes relacionadas coa vendima na comarca de Valdeorras, ben co labor propio da vendima ou os aparellos
empregados para este labor, dende
os máis tradicionais ata os máis
actuais. Ademais disto realizaron
unha escolma de fraseoloxía
variada relacionada co viño, de
moita importancia na cultura
galega. Os versos de Florencio
Delgado Gurriarán coa “Cantiga da
Vendima” puxeron peche á
actividade.
Saídas didácticas CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
38
CATRO DÍAS EN LISBOA 1º bacharelato
Un grupo de 18 alumnos de 1º de Bacharelato
realizou unha viaxe cultural a Lisboa cunha guía que
o acompaña para coñecer os lugares máis
representativos de Lisboa e da súa costa.
Durante a actividade visitaron o Parque das
Naçoes e o Oceanario, e ademais fixeron un
percorrido pola costa de Lisboa, ata Sintra, onde
coñeceron o Palacio de Pena e o Palacio Nacional.
No itinerario figurou tamén facer unha visita
panorámica da cidade, antes de visitar o Mosteiro dos Jerónimos a Torre de Belén, a Catedral e o Castelo de San
Jorge, así como pasear polos seus lugares máis emblemáticos: o Mirador de Santa Lucía, a praza do Rossio, o
barrio de Chiado, a cafetería de Pessoa ou a praza do Comercio, entre outros. Xa de volta, parouse en Coimbra
para gozar da cidade e visitar a súa Universidade.
SAÍDA DIDÁCTICA A LUGO 1º ESO
O alumnado de 1º de ESO do IES Cosme López
Rodríguez participou o día 11 de abril en varias
actividades didácticas organizadas polos
Departamentos de Lingua Galega e de Xeografía e
Historia e que se desenvolveron en Lugo.
A primeira foi no Museo Provincial, e consistía en
coñecer o museo dunha maneira moi interesante a
través do denominado “Roteiro literario polo
museo” deseñado polo Departamento de Didáctica
do MPLugo, sobre o propio museo e sobre o libro
Contos de fantasmas no museo. Durante o curso
académico o alumnado preparou en clases a lectura do libro proposto. A segunda foi na igrexa románica de Vilar
de Donas en Palas de Rei, onde se puido apreciar tanto o edificio como o interior da igrexa, na que destacan as
pinturas murais, grazas a don Jesús, señor que moi amablemente nos guiou pola súa historia. E, por último,
visitouse o castelo de Pambre, unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e
das poucas que quedaron en pé tras a revolta irmandiña.
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Saídas didácticas
39
Saída didáctica a Lugo
Saídas didácticas CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
40
INTERCAMBIO CO IES FARO DAS LÚAS Vilanova de Arousa – Dpto. Lingua Galega e EDLG
O alumnado de 3º de ESO e 4º de
ESO participou nunha saída a Padrón
e Santiago de Compostela o xoves 25
de abril, froito dun intercambio cos
mesmos grupos de alumnado do IES
Faro das Lúas (Vilanova de Arousa),
que puxo o peche á relación epistolar
mantida durante o curso. O punto de
encontro foi a Casa Museo de Rosalía
en Padrón onde o alumnado asistiu a
unha visita didáctica polas diferentes
salas co obxectivo de afondar na figura desta escritora emblemática da cultura galega e universal. Na planta baixa
deuse a coñecer a dimensión da escritora do Rexurdimento galego a través da súa vida e a súa relación co pobo
galego. Na primeira planta puido contemplarse a recreación ambiental dunha casa rural da época e no espazo
exterior un xardín da época onde se atopan exemplares interesantes como a camelia xapónica “Rosalía de Castro”
e outras de orixe portuguesa.
Seguidamente, o alumnado participou de xeito conxunto nunha visita guiada ao Xardín Botánico de
Padrón, composto por 300 especies e que garda moita relación con figuras destacadas das Terras de Iria como
Rosalía de Castro, o Santiago Apóstolo, Camilo José Cela ou o trobador Macías O Namorado destacando especies
arbóreas dedicadas a estas figuras. Fronte ao Edificio de Alfolí do Sal, que foi durante séculos monopolio da
distribución do sal en toda a ría de Arousa, o alumnado fixo un recitado colectivo de poemas de Rosalía.
Relevante foi tamén a visita á Igrexa de Santiago de Padrón onde se atopa o “Pedrón”, ara romana que segundo a
tradición xacobea foi o punto de amarre da barca que transportou desde Palestina ata Iria
Flavia o corpo sen vida do Apóstolo Santiago.
