Maqueta dunha charca
-
Upload
anxosromeo -
Category
Business
-
view
342 -
download
2
Transcript of Maqueta dunha charca
1. Escoller distintos tipos de area:• de río, de mina ou de praia• area grosa e area fina Escoller distintos tipos de terra:• terra arxilosa, terra vexetal e
terra de mantillo.
2. Utilizar un recipiente de plástico entre 35x25cm mínimo a 40x50cm, cunha altura de 15cm mínimo.
Colocar distintas capas grosas de terra arxilosa e terra vexetal. Prensar para que quede ben compactada.
Debuxar a forma da charca e ir retirando a terra en escalóns. Colocar diferentes areas para destacar os distintos niveis e protexer ós materiais que se utilicen para impermeabilizar.
3. Buscar entre os plásticos que se utilizan nas fruterías unha malla que teña un aspecto similar a malla anti-xeada que se utiliza na xardinería.Como non será posible colocala enteira recortar as formas da charca e ir colocando as capas. Esto xunto a area colocada, serve para protexer o plástico.
4. Escoller un plástico dunha bolsa que sirva para impermeabilizar a zona elixida e que teña a apariencia do plástico monocapa transparente para invernadoiro.Colocalo facendo a forma da charca e que quede extendido sobre a superficie da terra, para suxetalo posteriormente poñendolle terra enriba ata o bordo da charca.
5. Presionar a terra que se coloca enriba do plástico, para fixar mellor os marxes da charca. Engadir un pouco de auga, para ir axustando o plástico ás formas da charca.
6. Anteriormente teremos escollido unha serie de materiais que nos axuden a decorar a maqueta, dándolle un acabado de charca-xardín.
Materiais que nos axudan a decorar a maqueta: Pedras pequenas de río, cortezas de árbores, follas secas, algunha herba pequena, e algo de area para crear unha zona seca pegada a auga.