Logo da despedida do alumnado do IES Faro das Lúas (Vilanova de Arousa) e xa en
Santiago de Compostela, o alumnado visitou o Museo do Pobo Galego onde realizaron por
grupos unha actividade dirixida a coñecer a figura de Antón Fraguas Fraguas, autor
homenaxeado nas Letras Galegas 2019 e primeiro director do Museo do Pobo Galego. A
actividade consistiu nun xogo de pistas encamiñadas a descubrir as diferentes salas do
Museo relacionadas coa figura do autor e o seu labor nos eidos da etnografía e da docencia;
xogo que levou tamén ao Panteón de Galegos Ilustres, onde repousan os corpos de figuras
ilustres da cultura galega como Rosalía, Castelao e Cabanillas, entre outros.
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Saídas didácticas
41
SAÍDA A ASTORGA Dpto. de latín
Co fin de elaborar un documental
sobre a romanización na zona de
Valdeorras, o Departamento de
latín organizou tres saídas didác-
ticas, compartidas co alumnado
dos distintos niveis de latín do IES
Lauro Olmo do Barco de
Valdeorras. Nas dúas primeiras
participou o alumnado de Latín II
e Cultura audiovisual e escénica,
de 2º de bacharelato, o de Latín I
de 1º de bacharelato e o de Latín
de 4º ESO. Na saída a Astorga, tamén se incorporaron os alumnos e alumnas de Cultura clásica de 3º ESO.
Saída ao Barco para visitar dúas aras romanas ubicadas, unha na igrexa de Santurxo, un barrio de
Millarouso, e a outra no edificio do Concello do Barco, onde o alumnado asistiu a unha charla pronunciada por
Luis Enrique Rodríguez Arias, historiador e artista, que lles falou sobre a importancia da minería en época
romana. Pola tarde, Aurelio Blanco Trincado, o presidente do Instituto de estudos valdeorreses, explicoulles
distintos aspectos da romanización da comarca, na biblioteca do IES Lauro Olmo.
Ruta arqueolóxica pola Rúa e a súa contorna,
visitando os monumentos romanos destacados e charla do
arqueólogo Santiago Ferrer Sierra no salón de actos do noso
instituto.
Saída didáctica a Astorga, co fin de facer a Ruta romana
pola cidade e visitar o Museo arqueolóxico. 5 de febreiro. Astorga,
capital da nosa comarca en época romana, co fin de visitar o Museo
arqueolóxico da cidade facer unha “Ruta romana” polos distintos
xacementos arqueolóxicos da época espallados pola cidade. Na
actividade, compartida co Departamento de latín do IES Lauro
Olmo, participaron todo o alumnado das diferentes materias dos
departamentos de latín de ambos institutos, máis o alumnado de
Cultura audiovisual e escénica de 2º de bacharelato do noso centro.
Saídas didácticas CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
42
Saída a Astorga
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Saídas didácticas
43
SAÍDA CULTURAL A GUIMARÃES Portugal - Dpto. de Relixión
O alumnado 3º ESO do IES Cosme López da
Rúa realizou unha saída cultural a Guimarães
(Portugal) organizada polo departamento de
Relixión. O itinerario incluía visitas á Casa de
Memória e a unha Oficina Criativa (Obradoiro)
de Olería.
Ademais percorreron, cunha visita
guiada, o centro histórico de Guimarães, e
descubriron “Como viviam os Duques no século
XV” no Paço dos Duques de Bragança ademais
de achegarse ata a Capela de San Miguel do Castelo e ao Castelo de Guimarães.
DE VIAXE POR MADRID 4º ESO
O alumnado de 4º de ESO participou na
saída cultural a Madrid que, como todos os
anos, organiza o IES Cosme López
Rodríguez. Os integrantes do grupo
visitaron as instalacións do estadio Santiago
Bernabeu e asistiron á representación do
musical Billy Elliot, no teatro Alcalá.
Tamén tiveron a oportunidade de coñecer a
historia, as lendas e a cultura da localidade
de Alcalá de Henares, a través da visita
guiada Cervantalia, unha actividade que
inclúe a visita ó corral de comedias, á praza de Cervantes e á universidade, entre outros lugares destacados.
O grupo pasou un día no parque de atraccións e coñeceu o Museo do Prado a través dunha actividade
educativa, ademais de percorrer as rúas e lugares máis importantes do centro da capital: Parque do Retiro, Cibeles,
Carrera de San Jerónimo, Congreso dos Diputados, Porta do Sol, rúa Mayor, Plaza Mayor, Ayuntamiento, Plaza
de España, Templo de Debod, Palacio de Oriente, Teatro Real, Catedral da Almudena, Jardines del Campo del
Moro…
Saídas didácticas CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
44
AS CANCIÓNS DO CORRELINGUA Monforte de Lemos, Gundivós e Penacoba – Dpto. L. galega e EDLG
Coa colaboración do profesor de debuxo Juanjo
Baixo o lema “O galego é a fórmula”, o alumnado 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC, 2º
BAC e FP-Básica asistiu ao Correlingua en Monforte de Lemos coa pancarta preparada
no centro en representación do IES Cosme López Rodríguez (A Rúa). Durante a mañá e
xunto a outros centros de ensino percorreron as rúas de Monforte interpretando
versión de cancións coñecidas ata chegaren ao Parque dos Condes onde a actriz Isabel
Risco presidiu o acto de presentación do Correlingua 2019 e onde se leu o manifesto
deste ano.
Durante a tarde realizáronse
dúas visitas, onde se puideron
observar in situ dous dos oficios
tradicionais de Galicia, así como as
técnicas empregadas para o seu
desenvolvemento. Unha das visitas
á Olería de Gundivós (Sober, Lugo)
e a outra á Ferrería de Penacoba
(Bóveda, Lugo).
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Saídas didácticas
45
Saídas didácticas CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
46
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Saídas didácticas
47
Saídas didácticas CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
48
AS CANCIÓNS DO CORRELINGUA
Interpretadas en colaboración co alumnado do IES Daviña Rey de Monforte de Lemos.
COA MELODÍA DO GALO
PARTE INSTRUMENTAL O galego se o falas, vive, pervive, revive O galego se o falas, vive corre tras da lingua úsaa, faite libre. Por iso, estamos en Monforte nun novo Correlingua pra cantarmos polo galego nunha homenaxe moi ben merecida. PARTE INSTRUMENTAL E como somos de Monforte, do Incio, Valdeorras, e como somos do Saviñao falamos galego a tódalas horas. E como somos de Monforte, do Incio, Chantada, e como somos de Quiroga falamos galego de moi boa gana. PARTE INSTRUMENTAL E como somos tan galegos, galegos, galegos E como somos tan galegos estamos en Monforte a cantar sen medo. O galego se o falas, vive, pervive, revive. O galego se o falas, vive esa é a fórmula, píllaa e serás máis libre. PARTE INSTRUMENTAL
COA MELODÍA DO CANECO Malia pareza mentira o galego ten estirpe debemos sempre falalo por respecto a nosa orixe, por respecto á nosa orixe, por respecto á nosa orixe, malia pareza mentira, o galego ten estirpe. E zúmballe ó galego e ó galego zumba, e zúmballe ó galego, ó galego zumba, zumba. Por iso vimos aquí pra tirar da nosa lingua con moitos outros colexios e institutos da provincia, e institutos da provincia, e institutos da provincia, por iso veño a Monforte pra tirar da nosa lingua. E zúmballe ó galego e ó galego zumba, e zúmballe ó galego ó galego zumba, zumba. Tomade de nós exemplo que non vos dea vergoña que usar a propia lingua sempre é motivo de honra, sempre é motivo de honra, sempre é motivo de honra, que nos vos dea vergoña por usar a lingua propia. E zúmballe ó galego e ó galego zumba, e zúmballe ó galego ó galego zumba, zumba.
Letra composta pola profesora de lingua galega do IES Daviña Rey Raquel Aira González
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Saídas didácticas
49
A CAROLINA DO CORRELINGUA
Hoxe é un día de festa ímolo pasar xenial e correndo o correlingua en galego a disfrutar! - Falaches en galego? - Falei si señor - Dime con que falaches? - Falei co meu amor! - Falei co meu amor! - Falei co meu amor! - Falaches en galego? - Falei si señor! Viñemos de todas partes para a festa celebrar Coas nosas linguas preparadas en galego a formular! - Falaches en galego? - Falei si señora! - Dime con que falaches? - Falei coa directora! - Falei coa directora! - Falei coa directora! - Falaches en galego? - Falei si señora! Cargadiñas as mochilas para liala tremenda ti tocando as túas cuchas e eu tamén a pandeireta - Falaches en galego? - Falei abofé! - Dime con que falaches? - Falei con Don Xosé - Falei con Don Xosé - Falei con Don Xosé - Falaches en galego? - Falei abofé!
COA MELODÍA DE QUEN TEÑA VIÑO
PARTE INSTRUMENTAL Fala galego. Fala galego. Fala galego e libérate dos medos. Se non o falas, se non o falas, se non o falas, mellor quédate na casa. PARTE INSTRUMENTAL Porque é a lingua nai, fálaa. Porque é o noso sinal, fálaa. Porque vai dentro de nós, veña fálaa xa, non o penses máis.
Letra composta pola profesora de lingua galega do IES Daviña Rey Raquel Aira González
Saídas didácticas CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA
50
NEGUEIRA DE MUÑIZ (LUGO) E SAN ANTOLÍN DE IBIAS (ASTURIAS)
16 de maio de 2019 – Dptos. de lingua Galega e EDLG
A obra A Cova das Vacas Mortas (S. Jaureguizar) levounos a Terras de Negueira de Muñiz (Lugo) co
alumnado de 1º ESO e 2º ESO onde o acollemento por parte do alcalde do Concello de Negueira de Muñiz, o
técnico de cultura e mais un técnico de protección civil foi extraordinario. Con eles percorremos o camiño ata
chegarmos á área recreativa Virxe da Veiga onde nos explicaron a historia do concello, as consecuencias que tivo a
construción do encoro de Salime na década dos sesenta para as aldeas pertencentes ao concello de Negueira, onde
os núcleos de Foxo, Vilar, Vilauxín, Cancio e Ernes ían quedar illados do resto do municipio debido á falta dunha
ponte que os unise.
Con eles falamos amplamente da obra de Jaureguizar ambientada en Negueira de Muñiz e lida polo
alumnado, ao tempo que observamos ás beiras do encoro a aldea de Foxo, centro de importancia das comunas
nos anos setenta e lugar ao que chegaronxentes de diversa procedencia e das que Jaureguizarfai eco na súa obra.
Na actualidade, a pesar de non estar organizados como comuna continúan defendendo un estilo de vida libre.
En San Antolín de Ibias (Asturias), un dos concellos asturianos de fala galega, visitamos a Aula da
Natureza onde descubrimos aspectos da flora e a fauna do Parque Natural de Fuentes del Narcea, Degañas e Ibias
e mais o Centro de Interpretación da Palloza, construción tradicional con teitume vexetal, única nesta parte de
Asturias xunto coa zona dos Ancares, onde puidemos aprender cunha guía moitos aspectos da vida tradicional
deste fermoso recanto de Asturias.
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Saídas didácticas
51
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Departamento de orientación
52
VACACIÓNS EN FAMILIA, MOMENTOS DE LECER Departamento de orientación
Co final de curso achégase o longo período
vacacional, un tempo de descanso, alegría e cambio
de actividade. Sempre que temos preto unhas
vacacións xorde a mesma dúbida entre as familias,
que facemos cos mozos/as?, como podemos
aproveitar para que sexa un tempo produtivo?, como
superamos o aburrimento no que podemos chegar a
caer? Dende o Departamento de Orientación
pensamos en propoñervos algunhas opcións de ocio.
O lecer é tempo para facer outras actividades
distintas ás habituais, desenvolver outros campos
distintos da persoa: a amizade, a cultura, as afeccións.
Polo tanto, unha idea que temos que ter clara é que
estar ocioso non é estar sen facer nada, senón
dedicarnos a outras actividades que nos gustan,
fánnolo pasar ben, e ademais fórmannos.
Os pais e as nais deben ser conscientes que son
o modelo e referente para seus fillos. Gran parte
das condutas que se incorporan no fogar son a través
da imitación que fan os fillos dos pais e das nais. De
aí que teñen que ir por diante no aproveitamento do
tempo libre, a que o dedican ou se se quedan sen
facer nada fronte ao televisor, se teñen algún hobby,
se saben abrir novos campos de interese entre os que
lles rodean. Pola imitación que dixemos das condutas
dos pais e das nais polos fillos, é frecuente que as
afeccións dos proxenitores sexan moi parecidas ás
dos fillos/as, aínda que temos que respectar os
propios intereses que teñen estes. O máis importante
é fomentar o sentido lúdico da vida aproveitando as
vacacións como vía de escape contra as frustracións
do día a día. Saír da rutina é unha alternativa para
expresar o mellor de cada quen e compartir
momentos de calidade coa familia.
Tempo libre: xogar, facer deporte, bañarse…
As piscinas, campamentos, contacto coa natureza, paseos en bici, patinete... deberían estar presentes segundo as posibilidades de cada un/unha.
Deberes
Pola mañá, descansando as fins de semana e durante alomenos unha quincena.
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Saídas didácticas
53
Outras aprendizaxes
Pode dedicarse máis tempo a perfeccionar algún deporte, aprender idiomas, desenvolver algunha tarefa do fogar como cociñar, escribir…
Lectura
É bo momento para interesarse pola lectura. Pódense levar libros da biblioteca do iinstituto ou da municipal.
Viaxes
Se existe a posibilidade de saír de vacacións fóra do lugar de residencia, é un momento privilexiado. Facer visitas culturais e coñecer a historia do lugar.
Videoxogos e televisión
Os videoxogos e a televisión non teñen por que estar excluídos, incluso se lle pode dedicar máis tempo sempre que non sexa a actividade exclusiva.
Convivencia
É o momento de pasar tempo xuntos, falar, xogar, facer actividades cotiás coa familia, convivir con outros parentes.
Rutinas
Sería recomendable ter certas rutinas no día a día, como a hora de levantarse e deitarse aínda que se sexa máis flexible e respectar as horas das comidas.
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Pasatempos
54
SUDOKU SAMURAI
AS 7 DIFERENZAS
CCC IIIGGGUUURRRRRRIIIAAA Saídas didácticas
55
LABIRINTO TUBULAR